• No se han encontrado resultados

5 - 2.3.- Resposta a unha chamada

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "5 - 2.3.- Resposta a unha chamada"

Copied!
21
0
0

Texto completo

(1)
(2)

ÍNDICE:

1.- Equipamento dunha sala de videoconferencia: ...- 1 -

1.1.- Descrición equipos: Codec, cámara, proxector, Visual Concert,...- 1 -

1.2.- Procedemento de acendido e apagado...- 4 -

2.- Chamadas en modo manual: ...- 5 -

2.1.-Descrición pantalla de inicio:...- 5 -

2.2.- Facer unha chamada punto/ multipunto de forma manual: ...- 5 -

2.3.- Resposta a unha chamada...- 7 -

2.4.- Finalización dunha chamada: ...- 7 -

3.- Chamadas dende directorio: ...- 8 -

3.1.- Manexo do directorio: altas e baixas...- 8 -

3.2.- Chamada dende o directorio:...- 9 -

4.- Manexo do audio e da cámara: movementos e zoom...- 10 -

4.1.- Manexo dos elementos de audio. ...- 10 -

4.2.- Manexo da cámara: ...- 10 -

4.2.1.- Selección e axuste dunha cámara ou outra fonte de vídeo...- 10 -

4.2.2.- Configuración e uso dos preaxustes da cámara...- 11 -

4.2.3.- Activación, movemento e desactivación de PIP. ...- 13 -

5.- Descrición do mando a distancia: ...- 15 -

6.- Uso de Presentacións: ...- 16 -

6.1.- Enviar unha presentación dende un ordenador local:...- 16 -

6.2.- Recibir unha presentación dende un ordenador remoto. ...- 17 -

6.3.- Emprego dunha cámara de documentos, videocasete ou reprodutor de DVD- 17 - 7.- Recomendacións: ...- 19 -

(3)

1.- Equipamento dunha sala de videoconferencia:

1.1.- Descrición equipos: Codec, cámara, proxector, Visual Concert,...

A videoconferencia é unha ferramenta de comunicación sincrónica, onde se pode intercambiar información nun tempo real (no mesmo intre no que se transmite).

Trátase dunha comunicación bidireccional: Punto a punto (dous sitios) ou multipunto (máis de dous sitios). Permite a transmisión de audio, vídeo e datos.

Hai distintos tipos de participación:

1. Un a un: Videoconferencia con dous participantes.

2. Un a varios (multipunto): un dos participantes difunde a súa información ao resto sen recibir retroalimentación.

3. Varios a varios (multipunto en cascada): Videoconferencia con tres ou máis participantes na que existe retroalimentación.

Para fins de estudio e de deseño os sistemas de videoconferencia soen subdividirse en tres elementos básicos que son:

* A rede de comunicacións, * A sala de videoconferencia e * O CODEC.

Á súa vez a sala de videoconferencia se subdivide en catro compoñentes esenciais: o ambiente físico, o sistema de vídeo, o sistema de audio e o sistema de control.

A continuación descríbese brevemente cada un dos elementos básicos de que consta un sistema de videoconferencia.

A rede de comunicacións.

Para poder realizar calquera tipo de comunicación é necesario contar primeiro con un medio que transporte a información do transmisor ao receptor e viceversa ou paralelamente (en dúas direccións). Nos sistemas de videoconferencia requírese que este medio proporcione unha conexión dixital bidireccional e de alta velocidade entre os dous puntos a conectar.

(4)

O número de posibilidades que existen de redes de comunicación é grande, pero se debe sinalar que a opción particular depende enteramente dos requirimentos do usuario.

É importante facer notar que, como se observa na figura 1 o círculo que representa ao CODEC non toca ao que representa á rede, de feito existe unha barreira que os separa a que podemos denominar como unha interface de comunicación, isto é para representar o feito de que a maioría dos provedores de redes de comunicación soamente permiten conectar directamente o equipo aprobado e ata fai pouco a maioría dos fabricantes de CODECs non incluían interfaces aprobadas nos seus equipos.

Figura 1: Elementos básicos dun sistema de videoconferencia.

A Sala de Videoconferencia.

A sala de videoconferencia é a área especialmente acondicionada na cal se aloxará o persoal de videoconferencia, así como tamén, o equipo de control, de audio e de vídeo, que permitirá o capturar e controlar as imaxes e os sons que se transmitirán cara o(os) punto(s) remoto(s).

O nivel de confort da sala determina a calidade da instalación. A sala de videoconferencia perfecta é a sala que máis se asemella a unha sala normal para conferencias. A tecnoloxía non debe notarse ou debe de ser transparente para o usuario.

O sistema de videoconferencia ten unha cámara incorporada (pode constar cunha segunda cámara, normalmente nunha oposición oposta a da que ven acoplada ao sistema) para tomas panorámicas horizontais e verticais, e de acercamento e aloxamento, un control remoto, un ou dous micrófonos, un altofalante e un módulo para enviar presentación: “visual concert” onde conectar o portátil ou PC.

(5)

Figura 2.

O Codec

As sinais de audio e vídeo que se desexan transmitir se encontran polo xeral en forma de sinais analóxicas, polo que para poder transmitir esta información a través dunha rede dixital, esta debe de ser transformada mediante algún método a unha sinal dixital, una vez realizado isto se debe de comprimir e multiplexar estas sinais para a súa transmisión. O dispositivo que se encarga deste traballo é o CODEC (Codificador/

Decodificador) que no outro extremo da rede realiza o traballo inverso para poder despregar e reproducir os datos provenientes desde o punto remoto. Existen no mercado equipos modulares que xunto co CODEC, inclúen os equipos de vídeo, de audio e de control, así como tamén equipos periféricos como poden ser:

* Táboa de anotacións.

* Convertedor de gráficos informáticos.

* Cámara para documentos.

* Proxector de vídeo-diapositivas.

* PC.

* Videograbadora.

* Pizarrón electrónico, etc.

(6)

1.2.- Procedemento de acendido e apagado

Primeiro paso acender os medios visuais: sexan dous proxectores, ou unha televisión e proxector, un só proxector o unha soa televisión. Para acender os proxectores apuntarlles con mando a distancia del/es.

No caso de enviar presentación recoméndase acender primeiro o portátil que se conecta ao “Visual Concert”, como xa se explicará máis adiante, antes de acender o equipo de videoconferencia.

Tamén acender o aparato de videoconferencia (botón localizado na parte traseira esquerda). (Véxase figura 2).

Para apagar, primeiro desconectar calquera videoconferencia que está aberta , como tamén se verá e logo apagar o equipo de videoconferencia. Tamén apagar os proxectores dándolle dúas veces ao botón de acendido e apagado do proxector (deixar que se apague de todo o proxector antes de cortarlle a corrente eléctrica, para que se arrefríe ven)

(7)

2.- Chamadas en modo manual:

2.1.-Descrición pantalla de inicio:

Cando acende o equipo de videoconferencia, vese a pantalla inicial (dependendo do sistema variará un pouco).

Figura 3: Pantalla inicial

Nesta pantalla, a dereita aparece a imaxe da nosa cámara, cando temos máis dunha cámara aparece a imaxe da cámara en activo nese intre, debaixo da imaxe están os datos do noso equipo: a IP da configuración e o nome posto polo instalador ou administrador.

No primeiro recadro xa poderíamos facer unha chamada introducindo nel unha IP a chamar. Tamén pódese ir ao recadro Directorio “Directorio” e buscar a quen chamar. E por derradeiro, ir as chamadas recentes “Llam. recientes” e buscar a dirección.

No recadro abaixo a esquerda “Sistema”, sirve para entrar no menú de administrador, onde están todos os menús para configuralo equipo, para nós non é necesario para facer videoconferencias.

Para desprazarse dun dos recadros a outro empregamos as frechas de dirección do control remoto, no que esteamos remarcase noutra cor, cando estamos no elixido chega con darlle ao botón que se atopa no centro das frechas de dirección.

2.2.- Facer unha chamada punto/ multipunto de forma manual:

Para realizar unha chamada especificando un nome ou un número:

(8)

1.- Introducir a información de marcación no recadro da pantalla principal, o situado máis arriba.

Dependendo das funcións do sistema e do sistema ao que está chamando, a información de marcación terá un destes aspectos:

 193.144.76.2 (dirección IP).

 Stereo.polycom.com (nome DNS).

 Sala de conferencias (nome do sistema).

O sistema determina automaticamente o tipo de chamada que se vai a realizar segundo a información que especifique.

2.- Introducir a información complementaria necesaria para a chamada. As configuracións dispoñibles dependerán do tipo de chamada e da configuración do sistema, por exemplo, a velocidade: onde se especifica o ancho de banda. Para a maioría das chamadas é recomendable seleccionar AUTO para que o sistema determine a calidade óptima para a chamada.

Botón para introducir o carácter punto (en direccións IP).

Se fallamos podemos borrar coa tecla ou coa tecla do cursor.

3.- Cando xa estea estes dous pasos, para realizar a chamada pulsar “Llamar” no control remoto. Os indicadores de chamada en curso aparecen na pantalla para mostrar que a chamada se está realizando. Cando os indicadores cambian a verde, a chamada está conectada.

Para realizar unha chamada dende a Lista de chamadas recentes:

1.- Seleccionar o recadro de Chamadas Recentes na pantalla inicial, Figura 3.

2.- Desprazarse á anotación á que se desexe chamar (ao entrar en chamadas recentes aparece a información sobre todas as chamadas entrantes e saíntes, así como a hora á que se realizaron).

3.- Pulsar “Llamar” para realizar a chamada.

(9)

Para realizar unha chamada multipunto agregando sitios a unha chamada:

1.- Chamar ao primeiro sitio, de calquera das dúas maneiras que vimos antes.

2.- Cando a chamada se conecte, pulsar “Llamar” no control remoto.

3.- Seleccionar Agregar videochamada e realice unha chamada ao sitio seguinte.

4.- Repita os pasos 2 e 3 ata que todos os sitios estean conectados.

2.3. Resposta a unha chamada.

O sistema VSX pode responder ás chamadas entrantes dunha das seguintes maneiras:

O sistema lle pide que responda ás chamadas entrantes manualmente: Pulsar en do control remoto.

Ou o sistema responde ás chamadas entrantes automaticamente, a chamada conectarase soa.

2.4.- Finalización dunha chamada:

Para colgar: pulsar “Colgar” no control remoto e confirmar que se desexa terminar a chamada.1

1 Se non se confirma que desexa colgar a chamada, o sistema desconectará automaticamente a chamada en 60 segundos.

(10)

3.- Chamadas dende directorio:

3.1.- Manexo do directorio: altas e baixas...

O directorio dun sistema VSX garda información de marcación que axuda a realizar chamadas con rapidez e facilidade. Cando un sitio incluído no directorio chama ao noso sistema, este mostra o nome na pantalla cando entra a chamada.

Para engadir ao directorio unha anotación dun sitio:

1.- Pulsar “Directorio” no control remoto.

2.- Seleccionar “Nueva” e indique que esta é unha anotación para un sitio.

3.- Especifique a seguinte información como mínimo:

Neste campo... Introduza esta información...

Nome O nome que aparecerá na lista do directorio e nos mensaxes da chamada entrante

Número IP Dirección IP para as chamadas

Velocidade Velocidade que se va a empregar para as chamadas IP ao sitio (Auto)

Categoría Nome que axuda a encontrar rapidamente o número no directorio.

4.- Seleccionar “Guardar” para gardar a anotación.

Para borrar unha anotación:

1.- Pulsar “Directorio” no control remoto.

2.- Desprazarse ata a anotación que desexe eliminar e seleccionar BORRAR.

Para engadir ao directorio unha anotación de múltiples sitios:

1.- Pulsar “Directorio” no control remoto.

2.- Seleccionar “Nueva” e indique que esta é unha anotación para múltiples sitios.

3.- Agregar números a esta anotación de múltiples sitios seguindo un destes dous métodos:

 Seleccione as anotacións do directorio.

(11)

 Agregue as anotacións manualmente.

O número de sitios que pode engadir depende da capacidade do seu sistema.

4.- Especificar a velocidade da chamada. Observe que todas a chamadas de unha conferencia multipunto se realizan á mesma velocidade.

5.- Seleccionar “Guardar” para gardar a anotación.

6.- Para esta anotación, introduza o nome tal e como desexe que apareza na lista do directorio.

Para modificar unha anotación:

1.- Pulsar “Directorio” no control remoto.

2.- Desprazarse ata a anotación que desexe modificar e seleccionar “Editar”.

3.- Modificar a información como sexa necesario.

4.- Seleccionar “Guardar”, para gardar os cambios e volver ao directorio.

Procurar no directorio:

Para atopar anotacións no directorio se deberá escribir o nome coa axuda dos botóns numéricos (onde están as letras como nun teléfono móbil) do control remoto.

Para acceder as letras por medio dun teclado na pantalla, pulsar . Logo se pode desprazar polo listado de nomes coa axuda dos botóns de frechas do control remoto.

Tamén se poden empregar os botóns alfanuméricos para moverse polo directorio e despois desprazarse ao nome que desexe.

3.2.- Chamada dende o directorio:

1.- Pulsar “Directorio” no control remoto, ou dende a pantalla de inicio elixir o recadro “Directorio”, directorio cos cursores e .

2.- Buscar a anotación á que se desexa chamar.

3.- Pulsar “Llamar” para chamar.

(12)

4.- Manexo do audio e da cámara: movementos e zoom.

4.1.- Manexo dos elementos de audio.

Axuste do volume:

Empregase o control remoto para subir ou baixar o volume do son. O cambio do volume afecta só ao son que se escoita no sitio local.

Silencio do micrófono:

Se silencia o micrófono cando non se quere que no sitio remoto se escoite o que se di. Por exemplo, si desexa falar con alguén en privado. Para silenciar:

“Silenciar” no control remoto ou tamén no botón que presenta o micrófono na parte máis alta (Ver figura 2, botón de mute).

Cando a luz está vermella, o micrófono está inactivo.

Na pantalla aparecerá un micrófono tachado indicando que non se está emitindo o son.

Figura 4. Micrófono de Polycom.

4.2.- Manexo da cámara:

4.2.1.- Selección e axuste dunha cámara ou outra fonte de vídeo.

Para seleccionar a cámara principal ou outra fonte de vídeo do sitio local ou remoto, como cámaras de documentos, portátiles, videocasetes ou reprodutores de DVD, pódese empregar o control remoto.

Tamén se pode empregar o control remoto para axustar a cámara principal nos sistemas de compoñentes e de adaptación multimedia VSX, a cámara auxiliar ou unha cámara do sitio remoto que admita o movemento vertical, horizontal e zoom (e cando o sitio remoto está configurado para tal fin).

(13)

Para seleccionar unha cámara ou outra fonte de vídeo do sitio local ou do sitio remoto:

1.- Se hai chamada en curso, pulsar “Local” ou “Remoto” para seleccionar unha cámara ou outra fonte de vídeo do sitio local ou do sitio remoto. A icona da pantalla lle indicará cal pode seleccionar:

Si ve esta icona, pode controlar unha cámara ou fonte de vídeo do sitio local.

Se ve esta icona, pode controlar unha cámara ou fonte de vídeo do sitio remoto.

2.- Pulsar “Cámara” no control remoto. Pulsar o botón numérico que corresponda á cámara ou fonte de vídeo que se desexa seleccionar no sitio local ou remoto. Por exemplo, pulsar “1” para seleccionar a cámara principal. (O “2” no caso de ter outra cámara conectada ao sistema de videoconferencia). A imaxe da cámara ou fonte de vídeo seleccionada aparecerá na pantalla.

Para axustar unha cámara mediante o control remoto:

1.- Pulsar “Local” ou “Remoto” para seleccionar a cámara do sitio local ou a cámara do sitio remoto.

2.- Pulsar os botóns de frechas () do control remoto para mover a cámara cara arriba, abaixo, esquerda ou dereita).

3.- Pulsar “Zoom” para acercar ou afastar o enfoque da cámara.

4.2.2.- Configuración e uso dos preaxustes da cámara.

Os preaxustes de cámara son posicións de cámara gardadas que se poden crear antes ou durante unha chamada.

Os preaxustes permiten dirixir a cámara automaticamente cara localizacións predefinidas dunha sala. Seleccionar unha fonte de vídeo, como un videocasete ou reprodutor de DVD, unha cámara de documentos ou unha cámara auxiliar.

(14)

Pódese gardar ata 100 posicións de preaxuste para un sitio local, o cal garda o número de cámara, o seu nivel de zoom e a dirección á que enfoca. Os preaxustes seguirán activos ata que se borren ou cambien.

Dependendo da configuración do sitio remoto, se poderá ou non controlar a cámara, si o permite se poderá crear ata 17 preaxustes para dita cámara. Preaxustes que só se gardan durante o tempo que dura a chamada.

Para gardar un preaxuste:

1.- Se hai unha chamada en curso, pulsar “Local” ou “Remoto” para seleccionar unha cámara ou outra fonte de vídeo do sitio local ou remoto.

2.- Se a cámara o permite, poderá axusta a súa posición mediante as frechas e cambiar o

zoom mediante .

3.- Pulsar “Prefijar” no control remoto.

4.- Manter presionado un número para gardar a posición de preaxuste. Para gardar un preaxuste de dous díxitos, manteña o segundo número pulsado. Os preaxustes gardados nese número se substituirán.

Para borrar todos os preaxustes:

1.- Se hai chamada conectada, pulsar “Local” para seleccionar unha fonte de vídeo do sitio local.

2.- Pulsar “Prefijar” no control remoto.

3.- Pulsar “Borrar” para borrar todos os preaxustes.2

Para mover á cámara a un preaxuste:

1.- Si se conecta a unha chamada, pulsar “Local” ou “Remoto” para seleccionar unha cámara ou fonte de vídeo do sitio local ou do sitio remoto.

2.- Pulsar un número no control remoto.

2 Non se pode borrar só un preaxuste. No seu lugar, substituía un preaxuste existente coa nova posición.

(15)

Para ver os preaxustes do sitio local:

1.- Pulsar “Prefijar” no control remoto.

As iconas dos preaxustes de 0 a 9 aparecen na pantalla.

As iconas coloreadas indican posicións de cámara gardadas, e as grises os dispoñibles.

Para ver o vídeo na pantalla completa:

Pulsar “Local” no control remoto.

Para ver a pantalla de Inicio (onde realizar unha chamada):

Pulsar “Inicio” no control remoto.

4.2.3.- Activación, movemento e desactivación de PIP.

Durante unha chamada nun sistema dun monitor, imaxe en imaxe (PIP) mostra o que a cámara principal está enviando ao sitio remoto. (Isto permite axustar a cámara en caso necesario). Se o sitio remoto mostra algún tipo de contido, este aparecerá na parte principal da pantalla e PIP cambiará para mostrar ás persoas do sitio remoto.

Durante unha chamada nun sistema de dobre monitor, o que se ve en cada monitor e en PIP depende da configuración do sistema VSX.

Para mostrar, mover ou desactivar PIP durante unha chamada:

1.- Pulsar PIP no control remoto para que PIP apareza na pantalla.

2.- Mentres PIP teña un borde amarelo, ao pulsar varias veces PIP, este se situará en diferentes esquinas da pantalla.

3.- Tras unha breve pausa, o borde de PIP cambia a azul. Entón pulsar PIP, para desactivala.

Para alternar as vistas que aparecen en PIP e na pantalla principal:

1.- Se non aparece PIP, pulsar PIP no control remoto para que se mostre na pantalla.

(16)

2.- Pulsar “Cámara” e seleccionar a icona “Alternar PIP”.

Durante as chamadas realizadas cun só monitor e coa opción de Emulación de dobre monitor (visualización en pantalla dividida), sen contido, poderá empregar o botón PIP para desprazarse polas seguintes disposicións de pantalla:

Imaxe local e remota, de igual tamaño e unha ao lado da outra.

Imaxe remota en grande, sitio local en pequeno

Sitio local en grande e sitio remoto en pequeno

Imaxe local a pantalla completa

Imaxe remota a pantalla completa.

(17)

5.- Descrición do mando a distancia:

O mando a distancia ou control remoto empregase para realizar chamadas, axustar o volume, desprazarse polas pantallas e seleccionar opcións.

Se necesitamos introducir texto, pulsar os botóns numéricos mediante o método de introdución de texto dun móbil ou pulsar “Teclado” e empregar o teclado que aparece en pantalla para introducir texto.

Na Figura 5 vemos o mando e unha pequena descrición de cada botón:

Figura 5. Control remoto

(18)

6. Uso de Presentacións:

Nun sistema VSX se pode compartir un tipo de contido ou unha fonte de vídeo simultaneamente e cambiar a un contido ou unha fonte de vídeo de outro tipo si é necesario. Os participantes doutros sitios tamén poden intercambiar contido e fontes de vídeo.

Si se posúe un sistema de adaptación multimedia VSX cun dispositivo Visual Concert VSX conectado ao sistema de compoñentes, como se verá, se poderá agregar un equipo portátil ou PC e mostrar o contido almacenado no equipo.

6.1.- Enviar unha presentación dende un ordenador local:

Antes de proceder a mostrar o contido, comprobe que a resolución do equipo está configurado para empregar unha das resolucións e velocidades de actualización da táboa seguinte:

Para comezar a mostrar o contido cun dispositivo Visual Concert VSX:

1.- O primeiro paso a seguir

antes de acender nada, conectar o

equipo portátil a un dispositivo Visual Concert VSX como se indica na seguinte figura:

Figura 6.

(19)

2.- Despois de ter conectado o portátil ou PC, acender o PC e os proxectores (ou proxector e televisión). Logo acendemos o equipo de videoconferencia. Facer a/as chamada/s.

3.- Pulsar no sistema Visual Concert VSX ou pulsar “Gráficos” ou

“Cámara” no control remoto. Aparecerá a presentación no proxector e a imaxe remota na pantalla do televisor (isto dependerá de como estea configurada a sala e o aparato de videoconferencia).

4.- A icona indica que se está compartindo contido.

Para deixar de mostrar contido cun dispositivo Visual Concert VSX:

Pulsar no sistema Visual Concert VSX ou pulsar “Gráficos” ou

“Cámara” no control remoto.

6.2.- Recibir unha presentación dende un ordenador remoto.

1.- Acendemos ou os dous proxectores ou o proxector e a televisión, dependendo da distribución da sala. Nunha das pantallas para visualizar datos e outra o poñente remoto.

2.- Acendemos o sistema de videoconferencia.

3.- Colocamos o/os micrófono/s da videoconferencia sobre a mesa de traballo.

4.- Realizamos a chamada ou aceptamos a chamada.

5.- Se temos datos da sala remota seleccionaremos no control remoto a saída

correspondente cara o proxector de datos (dependerá de cada sala) e no sitio remoto deberán realizar o envío de datos.

6.3.- Emprego dunha cámara de documentos, videocasete ou reprodutor de DVD Todos os sistemas VSX permiten mostrar diferentes tipos de información a outros sitios durante unha chamada mediante unha cámara de documentos, un videocasete ou un reprodutor DVD.

Antes do inicio da chamada:

(20)

1.- Asegúrese de que a cámara de documentos, videocasete ou reprodutor DVD estea conectado e acendido.

2.- Colocar o documento ou obxecto na cámara de documentos ou introducir a cinta de vídeo ou DVD.

Para comezar a mostrar un documento, un obxecto, unha cinta de vídeo ou un DVD durante unha chamada.

1.- Pulsar “Cámara” no control remoto.

2.- Seleccionar a fonte de vídeo.

3.- Pulsar no control remoto.

Para deixar de mostrar un documento, un obxecto, unha cinta de vídeo ou un DVD durante unha chamada:

1.- Pulsar “Cámara” no control remoto.

2.- Seleccionar a cámara principal.

3.- Pulsar no control remoto.

(21)

7.- Recomendacións:

 Evitar a roupa de cores brillantes, as cores demasiado claros ou escuros e os estampados (como cadros pequenos ou raias finas). Os tons pastel suaves e as cores apagadas dan un gran resultado en pantalla.

 Cerrar cortinas e persianas. A luz diúrna está sometida a variacións e pode contrastar coa iluminación interior da sala.

 Xesticular de forma natural cando se fale.

 Cando se axuste a cámara, intentar que sexan as persoas que ocupen a pantalla, e non o mobiliario ou paredes ou chan.

 Falar sen gritar, con ton de voz normal.

 Preguntar á xente situada no outro sitio se poden escoitar ben. Pedir que se presenten para ver se podemos escoitalos tamén ben.

 Silenciar o micrófono antes de desprazalo durante unha reunión.

 Como o audio ten un lixeirísimo retraso, se pode optar por facer unha breve pausa para que os outro lle respondan ou para facer comentarios.

 Ao igual que nunha reunión ordinaria, intentar reducir as conversacións paralelas.

 Non colocar documentos ou obxectos cerca do micrófono, nin mova papeis ou dea golpeciños no micrófono ou na mesa e evitar conversacións locais.

 Facer os preaxustes da cámara antes de empezar.

 Colocar o micrófono sobre a mesa enfronte dos participantes na reunión. Se a sala é moi grande, teña en conta a posibilidade de empregar outro micrófono.

 Comprobar que o portátil ou PC dispón dunha aplicación necesaria para presentar documentos, como Microsoft PowerPoint, Project ou Word.

 Para conseguir unha presentación máis fluída, asegurarse de que o documento está aberto e preparado para mostrarse. Comprobar antes de comezar a

videochamada.

 Cando se participe nunha videoconferencia multipunto, sempre cancele o seu micrófono (mute) ao menos que o seu sitio teña a voz nese intre.

 Evitar empregar xoiería ou outros obxectos que poidan producir destellos por reflexos, afectando a calidade da imaxe.

 Identifique ao persoal de soporte técnico para unha rápida asistencia en caso de algún problema.

Referencias

Documento similar

CLM (Centro de Linguas Modernas da USC): Nivel 5 (B1.2) ou superior Documentos acreditativos de superación do B1 ou superiores expedidos polas universidades públicas españolas.

Cámara PTZ instalada na aula con mando remoto (En adiante Cámara Teito). • SE CONECTA AO DOCK MEDIANTE O CABLE USB XA EXISTENTE NA AULA OU MESA DOCENTE E ETIQUETADO COMO

Os resultados, resumidos na táboa 9, confirman que no caso de países con ren- da media a desigualdade tanto entre niveis altos como baixos de renda prexudica o crecemento

A cultura do occidente medieval caracterízase, entre outras moitas cousas, polo feito de que nsa época se crearon ou recibiron un novo impulso unha serie de mitos ou

No momento do seu nacemento, os caracois présentan xa unha pequena cuncha, denominada protocuncha ou cuncha embrionaria, que é a que constitúe o ápice da cuncha dos

[r]

F= preguntas erradas ou non respostadas. Proba específica sobre coñecemento do termo municipal e da toponimia local. O órgano de selección someterá aos/ás aspirantes a unha

O argumento principal da discussão aqui é justamente este, ou seja, que os projetos de Escola Sem Partido ou contra a "chamada ideologia de gênero" e, ainda, a