Programación Didáctica
EDUCACIÓN INFANTIL
CEIP VALLE-INCLÁN
ÍNDICE
1. INTRODUCCIÓN...páx.3 2. ESTABLECEMENTO DE INDICADORES PARA O
DESENVOLVEMENTO DE COMPETENCIAS...3
3. OBXECTIVOS, CONTIDOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN E A SÚA RELACIÓN COAS COMPETENCIAS BÁSICAS...7
4. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN...20
5. MÍNIMOS ESIXIBLES PARA OBTER UNHA AVALIACIÓN POSITIVA...21
6. METODOLOXÍA...22
7. PROXECTOS PROGRAMADOS. MATERIAIS E RECURSOS...22
8. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE...24
9. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES...24
10. ACCIÓNS PREVISTAS DE ACORDO CO PROXECTO LECTOR…25 11. ACCIÓNS PREVISTAS DE ACORDO CO PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICS...26
12.ATENCIÓN EDUCATIVA ALTERNATIVA Á RELIXIÓN...27
13.ACCIÓNS PREVISTAS DE ACORDO CO PLAN DE CONVIVENCIA...27
1.-INTRODUCCIÓN.
A programación dos procesos de ensinanza e aprendizaxe é unha das principais funcións do profesorado en calquera das etapas do sistema educativo. Así o recolle a LOE no seu artigo 91 (Título III, Capítulo I). Neste curso 2010-11 adaptamos a nosa Programación Xeral Anual en base o
Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
A autonomía pedagóxica, de organización e de xestión no marco da lexislación dos centros que se recolle na LOE reflíctese na elaboración do seu Proxecto Educativo. Para a elaboración de dito proxecto teranse en conta as características do entorno social e cultural do centro, a atención á diversidade do alumnado e a acción titorial.
Para a elaboración da programación de ciclo é necesario en primeiro lugar partir do contexto pedagóxico que define o Proxecto Educativo do Centro, é dicir, temos que ter presente tanto as características dos nenos, do entorno e do centro no que se vai a desenvolver e contar coas posibilidades que se posúen e as condicións en que se vai a realizar o proceso.
2.-ESTABLECEMENTO DE INDICADORES PARA O
DESENVOLVEMENTO E AVALIACIÓN DAS
COMPETENCIAS.
Á hora de iniciar o desenvolvemento das competencias básicas, é necesario establecer unha serie de indicadores que nos guíen e axuden no seu tratamento e posterior avaliación.
INDICADORES PARA A COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA (C1)
Comprender ordes e mensaxes orais. Comprender textos narrativos sinxelos.
Practicar a escoita activa e outras estratexias de diálogo.
Pronunciar claramente e utilizar recursos expresivos lingüísticos (entoación) e paralingüísticos.
Expresar de forma correcta necesidades e demandas. Expresar ideas e sentimentos.
Describir obxectos e imaxes.
Etiquetar imaxes referidas ao vocabulario básico. Ler e escribir palabras significativas.
Utilizar a biblioteca.
Comunicar ideas sinxelas e significativas nunha lingua estranxeira Adaptar a comunicación ao contexto
Utilizar o diálogo para resolver conflictos Eliminar estereotipos e expresións sexistas
INDICADORES PARA A COMPETENCIA MATEMÁTICA (C2)
Contar e ordenar obxectos
Asociar cantidade e número (serie numérica) Estimar medidas
Ordenar obxectos e numeralos Situarse no tempo
Ubicar no tempo actividades cotiás
Clasificar elementos segundo determinados criterios Identificar formas planas e obxectos que as representan
Explorar corpos xeométricos e formas tridimensionais do entorno Resolver problemas sinxelos da vida cotiá.
INDICADORES PARA O COÑECEMENTO E INTERACCIÓN CO MUNDO FÍSICO (C3)
Explorar e coñece-lo corpo
Controla-lo corpo en reposo e movemento
Utilizar os hábitos de hixiene, alimentación, vestido e descanso Previr os riscos e os perigos
Ter comportamentos de saúde Observar o medio natural Protexer e conservar o entorno
Amosar curiosidade por coñecer os seres vivos, os materiais e a paisaxe Formular hipóteses sobre causas e consecuencias dos fenómenos naturais Establecer relacións entre fenómenos
Gozar das actividades en contacto coa natureza
INDICADORES PARA O TRATAMENTO DA INFORMACIÓN E COMPETENCIA DIXITAL (C4)
Acceder ao ordenador
Iniciar o uso do rato e o teclado
Iniciar manexo do encerado dixital interactivo Colorear -debuxar cos programas
Realizar xogos
Respectar o tempo de uso
Valorar o uso das tecnoloxías da información e a comunicación Gozar co uso dos medios audiovisuais
INDICADORES PARA A COMPETENCIA SOCIAL E CIDADANA (C5)
Practicar o respecto e a colaboración Coidar a saúde
Coidar o entorno
Construír, aceptar e cumprir regras e normas Ter un sentido de pertenza á familia e á escola
Establecer relacións con grupos cada vez máis amplos Compartir actividades con persoas doutras culturas Coñecer e participar nas actividades sociais do entorno Resolver conflitos mediante o diálogo
Escoitar e participar de forma activa en situacións habituais Coñecer, controlar e expresar os seus sentimentos e emocións Manifestar afecto cos adultos e cos iguais
Comprender as intencións e sentimentos doutros nenos e adultos
INDICADORES PARA A COMPETENCIA CULTURAL E ARTÍSTICA (C6)
Representación plástica do corpo Representación gráfica do entorno
Asociar formas xeométricas, naturais e artísticas Practicar con distintos materiais e técnicas Utilizar o son e o silencio como expresión Seguir ritmos
Cantar cancións
Utilizar a biblioteca para ver e ler contos
Facer xuízos sobre as obras artísticas, desde o seus gustos e intereses Facer música con obxectos e instrumentos musicáis
Escoitar obras musicais
Participar en movementos e danzas Realizar dramatizacións
Interese por escoitar contos, historias, etc. Recitar poemas
Amosar interese polas actividades culturáis Respecto e coidado polo patrimonio cultural
Manifestar interese polos costumes dos nenos doutras culturas
INDICADORES PARA A COMPETENCIA PARA APRENDER A APRENDER (C7)
Coñecer e confiar nas súas posibilidades Valorar o traballo ben feito
Planificar e organizar tarefas Prestar e manter a atención Ser constante nas tarefas Observar e explorar
Recoller e rexistrar información Manter unha actitude adecuada
INDICADORES PARA A COMPETENCIA NA AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL (C8)
Actuar con seguridade
Ter unha imaxe axustada das súas posibilidades e limitacións Adoptar comportamentos de prevención e seguridade ante o risco Actuar con autonomía na hixiene, alimentación, vestido e descanso Cumprir con responsabilidade as tarefas
Resolver novas tarefas e problemas da vida cotiá Iniciativa para desprazarse polos espazos habituais Tolerar a frustración e o fracaso
3.-OBXECTIVOS, CONTIDOS E CRITERIOS DE
AVALIACIÓN E A SÚA RELACIÓN COAS
COMPETENCIAS BÁSICAS.
Competencias básicas:
C1: Competencia en comunicación lingüística C2: Competencia matemática
C3: Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico C4: Tratamento da información e competencia dixital
C5: Competencia social e cidadá C6: Competencia cultural e artística
C7: Competencia para aprender a aprender C8: Autonomía e iniciativa persoal
ÁREA : COÑECEMENTO DE SI MESMO E AUTONOMÍA PERSOAL.
OBXECTIVOS
1.- [C8] Identificar as propias características, posibilidades e limitacións interactuando coas outras persoas, desenvolvendo sentimentos de autoestima e afianzando a autonomía persoal.
2.-[C8] Recoñecer e identificar as partes e funcións fundamentais do seu corpo, así como a súa propia imaxe e as súas características
3.-[C5,C8] identificar e comunicar os propios sentimentos, emocións e necesidades, e ao mesmo tempo coñecer e respectar as características e cualidades dos outros sen actitudes de
discriminación
4.-[C8] Tomar a iniciativa, planificar e secuenciar a propia acción para resolver tarefas e problemas sinxelos da vida cotiá e aceptar as propias fustracións, reforzando o sentimento de autoconfianza e sendo quen de solicitar axuda
5.-[C5,C8] Adecuar o propio comportamento ás necesidades e requerimentos das outras persoas, desenvolvendo actitudes e hábitos de respecto, axuda e colaboración e mais evitando a adopción de comportamentos de submisión ou dominio.
6.- [C8] Progresar na adquisición de hábitos e actitudes relacionados coa seguridade, a hixiene , a alimentación e o fortalecemento da saúde, apreciando e gozando das situacións cotiás de equilibrio e benestar emocional.
7.- (C5,C6,C7,C8] Progresar na adquisición de hábitos de orde, constancia e planificación no desenvolvemento das tarefas.
8.-[C5,C7,C8] Descubrir, coñecer e vivir o xogo como medio que favorece a aceptación propia, o desenvolvemento humano, a manifestación de emocións, o respecto ás demais persoas, a aceptación de regras, a seguridade persoal e aceptación da identidade sexual e cultural.
BLOQUES
1.- O CORPO E A PROPIA IMAXE
CONTIDO ESPECÍFICO BLOQUE
1.- [C8] Exploración e progresivo afianzamento do esquema corporal. 2.- [C1,C8] Manifestación e control das necesidades básicas do corpo 3.- [C8] Adquisición de confianza nas capacidades propias.
4.- [C8] Control progresivo dos propios sentimentos e emocións
5.- [C4,C7,C8] Sensacións e percepcións do propio corpo en relación e interacción cos datos que o neno e nena recibe das outras persoas, do medio e dos obxectos.
6.-[C7,C8] Recoñecemento das percepcións sensoriais propioceptivas e extereoceptivas para a potenciación e a constucción do esquema corporal. 7.-[C1,C5,C8] Imaxe global do propio corpo e aceptación positiva da mesma mediante accións e iniciativas individuais e grupais.
8.-[C1,C5,C8] Identificación e expresión de sentimentos, emocións, vivencias, preferencias e intereses propios e das demais persoas.
9.-[C1,C3,C5,C7,C8] Os sentidos: medio de expresión, percepción e comprensión do mundo que nos rodea.
10.-[C4] Identificación das distitnas etapas do ciclo vital mediante a observación dos cambios físicos nas persoas.
11.-[C1,C5,C6] Valoración positiva das diferencias entre as persoas evitando actitudes discriminatorias.
12.-[C1,C2,C3,C4,C5,C8] Recoñecemento e vivencia das referencias espazotemporais en relación co propio corpo, cos obxectos, co contorno e coas demais persoas.
13.- [C1,C3,C4,C5,C6,C8] Desenvolvemento da identidade sexual mediante a aceptación do corpo sexuado e unha actitude crítica ante os estereotipos.
14.-[C8] Vivencia do corpo como un todo para pasar pregresivamente a sentir aspartes que o integran.
15.-[C1,C5,C8] Aceptación e valoración axustada e positiva da súa persoa, confiando nas súas posibilidades e recoñecendo as limitacións propias.
2.- XOGO E MOVEMENTO
CONTIDO ESPECÍFICO BLOQUE
1.- [C7,C8] Participación nos xogos e na actividade motriz identificando a súas capacidades e confiando nas propias posibilidades de acción, amosando actitudes de iniciativa e constancia.
2.-[C3,C5,C6,C7,C8] Desenvolvemento do xogo protagonizado como medio para coñecer a realidade.
3.-[C3,C5,C8] Adaptación do ton e da postura en relación co medio e coas outras persoas 4.- [C8] Satisfacción pola adquisición dun maior dominio das súas capacidades
corporais e desenvolvemento da propia personalidade
5.-[C1,C5,C8] Aceptación das normas implícitas que rexen os xogos fortalecendo vínculos afectivos.
6.-[C1,C5,C6,C8] Potenciación do xogo como elemento común a todas as culturas, partindo do coñecemento e valoración dos xogos propios da comunidade e abríndose ao coñecemento e gozo dos das outras.
7.- [C8] Coordinación e control das habilidades motrices de caracter fino e groso 8.- [C2,C3,C8] Adquisición de nocións básicas de orientación e coordinación de movementos.
9.-[C3,C7,C8] Potenciación das capacidades motoras, de coordinación e de orientación no espacio
10.-[C5,C7,C8] Exploración das posibilidades perceptivas motrices e expresivas propias e das demais persoas, amosando iniciativa para aprender habilidades novas.
11.-[C3,C7,C8] Adquisición dun maior dominio das súas capacidades corporais: desenvolvemento das habilidades motoras, do control de ton, do equilibrio e da respiración.
3.- A ACTIVIDADE COTIÁ
CONTIDO ESPECÍFICO BLOQUE
1.-[C1,C3,C5,C6,C8] Regulación do propio comportamento, satisfacción pola realización de tarefas e conciencia da propia competencia.
2.- [C1,C5,C7,C8] Interese por participar en actividades da vida cotiá, con iniciativa e progresiva autonomía na súa realización, regulando o propio compportamento, para camiñar cara á resolución pacífica de conflitos.
3.-[C1,C5,C6,C8] Habilidades para a interacción e colaboración, así como unha actitude positiva para establecer relacións de afecto coas persoas adultas e iguais, aceptando a diversidade..
4.-[C1,C5,C7,C8] Hábitos elementais de organización, constancia, atención, iniciativa e esforzo, mediante a planificación secuenciada da acción para resolver tarefas.
5.-[C5] Valoración e gusto polo traballo propio ben feito e polo das demais persoas, buscando os recursos axeitados que lle permitan concluír os proxectos que inicia, sendo quen de solicitar e prestar axuda.
6.-[C5,C8] Xestión do seu comportamento en función das necesidades das outras persoas e das normas de funcionamento do grupo, dereitos, responsabilidades e comportamentos sociais, camiñando progresivamente cara á autorregulación das súas accións.
7.-[C1,C7,C8] Recoñecemento progresivo da súa identidade persoal: capacidades, actitudes e coñecementos, aplicándoos nas súas actividades diarias
4.- O COIDADO PERSOAL E A SAÚDE
CONTIDO ESPECÍFICO BLOQUE
2.-[C6,C8] Accións que favorecen a saúde: hixiene corporal, alimentación, consumo responsable e o descanso.
3.-[C5,C8] Aceptación das normas de comportamento establecidas durante as comidas, desprazamentos, descanso e hixiene.
4.-[C1,C5,C8] Petición e aceptación de axuda nas situacións que así o permitan evaloración da axuda doutras persoas.
5.-[C5,C6,C8] Identificación e valoración de hábitos favorecedores ou non dunha boa saúde 6.- [C3,C5,C8] Colaboración no mantemento de ambientes limpos e ordenados.
7.-[C5,C8] Gusto por un aspecto persoal coidado respectando os gustos dos demais
8.- [C3,C5] A enfermidade: fomento de hábitos de prevención
9.-[C3,C5,C8] Emprego responsable e axeitado de instrumentos, ferramentas e instalacións para previr accidentes e evitar situacións de risco.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1.- [C8] Recoñecer , identificar e representar o corpo na súa globalidade e as súas diferentes partes
2.-[C5,C8] Coordinar e controlar o seu corpo, as súas posibilidades motrices e adaptalo ás características dos obxectos, á acción e á vida cotiá
3.- [C8] Recoñecer os sentidos e identificar percepcións e sensacións
4.- [C8] Construír unha imaxe positiva propia e aceptar a súa identidade, manifestando confianza nas súas posibilidades e recoñecendo as súas limitacións
5.-[C5,C8] Identificar semellanzas e diferenzas entre as persoas valorando positivamente a diversidade
6.-[C5,C8] Identificar e manifestar os propios sentimentos, vivencias, emocións ecomprender os das demais persoas
7.-[C3,C5,C7,C8] Participar en xogos, mostrando destrezas motoras e habilidades manipulativas cada vez máis axustadas
8.-[C5,C7,C8] Participar en xogos e actividades colectivas aceptando as normas que os rexen 9.-[C5,C8] Resolver con iniciativa e autonomía as actividades da vida cotía, colaborar en tarefas e aceptar as normas
10.-[C3,C5,C8] Manifestar hábitos de saúde, alimentación saudable, hixiene corporal e benestar utilizando adecuadamente espazos e materiais
11.- [C3,C5,C8] Identificar situacións de risco e actuar coherentemente ante elas
ÁREAS: COÑECEMENTO DO CONTORNO
OBXECTIVOS
1.- [C3] Observar, explorar e interpretar de forma activa o seu contorno mostranto interese polo seu coñecemento.
2.-[C3,C5] Observar os cambios e modificacións do contorno e relacionalos cos factores que o producen con actitude de respecto e coidado.
3.-[C1,C3,C7,C8] Iniciarse na formulación de hipóteses e buscar respostas e explicacións para anticipar probables efectos que poderían producirse como consecuencia de situacións da vida diaria e dalgúns experimentos realizados.
4.- [C1,C5] Relacionarse coas demais persoas interiorizando as pautas de comportamento social . 5.-[C5,C6] Coñecer distintos grupos sociais próximos á súa experienca, algunhas das súas
características, produccións culturais, valores e formas de vida.
6.-[C1,C5,C8] Establecer relacións de confianza, afecto, colaboración, comprensión e perteza baseadas no respecto ás persoas, ás normas e valores da sociedade a que pertencen.
7.- [C1,C2,C3,C7] Iniciarse nas habilidades matemáticas, manipulando funcionalmenteelementos e coleccións, identificando os seus atributos e calidades e mais establecendo relacións de
agrupamentos, clasificación, orde e cuantificación.
8.- [C6] Apreciar e facer seus algúns elementos significativos propios da tradición e da cultura galega.
9.- [C3,C5,C6,C8] Sensibilizase, solidarizarse e implicarse no respecto e coidado do seu entorno natural e social
10.-[C3,C5] Observar os cambios e modificacións do contorno e relacionalos cos factores que o producen con actitude de respecto e coidado.
BLOQUES
1.- MEDIO FÍSICO:ELEMENTOS, RELACIÓNS E MEDIDA
CONTIDO ESPECÍFICO BLOQUE
1.- (C3,C5,C7,C8] Interese pola exploración dos obxectos e materiais presentes no medio
recoñecendo as súas funcións e usos cotiáns e mais mantendo una actitude de respecto e coidado cara a os obxectos propios e alleos.
2.- [C2,C3] Interese pola clasificación de obxectos e de materiais e aproximación a cuantificación de coleccións
3.- [C2,C3] Identificación de formas planas e tridimensionais en elementos do contorno
4.- [C2,C3] Recoñecemento do uso do número na vida diaria e inicio no rexistro de contidades. Emprego dos números para identificar, contar, clasificar, numerar ,informarse e ordenar elementos da realidade sempre en situacións
contextualizadas e significativas.
5.-[C2,C3,C7,C8] Utilización da acción de contar como estratexia para a obtención dun dato numérico como verificación do resultado de operacions de cálculo sinxelas e funcionais
6.-[C2,C5,C7,C8] Utilización de xogos de mesa como actividades lúdicas que unen o razoamento, a reflexión e o divertimento en grupo.
7.-[C2,C3,C7,C8] Investigación do comportamento físico de diferentes materiais e obxectos, en diferentes situacións e con variadas accións.
8.-[C2,C3,C5,C8] Observación e toma de conciencia da funcionalidade dos números na vida cotiá.
9.-[C2,C3,C5,C7,C8] Recoñecemento e identificación de situacións en que se fainecesario medir. Interese e curiosidade polos instrumentos de medida
10.-[C2,C3,C5,C7,C8] Orientación temporal en situacións cotiás empregando diferentes nocións e relacións. Aproximación ao uso do calendario.
11.-[C1,C2,C3,C5,C7,C8] Establecemento de relacións de orientación espacial de localización, dirección, distancia e posición respecto a obxectos, persoas e
lugares, nomeándoos axeitadamente e empregando o vocabulario topolóxico elemental.
12.- [C2,C3,C7,C8] Exploración lúdica das propiedades e características dalgúns corpos xeométricos elementais.
13.- [C2,C3,C4,C5,C6,C7,C8] Vivencia, representación e interpretación do espazo, empregando a imaxinación en debuxos, planos, fotografías, mapas ou outros.
14.- [C1,C3,C5,C7] Recoñecemento dalgúns atributos e propiedades de obxectos emateriais, examinando con atención as súas características e a súa aplicación na vida diaria.
15.- [C2,C3] Achegamento a algunhas magnitudes físicas- peso, lonxitude, capacidade, tempo- a través da estimación: comparando, sopesando, observando....
16.-[C2,C3] Adquisición progresiva da noción do paso do tempo mediante as actividades da vida cotiá.
2.- ACHEGAMENTO Á NATUREZA
CONTIDO ESPECÍFICO BLOQUE
1.- [C3,C4,C5,C8] Identificación e afondamento no estudo dalgunhas características e funcións vitais dos seres vivos empregando a exploración sensorial. Diferenzas entre seres vivos e obxectos inertes.
2.-[C1,C2,C3,C5,C8] Observación dun ser vivo no seu medio natural ou
reproducindo o medio na aula, rexistrando observación e contrastando os datos entre compañeiros y compañeiras.
3.-[C3,C8] Observación dalgunhas características, comportamentos, funcións e cambios nos seres vivos.
4.-[C3,C8] Identificación dalgunhas características, necesidades e cambios nos procesos de crecemento e etapas do desenvolvemento das persoas e outros seres vivos.
5.-[C3,C5,C8] Curiosidade , respecto e coidado cara aos elementos do medio natural, especialmente animais e plantas.
6.-[C3,C7] Descubrimento das diferentes formas en que se encontra a auga na natureza, comprendendo a súa contribución ao desenvolvemento dos seres vivos e do medio, valorando a necesidade da súa conservación e de facer un uso responsable dela.
7.-[C3,C7] Identificación dos cambios que se producen en canto a luminosidade, á posición do sol, a os ciclos da lúa... ao longo dun día, dos meses e das estacións do ano.
8.- [C1,C3,C5,C7,C8] Formulación de hipóteses , contrastándoas coas das outras persoas, buscando respostas e explicacións sobre as causas e consecuencias de fenómenos do medio natural- calor, choiva, vento, día, noite, erosión, ciclo vital...- e dos producidos pola acción humana- pontes, encoros, aeroxeradores, muíños de auga....- .
9.- [C3,C5] Gozo ao realizar actividades individuais e de grupo en contacto coa natureza. Valoración da súa importancia para a saúde e o benestar, apreciando o medio natural como un espazo para a recreación, a aventura, a realización de actividades ao aire libre e o contacto con elementos da natureza.
10.- [C1,C3,C4,C5,C7,C8] Participación en proxectos e investigacións no medio natural, expresando as actividades realizadas e os resultados obtidos mediante diferentes representacións.
3.- CULTURA E VIDA EN SOCIEDADE
CONTIDO ESPECÍFICO BLOQUE
1.-[C1,C5,C8] Interese e disposición favorable para iniciar relacións respetuosas, afectivas e recíprocas con persoas doutras culturas.
2.-[C1,C5,C6,C8] Coñecemento das funcións que cumpren diversas persoas, organizacións e institucións para cubrir necesidades e achegar servizos presentes na súa comunidade, evitando estereotipos sexistas.
3.-[C3,C5,C6,C8] Identificación da familia e da escola como primeiros grupos
sociais de pertenza, valorando positivamente as relacións afectivas que neles se establecen, mantendo unha actitude de colaboración e asumindo pequenas
responsabilidades. Recoñecemento e respecto dos diferentes tipos de familias.
4.-[C3,C5,C6,C8] Valoración das relacións afectivas que se establecen na familia ena escola. 5.-[C1,C5,C8] Colaboración co resto dos compañeiros e compañeiras na vida da aula, amosando disposición para compartir e resolver conflitos. Incorporación progresiva de pautas adecuadas de comportamento.
6.- [C1,C5,C6,C8] Recoñecemento dalgúns signos de identidade cultural galega, apreciando os cambios que se producen no modo de vida co paso do tempo.Sucesos e persoas relevantes da historia da súa comunidade, do seu país e do mundo.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1.-[C2,C3,C7] Explorar os obxectos e elementos do contorno inmediato e actuar sobre eles. Recoñecer os seus atributos e calidades. Agrupar, clasificar e ordenar estes elementos e coleccións segundo distintos criterios.
2.-[C2,C3,C7] Empregar os números para identificar, contar, clasificar, informarse e ordenar elementos da realidade, aproximándose ao seu valor notacional e conceptual.
3.- [C2,C3,C7] Propoñer e resolver problemas sinxelos relacionados con situación cotiás, empregando e comparando magnitudes de peso, lonxitude e capacidade.
4.-[C2,C7] Recoñecer algúns aspectos xeométricos básicos: liñas, puntos, rectángulos, cadrados, triángulos, círculos, esferas, cubos e prismas.
5.- [C1,C2] Describir e representar dun xeito elemental a situación dos nenos e nenas en relación a obxectos e as demáis persoas usando vocabulario topolóxico elemental.
6.- [C1,C2] Usar e comprender nocións temporais básicas ordenando temporalmente feitos referidos á súa vida.
7.- [C1,C3,C5] Dar mostras de interesarse polo medio natural e os seus cambios. Identificar e nomear algúns dos seus compoñentes, establecendo relacións sinxelas de interdependencia.
Manifestar actitudes de coidado e de respecto cara á natureza e participar en actividades para conservala.
8.- [C1,C3,C5] Identificar e recoñecer as diferentes etapas da vida nas persoas e outros seres vivos.
9.- [C1,C3,C5] Identificar e coñecer os grupos sociais máis significativos do contorno do alumnado e algunhas características da súa organización.
10.-[C1,C3] Recoñecer, identificar e poñer exemplos sinxelos dalgúns servizos comunitarios.
11.- [C1,C3,C5,C6] Recoñecer algunhas manifestacións culturais próximas e doutras realidades, valorando a súa diversidade e riqueza.
ÁREAS: LINGUAXES:COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN
OBXECTIVOS
1.-[C1] Utilizar as diversas linguaxes como instrumentos de comunicación, de expresión de ideas e sentimentos, de representación, de aprendizaxe e de gozo.
2.- [C1] Recoñecer a importancia das manifestacións non verbais -o silencio, a mirada, a xestualidade, o olfacto e o tacto- como elementos xenuínos da comunicación humana.
3.-[C1,C2,C6] Comprender que as palabras, escrituras indeterminadas, números, notas musicais, iconas e outros símbolos e signos convencionais poden representar os pensamentos, experiencias, coñecementos, ideas e intencións das persoas.
4.[C1,C5,C6,C7,C8] Comunicarse oralmente nas dúas linguas oficiais con distintos propósitos -expresar sentimentos, emocións, desexos, ideas...- con diferentes interlocutores e/ou interlocutoras e en diversidae de contextos, valorando a linguaxe como ferramenta de relación cos demais, de regulación da convivencia e de aprendizaxe. e comprender a outra lingua oficial, valorando a linguaxe como ferramenta de relación cos demais, de regulación da convivencia e aprendizaxe 5.- [C1,C5] Comprender a intencionalidade comunicativa doutras nenas e nenos, así como das persoas adultas, adoptando unha actitude positiva cara ás linguas
6.- [C1,C5,C6,C8] Iniciarse no uso oral dunha lingua extranxeira para comunicarse en actividades contextualizadas e mostrar interese e gozo ao participar nestes
intercambios comunicativos.
7.- [C1] Traballar a lingua escrita a través de distintos textos.
8.-[C1,C6,C7,C8] Comprender, reproducir, reescribir- tendo en conta as diferentes etapas individuais no proceso de adquisición da lingua escrita- e recrear textos.
9.-[C1,C3,C4,C5,C6,C7,C8] Facer uso da biblioteca valorándoa como fonte de información e de pracer.
10.-[C1,C4,C6,C7,C8] Potenciar a capacidade creativa a través das linguaxes artísticas para imaxinar, invertar, transformar... desde as súas ideas, sentimentos, experiencias, coñecementos... 11.- [C5,C6,C8] Achegarse ao coñecemetno de obras artísticas expresadas en distintas linguaxes, comunicándose creativamente a través das diferentes manifestacións e adquirindo sensibilidade estética.
12.- [C5,C6,C8] Desenvolver o sentir de autoconfianza nas produccións artísticas persoais, amosando interese pola súa mellora, respectando e valorando as creacións propias e das demais persoas.
13.- [C4,C6,C7,C8] Achegarse ao coñecememtoo, emprego e valoración das TIC - ordenadores, a internet, encerado dixital interactivo ,escáner, vídeo...-como ferramentas de busca de información, creación , expresión e coomunicación.
14.- [C1,C5] Utilizar as distintas linguaxes para achegarnos aos demais dende o respecto e valorar as capacidades expresivas dos outros
BLOQUES
1.- LINGUAXE VERBAL
1 A).- LINGUAXE VERBAL:ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR
CONTIDO ESPECÍFICO BLOQUE
1.-[C1,C5,C8] Utilización e valoración progresiva da lingua oral para evocar e relartar feitos; para adquirir coñecementos; para expresar e comunicar ideas,
sentimentos e emocións; para facer peticións e como mecanismo para regular apropia conduta e as das demais persoas
2.- [C1,C5,C7,C8] Uso progresivo, acorde coa idade, de léxico variado,
aumentando a precisión na busca dunha maior estructuración das súas frases.
3.- [C1,C5,C6,C8] Participación de forma oral en conversas, narracións , anécdotas, chistes, xogos colectivos e outros, incrementando o vocabulario,
empregando con crecente precisión, con entoación axeitada, pronuncia clara e usando estruturas oracionais que enriquezan as propias competencias
comunicativas.
4.-[C1,C5,C6,C7,C8] Participación en situacións de comunicación con distitnos propósitos, en diferentes contextos e con persoas interlocutoras diversas usando argumentos nas súas conversas, respectando quendas e escoitando
5.-[C1,C5,C6,C7,C8] Interese por participar en interaccións orais en lingua estranxeira, en rutinas e situacións habituais de comunicación, amosando unha actitude positiva cara a esta lingua.
6.-[C1,C5] Acomodación progresiva dos seus enunciados aos formatos convencionais.
7.-[C1,C5,C6,C8] Emprego axeitado das formas socialmente establecidas para relacionarse coas demáis persoas - saúdos, despedidas, fórmulas de cortesía, cumplimentos...-
1 B).- LINGUAXE VERBAL: APROXIMACIÓN Á LINGUA ESCRITA
CONTIDO ESPECÍFICO BLOQUE
1.- [C1,C4,C5,C6,C7,C8] Diferenciación entre as formas escritas e outras formas de expresión gráfica. Identificación de palabras e frases escritas moi
significativas e usuais. Percepción de diferenzas e semellanzas entre elas atendendo a propiedades cuantitativas e cualitativas. Coñecemento do código escrito a través desas palabras e frases empregadas en contextos significativos e funcionais.
2.- [C1,C7,C8] Interese e gusto por producir mensaxes con trazos cada vez máis precisos e lexibles.
3.- [C1,C5,C8] Achegamento a lingua escrita como medio de comunicación, información e gozo a través de soportes diferentes.
4.-[C1] Interese e atención na escoita de narracións e instruccións lidas por outras persoas. 5.- [C1,C7,C8] Iniciación no uso da escrita en situacións contextualizadas e reais.
1 C).- LINGUAXE VERBAL: ACHEGAMENTO Á LITERATURA
CONTIDO ESPECÍFICO BLOQUE
1.- [C1,C5,C6,C7,C8] Escoita e comprensión da lectura en voz alta, realizada por unha lectora ou lector competente de diferentes textos, contos, relatos, lendas, poesías, rimas, adiviñas,
teatro...tanto tradicionais como contemporáneas, nas dúas linguas oficiais e como fonte de pracer e aprendizaxe compartida.
2.- [C1,C5,C6,C8] Dramatización de textos literarios, desfrute e interese por expresarse con axuda de recursos non lingüísticos.
3.-[C1,C5,C6,C8] Memorización e recitado dalgúns textos de caracter poético, de tradición cultural ou de autor, gozando das sensacións que o ritmo , a rima e a beleza das palabras producen. 4.- [C1,C5,C6,C7,C8] Participación creativa en xogos lingüísticos,encadeados de palabras, adiviñas, trabalinguas, onomatopeas, acompañados de respostas
corporais -xestos, movementos, ritmos....para divertirse e aprender na compaña de iguais e de persoas adultas.
5.- [C1,C5,C6,C7,C8] Interese por compartir interpretacións, sensacións, emocións e opinións provocadas polas produccións literarias, iniciándose nos faladoiros literarios.
6.- [C1,C5,C6,C7,C8] introducción ao uso das bibliotecas de centro, de aula como un medio máis de aproximación á literatura e como espazo privilexiado de recursos para a diversión e o
coñecemento.
2.- LINGUAXES ARTÍSTICAS:PLÁSTICA, MUSICAL E CORPORAL
CONTIDO ESPECÍFICO BLOQUE
1.- [C6,C7,C8] Potenciación da imaxinación e fantasía do alumnado para enriquecer a actividade creativa.
2.-[C4,C6,C8] Experimentación e descubrimento dalgúns elementos que configuran a linguaxe plástica.
3.-[C4,C6,C7,C8] Disfrute coas obras artísticas distinguindo e apreciando
elementos básicos das formas de expresión que lles permitan desenvolver a súa sensibilidade estética.
4.- [C4,C6,C7,C8] Exploración das posibilidades plásticas e creativas de distinos materiais, útiles e soportes, e o uso de distintas técnicas como recursos e medios de expresión e comunicación. 5.- [C3,C6,C8] Experimentación e coñecemento das posibilidades de
transformación dos diferentes materiais e obxectos.
6.- [C1,C5,C6,C7,C8] Interpretación e valoración de diferentes tipos de obras plásticas sendo quen de comunicar as sensacións e emocións que producen. 7.- [C1,C5,C6,C7,C8] Planificación do proceso de elaboración dalgunha obra plástica, o seu desenvolvemento e posterior comunicación, valorando a realización de bosquexos para a consecución dunha melloría na producción. 8.-[C3,C5,C6,C8] Exploración e utilización das posibilidades sonoras da voz, do propio corpo, de obxectos cotiáns e de instrumentos musicais.
9.- [C5,C6,C8] Vivencia do son e do silencio.
10.-[C3,C5,C6,C8] Recoñecemento de sons do contorno natural e social, e discriminación dos seus trazos distintivos.
11.- [C6,C8] Creación de secuencias de movementos e ritmos a partir das sensacións que lles xenera a música.
12.- [C5,C6,C8] Vivencia de xestos e movementos como recursos corporais para a expresión e a comunicación e máis o intercambio afectivo.
13.- [C5,C6,C8] Participación en actividades de dramatización, danzas, xogo
simbólico e outros xogos de expresión corporal, colaborando na elaboración dos elementos para unha ambientación axeitada.
14.- [C3,C6] Exploración sensorial dos elementos presentes no contorno integrando actividades de tocar, ulir, oir e ver.
15.- [C4,C6] Descubrimento das posibilidades creativas e plásticas da luz, das sombras e da cor, empregando recursos como a luz naturas, lanternas, lámpadas, proxector...
contemporáneas. Participación activa e gozo na interpretación de cancións, xogos musicais e danzas colectivas e individuais.
17.- [C5,C6,C8] Creación mediante a música e o baile dos propios patróns,
recreando situacións , ideas, feitos e sentimentos, mediante o humor, o absurdo e a fantasía, compartindo con outras persoas as propias creacións.
3.- LINGUAXE AUDIOVISUAL E TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN
CONTIDO ESPECÍFICO BLOQUE
1.- [C4,C8] Adquisición progresiva da conciencia da necesidade dun uso moderado dos medios audiovisuais e das tecnoloxías da información e da comunicación.
2.- [C4,C8] Coñecemento, coidado e uso, na medida das súas posibilidades, das ferramentas tecnolóxicas.
3.- [C3,C8] Achegamento ao uso do ordenador, a cámara fotográfica... nos procesos creativos para a elaboración de produccións audiovisuais.
4.- [C1,C4,C8] Valoración crítica dos contidos e da estética das produccións audiovisuais.
5.- [C1,C4,C5,C6,C8] Identificación da utilidade de diversos instrumentos e tecnoloxías como fontes de información, de comunicación, de expresión , de estratexias, de exploración e investigación.
6.- [C4,C6,C8] Achegamento a produccións audiovisuais como películas, series de animación ou videoxogos.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1.-[C1,C5,C7] Utilizar a lingua oral do modo máis conveniente para unha comunicación positiva con iguais e con persoas adultas, segundo as intencións comunicativas.
2.- [C1,C5,C7] Comprender mensaxes orais diversas, mostrando unha actitude de escoita atenta e respectuosa.
3.- [C1,C7] Amosar unha actitude positiva cara á aprendizaxe dunha lingua extranxeira, interesándose por participar en interaccións orais en rutinas, xogos e situación habituais de comunicación.
4.- [C1,C7] Amosar interese polos textos escritos presentes na aula e no contorno próximo, iniciándose no seu uso e na comprensión das súas finalidades. Interesarse e participar nas
situacións significativas de lectura e escritura que se producen na aula desenvolvidas por persoas lectoras e escritoras competentes.
5.- [C1,C7] Producir diferentes textos individualmente ou en grupo- con escritura convencional ou non-, con propósitos e intencións diferentes: recoller e transmitir información, gozo...
6.- [C1,C7] Gozar compartindo a escoita e a lectura en voz alta de textos literarios: contos, relatos, lendas, poesías, rimas, adiviñas...
7.- [C1,C6,C7] Utilizar a biblioteca con respecto e coidado, valorándoa como recurso informativo, de entretemento e gozo.
8.- [C1,C4,C6,C7] Expresarse e comunicarse utilizando medios, materiais e técnicas propios das diferentes linguaxes artísticas e audiovisuais
9.- [C1,C6,C8] Mostrar interese por explorar as súas posibilidades de expresión e representación, por gozar coas súas produccións e por compartir as experiencias creativas, estéticas e
comunicativas.
10.- [C4,C6,C7] Utilizar, na medida das súas posibilidades, a linguaxe audiovisual e as tecnoloxías da información e comunicación como vehículo de expresión e comunicación.
4.-
PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE
AVALIACIÓN.
A normativa concibe a avaliación como unha reflexión activa da tarefa docente diaria e como unha observación de procesos, xa que avaliamos todo o proceso de ensinanza-aprendizaxe, en base á resposta a uns interrogantes, ¿Que, como e cando avaliar?
A resposta a QUE AVALIAR ? encontrámola nuns criterios de avaliación, que son coherentes cos obxectivos, contidos e actividades propostas nesta programación. Son variados e flexibles, atendendo á diversidade. É importante sinalar que en todo momento hai previstos uns mecanismos de recuperación, como actividades de ampliación e reforzo, distintos agrupamentos…
Segundo a lexislación vixente a avaliación é global, continua e sumativa, con carácter formativo e retroalimentador co fin de modificar, se é o caso, para mellorar.
Con respecto a COMO AVALIAR?, temos as técnicas e instrumentos de avaliación, sendo a observación directa e sistemática o instrumento básico en Educación Infantil, e podendo utilizar noutros momentos rexistros anecdóticos, escalas ou guías de observación, entrevistas individualizadas…
-A resposta a CANDO AVALIAR? témola en tres momentos: Avaliación inicial: para identificar os coñecementos previos. Avaliación continua: ao longo do proceso.
Avaliación final ou sumativa: para coñecer os logros acadados e establecer propostas de mellora para o futuro.
Ao mesmo tempo as familias serán informadas, en todo momento dos progresos e dificultades dos seus fill@s a través de entrevistas individualizadas, reunións, así como a través dos boletíns informativos que se dan ó final de cada trimestre.
5.-
MÍNIMOS ESIXIBLES PARA OBTER UNHA
AVALIACIÓN POSITIVA.
- Coñecer o esquema corporal e identificarse co propio sexo, desenvolvendo unha imaxe axustada e positiva de si mesmo.
- Utilizar os sentidos para explorar a realidade exterior.
- Orientarse e actuar autonomamente nos espazos cotiás.
-Adquirir a coordinación e o control dinámico xeral do propio corpo (motricidade grosa e motricidade fina).
- Descubrir, coñecer e comprender paulatinamente o entorno físico e social onde se desenvolve a vida cotiá.
- Identificar a través da observación os cambios e modificacións as que están sometidos os elementos do entorno e identificar algúns factores que inflúen sobre eles.
- Coñecer manifestacións culturais do entorno mostrando actitudes de respecto e interese. - Adquirir hábitos de orde, limpeza e conservación dos espazos e materiais habitualmente utilizados polos nenos.
- Participar en diálogos colectivos, respectando ordes de palabra, escoita e espera como elemento configurador da socialización.
- Aprender a comportarse solidariamente aceptando a diversidade.
- Empregar a linguaxe oral para comunicarse cos demais a través dun vocabulario preciso. - Avanzar no desenvolvemento da creatividade a partir de actos de expresión voluntarios. - Comprender e memorizar textos de tradición oral.
- Evocar e representar a través do xogo simbólico situacións coñecidas ou imaxinadas.
- Utilizar nun nivel moi elemental as posibilidades da forma da representación matemática para describir obxectos e situacións do entorno, características, propiedades e algunhas accións que poidan realizarse sobre eles, prestando atención ós resultados obtidos, como cuantificación, medición, clasificación, ordenación, correspondencia...
- Interesarse pola linguaxe escrita e valorala como instrumento de información e gozo, e como medio para comunicarse.
- Utilizar e valorar a expresión plástica como medio de comunicación e representación. - Gozar da interpretación de esquemas rítmicos, cancións, danzas sinxelas e dramatización.
6.-METODOLOXÍA.
A incorporación das competencias básicas no currículo obriga a reformular a práctica educativa. Debemos abandonar os tradicionais modelos de transmisión do coñecemento por modelos que permitan a utilización de diferentes recursos cognitivos.
As orientacións metodolóxicas baséanse nos seguintes principios:
1.-Tempos: A xornada combina tempos de rutinas con tempos de actividades especificas.
2.-Organización en distintas formas de agrupamento:Gran grupo, pequeno grupo e de xeito individual.
3.- Colaboración e coordinación entre os elementos que inciden no proceso educativo: equipo docente, as familias e o contorno.
4.- Saídas como complemento do traballo da aula.
5.-Relacións con nenos e nenas de outras aulas e con persoas adultas que fomenten a súa aprendizaxe.
6.-Propostas didácticas nas que teñen cabida secuencias de aprendizaxe, proxectos e outras actividades que alternan coas propostas globalizadas.
7.- Distribución de espazos: os nenos/as dispoñen de lugares propios e outros de uso común. 8.- A afectividade e o xogo son o fío conductor no proceso de ensino-aprendizaxe.
9.-A avaliación básase na observación de procesos. É inicial, continua e sumativa con carácter formativo e retroalimentador.
7.-PROXECTOS PROGRAMADOS.
MATERIAIS E RECURSOS.
4º EDUCACIÓN INFANTIL 1º TRIMESTRE • O COLEXIO. • O OUTONO.2º TRIMESTRE
• UNIDADE SOBRE O TEMA PROPOSTO POLO EQUIPO DE BIBLIOTECA. O INVERNO. • A CASA.
3º TRIMESTRE
• A PRIMAVERA. AS PLANTAS. • ANIMÁIS DOMÉSTICOS.
SERÁN TEMAS TRANSVERSAIS: O CORPO E O ARTE.
5º EDUCACIÓN INFANTIL
1º TRIMESTRE
• AS VACACIÓNS. MEDIOS DE TRANSPORTE. • AS PLANTAS.
2º TRIMESTRE
• UNIDADE SOBRE O TEMA PROPOSTO POLO EQUIPO DE BIBLIOTECA. • AS PROFESIÓNS.
3º TRIMESTRE
• A TERRA.
• ANIMAIS DOMÉSTICOS E SALVAXES.
SERÁN TEMAS TRANSVERSAIS: AS ESTACIÓNS E O ARTE.
6º EDUCACIÓN INFANTIL
• O CORPO. • O UNIVERSO.
2º TRIMESTRE
• UNIDADE SOBRE O TEMA PROPOSTO POLO EQUIPO DE BIBLIOTECA. • A RÚA.
3º TRIMESTRE
• ANIMAIS DE TERRA, MAR E AIRE.
• EDIFICACIÓNS SIGNIFICATIVAS DO NOSO CONTORNO.
SERÁN TEMAS TRANSVERSAIS : AS ESTACIÓNS E O ARTE.
OBSERVACIÓNS: A orde e o contido dos proxectos poderán variar, adaptándose sempre ós obxectivos e contidos da programación.
En canto ós materiáis, a gran mayoría son de elaboracións propia, ainda que tamén se utilizará material didáctico impreso, así como libros informativos, contos,…, pizarra interactiva, ordenadores, cámaras fotográficas, grabadoras,…Durante este curso incorporase tamén o material elaborado no grupo de traballo desenrolado durante o pasado curso (pictogramas e abecedarios)
8.-MEDIDAS ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.
As propostas educativas para atender á nosa diversidade baséanse en principios inclusivos, integradores e non discriminatorios.
Todos os Mestres, tanto titores como especialistas considera na súa Programación de Actividades e Tarefas a diversidade do alumnado, adaptando todas as súas actuacións e a práctica educativa ás características persoais, necesidades, intereses e estilo cognitivo das nenas e dos nenos, dada a importancia que nestas idades adquiren o ritmo e o proceso de maduración.
O centro, xunto co Departamento de Orientación ten deseñadas accións e recursos encamiñados á atención temperá e á prevención de dificultades ou problemas de desenvolvemento ou de aprendizaxe.
Así mesmo, facilítase a coordinación de cantos axentes interveñan na atención deste alumnado.
As medidas de atención á diversidade que adopta o centro docente forman parte do noso proxecto educativo no que se recolle ademais o traballo con alumnado con necesidade específica de apoio educativo A súa avaliación e apoio directo con especialistas é labor do departamento de orientación en coordinación co profesorado titor específico. Favorécese esta coordinación e o seu tratamento.
9.- ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E
EXTRAESCOLARES.
Estas actividades están especificadas na Programación Xeral Anual e pretenden o achegamento ó contorno máis inmediato dos nosos alumnos e alumnas así como proporcionarlles experiencias educativas significativas.
A nivel de Centro celebraremos o Magosto, Nadal, Día da Paz, Entroido, Día da Muller Traballadora, Semana do libro e Letras Galegas.
As actividades seguintes realizaranse por niveis:
4º Educación Infantil:
-Actividades propostas según a Programación da Fundación Municipal de Cultura do Concello de Oleiros (saídas ó contorno, concertos, contacontos na Biblioteca Rialeda, Hortas escolares,...)
5º Educación Infantil:
-Actividades propostas según a Programación da Fundación Municipal de Cultura do Concello de Oleiros (saídas ó contorno, concertos, contacontos na Biblioteca Rialeda, Hortas escolares,...)
-Saída ó bosque.
-Visita ó parque de Bombeiros -Visita a un Museo
- Saída de fin de curso.
6º Educación Infantil:
-Actividades propostas según a Programación da Fundación Municipal de Cultura do Concello de Oleiros (saídas ó contorno, concertos, contacontos na Biblioteca Rialeda, Hortas escolares,...)
-Saída ó bosque. -Visita a un monumento. -Visita a un Museo -Visita ó Planetarium -Saída de fin de curso.
Poderanse facer outras saídas que xurdan ó longo do curso e que se consideren de interese.
O Centro tamén oferta unha serie de actividades lúdico-educativas e culturais, unha vez rematado o horario lectivo.
10.- ACCIÓNS PREVISTAS DE ACORDO CO PROXECTO
LECTOR
Adecuamos o plan lector do Centro ás características, horarios e espazos de educación Infantil:
-Creando en cada aula un ambiente favorable á lectura, cun espazo de biblioteca de aula con libros axeitados ás idades dos lectores/as.
-Fomentando a utilización da biblioteca do Colexio cunha frecuencia semanal.
-Participando en actividades e celebracións que dean protagonismo ó libro e á lectura como son a Semana do Libro, Festa do Libro, Día das letras galegas, sesións de contacontos tanto no Colexio como na Biblioteca Rialeda, etc.
-Fomentando a implicación das familias e a colaboración coas mesmas na formación lectora dos nenos e nenas.
-Destinando un tempo diario, vinte minutos en educación infantil, dentro do horario lectivo para adicalo a actividades lectoras como poden ser:
. Lectura silenciosa, individual e voluntaria.
. Lectura en voz alta, feita preferentemente pola profesora, de textos previamente seleccionados.
. Narración en voz alta feita pol@s propi@s alumn@s de contos que lles gustaron especialmente.
. Presentación de novidades que se van adquirindo.
. Presentación de libros, contos que tratan un tema determinado.
11.- ACCIÓNS PREVISTAS DE ACORDO CO PLAN DE
INTEGRACIÓN DAS TICS.
Baseándonos no Plan de Desenrolo das Tics, a Educación Infantil correspóndenlle:
-Iniciarse no coñecemento dos elementos básicos do ordenador e as súas funcións: localizar, identificar os elementos físicos básicos do computador: pantalla, teclado, rato.
-Iniciarse no coñecemento dos periféricos básicos do ordenador : localizar os principais periféricos de entrada (rato, teclado…) e de saída (monitor, impresora, altofalante).
-Coñecer outros periféricos: utilizar a PDI e coñecer algunhas das funcións básicas do software que a controla.
-Coñecer e realizar o proceso correcto de inicio e apagado dun computador.
-Coñecer o uso do teclado e do rato controlando o seu manexo con cada vez máis precisión.
-Diferenciar algunhas teclas do teclado ( letras, acento, barra espaciadora , teclas de desprazamento)
-Iniciarse na utilización das funcións básicas dun procesador de textos : completar un documento e imprimilo.
-Coñecer algunhas das ferramentas dun editor gráfico (pincel, encher de cor, trazar liñas)
-Ter un certo control do tempo de uso dos xogos e demais entretementos que proporcionan as tic.
12.- ATENCIÓN EDUCATIVA ALTERNATIVA Á RELIXIÓN.
O alumnado que non opte polo ensino da relixión recibirá atención educativa, tal e como recolle a Orde do 25 de xuño de 2009, pola que se regula a implantación, o desenvolvemento e avaliación do 2º ciclo da educación infantil.
As actividades que se levarán a cabo están dirixidas fundamentalmente á formación en valores e ó fomento de actitudes de respecto polas demáis persoas.
Tamén consideramos as actividades recollidas no PEC do Centro, como son: - Actividades de reciclaxe.
- Actividades ambientais. - Actividades de biblioteca.
- Exposicións sobre celebracións e conmemoracións que se realicen no centro.
13.- ACCIÓNS PREVISTAS DE ACORDO CO PLAN DE
CONVIVENCIA.
O equipo de Convivencia Escolar, no Plan de Convivencia, recolle os seguintes obxectivos xerais:
- Mellorar a convivencia entre todos os membros da comunidade educativa. - Promover a relación de igualdade entre nenos e nenas.
- Previr comportamentos disruptivos e de acoso. - Atender á diversidade.
- Implicar aos distintos sectores de comunidade educativa.
- Promover os dereitos e deberes dos membros da comunidade educativa. - Procurar a autoestima profesional do docente.
- Desenvolver as normas e procedementos de resolución de conflictos. - Realizar o seguimento e avaliación do Plan de Convivencia.
- Normas da aula consensuadas entre a titora, o profesorado e o alumnado. - Plan de coidado do contorno.
- Plan de acollida do alumnado novo, do estranxeiro e do profesorado de nova incorporación.
- Plan de resolución de conflictos e mediación.
14.-CRITERIOS PARA AVALIAR A PROGRAMACIÓN.
O profesorado avaliará tanto as aprendizaxes do alumnado coma os procesos de ensino e a súa propia práctica educativa.
Co fin de establecer unha avaliación plena da PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA, avaliaranse os seguintes indicadores:
-Desenrolo da programación nas aulas.
-Relación entre os obxectivos e as competencias básicas que teñen que acadar @s alumn@s. -Relación entre obxectivos e contidos.
-Adecuación de obxectivos e contidos coas necesidades reais. -Adecuación de medios e metodoloxía coas necesidades reais.
En definitiva, a presencia da programación xustifícase porque está baseada en catro características: adecuación (a un contexto); concreción; flexibilidade (aberta a revisión) e viabilidade (axustada ó espazo, tempo e ós recursos dispoñibles). Estas características permiten corrixir a programación e modificala en calquera momento atendendo ás necesidades das alumnas e dos alumnos.
Ceip Valle Inclán
PROGRAMACIÓN
DO
1º CICLO DE
EDUCACIÓN PRIMARIA
CURSO 2014/2015
ÍNDICE DA PROGRAMACIÓN
1.- INTRODUCCIÓN
2.- CONTRIBUCIÓN DAS MATERIAS AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS.
3.- OBXECTIVOS DO 1º CICLO
4.- CONTIDOS
5.- PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN. CRITERIOS DE AVALIACIÓN POR ÁREAS.
6.- METODOLOXÍA. MATERIAIS E RECURSOS
7.- MÍNIMOS ESIXIBLES PARA PROMOCIONAR DE CICLO
8.- MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
9.- ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
11.- TITORÍA
12.- ACCIÓNS PREVISTAS DE ACORDO CO PROXECTO LECTOR DO CENTRO
13.- ACCIÓNS PREVISTAS DE ACORDO CON PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICS
1. INTRODUCCIÓN
Características do centro.
Xeograficamente o CEIP “Valle Inclán” está situado ó suroeste do Concello de Oleiros, na parte máis alta de Perillo e na marxe dereita da Ría do Burgo e da Baía de A Coruña.
A súa zona de escolarización, comprende as parroquias de Perillo e parte de Lians (Montrove, O Seixo, Pazo do Río).
É unha zona húmida e aireada debido a súa proximidade ó mar e por atoparse no alto do monte Sino.
A lingua máis usual é o castelán, case o 100% dos pais diríxese ós seus fillos nesta lingua.
O galego úsao un 40% e enténdeno casi todos.
A orixe da poboación é netamente provincial, o peso dos orixinarios do Concello é escaso, (un 37%), existindo un proceso de recente asentamento residencial e turístico que procede dos concellos veciños, ( fundamentalmente de A Coruña). A presencia do alumnado procedente do estranxeiro cífrase no 10%, cunha representación similar ó do resto do Concello, sendo Brasil, Colombia, México e Portugal as nacionalidades máis representadas. Esto é debido as oportunidades de emprego, inversión, recreo e calidade de vida que ofrece a situación e clima do Municipio.
O número de nacementos rexistrados no Concello non responde o crecemento real da poboación debido a que unha gran parte dos nenos nados e pertecentes a este Municipio, son rexistrados ó nacer en A Coruña.
Características psico-evolutivas das nenas e nenos do primeiro ciclo de Educación Primaria.
Atópanse no estadio das operacións concretas, o cal supón a necesidade de manipular os obxectos para acadar os conceptos que se propoñan.
Fan xirar a realidade arredor da súa propia actividade.
Identifican e manexan símbolos e sinos o que lles permite aprender e incorporarse a códigos convencionais.
Teñen conciencia da permanencia dun obxecto, das súas calidades e da importancia dos cambios.
Dispoñen dun pensamento sincrético e analóxico, o cal significa que relacionan os elementos por xustaposición, percibindo globalmente a realidade .
Teñen unha intelixencia “práctica”, polo que coñecen a través da súa experiencia persoal e cotiá.
Van adquirindo paulatinamente o pensamento causal, que lles facilita a explicación dos feitos e a superación do subxectivismo e egocentrismo intelectual que marcaba momentos anteriores.
Desenvolven a súa capacidade de atención e observación. Posúen unha grande curiosidade intelectual.
Evolucionan na función de representación, chegando á concepción do espazo e do tempo, aínda que de forma elemental e ligada ás súas experiencias mentais. Afianzan a motricidade fina, o sentido da lateralidade, o seu propio esquema
corporal.
Desenvolven funcionalmente a linguaxe, o cal inflúe na estruturación do pensamento.
Desenvólvense básicamente na vida social, pois xa dispoñen dos hábitos necesarios para ela. Entenden e respectan as normas de convivencia.
Amplían o seu proceso de socialización.
Evolucionan cara a posturas de autonomía moral, aínda que fortemente condicionadas pola heteronomía dos seus sentimentos neste campo.
2. CONTRIBUCIÓN DAS MATERIAS AO
DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS.
O concepto de competencia básica podería definirse como a capacidade de poñer en práctica de forma integrada, en contextos e situacións diversas, os coñecementos, as habilidades e as actitudes persoais adquiridas.
As competencias básicas permiten identificar aquelas aprendizaxes que se consideran imprescindibles desde un enfoque integrador e orientado á aplicación dos saberes adquiridos.
Unha análise da interpretación que das distintas competencias fai o Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, permítenos destacar uns obxectivos básicos para cada unha delas. Partindo desa base estableceremos unha gradación das oito competencias para adaptalas ao primeiro ciclo.
CONTRIBUCIÓN AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS
BÁSICAS POR MATERIAS.
Área de lingua galega e literatura: contribución ás competencias
básicas:
1. Competencia en comunicación lingüística:
a. Adquirir e utilizar vocabulario referente ó entorno próximo: familia, escola, localidade.
c. Utilizar a linguaxe como medio de comunicación oral e escrita mediante a palabra, a frase e textos curtos.
d. Escoitar, expoñer e dialogar. Ler e comprender. e. Utilizar a lectura para promover a curiosidade.
f. Despertar a lectura a través dos contos e inicialos na escritura deles. g. Adquirir e utilizar as regras ortográficas aprendidas.
h. Desenvolver e interiorizar a importancia da claridade, a orde e a limpeza nas producións escritas.
2. Competencia matemática.
a. Utilizar a linguaxe e a observación para fixar conceptos xeométricos e matemáticos.
b. Utilizar a linguaxe para poñer en práctica procesos de razoamento.
3. Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico.
a. Percibir o colexio como espazo físico no que desenvolve a súa vida cotiá. b. Mostrar actitudes de respecto cara ó medio, os demais e un mesmo.
c. Empregar a linguaxe para mostrar actitudes de respecto aos demais e a un mesmo.
d. Obter e interpretar información sobre o medio social e físico que nos rodea.
a. Obter coñecementos e destrezas para buscar e interpretar unha información en concreto.
b. Interpretar distintos tipos de elementos comunicativos: icónicos, textuais, gráficos.
c. Relacionar nunha lectura os distintos elemetos informativos que aparecen. d. Coñecer a utilidade do ordenador no tratamento da información.
e. Usar internet para a búsqueda de información.
5. Competencia social e cidadá.
a. Utilizar a lingua para obter e comprender información.
b. Utilizar a lingua e as matemáticas para a convivencia, o respecto e o entendemento.
c. Coñecer sentimentos e emocións en relación aos demais.
d. Practicar o diálogo e a negociación como forma de resolver conflictos. e. Aprender a comunicarse cos demais e a comprender o que transmiten. f. Utilizar a lingua para desenvolver uns hábitos de consumo responsables. g. Traballar en equipo aprendendo a aceptar outros puntos de vista.
6. Competencia cultural e artística.
a. Recoñecer a lingua como elemento cultural de primeira orde. b. Valorar pequenas manifestacións de cultura popular.
c. Elaborar breves textos escritos empregando criterios de creatividade e imaxinación
7. Competencia para aprender a aprender.
a. Verbalizar o proceso seguido na aprendizaxe: reflexionar sobre o que e como se aprende.
b. Utilizar a lingua para analizar problemas da vida cotiá, elaborar plans e tomar decisións.
c. Acceder á construcción de coñecementos mediante a linguaxe.
d. Esforzarse para comprender, analizar e resolver actividades da vida cotiá. e. Utilizar a linguaxe como base do pensamento e do coñecemento.
f. Relacionar novas aprendizaxes cos que xa poseemos por telos traballado con anterioridade.
g. Relacionar palabras e conceptos que presentan puntos de conexión. h. Recoñecer que se aprendeu e o que falta por aprender.
8. Autonomía e inciativa persoal
a. Empregar a linguaxe para comunicar afecto e emocións. b. Utilizar a linguaxe como fonte de coñecemento e emocións.
c. Utilizar a linguaxe para representarse a un mesmo por escrito e en imaxe, coñecendo as características que nos distinguen dos demais.
d. Usar a linguaxe para analizar problemas, elaborar plans e emprender procesos de decisión.
e. Expresar gustos e preferencias argumentándoos adecuadamente. Saber planificarse e tomar decisións ante problemas.
f.
Reflexionar individualmente sobre as normas de convivencia para asumir responsabilidades.Área de lingua castelá e literatura: contribución ás competencias
básicas:
1. Competencia en comunicación ligüística.
a. Adquirir e utilizar vocabulario referente ó entorno próximo: familia, escola, localidade...
b. Expresar oralmente experiencias persoais.
c. Utilizar a linguaxe como medio de comunicación oral e escrita mediante a palabra, a frase e textos curtos.
d. Escoitar, expoñer e dialogar. e. Ler e comprender.
f. Utilizar a lectura para promover a curiosidade.
g. Despertar a lectura a través dos contos e inicialos na escritura deles. h. Adquirir e utilizar as regras ortográficas aprendidas.
i. Desenvolver e interiorizar a importancia da claridade, a orde e a limpeza nas producións escritas.
2. Competencia matemática.
a. Utilizar a linguaxe e a observación para fixar conceptos xeométricos e matemáticos.
b. Utilizar a linguaxe para poñer en práctica procesos de razoamento.
3. Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico.
a. Percibir o colexio como espazo físico no que desenvolve a súa vida cotiá. b. Mostrar actitudes de respecto cara ó medio, os demais e un mesmo.
c. Empregar a linguaxe para mostrar actitudes de respecto aos demais e a un mesmo.
d. Obter e interpretar información sobre o medio social e físico que nos rodea.
4. Tratamento da información e competencia dixital.
a. Obter coñecementos e destrezas para buscar e interpretar unha información en concreto.
b. Interpretar distintos tipos de elementos comunicativos: icónicos, textuais, gráficos.
c. Relacionar nunha lectura os distintos elemetos informativos que aparecen. d. Coñecer a utilidade do ordenador no tratamento da información.
e. Usar internet para a búsqueda de información.
5. Competencia social e cidadá.
a. Utilizar a lingua para obter e comprender información.
b. Utilizar a lingua e as matemáticas para a convivencia, o respecto e o entendemento.
c. Coñecer sentimentos e emocións en relación aos demais.
d. Practicar o diálogo e a negociación como forma de resolver conflictos. e. Aprender a comunicarse cos demais e a comprender o que transmiten. f. Utilizar a lingua para desenvolver uns hábitos de consumo responsables. g. Traballar en equipo aprendendo a aceptar outros puntos de vista.
6. Competencia cultural e artística.
a. Recoñecer a lingua como elemento cultural de primeira orde. b. Valorar pequenas manifestacións de cultura popular.
c. Elaborar breves textos escritos empregando criterios de creatividade e imaxinación
a. Verbalizar o proceso seguido na aprendizaxe: reflexionar sobre o que e como se aprende.
b. Utilizar a lingua para analizar problemas da vida cotiá, elaborar plans e tomar decisións.
c. Acceder á construcción de coñecementos mediante a linguaxe.
d. Esforzarse para comprender, analizar e resolver actividades da vida cotiá. e. Utilizar a linguaxe como base do pensamento e do coñecemento.
f. Relacionar novas aprendizaxes cos que xa poseemos por telos traballado con anterioridade.
g. Relacionar palabras e conceptos que presentan puntos de conexión. h. Recoñecer que se aprendeu e o que falta por aprender.
8. Autonomía e inciativa persoal
a. Empregar a linguaxe para comunicar afecto e emocións. b. Utilizar a linguaxe como fonte de coñecemento e emocións.
c. Usar a linguaxe para representarse a un mesmo por escrito e en imaxe, coñecendo as características que nos distinguen dos demais.
d. Utilizar a linguaxe para analizar problemas, elaborar plans e emprender procesos de decisión.
e. Expresar gustos e preferencias argumentándoos axeitadamente. f. Saber planificarse e tomar decisións ante problemas.
g. Reflexionar individualmente sobre as normas de convivencia para asumir responsabilidades.
Área de lingua estranxeira, inglés contribución ó logro das
competencias básicas
Como sabemos, as oito competencias que establece a LOE son: 1. Competencias en comunicación lingüística
3. Competencia no coñecemento e na interacción no mundo físico 4. Tratamento da información e competencia dixital
5. Competencia social e cidadá 6. Competencia cultural e artística
7. Competencia para aprender a aprender 8. Autonomía e iniciativa persoal.
A aprendizaxe do inglés contribúe ó desenvolvemento das competencias básicas:
1) Competencia en comunicación lingüística.
Esta competencia refírese á utilización da linguaxe como instrumento de comunciación oral e escrito.
2) Competencia de aprender a aprender
Na clase de inglés os alumnos/as aprenderán estratexias e habilidades que lles servirán para o aprendizaxe en todos os ámbitos:
- a observación visual e auditiva - a memoria a través da repetición
- a cincentración e a reflexión no traballo
- a capacidade de elixir e opinar por eles mesmos - a organización e o método a través de rutinas
- a disciplina e os hábitos de estudo para a consecución das emtas e logros
3) Competencia en tratamento da información e competencia dixital
O emprego de material informático é importante para o aprendizaxe do inglés. Utilizaremos programas interactivos ou a páxina web www.oup.com/elt/tcoolkids
4) Competencia social e cidadá
Usaranse contos e canciós que fan referencia a numerosos aspectos sociais e culturais.
5) Competencia artística e cultural
O aprendizaxe do inglés vai acompañado de actividades de TPR (resposta física con todo o corpo), entre as que están manualidades como recortar, pintar ou cantar unha canción.
Área de matemáticas: contribución ás competencias básicas
1. Competencia en comunicación ligüística.
a. Incorporar a linguaxe matemática á súa vida cotiá: lectura e escritura de números.
b. Comprender e interpretar información.
2. Competencia matemática.
a. Utilizar a linguaxe e a observación para fixar conceptos xeométricos e matemáticos.
b. Utilizar a linguaxe para poñer en práctica procesos de razoamento. c. Fomentar a curiosidade por coñecer a numeración ata o 999.
d. Coñecer e utilizar operacións matemáticas (suma, resta, multiplicación e división)
e. Resolver problemas da vida cotiá utilizando as operacións axeitadas. f. Manexar axeitadamente as moedas e billetes de euro.
h. Manexar os conceptos de medida de lonxitude, peso e capacidade en situacións reais.
i. Poñer en práctica procesos de razoamento lóxico-matemático e de desenvolvemento da atención.
j. Expresarse e comunicarse na linguaxe matemática.
k. Aplicar os números como identificadores de determinadas imaxes. l. Utilizar medidas e escalas para describir e representar a realidade. m. Saber a utilidade dos números para situarse no día que nos atopamos.
3. Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico.
a. Obter e interpretar información sobre o medio social e físico que nos rodea. b. Fomentar o interese por coñecer e interpretar a información que ofrece o
reloxo.
c. Coñecer a realidade a través da medida.
d. Incorporar habilidades para interpretar o medio que o rodea e desenvolverse con autonomía e iniciativa persoal.
e. Utilizar representacións gráficas para interpretar a información.
4. Tratamento da información e competencia dixital.
a. Coñecer a utilidade do ordenador no tratamento da información. b. Usar internet para a búsqueda de información.
c. Iniciarse no uso do ordenador.
d. Clasificar datos seguindo determinados criterios.
5. Competencia social e cidadá.
a. Utilizar a lingua e as matemáticas para a convivencia, o respecto e o entendemento
b. Traballar en equipo aprendendo a aceptar outros puntos de vista.