• No se han encontrado resultados

ACCIÓNS PREVISTAS DE ACORDO CO PROXECTO LECTOR

In document Programación Didáctica (página 34-200)

Adecuamos o plan lector do Centro ás características, horarios e espazos de educación Infantil:

-Creando en cada aula un ambiente favorable á lectura, cun espazo de biblioteca de aula con libros axeitados ás idades dos lectores/as.

-Fomentando a utilización da biblioteca do Colexio cunha frecuencia semanal.

-Participando en actividades e celebracións que dean protagonismo ó libro e á lectura como son a Semana do Libro, Festa do Libro, Día das letras galegas, sesións de contacontos tanto no Colexio como na Biblioteca Rialeda, etc.

-Fomentando a implicación das familias e a colaboración coas mesmas na formación lectora dos nenos e nenas.

-Destinando un tempo diario, vinte minutos en educación infantil, dentro do horario lectivo para adicalo a actividades lectoras como poden ser:

. Lectura silenciosa, individual e voluntaria.

. Lectura en voz alta, feita preferentemente pola profesora, de textos previamente seleccionados.

. Narración en voz alta feita pol@s propi@s alumn@s de contos que lles gustaron especialmente.

. Presentación de novidades que se van adquirindo.

. Presentación de libros, contos que tratan un tema determinado.

11.- ACCIÓNS PREVISTAS DE ACORDO CO PLAN DE

INTEGRACIÓN DAS TICS.

Baseándonos no Plan de Desenrolo das Tics, a Educación Infantil correspóndenlle:

-Iniciarse no coñecemento dos elementos básicos do ordenador e as súas funcións: localizar, identificar os elementos físicos básicos do computador: pantalla, teclado, rato.

-Iniciarse no coñecemento dos periféricos básicos do ordenador : localizar os principais periféricos de entrada (rato, teclado…) e de saída (monitor, impresora, altofalante).

-Coñecer outros periféricos: utilizar a PDI e coñecer algunhas das funcións básicas do software que a controla.

-Coñecer e realizar o proceso correcto de inicio e apagado dun computador.

-Coñecer o uso do teclado e do rato controlando o seu manexo con cada vez máis precisión.

-Diferenciar algunhas teclas do teclado ( letras, acento, barra espaciadora , teclas de desprazamento)

-Iniciarse na utilización das funcións básicas dun procesador de textos : completar un documento e imprimilo.

-Coñecer algunhas das ferramentas dun editor gráfico (pincel, encher de cor, trazar liñas)

-Ter un certo control do tempo de uso dos xogos e demais entretementos que proporcionan as tic.

12.- ATENCIÓN EDUCATIVA ALTERNATIVA Á RELIXIÓN.

O alumnado que non opte polo ensino da relixión recibirá atención educativa, tal e como recolle a Orde do 25 de xuño de 2009, pola que se regula a implantación, o desenvolvemento e avaliación do 2º ciclo da educación infantil.

As actividades que se levarán a cabo están dirixidas fundamentalmente á formación en valores e ó fomento de actitudes de respecto polas demáis persoas.

Tamén consideramos as actividades recollidas no PEC do Centro, como son: - Actividades de reciclaxe.

- Actividades ambientais. - Actividades de biblioteca.

- Exposicións sobre celebracións e conmemoracións que se realicen no centro.

13.- ACCIÓNS PREVISTAS DE ACORDO CO PLAN DE

CONVIVENCIA.

O equipo de Convivencia Escolar, no Plan de Convivencia, recolle os seguintes obxectivos xerais:

- Mellorar a convivencia entre todos os membros da comunidade educativa. - Promover a relación de igualdade entre nenos e nenas.

- Previr comportamentos disruptivos e de acoso. - Atender á diversidade.

- Implicar aos distintos sectores de comunidade educativa.

- Promover os dereitos e deberes dos membros da comunidade educativa. - Procurar a autoestima profesional do docente.

- Desenvolver as normas e procedementos de resolución de conflictos. - Realizar o seguimento e avaliación do Plan de Convivencia.

- Normas da aula consensuadas entre a titora, o profesorado e o alumnado. - Plan de coidado do contorno.

- Plan de acollida do alumnado novo, do estranxeiro e do profesorado de nova incorporación.

- Plan de resolución de conflictos e mediación.

14.-CRITERIOS PARA AVALIAR A PROGRAMACIÓN.

O profesorado avaliará tanto as aprendizaxes do alumnado coma os procesos de ensino e a súa propia práctica educativa.

Co fin de establecer unha avaliación plena da PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA, avaliaranse os seguintes indicadores:

-Desenrolo da programación nas aulas.

-Relación entre os obxectivos e as competencias básicas que teñen que acadar @s alumn@s. -Relación entre obxectivos e contidos.

-Adecuación de obxectivos e contidos coas necesidades reais. -Adecuación de medios e metodoloxía coas necesidades reais.

En definitiva, a presencia da programación xustifícase porque está baseada en catro características: adecuación (a un contexto); concreción; flexibilidade (aberta a revisión) e viabilidade (axustada ó espazo, tempo e ós recursos dispoñibles). Estas características permiten corrixir a programación e modificala en calquera momento atendendo ás necesidades das alumnas e dos alumnos.

Ceip Valle Inclán

PROGRAMACIÓN

DO

1º CICLO DE

EDUCACIÓN PRIMARIA

CURSO 2014/2015

ÍNDICE DA PROGRAMACIÓN

1.- INTRODUCCIÓN

2.- CONTRIBUCIÓN DAS MATERIAS AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS.

3.- OBXECTIVOS DO 1º CICLO

4.- CONTIDOS

5.- PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN. CRITERIOS DE AVALIACIÓN POR ÁREAS.

6.- METODOLOXÍA. MATERIAIS E RECURSOS

7.- MÍNIMOS ESIXIBLES PARA PROMOCIONAR DE CICLO

8.- MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

9.- ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

11.- TITORÍA

12.- ACCIÓNS PREVISTAS DE ACORDO CO PROXECTO LECTOR DO CENTRO

13.- ACCIÓNS PREVISTAS DE ACORDO CON PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICS

1. INTRODUCCIÓN

Características do centro.

Xeograficamente o CEIP “Valle Inclán” está situado ó suroeste do Concello de Oleiros, na parte máis alta de Perillo e na marxe dereita da Ría do Burgo e da Baía de A Coruña.

A súa zona de escolarización, comprende as parroquias de Perillo e parte de Lians (Montrove, O Seixo, Pazo do Río).

É unha zona húmida e aireada debido a súa proximidade ó mar e por atoparse no alto do monte Sino.

A lingua máis usual é o castelán, case o 100% dos pais diríxese ós seus fillos nesta lingua.

O galego úsao un 40% e enténdeno casi todos.

A orixe da poboación é netamente provincial, o peso dos orixinarios do Concello é escaso, (un 37%), existindo un proceso de recente asentamento residencial e turístico que procede dos concellos veciños, ( fundamentalmente de A Coruña). A presencia do alumnado procedente do estranxeiro cífrase no 10%, cunha representación similar ó do resto do Concello, sendo Brasil, Colombia, México e Portugal as nacionalidades máis representadas. Esto é debido as oportunidades de emprego, inversión, recreo e calidade de vida que ofrece a situación e clima do Municipio.

O número de nacementos rexistrados no Concello non responde o crecemento real da poboación debido a que unha gran parte dos nenos nados e pertecentes a este Municipio, son rexistrados ó nacer en A Coruña.

Características psico-evolutivas das nenas e nenos do primeiro ciclo de Educación Primaria.

Atópanse no estadio das operacións concretas, o cal supón a necesidade de manipular os obxectos para acadar os conceptos que se propoñan.

 Fan xirar a realidade arredor da súa propia actividade.

Identifican e manexan símbolos e sinos o que lles permite aprender e incorporarse a códigos convencionais.

 Teñen conciencia da permanencia dun obxecto, das súas calidades e da importancia dos cambios.

Dispoñen dun pensamento sincrético e analóxico, o cal significa que relacionan os elementos por xustaposición, percibindo globalmente a realidade .

Teñen unha intelixencia “práctica”, polo que coñecen a través da súa experiencia persoal e cotiá.

 Van adquirindo paulatinamente o pensamento causal, que lles facilita a explicación dos feitos e a superación do subxectivismo e egocentrismo intelectual que marcaba momentos anteriores.

Desenvolven a súa capacidade de atención e observación. Posúen unha grande curiosidade intelectual.

 Evolucionan na función de representación, chegando á concepción do espazo e do tempo, aínda que de forma elemental e ligada ás súas experiencias mentais.  Afianzan a motricidade fina, o sentido da lateralidade, o seu propio esquema

corporal.

Desenvolven funcionalmente a linguaxe, o cal inflúe na estruturación do pensamento.

Desenvólvense básicamente na vida social, pois xa dispoñen dos hábitos necesarios para ela. Entenden e respectan as normas de convivencia.

 Amplían o seu proceso de socialización.

Evolucionan cara a posturas de autonomía moral, aínda que fortemente condicionadas pola heteronomía dos seus sentimentos neste campo.

2. CONTRIBUCIÓN DAS MATERIAS AO

DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS.

O concepto de competencia básica podería definirse como a capacidade de poñer en práctica de forma integrada, en contextos e situacións diversas, os coñecementos, as habilidades e as actitudes persoais adquiridas.

As competencias básicas permiten identificar aquelas aprendizaxes que se consideran imprescindibles desde un enfoque integrador e orientado á aplicación dos saberes adquiridos.

Unha análise da interpretación que das distintas competencias fai o Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, permítenos destacar uns obxectivos básicos para cada unha delas. Partindo desa base estableceremos unha gradación das oito competencias para adaptalas ao primeiro ciclo.

CONTRIBUCIÓN AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS

BÁSICAS POR MATERIAS.

Área de lingua galega e literatura: contribución ás competencias

básicas:

1. Competencia en comunicación lingüística:

a. Adquirir e utilizar vocabulario referente ó entorno próximo: familia, escola, localidade.

c. Utilizar a linguaxe como medio de comunicación oral e escrita mediante a palabra, a frase e textos curtos.

d. Escoitar, expoñer e dialogar. Ler e comprender. e. Utilizar a lectura para promover a curiosidade.

f. Despertar a lectura a través dos contos e inicialos na escritura deles. g. Adquirir e utilizar as regras ortográficas aprendidas.

h. Desenvolver e interiorizar a importancia da claridade, a orde e a limpeza nas producións escritas.

2. Competencia matemática.

a. Utilizar a linguaxe e a observación para fixar conceptos xeométricos e matemáticos.

b. Utilizar a linguaxe para poñer en práctica procesos de razoamento.

3. Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico.

a. Percibir o colexio como espazo físico no que desenvolve a súa vida cotiá. b. Mostrar actitudes de respecto cara ó medio, os demais e un mesmo.

c. Empregar a linguaxe para mostrar actitudes de respecto aos demais e a un mesmo.

d. Obter e interpretar información sobre o medio social e físico que nos rodea.

a. Obter coñecementos e destrezas para buscar e interpretar unha información en concreto.

b. Interpretar distintos tipos de elementos comunicativos: icónicos, textuais, gráficos.

c. Relacionar nunha lectura os distintos elemetos informativos que aparecen. d. Coñecer a utilidade do ordenador no tratamento da información.

e. Usar internet para a búsqueda de información.

5. Competencia social e cidadá.

a. Utilizar a lingua para obter e comprender información.

b. Utilizar a lingua e as matemáticas para a convivencia, o respecto e o entendemento.

c. Coñecer sentimentos e emocións en relación aos demais.

d. Practicar o diálogo e a negociación como forma de resolver conflictos. e. Aprender a comunicarse cos demais e a comprender o que transmiten. f. Utilizar a lingua para desenvolver uns hábitos de consumo responsables. g. Traballar en equipo aprendendo a aceptar outros puntos de vista.

6. Competencia cultural e artística.

a. Recoñecer a lingua como elemento cultural de primeira orde. b. Valorar pequenas manifestacións de cultura popular.

c. Elaborar breves textos escritos empregando criterios de creatividade e imaxinación

7. Competencia para aprender a aprender.

a. Verbalizar o proceso seguido na aprendizaxe: reflexionar sobre o que e como se aprende.

b. Utilizar a lingua para analizar problemas da vida cotiá, elaborar plans e tomar decisións.

c. Acceder á construcción de coñecementos mediante a linguaxe.

d. Esforzarse para comprender, analizar e resolver actividades da vida cotiá. e. Utilizar a linguaxe como base do pensamento e do coñecemento.

f. Relacionar novas aprendizaxes cos que xa poseemos por telos traballado con anterioridade.

g. Relacionar palabras e conceptos que presentan puntos de conexión. h. Recoñecer que se aprendeu e o que falta por aprender.

8. Autonomía e inciativa persoal

a. Empregar a linguaxe para comunicar afecto e emocións. b. Utilizar a linguaxe como fonte de coñecemento e emocións.

c. Utilizar a linguaxe para representarse a un mesmo por escrito e en imaxe, coñecendo as características que nos distinguen dos demais.

d. Usar a linguaxe para analizar problemas, elaborar plans e emprender procesos de decisión.

e. Expresar gustos e preferencias argumentándoos adecuadamente. Saber planificarse e tomar decisións ante problemas.

f.

Reflexionar individualmente sobre as normas de convivencia para asumir responsabilidades.

Área de lingua castelá e literatura: contribución ás competencias

básicas:

1. Competencia en comunicación ligüística.

a. Adquirir e utilizar vocabulario referente ó entorno próximo: familia, escola, localidade...

b. Expresar oralmente experiencias persoais.

c. Utilizar a linguaxe como medio de comunicación oral e escrita mediante a palabra, a frase e textos curtos.

d. Escoitar, expoñer e dialogar. e. Ler e comprender.

f. Utilizar a lectura para promover a curiosidade.

g. Despertar a lectura a través dos contos e inicialos na escritura deles. h. Adquirir e utilizar as regras ortográficas aprendidas.

i. Desenvolver e interiorizar a importancia da claridade, a orde e a limpeza nas producións escritas.

2. Competencia matemática.

a. Utilizar a linguaxe e a observación para fixar conceptos xeométricos e matemáticos.

b. Utilizar a linguaxe para poñer en práctica procesos de razoamento.

3. Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico.

a. Percibir o colexio como espazo físico no que desenvolve a súa vida cotiá. b. Mostrar actitudes de respecto cara ó medio, os demais e un mesmo.

c. Empregar a linguaxe para mostrar actitudes de respecto aos demais e a un mesmo.

d. Obter e interpretar información sobre o medio social e físico que nos rodea.

4. Tratamento da información e competencia dixital.

a. Obter coñecementos e destrezas para buscar e interpretar unha información en concreto.

b. Interpretar distintos tipos de elementos comunicativos: icónicos, textuais, gráficos.

c. Relacionar nunha lectura os distintos elemetos informativos que aparecen. d. Coñecer a utilidade do ordenador no tratamento da información.

e. Usar internet para a búsqueda de información.

5. Competencia social e cidadá.

a. Utilizar a lingua para obter e comprender información.

b. Utilizar a lingua e as matemáticas para a convivencia, o respecto e o entendemento.

c. Coñecer sentimentos e emocións en relación aos demais.

d. Practicar o diálogo e a negociación como forma de resolver conflictos. e. Aprender a comunicarse cos demais e a comprender o que transmiten. f. Utilizar a lingua para desenvolver uns hábitos de consumo responsables. g. Traballar en equipo aprendendo a aceptar outros puntos de vista.

6. Competencia cultural e artística.

a. Recoñecer a lingua como elemento cultural de primeira orde. b. Valorar pequenas manifestacións de cultura popular.

c. Elaborar breves textos escritos empregando criterios de creatividade e imaxinación

a. Verbalizar o proceso seguido na aprendizaxe: reflexionar sobre o que e como se aprende.

b. Utilizar a lingua para analizar problemas da vida cotiá, elaborar plans e tomar decisións.

c. Acceder á construcción de coñecementos mediante a linguaxe.

d. Esforzarse para comprender, analizar e resolver actividades da vida cotiá. e. Utilizar a linguaxe como base do pensamento e do coñecemento.

f. Relacionar novas aprendizaxes cos que xa poseemos por telos traballado con anterioridade.

g. Relacionar palabras e conceptos que presentan puntos de conexión. h. Recoñecer que se aprendeu e o que falta por aprender.

8. Autonomía e inciativa persoal

a. Empregar a linguaxe para comunicar afecto e emocións. b. Utilizar a linguaxe como fonte de coñecemento e emocións.

c. Usar a linguaxe para representarse a un mesmo por escrito e en imaxe, coñecendo as características que nos distinguen dos demais.

d. Utilizar a linguaxe para analizar problemas, elaborar plans e emprender procesos de decisión.

e. Expresar gustos e preferencias argumentándoos axeitadamente. f. Saber planificarse e tomar decisións ante problemas.

g. Reflexionar individualmente sobre as normas de convivencia para asumir responsabilidades.

Área de lingua estranxeira, inglés contribución ó logro das

competencias básicas

Como sabemos, as oito competencias que establece a LOE son: 1. Competencias en comunicación lingüística

3. Competencia no coñecemento e na interacción no mundo físico 4. Tratamento da información e competencia dixital

5. Competencia social e cidadá 6. Competencia cultural e artística

7. Competencia para aprender a aprender 8. Autonomía e iniciativa persoal.

A aprendizaxe do inglés contribúe ó desenvolvemento das competencias básicas:

1) Competencia en comunicación lingüística.

Esta competencia refírese á utilización da linguaxe como instrumento de comunciación oral e escrito.

2) Competencia de aprender a aprender

Na clase de inglés os alumnos/as aprenderán estratexias e habilidades que lles servirán para o aprendizaxe en todos os ámbitos:

- a observación visual e auditiva - a memoria a través da repetición

- a cincentración e a reflexión no traballo

- a capacidade de elixir e opinar por eles mesmos - a organización e o método a través de rutinas

- a disciplina e os hábitos de estudo para a consecución das emtas e logros

3) Competencia en tratamento da información e competencia dixital

O emprego de material informático é importante para o aprendizaxe do inglés. Utilizaremos programas interactivos ou a páxina web www.oup.com/elt/tcoolkids

4) Competencia social e cidadá

Usaranse contos e canciós que fan referencia a numerosos aspectos sociais e culturais.

5) Competencia artística e cultural

O aprendizaxe do inglés vai acompañado de actividades de TPR (resposta física con todo o corpo), entre as que están manualidades como recortar, pintar ou cantar unha canción.

Área de matemáticas: contribución ás competencias básicas

1. Competencia en comunicación ligüística.

a. Incorporar a linguaxe matemática á súa vida cotiá: lectura e escritura de números.

b. Comprender e interpretar información.

2. Competencia matemática.

a. Utilizar a linguaxe e a observación para fixar conceptos xeométricos e matemáticos.

b. Utilizar a linguaxe para poñer en práctica procesos de razoamento. c. Fomentar a curiosidade por coñecer a numeración ata o 999.

d. Coñecer e utilizar operacións matemáticas (suma, resta, multiplicación e división)

e. Resolver problemas da vida cotiá utilizando as operacións axeitadas. f. Manexar axeitadamente as moedas e billetes de euro.

h. Manexar os conceptos de medida de lonxitude, peso e capacidade en situacións reais.

i. Poñer en práctica procesos de razoamento lóxico-matemático e de desenvolvemento da atención.

j. Expresarse e comunicarse na linguaxe matemática.

k. Aplicar os números como identificadores de determinadas imaxes. l. Utilizar medidas e escalas para describir e representar a realidade. m. Saber a utilidade dos números para situarse no día que nos atopamos.

3. Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico.

a. Obter e interpretar información sobre o medio social e físico que nos rodea. b. Fomentar o interese por coñecer e interpretar a información que ofrece o

reloxo.

c. Coñecer a realidade a través da medida.

d. Incorporar habilidades para interpretar o medio que o rodea e desenvolverse con autonomía e iniciativa persoal.

e. Utilizar representacións gráficas para interpretar a información.

4. Tratamento da información e competencia dixital.

a. Coñecer a utilidade do ordenador no tratamento da información. b. Usar internet para a búsqueda de información.

c. Iniciarse no uso do ordenador.

d. Clasificar datos seguindo determinados criterios.

5. Competencia social e cidadá.

a. Utilizar a lingua e as matemáticas para a convivencia, o respecto e o entendemento

b. Traballar en equipo aprendendo a aceptar outros puntos de vista.

a. Identificar figuras xeométricas nunha produción artística.

b. Analizar as diferentes figuras e corpos xeométricos en obxectos do entorno inmediato

c. Realizar os propios traballos cunha actitude que teña en conta os valores estéticos.

7. Competencia para aprender a aprender.

a. Esforzarse para comprender, analizar e resolver actividades da vida cotiá. b. Relacionar novas aprendizaxes coas que xa poseemos por telas traballado

con anterioridade.

c. Relacionar conceptos que presentan puntos de conexión. d. Recoñecer o que se aprendeu e o que falta por aprender.

8. Autonomía e inciativa persoal

a. Utilizar a linguaxe matemática para analizar problemas, elaborar plans e emprender procesos de decisión.

b. Utilizar a linguaxe e as matemáticas para fomentar a adquisición e interiorización de bós hábitos.

c. Saber planificarse e tomar decisións ante problemas.

Área de coñecemento do medio: contribución ás competencias

básicas:

1. Competencia en comunicación ligüística.

a. Comprender e interpretar información.

b. Comentar imaxes en grupo respectado as observacións dos demais.

c. Explicar de forma ordenada unha historia representada nunha secuencia de imaxes.

2. Competencia matemática.

a. Aplicar os números como identificadores de determinadas imaxes. b. Utilizar medidas e escalas para describir e representar a realidade. c. Saber a utilidade dos números para situarse no día que nos atopamos.

3. Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico.

a. Percibir o colexio como espazo físico no que desenvolve a súa vida cotiá b. Obter e interpretar información sobre o medio social e físico que nos rodea. c. Incorporar habilidades para interpretar o medio que o rodea e

desenvolverse con autonomía e iniciativa persoal.

d. Utilizar representacións gráficas para interpretar a información.

e. Diferenciar as partes do corpo humano e concienciarse da necesidade de practicar hábitos saudables.

f. Coñecer as características de plantas e animais identificando e utilizando os recursos procedentes destes.

g. Observar e percibir os elementos naturais e humanizados dunha paisaxe. h. Valorar a importancia do coidado do medio nas nosas vidas.

4. Tratamento da información e competencia dixital.

a. Obter coñecementos e destrezas para buscar e interpretar unha información en concreto.

b. Interpretar distintos tipos de elementos comunicativos: icónicos, textuais, gráficos.

c. Relacionar nunha lectura os distintos elementos informativos que aparecen. d. Coñecer a utilidade do ordenador no tratamento da información.

e. Usar internet para a búsqueda de información.

5. Competencia social e cidadá.

b. Recoñecer as particularidades do contorno social próximo: a familia e a escola.

c. Valorar as achegas das diversas profesións ao benestar xeral.

d. Reflexionar sobre os conflictos na relación cos demais e respectar as normas de convivencia no contorno escolar, familiar e veciñal.

e. Defender a igualdade de dereitos rexeitando a intolerancia por razón de idade, crenza, sexo ou raza.

6. Competencia cultural e artística.

a. Realizar os propios traballos cunha actitude que teña en conta os valores estéticos.

b. Realizar traballos manuais seguindo as instrucións que se propoñen.

c. Identificar as proporcións e a simetría do corpo humano para poder debuxalo.

d. Valorar os diferentes tipos de obras de arte que forman parte do patrimonio cultural da humanidade.

7. Competencia para aprender a aprender.

a. Esforzarse para comprender, analizar e resolver actividades da vida cotiá. b. Relacionar novas aprendizaxes coas que xa poseemos por telas traballado

con anterioridade.

c. Relacionar palabras e conceptos que presentan puntos de conexión. d. Recoñecer que se aprendeu e o que falta por aprender.

In document Programación Didáctica (página 34-200)

Documento similar