• No se han encontrado resultados

MEMORIA ECONÓMICA E DE ACTIVIDADES

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "MEMORIA ECONÓMICA E DE ACTIVIDADES"

Copied!
131
0
0

Texto completo

(1)

IDEGA

Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia

MEMORIA ECONÓMICA E DE ACTIVIDADES

2005

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

(2)
(3)

IDEGA

Avda. das Ciencias, s/n.

Campus Universitario Sur 15782 Santiago de Compostela

Telf.: 981 59 11 66/ 981 56 31 00 (ext: 14339) Fax: 981 59 99 35

E-mail: [email protected]

Web: http://idegaweb.usc.es

(4)

IDEGA

ÍNDICE

ÓRGANOS DE GOBERNO E PERSOAL DO INSTITUTO

MEMORIA DE ACTIVIDADES

PROXETOS E CONTRATOS DE INVESTIGACIÓN

1. Área de economía agroalimentaria e estudos rurais...15

2. Área de ordenación e desenvolvemento territorial...21

3. Área de estudos da economía galega ...36

4. Área de estudos do sistema financeiro...42

5. Área de estudos pesqueiros...43

6. Área de mercado de traballo e economía social...44

7. Área de economía ambiental e recursos naturais ...53

8. Área de estudos turísticos ...57

PUBLICACIÓNS 1. A economía galega. Informe 2005...66

2. Informe de Conxuntura da Economía Galega...67

3. Documentos de Traballo IDEGA...68

DOCENCIA 1. Programa de doutoramento: procesos da integración económica en Europa e América Latina ...73

2. Apoio académico e institucional ao Programa de Doutoramento en Economía da Universidad de La Habana ...76

CONFERENCIAS E SESIÓNS CIENTÍFICAS 1. Área de Análise Económica...81

2. Área de Xeografía ...81

3. Área de Historia ...81

4. Área de Pensamento Económico ...81

5. Área de Economía Aplicada ...81

(5)

MEMORIA 2002

5 CONGRESOS E XORNADAS

1. Seminario: “Comercialización de productos turísticos” ...85 2. Globalización, Arraigo Xeográfica e Comunidades Costeiras en

tempos de cambio ...86 3. Seminario “Experiencias en xestión de turismo urbano enEspaña” ...88 4. Coloquio do Grupo de Historia do Pensamiento Xeográfico

“Historias, xeografías, culturas”...89 5. Seminario temático “A cuestión da Terra na Península Ibérica e

na Iberoamérica: Actualidade e Desafios”...91 6. Seminario “Economía do turismo”...94 7 Obradoiro de paisaxe en Trasalba “A paisaxe: cultura, identidade

e valor patrimonial”...95 8. III Xornadas SINDUR “Sociedade da Información en espacios

periféricos. Novas formas de exclusión social” ...97 9. III Congreso de Economía de Galicia “Galicia nunha Europa

ampliada: converxencia e benestar”...102

MEMORIA ECONÓMICA

ORZAMENTOS DO INSTITUTO

Ingresos...115 Gastos ...115 ORZAMENTO DE XESTIÓN

Ingresos...119 Gastos ...119 ORZAMENTO DE INVESTIGACIÓN

Ingresos...123 Gastos ...123

(6)

MEMORIA 2002

6

ORGANOS DE GOBERNO PERSOAL DO INSTITUTO E ORGANOS DE GOBERNO

PERSOAL DO INSTITUTO E

(7)

MEMORIA 2002

7

XUNTA DE GOBERNO

Presidente: D. Senén Barro Ameneiro. Rector da Universidade de Santiago de Compostela

D. Eduardo García-Rodeja Gayoso. Vicerrector de Investigación e Innovación da Universidade de Santiago de Compostela

D. Guillermo de la Dehesa Romero. Director do Instituto de Estudos Económicos de Galicia Pedro Barrié de la Maza

D. Jesús García Calvo. Presidente do Padroado da Fundación FEIRACO

D. Xosé Luis Méndez López. Director Xeral de Caixa Galicia e Vicepresidente do Patronato da Fundación Caixa Galicia

D. José Luís Pego Alonso. Director Xeral Adxunto de Caixanova.

D. Pablo Ejerique Martínez. Presidente do Consello Económico e Social de Galicia

D. Roxelio Conde-Pumpido Tourón. Director de Transferencia de Tecnoloxía do CITT da Universidade de Santiago de Compostela

D. Edelmiro López Iglesias / Melchor Fernández Fernández. Directores do IDEGA

D. Juan J. Ares Fernández. Secretario do IDEGA

D. Joam Carmona Badía. Representante do Consello Científico do IDEGA D. Alberto Meixide Vecino. Representante do Consello Científico do IDEGA

(8)

IDEGA

DIRECTOR:

Edelmiro López Iglesias

SECRETARIO:

Juan J. Ares Fernández

CONSELLO CIENTÍFICO

Álvarez Corbacho, Xoaquín Antelo Suárez, Manel Ares Fernández, Juan J.

Balboa López, Xesús Leopoldo Beiras Torrado, Xosé Manuel Carmona Badía, Joam Castañón Llamas, Luís Capasso, Salvatore

Da Rocha Álvarez, José María Fernández Fernández, Melchor Fernández Grela, Manuel Fernández Leiceaga, Xoaquín Fernández Prieto, Lourenzo Ferrás Sexto, Carlos García Jurado, Ignacio

García Negro, María do Carme

Giráldez Rivero, Xesús González Manteiga, Wenceslao Jordán Rodríguez, Manuel Lois González, Rubén C.

López Iglesias, Edelmiro López Taboada, Xosé Antón Loureiro García, María L.

Meixide Vecino, Alberto Pérez Touriño, Emilio Pousa Hernández, Miguel Ricoy Riego, Carlos J.

Rodríguez González, Román Rojo Sánchez, Xavier Santos Solla, José Sineiro García, Francisco

COMISIÓN PERMANENTE

López Iglesias, Edelmiro Ares Fernández, Juan J.

Antelo Suárez, Manel Jordán Rodríguez, Manuel Lois González, Rubén C.

Ferrás Sexto, Carlos Fernández Grela, Manuel

(9)

MEMORIA 2002

9

PERSOAL DE APOIO

Xosé Delfín Pérez González, xefe de negociado do IDEGA

María Dolores Tuñas Riveiro, técnico especialista de FP-2 da rama informática Yolanda García Vázquez, bolseira de investigación

José Carlos Macía Arce, bolseiro de investigación Pablo Viso Outeiriño, bolseiro de investigación

Carlos Dabarca Soto, técnico especialista de FP-2 da rama informática Abrahan Martínez Martín, técnico especialista de FP-2 da rama informática Francisco José Armas Quintá, bolseiro de investigación

Luis Ulloa Guitian, bolseiro de investigación Javier Veira Verdía, bolseiro de investigación Alfonso Ribas Álvarez, bolseiro de investigación Manuel Cabalar Fuentes, bolseiro de investigación Emilio Cuiñas Otero, bolseiro de investigación Juan López Bedoya, bolseiro de investigación

Roberto Lorenzana Fernández, bolseiro de investigación

Carlos Sebastián Villasante Larramendi, bolseiro de investigación Carlos Alberto Patiño Romarís, bolseiro predoctoral

Angel Miramontes Carballada, bolseiro predoctoral José Antonio Díaz Fernández, bolseiro de investigación Monserrat Iglesias Pérez, bolseira de investigación

(10)
(11)

MEMORIA 2002

11

MEMORIA

ACTIVIDADES DE MEMORIA

ACTIVIDADES DE

(12)

PROXETOS E CONTRATOS DE

INVESTIGACIÓN

(13)

MEMORIA 2002

13

I. ÁREA DE ECONOMÍA AGROALIMENTARIA E ESTUDOS RURAIS

1. Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e a USC para a execución do proxecto EXPIDER

Proxecto de investigación financiado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) cun prazo de execución de seis meses (setembro 2004-febreiro 2005).

RESUMO: Proxecto EXPIDER (Implementación de Experiencias Piloto de Desenvolvemento Rural Local en América Latina).

- Capacitación intensiva aos operadores turísticos dos cantóns nos que se aplicará o programa (CONSULTORÍA 1E-C1. Actividade 2).

- Organización dos sectores produtivos dos cantóns nos que se aplicará o proxecto (CONSULTORÍA 3E-C2. Actividade 1).

Investigador principal: Edelmiro López Iglesias, Departamento de Economía Aplicada /IDEGA, Universidade de Santiago de Compostela

(14)

IDEGA

2. Censo de explotacións e análise de valoración dos servizos prestados pola Cooperativa Feiraco

Proxecto de investigación financiado pola Fundación Feiraco cun prazo de execución de dous anos.

RESUMO: 1. Elaboración ficha-censo e enquisa servizos.

2. Dirección e coordenación equipo recollida información.

3. Organización mesas-debate resultados.

4. Tratamiento estatístico, datos.

5. Investigación bibliografica. Elaboración corpo teórico-metodolóxico.

6. Interpretación datos e información.

7. Discusión resultados asesores especializados.

8. Elaboración gráfica e cartográfica.

9. Redacción e presentación de resultados.

Investigador principal: Carlos Ferrás Sexto, Departamento de Xeografía /IDEGA, Universidade de Santiago de Compostela.

Investigador: Manuel Jordán Rodríguez, Departamento de Economía Aplicada /IDEGA, Universidade de Santiago de Compostela.

Bolseiros de investigación: Yolanda García Vázquez, Xosé Carlos Macía Arce, Francisco Armas Quintá, Juan Carlos Maneiro, técnico estatístico.

(15)

MEMORIA 2002

15 3. Análisis de la estructura y cambios de la demanda agroalimentaria en

España

Proxecto financiado polo Ministerio de Agriculutura, Pesca e Alimentación cun prazo de execución de seis meses (xullo–decembro 2005)

RESUMO: O obxecto do presente convenio especifico e o establecemento e execución das actuacións que permitan estudiar a estructura e cambios na tendencia da demanda alimenticia en España, tanto no seno das familias como no sector da restauración, homoxeneizando as estatísticas do INE e comparandoas coas do Panel de Consumo Alimentario do MAPA.

Investigadora principal: Maria L. Loureiro, IDEGA, Universidade de Santiago de Compostela.

(16)

IDEGA

4. Gestión integral de explotaciones de leche en la Cornisa Cantábrica Proxecto de investigación financiado por Fundación Privada Triptolemos para el desarrollo agroalimentario cun prazo de execución de dous anos (2005 – 2007)

RESUMO: Se trata de obtener una información de las explotaciones que permita valorar sus resultados económicos en relación con los productivos y poder realizar algunas recomendaciones de interés para los sistemas productivos de las explotaciones de leche más comunes en Galiza, Asturias y Cantabria. Recomendaciones que desde el punto de vista de los costes de producción permitan avanzar en la sostenibilidad a medio plazo de este tipo de explotaciones.

Investigador principal: Bernardo Valdês Paços, Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela.

Investigadores: Edelmiro López Iglesias, Departamento de Economía Aplicada/IDEGA, Universidade de Santiago de Compostela; Francisco Sineiro García, Departamento de Economía Aplicada/IDEGA.

(17)

MEMORIA 2002

17 5. Convenio de colaboración entre o MAPA, a Universidad Politécnica de

Valencia e a USC para a creación do Observatorio do apoio público a agricultura

Proxecto de investigación financiado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación cun prazo de execución de catro anos (2005 – 2009) RESUMO:

Investigador principal: Francisco Sineiro García, Departamento de Economía Aplicada/IDEGA.

Investigador: Alfonso Ribas Álvarez, IDEGA.

(18)

IDEGA

6. O papel da agricultura nos procesos de desenvolvemento e diferenciación dos territorios rurais españois

Proxecto de investigación financiado polo Ministerio de Educación e Ciencia cun prazo de execución de tres anos (2005 – 2008)

RESUMO:

Investigador principal: Francisco Sineiro García, Departamento de Economía Aplicada/IDEGA.

(19)

MEMORIA 2002

19

II. ÁREA DE ORDENACIÓN E DESENVOLVEMENTO TERRITORIAL

1. Elaboración do Plan Estratéxico da cidade de Santiago de Compostela Proxecto de investigación financiado por IDEGA-ODEPSA UTE cun prazo de execución de dezanove meses (maio 2003 – novembro 2005) RESUMO: Realización do Plan Estratéxico de Santiago de Compostela conformando unha UTE coa Oficina de Planeamento S.A. O Plan concíbese como o instrumento marco para a identificación das estratexias dirixidas a impulsar o desenvolmento económico e social sobre as bases do compromiso e cooperación dos principais axentes económicos e sociais e da participación e colaboración cidadá. A elaboración desenvolverase nas seguintes fases:

1.- Organización e identificación de temas críticos.

2.- Diagnóstico interno e externo do municipio.

3.- Determinación de obxectivos e definición de liñas estrátexicas.

4.- Desenvolvemento de obxectivos e liñas estratéxicas. Definición e avaliación de proxectos e programa de actuación.

Investigadores principais: Edelmiro López Iglesias, Departamento de Economía Aplicada/IDEGA, Universidade de Santiago de Compostela; Juan J. Ares Fernández, Departamento de Fundamentos da Análise Económica/IDEGA da Universidade de Santiago de Compostela.

Investigadores: Edelmiro López Iglesias, Departamento de Economía Aplicada/IDEGA, Universidade de Santiago de Compostela; Juan J. Ares Fernández, Departamento de Fundamentos da Análise Económica/IDEGA da Universidade de Santiago de Compostela; Santiago Lago Peñas, Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo; Pedro Mª Rey Suárez, Departamento de Fundamentos da Análise Económica da Universidade de Santiago de Compostela; Roberto Bande Ramudo, Departamento de Fundamentos da Análise Económica da Universidade de Santiago de Compostela.

(20)

IDEGA

2. SINDUR. Sociedade da información e desenvolvemento urbano e rexional. Fundamentos teóricos e valoración de impactos en rexións periféricas

Proxecto de Investigación financiado polo Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía (MCYT) e o Fondo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) cun prazo de execución de tres anos (novembro 2002 – novembro 2005).

RESUMO: SINDUR se centra no estudio teórico e empírico dos efectos sociais e territoriais vinculados ao desenvolvemento da Sociedade da Información e á implantación das Tecnologías da Información e Comunicación en rexións periféricas.

Os seus obxectivos específicos son:

1. Facilitar aos xestores urbanos e rexionais unha ferramenta técnica de auditoría territorial da Sociedade da Información.

2. Propoñer unha metodoloxía de intervención fronte á exclusión provocada pola Sociedade da Información.

3. Impulsar unha rede de universidades e investigadores interesados no estudio da Sociedade da Información e sos seus efectos socio-territoriais en rexións periféricas.

4. Desenvolver unha liña de investigación internacional comparada de carácter interdisciplinar en temática relativa ós impactos da Sociedade da Información.

Beneficios esperados de SINDUR:

- Contribuirá ao coñecemento científico-técnico dos efectos sociais, económicos e territoriais da Sociedade da Información e das Tecnoloxías da Información e da Comunicación.

- A orientación de SINDUR cara rexións periféricas beneficiará especialmente o desenvolvemento dos territorios apagados e das comunidades desenganchadas da Sociedade da Información.

Transferencia de resultados de SINDUR:

- A administración e a sociedade. Os xestores urbanos e rexionais e a sociedade civil en xeral obterán información de calidade e con gran detalle acerca da Sociedade da Información nos seus ámbitos administrativo-territoriais. Disporán dun Atlas da Sociedade da Información, de Auditorías Urbanas e da Información-Web, e dunha proposta de intervención social cun mapa de localización dunha Rede de Puntos Dixitais en Espacios Apagados e Comunidades Excluídas; SINDUR facilitará información que facilite as decisións en materia de planeamento e desenvolvemento da Sociedade da Información.

- A empresa privada. Poderá obter de SINDUR unha fonte de información detallada acerca dos impactos que xeran os novos servicios informacionais e incluso poderán coñecer posibles "nichos de mercado" para a aplicación das Tecnoloxías da Comunicación e Información. SINDUR ademais asumirá un nídeo rol de axente difusor da utilización e universalización social do uso das novas Tecnoloxías da Información.

(21)

MEMORIA 2002

21 - A universidade. A través da formación de excelencia de investigadores e estudiantes

de postgrado especializados no estudio dos impactos socio-territoriais da Sociedade da Información. E co fortalecemento dun grupo de investigación interdisciplinar potente, coa masa crítica e a sinerxia suficiente para establecer contactos internacionais e acceder competitivamente ás convocatorias de proxectos de investigación da Unión Europea.

Investigador principal: Carlos Ferrás Sexto, Departamento de Xeografía /IDEGA, Universidade de Santiago de Compostela.

Investigadores: Antonio Doval Gadán, Departamento de Xeografía, Universidade de Santiago de Compostela; Xosé R. Chantada Acosta, Departamento de Xeografía, Universidade de Santiago de Compostela; Xosé A. Neira Cruz, Departamento de Ciencias da Comunicación, Universidade de Santiago de Compostela; Xosé López García, Departamento de Ciencias, Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.

Asistencia especializada: Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).

Equipo Técnico de Investigación: X. Carlos Macía Arce, Yolanda García Vázquez, Francisco X. Armas Quintá, Martin Scheer, David Santomil Mosquera.

(22)

IDEGA

3. Estratexias de cooperación e desenvolvemento territorial sostible en Galicia

Proxecto financiado polo Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía, cun prazo de execución de tres anos (novembro 2002-outubro 2005). Forma parte dun proxecto coordinado con outras universidades españolas.

RESUMO: O obxectivo do proxecto é a identificación e selección das mellores alternativas que permitan o desenvolvemento de estratexias de cooperación territorial local, dada a súa trascendental importancia para a finalidad do desenvolvemento territorial sostenible, equilibrado e policéntrico.

A consecución deste obxectivo final revese a través de tres fases. Nunha primeira procederase á identificación e análise das diferentes asociacións de municipios. En función dos resultados obtidos escolleranse aquelas agrupacións que mellor respondan ó obxectivo do policentrismo a través dunha planificación partenarial do desenvolvemento local, según as especificidades e necesidades de cada territorio. No conxunto seleccionado deberán estar representados cada un dos tipos de pautas espaciales rururbanas atopadas no documento “Estrategia Territorial Europea”. A partir de dita selección, na segunda fase recoñeceranse as fórmulas de cooperación existentes desde o punto de vista da planificación do desenvolvemento territorial sostible. Para elo elaborarase un detallado informe sobre os territorios obxecto de análise no que se abordarán cuestións como: qué se fai no territorio, para qué sirve, quen o moviliza, con qué medios se desenvolve, con quén se relaciona, quén protagoniza estas relacións e de qué tipo son. Tras unha posta en común dos resultados establecerase unha tipoloxía de situacións a nivel autonómico. Na terceira fase procederase á análise de cómo se desenvolven estas relacións partenariais de cooperación.

O resultado esperado non é unha proposta de organización territorial definitiva, pois os partenariados, como capital social, resultan dun proceso interativo, evolutivo e cambiante no tempo. Sen embargo, os efectos positivos de lograr o obxectivo proposto non se reducen tan só á consecución dunha meta global a longo prazo: o desenvolvemento territorial sostible. De forma directa contribuirá o afianzamento dunha nova cultura territorial e de novas formas de planificación, posibilitando unha maior adecuación, e polo tanto un novo valor engadido.

Investigador principal: Rubén C. Lois González, Departamento de Xeografía / IDEGA, Universidade de Santiago.

Investigadores: Román Rodríguez González, Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago / IDEGA, Universidade de Santiago.

(23)

MEMORIA 2002

23 4. Realización dun estudio sobre o Goberno das cidades históricas.

Colaboración en proxecto ATLANTE

Proxecto de investigación financiado polo Concello de Santiago de Compostela cun prazo de execución de doce meses (xullo 2004 - xullo 2005).

RESUMO: Esquema do estudio:

1. O concepto de cidade histórica.

2. Novas tendencias de goberno urbano.

3. Exemplos europeos de goberno urbano en cidades históricas.

4. O goberno das cidades históricas en Santiago de Compostela e Porto.

5. Modelos de futuro para o goberno das cidades históricas.

Investigador principal: Rubén C. Lois González, Departamento de Xeografía /IDEGA, Universidade de Santiago de Compostela.

Investigadores: Román Rodríguez González, Departamento de Xeografía /IDEGA, Universidade de Santiago de Compostela; Xosé Santos Solla, Departamento de Xeografía /IDEGA, Universidade de Santiago de Compostela; Xosé Constenla Vega; Alberto Martí Ezpeleta; Miguel Pazos Otón, Departamento de Xeografía, Universidade de Santiago de Compostela;

Mónica Armas Mariño; Román Sanz Freire.

(24)

IDEGA

5. Desenvolvemento de aplicación informática-website e ferramentas en Internet previstas no proxeto CEER

Proxecto de investigación financiado por European Toolbox, S.L. cun prazo de execución de dous meses (outubro-decembro 2005).

RESUMO: Desenvolvemento de páxina web e ferramentas en Intenet previstas no proxecto CEER.

Investigador principal: Carlos Ferrás Sexto, Departamento de Xeografía /IDEGA, Universidade de Santiago.

(25)

MEMORIA 2002

25 6. Análise de impacto socieconómico, territorial e de emprego en Ferroltera

de Forestal del Atlántico S.A. e IMEGASA

Proxecto de investigación financiado por Forestal del Atlántico S.A.

RESUMO: OBXECTIVO PRINCIPAL

Coñecer a influencia de Forestal del Atlántico no dinamismo socioeconómico da súa comarca de inserción: Ferrolterra.

OBXECTIVOS DETALLADOS

1. Estudiar o proceso evolutivo de implantación da factoría e comprobar a correlación existente entre dita implantación e o cremento demográfico e económico na seu entorno. Variábeis a estudiar: VEB, emprego, relacións empresariais, dotación comercial, desenvolmento urbanístico, etc.

2. Coñecer o impacto de Forestal del Atlántico sobre a demografía laboral da comarca:

- Emprego directo: observar o proceso de contratación de persoal e as relacións socioeconómicas e territoriais co medio de inserción. Plantéxase unha análise a partir de variábeis persoais como sexo, idade e categorías sociolaborais

- Analizar os procesos que levan á creación de emprego indirecto na comarca (empresas auxiliares, empresas de loxística, e transporte, etc), dándolle un contido eminentemente territorial

- Estudiar a importancia de Forestal del Atlántico na creación de emprego inducido, que nacería como consecuencia do incremento do poder adquisitivo a partir dos empregos directos e indirectos creados por esta empresa.

3. Analizar a contribución de Forestal del Atlántico á diversificación industrial da industria ferrolá, con especial atención ó sector vinculado á fabricación da madeira.

4. Comprobar a influencia nos cambios socioeconómicos na comarca: tipo de unidades residenciais, estilos de vida, redes de interacción social, etc.

5. Achegarse á comprensión da percepción sobre os beneficios da empresa para a poboación local. Aspecto baseado no emprego de métodos cualitativos, coa fin de recabar a opinión da poboación local.

Investigador principal: Xosé Santos Solla, Departamento de Xeografía /IDEGA, Universidade de Santiago de Compostela.

Investigadores: Rubén C. Lois González, Departamento de Xeografía /IDEGA, Universidade de Santiago de Compostela; Miguel Pazos Otón, Departamento deXeografía, Universidade de Santiago.

(26)

IDEGA

7. Asistencia técnica para a redacción do estudio sociourbanítico do polígono de Vista Alegre

Proxecto de investigación financiado polo Concello de Santiago de Compostela cun prazo de execución de seis meses (abril–setembro 2005).

RESUMO: Información urbanística sobre o polígono de Vista Alegre: un estudio demográfico, socioeconómico e arquitectónico deste barrio da cidade coas vistas a súa recuperación urbanística.

Investigador principal: Rubén C. Lois González, Departamento de Xeografía /IDEGA, Universidade de Santiago de Compostela.

(27)

MEMORIA 2002

27 8. Contrato menor de consultoría e asistencia para a realización dun

estudio dos potenciais recursos de desenvolvemento do concello de Noia Proxecto de investigación financiado polo Concello de Noia cun prazo de execución de cinco meses (agosto-decembro 2005).

RESUMO: Estudo de desenvolvemento local no concello de Noia, que ten como obxectivos o coñecemento e valoración dos recursos potenciais existentes no concello, e a optimización da explotación de tales recursos.

Crearase un Sistema de Información Territorial (que inclúe unha base de datos, unha base cartográfica) como ferramenta para a toma de decisións.

Investigador principal: Miguel Pazos Otón, Departamento deXeografía, Universidade de Santiago.

(28)

IDEGA

9. Desenvolvemento dunha experiencia piloto no eido das novas tecnoloxías da información e comunicación aplicadas ao mundo rural:

E-Brión. Alfabetización dixital

Proxecto de investigación financiado polo Concello de Brión cun prazo de execución de seis meses (xuño 2005 - xaneiro 2006).

RESUMO: Deseño, programación, arquitectura, promoción e dinamización dunha aplicación telemática multimedia en formato web para impulsar o desenvolvemento económico e social no Concello de Brión.

Estudio de caso. Análise dos impactos das novas tecnoloxías no medio rural. Proxecto financiado polo programa europeo PRODER II.

Investigador principal: Carlos Ferrás Sexto, Departamento de Xeografía /IDEGA, Universidade de Santiago.

(29)

MEMORIA 2002

29 10. Elaboración do Plan Estratéxico da provincia de A Coruña

Proxecto de investigación financiado pola Diputación da Coruña cun prazo de execución de dous anos (xullo 2005 - xullo 2007).

RESUMO: Diagnóstico detallado e pormenorizado a nivel territorial, que sirva para elaborar as propostas de actuación do Plan Estratéxico da provincia da Coruña. Os informes estarán relacionados cos seguintes ámbitos:

1.- Demografía.

2.- Mercado de traballo. Formación e capital humano.

3.- Agricultura e sector forestal.

4.- Pesca e acuicultura.

5.- Industria (I).

6.- Industria (II).

7.- Construcción.

8.- Comercio.

9.- Turismo.

10.- Outras actividades terciarias.

11.- Sistemas de innovación e apoio empresarial.

12.- Distribución da renda e desigualdade.

Estes informes servirán como referencia para formular as estratexias e as liñas de actuación do Plan Estratéxico que serán desenvolvidas ó longo do ano 2006.

Ademáis, presentaranse informes independentes relativos a:

- Formulación de estratexias.

- Fixación de accións e identificación de proxectos.

- Implementación de actuacións e definición de programas de actuación.

- Seguimento e avaliación.

Investigadores principais: Edelmiro López Iglesias, Departamento de Economía Aplicada/IDEGA, Universidade de Santiago de Compostela; Juan J. Ares Fernández, Departamento de Fundamentos da Análise Económica/IDEGA da Universidade de Santiago de Compostela.

(30)

IDEGA

11. Estudio sobre as necesidades educativas do Concello de Ames Proxecto de investigación financiado polo Concello de Ames cun prazo de execución de tres meses (abril - xuño 2005).

RESUMO: O estudo ten como obxectivo fundamental a realización dunha análise pormenorizada sobre a situación do sector educativo no Concello de Ames.

Despois, realizarase unha análise da oferta educativa actual do concello. Tamén se realizará un estudo comparativo entre a oferta educativa actual e a previsión de demanda en cada nivel escolar a curto prazo.

Investigador principal: Rubén C. Lois González, Departamento de Xeografía /IDEGA, Universidade de Santiago de Compostela

Investigadores: Onildo Araújo da Silva, Xosé Constela Vega, Graciela Lamas Diéguez, David Santomil Mosquera.

(31)

MEMORIA 2002

31 12. Posta en valor do sector primario co concello de Mugardos

Proxecto de investigación financiado polo Concello de Mugardos cun prazo de execución de catro meses (xaneiro - abril 2005).

RESUMO:

- Analizar a situación actual da agricultura, do marisqueo e da pesca no concello de Mugardos. Isto implica facer unha valoración socio-económica que considere o entorno interno e mais o externo. Por tanto en relación a eses sectores económicos terán que ser estudadas as características da poboación que traballa neles, o mercado laboral, as vinculacións cos outros sectores e a posición de competitividade e complementariedade con outros concellos veciños.

- Propor actuacións e solucións que permitan viabilizar estas dúas actividades económicas, particularmente as relacionadas co traballo no mar.

Investigador principal: Xosé Santos Solla, Departamento de Xeografía /IDEGA, Universidade de Santiago de Compostela.

Investigadores: Rubén C. Lois González, Departamento de Xeografía /IDEGA, Universidade de Santiago de Compostela; Ignacio Fernández López;

Alba González Prieto; Javier Asorey Rivas.

(32)

IDEGA

13. Territorial impacts of European Fisheries Policy

Proxecto de investigación financiado por Norwegian Institute for Urban and Regional Resarch cun prazo de execución de dous anos (xullo 2005 – xullo 2007).

RESUMO: Investigación sobre os impactos territoriais da política pesqueira común nos diferentes territorios da Unión Europea, tanto nos estados membros como nos que teñen acordos pesqueiros preferentes coa Unión Europea.

Farase especial fincapé en estudar as consecuencias territoriais que teñen os cambios na Política Pesqueira Común.

Investigador principal: Rubén C. Lois González, Departamento de Xeografía /IDEGA, Universidade de Santiago de Compostela.

Investigador: Xosé Santos Solla, Departamento de Xeografía /IDEGA, Universidade de Santiago de Compostela.

(33)

MEMORIA 2002

33 14. Avaliación da calidade funcional do Camiño de Santiago francés o seu

paso por Galicia

Proxecto de investigación financiado pola Dirección Xeral de Turismo- Xunta de Galicia cun prazo de execución de dous meses (novembro- decembro 2005).

RESUMO: O Camiño de Santiago foi unha vía de comunicación, lugar de encontro de culturas e xenerador dunha vida social e económica que deu lugar a formación de cidades e vilas, e unha transformación da paisaxe, rasgos todos eles que o dotan dunha impresionante riqueza cultural e histórica merecedora de respecto e protección. O Camiño, declarado en 1993 pola UNESCO como Patrimonio Universal da Humanidade, conta con abundante lexislación dispersa e de carácter regulamentario que intenta protexer e manter a sua integridade. Entre toda a lexislación existente destaca a Lei 3/1996, do 10 de maio de protección dos Camiños de Santiago.

Son millares de peregrinos que, por diferentes motivacións, recorren cada ano o Camiño de Santiago, polo que se fai necesario que este itinerario manteña un nivel de calidade e unhas condicións de conservación e uso adecuadas as necesidades dos usuarios, e no que se respeten as normas dictadas na Ley de protección dos Camiños de Santiago.

O obxectivo fundamental deste proxecto é a elaboración dun diagnóstico sobre a calidade funcional do Camiño de Santiago francés o seu paso por Galicia. Dita diagnose constituirá unha ferramenta fundamental para unha mellor xestión do camiño e a definición dunha serie de estratexias que teñan como finalidade a recuperación, conservación e mellora deste importante recurso patrimonial. Todo elo redundará no que os milleiros de usuarios que anualmente percorren o camiño encontren as condicións adecuadas para poder disfrutar dunha óptima experiencia.

Investigador principal: Alberto Martí Ezpeleta, Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago Compostela.

(34)

IDEGA

III. ÁREA DE ESTUDOS DA ECONOMÍA GALEGA

1. Os complexos produtivos clave da economía galega e a súa evolución no período 1980 – 1998. Análise a partir das Táboas Input – Output.

Proxecto financiado pola Fundación Caixa Galicia – Claudio San Martín, cunha duración de tres anos (outubro 2001 – xuño 2005).

RESUMO: O obxectivo deste proxecto é efectuar unha análise da estructura actual e transformacións recentes dos sectores clave da economía galega, desde a perspectiva dos complexos ou conglomerados productivos, utilizando como fonte de información básica as Táboas Input-Output de 1980, 1990 e 1998. O proxecto estructúrase en dúas fases:

A. Na primeira levarase a cabo unha análise dos encadeamentos interindustriais, co fin de detectar os complexos productivos máis relevantes da economía galega. A información recollida nas Táboas Input-Output permite o cálculo de indicadores da robustez dos encadeamentos interindustriais, é dicir, os efectos económicos globais que uns sectores producen sobre outros. O cálculo deses indicadores posibilita a identificación de sectores “clave”, cuxa expansión sería especialmente beneficiosa para o conxunto da economía rexional, así como o agrupamento daqueles sectores máis integrados entre si en “complexos produtivos” capaces de serrar tendencias de crecemento económico para a economía galega.

B. Na segunda parte efectuarase un estudio en profundidade daqueles complexos produtivos que aparezan como máis relevantes de acordo coa análise anterior. Para cada un dos complexos seleccionados estudiaranse básicamente os seguintes aspectos: peso global na economía galega e estructura interna, relacións intersectoriais (grao de relación interna, dependencia exterior na procedencia dos inputs intermedios, ...), estructura da demanda final, comercio externo (interrexional e internacional). A análise referirase tanto á situación actual (dacordo coas TIOGA-98) como ás transformacións rexistradas no período 1980-1998, introducindo asimesmo unha perspectiva comparada con outras rexións españolas e europeas.

O listado concreto dos complexos produtivos obxecto de estudio decidirase en función da análise dos eslabonamentos efectuada na primeira parte do proxecto.

Investigadores principais: Edelmiro López Iglesias, Departamento de Economía Aplicada /IDEGA, Universidade de Santiago; Manuel Fernández Grela, Departamento de Fundamentos da Análise Económica /IDEGA, Universidade de Santiago.

Investigadores: Melchor Fernández Fernández, Departamento de Fundamentos da Análise Económica /IDEGA, Universidade de Santiago; Luis Castañón Llamas, Departamento de Economía Aplicada /IDEGA, Universidade de Santiago; Xoaquín Fernández Leiceaga, Departamento de Economía Aplicada /IDEGA, Universidade de Santiago; Francisco Sineiro García, Departamento de Economía Aplicada /IDEGA, Universidade de Santiago; Ana Isabel García Arias, Departamento de

(35)

MEMORIA 2002

35 Economía Aplicada, Universidade de Santiago; Bernardo Valdés Pazos,

Departamento de Economía Aplicada, Universidade de Santiago; Rafael Trelles González, Departamento de Fundamentos da Análise Económica, Universidade de Santiago; María Jesús Mosquera Criado, Departamento de Métodos Cuantitativos para a Economía e a Empresa, Universidade de Santiago; Xesús Pereira López, Departamento de Métodos Cuantitativos para a Economía e a Empresa, Universidade de Santiago.

(36)

IDEGA

2. A Economía galega. Informe 2004

RESUMO: Análise do comportamento da economía de Galicia no ano 2004 (ata donde chega a información disponible), poñéndoa en relación coa economía española. Examínase a evolución tanto no seu conxunto como no detalle dos seus sectores.

Investigador principal: Alberto Meixide Vecino, CIEF, Fundación Caixa Galicia, Universidade de Santiago/IDEGA.

Investigadores: Juan. J Ares Fernández, Universidade de Santiago/IDEGA;

Roberto Bande Ramudo, Universidade de Santiago; Ángel Calvo Santos, Universidade de Vigo; Xosé Colino Sueiras, Universidade de Murcia; Francisco Fernández Cortés, Consellería de Pesca – Cipem; Manuel Fernández Grela, Universidade de Santiago/IDEGA; Aureliano García González-Llanos, Economista;Uxio Labarta Fernández, CSIC/Instituto de Investigacións Mariñas; Xan López Facal, Economista; Edelmiro López Iglesias, Universidade de Santiago/IDEGA; Dolores Martínez Martínez CIEF/Fundación Caixa Galicia; Luis Otero González, Universidade de Santiago; Xulio X. Pardellas de Blas, Universidade de Vigo; Marcos I. Pérez Pérez, Universidade de Vigo; Miguel Pousa Hernández, Universidade de Santiago/IDEGA; Juan Surís Regueiro, Universidade de Vigo; Bernardo Valdês Paços, Universidade de Santiago; Miguel Anxo Vázquez Taín, Universidade de Santiago; Manuel Vilas Fernández, Universidade de Santiago.

Director de edición: Miguel Pousa Hernández, Universidade de Santiago/IDEGA.

Colaboradores: Manuel López Sande

(37)

MEMORIA 2002

37 3. Informe de conxuntura da economía galega

RESUMO: O Informe de conxuntura da economía galega, cunha periodicidade trimestral, presenta a análise sobre a evolución máis recente dun conxunto de variables macroeconómicas básicas, o que permite obter conclusións sobre a tendencia que está seguindo esta economía. O estudio encádrase no contexto da economía española e mundial, polo que, en primeiro lugar, se estudia a conxuntura destas dúas áreas xeográficas, para, de seguido, abordar pormenorizadamente a evolución da economía galega distinguindo cinco grandes apartados: demanda, actividade, comercio exterior, prezos e mercado de traballo. Realízanse prediccións a partir dunha análise multivariante de series temporais dos principais indicadores.

Coordinadores: Alberto Meixide Vecino, CIEF – Fundación Caixa Galicia, Universidade de Santiago de Compostela/IDEGA.

Investigadores: Juan J. Ares Fernández, Universidade de Santiago de Compostela / IDEGA; Manuel Febrero Bande, Universidade de Santiago de Compostela; Wenceslao González Manteiga, Universidade de Santiago de Compostela /IDEGA; Edelmiro López Iglesias, Universidade de Santiago de Compostela / IDEGA; Miguel Pousa Hernández, Universidade de Santiago de Compostela / IDEGA; Juan Carlos Reboredo Nogueira, Universidade de Santiago de Compostela; José María da Rocha Álvarez, Universidade de Vigo / IDEGA.

Colaboradoras de investigación: Dolores Martínez Martínez, CIEF – Fundación Caixa Galicia.

Versión galega: Horacio Vixande.

(38)

IDEGA

4. La naútica de recreo: un sector emergente de la nueva economía gallega.

Proxecto de investigación financiado pola Fundación Caixa Galicia cun prazo de execución de once meses (febreiro-decembro 2004).

RESUMO: Na última década produciuse unha verdadeira explosión da naútica de recreo no mundo. O aumento da oferta de amarres nos portos e dársenas, os éxitos deportivos dos nosos patróns e tripulacións e unha florecente industria de pequenos e medianos asteleiros, proveedores de acastillaxe, velerías e cabullería, son os síntomas mais evidentes da puxanza dunha das actividades englobadas neste sector. O que hai que engadir outras especialidades que soporta o litoral como a pesca deportiva, o submarinismo, a pratica do surf, etc.

Con mil douscentos kilométros de costa e setecentas praias, Galicia forma parte dunha eurorrexión privilexiada para os deportes náuticos. A elo contribue dispoñer dun clima benigno e recurso tan singular como apreciado como son os espacios naturais das Rías, que posibilitan ampliar a súa práctica mais alá da tempada estival. Dispón tamén dun capital humano con tradición de anos de oficio. Un capital físico e unha das infraestructuras de abrigo abundantes e que cobren ademáis a Costa Galega un punto de recalada obrigado para as embarcacións procedentes de Europa e en demanda do Mediterráneo.

No conxunto destes compoñentes suxire a existencia de factores que alimentan vantaxes comparativas para o desenvolvemento deste segmento de mercado na nosa Eurorrexión.

O obxectivo deste proxecto é identificar e cuantificar a estructura dese sector en Galicia, enmarcalo no contexto do mercado europeo, para ver a posición de mercado da industria galega. As preferencias da demanda e as expectativas do consumidor destes bens e servicios identificaranse mediante cuestionarios, así como unha explotación ad hoc do rexistro de embarcacións: matriculacións e traspasos.

Investigadores principais: Juan J. Ares Fernández, Departamento de Fundamentos da Análise Económica /IDEGA, Universidade de Santiago de Compostela; Aureliano García González-Llanos, Economista.

(39)

MEMORIA 2002

39 5. Galicia ante a ampliación da Unión Europea

Proxecto de investigación financiado pola Fundación Caixa Galicia- Claudio San Martín cun prazo de execución de nove meses (decembro 2003-decembro 2005).

RESUMO: O estudio pretende analizar os posibeis efectos sobre a economía galega da próxima ampliación da Unión Europea aos países do leste. A este fín, estúdiase o posible impacto sobre o comercio externo de Galicia, as repercusións sobre os fluxos de investimentos directos, a agroindustria e o mercado laboral.

O traballo incorpora tamén unha análise das modificacións da ampliación sobre os fondos estructurais e de cohesión que actualmente recibe Galicia.

Investigadores principais: Juan J. Ares Fernández, Departamento de Fundamentos da Análise Económica /IDEGA, Universidade de Santiago de Compostela; Edelmiro López Iglesias, Departamento de Economía Aplicada /IDEGA, Universidade de Santiago de Compostela; Alberto Meixide Vecino, Departamento de Fundamentos de Análise Económica /IDEGA, Universidade de Santiago de Compostela; Fernando Varela Carid, Técnico Comercial do Estado, Francisco Sineiro García, Departamento de Economía Aplicada/IDEGA da Universidade de Santiago de Compostela

(40)

IDEGA

IV. ÁREA DE ESTUDOS DO SISTEMA FINANCEIRO

1. Análise e predicción do prezo de activos financeiros

Proxecto de Investigación financiado pola Fundación Caixa Galicia – Claudio San Martín cun prazo de execución de seis meses.

RESUMO: Unha das cuestións máis controvertidas da economía financeira é a predecibilidade do prezo dos activos financeiros. A capacidade de anticipar o resultado dun investimento financeiro acaparou a atención tanto de investigadores como de académicos.

Neste sentido, realizaronse numerosos esforzos por parte de economistas e matemáticos para resolver a cuestión da predicción das variacións futuras dos prezos de activos. Proba deste esforzo é a aplicación das ideas da teoría da probabilidade a economía financeira da que xurde a caracterización dos prezos dos activos como un paseo aleatorio e como unha martingala, ou o desenvolvemento de modelos mais sofisticados do prezo dos activos como son os modelos de equilibrio intertemporal.

Nos últimos anos, de forma paralela o desenvolvemento dos modelos GARCH e de volatilidade estocástica para caracterizar o comportamento do prezo dos activos financieiros, desenvolveronse técnicas estatísticas como as redes neuronales e os wavelets de aplicación recente á economía financeira, sobre todo no referente a sua capacidade productiva. O propósito deste proxecto é construir un modelo de predicción do prezo dos activos financeiros empregando as técnicas tradicionais da anticipación de prezos. Con este propósito desenvolverase unha aplicación informática que estime os diferentes modelos estatísticos propostos para o comportamento dos prezos dos activos financeiros e que ademáis compare a capacidade predictiva dos mesmos en termos relativos.

Investigador principal: Wenceslao González Manteiga, Departamento de Estatística e Investigación Operativa / IDEGA, Universidade de Santiago de Compostela.

Investigadores: Wenceslao González Manteiga, Departamento de Estatística e Investigación Operativa, IDEGA da Universidade de Santiago de Compostela;

Juan Carlos Reboredo Nogueira, Departamento de Fundamentos da Análise Económica, Universidade de Santiago de Compostela; Manuel Febrero Bande, Departamento de Estatística e Investigación Operativa, Universidade de Santiago de Compostela.

(41)

MEMORIA 2002

41

V. ÁREA DE ESTUDOS PESQUEIROS

1. Informe sobre a avaliación económica dos danos sufridos polas empresas do grupo PROINSA como causa da marea negra do Prestige Proxecto de investigación financiado pola Promotora Industrial Sadense, S.A (PROINSA) cun prazo de execución de vintecatro meses.

RESUMO: O estudio comprenderá:

- Danos directos sobre a producción mexiloeira nas explotacións de Lorbé e danos directos sobre o mercado de pescado e mexilón.

- Cálculo económico das perdas ocasionadas para paliar a maré negra.

- Cálculo económico dos gastos que se realizaron e se deberán realizar para compensar a caída de producción e/ou ingresos.

- Avaliación das perdas ocasionadas no negocio tanto productivo como financeiro como consecuencia da perda de oportunidades.

- Estimación económica das consecuencias sobre o contorno económico onde se desenvolve a empresa.

Investigadora principal: María do Carmo García Negro, Departamento de Economía Aplicada/IDEGA, Universidade de Santiago de Compostela.

Investigadores: Xoan Ramón Doldán García, Departamento de Economía Aplicada, Universidade de Santiago de Compostela; Maria Luisa Chas Amil, Departamento de Métodos Cuantitativos para a Economía e a empresa, Universidade de Santiago de Compostela; Gonzalo Rodríguez Rodríguez, Departamento de Economía Aplicada, Universidade de Santiago de Compostela; Rosario Babío Arcay, Departamento de Economía Financiera e Contabilidade, Universidade de Santiago de Compostela

(42)

IDEGA

VI. ÁREA DE MERCADO DE TRABALLO E ECONOMÍA SOCIAL

1. Convenio entre a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e a Universidade de Santiago de Compostela a través do IDEGA coa finalidade de colaborar na elaboración do Plan Estratéxico do Cooperativismo.

Proxecto de investigación financiado pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais cun prazo de execución de catro meses.

RESUMO:A elaboración do Plán Estratéxico do cooperativismo en Galicia canalízase a través de comisións de traballo correspondentes a cada unha das áreas estratéxicas nas que se estructura o plan.

O obxecto deste acordo é a aportación do IDEGA, dun equipo de traballo dirixido polo Prof. Dr. D. Manuel Jordán Rodríguez,este profesor actuará como coordinador de relatorios, e confeccionará as propostas de documentos base, a vista das presentadas polos relatores e polas comisións das diversas áreas, proporcionándollos á comisión técnica para o seu debate e aprobación.

Tamén se encargará de impulsar os traballos, formular propostas e sintetizar os debates da Comisión de “desenvolvemento empresarial”.

Asímesmo, correspondelle coordinar os relatorios de todas as comisións, así como realizar labores de apoio ós relatores das comisións de traballo, e elaborar os documentos base dos que se servirá a Comisión Técnica do Plan.

Finalmente, encargarase de proporcionar a proposta de obxectivos e de documento final, que se someterá á Comisión Técnica para a súa elaboración definitiva e posterior entrega ó Comité Director do Plan.

Investigador principal: Manuel Jordán Rodríguez, Departamento de Economía Aplicada /IDEGA, Universidade de Santiago de Compostela.

(43)

MEMORIA 2002

43 2. Determinantes económicos da accidentabilidade laboral: o caso galego

Proxecto de investigación financiado pola Consellería de Innovación, Industria e Comercio cun prazo de execución de dous anos (xullo 2005 – xuño 2007).

RESUMO: A siniestralidade laboral e un dos principais problemas que presenta hoxe en día o mercado de traballo español xeral, e o galego en particular, a pesar do enorme esforzo realizado polas administracións públicas das propias empresas en materia de prevención de riscos laborais. A modo de exemplo, durante 2002 (último ano para o que dispoñemos de datos completos) producironse en España 1.821.157 accidentes laborais, dos que 1.101 foron mortais. No caso da economía galega, durante 2004 producironse 39.499 accidentes dos cales 76 resultaron mortais. Curiosamente, esta cifra permanece máis ou menos constante no tempo, tanto para a economía española como na galega, o que supón que en conxunto ano tras ano mais de 1.000 traballadores deixan a súa vida durante a realización da sua actividade laboral. A parte do incalculable coste que supón a perda de vidas humanas, os accidentes laborais supon unha elevada carga para o conxunto da sociedade, tanto en forma de custos directos como de custos indirectos (estimase que dito coste pode rondar dos trece mil millóns de euros por ano, con unha porcentaxe cercano o 2% do PIB en 2003).

Durante as últimas décadas as administracións públicas adicaron un gran esforzo a combatir este problema, tanto desde o punto de vista da inspección como da prevención de riscos, con unha extensa e detallada lexislación. O que se traduciu nun aumento da actividade inspectora e (no seu caso) sancionadora na búsqueda da reducción das drámaticas cifras de accidentabilidade. A pesar deste esforzo, ditas cifras mostran que este problema segue presente dentro do mercado de traballo.

A complexidade do fenómeno posiblemente debida a multiplicidade de suxeitos decisores e a imposible influencia que o sistema legal exerce sobre o fenómeno, provocou que a análise económica non prestou moita atención a este problema. De feito, a literatura relevante centrouse no papel que os traballadores arriscados xogan a hora de explicar diferentes salariales. Non existe, por tanto, un marco teórico de referencia que explique si existen determinantes económicos detrás dos accidentes de traballo. Sin embargo, os avances na teoría da axencia, así como en xeral a aplicación da economía da información numerosos contextos similares o que nos ocupa, apuntan a que a aproximación económica é posible. Desta forma podese aportar luz sobre os determinantes de tipo económico (independentemente dos riscos inherentes a determinadas actividades productivas) dos accidentes de traballo.

Este proxecto de investigación ten como obxectivo básico a construcción dun modelo teórico que sirva de referencia para a realización dun traballo empírico posterior co fin de explicar os determinantes económicos dos accidentes de traball e de cuantificar os feitos que ditos determinantes exercen.

(44)

IDEGA

Investigador principal: Salvatore Capasso, becario Parga Pondal IDEGA, Universidade de Santiago de Compostela.

Investigadores: Roberto Bande Ramudo, Departamento de Fundamentos da Análise Económica, Universidade de Santiago de Compostela, Pedro Rey Suárez, Departamento de Fundamentos da Análise Económica, Universidade de Santiago de Compostela.

(45)

MEMORIA 2002

45 3. Estudo socioeconómico da antena de Boiro

Proxecto de investigación financiado pola Camára de Comercio de Santiago de Compostela cun prazo de execución de tres meses (setembro – decembro 2005)

RESUMO: Neste estudio realizarase unha análise socioeconómica de cinco municipios da Serra do Barbanza. O estudio incidirá especialmente na estrutura demográfica, na evolución do mercado de traballo, o papel da empresa na zona, as infraestructuras e o benestar social. As conclusións servirán para incidir na mellora económica da zona.

Investigadores principais: Juan J. Ares Fernández, Departamento de Fundamentos da Análise Económica /IDEGA, Universidade de Santiago de Compostela; Melchor Fernández Fernández, Departamento de Fundamentos da Análise Económcia /IDEGA, Universidade de Santiago de Compostela Colaboradores: Sandra Becerra Vidal, Humberto Blanco Reino, Rosa Mª Cardeso Trillo, Yolanda Pena Boquete.

(46)

IDEGA

4. Estudo socioeconómico da antena de Melide

Proxecto de investigación financiado pola Camára de Comercio de Santiago de Compostela cun prazo de execución de tres meses (setembro – decembro 2005)

RESUMO: Neste estudio realizarase unha análise socioeconómica de sete municipios do sureste da provincia da Coruña. O estudio incidirá especialmente na estrutura demográfica, na evolución do mercado de traballo, o papel da empresa na zona, as infraestructuras e o benestar social. As conclusións servirán para incidir na mellora económica da zona.

Investigadores principais: Juan J. Ares Fernández, Departamento de Fundamentos da Análise Económica /IDEGA, Universidade de Santiago de Compostela; Melchor Fernández Fernández, Departamento de Fundamentos da Análise Económcia /IDEGA, Universidade de Santiago de Compostela.

Colaboradores: Maria Asorey, Humberto Blanco Reino, Rosa Mª Cardeso Trillo.

(47)

MEMORIA 2002

47 5. Obtención dun sistema de contas do emprego

Proxecto de investigación financiado polo Instituto Galego de Estatística (IGE) cun prazo de execución de dez meses (febreiro – decembro 2005).

RESUMO: O convenio de colaboración ten como obxecto a obtención dun sistema de contas do emprego, seguindo as propostas do "Handbook on Social Accounting Matrices and Labour Accounts" de Eurostat. No que se reflicta a oferta e a demanda de emprego a partir da integración da información das principais fontes dispoñibles do mercado de traballo coas cifras do sistema de contas económicas.

Ademais, procederase a analizar as necesidades estatísticas do Instituto Galego de Estatística para a obtención dunha MCS para Galicia a partir do futuro Marco Input- Output 2005, seguindo as recomendacións do manual para a elaboración dunha MCS orientada ó mercado de traballo.

Investigador principal: Melchor Fernández Fernández, Departamento de Fundamentos da Análise Económica /IDEGA, Universidade de Santiago de Compostela.

Investigadores: Roberto Bande, Departamento de Fundamentos da Análise Económica , Universidade de Santiago de Compostela, Manuel Fernández Grela, Departamento de Fundamentos da Análise Económcia /IDEGA, Universidade de Santiago de Compostela.

(48)

IDEGA

6. Potenciais efectos económicos derivados do deseño de redes de información que permitan o uso óptimo dos recursos socio-sanitarios destinados á prevención de dependencia

Proxecto de investigación financiado por ASEM Galicia, cun prazo de execución de seis meses (stembro 2005 – febreiro 2006).

RESUMO: O traballo centrarase nos seguintes aspectos:

- Determinación dos recursos socio-sanitarios actualmente destinados en Galicia á prevención de situacións de dependencia.

- Avaliación do grao de eficiencia no uso de ditos recursos.

- Estimación dos potenciais efectos económicos derivados do deseño de redes de información, que permitan o uso óptimo dos recursos existentes no marco das políticas socio-sanitarias asociadas á futura Ley para a Atención as Persoas en Situación de Dependencia.

Investigadora principal: Dolores Riveiro García, Departamento de Fundamentos da Análise Económica, Universidade de Santiago de Compostela.

Investigadora: Belén Fernández Castro.

(49)

MEMORIA 2002

49 7. Actividades de colaboración coa Coordinadora Galega de ONG para o

desenvolvemento

RESUMO: As actividades comprende a organización de catro seminarios sobre temas socieconómicos relacionados coa cooperación ao desenvolvemento e a axuda humanitaria e unhas xornadas sobre comercio internacional con especial atención o sector agrario dos países do Sur.

Investigador principal: Melchor Fernández Fernández, Departamento de Fundamentos da Análise Económcia /IDEGA, Universidade de Santiago de Compostela.

(50)

IDEGA

8. Análise do uso das novas tecnoloxías e o éxito académico

Proxecto de investigación financiado pola Universidade de Santiago cun prazo de execución de dous anos (setembro 2005 – stembro 2007).

RESUMO: Este proxecto ten como obxectivo analizar a influencia do campus virtual da USC no proceso de ensino e aprendizaxe a través de ferramentas empregadas habitualmente na análise económica.

Para elo estúdianse os axentes que interveñen no proceso formativo, co fin de determinar a influencia que o uso das TIC ten sobre o éxito individual dos estudantes da USC así como o grado de eficiencia no emprego das mesmas, tanto por parte dos estudantes como dos docentes.

Como resultado da investigación espérase obter un marco conceptual para a definición e explotación de métricas no o Campus Virtual da USC, o que permitirá o establecemento de indicadores cuantitativos e cualitativos que axuden os xestores universitarios no seu proceso de toma de decisións.

Investigador principal: Roberto Bande Ramudo, Departamento de Fundamentos da Análise Económcia /IDEGA, Universidade de Santiago de Compostela.

Investigadores: Melchor Fernández Fernández, Departamento de Fundamentos da Análise Económcia /IDEGA, Universidade de Santiago de Compostela, Manuel Fernández Grela, Departamento de Fundamentos da Análise Económcia /IDEGA, Universidade de Santiago de Compostela, Raúl Cany Pazos, Departamento de Economía Financieira e Contabilidade, Universidade de Santiago de Compostela.

(51)

MEMORIA 2002

51

VII. AREA DE ECONOMÍA AMBIENTAL E RECURSOS NATURAIS

1. Análisis coste-beneficio de diferentes planes de contingencia con impactos ambientales

Proxecto de investigación financiado polo Ministerio de Ciencia y Tecnología cunha duración de tres anos (novembro 2003-novembro 2006).

RESUMO:Neste subproxecto realizarase un estudio coste-beneficio das diferentes obras e proxectos de infraestructura propostos na memoria conxunta. A análise coste- beneficio é unha ferramenta comúnmente usada na evaluación de políticas públicas e obras de infraestructura, buscando calcular a rendibilidade social dun proxecto. A causa disto, é de grande relevancia incluir as externalidades (tanto positivas como negativas) que poidan surxir a través dos diferentes proxectos.

Dada a complexidade do obxetivo final, os pasos a seguir serán os seguintes.

Iniciaremos este análisis considerando primeiro unha situación determinista (Caso A), na que os prezos dos inputs, custos, e valores que se xeneren (beneficios), asi como os tipos sociais de desconto tomarán un único valor. Con posterioridade, pasaremos a desenrolar unha analise de sensibilidade para o caso no que unha ou varias variables cambien os seus valores, mantendo as demáis os sus valores iniciais (Caso B).

Finalmente procederemos a un análisis de simulacións (a través de ténicas de Bootstrapping ou técnicas MonteCarlo) no que diferentes variables seguen unha función probabilística determinada (Caso C). Esta analise máis complexa permitirános enriquecer os escenarios anteriormente descritos. Os resultados obtidos por este grupo de investigación serán comunicados os outros equipos, co fin de asesoralos dende un punto de vista económico na selección de diferentes plans de continxencia.

Investigador principal: Edelmiro López Iglesias, Departamento de Economía Aplicada /IDEGA, Universidade de Santiago de Compostela.

Investigadores: Maria Luz Loureiro García, IDEGA/Universidade de Santiago de Compostela; Xavier Labandeira Villot, Departamento de Economía Aplicada, Universidade de Vigo.

(52)

IDEGA

2. Valoración económica das perdas ambientais ocasionadas polas mareas negras

Proxecto de investigación financiado polo Ministerio de Educación e Ciencia cun prazo de execución de tres anos (decembro 2004 – decembro 2007).

RESUMO: A avaliación económica das perdas medio-ambientais ocasionadas por accidentes como o vertido do “Prestige” e complicada e díficil, xa que ademais das perdas de valores activos (como por exemplo perdas comerciais) tamén existen outros valores de carácter pasivo (non relacionados coa explotación directa dos recursos) que son máis dificiles de avaliar. Este proxecto trata da valoración dos danos causados polo derrame do “Prestige” tal como os percibe a sociedade española en xeral, ainda que non sexa afectada directamente na súa actividade económica, de producción ou consumo Investigadora principal: Maria L. Loureiro García, IDEGA/ Universidade de Santiago de Compostela

Investigadores: Carmelo León González, Universidade de Las Palmas de Gran Canaria; María Xosé Vázquez Rodríguez, Universidade de Vigo; John Loomis, Colorado State University.

(53)

MEMORIA 2002

53 3. Valoración económica das perdas ambientais causadas polas mareas

negras, o caso do Prestige

Proxecto de investigación financiado pola Fundación Arao, cun prazo de execución de tres anos (decembro 2004 – decembro 2005).

RESUMO:Este proxecto trata sobre a valoración dos danos causados polo derrame do Prestige tal como os percibe a sociedade galega e española en xeral. E dicir, profundizarase no estudio de valores de carácter pasivo. Para elo aplicarase o método continxente, seguindo os protocolos internacionalmente aceptados o efecto.

Nembargantes, proponse algunhas melloras ou refinamentos metodolóxicos que se testarán o longo do estudio.

Investigadora principal: Maria L. Loureiro García, IDEGA/ Universidade de Santiago de Compostela

Investigadores: Carmelo León González, Universidade de Las Palmas de Gran Canaria; María Xosé Vázquez Rodríguez, Universidade de Vigo; John Loomis, Colorado State University.

(54)

IDEGA

4. Valoración medioambiental, cultural e paisaxística dos espazos rurais:

unha aproximación empírica ao caso galego

Proxecto de investigación financiado pola Fundación Caixa Galicia – Claudio San Martín cun prazo de execución dun ano (xullo 2005 – xullo 2006).

RESUMO: O obxectivo desta investigación é contribuir ao debate sobre a agricultura e a multifuncionalidade desde unha perspectiva europea, referíndonos en concreto a unha zona de grande riqueza cultural e paisaxística como é Galicia.

De modo máis específico, o proxecto pretende aportar información que axude á toma de decisións sobre a nova política agraria, contribuindo ao debate de até que punto é economicamente xustificábel protexer o sector agrario. Ademais, tamén se estudiará que formas de subvención ou apoio directo poden estar máis xustificadas de acordo coas preferencias sociais actuais. É decir, contribuirá ao estudo do formato de pago das actividades verdes ("green payment programs") que conleven maior utilidade social.

Os métodos de análise estarán baseados en técnicas de valoración continxente e análise multi-atributo tipo "conjoint análisis". Neste sentido, levaranse a cabo inquéritos en dúas mostras representativas: unha de individuos residentes nas cidades galegas, e outra de agricultores e outros residentes nas zonas rurais. Con estas dúas mostras de poboación preténdese:

a) Contrastar as diferenzas con respecto ás preferencias sociais de ambos grupos.

b) Coñecer a disposición a pagar dos residentes nas cidades polos atributos multifuncionais derivados da agricultura.

c) Coñecer os custos nos que incurren os agricultores para a conservación da paisaxe.

Investigadora principal: Maria L. Loureiro García, IDEGA/ Universidade de Santiago de Compostela

Investigador: Edelmiro López Iglesias, Departamento de Economía Aplicada /IDEGA, Universidade de Santiago de Compostela.

(55)

MEMORIA 2002

55

VIII. ÁREA DE ESTUDOS TURISTICOS

1. Colaboración na realización do Plan de Marketing Estratéxico de Turismo para Santiago de Compostela

Proxecto de Investigación financiado por ROS Development & Planning SL cun prazo de execución de tres meses e medio.

RESUMO: Fases de colaboración:

1 Análise dos recursos turísticos.

2 Estructura territorial e urbana de Santiago e a súa área de influencia.

3 Mercados turísticos.

4 Análise da oferta de aloxamentos.

5 Análise da oferta complementaria.

6 Análise das infraestructuras e servicios públicos.

7 Accesibilidade e movilidade.

8 Imaxe.

9 Marketing Audit.

10 Entorno competitivo.

Investigador principal: Rubén Camilo Lois González, Departamento de Xeografía/ IDEGA, Universidade de Santiago.

Investigadores: Rubén Camilo Lois González, Departamento de Xeografía/

IDEGA, Universidade de Santiago; Xosé M. Santos Solla, Departamento de Xeografía /IDEGA, Universidade de Santiago.

(56)

IDEGA

2. Convenio entre a USC e o Concello de Lugo para a posta en marcha dun Observatorio Turístico da cidade

Proxecto de investigación financiado polo Concello de Lugo cun prazo de execución de un ano (xaneiro-decembro 2005).

RESUMO: Actividades necesarias para o funcionamento dun Observatorio Turístico na cidade.

Investigador principal: Xosé Santos Solla, Departamento de Xeografía /IDEGA, Universidade de Santiago de Compostela.

Referencias

Documento similar

Rogelio Fernández Delgado (Universidad Rey Juan Carlos, Madrid). Manuel Fernández Grela (Universidad de Santiago

Actas del VIII Congreso de la AISO, edición de Antonio Azaustre Galiana y Santiago Fernández Mosquera, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, 2011,

O orzamento de ingresos de 2008 da Universidade de Santiago de Compostela (en adiante USC), liquídase cuns dereitos recoñecidos por importe de 291,38 millóns de euros, o que

O orzamento de ingresos de 2006 da Universidade de Santiago de Compostela (en adiante USC), liquídase cuns dereitos recoñecidos por importe de 232,01 millóns de euros, o que

O orzamento de ingresos de 2010 da Universidade de Santiago de Compostela (en adiante USC), liquídase cuns dereitos recoñecidos por importe de 281,39 millóns de euros, o que supón

O orzamento de ingresos de 2005 da Universidade de Santiago de Compostela (en adiante USC), liquídase cuns dereitos recoñecidos por importe de 201,67 millóns de euros, o que

O orzamento de ingresos de 2002 da Universidade de Santiago de Compostela (en adiante USC) que foi o prorrogado de 2001, liquídase cuns dereitos recoñecidos por importe de

Francisco CEBREIRO ARES, Universidade de Santiago de Compostela (Spain) Maria CLUA I MERCADAL, Gabinet Numismàtic de Catalunya (Spain) María CRUCES BLÁZQUEZ CERRATO, Universidad