• No se han encontrado resultados

BALANCE E PUNTOS PROGRAMÁTICOS ELECCIÓNS SINDICAIS PAS 2019

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "BALANCE E PUNTOS PROGRAMÁTICOS ELECCIÓNS SINDICAIS PAS 2019"

Copied!
6
0
0

Texto completo

(1)

S e c c i ó n S i n d i c a l d a U n i v e r s i d a d e d e S a n t i a g o d e C o m p o s t e l a

BALANCE E PUNTOS PROGRAMÁTICOS ELECCIÓNS SINDICAIS PAS 2019

ELECCIÓNS SINDICAIS NA USC

Nas eleccións sindicais trátase de escoller, entre os membros do PAS, a aquelas persoas e opcións sindicais que nos representarán para exercer os dereitos de Consulta, Proposta e Negociación ante a USC.

CCOO concorre nos distintos colectivos de persoal da USC con unhas candidaturas que teñen unhas características diferenciadas do resto das centrais sindicais:

Unha sección sindical única: PDI, PAS F, PAS L, Cap VI. Poñemos en común os puntos de vista e actuamos de xeito unitario, sen que ningún sector lle impoña nada aos outros.

Non enfrontamos un colectivo contra outro. Cada sector apoiase nos outros reforzándose entre eles nas súas reivindicacións. Calquera proposta de CC.OO nun sector vai a ter o apoio de CC.OO en todos os sectores. Esta é unha das nosas principais fortalezas e das oportunidades que ofrecemos ao persoal.

Compartimos experiencias con outras universidades. Integrados no principal sindicato da universidade española, con posibilidades de intercambiar propostas e alternativas.

Autónomos: non defendemos ou nos enfrontamos ao goberno da USC en función de cal sexa a súa orientación política. Non dicimos Si ou Non a posibles acordos en función da afinidade, senón dos contidos.

Con vontade de chegar a acordos. Estamos en desacordo coa actitude desta Xerencia porque adopta unha xestión de claro retroceso e decisións contrarias aos intereses do persoal. Non polas súas opcións políticas ou ideolóxicas.

Defendemos os dereitos colectivos co obxectivo do mantemento e a mellora dos postos de traballo.

• Atendemos a todas as persoas do PAS que solicitan o noso apoio e asesoría.

(2)

S e c c i ó n S i n d i c a l d a U n i v e r s i d a d e d e S a n t i a g o d e C o m p o s t e l a

FEITOS PARA O BALANCE

Equiparación trienios PAS Funcionario: En xaneiro de 2018 comezou a equiparación no complemento de antigüidade, que será definitiva en xullo deste ano 2019.

Xubilación parcial PAS laboral: Somos a única universidade galega na que é posible. Ultimamente conseguimos acumular nun único período e estamos a loitar por un novo acordo ata 2027.

Melloras salariais. Aplicación de melloras económicas estatais: Subas anuais, para PAS Funcionario e Laboral, e tamén para o persoal de proxectos.

Proposta de estabilización prazas interinos. Agora parece que asumida por todos os sindicatos.

Actualización anual salarios persoal de proxectos.

Recuperación da xornada 35 horas. Reducida de 30 horas en xuño, xullo e agosto; así como a regulación da flexibilidade e do teletraballo.

Trienios Mili e PSS. Conseguimos que a USC computara como antigüidade para o persoal laboral o servizo militar e a PSS.

Incorporación da produtividade no específico do PAS funcionario e o seu recoñecemento e incremento nas extras do PAS laboral.

Proceso de promoción interna do C2 ao C1 a través dun exame teórico-práctico proposto por CCOO.

• Recuperación do 100% do salario en situación de baixa por IT

Normas de formación do PAS que permiten o acceso aos cursos por parte do persoal interino e temporal.

• Programa de atención odontolóxica para doentes con necesidades especiais.

Modificación dos criterios de xestión das listas de agarda para considerar mellora de emprego a oferta dun posto vacante ou de substitución maior dun ano nun posto singularizado.

Iniciouse a negociación do convenio colectivo propio para o Persoal de Proxectos. Principais obxectivos: estabilidade dos contratos, delimitar categorías e a mellora e actualización de salarios e dereitos laborais.

Realizamos propostas que ás veces non saíron adiante na busca de melloras para o PAS

Funcionarización, acatamos o resultado do referendo entre o PAS laboral e posteriormente fomos tamén os únicos que presentamos alternativas.

Partidas de mellora: o novo equipo non quixo saber nada dos compromisos anteriores. Seguimos insistindo en que o PAS non pode ser privado dos compromisos fronte ao tratamento de outros colectivos.

Carreira horizontal: No marco da negociación da funcionarización fomos os únicos en plantexar unha proposta de carreira horizontal para todo o PAS da USC.

Incrementos Fondos adicionais masa salarial (lamentablemente unha parte dos representantes do PAS votaron en contra no claustro).

Contra o recorte de días de permiso. En 2019 perdemos dous días de permiso sobre os que xa tiñamos.

(3)

S e c c i ó n S i n d i c a l d a U n i v e r s i d a d e d e S a n t i a g o d e C o m p o s t e l a

ESTRATEXIA E PROGRAMA PARA OS PRÓXIMOS 4 ANOS

Para este novo período de representación xa temos deseñado, e mesmo comunicado a todo o persoal, unha estratexia, un Plan plurianual para o PAS, do que xa reclamamos a súa negociación ao actual equipo de goberno nada máis tomar posesión.

Este Plan plurianual supón retomar as nosas demandas de mellora que non chegaron a facerse efectivas no anterior mandato; pero que deberán concretarse agora obrigando ao novo equipo de goberno a facer fronte aos seus compromisos co persoal.

Eixos do noso Plan Plurianual:

• Estabilización prazas interinos.

• Desenvolvemento carreira profesional para o PAS.

• Plan de promocións para laborais e funcionarios.

• Reordenación de prazas e categorías.

• Convenio Colectivo para persoal de Capítulo VI.

• Completar a equiparación salarial e posta en marcha da Mesa sectorial no ámbito do Sistema Universitario Galego (SUG).

Propostas para o PAS interino: Facer realidade as Convocatorias de Estabilización tamén na USC:

• Importante volume de interinos: 23% dos postos de RPT.

• Moi importante para CC.OO: Que non se perda esta nova oportunidade de consolidación como xa pasou en 2007. Facilitará avanzar noutros temas.

• Anos desempeñando as funcións acreditan a capacidade para o posto. Fase de concurso: 40% do total, valoración da experiencia.

• Accións formativas que desenvolvan os temarios, controis precisos, probas adecuadas ás tarefas.

• Prazas das OPEs pendentes de convocatoria: mesmo tratamento.

Propostas de CC.OO para o PAS funcionario:

• Equiparar os niveis mínimos dos postos base de todos os grupos co resto das universidades galegas:

A-1/Nivel 25, A-2/Nivel 22, C-1/Nivel 18, C-2/Nivel 16.

• Subida nivel Secretarías Decanato e Departamento (de 18 a 19).

• Subida nivel Xefes de negociado, Responsables asuntos económicos e Secretaría de dirección de servizos centrais (de 20 a 21).

• Promocións C-1 a A-2. Persoal de C-1 (sobre 330 persoas) que nos últimos 12 anos non tiveron opción de promocionar ao subgrupo A2.

• Apertura a tres grupos (A1/A2/C1) das prazas ata nivel 25.

• Unificación niveis Responsables de Unidade (nivel 24).

• Desenvolver a carreira profesional horizontal (ao igual que se está a facer noutras administracións) .

• Concursos de traslados anuais.

• Modificar os criterios de comisións de servizo e a súa concesión por unha comisión permanente

(4)

S e c c i ó n S i n d i c a l d a U n i v e r s i d a d e d e S a n t i a g o d e C o m p o s t e l a avaliadora.

• Estender ao persoal funcionario a redución da xornada por cesamento progresivo da actividade regulada no convenio para o persoal laboral.

• Premio de xubilación tamén para PAS funcionario e Recuperación achegas Fondo de Pensións.

Propostas de CC.OO para o PAS laboral:

• Unificación de categorías conserxería coa conseguinte actualización das funcións a desenvolver.

• Plan de promocións do grupo IV.

• Reordenación grupo III: Plan de promocións area informática, investigación e resto do grupo III.

• Recoñecemento de méritos de investigación ao persoal da estrutura da RIAIDT de tal xeito que o persoal da categoría de Técnico Superior de Investigación poida actuar como Investigador Principal no seu ámbito.

• Novos postos singularizados e revisión dos actuais.

• Mellora salarial dos pluses referidos á xornada.

• Outras actuacións (promocións, novas dotacións, recualificacións, etc)

• Desenvolver a carreira profesional establecida no EBEP e na Lei de emprego público de Galicia (ao igual que se está a facer noutras administracións).

• Regulación do acceso a funcións de categoría superior.

• Acordo de xubilación parcial ata 2027 adaptado ás novas esixencias da Seguridade Social e Recuperación das achegas ao Fondo de Pensións.

Propostas para persoal de Capítulo VI. Convenio con forza xurídica vinculante:

• Contratación indefinida: definindo proceso ou anos requiridos.

• RPT de persoal de Capítulo VI con identificación de prazas estruturais que deben ser incorporadas no Capítulo I.

• Categorías definidas e delimitadas.

• Salarios mínimos por categoría con incrementos retributivos anuais e posibles complementos (antigüidade...).

• Definición clara das condicións de traballo: horarios, vacacións, permisos e demais dereitos sociais.

• Acceso aos programas e plans de formación.

(5)

S e c c i ó n S i n d i c a l d a U n i v e r s i d a d e d e S a n t i a g o d e C o m p o s t e l a

OUTRAS MELLORAS PARA O CONXUNTO DO PERSOAL DA USC

Desenvolvemento do Plan de Igualdade e aplicación de medidas que favorezan de xeito efectivo a Igualdade entre homes e mulleres.

Conciliación:

• Impulsar a concesión de 3 días por conciliación os cales poidan ser utilizados por horas.

• Impulsar avances en materia de Flexibilidade horaria e de Teletraballo, que permitan ampliar os suxeitos e os supostos para a súa aplicación.

• Eliminar, cando se aleguen motivos de conciliación, o requisito de dous anos de permanencia para concursar.

• Ampliar a tres anos o dereito a reserva de posto no suposto de excedencia para coidado de fillos e familiares e posibilitar o seu desfrute de forma fraccionada.

• Realizar campamentos das escolas deportivas en Nadal, Entroido e Semana Santa, así como a súa adaptación aos horarios do PAS tanto para o persoal de mañá como o de tarde, con posibilidade de ofertar un servizo de comedor nalgún dos comedores universitarios.

• Crear unha axuda para pagar os centros de día para a atención de maiores dependentes.

• Creación dunha bolsa de horas acumulables e recuperables con carácter anual de ata un 5% da xornada para facilitar a conciliación da vida laboral, persoal e familiar.

• Habilitar espazos nos centros de traballo tanto para poder comer como para o seu uso por nais lactantes e pais/nais no caso de lactación artificial.

Listaxes de agarda

• Asegurar publicidade e transparencia nos criterios de xestión e nos postos a ofrecer.

• Permitir o cambio de campus e de quenda de traballo do persoal interino.

Formación

• Formulación dun plan de formación continua que, globalmente, comprenda os seguintes aspectos:

o Definición e determinación das competencias profesionais asociadas aos postos de traballo, tanto comúns como específicas para ás distintas áreas, e a súa evolución ao longo do tempo.

o Determinación de itinerarios que permitan a obtención das competencias asociadas a todas ás áreas.

o Deseño de programas formativos que comprendan expresamente formación práctica orientada as competencias profesionais.

o Acreditación da cualificación profesional adquirida.

o Efectos da acreditación nas retribucións e na carreira profesional.

• Non é admisible que se queden marxinados dos plans de formación colectivos ou grupos de traballadores.

• O persoal contratado debe ter a posibilidade de formarse debidamente para optar con garantías á consolidación do seu posto de traballo nos procesos selectivos, con independencia da quenda ou do campus no que preste os seus servizos.

(6)

S e c c i ó n S i n d i c a l d a U n i v e r s i d a d e d e S a n t i a g o d e C o m p o s t e l a

Permisos

• Unificar, establecer e publicar uns criterios de actuación no relativo aos permisos (definicións claras e transparentes sobre os graos de enfermidade, prazos, formas de tramitacións, etc).

• Recuperación dos días de permiso de Nadal ou Semana Santa para todo o persoal.

• Regulación dun permiso retribuído de ata 4 días no ano por enfermidade ou indisposición de curta duración sen necesidade de achegar baixa médica. Ampliación deste suposto ao caso dos fillos en idade escolar que non poidan asistir ao colexio, e aos maiores e persoas dependentes no caso de que non poidan asistir a centros de día ou similares.

Seguridade e saúde laboral

• Esixir o cumprimento da normativa en materia de prevención de riscos laborais.

• Dar a coñecer a todo o persoal os riscos laborais identificados e as medidas de prevención e protección a ter en consideración para o seu control.

Privatizacións e externalización de servizos

• Defensa das competencias, funcións e actualización permanente de cada unha das categorías do PAS da USC.

• Ningún proceso de externalización de servizos e actividades propias do persoal da USC.

• Protocolo de criterios sociais a aplicar nas contratas existentes.

Outros

• Ampliación do programa de intercambio a universidades estranxeiras.

Referencias

Documento similar

Resolución definitiva de 20 de diciembre de 2011, de la Secretaría de Estado de Investigación, por la que se conceden ayudas para la realización de proyectos de investigación dentro

PLANTA 0: DESPACHOS Caída al mismo nivel en el tránsito por la sección por la presencia de cableado en zonas de paso, en puesto de trabajo, posible existencia de derrames,...

Título de Graduado en Educación Secundaria Obligatoria, Formación Profesional de Primer Grado o equivalente. 26 IV A

por la Secret cación de crite ción entre las el título de o n de estudios o actividades f úmero de créd estino: Dicho e se refiere el e, excepto p Universidad d n la correspon

Casa da Balconada, Rúa Nova, 6 15782 SANTIAGO Persoal Laboral de Administración e Servizos. Mesa Censo SOLICITUDE

Materia: ECONOMÍA ESPAÑOLA Y MUNDIAL (1º ciclo) Licenciatura: Administración y Dirección de Empresas Curso académico: 2011-2012.. Profesorado: Javier Rojo Sánchez Tipo de

374/2001 sobre Protección de la salud y seguridad de los trabajadores contra los riesgos relacionados con los Agentes Químicos durante el

GT 487/1997 Guía Técnica para la evaluación y prevención de los riesgos relativos a la manipulación manual de cargas. 487/1997 Disposiciones Mínimas de Seguridad y Salud relativas a