EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO SERVIZO DE CONTRATACIÓN E FOMENTO
Anuncio
ANUNCIO DE APERTURA DE PRAZO PARA A RECEPCIÓN DE SOLICITUDES DE PARTICIPACION NO PROCEDEMENTO NEGOCIADO CON PUBLICIDADE DA REDACCION DE PROXECTO E EXECUCION DA OBRA QUE SE INDICA E DE ACORDO COAS CARACTERISTICAS QUE SE SINALAN:
TÍTULO VALOR PRAZO CLASIFICACION ESTIMADO EXECUCION ESIXIDA
REDACCION DE PROXECTO E EXECUCION Redacc. Proxecto :
DA OBRA LUGO.- ACONDICIONAMENTO – máximo 1 mes
DE EDIFICIO PARA SEDE DO CENTRO ASO- 980.560,00 € Execución obra: Grupo C) Subgrupo 4) CIADO DA UNED 176.500,80 € IVE máximo 4 meses Categoría e)
CARACTERISTICAS:
1º. - ENTIDADE ADXUDICADORA
a) Organismo: Excma. Deputación Provincial de Lugo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Fomento.
c) Domicilio: C/ San Marcos 8., C.P. 27001 Lugo
2º. - DESCRIPCION DO CONTRATO
a) Tipo de contrato: Proxecto e obra.
b) Obxecto: A redacción de proxecto técnico e a execución da obra denominada LUGO.- Acondicionamento de edificio para a sede do cento asociado da UNED.
c) Prazo de execución: Para a realización do proxecto ; 1mes . Para a execución da obra:
Máximo de 4 meses.
3º. - TRAMITACION, PROCEDEMENTO E FORMA DE ADJUDICACION
a) Número de expediente: EX 037 OB 11 NC.
b) Tramitación: Ordinaria
c) Procedemento: Negociado con publicidade.
4º. - VALOR ESTIMADO DO CONTRATO
O que se sinala para cada obra no comezo do anuncio.
5º. - GARANTIAS
a) Provisional: O 3% sobre o valor estimado do contrato sen IVE.( 29.416,80 €).
b) Definitiva: O 5% sobre o importe de adxudicación sen IVE.
6º. - REQUISITOS ESPECIFICOS DO CONTRATISTA
a) Clasificación: A esixida para cada obra no comezo do anuncio.
b) Outros requisitos: Ver Prego de Cláusulas Administrativas Particulares e Prescricións Técnicas.
7º. - PRESENTACION DE SOLICITUDES DE PARTICIPACION
a) As solicitudes de participación deberán de presentarse polos licitadores durante o prazo de 10 días dende o seguinte á publicación deste anuncio no B.O.P.
b) Deberán de vir acompañadas da documentación esixida no Prego de Cláusulas Administrativas Particulares polo que se rexe a contratación da obra.
8º. - CRITERIOS DE SELECCIÓN
Os contratistas poderán acreditar a súa solvencia económica e financeira así como a técnica e profesional mediante a súa clasificación.
9º. - NUMERO MINIMO DE CONVITES
O número de candidatos invitados a presentar proposición deberán de ser como mínimo tres. No caso que os candidatos presentados non cumpran os criterios de selección, ou que os que solicitaran a súa participación sexa inferior a ese número, poderase continuar o procedemento cos que reúnan as condicións esixidas.
10º. - PRESENTACION DE OFERTAS
a) Data límite de presentación: A sinalada no oficio de convite.
b) Documentación a presentar: A sinalada no Prego de Cláusulas Administrativas Particulares e de Prescricións Técnicas.
c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de 9 a 14 horas da Entidade Adxudicadora (ver punto 1º) d) Admisión de variantes: NON
e) Idioma: Castelán e Galego
11º. - CRITERIOS DE NEGOCIACION
1º.- Prezo.
2º.- Melloras sen custo para esta Deputación que han de ser valoradas economicamente.
3º. - Medios persais e materiais que se poñen a disposición para a execución da obra.
4º.- Plan de traballo que supoña unha redución nos prazos de execución da obra.
5º.- Plan de comunicación da obra que deberá de ser evaluado económicamente
12º. - APERTURA DE OFERTAS
a) Entidade e lugar de apertura: Ver punto1º.
b) Prazo: Cuarto día hábil seguinte ao de finalización do prazo de presentación de ofertas ás doce horas.
13º. - GASTOS DE ANUNCIOS.
Correrán por conta dos adxudicatarios.
14º. - OBTENCION DE DOCUMENTACION E INFORMACION:
a) Entidade e domicilio: Ver punto 1º.
b) Web: www.deputaciónlugo.org (perfil do contratante).
c) Teléfono: 982-260078 - 80 d) Fax: 982-260186
Lugo 23 de maio de 2011. - O PRESIDENTE, José Ramón Gómez Besteiro. O SECRETARIO, José Antonio Mourelle Cillero.
R. 2655
AYUNTAMIENTOS BURELA
Anuncio
ACTO QUE SE NOTIFICA: Incoación de expedientes sancionadores.
De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, notifícase incoación dos expedientes sancionadores que a continuación se relacionan, por denuncias formuladas en materia de tráfico polos axentes
da autoridade, ás persoas ou entidades que se indican, ao non ser posible realizar a notificación, logo de intentala no enderezo que figura no rexistro de vehículos ou no de condutores e infractores, feito do que se ten constancia no expediente.
LUGAR E FORMA DE PAGAMENTO.
A sanción poderá facerse efectiva cunha reducción do 50 por cento sobre a contía correspondente consignada no boletín de denuncia polo axente ou, no seu defecto, na notificación posterior de devandita denuncia, sempre que devandito pagamento se efectúe dentro dos 15 días naturais seguintes a aquel no que teña lugar a citada notificación, por un dos seguintes medios:
a.- Mediante ingreso na conta 2080-0179-21-0040005848 de Novacaixagalicia, indicando nº de expediente, nome e matrícula.
b.- Mediante xiro postal, facendo constar número de expediente, nome, enderezo e matrícula. Devandito xiro deberá remitirse ao Concello de Burela, sito na rúa Eijo Garay 20, Burela 27880 Lugo.
O pagamento con reducción implica: (artigo 80 LSV)
A terminación do procedemento o día do pago sen necesidade de ditar resolución expresa.
A renuncia a formular alegacións e recurso de reposición. No caso de que se formulen entenderánse por non presentadas
A detracción de puntos ao día seguinte.
RECURSOS E PERSOAS RESPONABLES
1). No caso de non ser vostede o condutor, ten o deber de identificalo verazmente no prazo de 15 días naturais seguintes á recepción da presente notificación, indicando o nome completo, número de identificación persoal e o enderezo a efectos de notificacións. Os datos aportados deben incluir sempre o número de permiso ou licenza de condución que permita a identificación no rexistro de condutores e infractores. Se o condutor non figurase en devandito rexistro, o titular deberá facilitar a esta Administración copia da autorización administrativa que lle habilite a conducir en España.
A obriga de identificar concrétase da seguinte forma:
1. PERSOAS XURIDICAS: Exceptuando nos casos de infraccións por estacionamento, deberán identificar ao condutor nos termos anteditos.
2. PERSOAS FISICAS: Enténdese que e vostede o condutor do vehículo se non facilita os datos do mesmo nos termos indicados.Incumplir a obriga de identificar ao condutor no tramite procedimental oportuno sen causa xustificada, dará orixe a unha infracción moi grave sancionada pecuniariamente co dobre da contía prevista para a infracción orixinaria que a motivou, se a infracción e leve, e o triple, se a infracción e grave ou moi grave.
(artigos 9 bis, 67 e 69 da LSV)
2). No caso de desconformidade coa denuncia, ao abeiro do artigo 81 da LSV, o denunciado poderá formular escrito de alegacións perante o Instrutor do procedemento, no prazo de 15 días naturais contados dende o día seguinte ao da recepción da notificación, indicando sempre o número de boletín e a matricula, así como os datos completos da persoa que formula as alegacións (nome, DNI e enderezo).
Devandito escrito deberá presentarse ou remitirse ao Rexistro Xeral do Concello de Burela, sito na rúa Eijo Garay 20, Burela 27880 Lugo.
Só poderá interpor alegacións ou os recursos procedentes o condutor responsable da infracción.
PERDA DE PUNTOS NOS PERMISOS E LICENZAS DE CONDUCIÓN
Cando un condutor sexa sancionado en firme en vía administrativa pola comisión dalgunha das infraccións graves ou moi graves relacionadas na LSV, os puntos que corresponda descontar do crédito que teña no seu permiso ou licenza de condución quedarán descontados de forma automática e simultánea no momento no que se proceda á anotación da citada sanción no Rexistro de condutores e infractores, quedando constancia en devandito Rexistro do crédito total de puntos de que dispoña o titular da autorización
Para consultar o seu saldo de puntos pode facelo en www. dgt.es
IMPORTANTE: EXECUCIÓN DA SANCIÓN.
Se non formula alegacións nin abona o importe da multa no prazo de 15 días naturais, a denuncia correctamente notificada surte efecto de acto resolutorio do procedemento. Isto supón que, agás nas excepcións recollidas no artigo 81.5 da LSV, non se ditará resolución sancionadora e se procederá á execución da sanción aos 30 días naturais dende a notificación da denuncia, quedando entón aberta a vía contencioso-administrativa.
Vencido o prazo de 15 días naturais seguintes á data da firmeza da sanción sen satisfacer a multa, o seu cobro se levará a cabo polo procedimento de constrinximento (artigo 90 da LSV).
ART = Artigo; RGC = Regulamento Xeral de Circulación; LSV = Lei de Seguridade Viaria (RDL 339/1990 modificado pola Lei 18/2009); PTOS = Puntos
Burela, a 13 de maio de 2011.- A Concelleira de Tráfico .
Relación de suxeitos a que se refire este Edicto:
DENUNCIADO/A NIF/CIF Nº EXP DATA PTOS MATRICULA ART. NORMA IMPORTE
AMAT CASARIEGO, ALBERTO MARIA
76564574 1100002 06/12/2010 6 7992 CSP 3 R.G.C. CONDUCTORES 500
ARCO OBRALIA SLU B27341387 1100066 25/02/2011 0 1134 CWH 91 R.G.C. PARADAS Y ESTACIONAMIENTOS - MODO Y FORMA
200
BERMUDEZ BERMUDEZ REMEDIOS
33308587X 1100050 19/02/2011 0 7245 FWT 94 R.G.C. PARADAS Y ESTAC. - LUGARES PROHIBIDOS
200
CABEZA LAMAS M JESUS
11432027 1100016 18/01/2011 4 5558 DCL 146 R.G.C. SEMÁFOROS CIRCULARES PARA VEHÍCULOS
200
GONZALEZ
TRAVIESO, JOSE MANUEL
33707767 1100035 18/01/2011 0 9936 FLR 91 R.G.C. PARADAS Y ESTACIONAMIENTOS - MODO Y FORMA
200
LONGARELA LAMELA M DEL CARMEN
33832808S 1100052 20/02/2011 0 4215 CXX 94 R.G.C. PARADAS Y ESTAC. - LUGARES PROHIBIDOS
200
LOPEZ FERNANDEZ, IVAN
33998845S 1100057 28/02/2011 0 3434 DGM 91 R.G.C. PARADAS Y ESTACIONAMIENTOS - MODO Y FORMA
200
MOIRON BERMUDEZ CARLOS
33328475 1100020 04/01/2011 0 9941 BFB 94 R.G.C. PARADAS Y ESTAC. - LUGARES PROHIBIDOS
200
PENA RIVERIA JESUS 33992582 1100001 06/01/2011 0 2407 BVH 94 R.G.C. PARADAS Y ESTAC. - LUGARES PROHIBIDOS
200
RAMOS RAMOS CARLOS
33998154Z 1100039 14/02/2011 0 C-3277-BK 171 R.G.C. MARCAS DE OTROS COLORES
80
RIVAS PEDROSA RUBEN
77594995 1100014 18/01/2011 0 9723 DBD 91 R.G.C. PARADAS Y ESTACIONAMIENTOS - MODO Y FORMA
200
RODRIGUEZ MOREIRA ADILSON MADALENO
X4252382 1100074 26/03/2011 0 PO-6286-BS 154 R.G.C. OTRAS SEÑALES DE PROHIBICIÓN O RESTRICCIÓN
200
RODRIGUEZ ALVAREZ ROSA MARIA
76557006B 1100073 31/01/2011 0 5685 FJL 171 R.G.C. MARCAS DE OTROS COLORES
80
VAZQUEZ CAMPOS, MARIA DEL CARMEN
32762735V 1100065 25/02/2011 3 0821 DGF 18 R.G.C. OTRAS OBLIGACIONES DEL CONDUCTOR
200
R. 2525
Anuncio ACTO QUE SE NOTIFICA: Resolucións sancionadoras.
De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, publícase notificación de resolución sancionadora ditada nos expedientes que a continuación se relacionan, por denuncias formuladas en materia de tráfico polos axentes da autoridade, ás persoas ou entidades que se indican, ao non ser posible realizar a notificación, logo de intentala no derradeiro enderezo coñecido do infractor, feito do que se ten constancia no expediente.
LUGAR E FORMA DE PAGAMENTO.
Dentro dos 15 días hábiles seguintes á publicación:
a.- Mediante ingreso na conta 2080-0179-21-0040005848 de Novacaixagalicia, indicando nº de expediente, nome e matrícula.
b.- Mediante xiro postal, facendo constar número de expediente, nome e matrícula. Devandito xiro deberá remitirse ao Concello de Burela, sito na rúa Eijo Garay 20, Burela 27880 Lugo.
RECURSOS
Contra o precedente acto de imposición de sanción (ingreso de dereito público) só poderá interpoñerse recurso de reposición perante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada dentro do prazo dun mes contado dende o día seguinte ao da presente publicación. Este recurso de reposición ten carácter obrigatorio previo ao recurso contencioso-administrativo, de conformidade co establecido no art. 14.2 do R.D.L. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, en relación co art. 108 da Lei 7/1985, de 2 de abril, de bases de réxime local.
De non producirse resolución expresa do recurso de reposición interposto no prazo dun mes, contado dende o día seguinte ao da súa presentación, entenderase desestimado segundo o establecido no citado art. 14 da Lei 2/2004, e entón o interesado poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado contencioso-administrativo da cidade de Lugo ou ben da circunscrición na que teña o seu enderezo o sancionado, dentro do prazo de seis meses, contados dende o día seguinte a aquel en que deba entenderse presuntamente desestimado o recurso previo de reposición, de conformidade co establecido no art. 46.1 e 4 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
No obstante, poderase interpoñer calquera outro recurso que o interesado estime procedente consonte a dereito.
O Alcalde
Relación de suxeitos a que se refire este Edicto:
SANCIONADO/A NIF/CIF Nº EXP DATA PUNTOS MATRICULA ART. NORMA IMPORTE
OTERO GARCIA OLIVER
34636886J 1000212 20/04/2010 4 J-6351-AC 146 R.G.C.
SEMÁFOROS CIRCULARES PARA VEHÍCULOS
150
R. 2626
Anuncio
ACTO QUE SE NOTIFICA: Incoación de expedientes sancionadores.
De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, publícase notificación de incoación dos expedientes sancionadores que a continuación se relacionan, por denuncias formuladas en materia de tráfico polos axentes da autoridade, ás persoas ou entidades que se indican, ao non ser posible realizar a notificación, logo de intentala no enderezo que figura no rexistro de vehículos ou no de condutores e infractores, feito do que se ten constancia no expediente.
LUGAR E FORMA DE PAGAMENTO
A sanción poderá facerse efectiva cunha redución do 30 % sobre a contía correspondente consignada no boletín de denuncia polo axente ou no seu defecto, na notificación posterior de devandita denuncia, sempre que devandito pagamento se efectúe dentro dos 30 días naturais seguintes á presente publicación, por un dos
seguintes medios:
a.-Mediante ingreso na conta 2080-0179-21-0040005848 de Novacaixagalicia, indicando nº de expediente, nome e matrícula.
b.- Mediante xiro postal, facendo constar número de expediente, nome e matrícula. Devandito xiro deberá remitirse ao Concello de Burela, sito na rúa Eijo Garay 20, Burela 27880 Lugo.
O abono anticipado coa redución anteriormente sinalada implicará unicamente a renuncia a formular alegacións e a terminación do procedemento sen necesidade de ditar resolución expresa.
RECURSOS E PERSOAS RESPONSABLES
1). O artigo 72 do R.D. 339/1990, polo que se aproba o texto articulado da Lei de tráfico, circulación e seguranza viaria, modificado pola Lei 17/2005, de 19 de xullo, establece que o titular do vehículo ten o deber de identificar verazmente ao condutor do mesmo no prazo de 15 días dende a presente publicación, indicando o nome completo, enderezo e DNI (adxuntando copia do mesmo). Se non se identifica ao condutor o titular do vehículo será sancionado como autor de falta moi grave (con multa pecuniaria de 301,00 ata 1.500,00€).
Devandita obrigación concrétase da seguinte forma: PERSOAS XURÍDICAS: Deberán identificar sempre ao condutor. PERSOAS FÍSICAS: enténdese que é Vde. o condutor do vehículo se non facilita os datos do mesmo nos termos devanditos O titular do vehículo responderá tamén como autor de falta moi grave cando non sexa posible notificar a denuncia ao condutor que se identifique por causa imputable a devandito titular. Só poderá interpoñer alegacións e os recursos procedentes o condutor responsable da infracción.
2). En caso de desconformidade coa denuncia, ao abeiro do art. 79.1 do RDL 339/1990, o denunciado poderá formular escrito de alegacións perante a Alcaldía, no prazo de quince días hábiles dende a presente publicación, que será presentado ou remitido ao Rexistro xeral do Concello de Burela, sito na rúa Eijo Garay 20, Burela 27880 Lugo.
No suposto de non presentar alegacións dentro do prazo establecido, o contido da presente notificación, transformarase automáticamente en proposta de sanción ao abeiro do establecido no art. 13.2 do R.D.
1389/1993, de 4 de agosto, que regula o Procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.
Burela 13 de maio 2011 .- A Concelleira de Tráfico
Relación de suxeitos a que se refire este Edicto:
SANCIONADO/A NIF/CIF Nº EXP DATA PUNTOS MATRICULA ART. NORMA IMPORTE
LAZARO OSES, CONCEPCION T
33251091 1000164 07/05/2010 0 8154 BHP 154 R.G.C. OTRAS SEÑALES DE PROHIBICIÓN O RESTRICCIÓN
91
R. 2627
CERVO Anuncio
NOTIFICACIÓN EDICTAL DE RESOLUCIÓN DE EXPEDIENTES SANCIONADORES
De conformidad con lo dispuesto en los art. 59.4 y 61 da Ley 30/1992, de 26 de noviembre, de Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y del Procedimiento Administrativo Común (BOE 285, de 27 de noviembre de 1992), se hace pública la notificación de resoluciones recaídas en los expedientes sancionadores que se indican, dictadas por la autoridad competente según se dispone en el art. 68.2 del Real Decreto Legislativo 339/1990, a las personas o entidades que a continuación se relacionan, ya que se intentó la notificación en el último domicilio conocido y esta no se pudo practicar.
La multa deberá abonarse dentro de los QUINCE DIAS hábiles a contar desde el día siguiente al de la recepción de esta resolución, en las dependencias de Recaudación, sitas en la Plaza del Concello, s/n de Cervo en horas de 8.00 a 15.00, de lunes a viernes, o por medio de Giro Postal, haciendo constar en nº de expediente y la matrícula del vehículo. Transcurrido dicho plazo sin haberla hecho efectiva se procederá a su cobro por la vía de apremio con el recargo del 20%, intereses de demora y las costas que se causen, a cuyo objeto se expedirá la correspondiente certificación de descubierto (art. 84 de la Ley sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor y Seguridad Vial).
La infracción denunciada, si se trata de una de las previstas en el artículo 67.1 de la referida Ley, puede llevar aparejada, además de la multa indicada, la sanción de suspensión de la autorización administrativa para conducir por un plazo de hasta 3 meses , a cuyos efectos si es su caso se trasladará el expediente a la Jefatura Provincial de Tráfico, al objeto de tramitar dicha medida de suspensión, por tratarse de una competencia atribuida al Delegado del Gobierno, según lo previsto en la Disposición Adicional 4ª de la Ley 6/1997.
Contra la Resolución, que pone fin a la vía administrativa, según lo establecido en el artículo 52 de la Ley 7/1985, del 2 de abril, Reguladora de las Bases de Régimen Local, podrá interponer RECURSO POTESTATIVO DE REPOSICIÓN ante el mismo órgano que la dictó en el plazo de un mes a contar desde el día siguiente a la notificación o ser impugnado directamente ante el Orden Jurisdiccional Contencioso - Administrativo, en virtud del artículo 116 y 117 de la Ley 30/1992, del 26 de noviembre, de Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y Procedimiento Administrativo Común, modificada por la Ley 4/1999, del 13 de enero. No se podrá interponer Recurso Contencioso - Administrativo hasta que sea resuelto expresamente o se producirá la desestimación presunta del Recurso de Reposición interpuesto.
Podrá interponerse RECURSO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO ante el órgano competente del Órgano Jurisdiccional Contencioso - Administrativo dentro de los dos meses siguientes contados desde el día siguiente de la notificación del acto que ponga fin a la vía administrativa, según lo establecido en el artículo 46 de la Ley 29/1998, del 13 de julio, Reguladora de la Jurisdicción Contencioso - Administrativa.
Todo eso sin perjuicio de la interposición de cualquier otro recurso que considere procedente.
Lo que le traslado para su conocimiento y efectos.
LOCALIDAD DENUNCIADO DNI/CIF EXPD. FECHA DENUNCIA
ART. NORMA CUANTÍA EN €
PUNTOS A DETRAER
MATRÍCULA
SAN CIBRAO
JESÚS BLANCO BRAOJOS
03830551Q 12/2010 05/08/2010 94 R.G.C. 90.- 0.- 4127 DML
EURIPIDA RODRIGUES DOS SANTOS
X6711013C SAN CIBRAO
26/08/2010 94 R.G.C. 90.- 0.- 6356 CFJ
Cervo, 19 de mayo de 2011.-O alcalde, Alfonso Villares Bermúdez
R.2628
CHANTADA Anuncio
Por Decreto de Alcaldía de data 13/05/2011 aprobouse o Padrón de contribuíntes obrigados ao pagamento do Imposto de vehículos de tracción mecánica (IVTM) e o Padrón de contribuíntes obrigados ao pagamento da taxa por entrada de vehículos a través das beirarrúas (vaos) correspondentes o exercicio de 2011.
De conformidade co disposto no artigo 14.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2.004, do 5 de marzo, polo que aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, os interesados poderán interpoñer contra o meritado Padrón o recurso de reposición que se regula na disposición mencionada, dentro do prazo dun mes a contar dende o día seguinte da publicación da aprobación dos referenciados Padróns no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
A cobranza, en período voluntario, dos Padróns de contribuíntes obrigados ao pagamento do Imposto de vehículos de tracción mecánica (IVTM) e da taxa por entrada de vehículos a través das beirarrúas (vaos) correspondentes o exercicio de 2011, terá lugar neste Municipio dende o día 1 de xuno de 2011 ata o día 31 de xullo de 2011.
O vencemento do prazo de ingreso en período voluntario, sen ser satisfeita a débeda, e de conformidade co disposto no artigo 161 da Lei 58/2003 do 17 de decembro, Xeral Tributaria, determinará o inicio do período executivo, coa esixencia dos xuros de amora e das recargas de período executivo nos termos dos artigos 26 e 28 da Lei xa citada e, no seu caso, das costas do procedemento executivo.
O que se fai público para xeral coñecemento e cumprimento.
En Chantada, a 13 de maio de 2011.-O ALCALDE, Manuel Anxo Taboada Rodríguez
R. 2629
O CORGO Anuncio
Aprobado inicialmente por el Pleno de la Corporación, en sesión celebrada el día 18 de mayo de 2011, el Presupuesto Municipal para el ejercicio económico de 2011, el cuadro de personal y la relación de puestos de trabajo para dicho ejercicio, en cumplimiento de lo dispuesto en el artículo 169.1 del Real Decreto Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley Reguladora de las Haciendas Locales, y disposiciones concordantes, se expone al público en la Secretaría de este Ayuntamiento, por un plazo de quince días hábiles –que empezará a contarse desde el siguiente al de la inserción del presente edicto en el Boletín Oficial de la Provincia-, con el fin de que durante el mismo puedan formularse las reclamaciones que se consideren pertinentes, y que deberán dirigirse al Sr. Alcalde-Presidente de esta Corporación.
O Corgo, 19 de mayo de 2011.-EL ALCALDE, José Antonio Ferreiro González.
R. 2630
LÁNCARA Anuncio
A Xunta de Goberno Local en Sesión celebrada o día seis de maio de dous mil once, acordou:
1º.-Prestar aprobación o proxecto técnico “ampliación y pavimentación de accesos al núcleo rural de Villaesteva y Vilarin”.
2º.-Publicalo no B.O.P. polo prazo de 8 días, sobre posibles alegacións ou reclamacións.
Láncara a 10 de maio de 2011.- O ALCALDE,
R. 2631
LUGO Anuncio PERSOAL
DECRETO NÚMERO 464/2011 DO LIBRO DE RESOLUCIÓNS EN MATERIA DE PERSOAL Ó SERVIZO DA CORPORACIÓN, DITADAS POLO TENENTE DE ALCALDE DELEGADO DE ÁREA.
Ilmo. Sr. Don JOSÉ RÁBADE ARIAS, Tte. De Alcalde Delegado da Área de Réxime Interior e Protección da Comunidade.
Lugo, dezanove de maio de dous mil once.
A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria celebrada o día 2.04.2008, aprobou a Oferta de Emprego Público para o ano 2008, publicándose no Boletín Oficial da Provincia número 90 de data 19.04.2008.
Asi mesmo, a Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria celebrada o día 11.05.2011, aprobou as bases específicas para o acceso en propiedade a unha praza de Analista Programador/a pertencente ao cadro de persoal funcionario do Excmo. Concello de Lugo, quenda de consolidación de emprego temporal, incluida na referida Oferta de Emprego.
Polo exposto anteriormente, en virtude das atribucións conferidas á Xunta de Goberno Local, no artigo 127 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e acordo número 1/877 do dito órgano de goberno, de delegación de atribucións, do 18.10.2004 e acordo número 3/533 de 20.06.2007, RESOLVO:
PRIMEIRO.- Convocar o proceso selectivo mediante o sistema de concurso oposición, para o acceso en propiedade a unha praza de Analista Programador/a, pertencente ó cadro de persoal funcionario do Excmo.
Concello de Lugo, quenda de consolidación de emprego temporal, que se rexerá tanto polas Bases Xerais para o acceso en propiedade a plazas de funcionarios e persoal laboral do Excmo. Concello de Lugo en quenda de consolidación de emprego temporal, aprobadas pola Xunta de Goberno Local, en sesión do 18.06.2008, publicadas no BOP número 157 de 9.07.2008 (modificadas polo citado órgano en sesión do 18 de febreiro de 2009, modificación que foi publicada no BOP número 051, do 4 de marzo de 2009) e polas bases específicas aprobadas por dito órgano na sesión do 11.05.2011, que seguidamente se transcriben:
“Bases específicas para o acceso en propiedade a unha praza de Analista programador/a pertencente ó cadro de persoal funcionario do Excmo. Concello de Lugo, quenda de consolidación do emprego temporal:
1º.- OBXECTO.- Estas bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso de selección para o acceso, como funcionario de carreira, a unha praza de Analista Programador/a, do cadro de persoal do Excmo. Concello de Lugo, en todo o que non estea previsto nas ‘BASES XERAIS PARA O ACCESO EN PROPIEDADE A PRAZAS DE FUNCIONARIOS E PERSOAL LABORAL DO EXCMO. CONCELLO DE LUGO, QUENDA DE CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO TEMPORAL’.
O órgano competente da Corporación poderá adscribir a persoa aspirante nomeada, través do correspondente procedemento regulamentario, a calquera posto de traballo que, de acordo co seu grupo de titulación, teña asignadas funcións propias desta categoría profesional.
2º.- CARACTERÍSTICAS DA PRAZA
a) Denominación da praza: Analista Programador/a.
b) Grupo de titulación: GRUPO A (subgrupo A2) c) Outras características:
- Escala: administración especial - Subescala: técnica
- Clase: técnico medio
3º.- SISTEMA SELECTIVO. De conformidade co previsto nas bases xerais aprobadas por este Concello de Lugo na quenda de consolidación de emprego temporal, o sistema selectivo será o de concurso oposición.
4º.- TITULACIÓN ESIXIDA PARA O ACCESO Á PRAZA:
Diplomado en informática ou titulado superior en informática, matemáticas, físicas ou telecomunicacións.
5º.- SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN
As solicitudes para participar no correspondente proceso selectivo haberán de axustarse ó modelo aprobado polo Excmo. Concello de Lugo.
Ás solicitudes de participación deberá xuntárselles a seguinte documentación:
a) Fotocopia do DNI, pasaporte ou documento que o substitúa noutros estados membros da Unión Europea.
b) Fotocopia compulsada da titulación esixida.
c) Xustificante do ingreso dos dereitos de exame. Os interesados e interesadas deberán unirlle á solicitude o xustificante de ter ingresados os dereitos de exame. As taxas por dereito de exame para este grupo están fixadas en 16,80 €, de acordo coa Ordenanza fiscal número 119 vixente neste momento no Concello, téndose que estar en todo o relativo ós dereitos de exame co establecido na citada ordenanza. O aboamento da citada taxa farase en calquera das oficinas de Caixa Galicia, no número de conta 2091 0152 26 3110001309.De conformidade, así mesmo, co previsto no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o importe da taxa por dereitos de exame poderá facerse efectivo mediante xiro postal ou telegráfico ou mediante transferencia á conta enriba sinalada.
d) Do mesmo xeito, deberá xuntarse á instancia os méritos que a persoa aspirante desexe que se teñan en conta na fase de concurso.
6º.- PROCESO SELECTIVO 1.- Fase de concurso.
Para a fase de concurso estarase ó disposto na base sexta das bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Excmo.Concello de Lugo en quenda de consolidación de emprego temporal.
2.- Fase de oposición.
As probas selectivas que deberán superar as persoas aspirantes á praza á que se refiren estas bases específicas son as seguintes:
A) DE CARÁCTER OBRIGATORIO E ELIMINATORIO:
PRIMEIRO EXERCICIO, teórico: desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo de 90 minutos, dun tema extraído ó chou de entre os comprendidos no temario de materias comúns.
O temario de materias comúns intégrano 12 temas e figuran nas bases décimo cuarta e décimo quinta das bases xerais xa citadas, que rexerán nos procesos para o acceso en propiedade a prazas pertencentes ó cadro de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo en quenda de consolidación de emprego temporal.
SEGUNDO EXERCICIO, teórico: desenvolvemento por escrito de tres temas extraídos ó chou, dous de entre os comprendidos no Grupo 1 do programa de materias específicas e un de entre os comprendidos no Grupo 2 deste temario. O tempo máximo para a realización deste exercicio será de tres horas.
TERCEIRO EXERCICIO, práctico: consistirá en realizar, durante un período máximo de 90 minutos, un suposto práctico que formulará o tribunal inmediatamente antes do comezo do exercicio, e que estará relacionado cos contidos do programa e coas funcións propias dos titulares destas prazas.
No anuncio de convocatoria deste exercicio, o tribunal determinará os medios materiais dos que deberán, ou poderán, ir provistos os aspirantes para a súa realización.
Os exercicios obrigatorios e eliminatorios cualificaranse de apto ou non apto, e deberá acadarse unha puntuación mínima de 5 para a súa superación. Os exercicios que obteñan a cualificación de apto serán puntuados de 5 a 10 puntos.
B) COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA.
Na realización deste exercicio e na súa valoración haberá que aterse ó disposto na base décimo terceira letra C das bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Excmo.
Concello de Lugo en quenda de consolidación de emprego temporal.
A cualificación final de cada aspirante será a resultante da suma das cualificacións de cada un dos exercicios obrigatorios e eliminatorios coa suma das puntuacións obtidas na fase de concurso.
7º.- PROGRAMA TEMARIO DE MATERIAS ESPECÍFICAS GRUPO 1.
TEMA 1.- Lei Orgánica de Protección de datos.
TEMA 2.- Seguridade informática. Regulamento de seguridade.
TEMA 3.- A firma electrónica, os certificados dixitais e o DNI electrónico.
TEMA 4.- A lei de acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos Públicos. Antecedentes. Finalidades. Principios.
Réxime xurídico da lei.
TEMA 5.- Lei de medidas de impulso da sociedade da información.
TEMA 6.- Enxeñería de software. Obxectivos. Ciclo de vida do software. Tarefas asociadas a cada fase do ciclo.
TEMA 7.- Documentación xerada durante o ciclo de vida do software. Tarefas de xestión de proxecto.
TEMA 8.- Especificación do software: requisitos de sistemas de software. Características, tipos. Documentación.
Metodoloxías e ferramentas de analisís.
TEMA 9.- Deseño do software: Deseños de alto, medio e baixo nivel.
TEMA 10.- Deseño modular: Proceso de deseño. Acoplamento e cohesión de módulos. Tipos de módulos.
TEMA 11.- Abstracción: funcional, de datos e de control. Ocultación de información. Tipos abstractos de datos.
Concepto de obxecto. Fundamentos e conceptos básicos.
TEMA 12.- Programación orientada a obxectos. Tipos de obxectos. Clases. Tipos de variables. Métodos. Paso de mensaxes. Enlace dinámico fronte a enlace estático. Herencia: tipos de herencia. Especialización incremental de tipos e operacións.
TEMA 13.- Linguaxes de programación: Características, clasificacións e tipos de linguaxes. Xeneración de linguaxes.
TEMA 14.- Entornos de desenrolo: CASE, IPSE. Validación de programas. Proceso e técnicas de proba: Probas de caixa branca e caixa negra. Probas de camiño básico. Proba de bucles. Concepto de complexidade ciclomática.
TEMA 15.- Tradutores e intérpretes: conceptos e deferencia. Proceso de tradución. Compilación cruzada.
Concepto de gramática.
TEMA 16.- Estrutura básica dun compilador. Concepto de montadores e cargadores.
TEMA 17.- Estrutura de ordenadores: Nivel de máquina virtual. Niveis de estudo ou máquinas multinivel.
Estrutura básica dun ordenador.
TEMA 18.- Execución de instrucións. Execución de instrucións en paralelo.
TEMA 19.- Formatos de instrución. Tipos de instrucións a nivel máquina.
TEMA 20.- Representación dos tipos elementais de datos.
TEMA 21.- Interrupcións: causas, cambios de contexto. Modo supervisor e modo usuario.
TEMA 22.- Acceso directo a memoria: funcionamento xeral. Tipos de controladores de AMD. Canais.
TEMA 23.- Estruturas fundamentais de datos. Tipos elementais. Tipos estruturados. Ordenación de arrays.
TEMA 24.- Recursividade. Estruturas dinámicas de información. Listas. Árbores.
TEMA 25.- Sistemas operativos: propósito. Concorrencia, exclusión mutua, cooperación de procesos, interbloqueos.
TEMA 26.- Xestión do procesador. Xestión de memoria. Planificación.
TEMA 27.- Protocolos: funcións. Modelo de referencia OSI.
TEMA 28.- Sistemas de bases de datos: características. Niveis ANSI/SPARC. Conceptos básicos modelo entidade/relación. Elementos dun sistema de xestión de bases de datos.
TEMA 29.- Modelos de bases de datos. Relacional, xerárquico, en rede, listas invertidas.
TEMA 30.- Modelo relacional: esquemas de relación. Dependencias funcionais. Claves. Operacións de alxebra relacional.
TEMA 31.- Intercambio de información do Concello con outras administracións e banca.
GRUPO 2.
TEMA 32.- UNIX: intérprete de comandos. Sistema de ficheiros.
TEMA 33.- Solaris 8 SPARC: Arranque do sistema. Administración de usuarios. Seguridade.
TEMA 34.- Solaris 8 SPARC: Xerarquía de directorios e configuración de dispositivos. Participacións. Sistema de ficheiros ufs. Mantemento de sistemas de ficheiros.
TEMA 35.- Solaris 8 SPARC: Disksuite. Pseudo sistemas de ficheiros e swap. NFS.
TEMA 36.- Solaris 8 SPARC: AUTOFS, syslog.
TEMA 37.- Citrix Metrafame XP: Arquitectura e funcións.
TEMA 38.- Citrix Metrafame XP: Componentes de Metrafame XPe.
TEMA 39.- Configuración firewall Fortigate 300A.
TEMA 40.- Oracle 9: Estrutura da memoria (SGA, PGA). Arranque Oracle 9i.
TEMA 41.- Oracle 9i: Parada Oracle 9i. Estrutura de procesos. Procesos background.
TEMA 42.- Informix 4GL: Características e elementos de Informix -4GL.
TEMA 43.- Informix Dynamic Server 7.3: Arquitectura. Modos operativos.
TEMA 44.- Informix Dynamic Server 7.3: Utilidades de monitorización. Manexo de memoria: residente, virtual e bloqueos.
TEMA 45.- Informix Dynamic Server 7.3: Checkpoints e fase recovery. Arquitectura de disco.
TEMA 46.- Informix Dynamic Server 7.3: Blobspaces. Manexo de disco temporal. Administración de log.
TEMA 47.- Informix Dynamic Server 7.3: Crear bases de datos, tablas, tipos de datos. Integridade. Vistas.
TEMA 48.- Informix Dynamic Server 7.3: Backup e restore. Utilidades de carga e descarga de datos.”
SEGUNDO.- Procédase a súa publicación na forma legalmente establecida
Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela caberá interpoñer recurso contencioso- administrativo, no prazo de DOUS MESES, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo ou, á elección do interesado, ante o da circunscrición onde teña o seu domicilio. Malia o anterior, e con carácter previo e potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición, no prazo de UN MES, contado dende o seguinte á notificación da presente resolución, sen prexuízo de que vostede interpoña calquer outro recurso que estime procedente en Dereito.
Cúmprase.
R. 2633
Anuncio PERSOAL
DECRETO NÚMERO 462/2011 DO LIBRO DE RESOLUCIÓNS EN MATERIA DE PERSOAL Ó SERVICIO DA CORPORACIÓN DICTADAS POLO TENENTE DE ALCALDE DELEGADO DE ÁREA.
ILMO. SR. DON JOSÉ RÁBADE ARIAS, Tenente de Alcalde-Delegado da Área de Réxime Interior e Protección da Comunidade.
Lugo, dezanove de maio de dous mil once.
A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo, en sesión ordinaria celebrada o día once de maio de dous mil once, adoptou, entre outros, o acordo número 18/327, de APROBACIÓN DE BASES QUE REXERÁN O CONCURSO PARA A PROVISIÓN DE POSTOS DE TRABALLO DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A NO EXCMO.
CONCELLO DE LUGO.
En virtude das atribucións conferidas á Xunta de Goberno Local polo artigo 127 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e acordos de dito órgano de goberno, de delegación de atribucións, números 1/877 e 3/533, de datas do 18-10-2004 e do 20-6-2007, respectivamente, RESOLVO:
PRIMEIRO.- Convoca-lo concurso para a provisión de postos de traballo de Auxiliar Administrativo/a no Excmo. Concello de Lugo, de acordo coas seguintes bases:
“1.- OBXECTO DO PRESENTE CONCURSO
É obxecto do presente concurso a provisión dos postos de traballo de auxiliar administrativo/a, relacionados no Anexo destas bases, entre empregados/as do Concello de Lugo, con praza en propiedade e categoría de auxiliar administrativo/a.
2.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As instancias solicitando tomar parte na presente convocatoria dirixiranse ó Excmo. Sr. Alcalde Presidente do Excmo. Concello de Lugo, presentándose xuntamente coa documentación para xuntar, no Rexistro Xeral de Entrada deste, ou na forma que determina o artigo 38.4 da Lei 30/92, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, durante un prazo de 20 días naturais, contados a partir da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
Cada un dos empregados/as participantes poderá solicitar todos os postos convocados para os que reúna as condicións e requisitos sinalados, expresando a orde de preferencia de cada posto de traballo e indicando a tal fin a denominación co que figuren estes.
Os requisitos determinados na convocatoria deberán reunirse na data que termine o prazo de presentación de solicitudes de participación.
Só se poderá desistir da petición de tomar parte no concurso antes de que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
3.- REQUISITOS PARA PARTICIPAR NA CONVOCATORIA DE CONCURSO
A) Ser empregado/a do Excmo. Concello de Lugo, con praza en propiedade, e categoría de auxiliar administrativo/a, grupo C (subgrupo C2).
B) Atoparse en calquera situación administrativa, excepto en situación de suspensión firme, ou de excedencia voluntaria por interese particular, sen ter transcorrido o prazo legal obrigatorio de permanencia de dous anos.
4.- BAREMO DE MÉRITOS
Soamente procederá a valoración dos méritos alegados polos participantes cando estes reúnan os requisitos esixidos nestas bases.
Valoraranse os méritos obtidos ou en condición de obterse na data na que finalice o prazo de presentación de instancias para participar no correspondente concurso.
A xustificación dos méritos deberá realizarse mediante certificación oficial expedida para o efecto.
Para fixar a orde de preferencia na adxudicación do posto no concurso, valoraranse os seguintes méritos:
1.- Antigüidade: 0,05 puntos por cada mes completo de servizos en activo nas distintas administracións públicas. A estes efectos tamén se computarán os servizos recoñecidos ó amparo do disposto na Lei 70/1978, do 26 de decembro, de recoñecemento dos servizos previos na administración pública.
2.- Formación:
a) Titulación académica: calquera titulación académica oficial de igual ou superior nivel ó esixido para o desempeño do posto de traballo para prover, con exclusión da que sexa necesaria para o acceso ó posto: 1,5 puntos por título, cun máximo de 3 puntos.
b) Cursos de formación e perfeccionamento: valoraranse os cursos de formación e perfeccionamento de duración igual ou superior a 15 horas que foran cursados ou impartidos polo interesado/a en centros ou organismos oficiais de formación de empregados públicos, ata un máximo de 3 puntos, e con arreglo á seguinte escala:
- De 100 ou máis horas: 2,00 puntos - De 75 ou máis horas: 1,50 puntos - De 50 ou máis horas: 1,00 puntos - De 25 ou máis horas: 0,50 puntos - De 15 ou máis horas: 0,20 puntos
En ningún caso se puntuarán neste subapartado os cursos pertencentes a unha carreira universitaria, cursos de doutorado e dos diferentes Institutos das Universidades cando formen parte do plan de estudos do centro.
En caso de cursos impartidos, estes valoraranse por unha soa vez, non sendo susceptibles de ser valoradas sucesivas edicións dun mesmo curso.
5.- COMISIÓN DE VALORACIÓN
Cualificará os méritos dos concursantes, con referencia á data de peche do prazo de presentación de instancias, unha Comisión de Valoración composta por:
Presidente
− Dona Marta López Peña, Xefa do Servizo de Persoal do Concello de Lugo.
Suplente: Dona Concepción González López, Técnico de Xestión do Concello de Lugo.
Vogais:
− Dona Carolina Álvarez López, Técnico de Xestión do Concello de Lugo.
Suplente: Dona Isabel Lagares Mosquera, Administrativa do Concello de Lugo.
− Dona Carmen M.ª Torre Abuín, Técnico de Xestión do Concello de Lugo.
Suplente: Dona Mª Hortensia García Montero, Administrativa do Concello de Lugo.
− Dona Matilde García Losada, Xefa de Sección de Cultura do Concello de Lugo.
Suplente: Dona Amparo Rubinos Hermida, Xefa de Sección de Estatística e Cemiterio do Concello de Lugo.
Secretario:
− Don José Antonio Carro Asorey, Secretario Xeral do Pleno do Concello de Lugo.
Suplente: Don José Chavarria Chao, Técnico de Xestión do Concello de Lugo.
6.- PROPOSTA DE ADXUDICACIÓN
O resultado da avaliación dos méritos e a adxudicación provisional exporase ó público no taboleiro de anuncios do edificio do Centro de Servizos Municipais, sito na ronda da Muralla, 197, nunha relación que conterá a totalidade do persoal concursante, ordenada de maior a menor puntuación total, con expresión do posto de traballo adxudicado, se é o caso. Concederase un prazo de dez días hábiles para que formulen as reclamacións que estimen pertinentes en relación coa baremación.
7.- TOMA DE POSESIÓN
Transcorrido o prazo sinalado anteriormente, a Comisión resolverá as reclamacións que se presentaran e formulará a proposta de adxudicación dos postos convocados, remitíndoa á autoridade convocante para a súa publicación no Taboleiro de Anuncios do Edificio Administrativo do Seminario, mediante resolución motivada.
Na resolución de adxudicación do concurso indicarase a data na que deberá efectuarse o cese no actual posto de traballo e a toma de posesión do destino adxudicado, salvo nos casos de forza maior debidamente xustificados.
8.- RECURSOS
Estas bases son definitivas en vía administrativa e contra as mesmas pode interpoñerse, de conformidade co establecido na Lei de Réxime Xurídico das Administración Públicas e do Procedemento Administrativo Común, e na Lei Reguladora da Xurisdición Contencioso Administrativo, un dos seguintes recursos.
a) Con carácter potestativo recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto recorrido, no prazo dun mes a contar dende o día seguinte a súa publicación. Transcorrido un mes dende o día seguinte ó da interposición do recurso de reposición sen que se teña resolto, poderá entenderse desestimado, e poderá interpoñerse recurso contencioso administrativo.
b) Recurso contencioso administrativo ante os Xulgados do Contencioso Administrativo dentro do prazo de dous meses contados dende o día seguinte ó da súa publicación
Todo isto sen prexuízo de que poda exercitarse calquera outro recurso ou acción que se estime procedente.
9.- PUBLICACIÓN
Estas bases publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e no Taboleiro de Anuncios do Concello.
ANEXO
Postos a convocar:
* Auxiliar administrativo/a para a Sección de Estatística e Cemiterio.
Vacantes: 4
Requisitos: Ser Auxiliar administrativo/a do Concello de Lugo.
Grupo C (subgrupo C2)
* Auxiliar administrativo/a para a Área de Benestar Social e Igualdade.
Vacantes: 5
Requisitos: Ser Auxiliar administrativo/a do Concello de Lugo.
Grupo C (subgrupo C2)
* Auxiliar administrativo/a para o Servizo de Facenda Local.
Vacantes: 2
Requisitos: Ser Auxiliar administrativo/a do Concello de Lugo.
Grupo C (subgrupo C2)
* Auxiliar administrativo/a para o Servizo de Urbanismo.
Vacantes: 1
Requisitos: Ser Auxiliar administrativo/a do Concello de Lugo.
Grupo C (subgrupo C2)
* Auxiliar administrativo/a para o Servizo de Medio Ambiente e Zona Rural.
Vacantes: 1
Requisitos: Ser Auxiliar administrativo/a do Concello de Lugo.
Grupo C (subgrupo C2)
* Auxiliar administrativo/a para a Unidade de Augas.
Vacantes: 1
Requisitos: Ser Auxiliar administrativo/a do Concello de Lugo.
Grupo C (subgrupo C2)
* Auxiliar administrativo/a para o Servizo de Licenzas.
Vacantes: 1
Requisitos: Ser Auxiliar administrativo/a do Concello de Lugo.
Grupo C (subgrupo C2)
* Auxiliar administrativo/a para Notificadores/Rexistro.
Vacantes: 1
Requisitos: Ser Auxiliar administrativo/a do Concello de Lugo.
Grupo C (subgrupo C2).”
SEGUNDO.- Procédase a súa publicación na forma legalmente establecida.
Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela caberá interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de DOUS MESES, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo ou, á elección do interesado, ante o da circunscrición onde teña o seu domicilio. Malia o anterior, e con carácter previo e potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición, no prazo de UN MES, contado dende o seguinte á notificación da presente resolución, sen prexuízo de que vostede interpoña calquer outro recurso que estime procedente en Dereito.
Cúmprase.
R. 2634
OUROL Anuncio
A Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria celebrada o día 20 de abril de 2011, prestóu aprobación ao padrón da auga correspondente ao 4º trimestre de 2010, exponse ao publico por un prazo de 15 días hábiles aos efectos de reclamacións ou alegacións.
Ourol, 5 de maio de 2011.-O Alcalde, Marcial Sanjurjo Fernández
R. 2496
A PONTENOVA Anuncio EXPROPIACIÓN FORZOSA
Aprobada inicialmente a relación dos propietarios e titulares de dereitos afectados polo procedemento de expropiación urxente dos bens e dereitos para execución do proxecto de obras de “CAPTACIÓN E CONEXIÓN Á REDE EXISTENTE DE ABASTECEMENTO DE AUGA EN FONTANGORDO (VILABOA – A PONTENOVA)” cuxa ocupación considérase necesaria para os efectos de rematar e conectar o tramo executado co depósito xa existente e, deste xeito, poder dar unha correcta distribución do abastecemento de auga.-
No cumprimento do establecido no artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre Expropiación Forzosa, faise pública a relación a fin de que, dentro do prazo dos quince días seguintes a contar do último dos da inserción do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e no diario “El Progreso” de Lugo, quen estime ser interesado no procedemento poida presentar cantos datos permitan a rectificación de errores padecidos na relación que se fai pública e presentar, no seu caso, alegacións sobre a procedencia da ocupación ou disposición de aqueles.
PARCELA TITULAR SUPERFICIE PREZO €/m2 TOTAL PARCELA 1 / JOSÉ MARÍA CONDE MÉNDEZ 37,27 M² 0,60 22,36 € (REF CATASTRAL: 27048H012022090000BR) PARCELA Nº 2209 DO POLÍGONO 12 C.P. VILABOA
PARCELA 2 / VICTORIANO LÓPEZ PETEL 94,47 M2 0,60 56,68 € (REF CATASTRAL: 27048H012022140000BX) PARCELA Nº 2214 DO POLÍGONO 12 C.P. VILABOA
TOTAL 131,74M² 79,04€