• No se han encontrado resultados

Historia e tradicións de Pontevedra en Filgueira Valverde

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2020

Share "Historia e tradicións de Pontevedra en Filgueira Valverde"

Copied!
18
0
0

Texto completo

(1)

HISTORIA E TRADICIÓNS DE PONTEVEDRA

EN FILGUEIRA VALVERDE

Xosé Fuentes Alende

Museo de Pontevedra

Resumo: Na dilatada obra de Xosé Filgueira Valverde ocupan un lugar moi destacado os temas relacionados cos máis variados aspectos de Pontevedra, a súa cidade natal, entre eles os que tratan da historia e das tradicións. Malia iso, non podemos consideralo como un historiador no senso estrito da palabra, pero si achegou infinidade de datos de interese sobre o decorrer da Boa Vila desde a súa fundación ata os tempos máis recentes, tanto no referente á propia historia como ás tradicións vivas e incluso ás esquecidas que el tratou de revitalizar. Esas achegas de Filgueira chégannos a través de traballos máis ou menos extensos aparecidos en diversos medios, xa sexan revistas especializadas ou publicacións máis populares, como programas de festas ou xornais. Porén, non pretendemos recoller nestas páxinas a totalidade dos seus artigos sobre estas temáticas, senón facer unha mera aproximación, referíndonos tan só a aqueles que consideramos que teñen unha maior significación para Pontevedra.

Abstract: The history and traditions of Xosé Filgueira Valverde’s natal town, Pontevedra, always occupied a very special place in his vast intellectual pro-duction. Although Filgueira was not a historian sensu strictu, he nonetheless contributed with many relevant information about the city’s history and tradi-tions, from the very origins of Pontevedra up to recent times. This information came to us either in the form of papers issued in scholarly publications or in the more popular contributions published in newspapers and in festivity bro-chures. In this paper we don’t mean to review all his works on Pontevedra, but rather to focus only upon those writings which we regard as having a greater significance for the city.

Palabras chave: Xosé Filgueira Valverde, Pontevedra, historia, tradicións.

(2)

Tal que el, baseándose na sinonimia entre os verbos entender e amar, ou que-rer, existente nos cancioneiros medievais, e en especial no prólogo e no número 130 das Cantigas de Santa María de Afonso o Sabio, ten tachado a Ramón Otero Pedrayo, mestre e amigo seu, de “entendedor de Compostela” en atención ós es-tudos que tiña feitos sobre a cidade do Apóstolo (Filgueira 1976a), acáelle tamén a Xosé Filgueira Valverde, personaxe ó que lle foi dedicado o Día das Letras Galegas do 2015, o cualificativo de “entendedor de Pontevedra”, cidade na que naceu en 1906, nunha casa de finais do século XIX levantada sobre os restos dun dos pazos de Pai Gomes Chariño (Filgueira 1988a), e na que faleceu en 1996, unha longa vida na que só se afastou da Boa Vila o tempo imprescindible por mor dos seus estudos e da súa profesión, tratando por todos os xeitos de volver a ela canto antes.

Por iso, na súa polifacética e, como se vén dicindo nos últimos tempos, polié-drica obra, tanto escrita como oral, tendo en conta a diversidade de temas trata-dos, unha cara importante dese corpo está ocupada por Pontevedra nos seus máis variados campos, entre os que son de salientar os relacionados coa súa historia e coas súas tradicións. Dada a súa extensa nómina, non pretendemos, pois, referir nestas páxinas a totalidade da produción de Filgueira Valverde sobre ambas as temáticas, senón só algúns exemplos que poden resultar desveladores de aspectos e de feitos pontevedreses pouco coñecidos para os lectores e que poden servir para complementar aqueloutros estudos histórico-antropolóxicos xa publicados sobre a cidade.

No primeiro dos aspectos, a historia, convén salientar que Filgueira non foi un historiador no senso estrito da palabra, se entendemos por tal un escritor que fai un discurso do transcorrer dun pobo, cidade ou nación. Tan só se achegaría a ese concepto, no relativo a Galicia, unha “Introducción histórica” (Filgueira 1976c). Canto a Pontevedra, non atopamos ningún título no que se explicite que versa sobre a súa historia. A todo máis, algunhas “Notas históricas” para dar paso, como veremos, a un subtítulo sobre un tema concreto.

Cun claro cariz nesa liña, malia que breve, debemos citar a “Síntesis histórica de Pontevedra”, publicada en 1976 (Filgueira 1976d), precedente do sucinto e pormenorizado traballo que co mesmo título elabora en 1985 para a Gran Enciclopedia Gallega, ó que segue unha síntese artística complementada con datos históricos, ambas comprimidas para adaptalas ó carácter da obra na que se insiren (Filgueira 1985), e da máis abreviada aínda co gallo das festas da Peregrina de 1989 (Filgueira 1989b).

(3)

ordenado por Filgueira, que foi publicado en 1946 (Filgueira 1946a), introdución que supón a primeira parte da obra e na que, segundo as súas propias palabras, “se hace sobrio recuento de las cuestiones fundamentales de la historia, de los orígenes, desarrollo y organización del Gremio del Corpo Santo, con la impres-cindible anotación bibliográfica y referencias a la segunda, Inventario Documen-tal…” (Filgueira 1946a). Este traballo foi levado a cabo “sin mejor medio que el propio esfuerzo para dar prueba de gratitud” ó seu recompilador e nel Filgueira “ha puesto de su parte cuanto le fue dado para que la obra propia no viniese en desdoro de las de su maestro y para que éstas viesen la luz como él las habría soñado” (Filgueira 1946a).

A edición do Archivo de Marean-tes non pasou desapercibida para a crítica:

perfectamente documenta-da, bien presentada; en ella el autor demuestra ser inves-tigador infatigable, sereno, clarividente; nada sobra ni falta en la exposición de este libro… lo que más resalta, lo más notorio de este grande investigador, es su modestia y, sobre todo, el hecho de que jamás se adorna con plumas ajenas. Reconoce siempre y proclama en todo momen-to el mérimomen-to de su antece-sor Sampedro… (Carballo 1946);

ademais, “viene a confirmar el desinterés y la capacidad del culto catedrático y el sacrificio del gran escritor que, renunciando a los temas de mayor lucimiento, se enfrenta con investigaciones fundamentales y logra la atención de los indiferen-tes y la curiosidad de los profanos sobre cosas de suyo áridas, pero que en manos de Filgueira tienen irisaciones de fecundo rocío reciente” (Leal 1946). Por ela, ademais de por outras publicacións sobre temas relacionados co mar, Filgueira mereceu ser distinguido cun dos premios “Virgen del Carmen” de 1946, convo-cados polo Padroado do mesmo nome dependente de Presidencia do Goberno (Fuentes 2007: 405-409).

(4)

A falta, pois, de monografías his-tóricas na obra de Filgueira non pode negarlle, no entanto, o seu carácter de historiador, xa que todos os seus traballos, máis ou menos extensos, sobre Pontevedra ofrecen algún dato de interese para determinados mo-mentos da cidade. Seguindo o es-quema das guías sobre a provincia de Un Curioso (1894) ou de José López Otero (1900), a súa Guía de Ponteve-dra (Filgueira 1931), aínda plenamen-te vixenplenamen-te a día de hoxe, salvando as distancias no tempo, é un exemplo de achega e combinación de información sobre os monumentos situados na súa orixe e ó longo da historia.

Porén, ese carácter de historia-dor respecto a Pontevedra de Xosé Filgueira ponse de manifesto nos in-numerables artigos aparecidos nos xornais principalmente galegos (des-taquemos as series “Quodlibet” en

El Ideal Gallego ou “Adral” no Faro de Vigo), nos programas de Semana Santa ou das Festas da Peregrina e na serie “Miscelánea pontevedresa” ou “Miscelánea de la vieja Pontevedra” que puntualmente incluía na revista

El Museo de Pontevedra, e aínda en publicacións máis especializadas, nos que maxistralmente sabía achegarse ós lectores e transmitirlles unha páxi-na da nosa historia.

Citemos como exemplos as “Notas históricas” sobre a Fonte da Ferrería publicadas en tres artigos en 1928 (Filgueira 1928), cando o Padroado do Museo de Pontevedra toma a ini-ciativa da súa reconstrución, con

Guía de Pontevedra, 1931.

(5)

suxestións de Castelao (Filgueira 1983), que son o preludio do traballo máis extenso aparecido logo en Arqui-vos (Filgueira 1933) e doutras glosas menores co gallo das festas de verán (Filgueira 1976b). Faise eco tamén da oposición que houbo contra o seu de-rrubamento en 1857 e do pranto titu-lado “Queixume de unha fonte” que con tal motivo escribiu Xoán Manuel Pintos (Filgueira 1992a), e de que a propia praza fose utilizada como “sa-lón de actos da Boa Vila” (Filgueira 1994b), dando a coñecer ó respecto unha nota do seu mestre Casto Sam-pedro sobre o aforamento do balcón dunha casa o 16 de xullo de 1750 para presenciar corridas de touros ou co-medias (Filgueira 1944b).

Canto á orixe de Pontevedra, de-dica Filgueira dous breves traballos á súa mítica creación por Teucro (Fil-gueira 1986c): o primeiro en 1941

(Filgueira 1941c) e o segundo, “Teucro hizo el arrabal: mitos sobre la fundación”, como parte dun tríptico en 1955 (Filgueira 1955). Logo pona en relación co culto a Hércules, estudando a súa presenza e o seu recordo, así como as tradicións e as vellas noticias relativas a Teucro (Filgueira 1962), personaxes que volve a interrelacionar en 1969 (Filgueira 1969).

A evolución da vila é obxecto dunha descrición hipotética desde os tempos da romanización baseándose nas fotografías aéreas de 1947 (Filgueira 1947a), distri-bución que logo vén a confirmar o acordo do Concello do 2 de xaneiro de 1840 sobre a división da cidade en cuarteis (Filgueira 1972a). Puntualmente, podemos coñecer, por exemplo, logo dunha breve descrición, a situación da cidade no ano 1863 e do que nela se realizaba ou se proxectaba: estábase a construír o Teatro (obxecto dun “Quodlibet” co gallo do seu incendio en 1980; ver Filgueira 1980); os concertos e veladas tiñan lugar no claustro do convento de San Domingos e na sala da Praza do Teucro; o Instituto tiña a súa sede no edificio da Compañía, hoxe “Sarmiento” do Museo; creábase o Corpo de Bombeiros; a composición do Goberno municipal…; os proxectos e as derrubas pendentes de levar a cabo (Filgueira 1963b).

(6)

Ó tema das demolicións arquitec-tónicas xa lle ten prestado atención con anterioridade (Filgueira 1958), glosando a exposición que sobre o tema organizara o Museo de Pon-tevedra en 1958, cando se refería ó patrimonio destruído “implacable-mente, en cien años de mal gusto y de absoluto desprecio a los valores tradicionales”, como San Bartolo-meu o Vello, San Xoán de Deus, os Santos de Mollabao, os palacios de Soutomaior e de San Román, as To-rres Arcebispais, “una belleza sacrifi-cada inútilmente”, que “no cayeron para dar paso a una ciudad nueva, llena de vitalidad industrial”, monu-mentos todos eles perpetuados por diversos artistas, cuxas obras ten co-mentado (Filgueira 1963a).

Como preámbulo ó proxecto de Ordenanzas municipais sometido a aprobación en 1961, sendo Filgueira alcalde, fai unha sucinta relación dos diver-sos regulamentos que rexeron primeiro na vila e logo na cidade, desde o “Fuero de Pontevedra” outorgado por Fernando II en 1169, pasando logo polas Ordenanzas propiamente ditas desde 1432 ata as daquela en vigor de 1904 (Filgueira 1961).

A través deses artigos xornalísticos e de revistas dános Filgueira unha chea de informacións que han de ser tidas moi en conta á hora de elaborar unha historia de Pontevedra. Por exemplo, sobre a familia pontevedresa de Fr. Tomás de Sarria e sobre a súa fundación e relación cos vellos estudos, tema este do seu discurso de apertura de curso no Instituto no ano 1941, personaxe que será logo obxecto do folleto do “Día de la Hispanidad” de 1975 (Filgueira 1941a, 1942 e 1975e).

Infórmanos en sucintas notas de diversos feitos históricos, poñamos por caso: de que o físico pontevedrés Fr. Pedro de Pontevedra era médico de Sancho IV en 1294 (Filgueira 1946b); de que a actual rúa Don Gonzalo lle debe o seu nome ó notario Gonzalo Pérez, cuxo testamento datado en 1381 viu o P. Sarmiento no convento de Lérez (Filgueira 1943b); de cómo Jean Froissart, o cronista das campañas do Duque de Lancáster, narrou o ataque das tropas deste á Boa Vila en 1387 (Filgueira 1982b); dun feito practicamente descoñecido, como o de que Pontevedra aspirou á capitalidade de Galicia en 1557, cando o Gobernador e

(7)

a Real Audiencia residiron aquí e das reaccións que se produciron en contra, facendo que a súa estadía na vila do Lérez fose totalmente efémera (Filgueira 1975a); da morte, en xuño de 1757, da rapaza Madalena, neta de Francisco Ja-vier García Sarmiento, Ministro de Marina na provincia de Pontevedra, o irmán do P. Sarmiento, quen lle di nunha carta do 15 do mesmo mes que se se chamase “Margaritiña” non morrería (Filgueira 1950, 1993 e Filgueira/Fortes 1995: 83); do acordo tomado polo Concello o 29 de outubro de 1834, recollido nunha nota por José Casal y Lois, relativo ó intento de iniciar o desecamento das xunqueiras do Alba para facelas cultivables e dividilas en parcelas (Filgueira 1972b), ou do achado casual en 1858, nunhas obras da Alameda, de dúas laudas sepulcrais, de-buxadas e transcritas por Xoán Manuel Pintos e logo perdidas, unha de 1299, de María de Baión, e outra de 1301, dun fillo de Pedro de Oubiña, sendo recuperada a primeira delas en 1949 durante unhas obras para un sumidoiro (Filgueira 1949).

Ofrécenos información sobre o arrabalde do Burgo, co seu cruceiro, hoxe na praza fronte á fachada sur da Basílica de Santa María, posiblemente cuberto nou-tro tempo por un baldaquino, e coa súa capela do Santiaguiño, refeita en 1851, á que os estudantes do século XVIII facían unha romaxe para impetrar a axuda do Apóstolo no remate do curso (Filgueira 1986b).

Lémbranos a aparición, nunha cidade de fonda tradición e proxección pe-riodística como Pontevedra, o 9 de outubro de 1853, da publicación semanal El Ferrocarril. Periódico de Intereses Generales, que defendía o trazado da vía férrea desde Marín a Lugo, pasando por Pontecesures e Santiago (Filgueira 1953b), artigo no que Filgueira fai unha análise dos contidos e da ideoloxía do xornal, así como da situación da cidade nese momento, referíndose ó branqueo de edificios iniciado en 1854 por razóns de hixiene e relacionando os intelectuais e escritores cos seus respectivos traballos en curso.

Xa no século XIX Pontevedra poxaba por posuír industria. E así intentou, polo menos, contar cunha Fábrica de Tabacos. As xestións foron iniciadas en 1889 coa pretensión de instalala nos terreos dos Santos de Mollabao, xa sen teito e sen as imaxes no valado que rodeaba a capela, tendo asinado o Concello o contrato coa Compañía Arrendataria, pero o proxecto foi rexeitado por R.O. do 18 de novem-bro de 1895 (Filgueira 1975b).

Tamén nas derradeiras décadas do século XIX Pontevedra acolle a chegada de novas tecnoloxías, efemérides que non pasan desapercibidas para Filgueira. En primeiro lugar, a da luz eléctrica, en concreto no 1887, da man do Marqués de Riestra, producida na “Fábrica da Luz” na praza da Verdura (Filgueira 1982a). En segundo, as do gramófono, traído por Enrique Labarta e instalado na rúa Don Gonzalo en 1894 (Filgueira 1978b), e do cinematógrafo en 1897 (Filgueira 1975c).

(8)

en 1572, a monxa frade, que estivera cinco anos pasando por home no convento dos Franciscanos na Pobra do Deán, que confesa o seu sexo e é traída en 1592 ó pontevedrés de Santa Clara, onde profesa o 12 de agosto de 1594 como Sor María de San Antonio e onde falece en 1616 (Filgueira 1953a e 1984b), historia á que, ficcionándoa, principiou a darlle forma de novela, deixándoa sen rematar, e que foi publicada recentemente (Filgueira 2015: 47-58). Pola outra, do veci-ño de Monte Porreiro, na parroquia de Mourente, obxecto de análise en varias ocasións: Marcos da Portela, falecido en 1756, o “poeta” protagonista das Coplas Gallegas do P. Sarmiento, quen o coñeceu en 1745, que dará logo nome ó xornal fundado en Ourense por Lamas Carvajal (1879-1890) e “autor” do Catecismo do Labrego (1888) (Filgueira 1972c e 1984c).

É de salientar asemade a historia que a xeito de biografía fixo Filgueira sobre os fillos de Pontevedra, ou daqueloutros relacionados con ela, que destacaron po-los seus feitos, os máis obxecto de análise nos folletos do “Día de la Hispanidad” publicados desde 1956 ata 1995, compendiados logo en tres volumes pola Depu-tación Provincial baixo o título xenérico de Pontevedreses universales (Filgueira 2000).

(9)

Carballo, como exiliado, como autor do Carmen Patrium e como heroe da Independencia (1986); o P. Joán de Beira, como evanxelizador, con san Francisco Javier, nas Indias Orientais (1991), e Pai Gomes Chariño, evoca-do como almirante e trobaevoca-dor (1995). Canto ás tradicións pontevedre-sas, Filgueira era un profundo coñece-dor delas e por iso loitou e puxo todo o seu empeño en recuperalas e publi-citalas a través de estudos elaborados desde un punto de vista histórico, moitos deles pioneiros no seu tempo.

É este o caso da Festa dos Maios, aínda que non exclusivamente no relativo á de Pontevedra, senón a Galicia en xeral, pola que se interesou xa desde mozo. De feito, na Sección de Etnografía e Folclore do Seminario de Estudos Galegos, á que fora adscrito, foille encargado un traballo sobre o tema, que sería a súa primeira investigación seria e con rigor científico, consultando para levala a cabo unha ampla bibliografía, tanto galega como foránea, destacando entre a local os artigos de Joaquín López de Soto (López 1904) e de Francisco Portela Pérez (Portela 1892 e 1904), así como os que deron lugar á polémica xurdida, en 1904, en relación coa súa orixe, céltica ou clásica, entre Ramón Álvarez de la Braña (Álvarez 1896, 1904a e 1904b) e Celso García de la Riega (García 1904a e 1904b). Preséntao en 1924 ó certame da Festa da Lingua Galega, patrocinada pola Liga de Amigos de Santiago, sendo recoñecido co premio do Sr. Martínez Anido. No Seminario, o 2 de maio de 1925, pronuncia unha conferencia-comunicación sobre o tema e o resultado definitivo, baixo o título de “A festa dos Maios. Papeletas de folklore galego”, na súa maioría de Pontevedra, cun detido estudo introdutorio, é publicado na revista do Seminario (Filgueira 1927a), e como separata independente (Fuentes 2007: 388-391), traballo que no seu momento foi eloxiado e ponderado como merecía: “Sin que se pueda considerar como un tratado, el estudio del Sr. Filgueira tiene proporciones y estructura de conjunto, que lo sitúan fuera de los límites de simples aportaciones para convertirlo en obra acabada, aunque sintética” (R.A. 1928) ou “o estudo que temos presente e que foi justamente premiado na festa da lingua galega de

(10)

1924, é uma prova do valor do seu esfôrço e das suas nobres faculdades” (M.C. 1929).

A festa dos Maios foi obxecto doutros pequenos artigos de Filgueira, pero debemos citar aquí, tanto polo que ten de interese para a propia festa como para a historia de Pontevedra, o que explica unha copla de 1841 (Filgueira 1977b e 1986a), que fala do roubo de San Simón por Carracedo e de que “viñeron os de Vigo / á Virxe do Camiño”, capela na que se gardaba o paso da “Caída”, ó que pertencían os personaxes, o primeiro o Cireneo e o segundo un saión romano. A “invasión” dos vigueses, debidamente armados e organizados, motivada tanto po-las liortas entre progresistas e absolutistas como popo-las derivadas da capitalidade, sucedeu o 4 de setembro de 1840, asentando no templo e ocupando logo a cidade ata a súa retirada o 8 de outubro.

Ocupan logo un lugar moi destacado na súa obra as tradicións de corte re-lixioso que se propuxo e conseguiu restaurar e pór en valor. Facendo gala da súa precocidade, como noutras moitas empresas, del xurdiu a comezos de 1924 a idea, ben acollida na parroquia de Santa María, de reorganizar, xunto con Javier Pintos Fonseca, a antiga Confraría do Corpo Santo, que tiña como finalidade soerguer o Gremio de Mareantes e revitalizar as vellas procesións, en primeiro lugar a da Oitava do Corpus, restablecendo “la curiosa, antigua e interesante «Despedida de los Santos»”, na que a Virxe Branca, como padroeira dos letrados, con santo Amaro e santa Lucía de testemuñas, daba fe da cerimonia previa ó adeus de san Miguel, o patrón dos mariñeiros, e san Xoán, dos calafateiros de ribeira, no “Eirado das Torres”, ó remate da procesión do “Chucurruchú”, para saíren logo un cara á Moureira e outro cara a San Bartolomeu, cerimonia que ten comentado en diversas ocasións (Filgueira 1947b e 1991c), a do propio Corpus cando sae da igrexa dos Mareantes nos anos impares, a do Venres Santo e a do Viático. El redactou as ordenanzas polas que se rexería a Confraría, que foron asinadas polo Gremio, pola comisión organizadora e polo párroco Villanueva Ri-vas o 17 de xullo de 1924, sesión na que Filgueira, como coñecedor e amante dos vellos costumes, é elixido vedor polos confrades comúns, cuxa misión era a de “recordar las tradicionales ceremonias y costumbres de dichas solemnidades y hacerlo cumplir” xunto co vedor dos Mareantes (Fuentes 2015a: 58-59).

(11)

“nenos” en 1925 (Filgueira 1925a: X-XI) e na lembranza que da festa fai o Sr. Xohán, o Vigairo (Filgueira 1927b: 14, 21-22).

Todos estes traballos, algúns compendiados no seu momento no apartado “El Gremio como cofradía religiosa” da súa introdución a Ar-chivo de Mareantes (Filgueira 1946a: 25-39), cumpridamente ampliados e complementados con outros estu-dos, foron a base do documentado e extenso artigo “El Corpus viejo en Pontevedra” publicado polo Museo de Pontevedra (Filgueira 1975d), no que afirma que “la procesión del Corpus es todavía un cortejo gre-mial, donde precede a la custodia una larga teoría de imágenes, que, con sus pendones, sus “seldros” de plata y sus marchas típicas de gaitas o pífanos, nos recuerdan las antiguas

corporaciones”. Nel analiza, con rigor e polo miúdo, desde unha óptica histó-rica e antropolóxica, a orixe da festa e todos os aspectos que a rodean e que a fan posible. O texto, profusamente ilustrado, é complementado cunha serie de apéndices que reproducen as referencias ó Corpus na “Tabla de las ceremonias y obligaciones”, as vaias da nao, a descrición do P. Amoedo Carballo recollida no seu Carmen Patrium de 1787 coa súa versión en galego de Xoán Manuel Pintos de 1853, unha evocación de Casto Sampedro sobre a procesión do século XVII, a composición poética “As tradicionás festas do Corpus, en Pontevedra, dende súa istitución hastra autualidá” de Heliodoro Cid, o catálogo da exposición de recordos realizada no Museo en 1940 e diversas partituras de danzas e marchas recompiladas por Sampedro (Fuentes 2015b).

Unha institución histórica, fundamental na economía de Pontevedra desde época medieval, foi a que gobernaba o mundo do mar a través do Gremio e a súa Confraría. Ademais da introdución ó Archivo de Mareantes xa citada, mere-ceu a atención de Filgueira Valverde en múltiples ocasións, pero dunha maneira especial a obra considerada como o seu buque insignia na terra: a igrexa gre-mial, a actual Basílica de Santa María, que foi obxecto dun dos seus primeiros artigos (Filgueira 1925c) e dunha das exposicións temporais, a sétima, en 1945,

(12)

organizada desde a dirección do Museo de Pontevedra (Museo 1945), pasando por traballos sobre diversos aspectos con ela relacionados. Todos eles servi-rán logo de base para o amplo e deta-llado estudo que lle dedicará en 1988 (Filgueira 1988b).

Pero Filgueira preocupouse, como vimos, pola fundación de confrarías. Ademais da xa amentada do Corpo Santo, a da Vera Cruz e Misericordia e a do Espírito Santo, para dar un maior realce á Semana Santa pontevedresa (Fuentes 2015a: 58-60), á que lle de-dicou diversos artigos: recordando a de 1667 (Filgueira 1941b), estudando de xeito individual algunhas das confra-rías participantes, como a dos Santos Apóstolos (Filgueira 1944a) ou a da Vera Cruz, as vellas procesións, co li-tixio do traxe de gola (Filgueira 1954 e 1987), e como foron vistas polo P. Amoedo Carballo (Filgueira 1990) ou polo P. Sarmiento (Filgueira 1995a), e incluso algunhas das imaxes procesio-nais, como a das Sete Dores (Filguei-ra 1991b) ou a da Piedade (Filguei(Filguei-ra 1992b).

Unha tradición máis recente, deci-monónica, é a relativa a Urco, figura que Filgueira estudou desde a súa eti-moloxía e o seu significado en relación coa morte e co máis alá ata a súa es-perpéntica transformación en 1876, da man de Andrés Muruais, no rei do car-naval pontevedrés, en diversos artigos (Filgueira 1977a, 1978a, 1981b, 1986d e 1991a). Unha mutación total nun rei extravagante, tal que o verdadei-ro Urco, vicioso e nefasto mandatario

“Del Urco al esperpento”, 1977.

(13)

inca, fillo do oitavo soberano Viracocha, de curto reinado en 1438, que chegaba con toda a súa corte, e, en anos sucesivos, co seu herdeiro Urquín, para enfron-tarse a Teucro e ó exército local.

En relación tamén co Entroido de Pontevedra, faise eco Filgueira, baseándose nunha nota de Casto Sampedro, do costume que censuraba as prácticas carna-valescas habituais, ritual que comezaba o sábado de Carnestolendas, coa publi-cación por parte do Concello dun bando para que non houbese máscaras, nin se tirasen laranxas, limóns, augas e outras indecencias, facendo o párroco de Santa María pública a entrada en vigor da Bula, para o domingo organizar unha proce-sión conxunta, desde a igrexa e desde a de San Bartolomeu o Vello, ata o cruceiro da Ponte do Burgo, onde estaba sobre unha mesa a “Bula”, que era incensada, e volver logo ós lugares de orixe (Filgueira 1944c).

Outra tradición analizada por Filgueira foi a das corridas de arroaces, ós que o P. Sarmiento tiña auténtica manía e teimaba por facelos desaparecer polo prexu-diciais que eran para a sardiña. Organizábanse na desembocadura do Lérez, augas abaixo da Ponte do Burgo, en especial co gallo das festas da Peregrina, sendo incluídas en ocasións nos seus programas (Filgueira 1977c e 1995b).

Ata aquí unha aproximación ás achegas de Xosé Filgueira Valverde ó coñece-mento da historia e das tradicións pontevedresas, que, sen dúbida, pode axudar a que o polifacético escritor sexa considerado como un historiador, peculiar pola brevidade e puntualidade, en xeral, dos seus artigos, da Boa Vila, da cidade de Pontevedra.

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS

Álvarez de la Braña, Ramón (1896): “El Mayo en Pontevedra”, La Opinión

4/V/1896.

(1904a): “Los Mayos en Pontevedra. Observaciones a otras observaciones”, La Correspondencia Gallega 1/VI/1904.

(1904b): “Al autor del vasco-iberismo en Galicia y del can-to coreado griego del Mayo de Pontevedra”, La Correspondencia Gallega 14/ VI/1904.

Carballo, Jesús (1946): “Publicaciones que honran Galicia”, Faro de Vigo 21/ IX/1946.

Filgueira Valverde, Xosé (1925a): Os nenos. Pontevedra: Lar.

(1925b): “El canal de la Ría y el P. Sarmiento”, Diario de Pontevedra 10/VIII/1925.

(14)

(1927a): “A festa dos Maios. Papeletas de folklore galego”,

Arquivos do Seminario de Estudos Galegos I, 139-203.

(1927b): O Vigairo. Ensaio simbólico, orixinal e inédito. A Cruña: s.n. [Imprenta Lar]. (Reproducido en Filgueira 2015: 13-46).

(1928): “Notas históricas de Pontevedra. La Fuente de la Herrería”, Diario de Pontevedra 14/I/1928, 18/VII/1928 e 10/IX/1928.

(1931): Guía de Pontevedra. Pontevedra: Álvarez Gallego. (1933): “A Fonte da Ferrería de Pontevedra”. Arquivos do Seminario de Estudos Galegos VI, 127-145.

(1941a): “La familia pontevedresa de Fr. Tomás de Sarria”,

Spes 75, 14-18.

(1941b): “En la Semana Mayor de 1667”, Spes 76, 21-22. (Reproducido con modificacións en Diario de Pontevedra 5/IV/1990).

(1941c): “Fundote Teucro valiente…”, Spes 81, 3-7.

(1942): Los viejos estudios de Pontevedra y la fundación de Fray Tomás de Sarria. Pontevedra: Instituto Nacional de Enseñanza Media de Pontevedra.

(1943a): “A Fonte na Ferrería” en Programa de Fiestas de Agosto. Pontevedra: s.n.

(1943b): “Miscelánea de la vieja Pontevedra. Don Gonzalo”,

El Museo de Pontevedra II, 97-98.

(1944a): “Miscelánea de la vieja Pontevedra. La cofradía de los Santos Apóstoles”, El Museo de Pontevedra III, 121-122.

(1944b): “Miscelánea de la vieja Pontevedra. El foro del bal-cón”, El Museo de Pontevedra III, 123.

(1944c): “Miscelánea de la vieja Pontevedra. La publicación de la Bula”, El Museo de Pontevedra III, 124.

(1946a): Archivo de Mareantes. Pontevedra: Museo-Instituto Social de la Marina, 1-75. (Reedición facsimilar: Madrid: Caja de Madrid, 1992).

(1946b): “Miscelánea de la vieja Pontevedra. Un ponteve-drés, médico de Sancho IV”, El Museo de Pontevedra IV, 197-198.

(1947a): “El trazado de la Pontevedra romana”, La Noche 24/ VII/1947. (Reproducido en El Museo de Pontevedra XXVII, 1973,181-185).

(1947b): “A «Despedida»”, en Agustín Portela Paz, Pontevedra, boa vila. Pontevedra: Gráficas Torres, s.p. (Reedición: Santiago: Xunta de Galicia, 1985), e Nodales. Gremio de Mareantes de Pontevedra 1971, s. p.

(1949): “Historia y anécdota de un hallazgo pontevedrés”,

La Noche 20/IX/1949.

(15)

(1953a): “Historias de Clarisas. Sor María de San Antonio: la monja-fraile”, ABC 23/IV/1953, 15.

(1953b): “El Ferrocarril y la Pontevedra de hace un siglo”,

Faro de Vigo 3/XI/1953.

(1954): “Las procesiones de antaño. El litigio del traje de golilla”, Semana Santa.Pontevedra 1954, s.p.

(1955): “Tríptico de los mareantes pontevedreses”, Nodales. Gremio de Mareantes de Pontevedra 2, s. p.

(1958): “Lo que Pontevedra ha perdido”, El Pueblo Gallego

10/VIII/1958. (Reproducido en El Museo de Pontevedra XIII, 1959, 267-268). (1961): “Noticia de las antiguas Ordenanzas”, Boletín del Ayuntamiento de Pontevedra III, s. p.

(1962): “Hércules-Teucro. Sobre la sobrevivencia del culto de Heraklés en Pontevedra”, en Homenaje al Profesor Cayetano de Mergelina. Murcia: Universidad, 333-342.

(1963a): “La Pontevedra de ayer en los cuadros de su Mu-seo”, Faro de Vigo 11/VIII/1963.

(1963b): “Pontevedra ayer (1863)”, Faro de Vigo 1/XII/1963. (1969): “Hércules y Teucro en la vieja Helenes”, El Correo Gallego 16/VIII/1969.

(1972a): “Miscelánea pontevedresa. «Gruma» y «cuarteles»”,

El Museo de Pontevedra XXVI, 171-172.

(1972b): “Miscelánea pontevedresa. La desecación de las Junqueras”, El Museo de Pontevedra XXVI, 174.

(1972c): “Marcos da Portela existió en realidad. Murió en 1756”, Faro de Vigo 13/VIII/1972.

(1975a): “Miscelánea pontevedresa. Pontevedra aspiró a la capitalidad de Galicia”, El Museo de Pontevedra XXIX, 443-444.

(1975b): “Miscelánea pontevedresa. Fábrica de Tabacos”, El Museo de Pontevedra XXIX, 445-446.

(1975c): “Miscelánea pontevedresa. Gramófono y cinemató-grafo”, El Museo de Pontevedra XXIX, 447-448.

(1975d): “El Corpus Viejo en Pontevedra”, El Museo de Pon-tevedra XXIX, 259-391.

(1975e): Fr. Tomás de Sarria (Pontevedra, c. 1600-Tarento, 1682). Pontevedra: Diputación provincial.

(1976a): “Entendedor de Compostela”, Faro de Vigo 24/ IV/1976. (Reproducido en Filgueira 1979: 391-392).

(16)

(1976c): “Introducción histórica”, en Galicia. Tierras de España. Barcelona: Editorial Noguer; Madrid: Fundación Juan March, 47-110.

(1976d): “Síntesis histórica de Pontevedra”, en Galicia Turística, 53-59.

(1977a): “Del Urco al Esperpento”, Revista de Dialectología y Tradiciones Populares XXXIII, 55-60.

(1977b): “Un cantar dos Maios de 1841”, Faro de Vigo

1/V/1977. (Reproducido en Filgueira 1979: 139-142).

(1977c): “As touradas do mar”, Faro de Vigo 14/VIII/1977. (Reproducido en Filgueira 1979: 152-156 e Xornal Diario 11/VIII/1991).

(1978a): “O Urco”, Faro de Vigo 5/II/1978. (Reproducido en Filgueira 1979: 127-129).

(1978b): “Cando chegou o gramófono”, Faro de Vigo 24/ IX/1978. (Reproducido en Filgueira 1981a: 272-274).

(1979): Adral. Sada: Ediciós do Castro.

(1980): “Adiós al Teatro-Liceo de Pontevedra”, El Ideal Gallego 20/IV/1980.

(1981a): Segundo Adral. Sada: Ediciós do Castro.

(1981b): “Festas esquencidas. O Urco de Pontevedra”, La Voz de Galicia 1/III/1981.

(1982a): “Cando chega a luz eléctrica”, Faro de Vigo 28/ II/1982. (Reproducido en Filgueira 1984a: 293-297).

(1982b): “Froissart e a «Bonne Ville»”, Faro de Vigo 8/ VIII/1982. (Reproducido en Filgueira 1984a: 224-228).

(1983): “Miscelánea pontevedresa. Un «planto» pola fonte da Ferrería e unha «cousa» de Castelao”, El Museo de Pontevedra XXXVII, 447-456.

(1984a): Terceiro adral. Sada: Ediciós do Castro.

(1984b): “A monxa frade”, El Ideal Gallego 8/III/1984 (Re-producido en Filgueira 1984a: 262-266).

(1984c): “Un veciño famoso de Mourente, o Tío Marcos da Portela. Morreu en 1756”, en 25 anos de historia. Sociedade Cultural e Deportiva de Mourente. Pontevedra: s.n., 77-79. (Reproducida en Filgueira 1992c: 79-91, en concreto 88-91).

(1985): “Pontevedra”, en Gran Enciclopedia Gallega. Vol. XXV. Xixón: Silverio Cañada Editor, 133-140.

(1986a): “A Virxe do Camiño e os «Lazarados»”, Faro de Vigo

30/V/1986. (Reproducido en Filgueira 1989a: 203-207).

(17)

(1986c): “Teucro”, en Gran Enciclopedia Gallega. Vol. XXIX. Xixón: Silverio Cañada Editor, 81-82.

(1986d): “Urco”, en Gran Enciclopedia Gallega. Vol. XXIX. Xixón: Silverio Cañada Editor, 194-195.

(1987): “Os ilustrados e o traxe de golilla”, La Voz de Galicia

30/IV/1987. (Reproducido en Filgueira 1989a: 103-106).

(1988a): “Os pazos de Pai Gomes Chariño en Pontevedra”,

Faro de Vigo 7/VIII/1988. (Reproducido en Filgueira 1989a: 302-306). (1988b): “La Basílica de Santa María la Mayor de Ponte-vedra”, El Museo de Pontevedra, Pontevedra XLII, 13-238. (Publicado como monografía en A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1991).

(1989a): Quinto adral. Sada: Ediciós do Castro.

(1989b): “Pontevedra. Síntesis histórica”, Faro de Vigo 12/ VIII/1989.

(1990): “Las procesiones de la Semana Mayor de Pontevedra en el Carmen Patrium del P. Amoedo (1787)”, Semana SantaPontevedra 1990, s.p.

(1991a): “Urco”, Xornal Diario 10/II/1991.

(1991b): “As «Sete Dores» de Nosa Señora”, Semana Santa Pontevedra 1991, s.p.

(1991c): “A vella «Despedida»”, Nodales 1991, 15-17. (Re-producido en Filgueira 1992c: 144-147).

(1992a): “Xoán Manuel Pintos e a Fonte da Ferrería”, La Voz de Galicia 30/I/1992. (Reproducido en Filgueira 1994a: 21-23).

(1992b): “A Virxe da Piedade en Pontevedra”, Semana Santa Pontevedra 1992, s.p.

(1992c): Sétimo adral. Sada: Ediciós do Castro.

(1993): “Unha hora pontevedresa do 1757”, Faro de Vigo 8/ VIII/1993.

(1994a): Octavo adral. Sada: Ediciós do Castro.

(1994b): “«A Ferrería», salón de actos da Boa Vila”, Faro de Vigo 25/I/1994.

(1995a): “A procesión do Santo Enterro lembrada polo P. Sarmiento”, Semana SantaPontevedra 1995, s.p.

(1995b): “O P. Sarmiento maxina as corridas de delfíns”,

Diario de Pontevedra 13/VIII/1995.

(18)

(2015): O Vigairo. A monxa-frade. Agromar. Aucto de Santa María. Vigo: Editorial Galaxia.

Filgueira Valverde, Xosé e Mª Xesús Fortes Alén (1995): Epistolario do P. Sarmien-to. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.

Fuentes Alende, Xosé (2007): “Filgueira Valverde e a Antropoloxía Cultural”, en Xosé Carlos Valle Pérez (ed.), Xosé Filgueira Valverde. 1906-1996. Un século de Galicia. Pontevedra: Museo, 384-423.

(2015a): “Filgueira Valverde, crente na vida e na obra”, En-crucillada. Revista galega de pensamento cristián 192, 54-70.

(2015b): “Xosé Filgueira e o Corpus pontevedrés”, Nodales

2015, s.p.

García de la Riega, Celso (1904a): “Los Mayos en Pontevedra”, La Corresponden-cia Gallega 5/V/1904.

(1904b): “El montículo celta”, La Correspondencia Gallega 6/ VI/1904.

Leal Insua, Francisco (1946): “Vivo mensaje del pasado”, El Progreso. Diario de Lugo 3/X/1946.

López de Soto, Joaquín (1904): “Los Mayos en Pontevedra por los años 1848 a 1853”, La Correspondencia Gallega 25 a 29/IV/1904.

M. C. (1929): “Xosé Filgueira Valverde. A festa dos Maios (Papeletas de folklore galego), Separata dos «Arquivos do Seminario de Estudos Galegos», Corunha, 1927”, Trabalhos da Sociedade Portuguesa d’Antropologia e Etnologia IV, fasc. I, 114-115.

Museo de Pontevedra (1945): Santa María la Mayor, iglesia de los mareantes. 7ª exposición, Pontevedra, 7 a 20 de junio.Pontevedra: Museo.

Portela Pérez, Francisco (1892): “Recordos d’a infáncea. O Mayo”, Galicia. Revis-ta Regional de Ciencias, Letras, Artes, Folk-Lore, etc I, 6, 373-376.

(1904): “Los Mayos”, La Correspondencia Gallega 19/IV/1904. R. A. (1928): “Folklore. Filgueira Valverde, Xosé: «A festa dos maios». La

Referencias

Documento similar

trañables para él: el campo, la vida del labriego, otra vez el tiempo, insinuando ahora una novedad: la distinción del tiempo pleno, el tiempo-vida, y el tiempo

Después de una descripción muy rápida de la optimización así como los problemas en los sistemas de fabricación, se presenta la integración de dos herramientas existentes

En un congrés, convé disposar d’un pla o full de ruta per tal de garantir la igualtat d’accés de totes les persones, tant ponents com participants.. Comunicació : Tant si el

Por ello, como futuro profesor, debo tener en cuenta que las Ciencias Sociales tienen que aportar aspectos tan fundamentales como el respeto cívico y democrático, el

En los siguientes párrafos se tratará la Plaza de San Pedro como espacio público religioso para conocer sus similitudes y diferencias con la Plaza Naqsh-e Yahán a través de sus

Ciaurriz quien, durante su primer arlo de estancia en Loyola 40 , catalogó sus fondos siguiendo la división previa a la que nos hemos referido; y si esta labor fue de

El desarrollo de una conciencia cáritas es esencial para identificar cuando un momento de cuidado se convierte en transpersonal, es necesaria para identificar

cíaco, entonces, no es sólo un “pretexto narrativo”, o una simple guía para el lector menos avispado, es en realidad un marcapasos que antecede, impulsa y conmueve al