• No se han encontrado resultados

Enerxías non renovables

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "Enerxías non renovables"

Copied!
6
0
0

Texto completo

(1)

Forma de obtención de enerxía Vantaxes Inconvenientes

Enerxías non

renovables

Centrais térmicas de combustibles fósiles:

Son centrais empregadas na xeración de enerxía eléctrica a partir da enerxía liberada en forma de calor pola combustión de combustibles fósiles como o petróleo, carbón, gas natural...

O calor é empregado por un ciclo

termodinámico para mover un alternador e producir enerxía eléctrica.

Carbón: É unha fonte de enerxía formada

polo elemento químico carbono mesturado con outras substancias. O carbón formouse a partir de vexetación sepultada co paso do tempo en terreos con pouca presenza de osíxeno. Hai tres tipos:

-Turba (pouco rica en carbono e moi mal combustible).

-Lignito (mal combustible aínda que se emprega nalgunhas centrais)

-Hulla ( alto poder calorífico)

Petróleo: Substancia composta por unha

mestura de hidrocarburos, olor forte e cor negra, que se atopa en estado natural en xacementos.

Gas natural: É unha fonte de enerxía fósil

constituída por unha mestura de

hidrocarburos gaseosos lixeiros, que se

- Baixos custos na obtención de enerxía.

- Instalacións das centrais “baratas” de construír.

- Eficientes.

- Producen moita enerxía.

- As cinzas pódense empregar na construción.

- Emiten gases contaminantes.

- As reservas destes combustibles son limitadas.

- Os procesos de extracción e obtención dos combustibles causan fortes

impactos ambientais.

(2)

extrae en xacementos nos que se pode atopar só ou mesturado con outros gases e

hidrocarburos, como o petróleo.

Centrais térmicas nucleares:

Son instalacións empregadas para a xeración de enerxía eléctrica a partir de enerxía nuclear. Caracterízase polo emprego de combustible nuclear que se pode “romper” por medio da fisión e que mediante reaccións nucleares proporciona calor que a súa vez é empregado, a través dun ciclo

termodinámico, para producir o movemento de alternadores que transforman o traballo mecánico en enerxía eléctrica. Estas centrais constan de un ou varios reactores, que son lugares nos que se producen as reaccións nucleares en cadea de xeito controlado. Xeralmente o combustible empregado é o

uranio, un elemento químico metálico de

cor entre prateada e gris da familia dos actínidos, o cal presenta o maior peso atómico de todos os elementos que se atopan na natureza e é levemente radioactivo.

- Non producen contaminación atmosférica.

- Producen moita enerxía de forma eficiente con moi pouca cantidade de mineral.

- Non dependen dos combustibles fósiles.

- Producen residuos tóxicos e radioactivos que producen enfermidades.

- Estes residuos son moi difíciles de eliminar e xestionar.

- As partículas radioactivas dos residuos danan o medio ambiente. - As reservas dos minerais empregados son limitadas.

- Os procesos de extracción e obtención dos minerais radioactivos causan fortes impactos ambientais.

- De producirse un erro na central pódense dar episodios catastróficos de contaminación e explosións.

Enerxías

renovables

Centrais solares:

Son instalacións nas que se aproveita a enerxía da luz solar para obter electricidade ou ben con funcións de calefacción. Polo tanto, hai dúas vías nas que se aproveita a enerxía solar baseadas en principios físicos

- Non empregan combustibles. - Non se producen residuos contaminantes.

- Empregase como fonte de enerxía a luz solar, recurso inesgotable.

- As instalacións non requiren moito

- Precisase unha gran inversión inicial para a súa construción.

- A construción das placas solares é complexa e cara debido aos materiais e a man de obra necesaria.

(3)

distintos:

A vía térmica: Os sistemas que adoptan esta

vía absorben a enerxía solar por medio de placas solares e transfórmana en calor que pode ser empregada nas calefaccións das casas, por exemplo. A auga quéntase a través duns tubos que despois se conectan a

instalación calefactora.

A vía fotovoltaica: Esta vía permite a

transformación de maneira directa da enerxía solar en eléctrica mediante as chamadas “células solares” ou “células fotovoltaicas”. Ditas células fan posible a produción de electricidade a partir da radiación solar por medio do efecto fotovoltaico, un efecto polo que se transforma directamente a enerxía luminosa en eléctrica e que se produce cando a radiación entra en contacto co material semiconductor cristalino do que están formadas as placas.

mantemento.

- Unha vez efectuada a instalación non se realizan máis gastos, o consumo é gratuíto (ou debería selo). - Centrais moi seguras, non hai riscos ligados.

obter suficiente enerxía. - Menor rendemento.

- Débense instalar en lugares onde haxa suficiente radiación solar.

- Necesítase financiamento para a investigación previa a construción. - Provocan un gran impacto paisaxístico.

Centrais eólicas:

As centrais eólicas son instalacións nas que a produción de enerxía eléctrica se consegue a partir da forza do vento, mediante

aeroxeradores que aproveitan a forza do aire. Estes aparellos presentan uns xeradores que producen electricidade. O vento move a hélice e a través dun sistema mecánico de engrenaxes fai xirar o rotor dun xerador. Poden atoparse no mar ou en terra, mais sempre deben localizarse en lugares nas que haxa suficiente vento como para conseguir

- Non producen emisións contaminantes.

- En pouco tempo un aeroxerador recupera a enerxía gastada na súa fabricación, instalación e

mantemento.

- Non necesitan que se lles subministre combustible.

- Crea moitos postos de traballo nas zonas de instalación.

- Pódese combinar con outros tipos de enerxía facilmente.

- Provocan un gran impacto paisaxístico.

- As infraestruturas poden causar lesións en aves e outros animais voadores.

- Non funcionan cando hai vento, débense instalar en lugares axeitados. - É necesario suplir as baixadas de tensión eólicas rapidamente co fin de evitar apagóns.

(4)

obter enerxía. - A súa instalación é rápida e relativamente económica.

Centrais hidroeléctricas:

Son instalacións que permiten aproveitar a enerxía potencial gravitacional (masa a unha certa altura) contida na auga dos ríos, ao transformala en enerxía eléctrica mediante turbinas hidráulicas acopladas a xeradores eléctricos.

O proceso sería o seguinte: Sitúase unha presa no leito dun río, a cal acumula

suficiente volume de auga como para formar un embalse, o que permite que a auga

adquira unha enerxía potencial. Para iso, sitúase unha toma de auga protexida por unha rexa metálica con unha válvula que permite controlar a entrada de auga na galería de presión, previa a un tubo que conduce finalmente a auga ata a turbina situada na sala de máquinas da central.

- É unha forma de obtención de enerxía limpa, sen residuos e fácil de almacenar.

- Este tipo de infraestruturas permiten regular o caudal dos ríos.

- Presenta moitos outros beneficios como protección contra as

inundacións, subministro de auga, navegación...

- Os custes de mantemento e explotación son baixos.

- As instalacións teñen unha gran resistencia ao paso do tempo.

- O funcionamento da central é fácil de controlar e é seguro.

- Provocan un gran impacto paisaxístico.

- A súa construción é lenta e custosa. - Os embalses fan que se perda solo produtivo e fauna terrestre debido a inundación do terreo destinado a eles. - Poden provocar a diminución do caudal dos ríos por debaixo do encoro e alterar a calidade das augas.

- A dispoñibilidade de enerxía que producen pode flutuar de estación en estación e de ano en ano.

Centrais mareomotrices:

Estas centrais obteñen enerxía eléctrica a partir do aproveitamento das mareas. O que se fai é empregar a enerxía liberada pola auga do mar nos seus movementos de ascenso e descenso das mareas. O sistema consiste en gardar a auga no momento de marea alta para obrigala a pasar por unhas turbinas durante a baixamar. Cando a marea sobe, o nivel do mar é superior o da auga do interior. Abrindo as comportas, a auga pasa

- É unha forma de obtención de enerxía limpa, sen residuos e fácil de almacenar.

- Está dispoñible durante calquera época do ano en calquera clima. - Pódense obter grandes cantidades de enerxía de unha forma moi eficiente e ilimitada.

- A vida útil da infraestrutura é moi alta.

- Necesita pouco mantemento.

- Provocan un gran impacto paisaxístico.

- Alto custo das instalacións.

(5)

dun lado a outro do dique, e os seus movementos fan que tamén se movan as turbinas duns xeradores de correntes situados xunto aos condutos polos que circula a auga. Cando polo contrario, cando a marea baixa, o nivel do mar é inferior porque o movemento da auga é en sentido contrario ao anterior, pero tamén se aproveita para producir electricidade.

- Non ofrece ningún risco para a sociedade.

Centrais de biomasa:

Son centrais empregadas na xeración de enerxía eléctrica a partir da enerxía liberada en forma de calor pola combustión de biomasa.

O calor é empregado por un ciclo

termodinámico para mover un alternador e producir enerxía eléctrica.

A biomasa é a utilización da materia orgánica como fonte de enerxía. A biomasa abarca un amplo conxunto de materias orgánicas que se caracterizan por ser moi heteroxéneas, tanto pola súa orixe como pola súa natureza. Esta materia orgánica orixínase en procesos biolóxicos, espontáneos ou provocados. Poden agruparse en xeral en agrícolas e forestais. Tamén se considera biomasa a materia orgánica das augas residuais e os lodos da depuradora, así como a fracción orgánica dos residuos sólidos urbanos, e outros residuos derivados dos industriais.

- É unha fonte de enerxía máis ou menos limpa e con poucos residuos que son biodegradables.

- A biomasa prodúcese de maneira continua como consecuencia da actividade humana.

- Custa pouco e non implica riscos. - O emprego de cultivos enerxéticos impide a degradación do solo. - Contribúese a limpeza dos montes. - Foméntase a creación de postos de traballo nos medios rurais.

- A obtención de enerxía e moi barata.

- A tecnoloxía e rendemento das instalacións e moi grande.

- Necesítase en moitos casos un secado previo xa que os recursos presentan moita humidade, o que require enerxía. - Necesítase moita cantidade de materia xa que presenta un baixo poder

calorífico.

- Os rendementos das caldeiras de biomasa son inferiores aos das caldeiras que empregan combustibles fósiles. - Necesítase grande cantidade de plantas e, polo tanto, tamén de terreo. - Inténtase fabricar o vexetal adecuado mediante enxeñaría xenética, cuxo emprego está en controversia.

(6)

Centrais xeotérmicas:

O funcionamento dunha central xeotérmica baséase nunha complexa operación dun sistema campo-planta. O campo xeotérmico é unha extensión de terreo cun maior

gradiente (temperatura) do normal. Tamén se coñece como área con quentamento

anómalo, cuxa fonte de calor é un acuífero confinado e limitado por unha capa

impermeable que conserva a presión e a calor, formando o que se coñece como reservatario xeotérmico. Este xacemento de auga almacenado e quentado de maneira natural no subsolo por unha fonte de calor non moi profunda denominada cámara magmática, usualmente está relacionado coa actividade volcánica. O calor producido pola enerxía xeotérmica é empregado por un ciclo termodinámico para mover un alternador e producir enerxía eléctrica.

- Respecta o medio ambiente. - Presentan un gran potencial, as reservas xeotérmicas comunican grandes cantidades de enerxía. - A produción enerxética e estable, a enerxía xeotermal é unha fonte constante.

- É ideal para calefacción e arrefriamento, non só pode

empregarse a enerxía xeotermal para obter electricidade, tamén se pode empregar nos casos anteriormente citados.

- Durante o aproveitamento da enerxía xeotérmica poden liberarse gases contaminantes.

- A construción destas plantas poden afectar a estabilidade do terreo e provocar terremotos.

- A construción destas plantas é moi cara.

- Só poden construírse en lugares concretos onde hai este tipo de enerxía térmica.

- A auga das reservas termais pode esgotarse, polo que se necesita reinsertar auga nalgúns casos.

Centrais de fusión nuclear (en desenvolvemento):

Son instalacións que funcionarían con reactores de fusión nuclear, proxectos experimentais, viables, que se atopan en proceso de deseño e realización. A grandes trazos, o que farán estes reactores é xerar inmensas cantidades de enerxía a partir da fusión termonuclear de ións confinados por campos magnéticos.

- Os “combustibles” primarios son baratos, abundantes e non reactivos. - Son infraestruturas moi seguras. - O medio ambiente non sofre ningunha agresión.

- A radioactividade producida nas reaccións pode ser minimizada escollendo os materiais axeitados. - Producen cantidades de enerxía desmesuradas, sería como dispoñer dunha estrela diminuta no planeta.

- Xera residuos radioactivos, aínda que en menor medida e que poden ser tratables facilmente.

- As instalacións deben vencer a repulsión electrostática dos elementos, elevar a temperatura a 100-300 millóns de grados e presentar un “recipiente” que aguante esa temperatura, o que resulta moi difícil.

Referencias

Documento similar

Maquinaria & equipo Electricidad Autos Edificios Combustibles, detergentes, gasolina, Petróleo ==> Carbón ==> Gas Natural ==> Petróleo ==> AEE AES

• La producción de energía eléctrica por vía convencional con combustibles fósiles (mayoritariamente carbón) constituye la principal fuente de emisión en

1. Profundizar en el conocimiento de las fuentes de energía no renovables. Distinguir entre los distintos tipos de combustibles fósiles. Conocer los métodos de extracción del carbón

el 66% de la energía eléctrica provino de combustibles fósiles (carbón y gas natural principalmente) en 2015. La empresa Solar City está terminando una planta en New York

relacionado con el agotamiento del petróleo, el gas y el carbón; y dado que no emerge a la vista una alternativa real a esos combustibles fósiles, la sociedad del automóvil y

Una central térmica es una instalación empleada para la generación de energía eléctrica a partir de la energía liberada en forma de calor, normalmente mediante

La combustión de materia orgánica o combustibles fósiles libera pequeñas partículas de carbón y partículas de pequeño tamaño (partículas en suspensión) con

1) La composición de la matriz energética actual basada en combustibles fósiles derivados de petróleo debe cambiar hacia otros combustibles como el gas natural, los líquidos de