• No se han encontrado resultados

Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela Memoria 1999

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela Memoria 1999"

Copied!
40
0
0

Texto completo

(1)

Santiago de Compostela

Memoria

1999

(2)

Presentación ... 1

Presuposto ... 3

Persoal ... 10

Instalacións e equipamento ... 14

Desenvolvemento das coleccións ... 16

Base de datos bibliográfica ... 24

Servicios ... 30

Redes e cooperación ... 37

ÍNDICE

(3)

Presentación 1

A Biblioteca Universitaria continuou a traballar durante o ano 1999 coas metas e obxectivos dos anos anteriores: automatización do catálogo, accesibilidade á información, incorporación das melloras tecnolóxicas nos servicios ós usuarios e cooperación interna e externa da USC.

O primeiro obxectivo, automatización do catálogo, constitúe a liña fundamental de actuación da BUSC dende o ano 1991, en que deu comezo o proxecto de automatización da Biblioteca. Polo volume das coleccións e o grado de control bibliográfico dos centros, este proxecto configurouse en diversas fases e a actuación deste ano supón o desenvolvemento da penúltima fase: recatalogación e resignaturización da colección de monografías da Biblioteca Intercentros de Dereito, CC. Políticas e Relacións Laborais, estando previsto que a automatización completa do catálogo desta Biblioteca finalice no ano 2001.

Para o cumprimento total deste obxectivo quedaría por realizar a automatización do fondo antigo da B. Xeral.

O nivel xa alcanzado no estado de automatización dos catálogos (a finais de 1999 o 89% dos fondos), permitiu ir introducindo melloras na calidade dos servicios ofertados pola BUSC: Consulta do catálogo, préstamo, préstamo entre centros, solicitude de artigos de revistas,etc.

A accesibilidade á información e introducción das melloras tecnolóxicas nos servicios ós usuarios, concretáronse no ano 1999 na incorporación na páxina web da BUSC de dous novos formularios electrónicos, dirixidos fundamentalmente ó persoal docente e investigador da USC: solicitude de obras en préstamo e solicitude de fotocopias de artigos de revistas das coleccións da BUSC.

O servicio de fotodocumentación da B. Xeral oferta tamén dende este ano a posibilidade de recibir en soporte electrónico artigos de revistas pedidos a outras bibliotecas españolas e estranxeiras. Este servicio ten que ser ofertado pola biblioteca subministradora, e de momento non está disponible en tódalas bibliotecas coas que traballa habitualmente a BUSC (fundamentalmente bibliotecas da rede Rebiun), aínda que é previsible a paulatina incorporación de todas elas.

No que se refire á cooperación hai que destacar a celebración nesta Universidade da VII Asamblea Plenaria de Rebiun (Rede de Bibliotecas Universitarias Españolas), que preside o Excmo. e Magfco. Sr.

Rector da Universidade de Santiago de Compostela.

Finalmente sinalar que os obxectivos e datos recollidos nesta memoria supoñen unha liña de continuación dos proxectos iniciados a comezos da década dos 90, e que a necesaria planificación de novos obxectivos e proxectos para os vindeiros anos, precisan de actuacións previas imprescindibles para o seu desenvolvemento. En grandes termos estes proxectos poden resumirse en: adecuación e mellora das instalacións das Bibliotecas, e incorporación e desenvolvemento de novos servicios e productos electrónicos. Para poder levar a cabo o primeiro obxectivo precísase a construcción dunha Biblioteca Depósito, recollida na “Programación plurianual da USC 1999-2002”, que permita redistribuir os espacios

P

RESENTACIÓN

(4)

Presentación 2

das Bibliotecas dende o punto de vista dos servicios e non do almacenamento. O cumprimento do segundo obxectivo non é posible sen a definición, na RPT da BUSC, dunha Sección de apoio tecnolóxico con persoal suficiente para desenvolver os proxectos que están marcando a actuación de tódalas bibliotecas universitarias do noso entorno.

(5)

Presuposto 3

O presuposto da Biblioteca Universitaria para 1999, aprobado pola Xunta de Goberno da USC, ascendeu a 530.000.000 ptas. Nesta cantidade inclúense 35.000.000 ptas. para automatización de catálogos, dentro dunha partida presupostaria do Vicerrectorado de Investigación e Terceiro Ciclo.

A distribución deste presuposto, por capítulos, foi a seguinte:

Capítulo 2 Aplicación 220 35.000.000 ptas. 35.000.000 ptas.

Capítulo 6 Aplicación 627 445.000.000 ptas.

Aplicación 626 15.000.000 ptas.

Automatización catálogos 35.000.000 ptas. 495.000.000 ptas.

Total 530.000.000 ptas.

Estes créditos incrementáronse con diversas aportacións:

Axudas Infraestructura Xunta de Galicia1 60.394.353 ptas.

Aportacións de Departamentos, Centros e Proxectos 31.846.153 ptas.

Ingresos por servicios2 21.458.099 ptas.

Descontos en librerías 1.679.074 ptas.

Total 115.377.679 ptas.

As aportacións de Departamentos, Proxectos de Investigación e Centros concentráronse principalmente na adquisición de materiais bibliográficos, adicándose a este fin 26.521.661 ptas., o que supón unha diminución do -23,42% con respecto ó ano anterior. Outro ano máis as bibliotecas que recibiron aportacións máis significativas foron, por esta orde: Filoloxía, a Intercentros de Dereito, Políticas e Relacións Laborais, Matemáticas, e Xeografía e Historia. O desglose por tipos e centros pode verse ó final deste apartado na táboa correspondente.

En conxunto dedicáronse 547.381.568 ptas. a adquisicións bibliográficas (+5,96% respecto a 1998) e 61.782.591 ptas. a gastos de material e equipamentos (+3,57% respecto a 1998).

O presuposto ordinario distribuiuse de acordo ós criterios aprobados na Xunta de Goberno, a proposta da Comisión da BUSC, manténdose a modificación, introducida o ano anterior, no reparto do

1 A cantidade concedida pola Xunta de Galicia neste concepto foi de 58.850.000 ptas., ascendendo as diferencias entre as facturas proforma e a facturación final a 1.544.353 ptas. que foron asumidas, na súa totalidade, polo Vicerrectorado de Investigación e Terceiro Ciclo.

2 Os ingresos por servicios non deben considerarse beneficios netos xa que os servicios prestados, especialmente o de préstamo interbibliotecario, do que proceden a maioría destes ingresos, supoñen custos considerables.

P

RESUPOSTO

(6)

Presuposto 4

presuposto adicado a libros de investigación de incluír no cómputo de cada centro ós alumnos de terceiro ciclo.

Dos 445.000.000 ptas. do crédito ordinario dedicados a adquisicións bibliográficas, 295.000.000 ptas. foron para o pago das subscricións a publicacións periódicas. Aínda que este presuposto supón un incremento do 13,46% respecto ó de 1998, en relación ós custos das publicacións nese ano (275.720.010 ptas.) este incremento é só do 6,99%. En total, as publicacións periódicas importaron 308.786.480 ptas., un 11,99% máis que en 1998. Para poder facer fronte a este custo o Vicerrectorado de Asuntos Económicos tivo que incrementa-lo presuposto con 13.786.480 ptas.

O presuposto ordinario de publicacións unitarias, 150.000.000 ptas., supuxo un incremento do 4,89% sobre o de 1998. Os criterios de distribución entre centros non variaron respecto ó ano anterior.

A maioría das bibliotecas pecharon o exercicio co seu presuposto executado, sen embargo seguen a producirse remanentes no presuposto de adquisición de libros nalgúns centros. O total de remanentes nese capítulo ascendeu no ano 1999 a 11.442.986 ptas. A cantidade máis alta, 8.637.723 ptas., corresponde á Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo, que segue a arrastra-la remanente xenerada en 1997. A Biblioteca de Económicas con 1.146.557 ptas. e a Biblioteca Intercentros de Física e Óptica, con 875.200 ptas.1 son os centros do Campus de Santiago con maior preuposto sen gastar. Pese a que a finais de ano había peticións tramitadas por importe de 4.281.825 ptas. na B. Intercentros de Lugo, e que as outras Bibliotecas non xeneran remanentes de xeito habitual, parece necesario definir actuacións correctoras nos criterios de reparto de presupostos, tanto nas Comisións de Biblioteca de Centro como na Comisión da Biblioteca Universitaria, cara a tentar paliar a perda de poder adquisitivo que se está a producir.

No seguinte gráfico pode verse a participación de cada punto de servicio da BUSC no presuposto de adquisicións bibliográficas.

B.X.

12%

Farmacia 8%

Filoloxía 4%

Fª,CC.Educ.,Psi.

7%

Física e Ópt.

11%

Xª-Hª, CC.Inf.

4%

Matemáticas

8% Medicina

10%

Maxisterio Lugo 1%

Química 10%

Observatorio 0%

Intercentros Lugo 9%

Enfermería 1%

ICE 0%

Bioloxía 5%

Económicas 4%

Der.,Pol.,Rel.Lab 6%

(7)

Presuposto 5

O presuposto ordinario de equipamento, 15.000.000 ptas. (non se incrementou con respecto a 1998) destinouse, coma en anos anteriores, nun 50% a equipamento tecnolóxico en un 50% a renovación de mobiliario. As principais adquisicións nestes dous apartados foron:

§ Ampliación da memoria e CPU do ordenador sialpha1.

§ Adquisición dun SAI (Sistema de Alimentación Ininterrumpida) para a BUSC.

§ Ampliación e renovación de equipamentos para consulta de CD-ROMs monoposto e postos de traballo de catalogación en PCs.

§ Ampliación de terminais de uso público (Biblioteca de Dereiro, CC. Políticas e Relacións Laborais).

§ Renovación de lápices ópticos.

§ Adquisición dun escáner para traballos do Web.

§ Adquisición das terminais de consulta e equipos de traballo necesarios para a nova Biblioteca de CC. da Información.

§ Compactación dunha parte do 5º depósito da Biblioteca Xeral.

§ Remate da compactación da Biblioteca Intercentros de Lugo.

§ Adquisicións e ampliacións de mobiliario para as Bibliotecas de Bioloxía, CC. Económicas, Farmacia, Filoloxía, Física, Matemáticas, Medicina, Química, Xeografía e Historia, Intercentros de Filosofía, CC. da Educación e Psicoloxía e Intercentros de Lugo.

O presuposto do Capítulo 2, 35.000.000 ptas. (incremento do 2,94% respecto a 1998), distribuiuse cos mesmos criterios de anos anteriores. Así, ás Bibliotecas Intercentros das Facultades de Filosofía, CC.

da Educación e Psicoloxía e Intercentros de Lugo, asignáronselles as mesmas cantidades recibidas en 1998.

Para as restantes Bibliotecas incrementouse o presuposto un 2,94% nas dotacións base.

1 Física 506.979 ptas., Óptica 368.221 ptas.

(8)

Presuposto 6

E

VOLUCIÓN DO

P

RESUPOSTO DA

BUSC

GASTO EN PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS DENDE O ANO 1995 E TANTOS POR CENTO DE INCREMENTO DUN ANO RESPECTO DO ANTERIOR

GASTO EN PUBLICACIÓNS UNITARIAS DENDE O ANO 1995 E TANTOS POR CENTO DE INCREMENTO DUN ANO RESPECTO DO ANTERIOR 188.477.297

220.310.424

16,89%

254.494.357

15,52%

275.720.010

8,34%

308.786.480

11,99%

0 50.000.000 100.000.000 150.000.000 200.000.000 250.000.000 300.000.000 350.000.000

1995 1996 1997 1998 1999

PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS

100.000.000

130.000.000

30,00%

135.000.000

3,85%

143.000.000

5,93%

150.000.000

4,90%

0 20.000.000 40.000.000 60.000.000 80.000.000 100.000.000 120.000.000 140.000.000 160.000.000

1995 1996 1997 1998 1999

MONOGRAFÍAS

(9)

Presuposto 7

GRÁFICO COMPARATIVO ENTRE AS INVERSIÓNS EN PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS E MONOGRAFÍAS. TENDENCIAS DE INCREMENTO

Como pode observarse neste gráfico, comparando as inversións en monografías e publicacións periódicas, os custos destas últimas e o seu incremento son moito maiores cós das monografías. As proxeccións a tres anos amosan unha tendencia de crecemento das inversións en publicacións periódicas moito máis forte, de tal xeito que no ano 2002 a cantidade necesaria para facer fronte ás subscricións sería de 450.000.000 ptas., mentras que para as monografías sería de pouco máis de 200.000.000 ptas. No seguinte gráfico, no que se comparan prezos medios, confírmanse os prezos e incrementos máis altos das publicaciós periódicas.

GRÁFICO COMPARATIVO ENTRE PREZOS MEDIOS DE PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS E MONOGRAFÍAS. ANOS 1995-1999 Monografías - Publicacións Periódicas

0 50.000.000 100.000.000 150.000.000 200.000.000 250.000.000 300.000.000 350.000.000 400.000.000 450.000.000 500.000.000

1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001 2002

Publicacións periódicas Monografías

Liña de tendencia PP Liña de tendencia M

PREZOS MEDIOS DE MONOGRAFÍAS E P.PERIÓDICAS 1995-1999

8.732 8.420

7.878 7.636

7.191 65.669

83.909

99.478

108.240

124.716

0 50.000 100.000 150.000 200.000 250.000

1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001 2002

Monografías

Publicacións Periódicas Liña de tendencia M Liña de tendencia PP

(10)

Presuposto 8

P

RESUPOSTO

O

RDINARIO

Distribución por Bibliotecas

A

PORTACIÓNS

D

EPARTAMENTOS

, P

ROXECTOS

, C

ENTROS Centros Monografías Publicacións

Periódicas

Total adq.

bibliográf.

Capít. 2 Total

B.X. 31.916.877 25.269.016 57.185.893 14.462.148 71.648.041

Bioloxía 4.105.325 17.817.394 21.922.719 1.193.252 23.115.971

Económicas 8.815.201 9.147.192 17.962.393 1.862.522 19.824.915

Der.,Pol.,Rel.Lab. 14.108.341 12.367.837 26.476.178 2.178.498 28.654.676

Farmacia 4.666.656 30.942.031 35.608.687 1.195.781 36.804.468

Filoloxía 11.638.750 5.777.651 17.416.401 1.472.552 18.888.953

Fª,CC.Educ.,Psi. 19.730.476 13.757.547 33.488.023 2.069.786 35.557.809

Física e Ópt. 5.828.768 44.803.239 50.632.007 1.278.942 51.910.949

Xª-Hª, CC. Inf. 13.072.033 6.680.735 19.752.768 1.526.734 21.279.502

Matemáticas 3.552.949 34.611.885 38.164.834 1.044.266 39.209.100

Medicina 5.892.761 38.770.220 44.662.981 1.289.723 45.952.704

Química 4.092.570 40.780.616 44.873.186 1.150.462 46.023.648

Enfermería 2.115.521 658.401 2.773.922 610.826 3.384.748

Observatorio 0 2.081.425 2.081.425 0 2.081.425

ICE 0 537.982 537.982 0 537.982

Intercentros Lugo 17.879.292 23.840.875 41.720.167 3.000.000 44.720.167

Maxisterio Lugo 2.584.480 942.434 3.526.914 664.508 4.191.422

TOTAIS 150.000.000 308.786.480 458.786.480 35.000.000 493.786.480

Centros Monograf.

Dep. e Proxec.

Publics.

Dep. e Proxec.

Monograf.

Centros

Publics.

Centros

Equip.

Centros

Material Centros

Total % respecto 1998

Bioloxía 0 0 120.662 0 0 0 120.662 -50,60

CC. Económicas 31.287 394.418 0 816.342 0 300.347 1.542.394 -12,00

Der., Pol., Rel Lab.(1) 2.699.296 2.439.987 0 110.000 99.545 203.000 5.551.828 -42,10

Farmacia 223.575 40.455 0 0 73.702 0 337.732 -38,80

Filoloxía 6.500.587 4.980.632 0 170.928 1.244.329 710.428 13.606.904 15,10

Fª,CC.Educ., Psi. 84.207 1.312.115 0 250.669 187.955 295.447 2.130.393 -30,00

Física e Ópt. 51.331 560.899 0 0 0 0 612.230 7,70

Xª-Hª,CC.Inf.(2) 1.794.215 0 0 0 0 600.000 2.394.215 -56,90

Matemáticas 128.180 600.000 971.999 500.863 371.000 299.000 2.871.042 33,00

Medicina 92.570 0 0 0 0 16.000 108.570 -32,90

Química 0 0 0 16.097 0 0 16.097 -79,70

Intercent. Lugo (3) 810.940 0 0 0 0 0 810.940 -48,40

Maxist. Lugo 74.353 0 0 0 171.316 173.003 418.672 -42,30

Enfermería 0 0 0 0 579.420 0 579.420 -

Observatorio 0 0 0 0 0 0 0 -100,00

ICE 0 0 438.684 306.370 0 0 745.054 -61,20

Total 12.490.541 10.328.506 1.531.345 2.171.269 2.727.267 2.597.225 31.846.153 -20,00

(11)

Presuposto 9

A

XUDAS

I

NFRAESTRUCTURA

B

IBLIOGRÁFICA

X

UNTA DE

G

ALICIA

Centro Axudas Xunta

B.X. 3.604.259

Bioloxía 2.675.919

Económicas 3.054.157

Der.,Pol.,Rel.Lab 6.481.936

Farmacia 3.543.075

Filoloxía 3.421.232

Fª,CC.Educ.,Psi. 7.040.058

Física e Ópt. 4.286.699

Xª-Hª, CC. Inf. 4.865.751

Matemáticas 3.576.683

Medicina 2.819.458

Química 3.232.334

Enfermería 208.850

Observatorio 353.352

ICE 211.000

Intercentros Lugo 10.419.205

Maxisterio Lugo 600.385

Total 60.394.353

(12)

Persoal 10

No ano 1999 producíronse cambios significativos nos postos relevantes da BUSC. Dna. Concepción Varela Orol presentou a súa dimisión como Directora da BUSC. Dn. José Vázquez Montero, Director da Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo deixou de prestar servicios na BUSC como consecuencia da convocatoria do Concurso de Méritos na Área de Recursos Humanos. A Comisión da BUSC acordou facer constar nesta memoria o seu agradecemento a ambos polo traballo desenvolvido. Por Resolución Rectoral do 21 de outubro de 1999 convocouse o concurso para cubri-la Dirección da BUSC, polo procedemento de concurso-libre designación, estando xa resolto no momento de redactar esta memoria. Como resultado do concurso foi nomeada Directora Dna. Mª Virtudes Pardo Gómez, que viña desempeñando o cargo en Comisión de Servicios dende febreiro de 1999.

Como consecuencia da convocatoria (Resolución do 2 de marzo de 1999) dos concursos de traslado de persoal funcionario: Concurso de Méritos na Área de Recursos Humanos e Concurso de Méritos Xeral, produciuse unha redistribución do persoal da BUSC nos campus de Santiago e Lugo, cos seguintes resultados:

Campus de Lugo

§ Dirección Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo:

Dona María Julia Cantalapiedra Álvarez

§ Responsable Oficina de Adquisicións Biblioteca Intercentros. Lugo:

Don José Manuel Couso Arias

§ Responsable Oficina de Servicios Biblioteca Intercentros. Lugo:

Dona María del Pilar Quiñones López Campus de Santiago

§ Xefe de Sección de Adquisicións, Biblioteca Universitaria:

Dona Concepción Varela Orol

§ Dirección Biblioteca. Facultade de Medicina/E.U. Enfermería:

Don Xosé A. Regos Varela

§ Dirección Biblioteca. Facultade de Química:

Dona Gracia Mª Frutos Martínez

§ Axudante de Biblioteca. Biblioteca Xeral:

Dona María Dolores Picallo Martínez

§ Axudante de Biblioteca. Facultade de Dereito/CC. Políticas/E.U. Relacións Laborais: Dona María Josefa Cacheiro Gallego

§ Axudante Biblioteca. Facultade de Filosofía/CC. Educación/Psicoloxía:

Dona Loreto García Vázquez

§ Axudante de Biblioteca. Biblioteca Fac. de Matemáticas:

Dona Ana Isabel Portugués del Río

§ Axudante de Biblioteca. Fac. de Filosofía/ Fac. de Ciencias da Educación/ Fac. de Psicoloxía:

Dona Cristina Cabada Giadas

§ Posto base. Negociado de Administración. Biblioteca Xeral:

P

ERSOAL

(13)

Persoal 11

Dona María Rosa Díaz Rodríguez

En 1999 foi necesario facer unha dotación de persoal para a Biblioteca da Facultade de Ciencias da Información, con motivo da súa separación da Biblioteca de Xeografía e Historia. Así, foi nomeada directora da mesma, en comisión de servicios, Dna. Ángeles Valdés, que viña prestando os seus servicios na Biblioteca Intercentros de Xeografía e Historia e Ciencias da Informacion, e contratáronse 3 novos Auxiliares Técnicos de Bibliotecas.

A finais de 1999 a BUSC contaba co seguinte persoal:

Neste cómputo inclúese o persoal contratado a tempo parcial para ampliacións horarias da Biblioteca nos sábados e domingos. A BUSC contou tamén con persoal contratado a tempo parcial para a apertura nocturna en períodos de exames.

En 1999 prestaron servicio na BUSC 2 Auxiliares Técnicos de Bibliotecas (1 na Biblioteca Xeral e 1 na Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo) contratados en virtude dun programa de cooperación entre a Universidade de Santiago e a Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da Xunta de Galicia.

Como en anos anteriores contouse tamén coa colaboración dun Axudante de Bibliotecas do Servicio de Bibliotecas da Xunta de Galicia durante todo o ano, 5 becarios de Formación Profesional en prácticas (2 na Biblioteca Xeral, 2 na Biblioteca da Escola Universitaria de Maxisterio de Lugo, 1 na Biblioteca Intercentros de Dereito, Políticas e Relacións Laborais) e 3 da Prestación Social Sustitutoria na Biblioteca Intercentros de Xeografía e Historia e Ciencias da Información.

A distribución do persoal que desenvolveu as súas tarefas na BUSC en 1999 por puntos de servicio, incluíndo as xornadas parciais, é a seguinte:

Escala de Facultativos de Bibliotecas 8

Técnico de Documentación Informatizada (Lab. Gr. I) 1

Escala de Axudantes de Bibliotecas 61

Técnico de Xestión de Sistemas (Lab. Gr. II) 1

Auxiliares Administrativos 6

Auxiliares Técnicos de Bibliotecas (Lab. Gr. IV) 95

Porteiros Maiores 2

Auxiliares de Servicios. Área de Conserxería (Lab.Gr. V) 5

TOTAL 179

(14)

Persoal 12

Ó igual que en 1998, a formación continuada do persoal da BUSC centrouse neste ano, fundamentalmente, dentro do Plano de Formación da USC desenvolvido pola Xerencia. A área de Bibliotecas estivo representada, dentro da Comisión de Formación deste Plano, pola Dirección da BUSC, e enmarcados nel realizáronse 8 cursos específicos nesta área en 1999:

• Recursos Electrónicos en Documentación

• Recursos Electrónicos na BUSC

• Posto de Traballo nun Entorno Automatizado

• Técnicas de Recollida de Información e Análise de Datos en Servicios Bibliotecarios

• As Coleccións Bibliotecarias no Actual Marco Tecnolóxico

• Lexislación en Bibliotecas

• Promoción Interna Facultativos

• Promoción Interna ATB

Tamén houbo participación do persoal da BUSC noutros cursos de carácter xenérico:

• Seguridade e Hixiene. Primeiros Auxilios.

• Factores Psicosociais. A súa incidencia no ámbito laboral.

• Selección e Uso de Equipos de Protección Individual.

• Windows NT

• Curso preparatorio para persoal laboral Telefonistas Centro

Facult. Axud. Admin. Aux. Tco. Aux. Tco. Sab./Dom Conserxería Tco.Doc. Tec. Xestor Sist. TOTAL

BUSC 4 1 1 1 7

B. Xeral 1 17 5 13 2 3 41

Bioloxía 2 4 6

Económicas 3 6 9

Dereito, Pol. 4 6 1 11

Farmacia 1 1 4 6

Filoloxía 5 6 1 12

Filosof., CC. Ed., Psi 1 6 7 14

Física e Óptica 2 4 6

Xª- Hª, CC. Inf. 6 10 1 17

Matemáticas 2 4 6

Medicina 3 5 8

Química 2 4 1 7

Enfermería 2 2

Intercentros Lugo 1 6 1 11 4 23

Maxisterio 1 3 4

Totais 8 61 6 89 6 7 1 1 179

(15)

Persoal 13

• Lingua Galega (Reciclaxe)

• Inglés

Tamén en 1999, o persoal da BUSC continuou coa súa participación nos seguintes proxectos de investigación financiados pola Secretaría de Estado de Universidades, Investigación y Desarrollo:

- Dna. Mª Virtudes Pardo Gómez, Directora da BUSC, participa no proxecto “Ilustración, censura y modernidad en el contexto de los siglos XVIII y XIX”, dirixido polo Profesor Doctor Xosé Luís Barreiro Barreiro.

- Dna. Concepción Varela Orol, Xefa da Sección de Adquisicións da BUSC, participa no proxecto

“Evaluación de la calidad en los servicios de las Bibliotecas Universitarias”, dirixido polo Profesor Doctor Xavier de Salvador González.

(16)

Instalacións e Equipamento 14

Como se ven sinalando nas Memorias dos últimos anos, as instalacións da maioría das Bibliotecas da USC teñen serios problemas de capacidade de almacenamento, de capacidade nas salas de lectura (tanto no número de postos como na desexable instalación de fondos en acceso directo) e nas áreas destinadas a servicios (información bibliográfica, consulta de bases de datos, etc.)

A construcción dunha Biblioteca Depósito na que se almacenen os fondos de máis baixa demanda ou obsoletos de tódolos centros da BUSC, recollida na “Programación plurianual da USC 1999-2002”, permitirá desconxestionar os puntos de servicio con maiores problemas de capacidade, garantindo ó mesmo tempo o acceso a información, e a reorganización de espacios e coleccións.

Como se detalla máis adiante, no apartado de desenvolvemento de coleccións, existen na actualidade coleccións de publicacións periódicas duplicadas entre varios centros. No ano 1999 abordouse a fusión de coleccións con subscripcións abertas nalgún centro e pechadas noutros. Sen embargo, a fusión de coleccións pechadas en máis dun centro non pode ser abordada sen a entrada en funcionamento da Biblioteca Depósito.

Estes problemas de almacenamento están motivando a maior parte das intervencións de equipamento dos últimos anos. En 1999 estas actuacións foron: instalación dun sistema de estantería compacto na metade do 5º depósito da B. Xeral, renovación das estanterías e instalación dun compacto no depósito de libros da Biblioteca da Facultade de CC. Económicas e Empresariais, e ampliación da estantería compacta do depósito da Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo.

Pese a instalación do compacto a B. Xeral segue a ter problemas para almacenar os fondos de prensa procedentes do Depósito Legal. A dirección da Biblioteca quere agradecer ó Ilmo. Sr. Decano da Facultade de Dereito, a cesión dun espacio no semisoto desa Facultade, para gardar as coleccións de periódicos galegos procedentes do D. L. que duplican subscripcións xa existentes na B. Xeral.

A Biblioteca da Facultade de CC. Económicas e Empresariais levou a cabo o cambio de tódalas estanterías do depósito de libros, financiado polo Vicerrectorado de Asuntos Económicos, coa finalidade de poder dar acceso ós usuarios á colección de monografías, xa que as antigas estanterías non tiñan as medidas nin a altura adecuadas.

Con motivo da entrada en funcionamento do novo edificio da Facultade de CC. da Información, a comezos do ano 2000, a Comisión da Biblioteca Universitaria aprobou a segregación da Biblioteca de CC. da Información da B. de Xeografía e Historia. O traslado de fondos realizouse a finais de decembro e, no momento de redacción desta memoria, xa comenzou a prestar a totalidade dos servicios.

Este novo punto de servicio repartido en tres plantas, conta un total de 880 m2 de superficie, capacidade de almacenamento para 19.000 volumes e 136 postos de lectura. Na planta de acceso á Biblioteca (1ª planta do edificio) está instalada a Hemeroteca, conta con 32 postos de lectura e 24 cabinas individuais dotadas de PCs, TV, Vídeos, lectores de DVD e cadenas musicais. Os fondos instalados nesta

I

NSTALACIÓNS E

E

QUIPAMENTO

(17)

Instalacións e Equipamento 15

Hemeroteca son a prensa recente (estranxeira, nacional e local), revistas divulgativas e os materiais audiovisuais e multimedia.

Na 2ª planta están instalados os fondos de monografías (4.536 volumes en acceso directo), ten 84 postos de lectura e unha sala de traballo en grupo con 10 postos máis.

A Sala de investigadores está instalada no semisoto, con acceso dende a 1ª planta. Conta con 20 postos de lectura e a colección de revistas especializadas da Biblioteca.

Tamén neste ano procedeuse ó estudio de instalación da nova Biblioteca da Facultade de Filosofía, que vai ser trasladada ó edificio da Praza de Mazarelos ocupado ata agora pola Facultade de CC. da Información. Está previsto que as obras de acondicionamento comecen no ano 2000.

No que se refire á nova Biblioteca de Ciencias Xurídicas e Sociais, sinalar que os problemas de cimentación ocasionados por un manantial subterráneo, están retrasando considerablemente a construcción deste edificio.

(18)

Desenvolvemento das Coleccións 16

En 1999 ingresaron na BUSC 37.355 títulos de monografías, un 6,05% máis que en 1998.

Dos 37.355 títulos, 26.924 (2,9% máis que en 1998) adquiríronse co presuposto da BUSC ou de Departamentos, Proxectos de Investigación ou Centros (ver táboas no apartado de Presuposoto).

Coas Axudas da Xunta de Galicia adquiríronse 911 títulos (-26,35% diminución sobre 1998), por intercambios e doazóns ingresaron 7.372 títulos (9,32% máis que o ano anterior), e 2.148 por Depósito Legal (97,97% máis que en 1998)

A distribución destes ingresos por bibliotecas pode verse na táboa e gráfico seguintes:

D

ESENVOLVEMENTO DAS

C

OLECCIÓNS

MONOGRAFÍAS

CENTRO Compra Intercambio Doazón Xunta D.L. TOTAL

B. Xeral 5.223 351 1.060 2 2.148 8.784

Bioloxía 497 149 - 83 0 729

Económicas 1.009 170 392 89 0 1.660

Der, Pol, R.L. 2.763 215 300 115 0 3.393

Farmacia 438 27 1 80 0 546

Filoloxía 3.727 433 815 9 0 4.984

Fª, Cc. Educ. Psicol 3.291 185 330 13 0 3.819

Física Optica 477 119 96 59 0 751

X e H, CC. Inf 3.876 603 529 140 0 5.148

Matemáticas 633 61 9 15 0 718

Medicina 319 148 112 2 0 581

Química 346 47 9 47 0 449

Intercentros 3.331 85 983 230 0 4.629

Maxisterio - Lugo 700 0 40 12 0 752

Enfermería 148 0 0 15 0 163

Observatorio 23 2 5 0 0 30

ICE 123 10 86 0 0 219

TOTAIS 26.924 2.605 4.767 911 2.148 37.355

(19)

Desenvolvemento das Coleccións 17

En 1999 iniciouse un proxecto de fusión das coleccións de publicacións periódicas. Dende que en 1986 se conseguira un único presuposto centralizado para a adquisición de revistas, procedeuse a pecha-los títulos duplicados dentro dun mesmo campus, quedando os fondos dunha mesma revista fragmentados en diferentes bibliotecas. Cara a unha maior racionalización das coleccións e dados os problemas de espacio e custos de almacenamento que se están producindo, en 1999 comezou a primeira fase deste proxecto, xa aprobado no momento de redactar esta memoria pola Comisión da BUSC. Nesta primeira fase preténdese completa-las coleccións abertas nunha biblioteca cos fondos pechados procedentes doutras, co obxectivo de posuir unha única colección, o máis completa posible, de cada título de revista.

Canto das doazóns procedentes de particulares, destaca a da Biblioteca e Arquivo de Dn. José Ángel Valente Docasar. Dadas as características da escritura de doazón, pola que a USC cede o uso vitalicio da biblioteca e arquivo ó escritor, os traballos de catalogación (7.156 volumes da biblioteca, o arquivo está aínda sen contabilizar) estanse levando a cabo no domicilio almeriense do escritor.

Seguindo coa política de conseguir coleccións exhaustivas de fondos galegos, a Biblioteca Xeral adquiriu distintas obras en librerías de anticuario e no mercado de ocasión, destacando entre outras:

- Antonio de Guevara: La primera parte del libro llamado Monte caluario (edición de 1551) ; La segunda parte del libro llamada Monte caluario (edición de 1552)

- Luis de Ulloa Pereira: Versos que escrivio D. Luis de Ulloa Pereira, .. dirigidos a la alteza del señor Don Iuan de Austria (edición de 1659)

MONOGRAFÍAS INGRESADAS DURANTE 1999

0 1.000 2.000 3.000 4.000 5.000 6.000 7.000 8.000 9.000 10.000

Observatorio Enfermería ICE Química Farmacia Medicina Matemáticas Bioloxía Física Optica Maxisterio - Lugo Económicas Der, Pol, R.L. Fª, Cc. Educ. Psicol Intercentros Filoloxía X e H, CC. Inf B. Xeral

(20)

Desenvolvemento das Coleccións 18

- Castelao: Nós (1ª edición, 1931)

- Real Academia Galega: Diccionario Gallego-Castellano (1913-1928) - Federico García Lorca: Seis poemas galegos (1ªedición de1935)

- Federico García Lorca: Seis poemas galegos (edición de1998 con augafortes de Martín Guinovart)

- Egeria: Itinerarium (edición de 1999 con litografías de Antón Lamazares)

- Vicente del Seixo: Instrucción moral christiana, política y civil, sobre la que se forma la felicidad de un estado, y... (1790)

- Camilo José Cela: Gavilla de fábulas sin amor (1962)

As coleccións históricas da Biblioteca Xeral completáronse coa adquisición da edición facsímile de 1998 da obra de Leonardo da Vinci, Tratado de estatica y mechanica en italiano, Tratados varios de fortificación estatica y geometria escritos en italiano, [Codex Madrid I].

Coa Axuda para Infraestructura de Investigación da Xunta de Galicia adquiríronse as obras:

Periodical Contents Index en CD-ROM (tramos 15 e 16) e a English Bibliography 15th to 1945, tamén en CD- ROM.

As coleccións de publicacións periódicas pagadas co presuposto da BUSC, mantivéronse en xeral con poucas variacións respecto a anos anteriores. No presuposto centralizado, previamente á renovación para o ano 2000, déronse de baixa 68 títulos, abríndose 81 novas subscricións.

PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS

CENTRO Pechadas Abertas TOTAL

Títulos pechados

Pto.

BUSC

Deptos.

Centros Interc. Doazón Total

Abertas Ab-Pech

B. Xeral 7.970 98 56 126 397 677 8.647

Bioloxía 575 127 13 139 20 299 874

Económicas 1.363 320 93 74 320 807 2.170

Der, Pol, R.L. 1.367 492 292 105 309 1.198 2.565

Farmacia 727 246 4 50 73 373 1.100

Filoloxía 787 354 198 93 5 650 1.437

Fª, Cc. Educ. Psicol 820 374 62 209 82 727 1.547

Física Optica 260 197 6 12 13 228 488

X e H, CC. Inf 1.516 341 155 265 152 913 2.429

Matemáticas 136 250 17 47 28 342 478

Medicina 1.228 313 0 11 128 452 1.680

Química 478 178 2 11 19 210 688

Intercentros 718 324 4 119 159 606 1.324

Maxisterio - Lugo 93 62 5 0 25 92 185

Enfermería 32 19 0 0 6 25 57

Observatorio 196 17 2 0 32 51 247

ICE 219 18 36 5 39 98 317

TOTAIS 18.485 3.730 945 1.266 1.807 7.748 26.233

(21)

Desenvolvemento das Coleccións 19

Con cargo, fundamentalmente, ás Axudas para Infraestructura de Investigación da Xunta de Galicia adquiríronse 96 títulos de publicacións periódicas para completar fondos xa existentes.

Na Biblioteca Xeral adquiríronse 1.131 fascículos que completan 73 títulos da Sección Galicia, entre os que cabe destacar, un ano máis, Vida Gallega (Vigo) con fascículos entre os anos 1881 e 1974.

Recibíronse 188 fascículos de 47 títulos procedentes de intercambios con outras 11 bibliotecas, destacando as aportacións das universidades de Granada e Alicante. A BUSC enviou 248 fascículos de 34 títulos, destacando o envío á Universidade da Coruña.

No referente á restauración de fondos históricos, fíxose intervención nas seguintes obras:

- Libro de Escudos: manuscrito iluminado do século XVI procedente, problablemente, da Librería de Felipe de Castro.

- Manuel Murguía: Diccionario de escritores gallegos, 1862.

- Jacques Legrant: Jacobi Magni Sophologium, Lugduni, d.1482

- Isócrates: Preceptos y reglas de Isócrates Atheniense, Valladolid, 1551

Así mesmo, fíxose unha intervención menor na obra: Constituciones de la Universidad de Santiago de Compostela, 1633.

Hai que destacar, e agradecer, os cultivos e análises das mostras de fungos de libros da Biblioteca Xeral realizados polo profesor Dn. Juan Luis Barja do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía.

COLECCIÓNS DE PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS 1999

0 1.000 2.000 3.000 4.000 5.000 6.000 7.000 8.000 9.000

B. Xeral Bioloxía Económicas Der, Pol, R.L. Farmacia Filoloxía Fª, Cc. Educ. Psicol Física Optica X e H, CC. Inf Matemáticas Medicina Química Intercentros Maxisterio - Lugo Enfermería Observatorio ICE

Abertas Pechadas

(22)

Desenvolvemento das Coleccións 20

LIBRO DE ESCUDOS

(23)

Desenvolvemento das Coleccións 21

DICCIONARIO DE ESCRITORES GALLEGOS

(24)

Desenvolvemento das Coleccións 22

JACOBI MAGNI SOPHOLOGIUM

(25)

Desenvolvemento das Coleccións 23

PRECEPTOS Y REGLAS DE ISÓCRATES ATHENIENSE

(26)

Base de Datos Bibliográfica 24

A base de datos bibliográfica da BUSC contaba, a 31 de decembro de 1999, con 526.730 rexistros bibliográficos de monografías (466.721 libros, folletos, manuscritos e materiais noutros soportes e 60.009 descripcións analíticas, de partes compoñentes: artigos de revistas e partes de monografías), correspondentes a 740.593 volumes. O catálogo de revistas contaba con 22.231 rexistros correspondentes a 28.213 coleccións.

En 1999 comezou a reconversión do catálogo manual e a recatalogación de parte do fondo de investigación da Biblioteca Intercentros das Facultades de Dereito, Políticas e E.U. de Relacións Laborais, como consecuencia do concurso público convocado no último trimestre de 1998. A finais de 1999 xa se incorporaran á base de datos da BUSC un total de 23.426 volumes.

A incorporación das teses á base de datos bibliográfica continuou en 1999, dentro do proxecto, iniciado en 1998, de elabora-lo catálogo de teses da USC.

A finais de 1999, faltan por incorporar á base de datos automatizada da BUSC a maior parte dos fondos bibliográficos da Biblioteca Intercentros de Dereito, Políticas e Relacións Laborais (aprox. 76.000 rexistros) e gran parte do fondo antigo e anticuado da Biblioteca Xeral (aprox. 50.000 rexistros).

Tamén neste ano, comezou a gravación dos rexistros correspondentes ó Catálogo de Manuscritos da Biblioteca Xeral estando xa practicamente rematada (572 a 31 de decembro de 1999).

A base de datos bibliográfica foi incrementándose tamén coa incorporación dos rexistros das novas adquisicións de tódalas Bibliotecas dos Campus de Santiago e Lugo.

B

ASE DE

D

ATOS

B

IBLIOGRÁFICA

BASE DE DATOS Rexistros Bibliográficos

Revistas Analíticas 4%

11% Monografías

85%

Monografías Analíticas Revistas

(27)

Base de Datos Bibliográfica 25

Respecto das monografías, nos seguintes gráficos pode verse o estado da base de datos e dos catálogos que a forman (Xeral, Galicia e Manuscritos), e a distribución de fondos por Centros. O Catálogo de Manuscritos, en proceso de confección como xa se indicaba máis arriba, aínda é un catálogo interno e agárdase que no primeiro semestre do ano 2000 poda ser accesible ós usuarios.

526.730 740.593

0 200.000 400.000 600.000 800.000

Rex. bibliográf. Exemplares Catálogo de Monografías

408.299 602.175

0 200.000 400.000 600.000 800.000

Rex. bibliográf. Exemplares Fondos xerais

117.859

137.846

105.000 110.000 115.000 120.000 125.000 130.000 135.000 140.000

Rex. bibliográf. Exemplares Fondos Galicia

(28)

Base de Datos Bibliográfica 26

CATÁLOGO DE MONOGRAFÍAS. NÚMERO DE EXEMPLARES POR CENTRO

572 572

0 100 200 300 400 500 600

Rex. bibliográf. Exemplares Manuscritos

Centro Cat. Galicia Cat. Xeral Manuscritos Total B. Xeral 79.840 100.953 572 181.365 Bioloxía 2.257 14.813 17.070 Económicas 3.023 47.875 50.898 Der., Pol., Rel. Lab. 1.901 21.525 23.426 Farmacia 2.037 12.324 14.361 Filoloxía 13.117 105.713 118.830 Fil., CC. Ed., Psi. 9.498 81.270 90.768 Física e Óptica 691 10.344 11.035 Xª-Hª, CC. Inf. 10.266 76.172 86.438 Matemáticas 1.087 23.053 24.140 Medicina 860 14.443 15.303 Química 809 12.034 12.843 B. Intercentros Lugo 7.305 54.565 61.870 Maxisterio Lugo 3.193 16.609 19.802 Enfermería 110 3.318 3.428 Observatorio 84 1.176 1.260 ICE 551 2.931 3.482 A.H.U.S. 1.167 2.303 3.470 Museo Luis Iglesias 49 600 649 IDEGA 1 154 155 Totais 137.846 602.175 572 740.593

(29)

Base de Datos Bibliográfica 27

Canto das publicacións periódicas, segue a realizarse a revisión do catálogo, comezada no segundo semestre de 1996, por parte dalgunhas bibliotecas. No Campus de Santiago aínda non remataron esta revisión: a Biblioteca Intercentros de Dereito, Políticas e Relacións Laborais, a Biblioteca de Medicina e a Biblioteca Intercentros de Xeografía e Historia e Ciencias da Información. No campus de Lugo, no que a revisión comezou en xuño de 1998, aínda non rematou ningunha das dúas bibliotecas (Intercentros e Maxisterio). Unha evolución destes traballos pode verse no seguinte cadro:

BIBLIOTECA 1996 1997 1998 1999

Bioloxía 105 810 872 872 Económicas 226 1.430 2.166 2.166 Der., Pol., Rel. Lab. 86 820 1.175 1.633 Farmacia 148 837 1.379 1.379 Filoloxía 267 1.248 1.588 1.588 Fil., CC. Ed., Psi. 257 1.078 1.120 1.120 Física e Óptica 389 461 483 483 Xª-Hª, CC. Inf. 40 825 1.483 1.628 Matemáticas 132 451 485 485 Medicina 139 475 907 1.578 Química 78 691 707 707 B. Intercentros Lugo - - 622 978 Observatorio - 82 166 166 Maxisterio - Lugo - - 6 81 CC. Educación -C. Norte 235 452 483 483 Enfermería - 22 39 39

ICE 44 236 234 234

TOTAIS 2.146 9.918 13.915 15.620

B . X e r a l 2 5 %

D e r . , P o l . , R e l . L a b . F i l o l o x í a 3 %

1 6 % F i l . , C C . E d . , P s i .

1 2 % F í s i c a e Ó p t i c a

1 % M a t e m á t i c a s

3 %

B . I n t e r c e n t r o s L u g o Q u í m i c a 8 %

2 % M e d i c i n a

2 %

X ª - H ª , C C . I n f . 1 2 %

O u t r o s 2 % M a x i s t e r i o L u g o

3 %

B i o l o x í a 2 %

E c o n ó m i c a s 7 %

F a r m a c i a 2 %

(30)

Base de Datos Bibliográfica 28

Non se inclúe a Biblioteca Xeral xa que foi a primeira en comezar a automatización do seu catálogo de revistas no ano 1992 e xa rematara ó empeza-las restantes bibliotecas a súa revisión.

Como xa se sinalaba ó principio deste apartado, a finais de 1999 o catálogo de revistas contaba con 22.231 títulos correspondentes a 28.213 coleccións, incluíndo revistas en curso e pechadas. Destas coleccións, 5.311 son de fondos galegos que inclúen as que están depositadas na Biblioteca Xeral ingresadas por Depósito Legal (2.490 a 31 de decembro de 1999).

Nos seguintes gráficos analízase o estado do catálogo de publicacións periódicas:

22.231 28.213

0 10.000 20.000 30.000

Rex. Bibliográf. Coleccións

Catálogo de Revistas

Coleccións de revistas

Fondos Xerais 81%

Fondos Galicia 19%

(31)

Base de Datos Bibliográfica 29

CATÁLOGO DE PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS. NÚMERO DE COLECCIÓNS POR CENTRO

Centro Cat. Publics.

B. Xeral 10.175

Bioloxía 945

Económicas 2.341

Der., Pol., Rel. Lab. 2.051

Farmacia 1.444

Filoloxía 1.669

Fil., CC. Ed., Psi. 1.671

Física e Óptica 524

Xª-Hª, CC. Inf. 2.301

Matemáticas 521

Medicina 1.772

Química 727

B. Intercentros Lugo 1.025

Maxisterio Lugo 172

Outros 875

TOTAL 28.213

B . X e r a l 3 6 %

B i o l o x í a E c o n ó m i c a s 3 %

8 % D e r . , P o l . , R e l . L a b .

7 % F a r m a c i a

5 % F i l o l o x í a

6 % X ª - H ª , C C . I n f .

8 % M a t e m á t i c a s

2 %

M e d i c i n a 6 %

Q u í m i c a 3 %

F i l . , C C . E d . , P s i . 6 %

B . I n t e r c e n t r o s L u g o 4 %

M a x i s t e r i o L u g o 1 %

O u t r o s 3 %

F í s i c a e Ó p t i c a 2 %

(32)

Servicios 30

Como xa se sinalaba na presentación, os aspectos máis destacables, no que a servicios se refire en 1999, están relacionados co aproveitamento que as melloras tecnolóxicas están a supoñer nos servicios ós usuarios, facilitando e mellorando o acceso á información. Neste senso, a BUSC introduciu en 1999 dous novos formularios electrónicos na súa páxina web e, no servicio de fotodocumentación, a posibilidade de recibir en soporte electrónico os artículos de revistas solicitados.

O formulario de solicitude de obras en préstamo entre centros da BUSC, dirixido ós membros da comunidade universitaria de Santiago de Compostela, permite solicitar, sen custos para o usuario e sempre que non se trate de manuais de uso frecuente, obras de bibliotecas da USC situadas nun campus distinto de onde realizan os seus estudios no caso de alumnos de 1º e 2º ciclos, e de calquera centro da USC no caso do persoal docente e alumnos de 3º ciclo.

O formulario de petición de fotocopias de artigos de revistas das coleccións da BUSC, tamén dirixido ós membros da comunidade universitaria, permite face-la solicitude de fotocopias de artigos de revistas da BUSC que non formen parte das coleccións da biblioteca que da servicio ó centro do solicitante.

Como se sinalaba máis arriba, no ano 1999 introduciuse tamén como novidade, no servicio de fotodocumentación, a posibilidade de recibir en soporte electrónico, mediante o sistema ARIEL, os artigos de revistas pedidos a outras bibliotecas españolas e estranxeiras. Ariel é un sistema de transmisión de documentos dixitalizados a través de Internet. Con este sistema os usuarios propios da BUSC poden solicitar documentos non existentes nas coleccións da USC que non superen as 30 páxinas (artigos, ponencias, etc) e recibilos dixitalizados no seu buzón de correo electrónico, sempre que o centro subministrador tamén dispoña do programa Ariel. De momento non está dispoñible en tódalas bibliotecas coas que traballa habitualmente a BUSC (fundamentalmente bibliotecas da rede Rebiun), aínda que é previsible a paulatina incorporación de todas elas.

A páxina Web da BUSC continuou funcionando en 1999 incorporando páxinas específicas para as distintas actividades nas que participou a BUSC durante este ano: Exposición do Día das Letras Galegas 1999, VII Asamblea Plenaria de REBIUN e a exposición "A Educación en Galicia: memoria documental, 1669-1970", organizada pola Facultade de Ciencias da Educación e a Biblioteca Intercentros das Facultades de Filosofía, Ciencias da Educación e Psicoloxía. En total contabilizáronse 65.401 visitas ó Web da BUSC.

Neste ano continuouse coa incorporación ó servicio de revistas electrónicas, dos novos títulos ós que a BUSC vai tendo acceso ó texto completo. As revistas incorporadas foron 174 que sumadas ás 234 xa accesibles en 1998 fan un total de 408 títulos a texto completo.

En 1999 continuou funcionando o boletín electrónico de sumarios de revistas co modelo introducido en 1998, que permite ó usuario subscribirse e recibir no seu buzón de correo electrónico os sumarios das revistas que lle interesen ata un máximo de 25 títulos. A finais de 1999 había un total de 245 usuarios (0,52 % dos 46.383 usuarios potenciais da BUSC) con subscricións ós sumarios dun total de

S

ERVICIOS

(33)

Servicios 31

1.123 revistas (37,69% dos 2.979 títulos dos que se oferta o sumario no boletín). As revistas con máis subscricións (+5) durante 1999 son as seguintes:

Revista Número de

subscricións

Bulletin des Bibliotheques de France 13

Documentation et Bibliotheques 12

Nature 11

Science 10

Analytical Chemistry 9

New Review of Academic Librarianship 9

Collection Management 8

Journal of Academic Librarianship 8

Journal of Pharmaceutical Sciences 8

Applied and Environmental Microbiolosy 7

Canadian Journal of Soil Science 7

College and Research Libraries 7

European Journal of Soil Science 7

European Research Libraries Cooperation - LIBER 7

Investigación y Ciencia 7

Journal of Agricultural and Food Chemistry 7

Journal of Analytical Chemistry 7

Journal of Colloid and Interface Science 7

Journal of Chromatography A 7

Langmuir 7

Physical Review Letters 7

Revista Española de Documentación Científica 7

Science of the Total Enviornment 7

Soil Science 7

Water Research 7

Acquisitions Librarian 6

Aquaculture 6

Australian Journal of Soil Research 6

Environmental Science and Technology 6

European Journal of Pharmaceutical Sciences 6

Harvard-Deusto Business Review 6

Harvard Business Review 6

International Journal of Pharmaceutics 6

Journal of Animal Ecology 6

Journal of Chemical Physics 6

Journal of Soil and Water Conservation 6

Mundo Científico 6

Pharmaceutical Research 6

Physical Reviw - Section B - Condensed Matter 6

Soil Science Society of America Journal 6

Water Air and Soil Pollution 6

Referencias

Documento similar

CONVENIO PARA O DESENVOLVEMENTO DUN PROGRAMA DE COLABORACIÓN EDUCATIVA ENTRE A XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA E A

Será función das Comisións das Bibliotecas de Centros integradas nunha Biblioteca Intercentros aproba-la política de desenvolvemento das coleccións e distribuí-lo presuposto no

Canto das publicacións periódicas, a revisión do catálogo comezada no segundo semestre de 1996, está case concluída, estando pendentes de rematar a Biblioteca de Xeografía e

O  obxectivo  do  blog  é  ser  unha  ferramenta  de  información  de  interese  para  os  usuarios,  de  xeito  que  poida  converterse  nun  vínculo 

edificio administrativo da Xunta de Galicia situado na rúa Fernández Ladreda 43 de Pontevedra, perante a mesa presidida polo subdirector xeral do Patrimonio, coa asistencia dun

contra CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR DA XUNTA DE GALICIA, reconociendo que la relación laboral de la actora es de carácter indefinido no

Non está de mais lembrar que a Biblioteca da Facultade de Filoloxía ven incorporando á base de datos bibliográfica da BUSC unha media anual de 4.000 rexistros (producto das

REAL SERVICIO DE BIBLIOTECAS CAMPUS DE CUENCA SERVICIO DE BIBLIOTECAS CAMPUS DE TOLEDO ü Biblioteca General de Albacete ü Biblioteca de Investigación “Melchor de Macanaz” ü