• No se han encontrado resultados

Memoria do Plan de Formación de PAS

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "Memoria do Plan de Formación de PAS"

Copied!
21
0
0

Texto completo

(1)

Memoria do Plan de Formación de PAS

Ano 2017

Servizo de Planificación e Programación de PAS

Sección de Formación

(2)

2

Contido

Descrición das actividades formativas xestionadas desde a Sección ... 3

Área de Formación Operativa ... 3

Área de Formación para a promoción ... 4

Área de Seguridade e Prevención ... 4

Área Directiva ... 4

Formación Externa ... 5

Descrición das actividades organizadas pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP) ... 5

Táboa 1.- EGAP- teleformación/presencial ... 6

Táboa 2.- EGAP- Autoformación ... 6

Valoración dos usuarios e usuarias sobre as accións formativas ... 8

Bloque 1.- Organización ... 9

Bloque 2.- Obxectivos/Contidos ... 9

Bloque 3.- Percepción da aprendizaxe ... 10

Satisfacción global ... 10

Valoración do profesorado... 11

Anexo de táboas ... 13

Táboa 1: Cursos de Formación Operativa e campus ... 13

Táboa 1.2: Formación Operativa- tema Bibliotecas ... 15

Táboa 1.3: Formación Operativa- tema Informática ... 15

Táboa 1.4: Formación Operativa- tema Infraestruturas ... 16

Táboa 1.5: Formación Operativa- tema Lexislación ... 16

Táboa 1.6: Formación Operativa- tema Linguas estranxeiras ... 17

Táboa 1.7: Formación Operativa- tema Xenérico ... 17

Táboa 1.8: Formación Operativa- tema Calidade ... 18

Táboa 1.9: Formación Operativa- tema Novas Tecnoloxías ... 18

Táboa 1.10: Formación Operativa- tema Xénero e Igualdade ... 19

Táboa 2: Área de formación para a promoción ... 20

Táboa 3: Área de Seguridade e Saúde ... 20

Táboa 4: Área Directiva ... 20

Táboa 5: Formación Externa ... 21

(3)

3 As accións formativas convocadas e dirixidas ao Persoal de Administración e Servizos (PAS) da Universidade de Santiago de Compostela planifícanse atendendo ás necesidades formativas detectadas nas diferentes unidades ou servizos en que presta servizos o persoal, así como nas liñas e decisións estratéxicas que toma a propia Universidade, que requiren dunha resposta formativa para o seu persoal1.

A diagnose de necesidades realízaa a Sección de Formación, integrada no Servizo de Planificación e Programación de Persoal (SPPAS), aínda que hai ámbitos concretos nos que participan outras entidades, como por exemplo, no campo da prevención de riscos e seguridade e saúde laboral, o Comité de Seguridade e Saúde é quen cada ano aproba un informe no que prioriza a formación que considera necesaria nese ámbito, e que despois vai ser executada pola Sección de Formación.

Para atender as necesidades de formación en idiomas estranxeiros do PAS, o Plan de Formación vén financiándolle a este colectivo os custos da matrícula nos cursos regulares do Centro de Linguas Modernas (CLM) nos campus de Santiago e Lugo.

Tamén se financian con cargo á partida de accións formativas do PAS, as actividades de formación externa que polas súas especiais características así se consideren, tras a oportuna autorización da Xerencia.

Intégranse así mesmo no plan de formación da USC os cursos que a Escola Galega de Administración Pública convoca dirixidos ao PAS das tres universidades galegas, aplicando un convenio asinado entre estas institucións, ao abeiro do cal se negocia cada ano unha oferta formativa concreta.

Descrición das actividades formativas xestionadas desde a Sección

Na actualidade hai na RPT un total de 1179 PAS na USC, dos que 1025 prestan os seus servizos no campus de Santiago e 154 no campus de Lugo.

As actividades formativas agrupámolas en función da área formativa e da temática a que fan referencia.

Área de Formación Operativa

En 2017 realizáronse 52 actividades pertencentes a esta área, que abrangueron temáticas como Bibliotecas, Informática, Infraestruturas, Lexislación, Linguas estranxeiras, Xenérico, Calidade, Novas Tecnoloxías e Xénero e Igualdade (vid. táboa 1 do Anexo).

1 A modo de exemplo, en outubro de 2016 implantouse Office 365 para todo o persoal da USC. Como resposta, no 2017 impartíronse 5 edicións dunha acción formativa denominada "Office 365. Utilidades básicas", que continuará no 2018, cando se comezará a impartir un curso que pretende seguir afondando noutras utilidades do Office 365.

(4)

4 A distribución de cursos por campus foi como segue:

Campus de Santiago Campus de Lugo Santiago/Lugo (persoal dos dous campus)

24 16 12

Deixando á parte os cursos do CLM que seguen un procedemento de matriculación e acreditación diferente, nestas actividades participaron 842 persoas, e expedíronse 758 diplomas (670 de asistencia e 88 de aptitude). Vemos, xa que logo, que a taxa de non superacióni acadou un 9,9%.

A través da convocatoria do CLM financiáronse 72 matrículas para realizar cursos de idiomas. En 66 casos as persoas matriculadas acadaron un diploma de aptitude, e a taxa de non superación do 8,33% (vid. táboa 1.6 do Anexo). A distribución por linguas foi a seguinte:

francés inglés alemán portugués italiano

31 24 4 4 3

Área de Formación para a promoción

En 2017 impartiuse un curso vinculado a esta área. Ao convocarse un proceso selectivo para acceder á escala administrativa (subgrupo C1) pola quenda de promoción interna, esta actividade permitiu habilitar a un membro do PAS para concorrer a el (vid. táboa 2 do Anexo).

Área de Seguridade e Prevención

Por proposta do Comité de Seguridade e Saúde organizáronse 8 cursos vinculados a esta área, que supuxeron un total de 32 horas de formación. As persoas que asistiron a eles acadaron 91 títulos de asistencia e 71 de aptitude (vid. táboa 3 do Anexo). A taxa de non superación neste caso é de 19,4%.

Campus de Santiago Campus de Lugo Santiago/Lugo (persoal dos dous campus)

3 3 2

Área Directiva

No marco desta área organizouse un curso de 15 horas de duración no Campus de Santiago, no que a demanda ascendeu a 39 solicitantes. Admitíronse 25 persoas, das que 19 recibiron cadanseu diploma de aptitude (vid. táboa 4 do Anexo).

(5)

5

Formación Externa

En 2017 concedéronse 66 axudas para asistir a actividades de formación externa. Grazas e elas PAS da Universidade asistiu a 20 eventos formativos —cursos, xornadas, encontros…— (vid. táboa 5 do Anexo). Cremos necesario destacar que este tipo de formación resulta imprescindible para poder atender necesidades ás que non é posible dar resposta dun xeito directo a través dunha acción formativa convencional. A modo de exemplo, durante o 2017 procedeuse á capacitación do persoal que realiza funcións de coidado de animais en experimentación, imprescindible tras un cambio normativo que afectou a este colectivo.

Para poder desenvolver todas as actividades executadas desde a Sección de Formación houbo que empregar 11 espazos diferentes no caso do campus de Santiago. Esta dispersión obrigada dificulta unha xestión eficiente á hora de buscar os lugares e horarios que favorezan a participación do PAS.

A dificultade increméntase cando é necesario empregar recursos informáticos pois para poder instalar determinados programas e recursos, hai que solicitar permisos nos decanatos dos centros, contactar cos técnicos de instalación, etc. que supoñen un custe engadido.

Agardamos que este problema poida resolverse neste 2018, pois esperamos contar cunha aula de formación estable situada na Biblioteca Concepción Arenal, un investimento xa recollido nos orzamentos de 2018.

Descrición das actividades organizadas pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP)

As actividades formativas convocadas pola EGAP organízanse en dúas modalidades, segundo a forma en que se imparten:

1. actividades de teleformación e/ou presenciais (que contan sempre cunha persoa que exerce as funcións de docente ou titor/ra)

2. actividades de autoformación (que ofrecen unha experiencia de formación totalmente autónoma, na que a EGAP pon ao dispor do alumnado unha serie de materiais formativos sobre os que nunha data determinada se realizará unha proba de avaliación presencial) Na primeira delas, a EGAP recibiu un total de 2127 solicitudes de matrícula, das cales 1340 (62%) corresponderon a membros da USC. Unha porcentaxe semellante acadouse tamén na acreditación da formación: o persoal da USC recibiu 538 diplomas (57% dos emitidos para as tres universidades).

Estes datos poden verse con máis detalle na Táboa 1.- EGAP-teleformación/presencial.

Estas cifras amosan que ao PAS da USC interésanlle moito as accións formativas ofertadas pola EGAP nesta modalidade, e son un bo argumento para seguir mantendo, promovendo e incrementando a relación con esta institución para complementar a oferta formativa planificada e xestionada desde a Sección de Formación.

(6)

6 Pola contra, a vía da autoformación resultoulle moito menos interesante: dun total de 3498 solicitudes de participación recibidas na EGAP só 365 (10,4%) procederon da USC. E se analizamos os diplomas emitidos chegamos a uns resultados semellantes: só o 11,8% dos diplomas (176 sobre un total de 1492) corresponderon a persoal da USC.

Táboa 1.- EGAP- teleformación/presencial

Nome do curso Nº diplomas USC

Medio de linguaxe administrativa galega 10

Superior de linguaxe administrativa galega 1

Lingua inglesa. Nivel básico 1 (A1) 13

Lingua inglesa. Nivel básico 2 (A2) 20

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais

(Microsoft office 2010) 24

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft office 2010) 19 Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft office 2010) 21 Introdución á protección de datos persoais. Regulamento europeo 2016/679, de

protección de datos. 21

Seguridade da información no ámbito das Universidades Públicas 27 Sistema operativo, busca da información: Internet/Intranet e correo electrónico

(contorno Windows) 27

A Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia 23

A transparencia da Administración e os mecanismos de información 6

A xurisdición contencioso administrativa 13

Atención á cidadanía 21

Certificado dixital 28

Como deseñar presentacións eficaces 26

Curso básico de Seguridade Social 23

Incompatibilidades dos empregados públicos de Galicia 32

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das

administracións públicas 19

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público 23 Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social 6 Modalidades contractuais recollidas no Estatuto dos Traballadores e na Lei 14/2011, do

1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación 33

Prevención e xestión de conflitos 25

Protocolo universitario 21

Seguridade dixital a nivel de usuario 30

Xestión de proxectos I+D+I no horizonte 2020 15

Propiedade intelectual nas bibliotecas 11

Totais 538

Táboa 2.- EGAP- Autoformación

NOME DO CURSO Núm. Diplomas

Incompatibilidades dos empregados públicos de Galicia USC 6

As subvencións. Regulación estatal e autonómica 4

(7)

7 Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social 1

Réxime disciplinario do empregado público de Galicia 9

Xénero e igualdade nas administracións públicas. A súa evolución normativa 4 Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do

Estatuto básico do empregado público 11

Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia 15 A Administración electoral: o papel das administracións galegas 2 Lei 16/2010, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público

autonómico de Galicia 3

Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de

réxime financeiro e orzamentario de Galicia 3

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público 17 Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións

públicas 11

Cooperación transfronteiriza e cohesión 3

Introdución á Unión Europea e ao seu dereito 5

O principio de subsidiariedade no dereito da Unión Europea, o seu control 2

Introdución ao Dereito da UE para os xestores públicos 0

Cambio e motivación nas organizacións 4

Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos 3 Linguaxe administrativa non sexista e imaxe igualitaria na práctica da xestión pública 10

Básico en prevención de riscos laborais 3

Prevención de riscos laborais en oficinas e despachos 2

A calidade na Administración pública. Procesos e procedementos 4 Iniciación á administración electrónica. Seguranza da información e protección de datos 5

Seguridade dixital a nivel de usuario 1

Uso avanzado de aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc) 3 Uso avanzado de aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer) 1 Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base) 2 Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft office 2010) 4 Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft office 2010) 9 Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc) 7 Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft office) 2 Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer) 6 Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress). 0 Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información (Microsoft office 2010) 6 Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico

(GNU/Linux) 4

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (Windows) 4

totais 176

(8)

8

Valoración dos usuarios e usuarias sobre as accións formativas

Neste apartado ofreceremos datos sobre a opinión que as e os participantes nas accións formativas xestionadas pola Sección (non contamos con datos das xestionadas por outras entidades2) teñen sobre elas.

Neste 2017 cambiamos a modalidade de distribución dos nosos cuestionarios. Abandonamos os formularios en papel para comezar a realizar (desde mediados de ano) enquisas en liña, co fin de facer unha xestión máis eficiente e automatizada, e reducir o consumo deste.

A través dun ou doutro formato, poñemos ao dispor de todo o alumnado un cuestionario que busca determinar a súa satisfacción coa actividade formativa que acaba de cursar e co persoal docente que a impartiu. Nun futuro próximo esperamos implementar instrumentos que nos permitan medir tamén a eficacia da formación e a transferencia ao posto de traballo.

Imos presentar nas páxinas seguintes os resultados máis relevantes que se desprenden da análise deses cuestionarios.

Gráfica 1.- Valoración global do curso. Área de Formación Operativa

A valoración xeral sitúase maioritariamente entre o 4 e o 5, nunha escala de 1 a 5 puntos.

Evidentemente son datos moi positivos, especialmente se temos en conta que máis do 80% das accións acada unha valoración que supera o 3; pero tamén hai que fixarse nese 8% de cursos que non acadaría o “aprobado”, para determinar que razóns motivan unha valoración tan negativa.

Repasamos agora os bloques en que se estrutura o cuestionario, e vemos a súa evolución ao longo dos cinco últimos anos.

2 A medio prazo, esperamos dispoñer tamén de datos referentes á formación xestionada a través do CLM, ben a través dos métodos de medición da satisfacción que eles poidan implantar, ben a través dos cuestionarios da propia Sección de Formación.

11%8%

55% 26%

nd 2-3 3-4 4-5

(9)

9

Bloque 1.- Organización

Forman parte del as respostas ás seguintes preguntas (valoradas tamén en escala de 1 a 5):

1. Información previa recibida do curso 2. Sistema de selección empregado

3. Adecuación da duración do curso aos contidos 4. Horarios

5. Número de alumnos/as axeitado para a aprendizaxe 6. Aulas e instalacións

(nos cursos en liña engadiuse un ítem relativo á satisfacción coa plataforma virtual)

Gráfica 2.- Valoración da organización

Nun marco xeral de boa valoración, e despois de catro anos con puntuacións estables entre 3,8 e 3,9, neste 2017 a opinión media sobe ata 4.05.

Analizando cada unha das preguntas por separado, a que recibe unha valoración máis baixa (entre 3,34 e 3,81 segundo os anos) é “Información previa recibida do curso”. Isto obríganos a extremar o coidado e buscar fórmulas que nos permitan que a información previa da acción formativa chegue a todos os seus destinatarios, e que o faga de xeito claro e detallado.

Bloque 2.- Obxectivos/Contidos

Os ítems valorados que pertencen a este bloque son:

1. Conseguíronse os obxectivos do curso?

2. Os contidos satisfixeron as miñas necesidades de formación

3. Adquirín os coñecementos previstos segundo os obxectivos propostos

3,87

3,8

3,86 3,82

4,05

3,6 3,7 3,8 3,9 4 4,1

2013 2014 2015 2016 2017

(10)

10

Gráfica 3.- Valoración dos obxectivos e contidos

Os datos mantéñense moi estables arredor do 4, un nivel que podemos considerar satisfactorio.

Chama a atención o dato máis baixo, que se produciu no 2016 e que parece corrixirse no 2017.

Bloque 3.- Percepción da aprendizaxe

Este bloque agrupa os ítems:

1. Paréceme axeitado o contido teórico do curso.

2. Paréceme axeitado o contido práctico do curso.

3. Cumpríronse as miñas expectativas de aprendizaxe.

4. Nivel de adaptación do curso ás miñas necesidades.

Gráfica 4.- Percepción da aprendizaxe

Os datos son moi semellantes aos da Gráfica 3: unha puntuación media arredor de 4, unha baixada nos anos 2015 e 16, e unha recuperación en 2017.

Satisfacción global

Como era de agardar, os datos parciais reflíctense na satisfacción global coa actividade formativa

4,04 4,04

3,96

3,9

4

3,8 3,85 3,9 3,95 4 4,05 4,1

2013 2014 2015 2016 2017

4,09 4,11

3,99

3,91

3,99

3,8 3,9 4 4,1 4,2

2013 2014 2015 2016 2017

(11)

11

Gráfica 5.- Satisfacción global coa actividade formativa

Nun intento de indagar por que motivo o ano 2016 é o que acada a valoración máis baixa de toda a serie histórica en calquera dos parámetros que analizamos, revisamos con detalle as accións formativas que nese ano acadaron unha valoración que non consideramos satisfactoria. E o que atopamos é que tres cursos impartidos a través de videoconferencia recibiron unha cualificación inferior a 3 puntos. Tamén é destacable a baixa valoración obtida en dúas accións formativas de temática relacionada coa área económica.

Identificar estas feblezas obríganos a prestar especial atención a elas neste 2018, comprobando que os medios técnicos para impartir formación por videoconferencia sexan óptimos e non afecten a calidade da actividade, e seguindo de perto as actividades que prevemos desenvolver na área económica, maioritariamente motivadas pola entrada en vigor da Lei de contratos.

Chamou tamén a nosa atención a puntuación (4,36) acadada na acción formativa programada para a Área Directiva, que concorda ademais coa valoración que recibiu o seu profesorado, como se verá máis adiante. Se a isto lle engadimos a alta demanda que tivo esta actividade, cremos que se deben planificar máis actuacións nesta área no ano seguinte.

Valoración do profesorado

Dentro da Área de Formación Operativa, a gran maioría do profesorado é persoal propio da USC, como se pode ver na gráfica seguinte:

Gráfica 6.- Profesorado da USC en Formación Operativa

4,09 4,11

3,99

3,91

3,99

3,8 3,9 4 4,1 4,2

2013 2014 2015 2016 2017

73%

27% si

non

(12)

12 A valoración global deste profesorado, medida por tramos de puntuación é a seguinte:

Gráfica 7.- Valoración global do profesorado en Formación Operativa

Se transformamos estes datos nunha nota media global esta sería 4,24. Destaca polos seus bos resultados o profesorado dos ámbitos de Calidade (4,52) e Informática (4,41).

É fóra da Área Operativa, cabe salientar a valoración obtida polo profesorado da única acción formativa impartida na Área Directiva, que acadou un 4,6 sobre 5.

5%

35%

33%

27% nd

2-3 3-4 4-5

(13)

Anexo de táboas

Táboa 1: Cursos de Formación Operativa e campus

Código Nome curso Campus3

17FOB023 Altmetrics: métricas alternativas para a avaliación científica 4

17FOB009 RDA, nova normativa de catalogación 4

16FOI033 Ferramentas dixitais e competencias 2.0 4

17FOI025 Creación e edición de arquivos dixitais con Acrobat XI Pro 1

17FOI002 Manexo de equipo, sistemas de videoconferencia e outros equipamentos tic 1

17FOI001 Manexo de equipos, sistemas de videoconferencia e outros equipamentos tic 1

17FOI003 Manexo de equipos, sistemas de videoconferencia e outros equipamentos TIC. 2

17FOI004 Manexo de equipos, sistemas de videoconferencia e outros equipamentos TIC 2

17FOI049 Office 365, utilidades básicas 2

17FOI016 Office 365. Utilidades básicas 1

17FOI028 Office 365. Utilidades básicas 1

17FOI047 Office 365. Utilidades básicas 1

17FOI038 Publicacións dixitais profesionais: deseño, autoedición, maquetación e diagramación con Scribus 4

17FOI036 Trucos e boas prácticas na elaboración de documentos dixitais 4

17FOU007 Mantemento de edificios e protocolo de actuación ante incidencias 1

17FOU011 Mantemento de edificios e protocolo de actuación ante incidencias 1

17FOU018 Mantemento de edificios e protocolo de actuación ante incidencias 2

17FOU017 Mantemento de edificios e protocolo de actuación fronte a incidencias 2

17FOL012 Aspectos básicos das leis 39/2015 e 40/2015 do procedemento administrativo común e do réxime xurídico do sector público 1

3 1. campus de Santiago; 2. campus de Lugo; 4. conxuntamente Santiago e Lugo

(14)

14 17FOL029 Aspectos básicos das leis 39/2015 e 40/2015 do procedemento administrativo común e do réxime xurídico do sector público 1

17FOL013 Aspectos básicos Leis 39/2015 e 40/2015 do procedemento administrativo común e réxime xurídico sector público 2

17FOX006 Taller práctico de inglés intermedio 1

17FOT014 Funcionamento do correo postal na USC 1

17FOT015 Funcionamento do correo postal na USC 1

17FOT019 Funcionamento do correo postal na USC 2

17FOT020 Funcionamento do correo postal na USC 2

17FOC027 Manexo da aplicación de axuda ao sistema de xestión (AASX) 1

17FOC026 Manexo da aplicación de axuda ao sistema de xestión (AASX) 1

17FOC030 Manexo da aplicación de axuda ao sistema de xestión (AASX) 1

17FOC031 Manexo da Aplicación de Axuda aos Sistemas de Xestión. (AASX) 2

17FOC005 Metodoloxía para a identificación e avaliación do risco na norma iso 9001:2015 1

17FOC039 Os sistemas de garantía de calidade e o ciclo vsma dos títulos oficiais: verificación, seguimento, modificación e acreditación 1 17FOC040 Os sistemas de xestión de calidade e o ciclo VSMA dos títulos oficiais: verificación, seguimento, modificación e acreditación. Campus Lugo 2

17FON044 Arredor dos MOOC nun contexto universitario 2

17FON042 Atrapa a quen te escoita. Como enfrontarse ao reto de educar a través dunha cámara 2

17FON043 Como coordinar unha titulación de máster online 2

17FON034 Formación no uso do Campus Virtual para persoal da BUSC 2

17FON041 Formación oficial semipresencial en universidades españolas. Desafíos, respostas e estudos de caso 2

17FON058 Gravación de vídeos para o desenvolvemento de MOOC e pílulas informativas e formativas 1

17FON050 Introdución ao redeseño de procesos e procedementos 4

17FON051 Introdución ao redeseño de procesos e procedementos 4

(15)

15

17FON024 Posprodución e corrección de cor na edición de vídeo 1

17FON037 Posprodución, efectos e realización de cabeceiras 1

17FON033 Uso do campus virtual para persoal da BUSC 1

17FON035 Uso do campus virtual para persoal da BUSC 1

17FOM022 Acoso sexual e acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xenero no contexto universitario 2 17FOM021 Acoso sexual e acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero no contexto universitario 1

Táboa 1.2: Formación Operativa- tema Bibliotecas

Código CURSO Campus Horas Prazas Solic. Adm. Dipl. Aptitude

17FOB023 Altmetrics: métricas alternativas para a avaliación cientÍfica 4 45 30 50 30 24

17FOB009 RDA, nova normativa de catalogación 4 50 33 66 33 33

Totais 57

Táboa 1.3: Formación Operativa- tema Informática

Código Nome_curso Camp H Prazas Solic. Admit D. Asist D. Ap

17FOI025 Creación e edición de arquivos dixitais con acrobat XI pro 1 10 25 36 24 18 0

17FOI002 Manexo de equipo, sistemas de videoconferencia e outros equipamentos TIC 1 3 25 15 10 10 0 17FOI001 Manexo de equipos, sistemas de videoconferencia e outros equipamentos TIC 1 3 25 28 21 20 0 17FOI003 Manexo de equipos, sistemas de videoconferencia e outros equipamentos TIC. 2 3 20 18 17 15 0 17FOI004 Manexo de equipos, sistemas de videoconferencia e outros equipamentos TIC. 2 3 15 12 11 10 0

17FOI049 Office 365, utilidades básicas, Campus de Lugo 2 15 20 36 20 20 0

17FOI016 Office 365. Utilidades básicas 1 15 20 104 20 18 0

17FOI028 Office 365. Utilidades básicas 1 15 25 63 26 24 0

17FOI047 Office 365. Utilidades básicas 1 15 25 119 24 24 0

(16)

16 17FOI038 Publicacións dixitais profesionais: deseño, autoedición, maquetación e diagramación con Scribus 4 20 10 23 10 4 0

17FOI036 Trucos e boas prácticas na elaboración de documentos dixitais 4 20 10 87 10 0 7

totais 163 7

Táboa 1.4: Formación Operativa- tema Infraestruturas

Código Nome curso Camp Horas Prazas Solicit Admit T asist

17FOU007 Mantemento de edificios e protocolo de actuación ante incidencias 1 18 20 43 20 20 17FOU011 Mantemento de edificios e protocolo de actuación ante incidencias 1 18 20 27 19 17 17FOU018 Mantemento de edificios e protocolo de actuación ante incidencias 2 18 15 13 12 12 17FOU017 Mantemento de edificios e protocolo de actuación ante incidencias 2 18 20 17 17 16

65

Táboa 1.5: Formación Operativa- tema Lexislación

Curso Camp Horas Prazas Solicit. Admit. D. asistencia

Aspectos básicos das leis 39/2015 e 40/2015 do procedemento administrativo común e do réxime

xurídico do sector público 1 21 35 83 35 32

Aspectos básicos das leis 39/2015 e 40/2015 do procedemento administrativo común e do réxime

xurídico do sector público 1 21 35 58 33 32

Aspectos básicos Leis 39/2015 e 40/2015 do procedemento admvo. común e rex xurídico sector

público 2 21 30 35 35 34

98

(17)

17

Táboa 1.6: Formación Operativa- tema Linguas estranxeiras

id_curso n_curso Camp Solicit Admit T Apt

CLM ALEMÁN 4 5 5 4

CLM FRANCÉS 4 31 31 31

CLM INGLÉS 4 29 29 24

CLM ITALIANO 4 3 3 3

CLM PORTUGUÉS 4 4 4 4

66

Táboa 1.7: Formación Operativa- tema Xenérico

id_curso n_curso Camp Horas Plazas Solicit Admit T Asist 17FOT014 Funcionamento do correo postal na usc 1 5 30 40 30 30 17FOT015 Funcionamento do correo postal na usc 1 5 30 26 23 23 17FOT019 Funcionamento do correo postal na USC 2 5 20 19 19 17 17FOT020 Funcionamento do correo postal na USC 2 5 15 14 13 10

80

(18)

18 Táboa 1.8: Formación Operativa- tema Calidade

id_curso n_curso Camp Horas Prazas Solicit Admit T Asist

17FOC027 Manexo da aplicación de axuda ao sistema de xestión (AASX) 1 5 25 21 21 21

17FOC026 Manexo da aplicación de axuda ao sistema de xestión (AASX) 1 5 25 28 27 25

17FOC030 Manexo da aplicación de axuda ao sistema de xestión (AASX) 1 3 9 8 8 7

17FOC031 Manexo da Aplicación de axuda aos sistemas de xestión. (AASX) 2 5 14 14 14 13

17FOC005 Metodoloxía para a identificación e avaliación do risco na norma iso 9001:2015 1 6 9 9 9 9

17FOC039

Os sistemas de garantía de calidade e o ciclo VSMA dos títulos oficiais: verificación, seguimento, modificación e

acreditación 1 14 50 32 27 24

17FOC040 Os sistemas de xestión de calidade e o ciclo VSMA dos títulos oficiais: verificación, seguimento, modificación e

acreditación. Campus Lugo 2 14 12 10 9 9

108

Táboa 1.9: Formación Operativa- tema Novas Tecnoloxías

id_curso n_curso Camp Horas Prazas Solicit Admit T Asist T Apt

17FON044 Arredor dos MOOC nun contexto universitario 2 5 10 12 8 6 0

17FON042 Atrapa a quen te escoita. Como enfrontarse ao reto de educar a través dunha cámara 2 5 11 13 9 7 0

(19)

19

17FON043 Como coordinar unha titulación de máster online 2 5 4 9 4 2 0

17FON034 Formación no uso do Campus Virtual para persoal da BUSC 2 20 8 8 8 0 0

17FON041 Formación oficial semipresencial en universidades españolas. Desafíos, respostas e estudos de caso 2 8 7 12 8 7 0 17FON058 Gravación de vídeos para o desenvolvemento de mooc e pílulas informativas e formativas 1 20 10 11 9 7 0

17FON050 Introdución ao redeseño de procesos e procedementos 1 5 24 24 24 21 0

17FON051 Introdución ao redeseño de procesos e procedementos 1 5 32 32 32 31 0

17FON024 Posprodución e corrección de cor na edición de vídeo 1 15 10 10 9 7 0

17FON037 Posprodución, efectos e realización de cabeceiras 1 20 10 5 5 5 0

17FON033 Uso do campus virtual para persoal da BUSC 1 20 11 12 11 0 11

17FON035 Uso do campus virtual para persoal da BUSC 1 20 13 13 13 0 13

93 24

Táboa 1.10: Formación Operativa- tema Xénero e Igualdade

id_curso n_curso Camp Horas Prazas Solicit Admit T Asist

17FOM022 Acoso sexual e acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero no contexto univ 2 3 15 15 15 10 17FOM021 Acoso sexual e acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero no contexto univ 1 3 30 33 27 23

33

(20)

20

Táboa 2: Área de formación para a promoción

id_curso n_curso Camp Horas Prazas Solicit Admit T Apt

17FPP032 Formación para o persoal func. do subgrupo C2 que careza da titulación para promocionar ao C1 1 3 1 1 1 1

Táboa 3: Área de Seguridade e Saúde

id_curso n_curso Camp Horas Plazas Solicit Admit T Asist T Apt

17SPS045 Coidado da voz 4 2 50 36 35 0 28

17SPS046 Manipulación manual de cargas 1 1 15 22 21 14 0

17SPS048 Manipulación manual de cargas 2 1 15 8 8 6 0

17SPS055 Manipulación manual de cargas 2 1 15 8 8 8 0

17SPS054 Prevención de riscos en laboratorio 2 9 25 22 20 17 0

17SPS053 Prevención de riscos en laboratorios 1 9 25 26 24 20 0

17SPS010 Prevención de riscos en postos de administración 4 2 50 56 55 0 43 17SPS008 Prevención de riscos na área de conserxería 1 7 25 34 30 26 0

32 220 212 201 91 71

Táboa 4: Área Directiva

id_curso n_curso Horas Prazas Solicit Admit T Apt

17DDD052 Organización e produtividade persoal co método GTD 10 25 39 25 19

(21)

21

Táboa 5: Formación Externa

id_curso n_curso

17EFC001 Formación de auditor líder ISO 9001 Q-04

17EBF002 Ferramentas de xestión e edición de rexistros bibliográficos MARC 17ELD003 III Xornadas técnicas galaico durienses de deporte universitario 17EBF004 O libro antigo: características, problemas de identificación e descrición 17EAF005 Seminario: Internationalising Learning: English as a medium of instruction 17EBF006 Pautas e criterios para valorar documentos

17ELF007 Réxime xurídico de universidades 17EBF008 Taxación de materiais bibliográficos

17ELF009 Puntos conflitivos no marco legal das relacións laborais

17ELF010 Dez anos de inestabilidade: o réxime xurídico do persoal docente e invest.

17EAL011 Capacitación para o exercicio das funcións do persoal dos animalarios 17ESL012 Alerta ISSGA, pode haber amianto

17ESL013 Comisión sectorial da CRUE

17ESL014 Congreso Nacional de Prevención de Riscos Laborais 17EBF015 Dspace 6 para administradores

17EXX016 Xornadas xerencia universitaria

17ESL017 Experimentación Animal: Funcións A,B,C

17ELF018 Redacción do Recurso de Casación Contencioso-Administrativo 17ESL019 Nanotecnoloxía e prevención de riscos laborais

17EAL020 Capacitación persoal que realice funcións coidado animais experimentación

i taxa de non superación: porcentaxe de persoal admitido nunha acción formativa que non acada certificación (asistencia ou aproveitamento, segundo o caso)

Referencias

Documento similar

En la base de datos de seguridad combinados de IMFINZI en monoterapia, se produjo insuficiencia suprarrenal inmunomediada en 14 (0,5%) pacientes, incluido Grado 3 en 3

En este ensayo de 24 semanas, las exacerbaciones del asma (definidas por el aumento temporal de la dosis administrada de corticosteroide oral durante un mínimo de 3 días) se

En un estudio clínico en niños y adolescentes de 10-24 años de edad con diabetes mellitus tipo 2, 39 pacientes fueron aleatorizados a dapagliflozina 10 mg y 33 a placebo,

• Descripción de los riesgos importantes de enfermedad pulmonar intersticial/neumonitis asociados al uso de trastuzumab deruxtecán. • Descripción de los principales signos

Debido al riesgo de producir malformaciones congénitas graves, en la Unión Europea se han establecido una serie de requisitos para su prescripción y dispensación con un Plan

La Intervención General de la Administración del Estado, a través de la Oficina Nacional de Auditoría, en uso de las competencias que le atribuye el artículo 168

La Intervención General de la Administración del Estado, a través de la Oficina Nacional de Auditoría, en uso de las competencias que le atribuye el artículo

La campaña ha consistido en la revisión del etiquetado e instrucciones de uso de todos los ter- mómetros digitales comunicados, así como de la documentación técnica adicional de