SEGUIMENTO DO SISTEMA DE GARANTÍA DE CALIDADE
Código: F02-PM-01
Versión: 01
DATA: 16/03/2015
CURSOS 2012
-
2013 2013-2014Páxina 1 de 20
SEGUIMENTO DO SISTEMA DE GARANTÍA INTERNA DE CALIDADE
CENTRO TÍTULOS SEGUIMENTO DATA DE
REALIZACIÓN
ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR Graos en:
E. Agrícola e do M. R.
E. das Industrias Agroalimentarias E. Forestal e do M.N.
E. Civil
E. Xeomática e Topografía Másteres Universitarios en:
E. de Montes E. Agronómica Dirección de Proxectos Xestión Sustentable da Terra e do
Territorio
Curso 12-13
Curso 13-14 02/02/2015
INFORMACIÓN DE ENTRADA PARA A ANÁLISE
1.
A Política de Calidade e obxectivos xerais.No ano 2011 o Sistema Interno de Garantía de Calidade da Escola Politécnica Superior recibe o certificado FIDES AUDIT de calidade que empeza a ser desenvolto dende ese ano.
A Escola Politécnica Superior (EPS) é consciente da importancia que ten a calidade no contexto universitario para garantir programas formativos que dean resposta ás demandas de excelencia no contexto universitario.
Tomando como referencia a política de calidade da USC (enmarcada dentro do despregamento do seu Plan Estratéxico e o Plan de Calidade) a EPS elabora a súa política marcándose como principal obxectivo desta o desenvolvemento de programas formativos que estean avalados por unha xestión de calidade como elemento clave e estratéxico para establecer un compromiso de máxima eficacia cos nosos grupos de interese.
A EPS quere ser recoñecida no contexto universitario e social por desenvolver programas formativos que garanten a mellor e máis adecuada formación para os seus estudantes, dando resposta ás demandas do mercado laboral, tecnolóxico e investigador, garantindo as condicións de desenvolvemento profesional axeitadas ao seu persoal docente, investigador e de servizos e rendendo contas do investimento e optimización dos seus recursos. A EPS dirixe os seus esforzos cara á plena consecución da satisfacción das necesidades e expectativas de todos os seus grupos de interese e, co obxectivo de satisfacelos, comprométese a empregar todos os recursos técnicos, económicos e humanos á súa disposición; sempre
SEGUIMENTO DO SISTEMA DE GARANTÍA DE CALIDADE
Código: F02-PM-01
Versión: 01
DATA: 16/03/2015
CURSOS 2012
-
2013 2013-2014Páxina 2 de 20
dentro do estrito cumprimento dos requisitos legais aplicables, tanto a nivel autonómico como estatal e europeo.
Por todo iso, a EPS adquiriu o firme compromiso de garantir a calidade nas actividades que desenvolve, establecendo como piares da súa política de calidade os seguintes principios que se consideran vixentes na actualidade:
Responsabilidade: proporcionar unha formación dirixida cara á excelencia garantindo unha oferta académica acorde coas necesidades e expectativas dos nosos usuarios e da sociedade en xeral.
Integración, participación e igualdade: esta escola establece como un dos principios claves da súa política que todas as necesidades dos seus grupos de interese sexan atendidas e que todos participen no desenvolvemento da Escola a través das vías establecidas para iso garantindo a accesibilidade, a participación e a igualdade.
Orientación ao alumnado: este Centro garante no seu programa formativo a orientación ao alumnado entendendo que é o principal receptor deste.
Excelencia: o traballo desta Escola realízase tendo como meta alcanzar a excelencia que marcan os principais modelos de calidade universitaria e as principais escolas e facultades recoñecidas.
Transparencia: Esta Escola basea a xestión do seu programa formativo na transparencia nos seus resultados e na difusión destes aos seus grupos de interese.
A Dirección da EPS adquire o compromiso permanente coa mellora continua do seu programa formativo, para o cal o seu Director naquel momento, D. Javier Bueno Lema, renovou a subscrición deste documento de política de calidade o día 26 de Setembro de 2013.
O seguinte informe refírese aos cursos 2012-2013 e 2013-2014, cursos nos que se completa a oferta de todos os niveis dos novos Graos e Másteres que actualmente son impartidos na EPS e que figuran no encabezado.
Nos cursos anteriores comezara a implantación do SGIC co desenvolvemento da documentación requirida para o seu desenvolvemento e coa elaboración dos primeiros informes de seguimento dos graos novos referidos aos seus dous primeiros anos. Non se propuxeron accións de mellora naquel momento.
Nos cursos 2012-2013 e 2013-2014 as Comisións de título e a Comisión de Calidade do Centro propuxeron unha serie de accións de mellora que tiñan como principios reitores os apuntados máis arriba e como obxectivos xerais os seguintes:
O1.
Ofrecer plans formativos de calidade e adecuados ás necesidades do ámbito do exercicio profesional dos nosos egresados.SEGUIMENTO DO SISTEMA DE GARANTÍA DE CALIDADE
Código: F02-PM-01
Versión: 01
DATA: 16/03/2015
CURSOS 2012
-
2013 2013-2014Páxina 3 de 20
O2.
Incrementar o número de alumnos e alumnas nas distintas titulacións para dar cumprimento ao Decreto 222/2011 da Consellería de Educación.O3.
Manter, no actual contexto de restricións orzamentarias, as dotacións de recursos materiais e de recursos humanos suficientes para ofrecer con calidade os nosos plans formativos.O4.
Internacionalización.2. Os resultados do seguimento e cumprimento dos obxectivos da Planificación Anual de Calidade do Centro.
As accións de mellora emprendidas no marco do SGIC da EPS nos cursos aos que se refire este informe partiron por unha banda, das análises efectuadas polas Comisións de Título de cada unha das titulacións impartidas na EPS, e por outra, das recomendacións incluídas nos Informes de Seguimento emitidos ata a data pola ACSUG. As accións foron aprobadas na Comisión de Calidade.
Dos títulos impartidos, só non se tiveron en conta para a elaboración deste informe os Informes de Seguimento do Máster Interuniversitario en Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega que é coordinado dende a Universidade de A Coruña, e é esta universidade quen realiza o seguimento do título.
A continuación, detallaranse nas seguintes táboas as accións de mellora emprendidas e os resultados acadados para cada un dos obxectivos aos que se facía referencia no apartado anterior.
Táboa 1. Accións de mellora correspondentes ao obxectivo O1
Obxectivo O1: Ofrecer plans formativos de calidade e adecuados ás necesidades do ámbito do exercicio profesional dos nosos egresados buscando mellorar as taxas de rendemento e a empregabilidade.
ACCIÓN OBSERVACIÓNS RESPONSABLES ÓRGANOS DE SEGUIMENTO
DATA DE FINALIZACIÓN 1.Mellora da información
pública relativa aos títulos
Estanse a revisar as webs dos títulos en todos os idiomas e mellorando a información proporcionada aos distintos grupos de interese.
Coordinadores dos títulos Responsable de Calidade SXOPRA
Comisións dos Títulos Comisión de Calidade
Realizadas correccións na información pública relativa ás taxas de rendemento, información sobre curso ponte.
En proceso
2. Elaboración dun Subdirectora de Comisión de 21/11/2013
SEGUIMENTO DO SISTEMA DE GARANTÍA DE CALIDADE
Código: F02-PM-01
Versión: 01
DATA: 16/03/2015
CURSOS 2012
-
2013 2013-2014Páxina 4 de 20
Obxectivo O1: Ofrecer plans formativos de calidade e adecuados ás necesidades do ámbito do exercicio profesional dos nosos egresados buscando mellorar as taxas de rendemento e a empregabilidade.
ACCIÓN OBSERVACIÓNS RESPONSABLES ÓRGANOS DE SEGUIMENTO
DATA DE FINALIZACIÓN regulamento de prácticas
externas
Prácticas da EPS. Calidade Xunta de Centro
Aprobación Xunta de Centro
3.Mellora da transmisión da información relativa ao funcionamento dos títulos ao estudantado
Realizáronse reunións periódicas co estudantado dos Graos e de Curso Ponte para
proporcionarlles información sobre os aspectos máis relevantes relativos ao
funcionamento de cada un dos títulos (orientación á matrícula, especialidades, Traballo Fin de Grao, etc.
Coordinadores de Título e de curso.
Comisións dos Títulos
Realizadas no curso 13-14.
4. Enquisas propias ao alumnado para recoller datos non ofrecidos na enquisa común.
Relizáronse nos títulos de:
EAMR, E.Forestal, EIAA
Coordinadores dos títulos
Comisións dos títulos.
Realizadas nas titulacións de E.
Forestal e E.
Civil e no Master de Dirección de Proxectos.
5. Formación ao
profesorado para o emprego da aula virtual na docencia semipresencial
Realizáronse como preparación para o inicio da docencia nos cursos ponte mediante petición do centro ao Plan de Formación e Innovación Docente.
Director EPS Responsable de calidade
Xunta de Centro. Realizadas no curso 11-12 e certificadas en 2013.
6. Incremento das accións de coordinación nos diferentes títulos
Creación de aulas virtuais de coordinación nas titulacións de E. Civil e Master de Enxeñaría Agrónoma. E. IAA
Coordinadores dos títulos
Comisións dos títulos.
Operativas no curso 12-13.
SEGUIMENTO DO SISTEMA DE GARANTÍA DE CALIDADE
Código: F02-PM-01
Versión: 01
DATA: 16/03/2015
CURSOS 2012
-
2013 2013-2014Páxina 5 de 20
Obxectivo O1: Ofrecer plans formativos de calidade e adecuados ás necesidades do ámbito do exercicio profesional dos nosos egresados buscando mellorar as taxas de rendemento e a empregabilidade.
ACCIÓN OBSERVACIÓNS RESPONSABLES ÓRGANOS DE SEGUIMENTO
DATA DE FINALIZACIÓN E.AMR
Revisión guías docentes realizado en E Civil.
7. Revisión das normas específicas de cada título que regulan o
funcionamento dos TFG.
Coordinadores dos títulos
Comisións dos títulos.
8. Mellora da participación do estudantado nas enquisas
Mediante difusión do evento a traveso de carteis, correos
electrónicos e difusión por parte dos titores.
Responsable de Calidade Coordinadores dos títulos e de curso.
Comisión de Calidade.
Comisións dos títulos.
Realizado nos períodos de habilitacións das enquisas para cada curso.
9. Establecemento de dobres graos con
universidades estranxeiras
No curso 13-14 realizouse un estudo para establecer dobres graos coa UNESP.
As comisións de título propuxeron esta mesma acción dentro da EPS.
Dirección da EPS Coordinadores dos títulos e de curso.
Comisión de Calidade.
Comisións dos títulos.
Xunta de Centro.
En proceso.
10. Incremento das relación da EPS con outros centros e co eido da actividade profesional dos diferentes títulos (colexios,
organismos, empresas)
O título de E. Xeomática e Topografía iniciou os pasos para crear unha rede de centros.
O resto de títulos manteñen contactos continuados cos colexios profesionais.
Dirección EPS Coordinadores dos Títulos
Comisións de título.
Xunta de Centro.
A Rede de Centros está sen
desenvolverse.
O resto de contactos realízanse de xeito periódico.
11. Colaboración coa biblioteca para facilitar a adquisición de competencias informacionais e outras por
Os graos de E. en Industrias
Agroalimentarias, E.
Xeomática e Topografía,
Coordinadores dos títulos
Comisións de título
Outubro 2012 Outubro 2013
SEGUIMENTO DO SISTEMA DE GARANTÍA DE CALIDADE
Código: F02-PM-01
Versión: 01
DATA: 16/03/2015
CURSOS 2012
-
2013 2013-2014Páxina 6 de 20
Obxectivo O1: Ofrecer plans formativos de calidade e adecuados ás necesidades do ámbito do exercicio profesional dos nosos egresados buscando mellorar as taxas de rendemento e a empregabilidade.
ACCIÓN OBSERVACIÓNS RESPONSABLES ÓRGANOS DE SEGUIMENTO
DATA DE FINALIZACIÓN parte dos alumnos E. Forestal e E. Civil
colaboran coa Biblioteca facilitando a asistencia aos cursos organizados con esa finalidade.
12. Elaboración de materiais explicativos dos
procedementos do SGIC dirixidos aos grupos de interese. Estes materiais estarán a disposición na páxina web do centro
Difusión no apartado da páxina web oficial da EPS nun espazo específico dedicado ao SGIC.
Responsable de Calidade
Comisión de Calidade
En elaboración.
13. Incentivar a
participación do alumnado
Programa de alumnos titores.
Coordinadores dos títulos
Comisión de título Realízase en cada
convocatoria.
Táboa 2. Accións de mellora correspondentes ao obxectivo O2
Obxectivo O2: Incrementar o número de alumnos e alumnas nas distintas titulacións para dar cumprimento ao Decreto 222/2011 da Consellería de Educación.
ACCIÓN OBSERVACIÓNS RESPONSABLES ÓRGANOS DE SEGUIMENTO
DATAS DE FINALIZACIÓN
1.Xornadas de Portas Abertas.
Organizadas para estudantes de ensino medio.Beneficiouse da convocatoria de Axudas á Calidade da USC.
Subdirectora de Prácticas.
Responsable de Calidade.
Comisión de Calidade.
Realizadas en marzo de 2012, febreiro de 2013 e febreiro de 2014.
2. Participación en actividades do Campus de Lugo para a promoción das súas titulacións
Programa A Ponte Campus Científico Técnico de Verán
Subdirectora de Prácticas e coordinadores dos títulos.
Comisión de Calidade.
25-28, Xuño (2013) 23-27 Xuño (2014)
SEGUIMENTO DO SISTEMA DE GARANTÍA DE CALIDADE
Código: F02-PM-01
Versión: 01
DATA: 16/03/2015
CURSOS 2012
-
2013 2013-2014Páxina 7 de 20
Obxectivo O2: Incrementar o número de alumnos e alumnas nas distintas titulacións para dar cumprimento ao Decreto 222/2011 da Consellería de Educación.
ACCIÓN OBSERVACIÓNS RESPONSABLES ÓRGANOS DE SEGUIMENTO
DATAS DE FINALIZACIÓN
3.Stand na 37ª Semana Verde de Galiza
Visibilizáronse as distintas titulacións impartidas mediante folletos e posters.
Contactadas unhas 200 persoas.
Subdirectora de Prácticas.
Responsable de Calidade.
Director da EPS
Comisión de Calidade.
12-15 Xuño de 2014
4. Creación dunha páxina de Facebook institucional para dar visibilidade ás actividades do centro, dos títulos e das profesións para as que habilitan
Impacto da páxina:
633 seguen a páxina sendo o número de visitas medio da mesma 177 visitas.
Responsable de Calidade
Comisión de Calidade
11 de Marzo de 2013
5. Organización de actividades para a celebración dos aniversarios das
implantacións dos títulos de E. Agronómica, Topografía e Xeomática e E. Civil
Celebráronse conferencias, mesas redondas, congresos, exposicións e xornadas de portas abertas. A acollida destas iniciativas entre o estudantado e outros grupos de interese considerase moi positiva.
Coordinadores dos títulos de E.
Agronómica, E. Civil e E. Xeomática e Topografía
Comisións de título.
Comisión de Calidade.
Decembro 2014.
6. Colaboración coa organización do Campeonato D3Mobile
Colaborouse co Campionato internacional de modelado de precisión con el teléfono móbil, organizado por profesorado do centro. A EPS visibilízase deste xeito
Maria Luz Gil, vogal da Comisión de título.
Comisión de título
Maio 2014
7.Vídeos promoción titulacións
Para todos os Graos en colaboración coa área TIC da Deputación.
Rosa Romero, Subdirectora de Prácticas
Comisión de Calidade
Xullo 2014
SEGUIMENTO DO SISTEMA DE GARANTÍA DE CALIDADE
Código: F02-PM-01
Versión: 01
DATA: 16/03/2015
CURSOS 2012
-
2013 2013-2014Páxina 8 de 20
Obxectivo O2: Incrementar o número de alumnos e alumnas nas distintas titulacións para dar cumprimento ao Decreto 222/2011 da Consellería de Educación.
ACCIÓN OBSERVACIÓNS RESPONSABLES ÓRGANOS DE SEGUIMENTO
DATAS DE FINALIZACIÓN
8. Participación na campaña Ingenierías Verdes de promoción con outras universidades españolas
Promoción das titulacións de E.
Agrícola,
Agronómica, Forestal e de Montes a nivel estatal.
Obtívose
cofinanciamento na convocatoria de Axudas á Calidade da USC.
Responsable de Calidade
Comisión de Calidade
Maio 2012 Maio 2013
9. Impresión de folletos promocionais das titulacións
Obtívose
cofinanciamento na convocatoria de Axudas á Calidade da USC.
Responsable de Calidade
Comisión de Calidade
Maio 2012: non concederon.
Maio 2013.
Concedida Maio 2014.
Concedida
10. Fusión dos Graos derivados da Orden CIN/323/2009, de 9 de febrero, BOE de 19 febrero de 2009 habilitante para Enxeñeiro Agrícola
A comisión de redacción traballou ao longo do curso 12-13.
Director da EPS Xunta de Centro Realizado. O novo grao comezou a impartirse no curso 2014-2015.
SEGUIMENTO DO SISTEMA DE GARANTÍA DE CALIDADE
Código: F02-PM-01
Versión: 01
DATA: 16/03/2015
CURSOS 2012
-
2013 2013-2014Páxina 9 de 20
Táboa 3. Accións de mellora correspondentes ao obxectivo O3
Obxectivo O3: Manter, no actual contexto de restricións orzamentarias, as dotacións de recursos materiais e de recursos humanos suficientes para ofrecer con calidade os nosos plans formativos
ACCIÓN OBSERVACIÓNS RESPONSABLES ÓRGANOS DE SEGUIMENTO
DATA DE FINALIZACIÓN 1. Recomendación ao Dpto.
para a solicitude de prazas de profesorado asociado.
E. Civil (4 prazas) E. en Xeomática (non se
concederon prazas salvo dúas xubilacións)
Dpto. Enxeñaría Agroforestal.
Comisións de título.
Setembro 2013
2.Aluguer de equipamento topográfico
Petición para o seu financiamento ao programa de Axudas á Calidade Docente da USC.
Responsable de Calidade da EPS
Comisión de Calidade
Maio 2012 Maio 2013 Maio 2014
3. Acordo con empresas de software para uso de programas específicos de software topográfico e de expresión gráfica.
Petición para o seu financiamento ao programa de Axudas á Calidade Docente da USC.
José Antonio Pardiñas, vogal da Comisión de título Responsable de Calidade.
Comisión de Calidade Comisións de título
Maio 2013 Maio 2014. En 2014 non se concedeu a axuda para a adquisición da licenza do programa de expresión gráfica.
4. Coordinación de viaxes de prácticas entre varias materias
Peticións conxuntas
Profesorado das materias.
Responsable de Calidade.
Comisión de Calidade
Setembro 2013 Setembro 2014
5 Petición de axudas para a renovación das computadoras nas aulas de informática
Obtívose en 2012 axuda económica na convocatoria de Axudas á Calidade.
Responsable de Calidade.
Subdirector de Infraestruturas.
Comisión de Calidade
Maio 2012- Aula 1
Maio 2013. Non concederon esta axuda.
En 2014 non se concedeu esta
SEGUIMENTO DO SISTEMA DE GARANTÍA DE CALIDADE
Código: F02-PM-01
Versión: 01
DATA: 16/03/2015
CURSOS 2012
-
2013 2013-2014Páxina 10 de 20
Obxectivo O3: Manter, no actual contexto de restricións orzamentarias, as dotacións de recursos materiais e de recursos humanos suficientes para ofrecer con calidade os nosos plans formativos
ACCIÓN OBSERVACIÓNS RESPONSABLES ÓRGANOS DE SEGUIMENTO
DATA DE FINALIZACIÓN axuda.
6 Petición de axuda para a adquisición de canóns de vídeo
Pediuse en 2012 e 2013 na
convocatoria de Axudas á Calidade
Responsable de Calidade.
Subdirector de Infraestruturas.
Comisión de Calidade
Maio 2012: non concederon axuda.
Táboa 4. Accións de mellora correspondentes ao obxectivo O4 Obxectivo O4: Internacionalización.
ACCIÓN OBSERVACIÓNS RESPONSABLES ÓRGANOS DE SEGUIMENTO
DATA DE FINALIZACI
ÓN 1. Análise da oferta académica
da Universidade Estadual de Sao Paulo para estudar a viabilidade de dobres titulacións coa USC.
Redactouse unha proposta de organización temporal dos períodos formativos que deben facer nas dúas universidades os alumnos.
Subdirector de Relacións Exteriores Director da EPS
Comisións de título Comisión de Calidade
Xunta de Centro.
Proposta finalizada en Xullo de 2014.
A espera de resposta da UNESP
2. Recepción de alumnado estranxeiro procedente de programas de mobilidade
Colaborouse coa ORE nos actos de
benvida.
Benvida organizada dende o centro con información para o estudantado
Subdirector de Relacións Exteriores Director da EPS Responsable de Calidade
Comisión de Calidade
Xunta de Centro.
Setembro 2012 Setembro 2013
3. Viaxe a Brasil para presentar os títulos impartidos na EPS.
Realizouse ao abeiro do programa Ciencia sen Fronteiras ao longo de 2013.
Subdirector de Relacións Exteriores Director da EPS
Xunta de Centro. Decembro 2012 e Abril 2013
3.
Resultados académicos e resultados dos restantes indicadores de eficacia do sistema.SEGUIMENTO DO SISTEMA DE GARANTÍA DE CALIDADE
Código: F02-PM-01
Versión: 01
DATA: 16/03/2015
CURSOS 2012
-
2013 2013-2014Páxina 11 de 20
Os indicadores aos que se fai referencia neste apartado correspóndense cos Graos en Enxeñaría Agrícola e do M. R., E. das Industrias Agroalimentarias, E. Forestal e do Medio Natural, E. Civil e E.
Xeomática e Topografía, que empezaron a impartirse no curso 2010-2011. A oferta de másteres variou dende esta data polo que debemos tomar con coidado a evolución dos indicadores globais para o conxunto de títulos da EPS. En concreto, os Másteres en Enxeñaría Agronómica e en Enxeñaría de Montes empezaron a impartirse no curso 2013-2014. Durante os cursos 2010-2011 e 2011-2012 os másteres ofertados eran: o Máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio, Máster en Dirección de Proxectos, Máster en Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega, Máster en Industria e Economía Leiteira (deixa de impartirse no curso 2012-2013), Máster en Enxeñaría para o desenvolvemento rural (desaparece en 2013) e Máster Universitario en Investigación Agraria e Forestal (desaparece en 2013).
Debido ao calendario de implantación das titulacións adaptadas ao EEES, o curso 2013-2014 foi o primeiro no que comezaron a saír novos titulados para os distintos graos. Por iso, as taxas de graduación, duración media dos estudos e eficiencia dos titulados non son significativas polo de agora, xa que no momento do cálculo dos indicadores (2013-2014) aínda non existían datos para realizar un cálculo axeitado tendo en conta a definición dos mesmos.
Polo que respecta á taxa de rendemento o valor obtido para o curso académico 2013-2014 é elevado, reflectindo unha mellora para o conxunto das titulacións entre 2011 e 2014, situándose neste último ano case no 65% dos créditos superados fronte aos matriculados.
A taxa de éxito experimenta unha evolución similar superando no curso académico 2013-2014 o 80%, resultado que se obtivo tamén para a taxa de avaliación nestes últimos catro anos e que está estabilizada.
Un dato especialmente preocupante é o correspondente a taxa de abandono que se elevou ao 21%
durante o curso 2013-2014 cando partía de niveis practicamente nulos. A pesares de todo, segue a ser baixa.
A nota media de ingreso descendeu lixeiramente no último curso situándose en 6,7 puntos, cando en cursos anteriores chegou a ser de 7,2 puntos. Sitúase dous puntos por debaixo da media da USC (8,7 puntos). Con todo, arredor do 70% dos novos ingresos teñen expedientes por riba de 6 puntos de media.
Polo que respecta aos másteres, as taxas de rendemento seguen a ser elevadas, arredor do 80% a pesares dunha lixeira tendencia á baixa. Esta mesma porcentaxe acádase nas taxas de graduación e avaliación, sendo a taxa de éxito especialmente elevada neste tipo de titulacións chegando practicamente ao 100% (97%). A taxa de abandono é moi baixa, arredor do 8% pero aínda que ten unha tendencia á baixa dende 2011, en 2014 houbo un lixeiro repunte. Compre comentar que non se
SEGUIMENTO DO SISTEMA DE GARANTÍA DE CALIDADE
Código: F02-PM-01
Versión: 01
DATA: 16/03/2015
CURSOS 2012
-
2013 2013-2014Páxina 12 de 20
están a contabilizar nos datos anteriores os resultados correspondentes ao másteres en Enxeñaría Agronómica e de Montes por non contar con datos.
A pesares dos bos resultados académicos, a matrícula de novo ingreso non cobre as prazas ofertadas. A tendencia no conxunto de títulos ofertados pola EPS foi variable nos dous últimos cursos xa que entre 2012 e 2013 incrementouse o número de matriculados pero entre 2013 e 2014 descendeu a 288 alumnos de novo ingreso. Cabe dicer, que neste período comezou a oferta de dous novos másteres oficiais (Agrónomos e Montes) pero desapareceron tres, os dous másteres de investigación ofertados polos departamentos e o máster en Industria e Economía Leiteira. Parece conveniente agardar aos vindeiros cursos académicos para analizar a evolución da matrícula nos títulos de máster unha vez estabilizada a oferta.
Con respecto aos títulos de Grao a evolución foi parella sen que nesta caso existise variación na oferta de prazas dende 2012. A matrícula de novo ingreso acadou 288 novos alumnos das 742 prazas ofertadas en outubro de 2014, acadando a matrícula de inicio de estudos 155 alumnos o que representa un 32,8% da oferta. A evolución deste último indicador é especialmente preocupante no contexto da aplicación do decreto 222/2011. A tendencia neste caso é negativa pasando de 165 matrículas en 2012 a 155 en 2014. De todos xeitos a tendencia non é clara dado que entre 2012 e 2013 este indicador incrementárase un 7% para descender un 17% entre 2013 e 2014. Con todo, seguimos a ser o centro con maior número de alumnos e alumnas do Campus de Lugo.
Con respecto ao grao de internacionalización, a taxa de estudantado estranxeiro cursando estudos na EPS no curso 2013-2014, está lonxe do 4% acadado en 2011 grazas ao programa Ciencia sen Fronteiras. Con todo, en 2014 esta taxa medrou en case 0,6 puntos situándose no 1,66% da matrícula. A taxa de estudantes españois de fóra de Galiza tamén está lonxe das cifras acadadas en anos anteriores. En 2013 incrementouse con respecto a 2012 situándose no 5,96% da matrícula para volver a situarse arredor do 5% en 2014. Esta baixa porcentaxe ten moito que ver co feito de que nas comunidade limítrofes coa nosa tamén se ofertan títulos de enxeñaría similares (Ponferrada, Oviedo, ...). Situación distinta existe nos másteres, onde é un obxectivo claro de cara aos vindeiros cursos académicos a captación de alumnado de fóra da comunidade autónoma. Neste senso, o máster en Dirección de Proxectos é o que recibiu en termos absolutos un maior número de alumnado de fóra da comunidade autónoma no curso 2013-2014. A pesares disto, nos dous últimos cursos por cada egresado de grao matriculouse no centro máis de un alumno de máster (1,5) co que podemos dicir que os másteres ofertados atraen a titulados doutros centros e universidades.
SEGUIMENTO DO SISTEMA DE GARANTÍA DE CALIDADE
Código: F02-PM-01
Versión: 01
DATA: 16/03/2015
CURSOS 2012
-
2013 2013-2014Páxina 13 de 20
Para o conxunto dos programas de mobilidade, o número de estudantes acollidos a traveso dalgún deles tamén descendeu no cursos académico 2013-2014 (5,7%) con respecto a 2012-2013 cando supuxo o 13,8% da matrícula. Con respecto ao número de estudantes que foron a cursar os seus estudos a outras universidades a traveso de programas de intercambio a ratio mellorou no curso académico 2013-2014. Con todo, sitúase a penas no 3% da matrícula.
En relación co número de estudantes que fan prácticas en empresa o seu número foise incrementando nos cursos dos que se dispón de datos, acadando a cifra de 42 alumnos en 2013- 2014. Pese a que a porcentaxe sobre o total da matrícula foi menor con respecto a anos anteriores, o seu número dobrouse con respecto ao curso 2012-2013 grazas en gran medida ao estimable número de convenios de prácticas que o centro ten asinado. No curso académico 2013-2014 esta cifra acadou case o 41% da matrícula. Outro factor a ter en conta é o carácter non obrigatorio das prácticas externas nos graos, e tampouco en todos os másteres.
En relación cos recursos humanos da EPS considéramos que contamos cun cadro de PDI consolidado, con alto nivel de cualificación. O PDI doutor acada máis do 81% do total, situándose o PDI funcionario entre o 65 e o 70% do PDI en función do curso académico considerado. A calidade académica dos recursos humanos é indiscutible e arredor do 60% do PDI con docencia nas nosas titulacións posúe algún sexenio. Estas cifras son especialmente elevadas nos Graos de máis longa tradición no noso dentro: Enxeñaría Agrícola e M. Rural, E. das Industrias Agroalimentarias, E.
Forestal e do Medio Natural e nos Másteres en E. de Montes e Agronómica, e o número de PDI con sexenios increméntouse tamén nas titulacións máis novas de Civil e Xeomática e Topografía. Non obstante, este indicador descendeu nos últimos anos xa que no pasado chegou a acadar o 67% do profesorado. Isto débese a diversos factores, entre eles a perda de docentes nos últimos tempos por mor dos recortes debido á xubilacións e a non renovación de contratos, e tamén ao descenso do encargo docente como consecuencia do descenso do alumnado.
En relación con este último punto compre dicir que no curso académico 2013-2014 a ratio de estudantes por profesor situouse no 1,6% permanecendo estable nos últimos dous cursos. A media de estudantes por grupo de teoría situouse arredor de 13 alumnos e por grupo de docencia interactiva arredor de 11 alumnos. Estas cifras permiten dar unha docencia de calidade e moi axustada ás necesidades de aprendizaxe do estudantado, situación que debemos poñer en valor de cara a promocións das nosas titulacións.
SEGUIMENTO DO SISTEMA DE GARANTÍA DE CALIDADE
Código: F02-PM-01
Versión: 01
DATA: 16/03/2015
CURSOS 2012
-
2013 2013-2014Páxina 14 de 20
Por último a porcentaxe da actas fóra de prazo é do 16% neste momento e a tendencia é a reducirse.
Detrás desta porcentaxe están algúns problemas técnicos rexistrados coa sinatura electrónica no curso 2013-2014 que impediron pechar a tempo algunhas das actas.
5. Seguimento das accións previstas en revisións anteriores do SGIC.
A USC aprobou o primeiro SGIC marco en decembro de 2009. O SGIC da EPS recibiu o certificado FIDES-AUDIT en decembro de 2011. O primeiro curso no que empeza a desenvolverse é o curso 2010-2011 coa produción dos diferentes documentos do SGIC, nomeadamente o “Manual do Sistema de Garantía de Calidade da EPS da Universidade de Santiago de Compostela”, onde están definidas as características xerais dos sistema, e o “Manual de Procesos e Procedementos”.
No ano 2013 a Comisión delegada do Consello de Goberno de Calidade e Planificación, na sesión que celebrou o 31 de maio de 2013, aprobou unha revisión do SGIC dadas as dificultades que estaban tendo os centros para implantar o sistema. Os propósitos de este modificación realizada en 2013 eran:
a) Revisar os procesos, actualizalos e simplificalos.
b) Facer máis explícita a relación entre o Seguimento dos Títulos e o Sistema de Calidade dos Centros.
c) Facer máis explícita a relación de evidencias requiridas especificamente polo SGIC, diferenciándoas das derivadas dos procesos de xestión incluídos no Sistema.
d) Reducir o número de indicadores.
e) Integrar nun documento simplificado o contido do manual do SGIC do centro, de forma que sexa doado manexalo, utilizalo e actualizalo.
Os cambios sinalados están recollidos no Informe sobre a revisión do SGIC que se pode visitar en http://www.usc.es/gl/servizos/calidade/titulosoficiais/
En setembro de 2013 a Xunta de Escola da EPS aprobou o Manual Simplificado de Garantía Interna da EPS que foi modificado de novo en outubro de 2014 para realizar cambios recomendados pola Área de Calidade e Mellora dos Procedementos da USC na lista de indicadores. Esta última versión do Manual Simplificado do SGIC foi aprobada polo Consello de Goberno na súa sesión ordinaria de 4 de febreiro de 2015.
SEGUIMENTO DO SISTEMA DE GARANTÍA DE CALIDADE
Código: F02-PM-01
Versión: 01
DATA: 16/03/2015
CURSOS 2012
-
2013 2013-2014Páxina 15 de 20
6. Cambios que poderían afectar ao Sistema de Garantía Interna de Calidade.
Avaliación das oportunidades de mellora e necesidade de efectuar cambios na xestión do sistema.
Os plans de viabilidade que terá que elaborar a EPS como consecuencia da aplicación do Decreto 222/2011 poden dar lugar a cambios no SGIC da EPS en canto á composición das Comisións de título, toda vez que estes poden verse modificados.
Como consecuencia do elevado número de títulos impartidos na EPS a implantación do SGIC está a ser unha tarefa complexa que se está a levar a cabo de forma axeitada pero a un ritmo máis lento do que se quixera dende a dirección do EPS. Considérase que a xestión do SGIC debería simplificarse no futuro a medida que o conxunto de grupos de interese vaia adquirindo experiencia na súa aplicación e implicándose nesta tarefa.
A necesaria adecuación do Regulamento de Réxime Interno aos novos estatutos da USC constituíra unha oportunidade para a mellora no SGIC da EPS xa que dotará as comisións de títulos de Grao dunha normativa interna de funcionamento.
7. A información relativa á satisfacción dos grupos de interese, queixas ou reclamacións, así como das súas necesidades e expectativas.
Unha vez implantados a totalidade de cursos dos Graos impartidos na EPS así como os dous Másteres procedentes das antigas enxeñaría superiores, púidose completar a representación do alumnado nas Comisións de Título. A súa participación nas sesións das Comisións de Título está sendo moi produtiva, proporcionando información de relevancia sobre a satisfacción do alumnado coa docencia recibida e o funcionamento dos títulos e do centro.
Das enquisas internas ao persoal de apoio entendemos que a transmisión de información melloraría se o persoal de conserxería é informada con maior anticipación sobre eventos e cambios imprevistos no desenvolvemento da organización académica xa que é onde a xente pide información cando chega ao centro.
Das opinións pulsadas polos coordinadores de curso e polas manifestadas polos representantes do alumnado parece necesario axilizar a resolución das peticións de validacións de outros estudos similares ou equivalentes cursadas noutros centros educativos.
RESULTADOS
SEGUIMENTO DO SISTEMA DE GARANTÍA DE CALIDADE
Código: F02-PM-01
Versión: 01
DATA: 16/03/2015
CURSOS 2012
-
2013 2013-2014Páxina 16 de 20
8. Accións para a mellora dos procesos e do propio SGIC.
Do anterior podemos derivar suxestións de mellora dos procedementos e do SGIC en tres liñas:
Mellora no proceso de validación de outros estudos co fin de axilizalo e facer partícipe á comisión de título.
Mellora da comunicación interna de incidencias e eventos co persoal de conserxería.
Mellora do grao de implicación do persoal coa implantación do SGIC.
9. Necesidades de recursos.
O actual contexto da USC, actualmente inserta nun plan de axuste orzamentario non deixará indiferente a titulacións que, como as nosas, precisan dun continuado investimento en medios tecnolóxicos e software.
Por outra banda, nun centro que imparte actualmente catro Graos e catro Másteres oficiais precisa unha adecuada dotación de persoal docente e de apoio.
A EPS mantén o seu compromiso de calidade na oferta docente que realiza e de eficiencia na utilización dos recursos. Nun centro multidisciplinar con varias titulacións como o noso, o aproveitamento dos recursos humanos e materiais resulta moito máis eficiente. Non obstante os títulos manifestan necesidades que agardamos podan se atendidas.
10. Necesidades de efectuar cambios no SGIC ou nos obxectivos para o próximo período.
Dados os resultados acadados polos indicadores estudados faise necesario seguir tendo como obxectivos os mesmos cos que viñemos traballando nos dous anos aos que se refire este informe.
11. Planificación das accións propostas. Plan de melloras para o curso 2014-2015.
En outubro de 2014 os diferentes títulos da EPS aprobaron os Informes de seguimento correspondentes ao curso académico 2013-2014 onde figuran as 59 accións de mellora propostas polos mesmos. Estas artéllanse arredor dos catro obxectivos xerais presentados no apartado 1 do presente documento, definidos a partires da análise realizada polas distintas comisións sobre os resultados de desenvolvemento das ensinanzas. A eses catro obxectivos engadimos un en liña co II Plan Estratéxico de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres da USC 2013-2018.
SEGUIMENTO DO SISTEMA DE GARANTÍA DE CALIDADE
Código: F02-PM-01
Versión: 01
DATA: 16/03/2015
CURSOS 2012
-
2013 2013-2014Páxina 17 de 20
1. Ofrecer plans formativos de calidade e adecuados ás necesidades do ámbito do exercicio profesional dos nosos egresados.
2. Incrementar o número de alumnos e alumnas nas distintas titulacións para dar cumprimento ao Decreto 222/2011 da Consellería de Educación.
3. Manter, no actual contexto de restricións orzamentarias, as dotacións de recursos materiais e de recursos humanos suficientes para ofrecer con calidade os nosos plans formativos.
4. Internacionalización.
5. Compatibilizar a vida laboral e familiar e fomentar a igualdade entre xéneros.
As accións que a EPS inclúe no seu plan de mellora son aquelas directamente relacionadas coas propostas comúns procedentes das diferentes comisións de título e da Comisión de Calidade. Estas accións descríbense a continuación.
AM1. Implantación do SGIC modificado e actualización da documentación en vigor.
Orixe acción: Seguimento do SGIC e Informes de Seguimento dos títulos impartidos na EPS.
Descrición orixe: A acción derívase da análise realizada pola Comisión de Calidade da EPS.
Descrición proposta: Implantación do SGIC modificado e actualización da documentación en vigor.
Responsable: Ana Isabel García Arias, Responsable de Calidade.
Órgano de seguimento: Comisión de Calidade do Centro.
Data inicio: 02/02/2015 Data prevista de finalización: 31/12/2015
AM2. Deseño e implantación dun plan estratéxico da EPS durante o ano 2015.
Orixe acción: Seguimento do SGIC.
Descrición orixe: A acción derívase da análise realizada pola Comisión de Calidade da EPS.
Descrición proposta: Deseño e implantación dun plan estratéxico da EPS.
Responsable: Ana Isabel García Arias, Responsable de Calidade da EPS.
Órgano de seguimento: Comisión de Calidade do Centro.
Data inicio: 02/02/2015 Data prevista de finalización: 31/12/2015
AM3. Realización de enquisas propias aos grupos de interese sobre aspectos non recollidos na enquisa xeral da USC
Orixe acción: Informes de Seguimento dos Títulos de Grao e Master (todos excepto MTT) impartidos na EPS.
Descrición orixe: A acción derívase da análise realizada pola Comisión de Calidade da EPS que considera que é mellor dirixir estas enquisas dende o centro.
SEGUIMENTO DO SISTEMA DE GARANTÍA DE CALIDADE
Código: F02-PM-01
Versión: 01
DATA: 16/03/2015
CURSOS 2012
-
2013 2013-2014Páxina 18 de 20
Descrición proposta: Elaboración de un cuestionario común aos títulos da EPS que recolla aspectos non presentes na enquisa común para a USC.
Responsable: Ana Isabel García Arias, Responsable de Calidade da EPS. Coordinadores dos títulos.
Órgano de seguimento: Comisión de Calidade do Centro. Comisións de título.
Data inicio: 02/02/2015 Data prevista de finalización: 31/07/2015
AM4. Realización de accións para mellorar a participación dos grupos de interese nas enquisas de satisfacción.
Orixe acción: Informes de Seguimento dos Títulos de Grao e Máster impartidos na EPS.
Descrición orixe: A acción derívase da análise realizada polas comisións de título dos Graos e Másters de Agrónomos e Montes.
Descrición proposta: realización de propostas para incrementar a taxa de resposta dos grupos de interese.
Responsable: Ana Isabel García Arias, Responsable de Calidade da EPS.
Órgano de seguimento: Comisión de Calidade do Centro.
Data inicio: 02/02/2015 Data prevista de finalización: 31/07/2015
AM5. Continuación das actividades dirixidas á captación de alumnado e a mellora da visibilidade da oferta académica da EPS.
Orixe acción: Informes de Seguimento dos Títulos de Grao e Master impartidos na EPS.
Descrición orixe: A acción derívase da análise realizada polas comisións de título dos Graos e Másters impartidos na EPS.
Descrición proposta: Organización de actividades de promoción dos títulos e apoio ás actividades organizadas polo Campus de Lugo e a USC para este mesmo fin.
Responsable: Ana Isabel García Arias, Responsable de Calidade da EPS. Coordinadores dos títulos.
Órgano de seguimento: Comisión de Calidade do Centro e comisións de título.
Data inicio: 02/02/2015 Data prevista de finalización: 31/07/2015
AM6. Mellora da coordinación e transmisión da información entre a Dirección do Centro e o persoal da apoio na conserxería.
Orixe acción: Enquisas ao persoal de apoio e Informes de Seguimento dos títulos.
Descrición orixe: A acción derívase da análise realizada polas comisións de título dos Graos e Másters impartidos partindo da información contida nas enquisas ao persoal de apoio.
Descrición proposta: posta en marcha dunha aplicación de transmisión rápida da información sobre eventos e modificacións imprevistas na organización académica entre a dirección e o persoal das
SEGUIMENTO DO SISTEMA DE GARANTÍA DE CALIDADE
Código: F02-PM-01
Versión: 01
DATA: 16/03/2015
CURSOS 2012
-
2013 2013-2014Páxina 19 de 20
distintas quendas de Conserxería para mellorar así a información transmitida ao estudantado, profesorado e visitantes.
Responsable: Ana Isabel García Arias, Responsable de Calidade da EPS.
Órgano de seguimento: Comisión de Calidade do Centro.
Data inicio:31/12/2014 Data prevista de finalización: 02/02/2015
AM7. Desenvolvemento de accións para a mellora da comprobación de adquisición de competencias por parte do alumnado dos Graos .
Orixe acción: Informes de Seguimento dos Títulos de Grao e Master impartidos na EPS.
Descrición orixe: A acción derívase da análise realizada polas comisións de título dos Graos e Másters.
Descrición proposta:
TAREFA 7.1 Realización de un formulario común para a presentación de propostas de TFG onde se inclúan as competencias específicas demostradas mediante o traballo.
TAREFA 7.2 Establecemento dun procedemento común para o seguimento sistemático das guías docentes en canto a descrición e avaliación das competencias contidas nas mesmas.
Responsable: Ana Isabel García Arias, Responsable de Calidade da EPS e coordinadores de título.
Órgano de seguimento: Comisión de Calidade do Centro e comisións de título.
Data inicio: 02/02/2015 Data prevista de finalización: 31/05/2015
AM8. Introdución da perspectiva de xénero nos informes de calidade da EPS .
Orixe acción: II Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes da USC.
Descrición orixe: A acción derívase da obxectivo específico 5: Implicar os centros, departamentos, institutos e servizos coa igualdade de xénero do II Plan Estratéxico de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes da USC.
Descrición proposta:
Introdución da perspectiva de xénero nos Informes de Seguimento dos títulos e nos Informes de Calidade da EPS mediante a análise dos indicadores adecuados.
Responsable: Ana Isabel García Arias, Responsable de Calidade da EPS e coordinadores de título.
Órgano de seguimento: Comisión de Calidade do Centro e comisións de título.
Data inicio: 02/02/2015 Data prevista de finalización: 31/10/2015
SEGUIMENTO DO SISTEMA DE GARANTÍA DE CALIDADE
Código: F02-PM-01
Versión: 01
DATA: 16/03/2015
CURSOS 2012
-
2013 2013-2014Páxina 20 de 20
Entendemos que os procesos e procedementos deseñados polo SGIC están a ser aplicados na súa maioría tal e como estaba previsto aínda que é certo que algunhas das evidencias estanse a producir con lentitude dado o contexto de cambios continuados na oferta na que nos vimos envoltos nos últimos catro anos. En todo caso o SGIC demostra ter cumprido a súa finalidade posto que a proposta de melloras nos mesmos incrementouse curso a curso.
Debemos congratularnos polos bos resultados en canto a taxas de éxito e rendemento. Contamos cun PDI ben formado, cunha boa oferta de prácticas en empresa, cunha ligazón intensa co mundo profesional tanto a traveso de profesorado asociado como das relacións cos Colexios profesionais.
Somos un centro de referencia no Campus de Lugo (próximamente Campus Terra) e na USC tanto a nivel investigador como de oferta académica pola singularidade dos títulos ofertados, a meirande parte deles vencellados co eido rural. Non obstante, e en concordancia co compromiso de mellora continuada, propoñemos accións para dar solución aos problemas e eivas detectados de xeito realista e na medida das nosas posibilidades e capacidade de acción.
CONCLUSIONS. ADECUACIÓN E EFICACIA DO SGIC