• No se han encontrado resultados

Os dereitos e deberes dos cidadáns e das cidadás

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "Os dereitos e deberes dos cidadáns e das cidadás"

Copied!
48
0
0

Texto completo

(1)

Educación secundaria

para persoas adultas

Páxina 1 de 48

Ámbito social

Educación a distancia semipresencial

Módulo 4

Unidade didáctica 16

(2)

Páxina 2 de 48

Índice

1. Introdución...3

1.1 Descrición da unidade didáctica ... 3

1.2 Obxectivos... 3

2. Secuencia de contidos e actividades ...4

2.1 Os dereitos humanos... 4

2.1.1 A dignidade humana e os dereitos humanos ...4

2.1.2 Unha sufrida existencia ...5

2.1.3 Por que uns poucos usurparon os dereitos da maioría?...7

2.1.4 Antecedentes da Declaración Universal dos Dereitos Humanos...8

2.1.5 Declaración Universal dos Dereitos Humanos...11

2.1.6 Xeracións de dereitos...15

2.1.7 Violacións dos dereitos humanos...16

2.1.8 Documentos e lexislacións internacionais...17

2.1.9 Supervisión do cumprimento dos dereitos humanos ...18

2.1.10 O estado actual dos dereitos humanos...19

2.2 A loita das mulleres pola igualdade... 21

2.2.1 A evolución histórica do papel da muller...21

2.2.2 Un longo camiño cara á emancipación ...22

2.2.3 O feminismo ...25

2.2.4 O recoñecemento do sufraxio feminino en España ...26

2.2.5 A corresponsabilidade...27

2.2.6 Violencia contra as mulleres ...28

2.3 A participación cidadá... 31 2.3.1 Cooperación ...31 2.3.2 Asociacionismo ...32 2.3.3 Voluntariado ...33 3. Exercicios de autoavaliación ...37 4. Solucionarios...39

4.1 Solucións das actividades propostas ... 39

4.2 Solucións dos exercicios de autoavaliación ... 44

5. Glosario...46

(3)

Páxina 3 de 48

1.

Introdución

1.1

Descrición da unidade didáctica

Esta unidade, xunto coa que remata o módulo 4, trata aspectos relacionados coa nosa vida de cidadáns e cidadás.

Os dereitos humanos inician a unidade. Trátase de partir das duras condicións de vida da maior parte da humanidade no pasado que levaron á necesidade da formulación deses dereitos.

A segunda parte está dedicada a analizar a situación de marxinalidade da muller e o camiño que se está a percorrer para lograr a súa emancipación e a igualdade de dereitos cos homes.

Conclúese coa análise das formas de participación e colaboración cidadá.

1.2

Obxectivos

 Coñecer as orixes da desigualdade no gozo dos dereitos por parte dos distintos grupos sociais.

 Analizar as situacións de violación dos dereitos humanos ao longo da historia: pobreza, violencia, discriminación, desigualdade, explotación...

 Comprender que a actual Declaracións dos Dereitos Humanos de 1948 foi froito dunha longa loita.

 Valorar os dereitos humanos como unha conquista irrenunciable da humanidade.

 Coñecer as orixes da situación de marxinación das mulleres.

 Comprender a condición de sometemento das mulleres ata a Revolución Industrial.

 Recoñecer e valorar os avances sociais e políticos da muller desde finais do século XIX.

 Tomar conciencia dos problemas que afectan na actualidade ás mulleres, en especial ás do Terceiro Mundo.

 Coñecer as modalidades de participación cidadá: asociacionismo, cooperación e volun-tariado.

 Obter información de documentos audiovisuais.

 Extraer dos textos as ideas básicas.

(4)

Páxina 4 de 48

2.

Secuencia de contidos e actividades

2.1

Os dereitos humanos

2.1.1

A dignidade humana e os dereitos humanos

Que se entende por dereitos humanos? O ser humano ten unha dignidade que lle é propia, e que se lle debe recoñecer universalmente.

Á súa vez, esta dignidade xera unha serie de dereitos fundamentais que son propios de todas as persoas: son os dereitos humanos, que todos posuímos polo feito de selo. Se se esquecen estes dereitos, o ser humano degrádase.

(5)

Páxina 5 de 48

2.1.2

Unha sufrida existencia

Aínda que hoxe nos sexa moi difícil de imaxinar, ata hai moi pouco tempo, a vida de case a totalidade da poboación estaba sometida a unha serie de abusos e de violencias por parte de quen exercía o poder, que para nós sería insoportable.

Todo parte dun momento da Prehistoria coñecido como Neolítico, hai máis ou menos dez mil anos, cando unha minoría de persoas (non máis do 5 por cento da sociedade) se fai co poder e abusa del, monopoliza a posesión da riqueza e somete con extrema dureza e ri-gor ao resto da sociedade.

A liberdade -dixo don Quixote a Sancho- é un dos máis preciosos dons que aos homes deron os ceos: con ela non poden igualarse os tesouros que encerra a terra nin o mar encobre; pola liberdade así como pola honra pódese e débese aventu-rar a vida.

Cervantes, Miguel de (1547-1616). Don Quixote da Mancha

Abóndanos con lembrar que, por exemplo, na avanzada civilización grega, considerada como o berce da democracia, dúas de cada dez persoas estaban sometidas á escravitude; a proporción era semellante na civilización romana. Pensemos nos servos da Idade Media, ou, xa no século XIX, nos altos niveis de miseria nos que vivía o proletariado industrial. Ata aquí algunha mostra das condicións materiais de vida.

Que se pode dicir do que hoxe coñecemos como dereitos humanos? A resposta é que ata hai pouco máis de dous séculos practicamente non existiron, e que aínda hoxe falta moito camiño para alcanzar a meta da súa total implantación. Valla como exemplo, no pa-sado e na actualidade, o seguinte:

 Ata hai pouco máis dun século, expresar de palabra calquera opinión en contra de cal-quera autoridade, civil ou relixiosa, comportaba sempre tortura ou mesmo a morte con moito sufrimento.

 Toda persoa con autoridade podía violentar a porta de calquera domicilio.

 Se alguén nos tiña xenreira e nos acusaba falsamente dalgún delito, abondaba coa de-nuncia como proba; é dicir, eramos culpables entanto que non se demostrase o contra-rio.

 A finais do século XIX, cando se estaban a implantar os sistemas democráticos en Eu-ropa Occidental, varios adolescentes do Reino Unido, fillos de proletarios famentos, fo-ron condenados á forca por roubaren un coello co que alimentar a súa familia.

 Na década de 1960, os cidadáns dos EE UU de cor negra tiñan a obriga de deixar o seu asento de autobús a un branco.

 Se examinamos a realidade mundial a comezos do século XXI, vemos que hai 1.200 millóns de persoas que viven con menos dun dólar ao día, que todos os días morren 100.000 persoas de fame ou das súas consecuencias inmediatas e que cada cinco minu-tos morre de fame un neno de menos de 10 anos.

(6)

Páxina 6 de 48

Mapa da liberdade, 2008 (verde: libre; amarelo: parcialmente libre; violeta: non libre) [www.freedomhouse.org]

 Se nos centramos na metade da poboación, desde o Neolítico ata hoxe, vemos que a si-tuación da muller foi e segue a ser aínda peor que a dos homes.

 E ademais... a eterna presenza da guerra.

Partimos de dous feitos evidentes e contraditorios: o exercicio dos dereitos humanos corresponde ao home, individual ou co-lectivamente considerado; pero a súa garantía, defensa e posta en práctica pertence aos Estados ou aos grupos políticos ou económicos que dispoñen de forma efectiva dos resortes do poder. É unha constante histórica que o poder se exerce case sempre en beneficio único e exclusivo de aqueles que o monopolizan. Xa que logo, os dereitos humanos, teoricamente uni-versais, son, na práctica, manipulados arbitrariamente polos poderosos. Só onde e cando os cidadáns participan efectivamen-te no exercicio do poder, o gozo dos dereitos humanos pode cobrar auténtica realidade.

Barreiro Barreiro, Clara: Derechos humanos. Ed. Salvat. Colec. Aula Abierta. 1985 [tradución]

Actividades propostas

S1. En que se fundamenta a existencia dos Dereitos Humanos?

S2. En que momento comeza o abuso dunha minoría de persoas sobre o resto da poboación?

S3. Tire as ideas básicas do texto do Quixote. Diga se esas ideas se adiantan ao seu tempo e por que.

S4. Cite exemplos de abusos contra os dereitos básicos das persoas ao longo da historia e na actualidade. En Grecia, berce da civilización occidental, eran real-mente libres todas as persoas? Por que?

(7)

Páxina 7 de 48

2.1.3

Por que uns poucos usurparon os dereitos da maioría?

Cando lemos sobre historia vemos que o que se nos relata son loitas, conquistas, elevación dunhas civilizacións a costa da destrución doutras e personaxes que alcanzan o poder co único instrumento da violencia. Pero da maioría, que ao longo da historia viviu nunha si-tuación de moito sufrimento, dásenos pouca información.

Tebas, a das Sete Portas, quen a construíu? Nos libros figuran os nomes dos reis. Arrastraron os reis os grandes bloques de pedra? (...)

A noite en que se rematou a Muralla chinesa, a onde foron os albaneis? Roma a Grande está chea de arcos de triunfo. Quen os levantou? (...)

O mozo Alexandre conquistou a India, ¿el só? (...)

Filipe II chorou ao afundirse a súa flota, non chorou ninguén máis? (...)

Unha vitoria en cada páxina. Quen cociñaba os banquetes da vitoria?

Un gran home cada dez anos. Quen pagaba os seus gastos? Unha pregunta para cada historia.

Brecht, Bertolt: Preguntas dun obreiro diante dun libro

Así, a historia convértese nun relato das sociedades humanas nas que os elementos fun-damentais son as relacións de dominio e a procura do poder. A ansia de poder é unha constante na historia da humanidade. Desde o punto de vista actual, consideramos que to-das as persoas son iguais e que a toto-das deben afectar por igual os dereitos humanos. Pero como a variedade de persoas é case infinita en relación coa intelixencia, as capacidades, as habilidades, a fortaleza física, a bioloxía, etc., apareceron diferentes niveis de poder. Por outra banda, ao haber grupos máis débiles que non se poden defender (nenos, anciáns, en-fermos, eivados, etc.), as sociedades humanas viñeron a organizarse en dous grupos:

 Os que exercen o poder, que se apropiaron en exclusiva dos dereitos humanos.

 Os desposuídos e dominados, excluídos do exercicio dos seus lexítimos dereitos.

Logo a historia da humanidade resúmese nun drama no que os dereitos dos débiles foron e son esmagados polos fortes. Pero, pouco a pouco, fóronse asentando unhas ideas:

 Os dereitos humanos eran dereitos de todos.

 Os Estados nunca os ían conceder pola súa iniciativa.

 Os dereitos humanos posúense independentemente da organización social e política. Por isto, non hai moito tempo xurdiron persoas que se ergueron contra esta inxustiza, achegándose aos que sofren, escribindo teorías ou leis para intentar remediar esta infamia.

Actividades propostas

(8)

Páxina 8 de 48

2.1.4

Antecedentes da Declaración Universal dos Dereitos Humanos

Os historiadores non concordan no momento histórico en que se plasmaron por escrito os dereitos e os deberes que asistían ás persoas. Entre estas teorías destacan as que din:

 Que se atopa no mundo clásico. Os códigos de leis máis antigos que se conservan son a columna de diorita negra sumeria coñecida como o Código de Hammurabi (século XVIII a.C.) e o Cilindro de Ciro (539 a.C.).

Non lle fixen mal á filla do pobre, non oprimín á viúva, non molestei o labrego, non maltratei o pastor.

Cando chegaron os anos da fame traballei todas as leiras da provincia de Oryx, desde as fronteiras do norte ata as do sur.

Tomei as medidas para que os seus habitantes fixeran provisións para sobrevivir e que ninguén pasase fame.

Deille á viúva o mesmo que á que tiña marido. Non favorecín máis o adulto que o rapaz

Estela de Hammurabi. Museo do Louvre

Amenenhat, gobernador da provincia de Oryx. Comezos do segundo milenio a.C.

 Que é consecuencia do cristianismo (Tomás de Aquino, século XIII).

 Que o recoñecemento xorde a comezos da Idade Moderna (John Locke, século XVII). Centrándonos nos tempos contemporáneos, que é cando estes dereitos van a ser teoriza-dos, escritos e aplicateoriza-dos, consideraremos:

 Declaración de Independencia dos EEUU: o primeiro país onde triunfaron as ideas da Ilustración.

"Sostemos como evidentes por si mesmas estas verdades: que todos os homes son creados iguais; que son dotados polo seu Creador de certos dereitos inalienables, como a Vida, a Liberdade e a procura da Felicidade; (...) que os gobernos de-rivan os seus poderes lexítimos do consentimento dos gobernados; que cando unha forma de goberno se faga destrutora destes principios, o pobo ten o dereito a reformala, ou abolila, e instituír un novo goberno que se funde neses principios, e a organizar os seus poderes na forma que ao seu xuízo ofrecerá as maiores probabilidades de acadar a súa seguridade e felicidade."

Preámbulo da Declaración no Congreso das Trece Colonias de América (4 de xullo de 1776

 Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán: nos primeiros días da Revolución Francesa, e baixo o lema liberdade, igualdade e fraternidade.

 1. Os homes nacen e permanecen libres e iguais en dereitos.

 2. A finalidade de todas as asociacións políticas é a protección dos dereitos naturais e imprescritibles do home; e eses dereitos son a liberdade, a propiedade, a seguridade e a resistencia á opresión.

 3. A liberdade consiste en poder facer todo aquilo que non dane a un terceiro.

 9. Todo home ha de ser tido por inocente ata que sexa declarado culpable.

(9)

Páxina 9 de 48

 Declaración dos Dereitos da Muller e da Cidadá. Durante a Revolución Francesa, a escritora Olympe de Gouges, madame Roland e a actriz Claire Lacombe, entre outras mulleres, proclamaron estes dereitos, como protesta ante o feito de que a revolución non lles recoñecese a igualdade de mulleres e homes. Defendían a igualdade entre o home e a muller, reivindicaban o dereito ao voto, a traballar na vida pública, a acceder aos cargos públicos, a ter propiedades e a formar parte do exército.

 Convenio da Haia: regula os dereitos e deberes en tempo de guerra.

"Artigo 1.- Co fin de evitar, na medida do posible, recorrer á forza nas relacións entre os Estados, as Potencias signatarias comprométense a usar os seus mellores esforzos para asegurar a solución pacífica das diferenzas internacionais. Artigo 2.- En caso de desacordo ou conflito, antes dun chamamento ás armas, as potencias asinantes acordan recorrer, na medida en que as circunstancias o permiten, aos bos oficios ou á mediación dun ou máis Potencias amigas.

Conferencia da Haia, As leis da guerra. 1899

 Oficina Internacional do Traballo (OIT, 1919). É un organismo das Nacións Unidas, fundado nas negociacións do Tratado de Versalles, para regular o mundo do traballo e das relacións laborais.

 I, a. O traballo non é unha mercadoría.

 I, b. A pobreza constitúe un perigo para a prosperidade de todos.

 II, b. Todos os seres humanos teñen dereito a perseguir o seu benestar material e o seu desenvolvemento espiritual en condicións de liberdade e dignidade, de seguridade económica e en igualdade de oportunidades.

 II, d. Incúmbelle á OIT examinar e considerar calquera programa ou medida internacional de carácter económico e finan-ceiro e fomentar o pleno emprego.

Constitución da OIT (1919) e Anexo da Declaración de Filadelfia (1944)

 Declaración dos Dereitos do Neno: xorde no ano 1923 en Xenebra ao ser adoptada pola International Save the Children Union.

 1. O neno debe ser posto en condicións de desenvolverse normalmente desde o punto de vista material e espiritual.

 2. O neno famento debe ser alimentado; o neno doente debe ser atendido; o neno deficiente debe ser axudado, o neno desadaptado debe ser radica-do; o orfo e o abandonado deben ser recollidos e axudados.

 3. O neno debe ser o primeiro en recibir socorro en caso de calamidade.

 4. O neno debe ser posto en condicións de gañar a vida e debe ser prote-xido de calquera explotación.

 5. O neno debe ser educado inculcándolle o sentimento do deber que ten de pór as súas mellores calidades ao servizo dos semellantes.

Pretendía dar solucións aos problemas da infancia e aos perigos que moitos nenos e ne-nas sufrían no mundo, recoñecía que os nenos son o mellor que ten a humanidade, e declaraba o deber de protexelos, alén da raza, a nacionalidade e as crenzas, tomando como referencia catro principios:

– Non discriminación.

– Interese superior dos nenos.

– Supervivencia e desenvolvemento.

(10)

Páxina 10 de 48

O 20 de novembro de 1959 a Asemblea Xeral da ONU proclamou a Declaración Uni-versal dos Dereitos dos Nenos e das Nenas. Con eles pretendíase dar solucións aos pro-blemas da infancia e aos perigos que moitos nenos e nenas sufrían no mundo.

Na actualidade aínda moitos nenos viven nunha situación de desamparo: conflitos ar-mados, escravitude, explotación sexual...

 Artigo 1. O neno gozará de todos os dereitos enunciados nesta declaración.

Estes dereitos serán recoñecidos a todos os nenos sen excepción ningunha nin distinción ou discriminación por motivos de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinións políticas ou doutra índole, orixe nacional ou social, posición económica, na-cemento nin outra condición, xa sexa do propio neno ou da súa familia.

 Artigo 2. O neno gozará dunha protección especial e disporá de oportunidades e servizos, dispensado todo iso pola lei e por outros medios, para que poida desenvolverse física, mental, moral, espiritual e socialmente en forma saudable e normal, así como en condicións de liberdade e dignidade. Ao promulgar leis con este fin, a consideración fundamental a que se atenderá será o interese superior do neno.

 Artigo 3. O neno ten dereito desde o seu nacemento a un nome e a unha nacionalidade.

 Artigo 4. O neno debe gozar dos beneficios da seguridade social. Terá dereito a crecer e desenvolverse en boa saúde; con este fin deberán proporcionarse, tanto a el como á súa nai, coidados especiais, ata atención prenatal e posnatal. O neno terá dereito a gozar de alimentación, vivenda, recreo e servizos médicos adecuados.

 Artigo 5. O neno física ou mentalmente impedido ou que sufra algún impedimento social debe recibir o tratamento, a educación e o coidado especiais que require o seu caso particular.

 Artigo 9. O neno debe ser protexido contra toda forma de abandono, crueldade e explotación. Declaración Universal dos Dereitos dos Nenos e das Nenas

 Convenio internacional para a supresión da escravitude (Xenebra, 25/IX/1926). Asínase para rematar cunha das prácticas máis infames da historia da humanidade.

Artigo 2. As Altas Partes contratantes obríganse, se non tomaron aínda as medidas necesarias:

 a) A previr e a reprimir a trata de escravos.

 b) A procurar dun xeito progresivo, e tan rápido como sexa posible, a supresión completa da escravitude en todas as sú-as formsú-as

Preámbulo da Declaración no Congreso das Trece Colonias de América (4 de xullo de 1776

Secuencia de actividades

S9. No longo camiño percorrido ata a Declaración Universal dos Dereitos Humanos en 1948, cite os avances previos máis significativos.

(11)

Páxina 11 de 48

2.1.5

Declaración Universal dos Dereitos Humanos

Como sabemos por unidades anteriores, a Declaración Universal dos Dereitos Humanos adoptouna a Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 10 de decembro de 1948. O seu prin-cipal obxectivo era establecer, por medio dunha norma escrita, os dereitos básicos do ho-me e da muller e as liberdades dos que gozan todos os seres humanos. Esta idea resúho-mese no preámbulo e no primeiro artigo.

(12)

Páxina 12 de 48

Preámbulo

Considerando que a liberdade, a xustiza e a paz no mundo teñen por base o recoñecemento da dignidade intrínseca e dos dereitos iguais e inalienables de todos os membros da familia humana;

Considerando que o descoñecemento e o menosprezo dos dereitos humanos orixinaron actos de barbarie aldraxantes para a conciencia da humanidade, e que se proclamou, como a aspiración máis elevada do home, a chegada dun mundo en que os seres humanos, liberados do temor e da miseria, gocen da liberdade de palabra e da liberdade de crenzas...

A Asemblea Xeral Proclama

A presente DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS como ideal común polo que todos os pobos e na-cións deben esforzarse, co fin de que tanto os individuos como as instituna-cións, inspirándose constantemente nela, promo-van, mediante o ensino e a educación, o respecto a estes dereitos e liberdades, e aseguren, por medidas progresivas de carácter nacional e internacional, o seu recoñecemento e aplicación universais e efectivos, tanto entre os pobos dos Esta-dos Membros como entre os Esta-dos territorios colocaEsta-dos baixo a súa xurisdición.

 Artigo 1. Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos e, dotados como están de razón e con-ciencia, deben comportarse fraternalmente uns cos outros.

 Artigo 2. Toda persoa ten todos os dereitos e liberdades proclamados nesta Declaración, sen distinción ningunha de ra-za, cor, sexo, idioma, relixión, opinión política nin de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición.

Ademais, non se fará distinción ningunha fundada na condición política, xurídica ou internacional do país ou territorio de cuxa xurisdición dependa unha persoa, tanto se se trata dun país independente, como dun territorio baixo administración fiduciaria, non autónomo ou sometido a calquera outra limitación de soberanía.

 Artigo 3. Todo individuo ten dereito á vida, á liberdade e á seguridade da súa persoa.

 Artigo 4. Ninguén estará sometido á escravitude nin á servidume; a escravitude e a trata de escravos están prohibidas en todas as súas formas.

 Artigo 5. Ninguén será sometido a torturas nin a penas ou tratos crueis, inhumanos ou degradantes.

 Artigo 6. Todo ser humano ten dereito, en todas partes, ao recoñecemento da súa personalidade xurídica.

 Artigo 7. Todos son iguais ante a lei e teñen, sen distinción, dereito a igual protección da lei. Todos teñen dereito a igual protección contra toda discriminación que infrinxa esta Declaración e contra toda provocación a tal discriminación.

 Artigo 8. Toda persoa ten dereito a un recurso efectivo ante os tribunais nacionais competentes, que a ampare contra actos que violen os seus dereitos fundamentais recoñecidos pola constitución ou pola lei.

 Artigo 9. Ninguén poderá ser arbitrariamente detido, preso nin desterrado.

 Artigo 10. Toda persoa ten dereito, en condicións de plena igualdade, a ser oída publicamente e con xustiza por un tri-bunal independente e imparcial, para a determinación dos seus dereitos e obrigacións ou para o exame de calquera acusación contra ela en materia penal.

 Artigo 11. Toda persoa acusada de delito ten dereito a que se presuma a súa inocencia entanto que non se probe a súa culpabilidade, conforme á lei e en xuízo público no que se lle aseguraren todas as garantías necesarias para a súa de-fensa. Ninguén será condenado por actos ou omisións que no momento de cometerse non foran delituosos segundo o Dereito nacional ou internacional. Tampouco se imporá pena máis grave que a aplicable no momento da comisión do de-lito.

 Artigo 12. Ninguén será obxecto de inxerencias arbitrarias na súa vida privada, a súa familia, o seu domicilio ou a súa correspondencia, nin de ataques á súa honra ou á súa reputación. Toda persoa ten dereito á protección da lei contra ta-les inxerencias ou ataques.

 Artigo 13. Toda persoa ten dereito a circular libremente e a elixir a súa residencia no territorio dun Estado. Toda persoa ten dereito a saír de calquera país, mesmo do propio, e a regresar ao seu país.

 Artigo 14. En caso de persecución, toda persoa ten dereito a buscar asilo, e a gozar del, en calquera país. Este dereito non poderá ser invocado contra unha acción xudicial realmente orixinada por delitos comúns ou por actos opostos aos propósitos e principios das Nacións Unidas.

 Artigo 15. Toda persoa ten dereito a unha nacionalidade. A ninguén se privará arbitrariamente da súa nacionalidade nin do dereito a cambiar de nacionalidade.

 Artigo 16. Os homes e as mulleres, a partir da idade núbil, teñen dereito, sen restrición ningunha por motivos de raza, nacionalidade ou relixión, a casar e fundar unha familia, e gozarán de iguais dereitos en canto ao matrimonio, durante o matrimonio e en caso de disolución do matrimonio.

Só mediante libre e pleno consentimento dos futuros esposos poderá contraerse o matrimonio. A familia é o elemento natural e fundamental da sociedade e ten dereito á protección da sociedade e do Estado.

(13)

Páxina 13 de 48

 Artigo 18. Toda persoa ten dereito á liberdade de pensamento, de conciencia e de relixión; este dereito inclúe a liberda-de liberda-de cambiar liberda-de relixión ou liberda-de crenza, así como a liberdaliberda-de liberda-de manifestar a súa relixión ou a súa crenza, individual e colectivamente, tanto en público como en privado, polo ensino, a práctica, o culto e a observancia.

 Artigo 19. Todo individuo ten dereito á liberdade de opinión e de expresión; este dereito inclúe o de non ser molestado por mor das súas opinións, o de investigar e recibir informacións e opinións, e o de difundilas, sen limitación de frontei-ras, por calquera medio de expresión.

 Artigo 20. Toda persoa ten dereito á liberdade de reunión e de asociación pacíficas. Ninguén poderá ser obrigado a per-tencer a unha asociación.

 Artigo 21. 1. Toda persoa ten dereito a participar no goberno do seu país, directamente ou por medio de representantes libremente escollidos.

Toda persoa ten o dereito de acceso, en condicións de igualdade, ás funcións públicas do seu país.

A vontade do pobo é a base da autoridade do poder público; esta vontade expresarase mediante eleccións auténticas que haberán de celebrarse periodicamente, por sufraxio universal e igual e por voto secreto ou outro procedemento equivalente que garanta a liberdade do voto.

 Artigo 22. Toda persoa, como membro da sociedade, ten dereito á seguridade social, e a obter, mediante o esforzo na-cional e a cooperación internana-cional, tendo en conta da organización e os recursos de cada Estado, a satisfacción dos dereitos económicos, sociais e culturais, indispensables á súa dignidade e ao libre desenvolvemento da súa personali-dade.

 Artigo 23. Toda persoa ten dereito ao traballo, á libre elección do seu traballo, a condicións equitativas e satisfactorias de traballo e á protección contra o desemprego. Toda persoa ten dereito, sen discriminación ningunha, a igual salario por traballo igual.

Toda persoa que traballa ten dereito a unha remuneración equitativa e satisfactoria, que lle asegure, así como á súa fa-milia, unha existencia conforme a dignidade humana e que será completada, en caso necesario, por calquera outros medios de protección social.

Toda persoa ten dereito a fundar sindicatos e a sindicarse para a defensa dos seus intereses.

 Artigo 24. Toda persoa ten dereito ao descanso, á disposición de tempo libre, a unha limitación razoable da duración do traballo e a vacacións periódicas pagas.

 Artigo 25. 1. Toda persoa ten dereito a un nivel de vida adecuado que lle asegure, así como á súa familia, a saúde e o benestar, e en especial a alimentación, o vestido, a vivenda, a asistencia médica e os servizos sociais necesarios; ten así mesmo dereito aos seguros en caso de desemprego, doenza, invalidez, viuvez, vellez ou outros casos de perda dos seus medios de subsistencia por circunstancias independentes da súa vontade.

A maternidade e a infancia teñen dereito a coidados e asistencia especiais. Todos os nenos, nacidos de matrimonio ou fóra de matrimonio, teñen dereito a igual protección social.

 Artigo 26. Toda persoa ten dereito á educación. A educación debe ser gratuíta, polo menos no concernente á instrución elemental e fundamental. A instrución elemental será obrigatoria. A instrución técnica e profesional haberá de ser xene-ralizada; o acceso aos estudos superiores será igual para todos, en función dos méritos respectivos.

A educación terá por obxecto o pleno desenvolvemento da personalidade humana e o fortalecemento do respecto aos dereitos humanos e ás liberdades fundamentais; favorecerá a comprensión, a tolerancia e a amizade entre todas as na-cións e todos os grupos étnicos ou relixiosos, e promoverá o desenvolvemento das actividades das Nana-cións Unidas para o mantemento da paz.

Os pais terán dereito preferente a escoller o tipo de educación que se lles dea aos seus fillos.

 Artigo 27. Todas as persoas teñen dereito a tomar parte libremente na vida cultural da comunidade, a gozar das artes e a participar no progreso científico e nos beneficios que del resulten.

Toda persoa ten dereito á protección dos intereses morais e materiais que lle correspondan por razón das producións científicas, literarias ou artísticas de que sexa autora.

 Artigo 28. Toda persoa ten dereito a que se estableza unha orde social e internacional no que os dereitos e liberdades proclamados nesta Declaración se fagan plenamente efectivos.

 Artigo 29. Toda persoa ten deberes respecto da comunidade, posto que só nela pode desenvolver libre e plenamente a súa personalidade.

No exercicio dos seus dereitos e no exercicio das súas liberdades, toda persoa estará soamente suxeita ás limitacións establecidas pola lei co único fin de asegurar o recoñecemento e o respecto dos dereitos e liberdades dos demais, e de satisfacer as xustas esixencias da moral, da orde pública e do benestar xeral nunha sociedade democrática.

Estes dereitos e liberdades non poderán, en ningún caso, ser exercidos en oposición aos propósitos e principios das Na-cións Unidas.

 Artigo 30. Nada nesta Declaración poderá interpretarse no sentido de que confire dereito algún ao Estado, a un grupo ou a unha persoa, para emprender e desenvolver actividades ou realizar actos tendentes á supresión de calquera dos de-reitos e liberdades proclamados nesta Declaración.

(14)

Páxina 14 de 48

A unión desta declaración e os Pactos Internacionais de Dereitos Humanos forman o que se coñece como Carta Internacional dos Dereitos Humanos.

Quen pode negar que compartimos o mesmo horror á violencia? Quen pode negar que todos buscamos vivir libres do me-do, da tortura e da discriminación? Quen pode negar que todos desexamos expresarnos libremente e perseguir os nosos obxectivos de vida? Cando se oíu unha voz libre esixir a fin da liberdade? Onde se oíu a un escravo defender a escravitu-de?

Os principios consagrados na Declaración Universal dos Dereitos Humanos son, en consecuencia, o reflexo das máis altas aspiracións da humanidade, e, á vez, fan referencia e defenden o mellor do ser humano (...).

Baséanse e fundaméntanse en valores como a liberdade, a igualdade, a tolerancia, ou a solidariedade; valores que lles dan sentido á nosa vida e ao noso futuro, e que nos alentan a construír ese futuro unidos e de forma máis xusta e compar-tida.

Kofi Annan, ex secretario xeral da ONU

O feito de gozar de dereitos supón unhas obrigas ou deberes correlativos que temos que cumprir. O principio básico que debe rexer é o respecto aos dereitos dos demais.

(15)

Páxina 15 de 48

2.1.6

Xeracións de dereitos

O longo camiño percorrido para o seu recoñecemento deu lugar a unha ampla variedade de dereitos, o que nos permite unha clasificación:

 Primeira xeración. Parte da Revolución Francesa e da Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán de 1789, na que se recoñecía: Liberdade, Igualdade e Fraternida-de. Os dereitos civís e políticos nacen da loita contra o abuso de poder por parte das au-toridades, pois o Estado debe ser o garante do respecto aos dereitos e liberdades das persoas. Estes dereitos foron recoñecidos no Pacto Internacional dos Dereitos Civís e Políticos en 1966.

Nesta xeración de dereitos destacan os dereitos á vida; á integridade física e moral; á li-berdade persoal; á igualdade ante a lei; á lili-berdade de pensamento, de conciencia e reli-xión; liberdade de movementos e de nacionalidade; participación na vida política, cipación na elección ou ser elixido para cargo público; afiliarse a asociacións ou parti-dos e a participar nas eleccións democráticas.

 Segunda xeración. Xorde da segunda Revolución Industrial, na procura de xustiza so-cial e benestar común. A loita estivo protagonizada por obreiros, campesiños e intelec-tuais. Son dereitos económicos, sociais e culturais, como por exemplo: a seguridade so-cial; o dereito ao traballo; a igualdade salarial por igual traballo, remuneración equitati-va; a existencia de sindicatos e o dereito a afiliarse; descanso e tempo de lecer; nivel de vida axeitado (alimentación, vestido, vivenda e asistencia sanitaria); protección en caso de vellez, invalidez, enfermidade, desemprego, maternidade; protección da infancia; a educación.

 Terceira xeración. Aparece a partir da Guerra Fría. Destacan: a descolonización e pre-vención de discriminacións; a liberdade dos pobos (política, económica, social e cultu-ral); dereito dos pobos a exercer o control dos seus recursos naturais; a paz e a seguri-dade internacional; o desenvolvemento integral do ser humano.

(16)

Páxina 16 de 48

2.1.7

Violacións dos dereitos humanos

As violacións dos dereitos humanos son accións levadas a cabo por calquera poder do Es-tado en contra da dignidade humana ou cando as autoridades actúan con impunidade na investigación e castigo desas violacións.

Tipoloxía das violacións de dereitos

 Por omisión: cando o goberno non actúa, malia as denuncias de violacións dos dereitos humanos.

 Por acción: cando calquera autoridade do Estado é a que transgride eses dereitos.

 Por consentimento: cando por medio dunha terceira persoa se realiza a violación dos dereitos.

Os sistemas políticos totalitarios ou ditatoriais non recoñecen nin respectan os dereitos humanos. E por iso moitas persoas sofren:

 Represións: detencións ou castigos ás persoas que se manifestan contrarias ao réxime político establecido nun país. Impídese exercer certos dereitos e liberdades, coma os de expresión, reunión, manifestación, asociación, sindicación...

 Detencións ilegais: é a privación de liberdade a unha persoa polas autoridades, sen que se exerza ningunha acusación sobre ela (feito que a diferencia dun secuestro).

 Torturas: causar dano físico ou psicolóxico intencionadamente a alguén.

 Racismo e xenofobia: aínda que ambos os termos están relacionados e adoitan confun-dirse, non teñen o mesmo significado.

– Racismo: discriminación dunha persoa pola cor da súa pel ou algunha outra caracte-rística física, e co fin de anular os seus dereitos (ideoloxía de superioridade).

– Xenofobia: odio, noxo ou hostilidade cara aos estranxeiros (sentimento de rexeita-mento).

 Marxinación da muller: a maior parte das culturas son patriarcais, porque nelas as mulleres deben ser submisas ao seu home, negándoselles os dereitos máis fundamen-tais. A Declaración Universal dos Dereitos Humanos proclamou a igualdade entre os dous sexos, garantindo por igual os dereitos económicos, políticos, sociais, civís e cul-turais. Iso non quere dicir que en todos os países se respecten. Foi por iso que a ONU aprobou o 20 de decembro de 1952 o Convenio sobre os dereitos políticos da muller.

(17)

Páxina 17 de 48

2.1.8

Documentos e lexislacións internacionais

Textos lexislativos Data de aprobación

 Declaración Universal dos Dereitos Humanos. 10 de decembro de 1948

 Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais. 3 de xaneiro de 1976

 Acordo Internacional de Dereitos Civís e Políticos. 23 de marzo de 1976

 Principios básicos para o uso da forza e as armas polos corpos de seguridade. 7 de agosto de 1990

 Convención sobre os Dereitos dos Nenos e Nenas. 2 de setembro de 1990

 Declaración de Río sobre o Medio e o Desenvolvemento. 14 de xuño de 1992

 Declaración da OIT relativa aos principios e dereitos fundamentais no traballo. 6 de xuño de 1998

 Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio. 6 e 8 de setembro de 2000

(18)

Páxina 18 de 48

2.1.9

Supervisión do cumprimento dos dereitos humanos

Entre os órganos que velan polo cumprimento dos Dereitos Humanos e que denuncian as continuas violacións que se producen permanentemente na Terra destacan:

As Nacións Unidas crearon unha serie de instrumentos para protexer os dereitos humanos e vixiar o seu cumprimento, como organismos, pactos e convencións. Entre os organismos fundados destacan:

 Comité de Dereitos Económicos, Socias e Culturais.

 Comité de Dereitos Humanos.

 Comité para a eliminación de todas as formas de discriminación contra a muller.

 Comité para a Eliminación da Discriminación Racial.

 Comité contra a Tortura.

 Comité dos Dereitos do Neno.

As Convencións son os órganos de control que, entre os seus procedementos, empregan informes periódicos, denuncias individuais ou colectivas presentadas polas vítimas, de-nuncias presentadas polo Estado de violacións e investigación de casos de violacións xe-neralizadas e sistemáticas. Na súa actuación, non todos os comités utilizan os mesmos procedementos. Comité Informes periódicos Denuncias individuais Denuncias estatais Violacións sistemáticas

 Comité Dereitos Económicos, Socias e Culturais

 Comité de Dereitos Humanos

 Comité para Eliminación Discriminación Muller

 Comité Eliminación da Discriminación Racial

 Comité contra a Tortura

(19)

Páxina 19 de 48

2.1.10

O estado actual dos dereitos humanos

Despois de algo máis de dous séculos de declaracións e de boas intencións, o caso é que a comezos do século XXI aínda queda moito por facer.

Canta maior intensidade da cor, máis violacións dos dereitos humanos. [www.maps.maplecroft.com]

O caso máis flagrante de atentado contra os dereitos humanos é a guerra. No ano 2005 ha-bía máis de 40 conflitos armados no mundo. Tras a II Guerra Mundial houbo 120 guerras, con máis de 20 millóns de mortos (deles, máis de dous millóns de nenos), e seis millóns de feridos e discapacitados permanentes, un millón de orfos e 15 millóns de refuxiados. Ac-tualmente, en todo o mundo hai máis de 50 millóns de refuxiados e desprazados.

A segunda industria máis importante despois da do petróleo é a do armamento: o gasto mundial de armas supera os 1.000 billóns de dólares ao ano. Terrorismo, economía crimi-nal (narcotráfico, sexo e armas), crimes de guerra (asasinato de civís), malos tratos inflixi-dos a prisioneiros, torturas, violacións, prostitución, cárceres secretos, condenas sen xuí-zos xustos, violencia exercida sobre os que pensan distinto... son crimes contra a humani-dade que aínda deben ser resoltos. Así pois, aínda queda un longo camiño por percorrer.

Actividades propostas

S11. Do preámbulo e do articulado da Declaración Universal dos Dereitos Humanos de 1948 cite o parágrafo ou o artigo correspondente que faga referencia a:

 O domicilio e a correspondencia son inviolables.

 Os dereitos sociais propios do Estado do Benestar.

 Dereito a un salario digno.

 A familia ten dereito á protección do Estado.

 Ninguén pode ser maltratado pola súa ideoloxía.

 Prohibición da tortura.

(20)

Páxina 20 de 48

S12. Busque información nos medios de comunicación que faga referencia á vulnera-ción do artigo 18 da Declaravulnera-ción Universal.

S13. O artigo 29 no recoñece dereitos, senón un deber: cite cinco deberes que consi-dere vostede que ten como cidadán ou cidadá.

(21)

Páxina 21 de 48

2.2

A loita das mulleres pola igualdade

2.2.1

A evolución histórica do papel da muller

Algúns historiadores destacan que a situación de exclusión social e de asoballa-mento da muller é case tan antiga como a propia humanidade. Ao longo da histo-ria os papeis que desempeñaron homes e mulleres sempre estiveron moi defini-dos, prevalecendo as situacións de sometemento das mulleres aos homes. Mentres o sistema de produción se baseou na forza física humana e a maternida-de foi a principal función da muller, a igualdamaternida-de maternida-de maternida-dereitos cos homes non se suscitou. A muller, fisicamente distinta e economicamente dependente, estaba destinada ás tarefas do fogar, e era considerada en teoría e na práctica como in-ferior ao home.

O noso estado social non deixa ver o que de si poden dar as mulleres. Parecen destinadas exclusivamente a dar a luz e dar de mamar os fillos, e ese estado de servidume destruíu nelas a facultade das grandes cousas (…) De aquí provén a miseria que devora as nosas cidades.

Averroes (1126-1198): Disertacións e opúsculos

Para soster esta situación de desigualdade creáronse uns valores ideolóxicos para que a muller se sentise satisfeita co seu papel de esposa e nai.

A través de toda a vida, a función da muller é servir. Cando Deus fixo o primeiro home pensou "non é bo que o home estea só". E formou a muller para a súa axuda e compañía, e para que servise de nai. A primeira idea de Deus foi "o home". Pen-sou na muller despois, como un complemento necesario, isto é, como algo útil.

Formación do Espírito Nacional. 1962

Pero foi a partir da Revolución Industrial (a forza humana deixa de ter importancia) e do avance da ciencia (que axudou a controlar a natalidade) cando a función atávica da muller deixa de ter importancia, e comeza a posibilidade de desenvolverse en todos os campos da actividade humana.

A min paréceme que o apartamento da muller da vida pública débese ao desexo de mantela sometida na vida familiar, porque a maioría da poboación masculina non soporta aínda a idea de vivir cunha persoa en condicións de igualdade.

Stuart Mill, John (1806-1873): A escravitude da muller

Por iso, a finais do século XIX, nas sociedades máis industrializadas (o Reino Unido e os EEUU) suscitouse por primeira vez a loita das mulleres por alcanzar os seus dereitos civís e políticos, que comezarán a ser recoñecidos nas primeiras décadas do século XX.

(22)

Páxina 22 de 48

2.2.2

Un longo camiño cara á emancipación

Non podemos sinalar con exactitude cando as mulleres se rebelaron contra a súa discrimi-nación e comezaron a loita pola súa emancipación. As ideas da Ilustración, no século XVIII, poden considerarse como o inicio do movemento da liberación da muller.

 Aínda que a Revolución Francesa propugnaba a igualdade e a liberdade, non supuxo a igualdade de dereitos das mulleres. Por iso, un grupo delas escribiu a Declaración dos Dereitos da Muller e da Cidadá, conscientes da marxinación que seguían a sufrir.

 1. A muller nace libre e permanece igual ao home en dereitos.

 2. O obxectivo de toda asociación política é a conservación dos dereitos naturais e imprescritibles da muller e do home; estes dereitos son a liberdade, a propiedade, a seguridade e, sobre todo, a resistencia á opresión."

Gouges, Olympe de: Declaración dos Dereitos da Muller e da Cidadá. 1789-1791

 Coa Revolución Industrial e o ascenso da burguesía ao poder económico e político, a marxinación da muller incrementouse:

– Por unha banda, as mulleres burguesas convértense en obxectos pasivos para a com-pracencia dos homes da súa clase.

– Por outra, as obreiras pasan a traballar no ambiente embrutecedor das fábricas.

 As ideoloxías socialistas, nas vertentes anarquista e socialista, ocupáronse da situación de opresión que sufría a muller.

Pintura de Ramón Casas: Interior ao aire libre. 1892

Só son libre cando todos os seres humanos que me rode-an, homes e mulleres, son igualmente libres. A liberdade doutra xente, lonxe de poñerme límites, ou de ser a nega-ción da miña liberdade, é, polo contrario, tan necesaria pa-ra a súa existencia como unha confirmación da mesma.

A muller segue a ser escrava do fogar, a pesar de todas as leis liberadoras, porque está angustiada, oprimida, embru-tecida, humillada polas pequenas faenas domésticas, que a converten en cociñeira, e en aia, que malgastan a súa actividade nun traballo absurdamente improdutivo, mes-quiño, enervante, embrutecedor e molesto (...)

(23)

Páxina 23 de 48

 Durante o século XIX a loita das primeiras feministas centrouse en:

– Acceder plenamente ao mundo da educación en igualdade cos homes.

– Acadar a igualdade profesional sen exclusións.

– Obter o dereito ao voto.

A partir deste momento, o espertar das mulleres foi un proceso irreversible.

Ao examinar os dereitos da muller debemos considerar, en primeiro lugar, o que lle corresponde como individuo, nun mun-do que é seu, o árbitro mun-do seu propio destino, un Robinson Crusoe imaxinario coa súa muller Venres nunha illa solitaria. Nestas circunstancias os seus dereitos son utilizar todas as súas facultades en favor da súa propia seguridade e felicidade. En segundo lugar, se a consideramos como cidadá, como membro dunha gran nación, debe ter os mesmos dereitos que os demais membros, segundo os principios fundamentais do noso goberno.

En terceiro lugar, vista como muller, como factor igual na civilización, os seus dereitos e deberes son tamén os mesmos: a felicidade e o desenvolvemento individual.

E, en cuarto lugar, son unicamente as relacións incidentais da vida, como ser nai, esposa, irmá, filla, as que puidesen im-plicar algúns deberes e preparación especiais.

Cady Stanton, líder da NWSA. 1892

 Dinamarca (1910): declaración do 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traba-lladora. Este día conmemora a morte de 129 mulleres en 1908 nun incendio na fábrica Cotton de Nova York; o incendio foi provocado polos donos da fábrica, que non acep-taron a folga polas discriminacións que sufrían as mulleres con respecto aos homes.

 Na loita pola obtención do dereito ao voto (movemento sufraxista), as mulleres dos EEUU alcanzárono na súa totalidade en 1920.

detención de Emmeline Pankhurst

No Reino Unido, o sufraxismo está representado en Emmeline Pankhurst e as súas fillas, que en 1903 fundaron a Unión Social e Política de Mulleres para loitar pola igualdade de dereitos civís.

Habería que esperar a 1928 para conseguir o dereito ao voto.

Noutros países, entre 1917 e 1931 obteñen tamén este dereito: os Países Baixos, Rusia, Austria, Chile, Polonia, Suecia, Alemaña, Luxemburgo, o Reino Unido e España.

 As ideoloxías autoritarias, fascismo e nazismo, foron as que máis reduciron o papel so-cial das mulleres ás súas funcións tradicionais, impoñéndoas dun modo autoritario.

Por moi amplas que poidan ser as esferas de actividade da muller, o obxectivo final e lóxico atópase sempre na formación da familia. É a unidade máis pequena, pero a máis valiosa dentro da organización de toda a estrutura do Estado. O traballo ennobrece tanto á muller como ao home; pero o fillo ennobrece á nai.

(24)

Páxina 24 de 48

 O 20 de decembro de 1952 a Asemblea Xeral da ONU aprobou o Convenio sobre os Dereitos Políticos da Muller:

Desexando pór en práctica o principio da igualdade de dereitos de homes e mulleres, enunciado na Carta de Nacións Uni-das,

Recoñecendo que todas as persoas teñen dereito a participar no goberno do seu país directamente ou por conduto de re-presentantes libremente escolleitos, e a iguais oportunidades de ingreso no servizo público do seu país; e desexando igua-lar a condición do home e da muller no exercicio dos dereitos políticos, consonte as disposicións da Carta das Nacións Unidas e da Declaración Universal de Dereitos Humanos,

Tendo resolto concertar unha convención con tal obxecto, Conveñen pola presente nas disposicións seguintes:

Artigo I.- As mulleres terán dereito a votar en todas as eleccións en igualdade de condicións cós homes, sen discriminación algunha.

Dereitos Políticos da Muller

Entre os compromisos aceptados polos asinantes desa declaración están a condena de cal-quera discriminación contra a muller, o recoñecemento da protección xurídica dos seus de-reitos e a adopción de medidas sancionadoras para lograr a igualdade de dede-reitos co home. Pero en novembro de 1967 a ONU proclamou a Declaración sobre Eliminación da Dis-criminación da Muller, dezanove anos despois da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, porque estes últimos se converteran en papel mollado no relativo á muller:

Malia os progresos na igualdade de dereitos, segue a existir unha considerable discriminación en contra da muller.

Declaración sobre a Eliminación da Discriminación da Muller. 1967

Nesta declaración afírmase que esta situación é fundamentalmente inxusta e que constitúe unha ofensa á dignidade humana. Ao mesmo tempo recomenda adoptar medidas para abo-lir leis, costumes e prácticas que discriminen as mulleres, e educar para acabar cos prexuí-zos baseados na idea da súa inferioridade.

Na actualidade poderíase dicir que nos países occidentais se alcanzou a igualdade no campo dos dereitos civís, aínda que a súa translación á vida cotiá dista de ser completa, sendo a miúdo moi deficitaria.

Actividades propostas

S15. Cando comeza o sometemento da muller? Tradicionalmente, que funcións tiña asignadas? Resuma as ideas básicas expresadas no texto de Averroes e no tex-to tex-tomado da materia Formación do Espíritex-to Nacional.

S16. Que cambios supuxo para a muller a Revolución Industrial. Que opina John Stuart Mill das causas do sometemento da muller? Que feito provocou que non se puidese seguir xustificando por máis tempo a situación marxinal da muller? S17. Que ideoloxía pon as bases para a liberación da muller? Por que a Revolución

Francesa non solucionou a súa marxinación?

(25)

Páxina 25 de 48

2.2.3

O feminismo

A partir de 1960 xerouse o movemento feminista, que loitou pola igualdade do home e da muller en todos os ámbitos da vida. O feminismo é:

 Unha análise profunda das causas da opresión histórica da muller.

 Unha filosofía que loita pola liberdade e pola promoción dos dereitos das mulleres.

 Un movemento social que critica a desigualdade social entre mulleres e homes.

 Unha crítica á escala de valores que domina tradicionalmente as nosas sociedades, sempre desde unha visión masculina do mundo: discriminación económica, competen-cia laboral, sufrimentos das mulleres nas guerras...

 Proposta dunha nova escala de valores que favorezan o establecemento dunha nova es-trutura económica, social e cultural máis humana e igualitaria.

Na actualidade, o feminismo segue a ser un movemento de grande importancia social, que loita porque a igualdade sexa unha realidade en todo o planeta.

Cabe destacar que en países como Arabia Saudita, Bután, Brunei, o Líbano ou Omán as mulleres ou teñen limitado o dereito ao voto e á súa participación na vida política ou é inexistente E no mundo occidental, a publicidade e os medios de comunicación seguen aínda a mostrar os vellos estereotipos do papel tradicional da muller, degradándoa e ridi-culizándoa.

O día en que homes e mulleres deixen de ser seres mutilados, en que o sexo non condicione o desenvolvemento total das persoas, en que a dominación e a supremacía do home pase ás crónicas da Historia e deixe de ser presente, o día en que a comunicación entre os dous sexos naza do respecto entre seres libres, ese día o feminismo xa non terá razón de ser.

ROIG, Montserrat: El feminismo. Ed. Salvat. Colec. Aula Abierta. 1984

Actividades propostas

S19. Que metas procuraban as primeiras feministas? Resuma as ideas básicas do texto de Cady Stanton. Que foi o movemento sufraxista?

S20. Que idea da muller se transmite na obra A miña loita de Adolf Hitler. Que expre-sións reforzan a idea que se quere transmitir?

(26)

Páxina 26 de 48

2.2.4

O recoñecemento do sufraxio feminino en España

O sufraxio feminino foi recoñecido en España durante a II República (1931-1936).

O voto hoxe na muller é absurdo, porque na inmensa maioría dos pobos o elemento feminino, na súa maior parte, está nas mans dos curas, que dirixen a opinión feminina, se introducen nos fogares e imperan en todas partes. A muller española, sobre todo a labrega, non está capacitada para facer uso do dereito do sufraxio dun xeito libre e sen consellos de ninguén. Co que hoxe acordou o Parlamento, a República sufriu un dano enorme e os seus resultados veranse moi pronto.

O voto feminino. Diario La Voz. 1 de outubro de 1931

Non somos inimigos da concesión do voto á muller; estimamos que debe concedérselle ese dereito de cidadanía, pero ao seu tempo, pasados cinco anos, dez, vinte, os que sexan necesarios para a total transformación da sociedade española, cando as nosas mulleres se achen redimidas da vida de escravitude a que hoxe están sometidas, cando libres de prexuí-zos, de escrúpulos, de supersticións, de suxestións, deixen de ser submisas penitentes, medorentas de Deus e dos seus representantes na terra, e vexan independizada a súa conciencia...

O voto feminino. Diario La Voz. 2 de outubro de 1931

Na conquista do voto da muller en España hai dúas posicións: a de Clara Campoamor, que defende o dereito da muller a votar; e a de Victoria Kent, quen pide que non lle sexa con-cedido por non estar preparadas as mulleres españolas para exercer este dereito:

“Señores deputados, pídolle á Cámara atención respectuosa para o problema que se debate, porque estimo que non o debemos pasar á lixeira; discútese o voto feminino e é significativo que unha muller coma min se levante na tarde de hoxe a dicir á Cámara sinxelamente que cre que o voto feminino debe aprazarse.

Creo que non é o momento de outorgarlle o voto á muller española. Dío unha muller que no momento crítico de dicilo, renuncia a un ideal. Por crer que con iso sirvo á Re-pública é polo que me levanto esta tarde para pedir á Cámara que esperte a conciencia republicana, que avive a fe liberal e democrática e que aprace o voto da muller. Pídoo porque non é que con iso mingúe a capacidade da muller; non é cuestión de ca-pacidade, senón de oportunidade para a República.

Se as mulleres españolas fosen todas obreiras, se as mulleres españolas atravesasen xa un período universitario e estive-sen liberadas na súa conciencia, eu levantaríame hoxe fronte a toda a Cámara para pedir o voto feminino. Pero nestas ho-ras eu levántome para dicir o contrario e dicilo con toda a valentía do meu espírito, afrontando o xuízo que de min poidan formar as mulleres que non teñan este fervor e estes sentimentos republicanos que creo ter. É por isto polo que claramente me levanto a dicir á Cámara: ou a condicionalidade do voto ou o seu aprazamento. Hoxe, señores deputados, é perigoso conceder o voto á muller.”.

Victoria Kent, Directora Xeral de Pensións e deputada do Partido Radical Socialista

“Señores deputados: estase facendo unha constitución de tipo democrático, por un po-bo que ten escrito como lema principal, no que chamo eu o arco do triunfo da súa Re-pública, o respecto profundo aos principios democráticos. Eu non sei, nin podo, nin quero, nin debo, explanar que non é posible sentar o principio de que se han de conce-der uns conce-dereitos se han de ser conformes co que nós desexamos, e previndo a contin-xencia de que puidese non ser así, revogalos o día de mañá. Iso non é democrático. Señores deputados... Eu non creo, non podo crer, que a muller sexa un perigo para a República, porque eu vin a muller reaccionar fronte á Ditadura e coa República. O que puidese ser un perigo é que a muller pensase que a Ditadura a quixo atraer e que a República a rexeita, porque, aínda que o que a Ditadura lle concedeu foi igualdade na nada, como me compracín eu sempre en dicir, o certo é que, dentro do seu sistema absurdo e ilegal, chamaba a muller a uns pretendidos dereitos ...”

(27)

Páxina 27 de 48

2.2.5

A corresponsabilidade

A incorporación da muller ao mundo laboral provocou que o modelo tradicional de home subministrador de recursos, existente desde os albores da historia, entrase en crise.

Na España da democracia xorde un novo fenómeno, a dobre carga: moitas mulleres non só deben realizar un traballo remunerado fóra da casa, senón que tamén deben desempeñar un traballo non remunerado dentro do fogar que non sempre é compartido polos demais membros da familia.

Segundo as estatísticas, un 67 % do traballo doméstico é desempeñado por mulleres, fronte ao 33 % dos homes. Os homes traballan na casa cinco veces menos que as mulleres; aínda que aumentou a súa contribución ao fogar, só dedican 44 minutos, fronte ás 3 horas e 58 minutos das mulleres.

Pouco a pouco avánzase cara á corresponsabilidade, cunha maior presenza das mulle-res na vida pública, especialmente no laboral, na vida política (lei de paridade). A cormulle-res- corres-ponsabilidade ten como finalidade xeral mellorar a colaboración e a rescorres-ponsabilidade compartida de todos os membros da familia no traballo e na vida familiar na actualidade e, especialmente, nas xeracións vindeiras.

Con todo, estase a dar a situación denominada teito de cristal, que lles impide avanzar, como se constata nos seguintes datos:

 As altas executivas das grandes empresas mundiais non chegan ao 3%.

 As xefas de Estado son unha ínfima minoría.

 Só o 13% dos parlamentarios do mundo son mulleres.

 A igualdade de traballo, a diferenza salarial oscila entre un 10 e un 30% en detrimento das mulleres.

(28)

Páxina 28 de 48

2.2.6

Violencia contra as mulleres

Ministerio de Igualdade. Campaña: Tolerancia cero

Refírese a todo acto de violencia sexista que ten como resultado posible ou real un dano de natureza física, sexual ou psicolóxica, mediante ameazas, coerción ou privación arbitra-ria da liberdade para as mulleres por motivos sexistas (violencia machista).

O termo violencia contra a muller ha de entenderse como calquera acto violento por razón do sexo que resulta, ou podería resultar, en dano físico, sexual ou psicolóxico ou no sufrimento da muller, incluíndo as ameazas de realizar tales actos, co-acción ou a privación arbitraria da liberdade, prodúzanse estes na vida pública ou na privada.

Consello de Europa

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas, no artigo 1 da Declaración para a eliminación da violencia contra a muller, aprobada o 20 de decembro de 1993, di:

Artigo 1: Para os propósitos desta Declaración, o termo “violencia contra a muller” é todo acto de violencia fundamentado no sexo que dá ou pode dar como resultado un dano ou sufrimento físico, sexual ou psicolóxico para a muller, así como as ameazas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria da liberdade, tanto se se producen na vida pública como na vi-da privavi-da.

Asemblea Xeral das Nacións Unidas. Declaración para a Eliminación da Violencia contra a Muller. 20 de decembro de 1993

O termo violencia de xénero foi cuñado no ano 1993, como unha mala tradución dunha expresión inglesa, e o seu uso xeneralizouse desde o Congreso sobre a muller celebrado en Pequín no 1995 baixo os auspicios da ONU.

Tamén se empregan como sinónimo as expresións violencia familiar, violencia intra-familiar (propio de Sudamérica), violencia de parella (no ámbito marital), violencia do-méstica (que excluiría a violencia contra a muller fóra do fogar), violencia sexista ou vio-lencia machista.

As causas poden ser variadas: celos, frustracións, odio, amargor, desaxustes mentais ou emocionais no home, etc. Estes son factores que contribúen á deterioración da relación amorosa e sentimental da parella.

(29)

Páxina 29 de 48 Actividades propostas

S22. Cando se aprobou o voto feminino en España? Resuma as posicións que manti-ñan Victoria Kent e Clara Campoamor con respecto á participación política da muller. Con cal destas políticas estarían de acordo os autores dos dous artigos de La Voz?

S23. Cada unha destas mulleres foi pioneira nalgún aspecto da vida social: coa axuda dun dicionario enciclopédico ou de internet, intente vincular os seguintes nomes propios cos feitos que as converteron en coñecidas.

1  Simone de Beauvoir Francia 1908-1986

Campesiña analfabeta que marchou a París. Alí foi precursora do feminismo. Redactou a Declaración dos Dereitos da muller e da cidadá.

2  Lilí Álvarez

Roma/Madrid 1905-98

Profesora da Sorbona, casou con Jean Paul Sartre e xuntos postularon os fundamentos do existencialismo

3  Agustina de Aragón España 1786-1857

Na súa obra Política Sexual (1970) estudou o patriarcado, que perpetuaba o dominio dos homes sobre as mulleres. (teoría feminista)

4  Xoana de Arco Francia 1412-1431

Primeira muller en ir á universidade (dereito) vestida de home para poder asistir. Tamén foi a primeira en acadar o cargo de Visitadora de Cárceres de Mulleres (1865).

5  Valentina Tereshkova Rusia, 1937

Primeira muller que viaxou ao espazo no Vostok 6, no ano 1963.

6  Concepción Arenal Ferrol-Vigo, 1820-93

No seu libro La mística de la feminidad (1963), analizou a situación das mulleres de clase media norteamericana e denunciou a súa frustración malia o benestar económico.

7  Betty Friedan EEUU, 1921

Científica pioneira no campo da radioactividade, foi a primeira persoa en recibir dous premios Nobel.

8  Kate Millet EEUU, 1934

Heroína francesa durante a Guerra dos Cen Anos que foi armada cabaleiro no 1429 e dirixiu un exército que apoiou a coroación de Carlos VII de Francia.

9  Olimpia Gouges (1748-1793

Heroína da Guerra de Independencia española, levando provisións aos soldados. Pasou á historia por animar as tro-pas disparando un canón contra os franceses.

10  Marie Curie Polonia, 1867-1934

Destacada deportista española, que foi campioa de España de tenis, de Roland Garros e disputou tres torneos de Wim-bledon (1926, 1927, 1928).

S24. Que entendemos por corresponsabilidade? Hai algún membro da súa familia que teña máis sobrecarga nas tarefas domésticas? Por que?

S25. Como se pode ver no seguinte cadro, a violencia de xénero é un dos máis gra-ves problemas da sociedade española actual.

Nacionalidade 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007

 Españolas 50 36 37 61 53 38 48 44

 Estranxeiras 9 9 13 10 17 19 20 20

(30)

Páxina 30 de 48 Relación co autor  Cónxuxe 31 25 24 31 34 21 31 30  Ex-cónxuxe 4 2 2 4 5 3 4 5  Compañeira sentimental 13 16 19 19 14 12 15 21  Ex-compañeira sentimental 3 1 3 9 6 6 9 9  Noiva 8 2 4 6 8 12 4 6  Ex-noiva 4 4 2 3 5 6 5 3  Como foi a evolución dos casos de violencia de xénero nos primeiros anos do

século XXI, tanto para españolas como para estranxeiras?

(31)

Páxina 31 de 48

2.3

A participación cidadá

A pregunta que se fai todo o mundo é: para que serven as asociacións e os movementos asociacionistas? O que semella estar claro é que a unión fai a forza.

España é un dos estados de Europa con menos voluntarios, quizá motivado pola falta de tradición histórica. De feito, este tipo de organizacións xurdiu ao abeiro da Constitución de 1978, polo que a súa orixe é moi recente.

Segundo o Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, arredor de catro millóns e medio de cidadáns participan de xeito voluntario en actividades non lucrativas de cooperación, asociacionismo ou voluntariado.

A persoa voluntaria adoita ter o perfil dun individuo de menos de 40 anos, cunha alta formación académica, en maior número mulleres que homes, e que dedica unha media de cinco horas semanais a tarefas de ámbito social (sanidade, educación, cultura, cooperación ou desenvolvemento). Nos últimos anos, desde o censo de 2001, apréciase un maior au-mento no número de xubilados que se involucran neste tipo de actividades.

2.3.1

Cooperación

Na actualidade é un termo de difícil definición. Etimoloxicamente poderíamos dicir que é a acción simultánea de dúas ou máis persoas ou entidades que actúan xuntas, proporcio-nando axuda, auxilio ou socorro.

Con este termo podermos estar a referirnos a acordos para temas militares, de segurida-de tecnolóxica, científica, espacial, artística, segurida-deportiva... Na prensa diaria posegurida-demos atopar un uso reiterado do termo en diversos contextos.

Pero, tamén podemos falar de cooperación para o desenvolvemento, é dicir, a colabo-ración cos pobos do Terceiro Mundo, atendendo a diversos criterios:

 Onde? De referencia: Norte/Sur.

 Como? Bilateral, multilateral, descentralizada, non gobernamental, privada, municipal...

 En que ou con que? Cooperación científico-técnica, técnica, financeira, municipal, con cooperantes, con recursos humanos...

 A que ou para que? Cooperación sanitaria, política, sindical, relixiosa, cul-tural, enerxética, artesanal ou comercial, comercio xusto, política agrícola, pesca, auga, industria, turismo, infraestruturas, vivenda, asentamentos humanos, transportes, refuxiados, inmigrantes, mulleres, marxinados...

(32)

Páxina 32 de 48

2.3.2

Asociacionismo

Unha asociación é un conxunto de persoas (socios) que se agrupan para alcanzar uns ob-xectivos comúns, actuando dun modo coordinado. Os fins e as accións das asociacións plásmanse nuns documento chamados estatutos, e os acordos que toman rexístranse nu-nhas actas.

Artigo 22. Recoñécese o dereito de asociación. (...) As asociacións só poderán ser disolvidas ou suspendidas nas súas acti-vidades en virtude de resolución xudicial motivada.

Constitución Española

O asociacionismo parte da base de que, coa participación social, é posible transformar a realidade e mellorar os espazos públicos. A súa actuación baséase na organización e plani-ficación de accións, reflexionadas e democráticas, por un colectivo de persoas constituídas como entidade pública ou asociación sen ánimo de lucro, coa finalidade de mellorar a ca-lidade de vida do barrio, da cidade, do pobo, do país...

Nestas organizacións debe presuporse a independencia total dos poderes do Estado, dos partidos políticos ou das empresas.

Os acordos das asociacións plásmanse nunha acta fundacional da súa asemblea, na que participan todos os promotores, e nuns estatutos, que deben rexer o seu desenvolvemento.

Tipos de asociacións

 Xuvenís: os seus membros (máis de tres) teñen idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos, sen ánimo de lucro. Os participantes comprométense a pór en común os seus coñecementos e medios dispoñibles para a realización de actividades que consideren precisas para a obtención dos mesmos obxectivos.

 Deportivas: conxunto de persoas que se unen para fomentar a práctica do deporte (sim-plemente para o pasar ben ou con ánimo de fomentar o deporte de base).

 De pais e nais de alumnado (ANPA): teñen como finalidade crear e manter unha co-laboración eficaz cos equipos directivos dos colexios, co profesorado e co alumnado para conquistar un ensino de calidade e que permita o desenvolvemento da personali-dade humana, respectando os principios democráticos de convivencia, e os dereitos e as liberdades que recolle a Constitución Española de 1978. Ten como órganos de partici-pación a asemblea xeral ordinaria e a xunta directiva.

 De estudantes: refírense exclusivamente aos niveis de ensino secundario e universita-rio.

 Agrarias: co fin de promover a modernización das estruturas agroalimentarias, favore-cer a formación das persoas implicadas nos procesos de produción e xestionar os recur-sos axeitadamente.

(33)

Páxina 33 de 48

2.3.3

Voluntariado

É o traballo das persoas que serven á comunidade ou ao medio, por deci-sión propia e libre, sen recibir nada a cambio.

Este traballo debe caracterizarse por ser desinteresado, intencionado e xustificado. Ademais, nunca debería substituír as iniciativas da administra-ción pública ou da acadministra-ción social, senón complementalas.

(34)

Páxina 34 de 48 Actividades propostas

S26. Cite algunha acción social que se desenvolva no seu contorno. Participa vostede nalgunha actividade de voluntariado? Descríbaa brevemente. Se non o fai, indi-que os motivos polos indi-que lle gustaría participar nunha ou os motivos indi-que o leva-rían a non participar en ningunha organización deste tipo.

S27. A poboación española no ano 2007 acadou a cifra de 40.448.191 de habitantes. Segundo o ministerio correspondente, catro millóns e medio dedícanse a tarefas de voluntariado. Que porcentaxe suporía do total da poboación? Calcúleo. Cal-cule despois que porcentaxe suporía o voluntariado español respecto da poboa-ción total da Unión Europea, sabendo que no ano 2007 ascendía a 490.426.060 habitantes.

S28. Analice a gráfica sobre colaboración e voluntariado, por rexións do mundo, du-rante o ano 2005.

 Que rexión ou rexións do mundo están por riba da media mundial (total)?

 Que rexións están por baixo da media mundial?

 En que rexión está incluída España?

 O grao de voluntariado é proporcional á riqueza das rexións?

S29. Na seguinte relación, indique que características dunha asociación son verdadei-ras ou falsas:

 Grupo de persoas.

 Non poden repartir os beneficios ou excedentes ao final do ano entre os socios.

 As súas actividades realízanse ao chou.

 Con ánimo de lucro.

 Independentes.

 Funcionamento democrático.

Referencias

Documento similar

3 <<De conformidad con el artículo 237 del Código Fiscal de la Federación, las sentencias de las Salas Regionales deben atender la totalidad de las pretensiones deducidas de

Por ello, esta Dirección Ejecutiva considera necesario solicitar respetuosamente al Consejo General de este Instituto, exhortar a la Comunidad, a la Asamblea General

Este artículo revisa el papel que el laboreo, la cobertura del suelo y el paisaje pueden tener sobre los distintos tipos de depredadores de semillas y sus tasas de depredación, y

Tamén na súa redacción se tivo en conta o disposto no Plan xeral de normalización da lingua galega, pois entre os sectores verticais para os que se programa, hai dous

14 HANS KELSEN, Teoría pura do direito, 1979; NORBERTO BOBBIO, Teoría do orde- namento jurídico, 1990; KARL ENGISCH, Jntroducáo ao pensamento jurídico, 1996; KARL LARENZ,

a) Oficio número 1091/2009/SEDUE, emitido por la Secretaría de Desarrollo Urbano y Ecología, desprendido del Expediente Administrativo número PEYV-035/2009, de fecha 12 de

O Campus do Mar, proxecto liderado pola Universidade de Vigo e no cal tamén participan as da Coruña e Santiago, xunto co CSIC, o Instituto Español de Oceanografía e outras

La preocupación por la contaminación en la cuenca del Mar Menor, declarada Zona Vulnerable a la Contaminación por Nitra- tos, en aplicación de la Directiva de Nitratos (91/676/EEC)