• No se han encontrado resultados

TRADUCIR DO FINLANDÉS PARA O GALEGO

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2023

Share "TRADUCIR DO FINLANDÉS PARA O GALEGO"

Copied!
6
0
0

Texto completo

(1)

TRADUCIR DO FINLANDÉS PARA O GALEGO:

O BOSQUE DOS RAPOSOS AFORCADOS DE ARTO PAASILINNA

Tomás González Ahola

Neste breve artigo tentarei facer unha aproximación teórico-práctica ao que foi traducir a novela de Arto Paasilinna O bosque dos raposos aforcados (Hiirtettyjen Kettujen Metsä) do fi nlandés para o galego, tendo en conta que os precedentes de tradución de obras fi nlandesas para o noso idioma son máis ben escasos ou inexistentes. Voume centrar principalmente nos aspectos po- sitivos e negativos da introdución dunha nova literatura no sistema literario a través da tradución e despois no método empregado para salvar determinadas difi cultades e características especiais do texto fi nlandés, e o xeito no que estas se refl icten en maior ou menor medida no texto traducido.

A literatura fi nlandesa no sistema literario galego1.

A publicación de O bosque dos raposos aforcados por parte de Rinoce- ronte Editora supuxo a primeira tradución dunha obra completa do fi nlandés para o galego, o que veu cubrir un oco signifi cativo no noso sistema literario, posto que dita proposta axudou en certa medida a reducir o grao de dependen- cia respecto do sistema español, moito máis poderoso no ámbito da tradución.

Aínda así, existe un precedente de tradución do fi nlandés para o galego bastan- te anterior, aínda que polas características da publicación quedou descoñecido para a maioría da xente. Trátase da publicación en 2001 do primeiro canto doKalevala(o poema épico fundacional dos fi nlandeses) na xa desaparecida revistaAlquimia,ligada á facultade de Filoloxía da USC. Isto estaba enmarcado nun proxecto moito máis grande, que era a tradución completa dos cincuenta cantos do Kalevala, pero que nunca cheguei a rematar (aínda que con toda se- guridade retomarei algún día). Este proxecto era complexo en extremo, posto que á difi cultade do texto (escrito en carelio épico, unha variante arcaizante do dialecto máis oriental de Finlandia) engadíaselle a fabricación dun gale-

1 Emprego aquí o concepto “sistema literario” no sentido que lle dá Itamar Even-Zohar, da escola de Tel-Aviv, dentro do marco da súa “Teoría dos Polisistemas”.

(2)

go-portugués artifi cial e medievalizante, para tentar conservar o efecto de es- trañamento que o poema épico produce sobre calquera lector fi nlandés2. Por tanto, pódese asegurar que a tradución de O bosque dos raposos aforcados foi a primeira do fi nlandés para o galego, posto que a antes mencionada fi cou tan só na categoría de “experimento”.

Para entender ben a posición que ocupa a novela de Paasilinna no noso sistema literario e a que podería ocupar a partir de aquí calquera outra obra fi n- landesa é preciso afondar un pouco nas características culturais e xeoliterarias do país nórdico, posto que a pouco que se comeza a investigar o tema, de seguido aparecen paralelos e similitudes entre Finlandia e Galiza. Dende o punto de vista lingüístico, Finlandia acaba de saír dunha situación de diglosia semellante á que se dá na Galiza, aínda que se cabe incluso máis negativa para a lingua autóctona.

A comezos do século XX o sueco era aló a única lingua de cultura, a lingua da Administración e da Universidade. Só un intenso proceso de nacionalización da cultura e normalización lingüística, axudado en boa medida pola consecución da independencia en 1917 fi xo que a lingua da metrópole colonial (o sueco) queda- se relegada á zona de infl uencia directa escandinava, na costa oeste do país. Esta situación, ligada á posición xeopolítica do país nórdico, como “zona sanitaria”

entre os bloques capitalista e comunista durante a Guerra Fría, fi xo que a lite- ratura fi nlandesa tendese sempre a un modelo de defensa dos valores nacionais e á diferenciación, algo similar ao que ocorre na Galiza, onde a carencia dunha normalidade lingüística e cultural afecta directamente á produción editorial, na que se tende a privilexiar sempre o feito diferencial (que á súa vez supón un recoñecemento da dependencia respecto da cultura española).

Xa nun ámbito menos político, os vencellos entre Finlandia e Galiza son igualmente fondos, e algúns deles están moi presentes na obra de Paasilinna. Por un lado a relación home-natureza é un dos eixos temáticos que vertebran a obra deste autor, algo facilmente comprensíbel para os galegos, se temos en conta a imaxe da Galiza rural, a dependencia da terra e a relación romántica coa nature- za, o que nos fai comprender a moitas das personaxes de Paasilinna como moito máis achegadas a nós. Por outro lado, o carácter frío e desconfi ado dos fi nlande- ses, a súa veneración á bebida, o humor negro do que fan gala e moitos outros aspectos do seu comportamento teñen tamén un paralelo claro cos galegos (ou polo menos cunha imaxe estereotipada dos mesmos), o que fai que o lector se sorprenda ás veces de atopar elementos familiares, cando a predisposición ante un texto dunha cultura tan afastada sexa o da total falta de conexión.

Problemas específi cos da tradución do fi nlandés para o galego.

O feito de ser o primeiro en traducir desde unha lingua determinada a outra trae consigo unha serie de benefi cios, pero tamén de problemas e res-

2 Esta idea foi suxerida en grande medida pola ben coñecida tradución española da Ilíadado profesor Agustín García Calvo.

(3)

ponsabilidades. A carencia dun modelo de tradución anterior implica un maior grao de liberdade por carecer dun referente, tanto desde un punto de vista po- sitivo coma negativo (isto é, un modelo ao que tender ou do que diferenciar- se), co que a tradución é en certa medida un exercicio máis relaxado. Pero ao mesmo tempo isto trae consigo unha situación de desamparo notábel, sobre todo no que respecta á busca de solucións a problemas específi cos. Posto que supoño que isto é o máis importante da miña experiencia como tradutor, pasa- rei a explicar con brevidade os problemas máis importantes:

1. A cuestión dialectal.

Finlandia é un país cunha superfi cie case tan grande como a de España e con algo máis de catro millóns de habitantes, co que unha das súas caracterís- ticas máis importantes é o espallamento da poboación e a falta de continuidade xeo-lingüística, debido ao feito de ter durante varios séculos unha rede viaria defi citaria. Esta situación produciu unha forte dialectalización, que se refl icte na novela de Paasilinna especialmente a través de Naska Mosnikoff, a vella koltta3.Naska non só fala cuns trazos dialectais moi concretos, senón que a isto súmaselle a súa condición de nonaxenaria, o que fai que as súas expresións sexan a miúdo arcaizantes. Para conservar as características específi cas da súa fala e axudar á súa caracterización como anciá, decidín darlle acento das Rías Baixas, a cabalo entre O Grove e Marín, posto que foneticamente é quizáis o que mellor se diferencia da normativa. Tamén sacrifi quei a miúdo a literalidade de determinadas expresións para pór na súa boca frases recorrentes de calquera señora maior da aldea, coa fi n de fortalecer esa imaxe de avoa bondadosa e un pouco fóra de lugar que calquera lector galego pode ter.

2. A toponimia.

Este é quizá un dos meirandes problemas cos que se ten que enfrontar cal- quera tradutor do fi nlandés. A grande maioría dos topónimos do país nórdico son nomes relacionados con accidentes xeográfi cos, pero o seu signifi cado é completamente transparente, ao contrario do que ocorre por exemplo na Gali- za, onde ninguén recoñece O Grove como ‘a fortifi cación do cabo’ ou Liméns como ‘o porto’. Logo, á hora de traducir do fi nlandés para outra lingua é preci- so adoptar unha posición, ben sexa a de verquer á lingua de destino todos os to- pónimos “transparentes”, ben deixar todos en fi nlandés, ou ben quedar a caba- lo entre as dúas posturas, que foi o que eu escollín. Esta decisión está motivada pola función descritiva que teñen os topónimos fi nlandeses en determinados momentos. Por exemplo, os protagonistas da novela pasan todo un inverno nun sitio chamado Kuopsuvaara, que traducín como ‘o outeiro de Kuopsu’, porque saber que se trata dun outeiro é útil para o proceso de construción dos

3 Os kolttas son lapóns ortodoxos que vivían na actual Laponia rusa, e que foron evacu- ados a territorio fi nlandés durante a Segunda Guerra Mundial.

(4)

lugares por parte do lector. Moitas das situacións da novela ocorren nunha zona chamada Juha-Vainaan Maa (‘a terra do defunto Juha’); decidín traducir o topónimo por unha suxestión do editor, Moisés Rodríguez Barcia, porque nun momento se fai referencia a dito topónimo en relación cun enterramento.

Porén, hai outros topónimos que non traducín, como por exemplo Joensuu (‘a boca do río’), posto que o seu signifi cado non é relevante para a narración e a conservación dos topónimos na lingua orixinal é importante para que o lector sitúe a narración nun país determinado. Polo tanto, pódense diferenciar tres tipos de topónimos na miña tradución, sempre en función da importancia do seu signifi cado para a comprensión completa do texto:

a) Topónimos que non se traducen: Rovaniemi, Joensuu, Pulju, Hel- sinki, etc.

b) Topónimos que se traducen completamente: Juha-Vainaan Maa (‘terra do defunto Juha’)

c) Topónimos que se traducen parcialmente (só un dos membros do composto): Kuopsuvaara (‘Outeiro de Kuopsu’), Pallastunturi (‘Monte Pallas’).

3. Cuestións de sintaxe e estilo.

O fi nlandés é unha lingua extremadamente distinta á maioría das linguas occidentais, posto que non ten raíz indoeuropea, senón fi nougra (fi nlandés, estonio, lapón, húngaro, etc.). Unha das súas características máis importantes é a sintaxe sinxela4, compensada por unha morfoloxía moi complexa. A esta sinxeleza na estrutura oracional hai que sumarlle o estilo de Paasilinna, caren- te de grandes alardes retóricos e caracterizado pola claridade. Un excesivo achegamento á sintaxe orixinal do texto traería como consecuencia un texto truncado, baseado en frases curtas separadas por puntos que para un falante de lingua romance resulta monótono e incómodo de ler. Por tanto na miña tradu- ción hai un alto grao de reelaboración da sintaxe baseada na amplifi cación dos períodos sintácticos e a omisión do suxeito, encamiñada sempre á busca dun galego paralelo ao fi nlandés de Paasilinna desde a perspectiva do receptor do texto, xa que o que na lingua de orixe pode ser habitual ou coloquial non o é na lingua de destino.

Consideracións fi nais.

As directrices que rexen a miña tradución de O bosque dos raposos afor- cados e que serven para comprender as miñas escollas ao acharme ante os

4 En canto á omisión do suxeito hai que dicir que en determinadas pasaxes do libro, a presen- za dos nomes propios dos protagonistas está reducida até o 20%, xa que a reiteración dos mesmos non é elegante no galego desde un punto de vista estilístico pero é unha caracterís- tica propia da lingua fi nlandesa.

(5)

problemas da toponimia, a dialectalización ou a sintaxe, son aquelas que teñen que ver coa análise dos receptores do texto orixinal e do texto traducido. Neste sentido, unha obra non existe en si mesma, senón como integrante dun sistema no que se ven envoltos toda clase de factores, entre os que se inclúen os lec- tores potenciais. Aínda que a miña formación como tradutor depende en boa medida dos meus estudos de Filoloxía Clásica, onde se tende á literalidade e ao respecto máis absoluto polo texto orixinal (que desemboca no fracaso comuni- cativo das traducións), o meu traballo co texto de Paasilinna supuxo máis ben a busca da literalidade a través da transformación. Para isto a primeira parte do traballo foi a de recibir o texto orixinal e comprendelo como lector de literatura fi nlandesa, para máis adiante reescribilo en galego e conservar na medida do posíbel ese tipo de recepción, posto que a distancia entre as dúas linguas fai necesario un alto nivel de reelaboración do texto se o que se pretende é con- servar a dimensión signifi cativa do mesmo e facer notar o grao de similitude entre unha e outra cultura.

(6)

Referencias

Documento similar

Ahora bien, a la hora de observar un objeto es necesario involucrar aspectos como la descripción porque mediante esta se pueden identificar elementos referentes