Manual de usuario
Gaio – Frontal de tradución
Versión en galego
CLÁUSULA DE CONFIDENCIALIDADE
Este documento é propiedade da AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia). Deberá empregar este material exclusivamente para os servizos que foron acordados coa AMTEGA e que requiren necesariamente da súa utilización. Está prohibida a reprodución parcial ou total, por calquera medio ou método, dos contidos deste documento para calquera outro uso non acordado coa AMTEGA .
Índice
1. INTRODUCIÓN ... 4
2. PRESENTACIÓN DO SISTEMA... 5
2.1. Requisitos de hardware e software ... 5
3. FUNCIONALIDADES DO SISTEMA ... 6
3.1. Tradutor... 6
3.1.1. Tradución de texto plano ... 7
3.1.2. Tradución de documentos ... 8 3.1.3. Tradución de URL ... 11 3.1.4. Preguntas frecuentes ... 11 3.1.5. Axuda ... 12 3.1.6. Descargas ... 13 3.1.7. Suxestións ... 14 3.1.8. Selección de idioma ... 15
4. PREGUNTAS FRECUENTES DO SISTEMA ... 16
5. LISTA DE MENSAXES DE ERRO ... 19
1.
INTRODUCIÓN
Presentamos o manual de utilización do frontal de tradución do sistema de tradución automática Gaio. Está orientado aos usuarios do frontal de tradución, entidades locais, intranets: Xunta, Sergas e Xustiza. Ao longo deste documento trataremos os seguintes aspectos:
Elementos do frontal de tradución.
o Formulario de tradución.
o Preguntas frecuentes.
o Axuda.
Tradución de texto plano.
o Marcado de palabras descoñecidas
o Direccións de tradución
Tradución de documentos
o Marcado de palabras descoñecidas
o Formatos soportados
o Direccións de tradución
2.
PRESENTACIÓN DO SISTEMA
2.1. Requisitos de hardware e software
O usuario deberá contar cun navegador web, preferentemente:
Internet Explorer: 7.x, 8.x 9.x ou 10.
Firefox: desde a 13.x ata a 21.0.
3.
FUNCIONALIDADES DO SISTEMA
3.1. Tradutor
A páxina do tradutor consta de tres formularios que permitirán ao usuario levar a cabo a tradución de texto plano, documentos (txt, html, doc, docx, pptx, xlsx, odt, ods, odp e pdf) e a tradución de sitios web (URL).
O tradutor está dispoñible en http://gaio.xunta.es. O acceso só está autorizado para as persoas usuarias das intranets da Xunta de Galicia, a Administración de Xustiza e o Sergas, e para os usuarios das corporacións locais a través de Eido Local.
Ilustración 1: frontal de tradución
3.1.1. Tradución de texto plano
O primeiro campo que podemos visualizar (ver Ilustración 1) é o correspondente á dirección de tradución
que queremos aplicar. Podemos traducir tanto desde español → galego como de galego → español ou empregar os demais pares de linguas que teñamos instalados no noso sistema.
Unha vez seleccionada a dirección de tradución, podemos indicar se queremos que o tradutor marque as
palabras descoñecidas. Se marcamos a casilla, o sistema de tradución incorporará un “*” diante daquelas
palabras que non se encontren nos dicionarios do tradutor.
Para levar a cabo a tradución de texto plano, dispomos dun campo de formulario para a introdución do texto (Entrada).
Unha vez cuberta esta información premeremos o botón Traducir para que o sistema leve a cabo a tradución do texto introducido. Se o funcionamento é correcto, devolveranos o texto traducido no campo Saída, que está xusto por debaixo do cadro de texto de entrada.
Ilustración 2: exemplo de tradución de texto plano.
3.1.2. Tradución de documentos
Para levar a cabo a tradución de documentos, os pasos que deberemos levar a cabo son os seguintes (ver Ilustración 1):
Seleccionar a dirección de tradución que queremos aplicar:
o De Castelán a: Galego Portugués Inglés Francés Catalán o De Galego a: Castelán Portugués Inglés o De Portugués a: Galego Castelán o De Inglés a: Galego
Castelán
o De Francés a:
Castelán
o De Catalán a:
Castelán
Seleccionar o ficheiro que queremos traducir conforme á dirección de tradución e ao formato que indicamos nos pasos anteriores. Se indicamos que queremos facer unha tradución de galego para español dun documento .doc (Microsfot Word), o documento que seleccionaremos deberá ser de tipo .doc e estar no idioma galego. Cando premamos o botón Seleccionar archivo, abrirase unha xanela que nos permitirá buscar nas carpetas do noso equipo e/ou nos equipos da rede a que esteamos conectados, o documento que se deba traducir (o frontal identificará automaticamente a extensión do ficheiro seleccionado). Os formatos soportados son:
o TXT: para ficheiros de texto plano (sen formato)
o HTML: para traducir ficheiros tipo HTML
o DOC: documento de word para MS Office 97/2000/2003/XP
o ODT: documento de OpenOffice swriter
o ODS: documento de OpenOffice scalc
o ODP: documento de OpenOffice impress
o DOCX: documentos de word para MS Office 2007/2010
o XLSX: documentos de excel para MS Office 2007/2010
o PPTX: documentos de powerpoint para MS Office 2007/2010
o PDF: documentos en formato PDF.
Indicar se queremos que se marquen as palabras descoñecidas ou non. Marcando o recadro de verificación correspondente, indicamos se queremos que no proceso de tradución queremos que indique cun “*” diante aquelas palabras que non están presentes nos dicionarios.
Asegurarnos de que o tamaño máximo do documento non supera o límite establecido no frontal de tradución. No apartado de tradución de documentos → Documentos indícase o tamaño máximo permitido.
Unha vez indicados os parámetros anteriores, deberemos premer o botón Traducir para levar a cabo a tradución. Pasados uns segundos, devolveranos o documento traducido e daranos a opción de abrilo ou gardalo. Este terá o nome orixinal seguido dun trazo e as iniciais do idioma ao que fixemos a tradución. Por exemplo, se enviamos a traducir un documento denominado carta.doc do galego para o español, o frontal devolverá un documento denominado carta_es.doc.
Se o proceso é completado de forma correcta, o usuario verá unha pantalla como a da Ilustración 4, desde onde poderá descargar o documento traducido.
Ilustración 3: proceso de tradución de documentos.
3.1.3. Tradución de URL
Os pasos para levar a cabo a tradución de URL (sitios web) son similares aos realizados nos dous tipos de tradución anteriormente mencionados.
O primeiro que deberemos facer será indicar a dirección de tradución (galego-español, español-galego, etc.). A continuación indicaremos a URL do sitio que queremos traducir, por exemplo:
http://www.igape.es/.
Como nos casos anteriores, podemos indicar que nos marque as palabras descoñecidas (ausentes dos dicionarios) cun “*”. Unha vez indicados todos os parámetros. prememos o botón Traducir para que o frontal de tradución leve a cabo a tradución do sitio web indicado (ver en Ilustración 1 → Navegación e
tradución).
O aspecto que cómpre destacar neste caso é que o frontal tamén permitirá a navegación con tradución. Isto significa que podemos navegar a través do sitio web e as páxinas serán traducidas automaticamente.
3.1.4. Preguntas frecuentes
As preguntas frecuentes son “preguntas” sobre a utilización do frontal de tradución. O usuario pode atopar neste apartado respostas ás preguntas máis comúns formuladas polos usuarios do sistema de tradución automática.
Ilustración 5: preguntas frecuentes
3.1.5. Axuda
A páxina de axuda dá acceso aos manuais en formato PDF de uso do frontal e sobre a tradución automática.
Ilustración 6: apartado de axuda
3.1.6. Descargas
O apartado de descargas permitirá aos usuarios, previa identificación, descargar os plug-ins para os navegadores Firefox, Chrome e para o procesador de textos Word de Microsoft. Estes plug-ins permitirán ao usuario realizar a tradución de URL e textos sen a necesidade do frontal de tradución.
O plug-in para Word permitirá realizar a tradución dos textos do documento directamente desde o propio procesador de textos.
3.1.7. Suxestións
Este apartado presenta un formulario que poderán empregar os usuarios para enviaren suxestións de palabras/expresións que se traduzan mal, que estean ausentes dos dicionarios ou que deban ser traducidas doutra forma.
Ilustración 8: formulario para o envío de suxestións.
Debemos indicar a palabra/expresión.
Debemos seleccionar a categoría gramatical, no caso de sabela..
O sentido de tradución que afecta.
Podemos indicar un exemplo de contexto no que apareza a palabra.
Por último podemos indicar un comentario.
Prememos o botón Enviar.
3.1.8. Selección de idioma
Por último, cómpre indicar que os usuarios teñen o frontal de tradución nos idiomas español e galego. Na parte dereita do menú superior hai dúas ligazóns que permiten seleccionar un ou outro idioma.
4.
PREGUNTAS FRECUENTES DO SISTEMA
Que é a tradución automática?Chámase tradución automática ao proceso informático que traduce dun idioma para outro sen requirir a intervención humana. Normalmente o labor do usuario/a limítase a indicar o texto que desexa traducir, o seu formato, o idioma en que se encontra e para que idioma desexa que se traduza. Será a aplicación específica a que realice automaticamente a tradución.
Para que serve a tradución automática?
A tradución automática facilita a tradución de texto, documentos ou webs de idiomas (ou para idiomas) que o usuario/a non precisa dominar. Desta forma favorécese a comunicación e/ou o acceso á información independentemente dos coñecementos lingüísticos da persoa usuaria ou destinataria.
Como funciona o tradutor?
O tradutor está composto por unha serie de módulos polos que pasa o texto introducido polo usuario/a. O último destes módulos devolve o texto na lingua de destino indicada. O primeiro dos módulos separa o texto das posibles marcas de formato e envíao para o segundo, que o analiza morfoloxicamente e o envía para os seguintes dous, que, á súa vez, entre outras cousas, resolven posibles ambigüidades de significado e detectan o equivalente na lingua de destino consultando os seus dicionarios (hai tres: un por idioma e outro bilingüe). Despois destas análises, o texto pasa ao módulo de transferencia estrutural, que reordena as palabras ou secuencias de palabras segundo certas regras gramaticais que resolven as diverxencias entre a lingua de orixe e a de destino. Por último, xérase o texto xa traducido e devólveselle o formato de orixe.
Como podo traducir texto?
É moi doado: primeiro tes que inserir o texto que desexes traducir na caixa de texto que podes observar na páxina principal do Frontal de tradución, despois tes que seleccionar a dirección de tradución e premer o botón Traducir. Por exemplo, se o texto está en galego e o queres traducir para o español tes que escoller Galego-español na lista despregable que se mostra enriba da caixa de texto e, por último, premer o botón Traducir situado debaixo da caixa de texto. A tradución mostrarase xusto debaixo da caixa de texto. Se quixeres que na tradución se marquen as palabras descoñecidas (palabras non presentes nos dicionarios do tradutor e que por tanto non traduce) para así poder revisalas posteriormente, tes que seleccionar a opción Marcar as palabras descoñecidas.
Como podo traducir documentos de texto?
Para traducires documentos de texto nos formatos admitidos (doc, docx, odt, txt, html, xlsx, pptx e pdf) debes ir á área Tradución de documentos do Frontal de tradución e alí escoller primeiro a dirección de tradución (por exemplo, Galego-español se o que desexas é traducir un texto de galego para español), despois debes indicar o formato do documento que vas traducir. A seguir é cando se selecciona o documento que se vai traducir. Para iso hai que premer en Procurar... e se abrirá unha xanela onde podes navegar ata localizares o documento concreto. Se quixeres que na tradución se marquen con asterisco as palabras descoñecidas (palabras non presentes nos dicionarios do tradutor e que, por tanto, non traduce) para así poder revisalas posteriormente, tes que seleccionar a opción Marcar as palabras descoñecidas. Por último, preme Traducir e ao cabo duns segundos aparecerá no escritorio do teu computador un
ficheiro que terá o mesmo nome que o que enviaches a traducir mais co engadido _<idioma destino> para diferencialo do orixinal. O tempo de espera dependerá do tamaño do ficheiro (o máximo son 20 megas).
Como podo traducir páxinas web?
Podes traducir páxinas web na área Navegación e tradución do Frontal de tradución. Primeiro tes que seleccionar a dirección de tradución (por exemplo, Galego-español se o que desexas é traducir unha web do galego para o español), despois inserir o enderezo da web (en formato http://www.paxinaweb.com ou semellante) en URL e, por último, seleccionar se desexas que se marquen con asterisco as palabras descoñecidas.
Para que serve a opción Marcar as palabras descoñecidas?
Esta opción marca cun asterisco as palabras que non traduce para así indicar as palabras que necesitan revisión. Estas palabras non se traducen por non estaren presentes nos dicionarios do tradutor. As palabras mal escritas ou os estranxeirismos de uso pouco común tamén se marcan con asterisco, por iso é altamente recomendable revisar os textos ou pasarlles un corrector ortográfico antes de os traducir. Para ampliar os coñecementos lingüísticos do tradutor e, por tanto, os seus dicionarios, existe un formulario que podes empregar para informar de palabras ou expresións ausentes.
Que tipos de documentos podo traducir?
Pódense traducir documentos nos seguintes formatos: doc, docx, odt, txt, html, xlsx, pptx e pdf.
Como podo obter os mellores resultados co tradutor?
Existen certos trucos que te poden axudar a obteres unha tradución automática de alta calidade. Estes son os consellos máis relevantes:
Corrixe o texto orixinal antes de realizar a tradución. Un tradutor automático non é un corrector. Por iso, os erros que teña o texto orixinal afectarán ao seu desempeño. Por exemplo, se traduces para galego a frase “el tendria la libertad” obteremos como resultado “o *tendria a liberdade”, xa que "él" (pronome) e "tendría" (verbo) son palabras acentuadas en castelán e o tradutor identificounos como artigo (“el” sen acento) e como palabra descoñecida (*tendria) respectivamente.
As frases curtas e simples favorecen que as traducións sexan correctas, xa que, desta forma, é máis fácil evitar posibles ambigüidades. Un texto ambiguo resultará nunha tradución ambigua.
Coida tanto a puntuación como a sintaxe xa que son elementos fundamentais para a comprensión daquilo que se quere expresar e a súa correcta transmisión.
Evita as expresións coloquiais e idiomáticas xa que talvez causen confusión e dificulten a boa comprensión por parte da persoa tradutora/lectora e, ao mesmo tempo, provoquen erros na tradución.
A revisión da tradución é fundamental xa que os procesos automatizados tenden a empobrecer o idioma.
Por que o tradutor deixou algunhas palabras sen traducir?
A razón principal de que o tradutor deixe palabras sen traducir é que non se atopan recollidas nos seus dicionarios e isto pode deberse a diversas causas: porque non son correctas (mal escritas,
estranxeirismos, etc.), porque son pouco comúns ou de creación moi recente (tecnicismos, novas
posibles ausencias nos dicionarios, creouse un formulario que se pode empregar para informar de palabras ou expresións ausentes e así ampliar os coñecementos lingüísticos do tradutor.
Que significa o asterisco (*) que aparece ao lado dalgunhas palabras?
O asterisco que marca algunhas palabras indica que estas non foron traducidas por non estaren presentes nos dicionarios do tradutor. As palabras mal escritas ou os estranxeirismos de uso pouco común tamén se marcan con asterisco, por iso é altamente recomendable revisar os textos ou pasarlles un corrector ortográfico antes de os traducir. Para ampliar os coñecementos lingüísticos do tradutor e, por tanto, os seus dicionarios, existe un formulario que podes empregar para informar de palabras ou
expresións ausentes.
Na tradución aparecen os símbolos #/@, que significa?
Os símbolos #/@ poden pertencer ao texto orixinal ou ben indicar algún tipo de erro que se produciu á hora de construír os dicionarios do tradutor. Para informares destes erros, podes cubrir o mesmo formulario que se emprega para o envío de palabras e expresións ausentes.
5.
LISTA DE MENSAXES DE ERRO
Código Descrición Solución8 A URL que introduciu non é
correcta
O usuario introduciu unha url no apartado de Navegación e
tradución que non está ben formada.
-102 Os formatos soportados son: txt, odt, html, htm, docx, pptx, xlsx, odp, ods, doc, pdf, wxml
O usuario está tentando traducir un documento nun formato non soportado, por exemplo .ppt ou .xls. Deberá transformar o documento a un dos formatos soportados.
-103 O tipo de documento introducido non é correcto
O sistema detectou un problema coa estrutura interna do documento (XML) que impide a súa tradución.
-104 O tamaño do documento que tenta traducir supera o límite. O tamaño debe ser inferior a nn MB.
O usuario está tentando traducir un documento que supera o límite de tamaño establecido. Deberá subdividir o documento en partes mais pequenas e lanzar a tradución de cada unha.
404 Páxina non atopada ou de acceso restrinxido
O usuario está solicitando unha URL que non existe ou para a que non ten permisos de acceso.
6.
ANEXO I: GLOSARIO DE TERMOS
URL Uniform Resource Locator. É unha secuencia de caracteres, de acordo a un formato
estándar, que se utiliza para nomear recursos como documentos e imaxes de internet, pola súa localización.