• No se han encontrado resultados

lunes 22 de octubre de 2012

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "lunes 22 de octubre de 2012"

Copied!
34
0
0

Texto completo

(1)

JOSÉ MANUEL VEZ

[email protected]

(2)

Observatorio Atrium Linguarum

http://www.atriumlinguarum.org/

(3)

Ensino plurilingüe:

quo vadis?

(4)

Non quero que a miña casa estea amurallada ou as miñas

fiestras bloqueadas. Quero que os ventos de todas as culturas sopren pola miña casa tan libremente como

sexa posible.

¡¡Pero négome a ser arrincado do meu fogar pola forza dos

ventos de culturas alleas!!

Mahatma Gandhi

(5)

Un plurilingüismo inclusivo ou

segregacionista ?

(6)

O plurilingüismo é inclusivo e con equidade, ou non é

plurilingüismo

[ “Guía para o desenvolvemento de políticas

lingüísticas educativas en Europa. Da diversidade lingüística á educación plurilingüe”. Consello de

Europa, 2007 ]

(7)

Puntos de reflexión:

1) Interrogante de partida

2) Tipoloxía de centros plurilingües

3) Aprendizaxe temperá dun idioma non ambiental 4) Conciencia lingüística e o concepto de ‘lingua útil’

5) Conciencia lingüística e ‘estima’

6) Diferentes realidades - distintos modelos

(8)

1) Interrogante de partida

Ten sentido priorizar e primar a

potenciación do inglés -lingua non

oficial e non ambiental- cando ainda non se garante axeitadamente a

adquisición da lingua propia de

Galicia no noso sistema educativo?

(9)

(Interrogante de partida)

As investigacións sociolingüísticas evidencian que non se alcanzan as competencias desexables en galego no sistema escolar en relación ao castelán

“Avaliación da competencia do alumnado de 4º de ESO nos idiomas galego e castelán” (B. Silva et al., 2010): A capacidade de comunicación oral e

escrita, así como o coñecemento do código, son semellantes nos dous idiomas ou obsérvanse diferenzas significativas entre eles?

Agás nos resultados das probas gramaticais e de léxico que non ofrecen diferenzas significativas (son linguas cognadas), a competencia é superior en castelán, tanto na expresión escrita como na oral… con diferenzas

maiores na escritura ca na oralidade, sendo as subcompetencias relacionadas co código as que presentan maiores diferenzas.

(10)

2) Tipoloxía de centros plurilingües

Respecta a actual rede de centros

plurilingües (149 creados a día de hoxe) a proporcionalidade de tipoloxía de

centros do sistema educativo galego?

(11)

(Tipoloxía dos 149 centros:

76 públicos e 73 privados)

2010: 58 centros 25 privados (43%)

Públicos: 1-2 materias (Só IES X. Neira Vilas ofertou francés en 1º de ESO)

Privados: 4-5 materias (Só inglés) - Maioría da oferta de materias en 1º Primaria (Ed. Artística -Plástica)

2011: 52 centros 28 privados (54%)

Públicos: 1-2 materias (Só inglés) Privados 2-3 materias (Só inglés) - Aumenta 1º Primaria e Baixa 1º ESO (Ed. Artística -Plástica)

2012: 39 centros 20 privados (51%) Públicos: 1-2 materias (Só inglés)

Privados 1-5 materias (Só inglés) - A oferta en ESO redúcese a 6 centros: 5 privados e 1 público - 97% da oferta de materias segue a ser Ed. Artística -Plástica

(12)

73

76

Distribución 149 centros plurilingües (2012-2013)

Privados 49% Públicos 51%

(13)

296 1115

Distribución 1.447 centros de réxime xeral (2012-2013)

Privados 20% Públicos 80%

Fonte: Datos e cifras do ensino non universitario. Curso 2012-2013.

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

(14)

Centros plurilingües, quo vadis ? Ed. Artística (Plástica) =

impartida en inglés

maioritariamente, de xeito

temperá, en Primaria?

(15)

3) Aprendizaxe temperá dun idioma non ambiental

Unha lingua ‘vehicular’ non é máis

que un taxi: só se colle cando non

temos o noso coche a man.

(16)

(Aprendizaxe temperá dun idioma non ambiental)

A aprendizaxe temperá dunha lingua diferente ás propias mellora o alcance da súa competencia, pero a longo prazo e en función de que se dean ‘certas’ condicións contextuais. Sobre todo crea mellores condicións para alcanzar un nivel de ‘case nativo’.

Pero ese nivel non é realista a unha escala masiva. Un cidadán non chega a ser

‘plurilingüe’ polo só feito de empezar con algunha materia impartida en inglés aos 6 anos ou antes.

Baixo determinadas circunstancias, unha promoción temperá sen ‘necesidade’ pode volverse en contra.

Lingua ‘vincular’ e ‘vehicular’: As nosas nenas e nenos, aos 6-7 anos, son bilingües naturais galego-castelán, cunha maior instalación nunha das dúas linguas, e precisan aínda de toda a ‘vinculación’ posible á lingua de menor competencia en uso social.

(17)

(Aprendizaxe temperá dun idioma non ambiental)

Cómpre asentar cognitiva e socialmente ben as nosas dúas linguas vinculares e desde elas transferir a unha terceira e unha cuarta máis adiante.

As evidencias empíricas con suxeitos plurilingües sobre cuestións vantaxosas sitúanse no ámbito de ‘linguas vinculares’ e o seu contraste científico

céntrase en suxeitos maiores de 6 e 7 anos.

Son contextos de ‘vinculación a algo ou a alguén’ que pouco ou nada teñen que ver con ‘linguas vehiculares’ con usos escasos e restrinxidos a un

contexto académico. Nestes contextos formais a estrutura da nova lingua vehicular tende a representarse na superficie da cortiza cerebral onde a súa sustentabilidade é moi fráxil.

(18)

(Aprendizaxe temperá dun idioma non ambiental)

Ellen Bialystok falando sobre as vantaxes do bilingüismo deixou claro que o bi/plurilingüismo fai ao cerebro máis forte pero só cando se usan as linguas ‘de xeito constante’ . Non basta con

‘saber’ as linguas. Hai que ‘usar’ as linguas constantemente e

socialmente evitando a ‘atrición’ (perda competencial por falta de uso).

Sabemos iso fai moito tempo… como tamén sabemos que a perda

de falantes en galego non é porque a xente non queira aprendelo

(19)

4) Conciencia lingüística e ‘lingua útil’

Di a Guía (Consello de Europa, 2007): “Cómpre desenvolver unha competencia plurilingüe e unha educación intercultural como ‘unha forma de vivir

xuntos’ (referido ao concepto da dimensión europea)”.

Ao meu xuízo, isto non é posible sen unha toma de

conciencia do concepto de ‘equidade’ lingüística e

cuestionando a estendida idea de ‘lingua útil’.

(20)

(Conciencia lingüística e ‘lingua útil’)

Hai una concepción socialmente construída moi preocupante:

O tsunami do ‘bilingüismo globalizante’ en Europa = un bilingüismo ‘útil’ para o progreso e a internacionalización

Os bilingüismos naturais = un modelo de bilingüismo ‘inútil’

fóra dos ámbitos territoriais (ver sentencia do xuíz de Alcorcón

sobre o galego e a escolarización en galego: “Un juez afirma

que educar a un hijo en gallego es inútil” http://elpais.com/

(21)

5) Conciencia lingüística e ‘estima’

O bi/plurilingüismo vía

inglés... é igual para unha

nena zamorana ou andaluza

que para un galego?

(22)

(Conciencia lingüística e ‘estima’)

Unha nena zamorana, un neno zafreño, etc. nunha sección bilingüe incorpora á súa competencia existencial as dúas linguas que posúen máis alta estima no mundo neste

momento: o inglés e o español. O seu capital de conciencia lingüística -de espertar ás linguas- é diferente ao que posúe unha nena galega ou un neno vasco. Estes últimos han de incorporar as dúas linguas de maior prestixio social,

económico e cultural a unha lingua propia, ambiental e

(23)

(Conciencia lingüística e ‘estima’)

A

Guía

indica que “á marxe de que un crea ou non crea que o inglés supón unha ameaza para Europa como forma de

homoxeneización lingüística, é claro o feito de que as

percepcións sociais dominantes atribúen toda sorte de virtudes a esta lingua (para o emprego, a comunicación, as novas

tecnoloxías, etc.) e, deste xeito, contribúen á diseminación dunha ideoloxía monolingüe” (p. 29).

E baixo unha ideoloxía monolingüe, o normal é que as

linguas minorizadas perdan aos poucos a súa estima como

forza social.

(24)

AICLE: Inglés para todos?

(25)

Convivindo co elefante inglés...

Que espazo temos no zoo das linguas para

outros animais?

(26)

Convivindo con 2 linguas-elefante -inglés e castelán-...

... temos o mesmo espazo en galego ou

(27)

(Conciencia lingüística e ‘estima’)

Cando o capital de conciencia lingüística -de espertar ás linguas- é baixo, cómpre asegurar a estima das linguas propias en relación de equidade antes de potenciar o plurilingüismo internacionalista.

O PGPLE (Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras) é un bo plan... para potenciar o inglés e a estima por esta lingua,

pero non para desenvolver un plurilingüismo inclusivo, en equidade, e acomodado ao contexto galego.

Por que non se fixo un plan así para potenciar o galego? Unha cousa non exclúe a outra, como o propio plurilingüismo xamais é

excluínte. Ou é inclusivo ou non é plurilingüismo.

(28)

6) Diferentes realidades: distintos modelos

Non hai un modelo único de plurilingüismo porque as realidades son diferentes.

Seica podemos implantar o mesmo modelo, baixo o criterio dun modelo único de plurilingüismo, no IES Rosalía de Castro de Santiago (por exemplo) -co seu contexto- que nun centro escolar da montaña luguesa -co seu?

Antes de pór en marcha o decreto de plurilingüismo debería terse medido a realidade galega a fondo, investigando os factores

(29)

(Diferentes realidades: distintos modelos)

Os modelos non se trasplantan a realidades diferentes. Pero se pode ter un punto de contraste no que as diferenzas e

semellanzas nos axuden a pensar en axústalos por realidades e, así, debater que tipo de plurilingüismo queremos e como queremos conseguilo.

Con cautelas, procedo a análise contrastiva do Marco de

Educación Trilingüe (MET) do País Vasco e o desenvolvemento

do modelo trilingüe nos centros plurilingües de Galicia.

(30)

Modelo vasco e galego: Semellanzas

Foco de atención nunha ‘táboa de repartición curricular por cotas’ sen facer fincapé en que o trilingüismo debe, en primeiro lugar e sen excepcións, ter como eixo lingüístico o idioma propio (euskara e galego) e non o inglés

O capital de recursos humanos e materiais estase indo, tanto en País Vasco como en Galicia, para o inglés.

A proporción entre centros acreditados públicos e privados para implantar a experiencia do modelo non respecta a realidade dos seus respectivos sistemas educativos.

Os dous modelos nacen obviando o diagnóstico da situación

(31)

Modelo vasco e galego: Diferenzas

O MET arrinca cun carácter marcadamente experimental a tres anos e vai acompañado dunha avaliación de seguimento interna e externa.

O MET distribúe o horario lectivo nun 20% en castelán, 20% en eúskara, 20% en inglés, e o resto porcentual da lingua vehicular é decidido por cada centro en función do seu contexto. Isto permite que haxa distintos tratamentos lingüísticos que se adapten ao PLC de cada centro.

O MET iníciase co alumnado de 4º curso de Primaria e/ou 1º de ESO. En Galicia iníciase en 1º de Primaria. O inicio do plurilingüismo aos 9-10 anos (caso MET) permite que o bilingüismo das dúas linguas ambientais estea moito máis consolidado.

(32)

Hai alternativa? SI

• Cómpre camiñar cara un Currículo Integrado das Linguas (CIL), partindo do galego, que permita un traballo coordinado orientado a desenvolver as distintas linguas do currículo de xeito integrado.

• Partindo dunha mesma tarefa, podénse traballar

diversos xéneros discursivos en distintos niveis de

competencia comunicativa, como xa temos exemplos

nas secuencias didácticas plurilingües do enfoque de

tipo TIL (Tratamento Integrado de Linguas) feitas pola

Junta de Andalucía (http://www.juntadeandalucia.es/

(33)

Pero o

importante non é a alternativa,

senón evitar a forza dos

ventos...

(34)

Non quero que a miña casa estea amurallada ou as miñas

fiestras bloqueadas. Quero que os ventos de todas as culturas sopren pola miña casa tan libremente como

sexa posible.

¡¡Pero négome a ser arrincado do meu fogar pola forza dos

ventos de culturas alleas!!

Mahatma Gandhi

Referencias

Documento similar

De manera a aumentar la visibilidad de la empresa, y, visto que, los consumidores encuestados valoran las ferias y eventos como el segundo medio más importante para

Blog Obsidiana Abogadas: El blog como podemos observar en la Imagen 21, es de suma importancia ya que el objetivo será publicar con cierta frecuencia las necesidades

Para poder comparar los productos de IKEA con otros equivalentes de otras marcas hay que sumarles al precio de venta el público los gastos del transporte, combustible y montaje

Entre nosotros anda un escritor de cosas de filología, paisano de Costa, que no deja de tener ingenio y garbo; pero cuyas obras tienen de todo menos de ciencia, y aun

diabetes, chronic respiratory disease and cancer) targeted in the Global Action Plan on NCDs as well as other noncommunicable conditions of particular concern in the European

En cada antecedente debe considerarse como mínimo: Autor, Nombre de la Investigación, año de la investigación, objetivo, metodología de la investigación,

El desarrollo de todas ellas es tarea fundamental de la institución escolar, que debe poner todos los instrumentos y recursos a su alcance para lograr la mejora de la

A comisión deberá elaborar unha relación de méritos valorables con cadansúa puntuación de referencia, que deberá establecerse tendo en conta o tipo de material de que