• No se han encontrado resultados

Índice xeral

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "Índice xeral"

Copied!
39
0
0

Texto completo

(1)

1. O Servicio de Normalización Lingüística……… 3

1.1. Persoal……… 4

1.2. Infraestructura……… 6

1.2.1. Locais………. 6

1.2.2. Soporte informático………. 6

1.2.3. Internet……….. 7

1.2.4. Comunicacións………. 7

1.2.5. Biblioteca e documentación……… 8

1.3. Relacións con outros organismos……….. 9

1.3.1. Mediante convenios……… 9

1.3.2. Mediante participación……….. 10

1.3.3. Outros……… 11

1.4. Formación do persoal………. 12

1.4.1. Asistencia a cursos ……… 12

1.4.2. Asistencia a congresos e xornadas………. 13

1.4.3. Conferencias e relatorios presentados……… 13

1.4.4. Publicacións... 14

2. Asesoramento lingüístico……… 15

2.1. O Editor de Documentos Administrativos……… 16

2.2. Calidade e eficacia no traballo de asesoramento……….. 16

2.3. Traballo realizado... 17

2.3.1. Corrección……… 18

2.3.2. Traducción……… 21

3. Formación……….. 23

3.1. Cursos organizados……… 24

3.1.1. Dirixidos ó persoal de administración e servicios………. 24

3.1.1.1. Cursos de reciclaxe de lingua galega……… 24

3.1.1.2. Cursos de linguaxe administrativa……… 24

3.1.1.3. Cursos de lingua galega oral……… 25

3.1.2. Dirixidos ós estudiantes……… 25

3.1.2.1. Cursos de redacción e deseño de traballos de investigación…. 25 3.1.2.2. Cursos de lingua galega para non galegofalantes……… 25

4. Dinamización lingüística………. 27

Índice xeral

(2)

4.1. O Cartafol………. 28

4.1.1. A edición do Cartafol dixital... 28

4.1.2. A edición do Cartafol en papel... 29

4.2. Recolla de datos sobre o uso do galego na docencia.………. 29

4.3. Comisións de normalización lingüística dos centros... 29

4.3.1. Escola Politécnica Superior... 29

4.3.2. Facultade de Química... 30

4.4. Campañas de apoio ó uso do galego en traballos de investigación……….. 31

4.5. Proposta para facer gratuíta a emisión de duplicados de títulos por galeguización de nome e apelidos... 31

4.6. Actualización e mellora do sitio web do SNL... 32

4.7. Elaboración e proposta de campaña para a presentación do Plan de Normalización Lingüística ... 32

5. Terminoloxía……… 33

5.1. O BD_SNL (Banco de termos do Servicio de Normalización Lingüística)… 34 5.1.1. Inclusión de fontes terminográficas no BD_SNL……….. 34

5.1.2. Depuración e revisión da información recollida no BD_SNL……….. 35

5.2. Edición do Vocabulario de Química………... 36

5.3. Outros traballos terminográficos………... 37

5.4. O Rexistro de Proxectos Terminolóxicos………. 37

5.5. Productos Realiter………... 38

(3)

1 O Servicio de N orma lizac ió n Lin güística

1.1 Persoal 1.2 Infraestructura

1.2.1 Locais

1.2.2 Soporte informático 1.2.3 Internet

1.2.4 Comunicacións

1.2.5 Biblioteca e documentación 1.3 Relacións con outros organismos

1.3.1 Mediante convenios 1.3.2 Mediante participación 1.3.3 Outros

1.4 Formación do persoal

1 .4.1 Asistencia a cursos

1.4.2 Asistencia a congresos e xornadas 1.4.3 Conferencias e relatorios presentados 1.4.4 Publicacións

(4)

1.1. Persoal

O Servicio de Normalización Lingüística (SNL) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) está constituído polas seguintes persoas:

• Director

Manuel C. Núñez Singala

• Técnicos de Normalización Lingüística Manuel Bermúdez Blanco

Xusto A. Rodríguez Río Isabel Vaquero Quintela

• Bolseiros

Leonardo Henrique Fernández Campos Antón Lado Lago

Sara Pino Ramos Susana Suárez Recouso

• Administración

Ana María Domínguez Gigirey (ata o 12 de marzo de 2002) Francisco Javier Amigo Pombo (dende o 12 de marzo de 2002)

Para a realización de cursos de lingua galega contouse coa colaboración das seguintes persoas:

Curso de linguaxe administrativa

Xosé Ramón López Boullón Cursos de lingua galega oral

Raquel Rodríguez Parada

Cursos de redacción e deseño de traballos de investigación Manuel Bermúdez Blanco

Mª Soraya Domínguez Portela Xusto A. Rodríguez Río

(5)

Cursos de Reciclaxe de Lingua Galega Mª Soraya Domínguez Portela Raquel Rodríguez Parada

Cursos de Lingua Galega para non galegofalantes Mª Carme González Bueno

Monserrat Iravedra Leivas Xosé Ramón López Boullón Isabel Paños Rodríguez

Para a realización de léxicos e vocabularios contamos co apoio e a colaboración de:

Léxico Panlatino de Biotecnoloxía

Antonio Ballester Álvarez-Pardiñas

Léxico de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación Feli Barreiro Fernández

Esther Martínez Piñeiro Mª José Méndez Lois

Xesús Manuel Mosquera Carregal Xosé Rubal Rodríguez

Vocabulario Panlatino de Hemodinámica

José Ramón González Juanatey Vocabulario de Química

Uxío Benítez Fernández Marco Candia Durán Marcos Domínguez Varela Beatriz Formoso Gosende Xoán Guitián Rivera Xosé Lois López Zubiela Marcelino Maneiro Maneiro Carme Pampín Casal

María Presas Blanco David Rodríguez Garrido Xusto A. Rodríguez Río Isabel Vaquero Quintela

(6)

Léxico de contratos de comercio internacional Iolanda Galanes Santos

Susana Suárez Recouso

Para o desenvolvemento do Editor de Documentos Administrativos (vid. 2.1) colaboraron connosco

Fernando Tabernero Duque María José Dopazo Oubiña

1.2 Infraestructura

1.2.1 Locais

O SNL ocupa a zona sur do segundo andar do Colexio de San Xerome, en Santiago de Compostela. Dispón, así mesmo, dun despacho propio nos locais da Vicexerencia do Campus de Lugo.

1.2.2 Soporte informático

A infraestructura informática coa que conta na actualidade o SNL é a seguinte:

Campus de Lugo

ƒ Un ordenador tipo PC, S.O. Windows XP

ƒ Unha impresora láser, branco e negro

Campus de Santiago

ƒ Un ordenador tipo PC, S.O. Windows NT

ƒ Tres ordenadores tipo PC, S.O. Windows 95

ƒ Dous ordenadores tipo PC, S.O. Windows 98

ƒ Un ordenador tipo Macintosh, S.O MacOs

ƒ Un ordenador portátil, tipo PC, S.O Windows ME

ƒ Unha impresora a cor, de inxección de tinta

ƒ Tres impresoras láser, branco e negro

ƒ Unha impresora láser, cor (compartida)

ƒ Un escáner

(7)

1.2.3 Internet

O SNL dispón dunha páxina web propia, aloxada no servidor xeral da USC e que se actualiza con frecuencia.

http://www.usc.es/snlus

1.2.4 Comunicacións

A infraestructura de comunicacións ó dispor do SNL é a seguinte:

Para os dous campus existe, desde finais do curso 2000-2001, unha rede interna de uso exclusivo do SNL gracias á cal o Banco de Termos do SNL (véxase máis adiante 5.1) resulta moito máis operativo.

Campus de Lugo:

ƒ A extensión telefónica 23582

ƒ Os seguintes enderezos electrónicos:

(8)

Xeral

[email protected] SNL.Campus de Lugo Persoal

[email protected] Xusto A. Rodríguez Río Campus de Santiago

ƒ Unha liña telefónica externa, o 981562265, con capacidade de voz e fax.

ƒ As seguintes extensións telefónicas:

11073 Manuel Núñez Singala 11152 Isabel Vaquero Quintela 11107 Manuel Bermúdez Blanco

11073 Ana María Domínguez Gigirey/ Francisco Javier Amigo Pombo 11153 Bolseiros

ƒ Conta, así mesmo, cos seguintes enderezos electrónicos:

Xerais

[email protected] SNL. Campus de Santiago [email protected] Administración Persoais

[email protected] Manuel Núñez Singala [email protected] Isabel Vaquero Quintela [email protected] Manuel Bermúdez Blanco

[email protected] Ana María Domínguez Gigirey/ Fco. Javier Amigo Pombo [email protected] Bolseiros

[email protected] Bolseiros

1.2.5 Biblioteca e documentación

O SNL conta cunha pequena biblioteca constituída por 976 volumes especializados en temas de lingüística. Non se inclúen as revistas. Ofrécese un servicio de empréstito a todas aquelas persoas da comunidade universitaria que estean interesadas.

Durante o ano 2001 engadíronse 51 novos volumes á biblioteca, entre exemplares adquiridos e doados por organismos públicos.

(9)

Tódolos exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital.

O SNL conta así mesmo cun arquivo de documentación de campañas de normalización lingüística, cada un dos ítems correspondentes atópase arquivado nos locais do Servicio e ó mesmo tempo fichado en soporte informático.

Disponse igualmente dun arquivo de prensa que se alimenta de noticias relacionadas coa lingua e publicadas nos seguintes medios:

La Voz de Galicia El Correo Gallego O Correo Galego A Nosa Terra El País

1.3 Relacións con outros organismos

1.3.1 Mediante convenio

Dirección Xeral de Política Lingüística. Xunta de Galicia.

O SNL ten asinado un convenio de colaboración coa Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia que data do ano 1991 e que se revisa e actualiza mediante o asinamento dunha addenda anual.

En concreto, na addenda para o ano 2001 acórdase a realización de cursos de lingua galega para estudiantes, profesorado e PAS, a elaboración e/ou edición de traballos terminolóxicos e o soporte de campañas dirixidas á promoción do uso da lingua galega en traballos de investigación. A Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia contribúe cunha achega económica que ascende a 51.687 €.

Direction Terminologie et Industries de la Langue. Unión Latina.

Así mesmo mantéñense dous acordos de cooperación coa Unión Latina, en concreto coa súa Direction Terminologie et Industries de la Langue.

(10)

O primeiro deles, de ámbito xeral, asínase co obxectivo de levar a cabo accións comúns destinadas ó desenvolvemento de actividades terminolóxicas en Galicia, así como para o intercambio de información e documentación no eido da terminoloxía.

O segundo, específico, para formalizar a participación do SNL no proxecto LINMITER, un estudio sobre a terminoloxía nas linguas latinas minoritarias en Europa levado a cabo en colaboración coas seguintes institucións:

ƒ Unión Latina. DTIL. París (Francia)

ƒ Direcció General de Política Lingüística. Barcelona (España)

ƒ Servici de la Lengua Occitana. Université Paul Valery. Montpellier (Francia)

ƒ Centre de Recherches Corses en Lettres e en Sciences Humaines. Université de Corse. Córsega (Francia)

ƒ PAPIROS. Libros in limba sarda. Núoros. Sardeña (Italia)

ƒ Servisc de Planificazion y Elaborazion di Lingaz Ladin. Institut Cultural Ladin.

Vigo di Fassa (Italia)

ƒ Dipartimento di lingue e letterature germaniche e romanze. Università di Udine.

Udine (Italia)

1.3.2 Mediante participación.

O SNL participa e coopera cos seguintes organismos:

Realiter. Rede Panlatina de Terminoloxía.

O SNL forma parte de Realiter desde o ano 1997 e dentro desta rede vén desenvolvendo diversos traballos no eido da terminoloxía en colaboración con outros organismos que a constitúen .

Por outra banda, o director técnico do Servicio é membro do Comité de Realiter, como representante da lingua galega nesta rede. En calidade de tal participou o 24 de novembro de 2001 na V Reunión Plenaria de Realiter, que tivo lugar en Bruxelas. Participou, así mesmo, na IX Reunión de Coordinación desta rede, celebrada tamén en Bruxelas o 15 de xuño de 2002.

Linmiter. Terminoloxía das Linguas Europeas Minoritarias

O SNL, en colaboración coa Unión Latina e co apoio da Comisión das Comunidades Europeas segue colaborando no proxecto LINMITER.

(11)

.

AETER. Asociación Española de Terminoloxía

O SNL é socio fundador da Asociación Española de Terminoloxía e como tal vén participando nas actividades organizadas pola dita asociación. O director técnico asistiu á Asemblea Xeral da AETER que tivo lugar en Madrid o día 7 de xuño de 2002.

Concello de Santiago de Compostela. Comisión de Normalización Lingüística O director técnico do SNL é membro designado pola USC da Comisión de Normalización Lingüística do Concello de Santiago de Compostela, na que vén colaborando desde mediados do ano 2000 na elaboración e seguimento dun Plan de Normalización Lingüística para a dita entidade local.

Consello da Cultura Galega. Comisión Técnica de Linguaxes de Especialidade Xusto Rodríguez Río e mailo director técnico do Servicio son membros integrantes da Comisión Técnica de Linguaxes de Especialidade do Consello da Cultura Galega. Durante o curso 2001-2002 participaron nas reunións do 3 de outubro de 2001, e 20 de febreiro de 2002.

1.3.3 Outros

O SNL mantén intercambios de material e experiencias coas seguintes universidades do estado que posúen servicios lingüísticos:

Universidade da Coruña

Universidade de Vigo

Universidade do País Vasco

Universidade Pública de Navarra

Universitat Autònoma de Barcelona

Universitat d’Alacant

Universitat de Barcelona

(12)

Universitat de Girona

Universitat de les Illes Balears

Universitat Jaume I

Universitat de Lleida

Universitat Politècnica de Catalunya

Universitat Pompeu Fabra

Universitat Ramon Llull

Universitat Rovira i Virgili

Universitat de Valencia

Universitat de Vic

Mantéñense contactos e colaboracións con organismos involucrados na elaboración de terminoloxía científico-técnica

TERMIGAL. Servicio Galego de Terminoloxía. Galicia

Departamento de Filoloxía Galega e Latina. Universidade de Vigo. Galicia

TERMCAT. Cataluña.

Institut Universitari de Lingüística Aplicada. Universitat Pompeu Fabra. Cataluña

Departamento de Lingüística, Linguas Clássicas e Vernácula. Centro de Estudos Lexicais e Terminológicos. Universidade de Brasilia. Brasil

Ass.I.Term. Associazione Italiana per la Terminologia. Roma. Italia

TERMAR. Grupo Argentino de Terminología. Buenos Aires. Arxentina.

Bureau de la Traduction. Direction de la Terminologie et de la Normalisation.

Travaux Publiques et Services Gouvernamentaux du Canada. Quebec. Canadá

Université de Paris VIII

Existen tamén intercambios de información, material e experiencias coa práctica totalidade de servicios lingüísticos do país: de concellos, deputacións, audiencias provinciais, da Xunta de Galicia, medios de comunicación…

Mantéñense igualmente contactos regulares coa Mesa pola Normalización Lingüística.

1.4 Formación do persoal

1.4.1 Asistencia a cursos

♦ Access. Avanzado. Curso do Plan de Formación do PAS da USC que tivo lugar no mes de outubro de 2001 en Lugo.

Xusto A. Rodríguez Río

♦ Creación e mantemento dunha páxina web. Curso do Plan de Formación do PAS da USC que tivo lugar no mes de novembro de 2001 en Lugo.

Xusto A. Rodríguez Río

(13)

♦ Francés. Nivel II. Curso do Plan de Formación do PAS da USC que tivo lugar no mes de decembro de 2001 en Lugo.

Xusto A. Rodríguez Río

♦ Inglés. Nivel II. Curso do Plan de Formación do PAS da USC que tivo lugar no mes de decembro de 2001 en Lugo.

Xusto A. Rodríguez Río

1.4.2 Asistencia a congresos e xornadas

♦ V Encontros para a Normalización Lingüística. Arquivo de Normalización e Planificación Lingüística. Consello da Cultura Galega. 25 e 26 de outubro de 2001.

Santiago de Compostela.

Manuel Bermúdez Blanco Manuel Núñez Singala Xusto A. Rodríguez Río

♦ Pre-sommet de la terminologie. Asociación Europea de Terminología. 22, 23 e 24 de novembro de 2001. Bruxelas.

Manuel Núñez Singala

♦ V Reunión Plenaria de REALITER. Institut Libre Marie Haps. 24 de novembro de 2001. Bruxelas.

Manuel Núñez Singala

♦ Asamblea General de AETER. Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales. 7 de xuño de 2002. Madrid.

Manuel Núñez Singala

♦ Sommet de la terminologie. Asociación Europea de Terminología. 13, 14 e 15 de xuño de 2002. Bruxelas.

Manuel Núñez Singala

♦ IX Reunión de coordinación de REALITER. Palais des Congrés. 15 de xuño de 2002. Bruxelas.

Manuel Núñez Singala

1.4.3 Conferencias e relatorios presentados

♦ Seminario de formación en lingua galega para equipos directivos. Presentación dun relatorio sobre “Dinamización e normalización”. 10 de outubro de 2001. Ourense

Manuel Núñez Singala

(14)

♦ IV Encontros para a Normalización Lingüística. Arquivo de Normalización e Planificación Lingüística. Consello da Cultura Galega. Outubro de 2001. Santiago de Compostela. Presentación do relatorio “A Comisión Técnica de Linguaxes de Especialidade”.

Manuel Núñez Singala

♦ Seminario de formación en lingua galega para equipos directivos. Presentación dun relatorio sobre “Dinamización e normalización”. 7 de novembro de 2001. Monforte de Lemos. Lugo

Xusto A. Rodríguez Río

♦ A situación do galego no ensino universitario. Participación na táboa redonda organizada pola Asociación Alto Minho. 9 de maio de 2002. Lugo.

Xusto A. Rodríguez Río

♦ O traballo terminográfico nun servicio lingüístico: unha aproximación práctica.

Curso organizado pola Coordinadora de Traballadores de Normalización Lingüística.

Celebrado en xuño de 2002 en Santiago de Compostela.

Xusto A. Rodríguez Río

1.4.4 Publicacións

NÚÑEZ SINGALA, M. C. (2001): “Algunhas reflexións verbo da elaboración de plans de política lingüística”, Cadernos de Lingua 23, A Coruña: Real Academia Galega, pp. 35-52

RODRÍGUEZ RÍO, X. A. (2002): “La terminología en Galicia: algo parece moverse”, Terminologia, desenvolvimento e identidade nacional. Actas do VI Simpósio Ibero-Americano de Terminologia (A Habana, 1998), Lisboa: Edições Colibri/ILTEC, pp. 839-849

NÚÑEZ SINGALA, M. C. (2002): “Planificación lingüística y terminología. La experiencia con la lengua gallega en la Universidad de Santiago de Compostela”, Terminologia, desenvolvimento e identidade nacional. Actas do VI Simpósio Ibero-Americano de Terminologia (A Habana, 1998), Lisboa: Edições Colibri/ILTEC, pp. 703-708

RODRÍGUEZ RÍO, X. A. (2002): “A calidade nas tarefas de corrección”, Actas dos IV Encontros para a Normalización Lingüística (Santiago de Compostela, 2000), Santiago: Consello da Cultura Galega: pp. 207-219

(15)

Responsable da área

Manuel Bermúdez Blanco

2 Asesoram ento ling üístico

2.1 O Editor de Documentos Administrativos

2.2 Calidade e eficacia no traballo de asesoramento 2.3 Traballo realizado

2.3.1 Corrección 2.3.2 Traducción

(16)

2.1 O Editor de Documentos Administrativos (EDA)

Durante o período 2001-2002 traballouse na realización dun editor de textos administrativos adaptado especialmente ó contorno da USC.

A Dirección Xeral de Política Lingüística apoia economicamente o proxecto no que se implican así mesmo os Servicios Informáticos da Universidade.

Está realizada xa unha versión beta que unha vez suficientemente probada pasará á fase de producción durante o vindeiro curso 2002-03.

2.2 Calidade e eficacia no traballo de asesoramento

Partimos do convencemento de que a corrección no ámbito da normalización lingüística non pode conformarse co obxectivo de paliar os defectos lingüísticos dun texto. A propia actividade correctora ten que ter en si mesmo un carácter formador.

Segundo isto, o SNL esixe ós usuarios que presenten textos para corrixir que previamente apliquen eles mesmos un corrector informático ós seus propios textos.

Por outra parte, as correccións de textos en soporte dixital fanse sistematicamente utilizando o CONTROL DE CAMBIOS do procesador de textos, de modo que o usuario non se limite a recibir un texto xa pechado e lle resulte necesario intervir na aceptación dos cambios que desde o SNL se lle suxiren. Con isto conséguese unha maior implicación do usuario no proceso de corrección e ó mesmo tempo unha aprendizaxe lingüística pola súa parte.

Seguindo esta liña, durante o curso de referencia fíxose un esforzo importante na distribución de correctores ortográficos. Para isto, difundíronse arredor dun cento de CD-ROM contendo diversos correctores informáticos. Á parte disto, reforzáronse no Web do SNL as ligazóns para a descarga destes programas

Unha das obsesións desta área foi a axilización do traballo e o cumprimento dos prazos fixados para a súa realización. A este respecto cómpre dicir que o resultado foi excelente:

(17)

Antes de prazo

19%

Despois de prazo

9%

No prazo previsto

72%

Antes de prazo

30% Despois de

prazo 3%

No prazo previsto

67%

Nótese a pequena porcentaxe de atrasos nas entregas dos traballos solicitados e, ó mesmo tempo, a notable cantidade deles que son entregados antes da data fixada para o seu remate.

2.3 Traballo realizado

Durante o curso de referencia o SNL procesou un total de 4 809 folios. Destes, 394 corresponden a traduccións, e 4 415 a correccións. Cómpre subliñar que o balance entre traduccións do galego ó español e viceversa está moi equilibrado.

Traduccións

Correccións

0 500 1000 1500 2000 2500 3000 3500 4000 4500

Grao de cumprimento de prazos verbo da corrección

Grao de cumprimento de prazos verbo da traducción

(18)

2.3.1 Corrección

Verbo das correccións realizadas, os datos máis relevantes son os que se mostran nas seguintes gráficas:

Actas 1%

Programas académicos 8%

Exames 0%

Folletos e formularios 3%

Artigos e publicacións 1%

Memorias de servicios 1%

Convenios 8%

Outros 43%

Teses, memorias e proxectos 35%

outubro novembro decembro xaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembro

561

315

124 442

394

565 550

145 109

789

197 224

0 100 200 300 400 500 600 700 800

Porcentaxe de documentos corrixidos por tipos

Volume mensual de páxinas corrixidas

(19)

3445

970

0 500 1000 1500 2000 2500 3000 3500

Campus de Santiago Campus de Lugo

1387

1127

1901

0 200 400 600 800 1000 1200 1400 1600 1800 2000

A lum nado P rofesorado P A S

Distribución de páxinas corrixidas por campus

Distribución de páxinas corrixidas por colectivos

(20)

1613

2802

Linguaxe específica Linguaxe xeral

1483

2932

P apel Inform ático

Distribución de páxinas corrixidas segundo o

tipo de linguaxe

Distribución de páxinas corrixidas segundo o

soporte

(21)

2.3.2 Traducción

Os datos máis significativos son os seguintes:

Programas 25%

Exames 7%

Artigos 9%

Títulos 59%

Porcentaxe de documentos traducidos por tipos

(22)

outubro novembro decembro xaneiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembro 44

13 0

20 46

32 115

8 15

12 42

0 20 40 60 80 100 120

261

133

0 50 100 150 200 250 300

Campus de Santiago Campus de Lugo

Volume mensual de páxinas traducidas

Distribución de páxinas traducidas por campus

(23)

115

80

199

0 20 40 60 80 100 120 140 160 180 200

Alumnado Profesorado PAS

204 90

Linguaxe específica Linguaxe xeral

Distribución de páxinas traducidas por colectivos

Distribución de páxinas traducidas

segundo o tipo de linguaxe

(24)

Responsable da área

Manuel Núñez Singala

3 Formación

3.1 Cursos organizados

3.1.1 Dirixidos ó persoal de administración e servicios

3.1.1.1 Cursos de reciclaxe de lingua galega 3.1.1.2 Cursos de linguaxe administrativa 3.1.1.3 Cursos de lingua galega oral 3.1.2 Dirixidos ós estudiantes

3.1.2.1 Cursos de redacción e deseño de traballos de investigación

3.1.2.2 Cursos de lingua galega para non galegofalantes

(25)

3.1 Cursos organizados

Durante o curso 2001-2002 o Servicio de Normalización Lingüística organizou un total de 12 cursos relacionados coa lingua, coa seguinte distribución:

9 2 cursos de lingua galega para non galegofalantes, do nivel elemental 9 1 curso de lingua galega para non galegofalantes, do nivel de competencia 9 2 cursos de lingua galega, de reciclaxe

9 4 cursos de redacción e deseño de traballos de investigación 9 2 curso de lingua galega oral

9 1 curso de linguaxe administrativa Por campus, a distribución foi a seguinte:

™ Campus de Santiago de Compostela: 8 cursos

™ Campus de Lugo: 4 cursos

O número total de estudiantes matriculados nos cursos do SNL foi de 226 persoas, das cales 160 realizaron os cursos no Campus de Santiago e 66 no Campus de Lugo.

3.1.1 Dirixidos ó persoal de administración e servicios

Os cursos orientados ó persoal de administración e servicios (PAS) organízanse conxuntamente co Servicio de Planificación e Programación de PAS.

3.1.1.1 Cursos de reciclaxe de lingua galega

Estes cursos diríxense a todas aquelas persoas que, posuíndo uns coñecementos previos de lingua galega, desexen actualizalos.

Durante o ano de referencia tiveron lugar dous cursos deste tipo, de trinta horas de duración, os dous no campus de Santiago. O número total de asistente ós cursos foi de 31 persoas.

3.1.1.2 Cursos de linguaxe administrativa

Con este tipo de cursos preténdese aproximar ó persoal da universidade a unha linguaxe de especialidade: o tecnolecto administrativo, de modo que se propicie un cambio efectivo na mellora da calidade lingüística da institución.

Durante o ano académico realizouse un curso deste tipo, de trinta horas de duración, no Campus de Santiago, e a matrícula ascendeu a 20 persoas.

(26)

3.1.1.3 Cursos de lingua galega oral

Os cursos de lingua oral diríxense preferentemente ó persoal que ten que levar a cabo tarefas de atención ó público, telefonistas, e en xeral a todo aquel que desexe perfeccionar e potenciar as súas capacidades de expresión.

Tiveron lugar dous cursos: un curso no campus de Santiago e outro no de Lugo. A duración de cada curso é de vinte horas, e a matrícula ascendeu a 29 persoas, 15 no campus compostelán e 14 no lucense.

3.1.2 Dirixidos ós estudiantes

3.1.2.1 Cursos de redacción e deseño de traballos de investigación

Estes cursos diríxense preferentemente a todos aqueles estudiantes que estean elaborando ou pensen redactar no futuro un traballo de investigación. Son un complemento ás axudas para a redacción e defensa en lingua galega de teses de doutoramento, memorias de licenciatura e proxectos de fin de carreira (véxase máis adiante 4.5)

Os cursos consisten nun módulo de lingua galega, orientado especialmente a técnicas de redacción, e un módulo informático, basicamente sobre o procesador de textos Word.

As dezaseis horas de duración do curso repártense a partes iguais entre os dous módulos.

Durante o curso de referencia realizáronse catro cursos, cun total de 84 matriculados.

Dous dos cursos tiveron lugar no campus de Compostela e outros dous no campus de Lugo.

3.1.2.2 Cursos de lingua galega para non galegofalantes

Organízanse en dous niveis, un nivel elemental, dirixido a persoas con nulos ou moi escasos coñecementos de lingua galega; e un nivel de competencia, orientado a aqueles que, cando menos, sexan capaces de expresarse nesta lingua.

Os cursos teñen unha duración de oitenta horas, e ocupan a totalidade do ano académico, de novembro a xuño.

Durante o período de referencia tiveron lugar tres cursos: dous deles do nivel elemental, un no campus de Lugo e outro no campus de Santiago; e outro do nivel de competencia, só no campus de Santiago. O total de matriculados nestes cursos foi de 62 persoas: 43 no nivel elemental e 19 no de competencia.

(27)

Por primeira vez, nesta edición dos cursos, cada un deles computou cinco créditos de libre configuración.

A procedencia dos matriculados nestes cursos é a que se mostra na seguinte gráfica:

Galicia

Resto do Estado AlemañaBrasil

Finlandia Francia Perú PoloniaSuíza

USA Venezuela

Verbo da procedencia daqueles estudiantes doutras comunidades autónomas, o resultado é o seguinte:

Andalucía

Asturias

Baleares Canarias Cantabria

Castilla-La Mancha Castilla-León

Cataluña Extremadura

Madrid

Murcia Navarra

País Vasco

(28)

Responsable da área

Isabel Vaquero Quintela

4 Din amizac ión lin güística

4.1 O Cartafol

4.1.1 A edición do Cartafol dixital 4.1.2 A edición do Cartafol en papel

4.2 Recolla de datos sobre o uso do galego na docencia

4.3 Comisións de normalización lingüística dos centros 4.3.1 Escola Politécnica Superior

4.3.2 Facultade de Química

4.4 Campañas de apoio ó uso do galego en traballos de investigación.

4.5 Proposta para facer gratuíta a emisión de duplicados de títulos por galeguización de nomes e apelidos

4.6 Actualización e mellora do sitio web do SNL

4.7 Elaboración dunha proposta de campaña para a presentación do Plan de Normalización Lingüística

(29)

4.1 O Cartafol

4.1.1 A edición do Cartafol dixital

Na addenda ó convenio que a Universidade de Santiago de Compostela mantén coa Xunta de Galicia en materia de normalización lingüística, correspondente ó ano 2001, establécese como unha das accións que a USC levaría adiante o deseño inicial e publicación da revista O Cartafol, en soporte papel e dixital.

A finais do curso 2000-2001 xa estaba elaborado o proxecto editorial, que incluía a encarga dos deseños gráficos das dúas edicións a unha empresa do sector e un traballo da Área das TIC da propia Universidade para implementar a aplicación informática necesaria na edición dixital no web.

No mes de xullo o director da Área das TIC comunicou que a dita Área se faría cargo da adaptación da aplicación informática con que se xera o Xornal dixital da USC ó boletín e da súa implementación no web.

Igualmente solicitáronse orzamentos a tres empresas de deseño gráfico, e vistas as súas propostas, decidiuse encargarlle a elaboración do deseño gráfico á empresa Imaxín.

Dada a periodicidade establecida para os boletíns, decidiuse centrar o traballo en primeiro lugar na edición dixital.

Malia que a empresa Imaxín cumpriu cos seus compromisos en prazo, houbo varios problemas coa Área das TIC que provocaron que a saída do nº 0 do Cartafol dixital se adiase ata o mes de decembro, e gracias a Imaxín, que se ofreceu a poñer en HTML o boletín. Tales problemas foron:

• Un atraso en establecer o seu subdominio dentro do da USC (http://ocartafol.usc.es).

• Un atraso á hora de facer a adaptación informática.

• Falta de espacio no servidor web da USC, que impediu instalar a aplicación para O Cartafol dixital ata o mes de marzo.

A baixa da técnica de dinamización dende ese mesmo mes paralizou a publicación de novos números do Cartafol dixital durante o curso.

Do número publicado, o 1, tivo coñecemento a comunidade universitaria a través dun correo electrónico masivo.

(30)

4.1.2 A edición do Cartafol en papel

A entrega da maqueta da edición en papel, por parte da Imaxín, viuse atrasada ó se encargaren de editar en HTML o primeiro número da versión dixital.

Isto motivou que o número 26 do Cartafol en papel correspondese ó mes de marzo de 2002, e que se distribuíse nas semanas posteriores a tódolos centros de ensino, investigación, administración e servicios da USC, así como a preto de cen destinos máis:

outras universidades galegas e españolas, organismos de terminoloxía, e servicios lingüísticos galegos con que intercambiamos información e materiais.

A baixa da técnica de dinamización dende ese mesmo mes paralizou a publicación de novos números do Cartafol durante o curso.

4.2 Recolla de datos sobre o uso do galego na docencia

O SNL presentáralle no curso 2000-2001 ó vicerrector de Ordenación Académica unha proposta para coñecer a situación do uso do galego na docencia de forma actualizada, datos que resultarán imprescindibles perante a posible aprobación do Plan de Normalización Lingüística e a súa posterior implementación. Durante o curso 2002- 2003 chegouse a unha proposta consensuada entre o SNL e o dito Vicerrectorado para recoller certos aspectos de interese a través da base de datos do PDA modificada ad hoc.

Non foi ata abril de 2002, cando nos enviaron a copia da base de datos.A baixa da responsable da área, as eleccións ó rector e o cambio de equipo de goberno paralizaron de novo esta cuestión.

4.3 Comisións de normalización lingüística dos centros

4.3.1 Escola Politécnica Superior

Trala presentación o curso 2000-2001 dun informe sobre a situación sociolingüística do dito centro e mais un DAFO, así como unha proposta de actuacións, e co impulso da Dirección da Escola, a Xunta de Escola aproba a creación da súa Comisión de Normalización Lingüística, que se formaliza o 2 de abril de 2002. Os seus membros son:

(31)

Casal Urcera, Xerardo Fernández Vidal, Xosé R.

García Arias, Ana I.

Gómez Fórneas, Esther (coordinadora) González García, Miguel A.

Pérez Fra, Mar

Salgado Rodríguez, Pilar Santamaría Ríos, Duarte Valcárcel Armesto, Montserrat Vázquez Castro, Dores

Villarino Uritiaga, Juan

Nela tamén colaboran o director da EPS, Xoán Carlos Carreira Pérez, e mais o técnico do SNL en Lugo, Xusto A. Rodriguez Río.

Dende abril, en que comezou a súa andaina, a CNL levou a cabo as seguintes actividades:

• Concurso de deseños relativos á normalización lingüística na EPS, co obxectivo de dar a coñecer a propia CNL na Escola, e de utilizar posteriormente os deseños gañadores nunha serie de elementos publicitarios da CNL e das súas actividades. Ó concurso presentáronse 14 deseños, que foron expostos na EPS e xulgados pola CNL.

• Elaboración dos contidos dun díptico informativo sobre a CNL e as súas actividades, que se publicará e difundirá o vindeiro curso.

• Elaboración e publicación dunha páxina web http://web.lugo.usc.es/~cnleps/, con ampla información sobre obxectivos, actividades e formas de contacto coa CNL.

4.3.2 Facultade de Química

Neste curso a CNL, xunto co técnico encargado da Área de Terminoloxía, rematou a elaboración do Vocabulario de Química (galego-español-inglés). A súa presentación pública oficial tivo lugar o 10 de maio, coa participación do rector da Universidade de Santiago, Darío Villanueva, o coordinador do Vocabulario e membro da Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Química, Xoán Guitián Rivera, o director xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Xesús P. González Moreiras, o secretario xeral da USC, Gumersindo Guinarte, e o director do SNL, Manuel Núñez Singala.

Dadas as datas, decídese adiar a súa distribución ata o curso que vén.

(32)

4.4 Campañas de apoio ó uso do galego en traballos de investigación Dende o ano 1993 o SNL mantén unha campaña de apoio lingüístico e económico para a promoción do uso do galego nas teses de doutoramento. Unha campaña similar, dirixida ás memorias de licenciatura mantense desde o ano 1994. E desde o ano 1996 funciona unha dirixida ós proxectos de fin de carreira.

Durante o curso de referencia, ademais de manter os tres programas de axuda, actualizáronse e homoxeneizáronse os deseños gráficos do material que as anuncia.

Durante o ano 2001 beneficiáronse destes programas:

11 teses de doutoramento

13 memorias de licenciatura

61 proxectos de fin de carreira

4.5 Proposta para facer gratuíta a emisión de duplicados de títulos por galeguización de nomes e apelidos

Logo de recibir algunhas queixas por ter que pagar os duplicados de títulos por este motivo, en marzo de 2002 elaborouse un informe-proposta, que lles foi presentado ó vicerrector de OAT e ó secretario xeral, que coincidiron na conveniencia de presentalo na Xunta de Goberno. Sen embargo, tal presentación non se fixo.

(33)

4.6 Actualización e mellora do sitio web do SNL

O sitio web do SNL <www.usc.es/snlus> segue unha liña continua de actualización e mellora.

En concreto, e como principais modificacións do curso 2001-2002, cómpre citar:

• A elaboración dunha árbore de contidos

• A publicación dos últimos vocabularios e léxicos editados polo SNL en formato PDF

• A actualización das ligazóns e as axudas.

A última modificación do web produciuse en xaneiro de 2002.

Traballouse tamén na versión en HTML dos contidos do volume b) de Mellorando os servicios, o relativo a "Criterios lingüísticos", para podelos publicar no web.

4.7 Elaboración dunha proposta de campaña para a presentación do Plan de Normalización Lingüística

Logo de tres anos de traballo da Comisión de Normalización Lingüística do Claustro, para elaborar o Plan de Normalización Lingüística, este ía ser presentado ó Claustro durante o primeiro trimestre do curso.

A difusión e coñecemento rigoroso do PNL é condición inescusable e imprescindible para que a súa implementación poida ter éxito. Xa que logo, elabórase unha proposta de campaña de presentación e sensibilización baixo o lema "Temos un plan", que se lle presenta ó secretario xeral. O equipo rectoral aprobou a proposta e o SNL comezou as xestións oportunas para poder levar adiante a campaña, sobranceiramente os contactos co deseñador gráfico.

Diversas razóns, relacionadas ó principio coas protestas contra a LOU, provocaron que o PNL non lle fose presentado ó Claustro durante o curso 2001-2002, polo cal a campaña queda paralizada.

(34)

Responsable da área

Xusto A. Rodríguez Río

5 T erminolo xía

5.1 O BD_SNL (Banco de termos do Servicio de Normalización Lingüística)

5.1.1 Inclusión de fontes terminográficas no BD_SNL

5.1.2 Depuración e revisión da información recollida no BD_SNL

5.2 Edición do Vocabulario de Química 5.3 Outros traballos terminográficos

5.4 O Rexistro de Proxectos Terminolóxicos 5.5 Productos Realiter

(35)

5.1 O BD_SNL (Banco de termos do Servicio de Normalización Lingüística)

O Banco de termos do Servicio de Normalización Lingüística créase para, por unha banda aglutinar a información terminográfica xerada polo Servicio e, por outra, harmonizar e racionalizar este labor.

Trátase dun repertorio de termos que comezou nutríndose das fichas terminolóxicas elaboradas puntualmente, case sempre como solución a problemas concretos xurdidos do traballo de asesoramento, pero ó que se lle irán engadindo pouco a pouco os traballos de terminoloxía sistemática xa levados a cabo polo Servicio ou outras entidades. En principio é unha ferramenta de traballo só para uso interior, dispoñible unicamente dentro da rede telemática interna do SNL.

Durante o curso de referencia continuouse coa ampliación e depuración dos seus datos.

Arestora conta con máis de 80 000 rexistros.

5.1.1 Inclusión de fontes terminográficas no BD_SNL

O Banco, tal e como se indicou arriba, foi aumentado coa inclusión de diversas fontes terminográficas. Ás obras que xa incluía:

(36)

• As fichas que sobre problemas terminolóxicos puntuais se realizan no SNL, normalmente asociadas ó traballo de asesoramento lingüístico.

• A producción terminográfica do SNL (excepto 131 termos clave en educación social, que polas súas especiais características está máis preto dun traballo enciclopédico ca terminográfico)

- Léxico editorial

- Vocabulario de historia - Vocabulario de matemáticas - Léxico de arqueoloxía - Léxico de xeografía

- Glosario de orientación escolar e profesional

• Outros traballos terminográficos que xulgamos especialmente interesantes, ben por seren accesibles en versión dixital, ou por centrarse en especialidades sobre as que a área de asesoramento debe traballar con moita frecuencia:

- Vocabulario de informática

- Léxico de urbanismo, construcción e arquitectura - Vocabulario de ciencias naturais (sección de ‘bioloxía’) - Vocabulario de ciencias naturais (sección de ‘botánica’) - Vocabulario de ciencias naturais (sección de ‘xeoloxía’)

• O Vocabulario ortográfico do idioma galego (VOLG) Engadíronselle durante este curso:

• Vocabulario das ciencias naturais, Santiago, Xunta de Galicia, 1991

• “Glosario de termos administrativos e fraseoloxía” , en Mellorando os servicios, volume B, Santiago, USC, 1997

• Vocabulario do medio agrícola, Santiago, Xunta de Galicia, 1988

• Vocabulario de química, Santiago, USC, 2002

• Diccionario castellano-catalán-euskera-gallego de bioquímica clínica, Barcelona, SEQC, 1997

• Diccionario de biología y patología moleculares, Barcelona, SEQC, 1997

• Léxico panlatino de Internet, Realiter, 2001

• Vocabulario terminolóxico trilingüe das artes gráficas, Vigo, Universidade de Vigo, 2002

5.1.2 Depuración e revisión da información recollida no BD_SNL

Continuouse cun importante traballo destinado a completar o Banco de termos, así como labores de revisión e depuración da información alí presente.

Este traballo, aínda en curso, pretende mellorar a calidade da información que se contén nel a través de tres accións:

(37)

• Completando as fichas incompletas ou que propoñen solucións que hoxe se consideran inadecuadas.

• Refundindo as fichas repetidas, elaborando unha nova que recolla a información que figura repartida en varias ou que homoxeneice propostas contradictorias.

• Eliminando fichas que se consideren non-pertinentes, na maioría dos casos por non remitiren a conceptos especializados.

5.2 Edición do Vocabulario de química

Durante o curso de referencia editouse, coa axuda económica da Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, o Vocabulario de química

Esta obra fai o número tres da colección de vocabularios, e recolle 2 563 termos específicos deste eido en lingua galega, cos seus correspondentes equivalencias en español e inglés.

O volume inclúe un anexo con táboas como a Lista alfabética dos elementos, Unidades fundamentais do Sistema Internacional, Factores de conversión entre unidades, Constantes físicas ou Prefixos e sufixos en nomenclatura orgánica, entre outras.

O volume foi coordinado por Xoán Guitián Rivera e na súa elaboración participaron:

Como especialistas científicos:

Uxío Benítez Fernández Marco Candia Durán Marcos Domínguez Varela Beatriz Formoso Gosende Xosé Lois López Zubiela Marcelino Maneiro Maneiro Carme Pampín Casal

María Presas Blanco David Rodríguez Garrido Como especialistas lingüísticos Xusto A. Rodríguez Río

Isabel Vaquero Quintela

(38)

5.3 Outros traballos terminográficos

Durante o curso 2001-2002 constituíronse os equipos de traballo e delimitáronse as áreas de estudio para tres novos vocabularios que polo de agora están en proxecto. Os seus títulos, aínda provisionais, son os seguintes:

• Vocabulario de especies ornamentais

• Vocabulario de morfoloxía externa, anatomía e histoloxía veterinaria

• Vocabulario do cine

5.4 O Rexistro de proxectos terminolóxicos

Desde o Servicio, e xa hai uns anos, constatamos que o volume de traballos terminolóxicos realizados en Galicia presentaba un notable incremento. Por outra banda, a existencia da maior parte deses traballos era ignorada ata que saían publicados ou vían a luz.

Isto provocaba, nalgúns casos, que se lle dedicasen esforzos e recursos (xa de por si ben escasos) ós mesmos eidos de especialidade. Por exemplo: o mesmo Servicio de Normalización Lingüística sacou a lume un Léxico de Arqueoloxía que se publicou case simultaneamente cun Diccionario de Arqueoloxía editado por Ir Indo Ed.; ou que cando xa estaba case rematado o Diccionario Latín-galego elaborado polo SNL, lésemos na prensa que o Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo proxectaba a realización dun traballo similar.

Dado que os recursos humanos e económicos dedicados á terminoloxía en Galicia non son, nin moito menos, abundantes, parecía unha boa idea ofrecer á comunidade universitaria en particular, pero tamén á sociedade galega en xeral, un espacio no que dar a coñecer non os traballos xa realizados, senón simplemente os seus proxectos.

Creouse, partindo desta idea tan sinxela, o Rexistro de proxectos terminolóxicos, aloxado na páxina web do SNL. Nel ofréceselle a posibilidade, a todo aquel que o desexe, de rexistrar o traballo terminolóxico que teña pensado levar a cabo ou que xa estea desenvolvendo. Para iso só ten que cubrir un breve formulario que serve para homoxeneizar a información que posteriormente se publica.

(39)

Existen dous tipos de traballos rexistrables, por unha banda a elaboración de diccionarios ou glosarios terminolóxicos, e pola outra os proxectos de investigación sobre terminoloxía ou linguaxes de especialidade.

Durante o curso 2001-2002 rexistráronse 12 novos proxectos terminolóxicos.

5.5 Productos Realiter

O SNL forma parte da Rede Panlatina de Terminoloxía, e como tal participa na elaboración dos equivalentes en lingua galega dos glosarios, léxicos e vocabularios multilingües promovidos pola dita rede.

Durante o curso 2001-2002 colaborouse na realización dos seguintes productos:

♦ Glosario panlatino de biotecnoloxía: Mellora xenética de plantas e cultivo de tecidos, promovido polo Centro LexTerm, da Universidade de Brasilia.

♦ Glosario panlatino das normas ISO de terminoloxía, promovido por TERMAR, Grupo Argentino de Terminología.

♦ Vocabulario panlatino de hemodinámica, promovido pola Associazione Italiana pera la Terminologia.

♦ Léxico panlatino de contratos de comercio internacional, promovido pola Universidade de París VIII.

Referencias

Documento similar

Mesmo sendo os fósiles máis antigos dos coñecidos, a súa estructura é xa complexa de máis como para aceptar que foran os primeiros seres vivos na Terra, polo que debemos supoñer que

8,27 Carril Torreiro, Francisco Consello da Cultura Galega Museo do Pobo Galego Bibliotea Pública Ánxel Casal Área de Cultura da USC Fundación Luis Tilve CETUR. Consorcio

Nada hacía presagiar en el mes de octubre, cuando comenzábamos el curso académico del Aula Permanente de Formación Abierta de la Universidad de Granada (el “Aula de mayores”),

Este curso conta co cofinanciamento do Concello de Ribeira, do Grupo LoMonaco, da Asociación Española de Psicología Conductual (AEPC), do Consello Oficial de Psicoloxía de Galicia,

A análise do efeito da auriculoterapia nos escores e sintomas de ansiedade e estresse dos professores do ensino fundamental I e II e do EJA demonstrou que a

➢ Presentación del docente encargado de la metodología del curso-taller y de los asesores temáticos. ➢ Presentación del cronograma del curso -taller. ➢ Diferencias entre el

PRIMERO.— Así la demandante—ejecutante, Da - como la demandada—ejecutada Universidad de Santiago de Compostela (USC), se alzan, respectivamente, en suplicación contra el auto

Las transferencias se  realizaran en 4  partidas trimensuales iguales. La primera a  la  firma  del  convenio, la  segunda  a  los    3  meses,  la  tercera  a