INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE FERROL
EXERCICIO 2013
ÍNDICE
I. INTRODUCIÓN ... 1
I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE ...1
I.2 LIMITACIÓNS...1
I.3 NORMATIVA REGULADORA...2
II. CARACTERÍSTICAS DO MUNICIPIO ... 5
II.1 INFORMACIÓN XERAL ...5
II.2 DATOS DE TRAMITACIÓN E RENDICIÓN DE CONTAS ...6
III. CONTAS ANUAIS ... 7
III.1 ORZAMENTO INICIAL ...7
III.2 LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO ...8
III.2.1 LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO DE INGRESOS ...8
III.2.2. LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO DE GASTOS ...11
III.3 RESULTADO ORZAMENTARIO ...14
III.4. REMANENTE DE TESOURERÍA ...16
III.5. INDICADORES DAS MAGNITUDES ORZAMENTARIAS ...17
III.6 CONTABILIDADE FINANCEIRA ...19
IV. RESULTADOS DA FISCALIZACIÓN ... 20
IV.1 CONTROL INTERNO ...20
IV.2 ÁREA CONTABLE-ORZAMENTARIA ...23
IV.3 ESTADO DE ENDEBEDAMENTO...27
IV.4 ESTABILIDADE ORZAMENTARIA ...28
IV.4.1. CAPACIDADE OU NECESIDADE DE FINANCIAMENTO ...29
IV.4.2. REGRA DE GASTO ...31
IV.4.3. ENDEBEDAMENTO ...31
IV.5. PLAN DE PAGO A PROVEDORES ...32
IV.5.1.PROCEDEMENTO ...33
IV.5.2. IMPORTE FINANCIADO ...33
IV.5.3. PLAN DE AXUSTE ...33
IV.6 ÁREA DE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN ...34
IV.6.1 MARCO ORGANIZATIVO ...35
IV.6.2 MARCO OPERACIONAL ...35
IV.6.3 PERFIL DO CONTRATANTE ...35
IV.7 FISCALIZACIÓN DA CONTRATACIÓN ...37
IV.7.1. CONTROL INTERNO ...38
IV.7.2 CONTRATOS DE OBRAS ...38
IV.7.3 CONTRATOS DE SERVIZOS ...44
IV.7.4 CONTRATOS DE SUBMINISTRACIÓNS...50
IV.7.5 CONTRATOS DE XESTIÓN DE SERVIZOS PÚBLICOS ...53
IV.7.6 CONTRATOS MENORES ...53
IV.7.7 ANÁLISE DOS REPAROS EN MATERIA DE CONTRATACIÓN. ...55
IV.8 GASTOS DE PERSOAL ... 56
IV.8.1. PLANIFICACIÓN DE RECURSOS HUMANOS ...57
IV.8.2 ANÁLISE DA PLANTILLA E DA RPT ...58
IV.8.3. RETRIBUCIÓNS ...59
V. CONCLUSIÓNS ... 60
VI. RECOMENDACIÓNS ... 65
ANEXOS ... 69
TRÁMITE DE ALEGACIÓNS ... 79
RÉPLICA ÁS ALEGACIÓNS ... 93
Cadro 1: Datas dos trámites de rendición de contas... 6
Cadro 2: Estado da rendición de exercicios anteriores ... 6
Cadro 3: Evolución das previsións iniciais de ingresos ... 7
Cadro 4: Evolución dos créditos iniciais ... 7
Cadro 5: Evolución do saldo orzamentario. Previsións iniciais. ... 8
Cadro 6: Liquidación do orzamento de ingresos... 8
Cadro 7: Evolución dos ingresos liquidados sobre o exercicio anterior ... 9
Cadro 8: Evolución dos ingresos liquidados ... 10
Cadro 9: Indicadores do orzamento de ingresos. Evolución e comparación con concellos no mesmo tramo de poboación ... 10
Cadro 10: Liquidación do orzamento de gastos ... 11
Cadro 11: Evolución dos gastos liquidados sobre o exercicio anterior ... 12
Cadro 12: Evolución dos tipos de gasto e comparación con concellos no mesmo tramo de poboación ... 13
Cadro 13: Indicadores do orzamento de gastos. Evolución e comparación con concellos no mesmo tramo de poboación ... 14
Cadro 14: Resultado orzamentario do exercicio ... 15
Cadro 15: Evolución do resultado orzamentario ... 15
Cadro 16: Remanente de tesourería do exercicio actual e anterior ... 17
Cadro 17: Axustes ao remanente de tesourería ... 17
Cadro 18: Comparación do Remanente de tesourería para gastos xerais ... 17
Cadro 19: Indicadores magnitudes orzamentarias ... 18
Cadro 20: Expedientes de recoñecemento extraxudicial de créditos incursos en causa de nulidade de pleno dereito ... 23
Cadro 21: Mostra modificacións orzamentarias ... 24
Cadro 22: Dotación para provisións por insolvencias ... 25
Cadro 23: Análise das previsións de ingresos ... 26
Cadro 24: Estado do endebedamento ... 27
Cadro 25: Endebedamento do sector público municipal ... 28
Cadro 26: Capacidade de financiamento ... 30
Cadro 27: Cumprimento da regra de gasto ... 31
Cadro 28: Cumprimento do límite de endebedamento ... 32
Cadro 29: Contratos adxudicados ou formalizados no exercicio ... 37
Cadro 30: Contratos de obras fiscalizados ... 39
Cadro 31: Tempo medio de tramitación dos expedientes de contratación de obras ... 41
Cadro 32: Contratos de servizos fiscalizados ... 44
Cadro 33: Tempo medio de tramitación dos expedientes de contratación de servizos ... 45
Cadro 34: Contratos de subministracións fiscalizados ... 50
Cadro 35: Tempo medio de tramitación dos expedientes de contratación de subministracións ... 51
Cadro 36: Contratos menores ... 54
Cadro 37: Reparos con efectos suspensivos ... 55
Cadro 38: Liquidación gastos de persoal por artigo. ... 56
Gráfico 1: Importancia relativa dos capítulos de ingresos ... 10 Gráfico 2: Importancia relativa dos capítulos de gasto ... 13 Gráfico 3: Evolución do aforro bruto e magnitudes vinculadas ... 16
Anexo I: Seguimento plan de axuste. Ingresos. ... 71 Anexo II: Seguimento plan de axuste. Gastos. ... 71 Anexo III Contratos de obras subscritos ou formalizados no exercicio. ... 72
AAPP ... Administracións públicas.
BEO ... Bases de execución do orzamento.
BOE ... Boletín oficial do Estado.
DOG ... Diario oficial de Galicia.
DOUE ... Diario oficial da Unión Europea.
DRN ... Dereitos recoñecidos netos.
EBEP ... Lei 7/2007 do Estatuto básico do empregado público.
EELL ... Entidades Locais.
ENS ... Esquema Nacional de Seguridade.
ICAL ... Instrucións de Contabilidade Local.
ICIO... Imposto sobre construcións, instalacións e obras.
ICO ... Instituto de crédito oficial.
IGAE... Intervención xeral da administración do Estado.
INE ... Instituto nacional de estatística.
LALG ... Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia.
LCSP... Lei 30/2007 de contratos do sector público.
LMLMOC ... Lei de medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.
LMMGL ... Lei 57/2003 de medidas para a modernización do goberno local.
LMRFP ... Lei 30/1984 de medidas para a reforma da función pública.
LOEOSF ... Lei orgánica 2/2012 de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira.
LOPD ... Lei orgánica 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal.
LRBRL ... Lei 7/1985 reguladora das bases de réxime local.
LRXPAC ... Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
LXO ... Lei 47/2003 Xeral orzamentaria.
MINHAP ... Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
OOAA ... Organismo Autónomo.
OEOEL ... Estrutura dos orzamentos das entidades locais.
ORN ... Obrigas recoñecidas netas.
PIB ... Produto interior bruto.
RBEL ... Regulamento de bens das entidades locais.
RD500 ... Real decreto 500/1990 de orzamentos.
RDFALHCN ... Réxime xurídico dos funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional.
RDL 4/2012 ... RDL 4/2012 que regula o mecanismo de financiamento para o pago a provedores.
RDL 7/2012 ... RDL 7/2012 que crea o Fondo para o financiamento dos pagos a provedores.
RDL ... Real Decreto Lei.
RDLex ... Real Decreto Lexislativo.
RDLMFPP ... RDL Mecanismo de financiamento para o pago a provedores.
RSCL ... Regulamento de servizos das corporacións locais.
RTFAL ... Decreto réxime de retribucións dos funcionarios de administración local.
SEC ... Sistema Europeo de Contas Nacionais e Rexionais.
TRET ... Texto refundido do Estatuto dos traballadores.
TRLCSP ... Texto refundido da lei de contratos do sector público TRLFPG ... Texto refundido da Lei da función pública de Galicia.
TRLRFL ...Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.
TRLXEO ... Texto refundido da Lei xeral de estabilidade orzamentaria.
TRRL... Texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local.
I. INTRODUCIÓN
I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE
De conformidade co establecido na Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, o Pleno da Institución, en sesión celebrada o 22 de decembro de 2014, acordou incluír no seu programa anual de actuacións para 2015 a realización dunha fiscalización de regularidade do exercicio 2013 do Concello de Ferrol (A Coruña).
A fiscalización de regularidade contable realizouse sobre as contas anuais ou estados contables da entidade fiscalizada, e incluíu:
- Auditoría de legalidade: revisión do cumprimento da normativa aplicable nas áreas de orzamento, ingresos de dereito público, persoal, contratación de obras, servizos e subministracións.
- Auditoría financeira: conformidade da Conta Xeral cos principios contables e orzamentarios que son de aplicación.
- Análise financeira da situación económica da entidade.
Os obxectivos específicos desenvolvidos en cada área obxecto de análise consistiron en:
- Verificar se a xestión económico-financeira e orzamentaria se realizou de conformidade coa normativa de aplicación.
- Comprobar a fiabilidade dos rexistros contables, verificando o cumprimento dos principios e normas establecidos nas instrucións contables.
- Analizar os procedementos e as medidas de control interno aplicados pola Entidade en orde a garantir unha adecuada xestión económico-orzamentaria.
O período temporal da fiscalización estendeuse a aqueles exercicios (anteriores e posteriores) que se consideraron necesarios para a consecución dos obxectivos previstos.
I.2 LIMITACIÓNS
O Concello prestou a colaboración necesaria para que os traballos de campo finalizasen no prazo establecido polo Consello de Contas de Galicia, achegando toda a documentación solicitada e que se estimou necesaria para a realización desta fiscalización.
I.3 NORMATIVA REGULADORA
A normativa reguladora da materia obxecto de fiscalización, inclúese, fundamentalmente, nas seguintes disposicións ordenadas por competencia, rango e datas:
LEXISLACIÓN ESTATAL
- Constitución Española do 27 de decembro de 1978 (BOE nº 311, do 29 de decembro).
- Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública (LMRFP) (BOE nº 185, do 3 agosto), nos artigos non derrogados expresamente pola Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do empregado público.
- Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administración públicas (BOE nº4, do 4 de xaneiro de 1985).
- Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime (BOE nº 80, do 3 de abril).
- Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local (BOE nº 96, do 24 de abril).
- Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro).
- Real Decreto Lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido do Estatuto dos traballadores (BOE nº 75, do 29 de marzo).
- Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de subvencións (LXS) (BOE nº 276, do 18 de novembro).
- Lei 47/2003, do 26 de novembro, Xeral orzamentaria (BOE nº 284, do 27 de novembro).
- Lei 57/2003, do 16 decembro, de medidas para a modernización do goberno local (BOE nº 301, do 17 de decembro).
- Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais (BOE nº 59, do 9 de marzo).
- Lei orgánica 3/2006, do 26 de maio, de reforma da Lei orgánica 5/2001, complementaria da lei xeral de estabilidade orzamentaria (BOE nº 126, do 27 de maio).
- Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público (BOE nº 89, do 13 de abril).
- Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público (BOE nº 261, do 31 de outubro).
- Real decreto lexislativo 2/2007, do 28 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de estabilidade orzamentaria (BOE nº 313, do 31 de decembro).
- Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004 (Lei de medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais), que establece normas sobre a morosidade das administracións públicas e sobre o rexistro de facturas nas administracións locais (BOE nº 163, do 6 de xullo).
- Lei 39/2010, do 22 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para 2011 (BOE nº 311, do 23 de decembro).
- Real decreto-lei 20/2011, do 30 de decembro, de medidas urxentes en materia orzamentaria, tributaria e financeira, para a corrección do déficit público (BOE nº 315, do 31 de decembro).
- Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lei de contratos do sector público (BOE nº 276, do 16 de novembro).
- Lei orgánica 2/2012, do 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira (BOE nº 103, do 30 de abril).
- Lei 17/2012, do 27 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para 2013 (BOE nº 312, do 28 de decembro).
- Real decreto-lei 4/2012, do 24 de febreiro, que regula o mecanismo de financiamento para o pago a provedores (BOE nº 48, do 25 de febreiro).
- Real decreto-lei 7/2012, do 9 de marzo, polo que se crea o Fondo para o financiamento dos pagos a provedores (BOE nº 60, do 10 de marzo).
- Real decreto-lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade (BOE nº 168, do 14 de xullo).
- Real decreto-lei 4/2013, do 22 de febreiro, de medidas de apoio ao emprendedor e de estímulo do crecemento e da creación de emprego (2ª fase do mecanismo de pago a provedores) (BOE nº 47, do 23 de febreiro).
- Real decreto-lei 8/2013, do 26 de xuño, de medidas urxentes contra a morosidade das AAPP e de apoio ás EELL con problemas financeiros (3ª fase mecanismo de pago a provedores) (BOE nº 155, do 29 de xuño).
- Decreto do 17 de xuño de 1955, polo que se aproba o Regulamento de servizos das corporacións locais (BOE nº 196, do 16 de xullo).
- Real decreto 861/1986, do 25 de abril, polo que se establece o réxime de retribucións dos funcionarios de administración local (BOE nº 106, do 3 de maio).
- Real decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de bens das entidades locais (BOE nº 161, de 7 de xullo).
- Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro (BOE nº 305, do 22 de decembro), que aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais (ROF).
- Reais decretos 1174/1987; 1732/1994 e 834/2003, polos que se regula o réxime xurídico dos funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional.
- Real decreto 500/1990, do 20 de abril, polo que se desenvolve, en materia de orzamentos, o capítulo primeiro do título sexto da Lei 39/1988, antiga Lei reguladora das facendas locais (BOE nº 136, do 7 de xuño).
- Real decreto 896/1991, do 7 de xullo, sobre procedementos de selección de funcionarios da administración local (BOE nº 142, do 14 de xuño).
- Ordes 4040/2004, 4041/2004 e 4042/2004 do Ministerio de Economía e Facenda, do 23 de novembro, polas que se aproban as Instrucións de Contabilidade Local (ICAL), modelos básico, normal e simplificado respectivamente (BOE 296, do 9 de decembro).
- Real decreto 1463/2007, de 2 novembro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da Lei 18/2001 do 12.12.2001 de estabilidade orzamentaria, na súa aplicación ás entidades locais (BOE nº 264, do 3 de novembro).
- Orde do Ministerio de Economía e Facenda 3565/2008, do 3 de decembro de 2008, sobre estrutura dos orzamentos das entidades locais, (BOE nº 297, do 10 de decembro).
- Orde HAP/2015/2012, do 1 de outubro, pola que se desenvolven as obrigas de subministro de información previstas na LO 2/2012, de estabilidade orzamentaria.
LEXISLACIÓN AUTONÓMICA
- Estatuto de Autonomía de Galicia - Lei orgánica 1/1981 (BOE nº 101, do 28 de abril; DOG nº 24, do 1 de outubro).
- Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia (DOG nº 149, do 5 de agosto).
- Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (DOG nº 252, do 31 de decembro).
- Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño).
- Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia (DOG nº 114, do 13 de xuño).
- Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, do Regulamento de disciplina urbanística de Galicia (DOG nº 32, do 17 de febreiro).
- Lei 14/2010, do 27 de decembro, de Orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011 (DOG nº 35, 10 de febreiro).
LEXISLACIÓN DE CONTROL EXTERNO
- Lei orgánica 2/1982, do 12 de maio, do Tribunal de Cuentas (BOE nº 121, do 21 de maio).
- Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia (DOG nº 130, do 9 de xullo).
- Regulamento de réxime interior do Consello de Contas de Galicia do 25 de xuño de 1992 (DOG nº 138, do 7 de xullo).
II. CARACTERÍSTICAS DO MUNICIPIO
II.1 INFORMACIÓN XERAL
O ente fiscalizado é o concello de Ferrol. Está situado ao noroeste da provincia de A Coruña e ten unha poboación de 71.232 habitantes a 1/1/2013 e de 70.389 habitantes a 1/1/2014.
(Fonte: INE).
No exercicio 2013 non ten organismos autónomos nin entidades públicas empresariais dependentes, trala disolución no 2012 dos tres organismos autónomos que tiña creados:
Instituto Municipal de Facenda, Padroado Municipal de Deportes e Padroado Municipal de Música e Artes Escénicas, se ben participa maioritariamente en dúas sociedades mercantís:
- Empresa Mixta de Aguas del Ferrol, S.A. (EMAFESA), co 51%.
- Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol S.A., con el 90%.
Tamén posúe unha participación do 38,64% do Racing de Ferrol SAD.
Forma parte da mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol cunha participación do 54,56% e da asociación voluntaria de concellos Rede Galega de Concellos pola Sustentabilidade.
Igualmente forma parte do consorcio Pro-feiras e Exposicións, cunha participación no seu capital do 45 %, tendo aportado no exercicio 2013 subvencións por importe de 270 miles de euros á devandita entidade.
A composición da Corporación resultante das eleccións de 2011 foi a seguinte: PP: 13 concelleiros; PSdeG-PSOE: 7 concelleiros; BNG: 2 concelleiros; EU: 2 concelleiros; I.F.: 1 concelleiro. En 2015 os resultados electorais foron os seguintes: PP: 11 concelleiros; FeC: 6 concelleiros; PSdeG-PSOE: 5 concelleiros; BNG: 2 concelleiros; Ciudadanos: 1 concelleiro.
Resultou elixido Alcalde o representante de Ferrol en Común.
O orzamento vixente en 2013 foi aprobado polo Pleno da Corporación na sesión de día 11 de xaneiro de 2013 e publicado no BOP o dia 15 de xaneiro de 2013.
II.2 DATOS DE TRAMITACIÓN E RENDICIÓN DE CONTAS
En canto á liquidación e á aprobación da conta do exercicio fiscalizado, no seguinte cadro recóllense as datas máis relevantes ao respecto:
Cadro 1: Datas dos trámites de rendición de contas
Trámite Data límite Cumprimento
Aprobación definitiva do orzamento 31/12/2012 11/01/2013
Aprobación da liquidación do Orzamento 31/03/2014 25/02/2014
Formación da Conta Xeral 01/06/2014 07/07/2014
Informe da Comisión de Contas 01/06/2014 29/07/2014
Inicio exposición ao público 01/10/2014 14/08/2014
Aprobación plenaria da Conta Xeral 01/10/2014 25/09/2014
Data rendición da Conta Xeral 14/10/2014 17/10/2014
Resultando que tanto a aprobación definitiva do orzamento como a formación da Conta Xeral se realizan fóra de prazo. Igualmente, no que atinxe á rendición da conta, deuse cumprimento a dito trámite o 17 de outubro de 2014, producíndose, deste xeito, un retraso con respecto á data límite establecida para o mesmo, que é o 14 de outubro de 2014. Por esta razón foi cualificada como remitida fóra de prazo.
Con relación á rendición das contas dos oito exercicios anteriores, a situación é a seguinte:
Cadro 2: Estado da rendición de exercicios anteriores
Exercicio Estado rendición Cumprimento
2006 Rendida 11/10/2007
2007 Rendida 14/10/2008
2008 Rendida fóra de prazo 15/10/2009
2009 Con defectos leves 14/10/2010
Exercicio Estado rendición Cumprimento
2010 Con defectos leves fóra de prazo 21/11/2011
2011 Con defectos leves fóra de prazo 22/10/2012
2012 Con defectos leves 06/09/2013
2013 Con defectos leves fóra de prazo 15/10/2014
Todas as contas de 2009 en adiante presentaban defectos de tramitación e coherencia interna entre estados contables, o cal non impediu a súa cualificación como contas rendidas.
III. CONTAS ANUAIS
III.1 ORZAMENTO INICIAL
As previsións de ingresos e créditos iniciais do Concello de Ferrol para o exercicio 2013 ascenderon a 50.240,10 miles de euros, un 10,14% inferiores aos do exercicio anterior. No seguinte cadro presentase a evolución temporal das previsións de ingresos e créditos para gastos no período 2010-2013, e permite destacar os seguintes aspectos:
Cadro 3: Evolución das previsións iniciais de ingresos
Previsións iniciais ingresos 2010 2011 2012 2013 VARIACIÓN
Ingresos Correntes 55.088.220,00 55.222.403,00 53.095.115,84 48.608.315,97 -8,45%
Ingresos Capital 600.000,00 1.726.342,00 799.750,70 1.331.784,80 66,52%
Ingresos non financeiros 55.688.220,00 56.948.745,00 53.894.866,54 49.940.100,77 -7,34%
Activos Financeiros 300.000,00 300.000,00 300.000,00 300.000,00 0,00%
Pasivos Financeiras 0,00 953.196,00 1.714.623,00 0,00 -100,00%
Ingresos Financeiros 300.000,00 1.253.196,00 2.014.623,00 300.000,00 -85,11%
Total 55.988.220,00 58.201.941,00 55.909.489,54 50.240.100,77 -10,14%
Cadro 4: Evolución dos créditos iniciais
Créditos iniciais 2010 2011 2012 2013 VARIACIÓN
Gasto Corrente 51.149.314,24 50.487.529,99 49.084.265,17 44.903.593,19 -8,52%
Gasto Capital 2.482.765,05 5.694.205,92 3.957.047,06 2.440.231,00 -38,33%
Gastos non financeiros 53.632.079,29 56.181.735,91 53.041.312,23 47.343.824,19 -10,74%
Activos Financeiros 300.000,00 300.000,00 300.000,00 300.000,00 0,00%
Pasivos Financeiros 1.193.628,98 1.720.205,00 2.568.177,31 2.596.276,58 1,09%
Gastos Financeiros 1.493.628,98 2.020.205,00 2.868.177,31 2.896.276,58 0,98%
Total 55.125.708,27 58.201.940,91 55.909.489,54 50.240.100,77 -10,14%
Os orzamentos prevén unha contención do gasto non financeiro do -10,74% respecto do ano anterior, repartidos nos capítulos de gastos de persoal (-4,74%), gastos en transferencias correntes (-52,23%) e investimentos reais (-35,73%).
As previsións de ingresos contemplan unha redución dos ingresos non financeiros do - 7,34%, motivada pola menor previsión de ingresos en materia de impostos directos (-2,77%), impostos indirectos (-81,33%) e das transferencias correntes (-11,46%), non estando prevista a concertación de novas operacións de endebedamento.
Conforme ao establecido na LOEOSF a elaboración, aprobación e execución dos orzamentos realizarase nun marco de estabilidade orzamentaria, entendéndose por tal a situación de equilibrio ou superávit orzamentario en termos de capacidade de financiamento. O exame destas magnitudes orzamentarias mostra unha capacidade de financiamento do exercicio de 2.596,28 miles de euros, que se empregará en amortización de operacións con pasivos financeiras na súa totalidade.
Cadro 5: Evolución do saldo orzamentario. Previsións iniciais.
Concepto 2010 2011 2012 2013 Variación
(+) Operacións non financeiras 2.056.140,71 767.009,09 853.554,31 2.596.276,58 204,17%
(+) Operacións activos financeiros 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00%
I. Resultado do exercicio 2.056.140,71 767.009,09 853.554,31 2.596.276,58 204,17%
II. Variación neta pasivos financeiros -1.193.628,98 -767.009,00 -853.554,31 -2.596.276,58 204,17%
Saldo orzamentario do exercicio (I + II) 862.511,73 0,09 0,00 0,00 0,00%
III.2 LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO
III.2.1 LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO DE INGRESOS
A liquidación do Orzamento de Ingresos recóllese no seguinte cadro:
Cadro 6: Liquidación do orzamento de ingresos
Capítulo Prev pptarias
iniciais
Modif prev pptarias
Prev pptarias definitivas
Dereitos recoñecidos
Dereitos anulados
Dereitos recoñecidos
netos
Recadación neta Dereitos pdtes cobro a 31-12
Exceso/defecto de previsión 1 Impostos directos. 22.932.000,00 0,00 22.932.000,00 23.514.245,28 453.727,71 23.060.517,57 19.190.493,23 3.870.024,34 128.517,57 2 Impostos indirectos. 450.000,00 0,00 450.000,00 826.001,22 128.511,48 697.489,74 697.489,74 0,00 247.489,74 3 Taxas, prezos públicos e
outros ingresos. 5.344.700,00 53.647,00 5.398.347,00 5.668.843,90 34.524,17 5.634.319,73 4.631.691,85 1.002.627,88 235.972,73 4 Transferencia correntes. 18.098.157,97 2.204.769,83 20.302.927,80 33.287.617,26 8.891.122,01 24.396.495,25 23.061.999,67 1.334.495,58 4.093.567,45 5 Ingresos patrimoniais. 1.783.458,00 0,00 1.783.458,00 2.658.737,76 404,55 2.658.333,21 1.571.487,01 1.086.846,20 874.875,21 6 Alleamento de
investimentos reais. 0,00 0,00 0,00 2.559,90 0,00 2.559,90 2.559,90 0,00 2.559,90
7 Transferencias de capital. 1.331.784,80 3.500.806,74 4.832.591,54 4.420.557,20 578.712,45 3.841.844,75 3.841.844,75 0,00 -990.746,79 8 Activos financeiros. 300.000,00 8.053.593,91 8.353.593,91 120.313,75 0,00 120.313,75 120.313,75 0,00 -8.233.280,16
9 Pasivos financeiros. 0,00 166.133,91 166.133,91 785.280,01 0,00 785.280,01 785.280,01 0,00 619.146,10
Total xeral 50.240.100,77 13.978.951,39 64.219.052,16 71.284.156,28 10.087.002,37 61.197.153,91 53.903.159,91 7.293.994,00 -3.021.898,25
A evolución dos ingresos liquidados en 2013 con relación ao ano anterior, así como a relevancia de cada fonte de financiamento sobre o total e os índices de liquidación das previsións definitivas de ingresos e de recadación de dereitos liquidados amosan os resultados que se recollen a continuación:
Cadro 7: Evolución dos ingresos liquidados sobre o exercicio anterior
Capítulo
Dereitos Recoñecidos Netos
2012
Dereitos Recoñecidos Netos
2013
Importancia relativa de cada cap (DRN cap/DRN
totais)
Variación con relación ao ano
anterior (DRN 2013-DRN 2012)/DRN 2012
Índice de liquidación de dereitos (DRN 2013/prev
definit)
Índice de recadación de
dereitos (recadación neta
2013/DRN)
1. Impostos directos 21.901.382,28 23.060.517,57 37,68% 5,29% 100,56% 83,22%
2. Impostos indirectos 1.467.647,44 697.489,74 1,14% -52,48% 155,00% 100,00%
3. Taxas e outros ingresos 5.788.186,25 5.634.319,73 9,21% -2,66% 104,37% 82,20%
4. Transferencias correntes 19.815.224,33 24.396.495,25 39,87% 23,12% 120,16% 94,53%
5. Ingresos patrimoniais 1.407.667,73 2.658.333,21 4,34% 88,85% 149,05% 59,12%
6. Alleamento de
investimentos reais 0,00 2.559,90 0,00% 0,00% 0,00% 100,00%
7. Transferencias de
capital 2.794.599,16 3.841.844,75 6,28% 37,47% 79,50% 100,00%
8. Activos financeiros 98.361,62 120.313,75 0,20% 22,32% 1,44% 100,00%
9. Pasivos financeiros 4.919.955,71 785.280,01 1,28% -84,04% 472,68% 100,00%
TOTAL 58.193.024,52 61.197.153,91 100,00% 5,16% 95,29% 88,08%
Con relación ao ano anterior prodúcese unha suba na liquidación dos impostos directos, motivada polo mellor comportamento do IBI (suba do 13,56%) e do IAE (suba do 4,59%), que compensa a caída do IIVTNU nun 18,33%. Hai que destacar, en relación aos impostos indirectos, que no exercicio 2013 prodúcese unha caída porcentual do 52,48% nas cantidades transferidas polo Estado, pero de importancia menor en termos cuantitativos, motivada pola baixada na recadación do IVE e impostos especiais. As taxas presentan tamén un comportamento negativo (-2,66%). Pero estas cifras compénsanse co mellor comportamento das transferencias recibidas, tanto correntes como de capital que, de xeito acumulado, producen un incremento nos ingresos liquidados con respecto ao exercicio anterior do 5,16%.
En relación a estas últimas, ademais, destacar que nos ingresos por transferencias do exercicio 2012 e anteriores inclúense as transferencias recibidas polo OOAA do concello (3.209,64 miles de euros no exercicio 2012), a pesar do que o capítulo 4 aumenta. A causa fundamental é o forte aumento das transferencias recibidas do Estado (por importe de 4.567,77 miles de euros);
das transferencias da Deputación (que aumentan en 405,42 miles de euros) e das transferencias do Fondo Social Europeo (con un incremento de 331,39 miles de euros).
Gráfico 1: Importancia relativa dos capítulos de ingresos
Os ingresos proveñen maioritariamente de impostos directos e das transferencias correntes.
O índice de liquidación de dereitos, do 95,29%, é elevado comparado coa media dos concellos do seu mesmo tramo de poboación galego ou estatal (do 86,07% e 87,53%, respectivamente).
A evolución das previsións de ingresos, dereitos recoñecidos netos e índices de realización e recadación de dereitos reflíctese no seguinte cadro:
Cadro 8: Evolución dos ingresos liquidados Ano Previsións orzamentarias
definitivas
Dereitos recoñecidos
netos Recadación neta % de realización de dereitos
% de recadación de dereitos recoñecidos
2010 82.536.232,16 64.991.142,80 58.791.922,12 78,74% 90,46%
2011 76.630.141,81 57.411.082,21 51.730.198,51 74,92% 90,10%
2012 69.844.208,72 58.193.024,52 53.402.976,30 83,32% 91,77%
2013 64.219.052,16 61.197.153,91 53.903.159,91 95,29% 88,08%
Finalmente, o cadro seguinte recolle os principais indicadores do orzamento de ingresos do Concello de Ferrol:
Cadro 9: Indicadores do orzamento de ingresos. Evolución e comparación con concellos no mesmo tramo de poboación
Indicador Ámbito 2010 2011 2012 2013
Execución orzamento ingresos Ferrol 79,63% 76,57% 83,61% 95,29%
DRN/Previsións ingresos
Media A Coruña 78,09% 75,81% 85,48% 87,30%
Media Galicia 75,36% 75,99% 84,29% 86,07%
Media nacional 73,30% 75,61% 93,32% 87,53%
Indicador Ámbito 2010 2011 2012 2013
Autonomía Ferrol 66,47% 76,75% 73,44% 84,39%
DRN (Capítulos 1,2,3,5,6 e 8)+ transferencias recibidas /DRN
Media A Coruña 69,81% 83,04% 78,20% 86,81%
Media Galicia 72,31% 82,14% 83,93% 88,29%
Media nacional 69,03% 79,66% 70,84% 82,22%
Autonomía fiscal Ferrol 42,72% 46,96% 43,49% 43,81%
DRN tributarios/DRN
Media A Coruña 45,51% 50,09% 49,67% 52,18%
Media Galicia 48,19% 52,86% 55,85% 56,78%
Media nacional 45,46% 52,21% 46,55% 53,64%
Índice de dependencia das subvencións recibidas Ferrol 31,92% 12,19% 18,54% 14,33%
DRN Capítulos 4 e 7/DRN
Media A Coruña 26,15% 11,46% 12,58% 10,89%
Media Galicia 23,31% 11,35% 10,53% 9,32%
Media nacional 23,80% 15,28% 10,46% 10,35%
Realización dous cobramentos Ferrol 86,86% 85,73% 88,44% 88,08%
Recadación neta/DRN
Media A Coruña 87,43% 83,98% 88,59% 88,64%
Media Galicia 87,14% 85,90% 87,57% 88,50%
Media nacional 81,27% 83,36% 85,41% 84,16%
Observase que o concello de Ferrol presenta un índice de realización dos cobramentos similar aínda que lixeiramente inferior á media da provincia e de Galicia. Esta comparativa indica tamén que presenta un peor cociente de autonomía e, polo tanto, unha maior dependencia ou necesidade de acudir ao endebedamento para financiar as súas operacións. Os recursos de orixe tributaria son inferiores á media provincial, autonómica e estatal, e en consecuencia a súa dependencia dos recursos procedentes doutras administracións é maior.
III.2.2. LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO DE GASTOS
A liquidación do orzamento de gastos reflíctese no seguinte cadro:
Cadro 10: Liquidación do orzamento de gastos
Capítulo Créditos Iniciais
Modificacións de Créditos
Créditos Definitivos
Gastos Comprometidos
Obrigas Recoñecidas
Netas
Pagos
Obrigas Pendentes de Pago a 31 de Decembro
Remanentes de Crédito
1 Gastos de
persoal. 17.446.300,41 1.015.436,83 18.461.737,24 17.586.099,86 17.556.783,10 17.172.073,74 384.709,36 904.954,14 2 Gastos
correntes en bens
e servizos. 21.490.165,36 3.598.450,48 25.088.615,84 22.603.229,70 20.396.102,04 17.843.827,18 2.552.274,86 4.692.513,80 3 Gastos
financeiros. 1.899.271,80 181.995,86 2.081.267,66 1.439.442,65 1.437.446,79 1.386.595,50 50.851,29 643.820,87 4 Transferencias
correntes. 4.067.855,62 1.505.737,78 5.573.593,40 4.495.219,88 3.069.578,98 2.416.317,39 653.261,59 2.504.014,42 6 Investimentos
reais. 2.440.231,00 6.668.580,67 9.108.811,67 6.217.435,03 5.244.534,29 3.791.840,13 1.452.694,16 3.864.277,38 7 Transferencias
de capital. 0 508.749,77 508.749,77 342.538,62 229.626,14 225.161,12 4.465,02 279.123,63
8 Activos
financeiros. 300.000,00 500.000,00 800.000,00 599.653,38 99.653,38 99.653,38 0 700.346,62
9. Pasivos
financeiros 2.596.276,58 0 2.596.276,58 2.596.276,57 2.596.276,57 2.265.536,88 330.739,69 0,01
TOTAL 50.240.100,77 13.978.951,39 64.219.052,16 55.879.895,69 50.630.001,29 45.201.005,32 5.428.995,97 13.589.050,87
A importancia relativa de cada tipo de gasto sobre o total, a súa evolución con relación ao ano anterior e os índices de execución e pago das obrigacións son os seguintes:
Cadro 11: Evolución dos gastos liquidados sobre o exercicio anterior Capítulo
Obrigas recoñecidas
2012
Obrigas recoñecidas
2013
Importancia de cada cap: OR capítulo/total OR
Variación das OR 2013 con relación ás
OR 2012
Índice de execución orzamentaria
Índice de pago das obrigas
1 Gastos de persoal. 17.131.367,76 17.556.783,10 34,68% 2,48% 95,10% 97,81%
2 Gastos correntes en
bens e servizos. 23.226.456,58 20.396.102,04 40,28% -12,19% 81,30% 87,49%
3 Gastos financeiros. 1.731.147,93 1.437.446,79 2,84% -16,97% 69,07% 96,46%
4 Transferencias correntes. 3.734.999,31 3.069.578,98 6,06% -17,82% 55,07% 78,72%
6 Investimentos reais. 5.070.277,42 5.244.534,29 10,36% 3,44% 57,58% 72,30%
7 Transferencias de
capital. 511.235,91 229.626,14 0,45% -55,08% 45,14% 98,06%
8 Activos financeiros. 109.323,44 99.653,38 0,20% -8,85% 12,46% 100,00%
9 Pasivos financeiros. 2.505.022,68 2.596.276,57 5,13% 3,64% 100,00% 87,26%
Total xeral 54.019.831,03 50.630.001,29 100,00% -6,28% 78,84% 89,28%
Con relación ao ano anterior redúcese o gasto corrente en bens e servizos, fundamentalmente en materia de material e subministracións (que se contrae un 14,41%), así como os gastos financeiros (16,97%) e as transferencias correntes (a familias e institucións sen ánimo de lucro, que caen nun 19,25%) e increméntanse os investimentos reais e o gasto en persoal, así como a amortización da débeda.
O mais significativo é a redución de gasto corrente. Por unha parte, ao disolverse os OOAA, todo o gasto corrente en bens e servizos dos mesmos do exercicio 2012 (de 1.801,27 miles de euros) suprímese, e esa supresión non implica un incremento de contía similar no gasto do concello, senón que este tamén reduce o gasto corrente en 1.029,08 miles de euros. Polo tanto, prodúcese unha redución total de gasto no capítulo 2 de 2.830,35 miles de euros (un 12,18%).
Ademais, tamén se reduce o gasto en transferencias realizadas do capítulo 4, (que recolle as transferencias realizadas aos OOAA). A redución total é de 3.841,76 miles de euros, dos que o 83,55% correspondían a transferencias aos OOAA.
Gráfico 2: Importancia relativa dos capítulos de gasto
Se analizamos a composición do gasto e o comparamos cos restantes concellos do mesmo tramo de poboación, resulta o seguinte:
Cadro 12: Evolución dos tipos de gasto e comparación con concellos no mesmo tramo de poboación
Tipo de gasto Nivel 2010 2011 2012 2013
Gastos de funcionamento
Estado 58,32% 62,35% 63,44% 61,63%
Galicia 62,63% 66,70% 71,39% 70,24%
Ferrol 63,29% 67,98% 70,56% 74,96%
Transferencias e subvencións
Estado 17,91% 18,56% 17,01% 17,47%
Galicia 10,35% 10,76% 13,62% 12,63%
Ferrol 14,46% 14,61% 12,98% 6,52%
Investimentos reais
Estado 16,83% 11,27% 7,20% 6,33%
Galicia 21,44% 16,24% 8,34% 8,04%
Ferrol 17,32% 11,53% 8,86% 10,36%
Operacións financeiras
Estado 6,94% 7,83% 12,34% 14,57%
Galicia 5,58% 6,31% 6,64% 9,09%
Ferrol 4,93% 5,87% 7,60% 8,16%
Un 74,96% dos gastos totais son gastos de funcionamento (persoal e gasto corrente en bens e servizos), porcentaxe superior á media de Galicia e estatal. O gastos en transferencias e subvencións (do 6,52% do total), así como en operacións financeiras (do 8,16%), son inferiores ás medias de referencia.
Quedan sen executar 13.589,05 miles de euros de créditos definitivos, resultando un grao de execución do orzamento do 78,84%. A análise do ritmo de execución mensual das obrigacións recoñecidas ao longo do ano permite concluír que o mesmo non é uniforme, destacando o feito de que un 19,37% do total de obrigas se recoñecen no mes de decembro.
Finalmente, o cadro seguinte recolle os principais indicadores do orzamento de gastos do
Concello de Ferrol:
Cadro 13: Indicadores do orzamento de gastos. Evolución e comparación con concellos no mesmo tramo de poboación
Indicador Ámbito 2010 2011 2012 2013
Execución orzamento gastos Ferrol 72,04% 77,88% 77,92% 78,84%
ORN/Créditos definitivos
Media A Coruña 75,81% 73,60% 76,65% 80,55%
Media Galicia 73,94% 76,97% 78,56% 82,39%
Media nacional 73,29% 78,30% 78,92% 81,30%
Índice gastos persoal Ferrol 36,04% 34,50% 32,09% 31,21%
ORN Capitulo 1/DRN 1 a 5
Media A Coruña 35,45% 33,17% 30,61% 30,03%
Media Galicia 34,30% 32,77% 29,98% 29,90%
Media nacional 39,48% 39,07% 34,87% 33,88%
Esforzo investidor Ferrol 17,73% 12,04% 9,76% 10,81%
ORN Capítulo 6 e 7/ORN
Media A Coruña 21,86% 14,33% 9,08% 11,28%
Media Galicia 23,13% 17,68% 11,02% 9,95%
Media nacional 19,44% 13,69% 7,80% 6,88%
Carga financeira exercicio Ferrol 5,36% 6,62% 7,93% 7,17%
ORN Capítulos 3 e 9/DRN 1 a 5
Media A Coruña 7,94% 8,21% 8,53% 7,95%
Media Galicia 6,78% 7,51% 7,13% 9,12%
Media nacional 7,26% 7,97% 10,19% 10,89%
Realización dos pagos Ferrol 81,39% 82,01% 83,85% 89,28%
Pagos líquidos/ORN
Media A Coruña 81,78% 82,88% 86,40% 90,50%
Media Galicia 84,58% 87,44% 89,11% 91,81%
Media nacional 78,34% 78,01% 81,69% 84,09%
O concello de Ferrol presenta unha porcentaxe de execución do orzamento de gastos inferior a todas as medias consideradas; porén a súa porcentaxe de realización dos pagamentos é similar aínda que lixeiramente inferior ás medias provincial e autonómica e superior á media nacional. O gasto de persoal supón unha porcentaxe dos ingresos correntes superior á medias de Galicia (provincial e autonómica), aínda que é máis baixa que a media nacional. E, como consecuencia, o esforzo investidor é inferior á media provincial, pero superior á media autonómica e nacional.
Finalmente, a carga financeira do exercicio é inferior a todas as medias consideradas nesta comparativa.
III.3 RESULTADO ORZAMENTARIO
O resultado orzamentario que consta na Conta Xeral presentada, e cuxas cifras coinciden coa liquidación, é o seguinte:
Cadro 14: Resultado orzamentario do exercicio
Conceptos DRN ORN AXUSTES Resultado
orzamentario
a. Operacións correntes 56.447.155,50 42.459.910,91 0,00 13.987.244,59
b. Outras operacións non financeiras 3.844.404,65 5.474.160,43 0,00 -1.629.755,78
I. Total operacións non financeiras (a+b) 60.291.560,15 47.934.071,34 0,00 12.357.488,81
II. Activos financeiros 120.313,75 99.653,38 0,00 20.660,37
III. Pasivos financeiros 785.280,01 2.596.276,57 0,00 -1.810.996,56
RDO. ORZAMENTARIO EXERCICIO (I+II+III) 61.197.153,91 50.630.001,29 0,00 10.567.152,62 IV. Créditos gastados financiados con remanentes de
tesourería para gastos xerais 0,00 0,00 1.890.556,17 0,00
V. Desviacións de financiamento negativas do exercicio 0,00 0,00 2.881.067,55 0,00
VI. Desviacións de financiamento positivas do exercicio 0,00 0,00 5.167.831,16 0,00 RDO. ORZAMENTARIO AXUSTADO
(I+II+III+IV+V-VI) 61.197.153,91 50.630.001,29 -396.207,44 10.170.945,18
Debe terse en conta a evolución do saldo da conta 413 (acredores por operacións pendentes de aplicar a orzamento), que se incrementa en 728,42 miles de euros durante o ano 2013. Polo tanto, o resultado orzamentario real debería minorarse nesa contía.
A súa evolución nos últimos anos recóllese a continuación:
Cadro 15: Evolución do resultado orzamentario
CONCEPTO 2010 2011 2012 2013
a. Aforro Bruto (saldo de operacións correntes) 5.753.022,14 1.426.857,83 4.556.136,45 13.987.244,59 b. Outras operacións non financeiras 2.051.240,00 -7.088.980,96 -2.786.914,17 -1.629.755,78 Superávit/Déficit non financeiro (Total operacións non
financeiras (a+b)) 7.804.262,14 -5.662.123,13 1.769.222,28 12.357.488,81
II. Activos financeiros -24.071,33 9.797,23 -10.961,82 20.660,37
III. Variación neta de endebedamento (Pasivos financeiros) -501.794,29 4.585.636,31 2.414.933,03 -1.810.996,56 RDO. ORZAMENTARIO. EXERCICIO (I+II+III) 7.278.396,52 -1.066.689,59 4.173.193,49 10.567.152,62 IV. Créditos gastados financiados con remanentes de tesourería
para gastos xerais 1.497.733,14 4.423.573,20 2.359.219,91 1.890.556,17
V. Desviacións de financiamento negativas do exercicio 2.009.023,95 5.728.718,99 3.519.746,65 2.881.067,55 VI. Desviacións de financiamento positivas do exercicio 9.340.685,72 453.766,81 6.183.265,54 5.167.831,16 (RDO. ORZAMENTARIO AXUSTADO
(I+II+III+IV+V-VI) 1.444.467,89 8.631.835,79 3.868.894,51 10.170.945,18
Aforro Bruto
O aforro bruto representa o importe que resulta de descontar os gastos correntes dos ingresos correntes (capítulos 1 a 5 en ambos os casos), podendo destinarse ao financiamento doutro tipo de gasto.
Neste exercicio, dedícase a financiar parte dos investimentos reais (capítulo 6) e á amortización de préstamos (capítulo 9). En definitiva, e como se reflicte nos dous cadros anteriores, hai un
superávit non financeiro de 12.357,48 miles de euros, que se emprega na redución do endebedamento por 1.811 miles de euros. O saldo positivo resultante, unido aos créditos gastados e financiados co remanente e ás desviacións de financiamento, dá como resultado unha capacidade de financiamento de 10.170,95 miles de euros.
Gráfico 3: Evolución do aforro bruto e magnitudes vinculadas
III.4. REMANENTE DE TESOURERÍA
O remanente de tesourería declarado que figura na Conta Xeral presentada e que inclúe o relativo a 2012 e 2013 tomando os datos só do concello sen entidades dependentes, para non distorsionar a comparativa, é o seguinte:
Cadro 16: Remanente de tesourería do exercicio actual e anterior
Concepto 2012 2013
Fondos líquidos 3.034.262,97 13.376.581,92
Dereitos pendentes de cobramento 27.187.845,11 26.109.902,03
(+) Do orzamento corrente 4.790.048,22 7.293.994,00
(+) De orzamentos pechados 19.449.284,95 21.222.073,70
(+) De operacións non orzamentarias 8.439.826,04 230.072,23
(-) Cobramentos pendentes de aplicación definitiva 5.491.314,10 2.636.237,90
7 3. Obrigacións pendentes de pago 12.198.893,42 9.393.787,15
(+) Do orzamento corrente 8.617.701,02 5.428.995,97
(+) De orzamentos pechados 1.729.869,44 923.343,06
(+) De operacións non orzamentarias 2.475.036,15 3.094.971,03
(-) Pagos pendentes de aplicación definitiva 623.713,19 53.522,91
I. Remanente de tesourería total (1+2-3) 18.023.214,66 30.092.696,80
II. Saldos de dubidoso cobramento 10.889.952,48 13.816.373,48
III. Exceso de financiamento afectado 4.385.971,40 6.126.745,27
IV. Remanente de tesourería para gastos xerais (I – II – III) 2.747.290,78 10.149.578,05
Debe terse en conta que hai obrigas pendentes de imputar a orzamento por importe de 2.541,34 miles de euros. Polo tanto, o remanente de tesourería real sería inferior ao declarado nesa contía.
Cadro 17: Axustes ao remanente de tesourería
Axustes no cálculo do remanente de tesourería
Remanente de tesourería para gastos xerais declarado 10.149.578,05
Redución por saldo conta 413 -2.541.344,74
Remanente de tesourería para gastos xerais tras axustes 7.608.233,31
Por último, a comparación do remanente de tesourería para gastos xerais de Ferrol co resto de concellos do seu mesmo tramo de poboación no ámbito de Galicia e do Estado, pon de manifesto que, como se reflicte no seguinte cadro, é moi inferior á media dos mesmos.
Cadro 18: Comparación do Remanente de tesourería para gastos xerais
Remanente de tesourería para gastos xerais de concellos entre 20.001 e 50.000 habitantes Importe medio
Estado 11.417.824,31
Galicia 26.663.044,03
Ferrol 10.149.578,05
III.5. INDICADORES DAS MAGNITUDES ORZAMENTARIAS
En relación ao resultado orzamentario e ao remanente de tesourería, calculáronse os seguintes indicadores:
Cadro 19: Indicadores magnitudes orzamentarias
Indicador Ámbito 2010 2011 2012 2013
Índice de aforro bruto Ferrol 10,38% 2,61% 8,22% 24,53%
(DRN cap 1 a 5 excepto 35, 396 y 397-ORN cap 1 a 4)*100/DRN cap 1 a 5 agás 35, 396 e 397
Media A Coruña 10,52% 9,37% 12,68% 18,15%
Media Galicia 12,14% 11,15% 15,24% 17,54%
Media nacional 6,28% 7,56% 10,05% 15,88%
Índice de aforro bruto non financeiro Ferrol 12,81% 5,06% 11,46% 27,08%
(DRN cap 1 a 5 excepto 35, 396 y 397-ORN cap 1,2 y 4)*100/DRN cap 1 a 5 agás 35, 396 e 397
Media A Coruña 12,23% 11,15% 14,76% 19,98%
Media Galicia 13,19% 12,28% 16,53% 18,67%
Media nacional 8,06% 9,86% 13,07% 19,15%
Superávit/déficit por habitante Ferrol 19,62% 118,30% 53,74% 142,79%
Resultado orzamentario axustado/Nº de habitantes
Media A Coruña 36,93% 70,84% 103,89% 93,42%
Media Galicia 69,96% 70,08% 112,15% 101,61%
Media nacional 30,38% 42,61% 264,01% 111,54%
Contribución do orzamento ao remanente de
tesourería Ferrol 0,20% 1,33% 0,67% 1,00%
Resultado orzamentario axustado/Remanente de tesourería para gastos xerais
Media A Coruña 0,09% -1,68% 2,94% 1,10%
Media Galicia 0,29% -0,52% 1,56% 0,73%
Media nacional 0,52% -0,44% -1,40% 2,38%
Remanente por ingresos correntes Ferrol -0,06% -0,03% 0,07% 0,14%
(Remanente de tesourería para gastos xerais-saldo413)/DRN (cap 1 a 5, agás 35,396 e 397)
Media A Coruña 0,01% -0,02% 0,04% 0,08%
Media Galicia 0,16% 0,14% 0,18% 0,20%
Media nacional -0,18% -0,25% -0,03% -0,02%
Índice de debedores de dubidoso cobro Ferrol 62,27% 60,24% 36,92% 52,92%
Saldos de dubidoso cobro*100/Debedores pendentes de cobro
Media A Coruña 52,75% 50,73% 54,72% 55,96%
Media Galicia 53,88% 53,26% 57,27% 58,74%
Media nacional 22,28% 27,05% 32,89% 41,48%
Como se deduce dos indicadores calculados, os índices de aforro bruto e aforro bruto non financeiro son moi superiores ás medias da mesma provincia, Comunidade autónoma e Estado.
O mesmo ocorre co superávit/déficit por habitante.
Por último, o índice de debedores de dubidoso cobro, que reflicte a porcentaxe que representan os debedores de dubidoso cobro sobre o total de debedores pendentes de cobro, resulta inferior en 3 e 5 puntos porcentuais, respectivamente, ás medias da provincia e de Galicia, e moi superior á media nacional, que presenta valores máis baixos que os autonómicos.