INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE OLEIROS
EXERCICIO 2013
ÍNDICE
I. INTRODUCIÓN ... 1
I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE ...1
I.2 LIMITACIÓNS...1
I.3 NORMATIVA REGULADORA...2
I.4 RESPONSABILIDADE ...5
I.4.1 RESPONSABILIDADE DO ENTE FISCALIZADO ...5
I.4.2 RESPONSABILIDADE DO CONSELLO DE CONTAS ...5
II. CARACTERÍSTICAS DO MUNICIPIO ... 6
II.1 INFORMACIÓN XERAL ...6
II.2 DATOS DE TRAMITACIÓN E RENDICIÓN DE CONTAS ...7
III. CONTAS ANUAIS ... 7
III.1 ORZAMENTO INICIAL ...7
III.2 LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO ...9
III.2.1 LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO DE INGRESOS ...9
III.2.2. LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO DE GASTOS ...11
III.3 RESULTADO ORZAMENTARIO ...14
III.4. REMANENTE DE TESOURERÍA ...17
III.5. INDICADORES DAS MAGNITUDES ORZAMENTARIAS ...18
III.6 CONTABILIDADE FINANCEIRA ...19
IV. RESULTADOS DA FISCALIZACIÓN ... 21
IV.1 CONTROL INTERNO ...21
IV.2 ÁREA CONTABLE-ORZAMENTARIA ...24
IV.3 ESTADO DE ENDEBEDAMENTO...27
IV.4 ESTABILIDADE ORZAMENTARIA ...28
IV.4.1. CAPACIDADE OU NECESIDADE DE FINANCIAMENTO ...29
IV.4.2. REGRA DE GASTO ...30
IV.4.3. ENDEBEDAMENTO ...31
IV.5. PLAN DE PAGO A PROVEDORES ...32
IV.5.1.PROCEDEMENTO ...32
IV.5.2. IMPORTE FINANCIADO ...33
IV.5.3. PLAN DE AXUSTE ...33
IV.6 ÁREA DE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN ...34
IV.6.1 MARCO ORGANIZATIVO ...35
IV.6.2 MARCO OPERACIONAL ...35
IV.6.3 PERFIL DO CONTRATANTE ...36
IV.7 FISCALIZACIÓN DA CONTRATACIÓN ...37
IV.7.1. CONTROL INTERNO ...37
IV.7.2 CONTRATOS FISCALIZADOS ...38
IV.7.3 RESULTADOS DA ANÁLISE DA CONTRATACIÓN ...40
IV.8 GASTOS DE PERSOAL ... 45
IV.8.1. PLANIFICACIÓN DE RECURSOS HUMANOS ...46
IV.8.2 ANÁLISE DO CADRO DE PERSOAL E DA RPT ...47
IV.8.3. RETRIBUCIÓNS ...48
V. CONCLUSIÓNS ... 49
VI. RECOMENDACIÓNS ... 51
ANEXOS ... 55
TRÁMITE DE ALEGACIÓNS ... 59
RÉPLICA ÁS ALEGACIÓNS ... 87
Cadro 1: Datas dos trámites de rendición de contas... 7
Cadro 2: Estado da rendición de exercicios anteriores ... 7
Cadro 3: Evolución das previsións iniciais de ingresos ... 8
Cadro 4: Evolución dos créditos iniciais de gastos ... 8
Cadro 5: Evolución do saldo orzamentario. Previsións iniciais. ... 8
Cadro 6: Liquidación do orzamento de ingresos... 9
Cadro 7: Evolución dos ingresos liquidados sobre o exercicio anterior ... 9
Cadro 8: Evolución dos ingresos liquidados ... 10
Cadro 9: Indicadores do orzamento de ingresos. Evolución e comparación con concellos no mesmo tramo de poboación ... 11
Cadro 10: Liquidación do orzamento de gastos ... 12
Cadro 11: Evolución dos gastos liquidados sobre o exercicio anterior ... 12
Cadro 12: Evolución dos tipos de gasto e comparación con concellos no mesmo tramo de poboación ... 13
Cadro 13: Indicadores do orzamento de gastos. Evolución e comparación con concellos no mesmo tramo de poboación ... 14
Cadro 14: Resultado orzamentario do exercicio ... 15
Cadro 15: Evolución do resultado orzamentario ... 16
Cadro 16: Remanente de tesourería do exercicio actual e anterior ... 17
Cadro 17: Axustes ao remanente de tesourería ... 18
Cadro 18: Comparación do Remanente de tesourería para gastos xerais ... 18
Cadro 19: Indicadores magnitudes orzamentarias ... 19
Cadro 20: Análise das previsións de ingresos ... 26
Cadro 21: Estado do endebedamento ... 27
Cadro 22: Datos débeda ... 28
Cadro 23: Capacidade de financiamento ... 30
Cadro 24: Cumprimento da regra de gasto ... 31
Cadro 25: Cumprimento do límite de endebedamento ... 31
Cadro 26: Resumo da execución do plan de axuste ... 33
Cadro 27: Control sobre o perfil do contratante ... 37
Cadro 28: Contratos adxudicados ou formalizados no exercicio ... 37
Cadro 29: Contratos fiscalizados ... 39
Cadro 30: Tempo medio de tramitación dos expedientes de contratación non menores ... 41
Cadro 31: Liquidación gastos de persoal por artigo. ... 45
Gráfico 1: Importancia relativa dos capítulos de ingresos ... 10 Gráfico 2: Importancia relativa dos capítulos de gasto ... 13 Gráfico 3: Evolución do aforro bruto e magnitudes vinculadas ... 17
Anexo I Contratos subscritos ou formalizados no exercicio. ... 57
AAPP ... Administracións públicas.
BEO ... Bases de execución do orzamento.
BOE ... Boletín oficial do Estado.
DOG ... Diario oficial de Galicia.
DOUE ... Diario oficial da Unión Europea.
DRN ... Dereitos recoñecidos netos.
EBEP ... Lei 7/2007 do Estatuto básico do empregado público.
EELL ... Entidades Locais.
ENS ... Esquema Nacional de Seguridade.
ICAL ... Instrucións de Contabilidade Local.
ICIO ... Imposto sobre construcións, instalacións e obras.
ICO ... Instituto de crédito oficial.
IGAE ... Intervención xeral da administración do Estado.
INE ... Instituto nacional de estatística.
LALG ... Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia.
LMLMOC ... Lei de medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.
LMMGL ... Lei 57/2003 de medidas para a modernización do goberno local.
LMRFP ... Lei 30/1984 de medidas para a reforma da función pública.
LOEOSF ... Lei orgánica 2/2012 de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira.
LOPD ... Lei orgánica 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal.
LRBRL ... Lei 7/1985 reguladora das bases de réxime local.
LRXPAC ... Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
LXO ... Lei 47/2003 Xeral orzamentaria.
MINHAP ... Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
OOAA ... Organismo Autónomo.
OEOEL ... Orde 3565/2008 sobre estrutura dos orzamentos das entidades locais.
ORN ... Obrigas recoñecidas netas.
PIB ... Produto interior bruto.
RBEL ... Regulamento de bens das entidades locais.
RD500 ... Real decreto 500/1990 de orzamentos.
RDFALHCN ... Réxime xurídico dos funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional. RDL 4/2012 ... RDL 4/2012 que regula o mecanismo de financiamento para o pago a provedores.
RDL 7/2012 ... RDL 7/2012 que crea o Fondo para o financiamento dos pagos a provedores.
RDL ... Real Decreto Lei.
RDLex ... Real Decreto Lexislativo.
RDLMFPP ... RDL Mecanismo de financiamento para o pago a provedores.
RSCL ... Regulamento de servizos das corporacións locais.
RTFAL ...Decreto réxime de retribucións dos funcionarios de administración local.
SEC ... Sistema Europeo de Contas Nacionais e Rexionais.
TRET ... Texto refundido do Estatuto dos traballadores.
TRLFPG ... Texto refundido da Lei da función pública de Galicia.
TRLRFL ... Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.
TRLXEO ... Texto refundido da Lei xeral de estabilidade orzamentaria.
TRRL ... Texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local.
I. INTRODUCIÓN
I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE
De conformidade co establecido na Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, o Pleno da Institución, en sesión celebrada o 22 de decembro de 2014, acordou incluír no seu programa anual de actuacións para 2015 a realización dunha fiscalización de regularidade do exercicio 2013 do Concello de Oleiros (A Coruña).
A fiscalización de regularidade contable realizouse sobre as contas anuais ou estados contables da entidade fiscalizada, e incluíu:
- Auditoría de legalidade: revisión do cumprimento da normativa aplicable nas áreas de orzamento, ingresos de dereito público, persoal, contratación de obras, servizos e subministracións.
- Auditoría financeira: conformidade da Conta Xeral cos principios contables e orzamentarios que son de aplicación.
- Análise financeira da situación económica da entidade.
Os obxectivos específicos desenvolvidos en cada área obxecto de análise consistiron en:
- Verificar se a xestión económico-financeira e orzamentaria se realizou de conformidade coa normativa de aplicación.
- Comprobar a fiabilidade dos rexistros contables, verificando o cumprimento dos principios e normas establecidos nas instrucións contables.
- Analizar os procedementos e as medidas de control interno aplicados pola Entidade en orde a garantir unha adecuada xestión económico-orzamentaria.
O período temporal da fiscalización estendeuse a aqueles exercicios (anteriores e posteriores) que se consideraron necesarios para a consecución dos obxectivos previstos.
I.2 LIMITACIÓNS
O Concello prestou en xeral a colaboración necesaria para a realización dos traballos de campo, achegando a documentación que se estimou necesaria para a realización desta fiscalización, aínda que o seu desenvolvemento viuse entorpecido polos retrasos na remisión da documentación solicitada, provocando que non finalizase no prazo establecido polo Consello de
Contas.
I.3 NORMATIVA REGULADORA
A normativa reguladora da materia obxecto de fiscalización, inclúese, fundamentalmente, nas seguintes disposicións ordenadas por competencia, rango e datas:
LEXISLACIÓN ESTATAL
- Constitución Española do 27 de decembro de 1978 (BOE nº 311, do 29 de decembro).
- Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública (LMRFP) (BOE nº 185, do 3 agosto), nos artigos non derrogados expresamente pola Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do empregado público.
- Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administración públicas (BOE nº4, do 4 de xaneiro de 1985).
- Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (BOE nº 80, do 3 de abril).
- Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local (BOE nº 96, do 24 de abril).
- Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro).
- Real Decreto Lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido do Estatuto dos traballadores (BOE nº 75, do 29 de marzo).
- Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de subvencións (LXS) (BOE nº 276, do 18 de novembro).
- Lei 47/2003, do 26 de novembro, Xeral orzamentaria (BOE nº 284, do 27 de novembro).
- Lei 57/2003, do 16 decembro, de medidas para a modernización do goberno local (BOE nº 301, do 17 de decembro).
- Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais (BOE nº 59, do 9 de marzo).
- Lei orgánica 3/2006, do 26 de maio, de reforma da Lei orgánica 5/2001, complementaria da lei xeral de estabilidade orzamentaria (BOE nº 126, do 27 de maio).
- Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público (BOE nº 89, do 13 de
abril).
- Real decreto lexislativo 2/2007, do 28 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de estabilidade orzamentaria (BOE nº 313, do 31 de decembro).
- Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004 (Lei de medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais), que establece normas sobre a morosidade das administracións públicas e sobre o rexistro de facturas nas administracións locais (BOE nº 163, do 6 de xullo).
- Lei 39/2010, do 22 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para 2011 (BOE nº 311, do 23 de decembro).
- Real decreto-lei 20/2011, do 30 de decembro, de medidas urxentes en materia orzamentaria, tributaria e financeira, para a corrección do déficit público (BOE nº 315, do 31 de decembro).
- Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lei de contratos do sector público (BOE nº 276, do 16 de novembro).
- Lei orgánica 2/2012, do 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira (BOE nº 103, do 30 de abril).
- Lei 17/2012, do 27 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para 2013 (BOE nº 312, do 28 de decembro).
- Real decreto-lei 4/2012, do 24 de febreiro, que regula o mecanismo de financiamento para o pago a provedores (BOE nº 48, do 25 de febreiro).
- Real decreto-lei 7/2012, do 9 de marzo, polo que se crea o Fondo para o financiamento dos pagos a provedores (BOE nº 60, do 10 de marzo).
- Real decreto-lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade (BOE nº 168, do 14 de xullo).
- Real decreto-lei 4/2013, do 22 de febreiro, de medidas de apoio ao emprendedor e de estímulo do crecemento e da creación de emprego (2ª fase do mecanismo de pago a provedores) (BOE nº 47, do 23 de febreiro).
- Real decreto-lei 8/2013, do 26 de xuño, de medidas urxentes contra a morosidade das AAPP e de apoio ás EELL con problemas financeiros (3ª fase mecanismo de pago a provedores) (BOE nº 155, do 29 de xuño).
- Decreto do 17 de xuño de 1955, polo que se aproba o Regulamento de servizos das corporacións locais (BOE nº 196, do 16 de xullo).
- Real decreto 861/1986, do 25 de abril, polo que se establece o réxime de retribucións dos funcionarios de administración local (BOE nº 106, do 3 de maio).
- Real decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de bens das entidades locais (BOE nº 161, de 7 de xullo).
- Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro (BOE nº 305, do 22 de decembro), que aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais (ROF).
- Reais decretos 1174/1987; 1732/1994 e 834/2003, polos que se regula o réxime xurídico dos funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional.
- Real decreto 500/1990, do 20 de abril, polo que se desenvolve, en materia de orzamentos, o capítulo primeiro do título sexto da Lei 39/1988, antiga Lei reguladora das facendas locais (BOE nº 136, do 7 de xuño).
- Real decreto 896/1991, do 7 de xullo, sobre procedementos de selección de funcionarios da administración local (BOE nº 142, do 14 de xuño).
- Ordes 4040/2004, 4041/2004 e 4042/2004 do Ministerio de Economía e Facenda, do 23 de novembro, polas que se aproban as Instrucións de Contabilidade Local (ICAL), modelos básico, normal e simplificado respectivamente (BOE 296, do 9 de decembro).
- Real decreto 1463/2007, de 2 novembro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da Lei 18/2001 do 12.12.2001 de estabilidade orzamentaria, na súa aplicación ás entidades locais (BOE nº 264, do 3 de novembro).
- Orde do Ministerio de Economía e Facenda 3565/2008, do 3 de decembro de 2008, sobre estrutura dos orzamentos das entidades locais, (BOE nº 297, do 10 de decembro).
- Orde HAP/2015/2012, do 1 de outubro, pola que se desenvolven as obrigas de subministro de información previstas na LO 2/2012, de estabilidade orzamentaria.
LEXISLACIÓN AUTONÓMICA
- Estatuto de Autonomía de Galicia - Lei orgánica 1/1981 (BOE nº 101, do 28 de abril; DOG nº 24, do 1 de outubro).
- Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia (DOG nº 149, do 5 de agosto).
- Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (DOG nº 252, do 31 de decembro).
- Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño).
- Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia (DOG nº 114, do 13 de xuño).
- Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, do Regulamento de disciplina urbanística de Galicia (DOG nº 32, do 17 de febreiro).
- Lei 14/2010, do 27 de decembro, de Orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011 (DOG nº 35, do 10 de febreiro).
LEXISLACIÓN DE CONTROL EXTERNO
- Lei orgánica 2/1982, do 12 de maio, do Tribunal de Cuentas (BOE nº 121, do 21 de maio).
- Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia (DOG nº 130, do 9 de xullo).
- Regulamento de réxime interior do Consello de Contas de Galicia do 23 de febreiro de 2017 (DOG nº 46, do 7 de marzo).
I.4 RESPONSABILIDADE
I.4.1 RESPONSABILIDADE DO ENTE FISCALIZADO
Os diferentes órganos municipais deben garantir que as actividades, operacións orzamentarias e financeiras e a información reflectidas nos seus estados financeiros resultan conformes coas normas aplicables. Así mesmo son responsables do sistema de control interno que consideren necesario para garantir que a actividade revisada estea libre de incumprimentos legais e de incorreccións materiais debidas a fraude ou erro.
I.4.2 RESPONSABILIDADE DO CONSELLO DE CONTAS
A responsabilidade do Consello de Contas de Galicia limitase a expresar unha conclusión de auditoría financeira e de cumprimento da legalidade, por parte da entidade incluída no ámbito subxectivo deste informe, sobre as obrigas derivadas da normativa aplicable en cada unha das áreas obxecto de fiscalización, así como o respecto aos principios contables e orzamentarios.
Para alcanzar os obxectivos establecidos para este informe realizouse unha análise da documentación remitida pola entidade fiscalizada a través da plataforma de rendición, así como
sobre toda a información e documentación solicitada polo Consello no desenvolvemento da presente fiscalización, de conformidade cos Principios fundamentais de fiscalización das Institucións Públicas de Control Externo. Esta normativa esixe o cumprimento dos requirimentos de ética así como a planificación e execución da auditoría co fin de obter unha seguridade razoable de que as actividades revisadas, operacións orzamentarias e financeiras e a información reflectidas nos seus estados financeiros resulten, en todos os aspectos significativos, conformes coa normativa aplicable.
II. CARACTERÍSTICAS DO MUNICIPIO
II.1 INFORMACIÓN XERAL
O ente fiscalizado é o concello de Oleiros. Está situado ao noroeste da provincia de A Coruña e ten unha poboación de 34.470 habitantes a 1/1/2013 e de 34.563 habitantes a 1/1/2014.
(Fonte: INE).
No exercicio 2013 non ten entidades dependentes ou adscritas.
As entidades supramunicipais das que forma parte son:
- Consorcio As Mariñas.
- Consorcio Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia.
O Concello emprega a forma de xestión indirecta de servizos públicos para prestar os servizos de axuda a domicilio e comida sobre rodas, limpeza viaria, auga potable, retirada de vehículos da vía pública e o seu traslado ao depósito municipal e a xestión, explotación e mantemento das piscinas municipais cubertas da Fábrica, Perillo, Oleiros e Dorneda.
A composición da Corporación municipal, formada por 21 concelleiros, resultante das eleccións de 2011 foi a seguinte: Partido independente Alternativa dos Veciños (AV): 11; PP: 7 concelleiros; PSdeG-PSOE: 2 concelleiros; BNG: 1 concelleiro; resultando elixido Alcalde o candidato do Partido independente Alternativa dos Veciños (AV).
En 2015 os resultados electorais foron os seguintes: Partido independente Alternativa dos Veciños (AV): 14 concelleiros; PP: 4 concelleiros; PSdeG-PSOE: 2 concelleiros; BNG: 1 concelleiros. Resultou elixido Alcalde o candidato do Partido AV.
O orzamento vixente en 2013 foi aprobado polo Pleno da Corporación na sesión do día 31 de xaneiro de 2013 e publicado no BOP o dia 5 de febreiro de 2013.
II.2 DATOS DE TRAMITACIÓN E RENDICIÓN DE CONTAS
En canto á liquidación e á aprobación da conta do exercicio fiscalizado, no seguinte cadro recóllense as datas máis relevantes ao respecto:
Cadro 1: Datas dos trámites de rendición de contas
Trámite Data límite Cumprimento
Aprobación definitiva do orzamento 31/12/2012 31/01/2013
Aprobación da liquidación do Orzamento 31/03/2014 31/03/2014
Formación da Conta Xeral 01/06/2014 03/06/2014
Informe da Comisión de Contas 01/06/2014 25/06/2014
Inicio exposición ao público 01/10/2014 03/07/2014
Aprobación plenaria da Conta Xeral 01/10/2014 25/09/2014
Data rendición da Conta Xeral 14/10/2014 03/10/2014
A aprobación definitiva do orzamento realizouse un mes fóra de prazo. No que atinxe á rendición da conta, deuse cumprimento a dito trámite o 3 de outubro de 2014, dentro da data límite establecida para o mesmo.
Con relación á rendición das contas dos oito exercicios anteriores a situación é a seguinte:
Cadro 2: Estado da rendición de exercicios anteriores
Exercicio Estado rendición Cumprimento
2006 Rendida 04/06/2008
2007 Rendida 14/10/2008
2008 Rendida 09/10/2009
2009 Rendida 18/10/2010
2010 Con defectos leves 14/12/2011
2011 Con defectos leves 08/10/2012
2012 Con defectos leves 25/09/2013
2013 Con defectos leves 03/10/2014
Dende 2010 todas as contas foron remitidas con defectos leves, presentando fallas de tramitación e coherencia interna entre estados contables, o cal non impediu a súa cualificación como contas rendidas.
III. CONTAS ANUAIS
III.1 ORZAMENTO INICIAL
As previsións iniciais de ingresos e os créditos iniciais de gastos do Concello de Oleiros para o exercicio 2013 alcanzaron os 25.099,38 miles de euros, un 3,78% inferiores aos do exercicio anterior. No seguinte cadro presentase a evolución temporal das previsións de ingresos e créditos para gastos no período 2010-2013.
Cadro 3: Evolución das previsións iniciais de ingresos
Previsións iniciais ingresos 2010 2011 2012 2013 Variación
Ingresos Correntes 26.050.709,00 26.050.709,00 22.490.735,00 22.872.135,00 1,70%
Ingresos Capital 2.170.220,00 2.170.220,00 3.553.490,00 2.187.250,00 -38,45%
Ingresos non financeiros 28.220.929,00 28.220.929,00 26.044.225,00 25.059.385,00 -3,78%
Activos Financeiros 39.900,00 39.900,00 40.000,00 40.000,00 0,00%
Pasivos Financeiras 2.730.000,00 2.730.000,00 0,00 0,00 0,00%
Ingresos Financeiros 2.769.900,00 2.769.900,00 40.000,00 40.000,00 0,00%
Total 30.990.829,00 30.990.829,00 26.084.225,00 25.099.385,00 -3,78%
Cadro 4: Evolución dos créditos iniciais de gastos
Créditos iniciais 2010 2011 2012 2013 Variación
Gasto Corrente 24.283.431,00 23.817.130,00 20.356.725,00 20.963.035,00 2,98%
Gasto Capital 5.982.498,00 0,00 4.692.500,00 3.326.350,00 -29,11%
Gastos non financeiros 30.265.929,00 23.817.130,00 25.049.225,00 24.289.385,00 -3,03%
Activos Financeiros 39.900,00 39.900,00 40.000,00 40.000,00 0,00%
Pasivos Financeiros 685.000,00 685.000,00 995.000,00 770.000,00 -22,61%
Gastos Financeiros 724.900,00 724.900,00 1.035.000,00 810.000,00 -21,74%
Total 30.990.829,00 24.542.030,00 26.084.225,00 25.099.385,00 -3,78%
Dos datos expostos podemos destacar os seguintes aspectos:
As previsións contemplan unha minoración dos ingresos de capital do 38,45% motivada por non ter previstos alleamentos de investimentos reais.
Os orzamentos prevén así mesmo unha diminución do gasto de capital do 29,11% respecto do ano anterior pola redución dos investimentos reais.
Conforme ao establecido na LOEOSF, a elaboración, aprobación e execución dos orzamentos realizarase nun marco de estabilidade orzamentaria, entendéndose por tal a situación de equilibrio ou superávit orzamentario en termos de capacidade de financiamento. O exame destas magnitudes orzamentarias mostra unha capacidade de financiamento do exercicio de 770 miles de euros que se empregará na amortización de operacións con pasivos financeiros na súa totalidade.
Cadro 5: Evolución do saldo orzamentario. Previsións iniciais.
Concepto 2010 2011 2012 2013 Variación
(+) Operacións non financeiras -2.045.000,00 4.403.799,00 995.000,00 770.000,00 -22,61%
(+) Operacións activos financeiros 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00%
I. Resultado do exercicio -2.045.000,00 4.403.799,00 995.000,00 770.000,00 -22,61%
II. Variación neta pasivos financeiros 2.045.000,00 2.045.000,00 -995.000,00 -770.000,00 -22,61%
Saldo orzamentario do exercicio (I + II) 0,00 6.448.799,00 0,00 0,00 0,00%
III.2 LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO
III.2.1 LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO DE INGRESOS
A liquidación do Orzamento de Ingresos recóllese no seguinte cadro:
Cadro 6: Liquidación do orzamento de ingresos
Capítulo
Previsións orzamentarias
iniciais
Modificacións previsións orzamentarias
Previsións orzamentarias
definitivas
Dereitos recoñecidos
Dereitos anulados
Dereitos recoñecidos
netos
Recadación neta
Dereitos pendentes
de cobro 1 Impostos directos. 9.718.000,00 0,00 9.718.000,00 9.668.672,46 288.068,01 9.380.604,45 8.449.980,69 930.623,76 2 Impostos indirectos. 550.000,00 0,00 550.000,00 415.915,74 44.501,10 371.414,64 336.393,70 35.020,94 3 Taxas e outros
ingresos. 4.251.770,00 440.413,07 4.692.183,07 5.095.246,70 76.446,80 5.018.799,90 4.772.712,98 246.086,92 4 Transferencia
correntes. 7.997.265,00 1.095.142,24 9.092.407,24 9.817.311,67 212.239,57 9.605.072,10 9.519.999,11 85.072,99 5 Ingresos
patrimoniais. 355.100,00 0,00 355.100,00 229.101,06 231,52 228.869,54 147.934,06 80.935,48 6 Alleamento de
investimentos reais. 600,00 211.711,10 212.311,10 15.955,34 0,00 15.955,34 15.955,34 0,00 7 Transferencias de
capital. 2.186.650,00 294.979,66 2.481.629,66 640.513,03 0,00 640.513,03 572.242,67 68.270,36 8 Activos financeiros. 40.000,00 158.328,17 198.328,17 15.010,35 0,00 15.010,35 15.010,35 0,00
9 Pasivos financeiros. 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00
Total xeral 25.099.385,00 2.200.574,24 27.299.959,24 25.897.726,35 621.487,00 25.276.239,35 23.830.228,90 1.446.010,45
A evolución dos ingresos liquidados en 2013 con relación ao ano anterior, así como a relevancia de cada fonte de financiamento sobre o total, e os índices de liquidación das previsións definitivas de ingresos e de recadación de dereitos liquidados, amosan os resultados que se recollen a continuación:
Cadro 7: Evolución dos ingresos liquidados sobre o exercicio anterior
Capítulo
Dereitos Recoñecidos Netos
2012
Dereitos Recoñecidos Netos
2013
Variación con relación ao ano
anterior (DRN 2013-DRN 2012)/DRN 2012
Importancia relativa de cada
cap (DRN cap/DRN totais
Índice de liquidación de dereitos (DRN 2013/prev
definit)
Índice de recadación de
dereitos (recadación neta
2013/DRN)
1 Impostos directos. 9.094.442,32 9.380.604,45 3,15% 37,11% 96,53% 90,08%
2 Impostos indirectos. 418.317,17 371.414,64 -11,21% 1,47% 67,53% 90,57%
3 Taxas e outros
ingresos. 4.548.909,89 5.018.799,90 10,33% 19,86% 106,96% 95,10%
4 Transferencia correntes. 7.522.871,46 9.605.072,10 27,68% 38,00% 105,64% 99,11%
5 Ingresos patrimoniais. 201.442,59 228.869,54 13,62% 0,91% 64,45% 64,64%
6 Alleamento de
investimentos reais. 128.225,04 15.955,34 -87,56% 0,06% 7,52% 100,00%
7 Transferencias de
capital. 772.700,39 640.513,03 -17,11% 2,53% 25,81% 89,34%
8 Activos financeiros. 15.360,35 15.010,35 -2,28% 0,06% 7,57% 100,00%
9 Pasivos financeiros. 931.721,87 0,00 -100,00% 0,00% 0,00% 0,00%
TOTAL 23.633.991,08 25.276.239,35 6,95% 100,00% 92,59% 94,28%
Con relación ao ano anterior o incremento cun maior peso relativo prodúcese nas transferencias
correntes recibidas doutras administracións, onde os dereitos recoñecidos incrementáronse nun 27,68%. Sube así mesmo a liquidación dos impostos directos, motivada polo mellor comportamento do IBI debido ao incremento legal dos tipos de gravame do imposto, cunha suba do 4,67% do IBI de natureza urbana; tamén o IIVTNU tivo unha mellora, neste caso do 13,87%.
Nas taxas o incremento prodúcese nas relativas á prestación de servizos e nas motivadas pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público.
Gráfico 1: Importancia relativa dos capítulos de ingresos
Os ingresos proveñen maioritariamente de impostos directos e das transferencias correntes.
O índice de liquidación de dereitos do concello, que acadou o 92,59%, é superior á media dos concellos do seu mesmo tramo de poboación provincial, galego e estatal (do 79,12%, 84,31% e do 87,20%, respectivamente).
A evolución das previsións de ingresos, dereitos recoñecidos netos e índices de realización e recadación de dereitos reflíctese no seguinte cadro:
Cadro 8: Evolución dos ingresos liquidados Ano Previsións orzamentarias
definitivas
Dereitos recoñecidos
netos Recadación neta % de realización de dereitos
% de recadación de dereitos recoñecidos
2010 40.507.482,54 27.166.356,72 26.392.482,43 67,07% 97,15%
2011 36.848.569,70 24.339.345,30 23.075.523,11 66,05% 94,81%
2012 29.585.135,71 23.633.991,08 22.091.045,38 79,88% 93,47%
2013 27.299.959,24 25.276.239,35 23.830.228,90 92,59% 94,28%
Finalmente, o cadro seguinte recolle os principais indicadores do orzamento de ingresos:
Cadro 9: Indicadores do orzamento de ingresos. Evolución e comparación con concellos no mesmo tramo de poboación
Indicador Ámbito 2010 2011 2012 2013
Execución orzamento ingresos Oleiros 67,59% 65,10% 79,88% 92,59%
DRN/Previsións ingresos
Media A Coruña 70,87% 69,23% 83,47% 79,12%
Media Galicia 71,04% 70,90% 88,16% 84,31%
Media nacional 68,80% 71,45% 90,98% 87,20%
Autonomía Oleiros 68,67% 74,26% 88,94% 89,31%
DRN (Capítulos 1,2,3,5,6 e 8)+ transferencias recibidas /DRN
Media A Coruña 67,17% 78,25% 81,43% 85,95%
Media Galicia 64,58% 75,27% 77,46% 83,44%
Media nacional 65,25% 76,34% 70,35% 83,04%
Autonomía fiscal Oleiros 39,31% 43,33% 51,52% 50,56%
DRN tributarios/DRN
Media A Coruña 41,32% 47,81% 49,36% 50,94%
Media Galicia 37,75% 43,90% 45,86% 47,58%
Media nacional 42,17% 49,46% 46,35% 54,27%
Índice de dependencia das subvencións recibidas Oleiros 30,75% 16,67% 7,12% 10,69%
DRN Capítulos 4 e 7/DRN
Media A Coruña 28,43% 18,21% 14,35% 12,27%
Media Galicia 31,38% 19,63% 14,57% 12,98%
Media nacional 24,68% 16,02% 11,13% 11,44%
Realización dos cobros Oleiros 94,16% 95,11% 93,47% 94,28%
Recadación neta/DRN
Media A Coruña 91,58% 90,55% 90,69% 92,74%
Media Galicia 91,99% 91,06% 91,50% 93,33%
Media nacional 79,02% 79,36% 82,68% 82,99%
Obsérvase que o concello de Oleiros presenta un índice de realización dos cobramentos lixeiramente superior á media da provincia e de Galicia, superando amplamente a media estatal.
Esta comparativa indica tamén que presenta un cociente de autonomía por encima dos outros ámbitos. Os recursos de orixe tributaria son superiores á media autonómica, similares á provincial e inferiores á media estatal. O índice de dependencia dos recursos procedentes doutras administracións é inferior ás outras medias revisadas.
III.2.2. LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO DE GASTOS
A liquidación do orzamento de gastos reflíctese no seguinte cadro:
Cadro 10: Liquidación do orzamento de gastos
Capítulo Créditos iniciais
Modificación créditos
Créditos definitivos
Gastos comprometidos
Obrigas recoñecidas
2013
Pagos Obrigas pendentes
Remanentes crédito 1 Gastos de persoal. 8.698.894,00 150.139,67 8.849.033,67 7.907.556,09 7.907.556,09 7.905.556,09 2.000,00 941.477,58 2 Gasto corrente en
bens e servizos. 10.859.860,00 498.525,39 11.358.385,39 9.921.844,41 9.561.094,25 8.855.401,40 705.692,85 1.797.291,14
3 Gastos financeiros. 561.120,00 0,00 561.120,00 326.783,49 326.733,17 326.733,17 0,00 234.386,83
4 Transferencias
correntes. 843.161,00 413.595,99 1.256.756,99 1.150.911,87 1.125.732,62 1.047.411,74 78.320,88 131.024,37
6 Investimentos reais. 3.326.350,00 1.133.513,19 4.459.863,19 2.785.453,39 2.409.981,59 2.086.527,66 323.453,93 2.049.881,60
8 Activos financeiros. 40.000,00 4.800,00 44.800,00 23.800,00 23.800,00 23.800,00 0,00 21.000,00
9 Pasivos financeiros. 770.000,00 0,00 770.000,00 769.570,68 769.570,68 769.570,68 0,00 429,32
Total xeral 25.099.385,00 2.200.574,24 27.299.959,24 22.885.919,93 22.124.468,40 21.015.000,74 1.109.467,66 5.175.490,84
Os créditos iniciais dos orzamentos correspondentes ao exercicio 2013 supoñen un incremento do 12, 73% sobre as obrigas recoñecidas no ano anterior. Sen embargo nos capítulos 3, 6 e 8, as obrigacións recoñecidas só estiveron entre o 53% e 58% dos créditos definitivos do exercicio;
especialmente relevante é o caso do capítulo 6 Investimentos reais, cunha importancia relativa do 16% dos créditos definitivos do exercicio, que foi obxecto dunha modificación orzamentaria que incrementou un 34% os seus créditos iniciais e só acadou unha execución do 54%.
A importancia relativa de cada tipo de gasto sobre o total, a súa evolución con relación ao ano anterior e os índices de execución e pago das obrigacións son os seguintes:
Cadro 11: Evolución dos gastos liquidados sobre o exercicio anterior Capítulo
Obrigas recoñecidas
2012
Obrigas recoñecidas
2013
Importancia de cada cap: OR capítulo/total OR
Variación das OR 2013 con relación ás OR 2012
Índice de execución orzamentaria
Índice de pago das obrigas
1 Gastos de persoal. 7.314.276,78 7.907.556,09 35,74% 8,11% 89,36% 99,97%
2 Gasto corrente en bens e
servizos. 10.006.598,96 9.561.094,25 43,22% -4,45% 84,18% 92,62%
3 Gastos financeiros. 161.434,07 326.733,17 1,48% 102,39% 58,23% 100,00%
4 Transferencias correntes. 1.098.503,97 1.125.732,62 5,09% 2,48% 89,57% 93,04%
6 Investimentos reais. 2.848.773,97 2.409.981,59 10,89% -15,40% 54,04% 86,58%
7 Transferencias de capital. 48.681,98 0,00 0,00% -100,00% 0,00% 0,00%
8 Activos financeiros. 16.985,08 23.800,00 0,11% 40,12% 53,13% 100,00%
9 Pasivos financeiros. 769.570,68 769.570,68 3,48% 0,00% 99,94% 100,00%
Total xeral 22.264.825,49 22.124.468,40 100,00% -0,63% 81,04% 94,99%
En termos globais as obrigacións recoñecidas no exercicio practicamente non variaron respecto ás do ano anterior. En termos relativos os principais aumentos producíronse nos capítulos 1- Gastos de persoal e 3-Gastos financeiros que representan entre os dous o 37,22% das
obrigacións recoñecidas no exercicio. Tamén se produciron subas nas transferencias correntes e nos activos financeiros aínda que a súa importancia relativa é menor.
Gráfico 2: Importancia relativa dos capítulos de gasto
Se analizamos a composición do gasto e o comparamos cos restantes concellos do mesmo tramo de poboación, resulta o seguinte:
Cadro 12: Evolución dos tipos de gasto e comparación con concellos no mesmo tramo de poboación
Tipo de gasto Nivel 2010 2011 2012 2013
Gastos de funcionamento (Capítulos I e II)
Estado 61,74% 67,73% 71,48% 72,46%
Galicia 64,81% 67,90% 75,41% 72,90%
Oleiros 61,16% 67,97% 77,79% 78,96%
Transferencias e subvencións (Capítulos IV e VII)
Estado 8,71% 8,86% 9,12% 9,10%
Galicia 5,33% 5,63% 5,37% 6,16%
Oleiros 10,17% 8,11% 5,15% 5,09%
Investimentos reais (Capítulo VI)
Estado 22,82% 16,38% 9,26% 7,41%
Galicia 25,74% 21,32% 12,29% 13,56%
Oleiros 25,76% 20,14% 12,79% 10,89%
Operacións financeiras (Capítulos III, VIII e IX)
Estado 6,73% 7,03% 10,13% 11,03%
Galicia 4,12% 5,14% 6,93% 7,38%
Oleiros 2,91% 3,78% 4,26% 5,06%
Un 78,96% dos gastos totais son gastos de funcionamento (gasto corrente en bens e servizos e en menor medida gastos de persoal), porcentaxe superior á media de Galicia e á media estatal. O gasto en transferencias e subvencións e as operacións financeiras, que representan cada un pouco máis do 5% das obrigas do exercicio, son inferiores ás medias de referencia; pola súa parte os investimentos reais co 10,89% son superiores á media do Estado e inferiores á de
Galicia.
Finalmente, o seguinte cadro recolle os principais indicadores do orzamento de gastos do Concello de Oleiros:
Cadro 13: Indicadores do orzamento de gastos. Evolución e comparación con concellos no mesmo tramo de poboación
Indicador Ámbito 2010 2011 2012 2013
Execución orzamento gastos Oleiros 69,68% 79,50% 75,26% 81,04%
ORN/Créditos definitivos
Media A Coruña 69,96% 77,01% 75,73% 79,20%
Media Galicia 72,09% 79,34% 78,22% 82,81%
Media nacional 69,47% 75,17% 75,74% 79,89%
Índice gastos persoal Oleiros 37,90% 38,55% 35,18% 33,75%
ORN Capitulo 1/DRN 1 a 5
Media A Coruña 37,13% 35,39% 30,40% 32,39%
Media Galicia 42,98% 40,86% 34,95% 35,99%
Media nacional 41,96% 41,79% 36,81% 36,52%
Esforzo investidor Oleiros 25,76% 20,14% 13,01% 10,89%
ORN Capítulo 6 e 7/ORN
Media A Coruña 26,25% 21,58% 14,21% 13,97%
Media Galicia 25,95% 20,83% 13,08% 14,65%
Media nacional 22,56% 16,19% 9,50% 7,96%
Carga financeira exercicio Oleiros 3,84% 4,57% 4,48% 4,68%
ORN Capítulos 3 e 9/DRN 1 a 5
Media A Coruña 4,73% 5,49% 5,91% 6,66%
Media Galicia 5,47% 5,95% 7,15% 7,56%
Media nacional 8,00% 7,60% 9,44% 9,96%
Realización dos pagos Oleiros 83,47% 87,78% 83,18% 94,99%
Pagos líquidos/ORN
Media A Coruña 87,25% 88,13% 86,41% 90,56%
Media Galicia 85,16% 86,43% 88,00% 90,60%
Media nacional 77,24% 76,71% 82,29% 86,16%
Quedan sen executar 5.175,49 miles de euros de créditos definitivos, resultando un grao de execución do orzamento do 81,04%, que é superior ás medias provincial e estatal e a súa porcentaxe de realización dos pagamentos é tamén superior a todas as medias consideradas. O gasto de persoal situase por debaixo das medias autonómica e estatal; o esforzo investidor é inferior á media provincial e á media autonómica; e a carga financeira do exercicio é inferior a todas as medias referenciadas.
III.3 RESULTADO ORZAMENTARIO
O resultado orzamentario que consta na Conta Xeral presentada, e cuxas cifras coinciden coa liquidación, é o seguinte:
Cadro 14: Resultado orzamentario do exercicio
Conceptos Dereitos
recoñecidos netos
Obrigas
recoñecidas netas Axustes Resultado orzamentario
I. Operacións non financeiras 25.261.229,00 21.331.097,72 --- 3.930.131,28
II. Activos financeiros 15.010,35 23.800,00 --- -8.789,65
III. Pasivos financeiros 0,00 769.570,68 --- -769.570,68
RDO. ORZAMENTARIO EXERCICIO (I+II+III) 25.276.239,35 22.124.468,40 --- 3.151.770,95 IV. Créditos gastados financiados con remanentes de
tesourería para gastos xerais --- --- 91.750,00 ---
V. Desviacións de financiamento negativas do exercicio --- --- 1.524.550,58 --- VI. Desviacións de financiamento positivas do exercicio --- --- 282.480,10 --- RDO. ORZAMENTARIO AXUSTADO (I+II+III+IV+V-VI) --- --- --- 4.485.591,43
Debe terse en conta a evolución do saldo da conta 413 (acredores por operacións pendentes de aplicar a orzamento), que se reduce en 13,08 miles de euros durante o ano 2013. Polo tanto, para unha correcta valoración do resultado orzamentario, este debería incrementarse como mínimo nesa contía ao tratarse de gastos que corresponden a exercicios anteriores que se imputan ao exercicio corrente.
Por outro lado, ao analizar os recoñecementos extraxudiciais de créditos (REC) do ano 2013, que ascenderon a 1.239,93 miles de euros, comprobouse que se trata de gastos de exercicios anteriores que se imputan ao actual. Algúns deles non se contabilizaron na conta 413 a 31 de decembro de 2012, que tiña un saldo de 13,23 miles de euros nesa data, ao non ser esixibles por non se ter presentado a factura no rexistro xeral de entrada do concello ata o ano 2013; algo semellante sucede no exercicio 2014 no que se recoñeceron extraxudicialmente créditos por importe de 610,63 miles de euros, presentando a conta 413 un saldo 0,24 miles de euros ao 31 de decembro de 2013.1
No caso dos REC sempre se debería ter en conta que, aínda que non formen parte do calculo do resultado orzamentario, si producen unha alteración no mesmo no caso das imputacións ao exercicio corrente de gastos de exercicios anteriores ou cando se imputan gastos do exercicio corrente ao exercicio seguinte.2
A evolución do resultado orzamentario nos últimos anos recóllese a continuación:
1 Parágrafo modificado no trámite de alegacións
2 Parágrafo modificado no trámite de alegacións
Cadro 15: Evolución do resultado orzamentario
CONCEPTO 2010 2011 2012 2013
a. Aforro Bruto (saldo de operacións correntes) 1.192.816,41 1.635.118,78 3.205.169,65 5.683.644,50 b. Outras operacións non financeiras -1.571.900,78 -3.700.770,76 -1.996.530,52 -1.753.513,22 I. Superávit/Déficit non financeiro (Total operacións non financeiras (a+b) -379.084,37 -2.065.651,98 1.208.639,13 3.930.131,28
II. Activos financeiros 6.931,93 6.400,42 -1.624,73 -8.789,65
III. Variación neta de endebedamento (Pasivos financeiros) -534.994,58 1.465.058,89 162.151,19 -769.570,68 RDO. ORZAMENTARIO. EXERCICIO (I+II+III) -907.147,02 -594.192,67 1.369.165,59 3.151.770,95 IV. Créditos gastados financiados con remanentes de tesourería para gastos xerais 1.496.896,33 1.450.363,77 1.216.983,57 91.750,00 V. Desviacións de financiamento negativas do exercicio 3.192.412,55 3.007.923,86 1.674.095,22 1.524.550,58 VI. Desviacións de financiamento positivas do exercicio 1.884.268,05 1.052.269,25 216.538,79 282.480,10 RDO. ORZAMENTARIO AXUSTADO (I+II+III+IV+V-VI) 1.897.893,81 2.811.825,71 4.043.705,59 4.485.591,43
Aforro Bruto
O aforro bruto representa o importe que resulta de descontar os gastos correntes dos ingresos correntes (capítulos 1 a 5 en ambos os casos), podendo destinarse ao financiamento doutro tipo de gasto. Neste exercicio, dedícanse 1.753,5 miles de euros a financiar parte dos investimentos reais (capítulo 6). En definitiva, e como se reflicte nos dous cadros anteriores, hai un superávit non financeiro de 3.930,13 miles de euros, dos que 8,79 miles de euros empréganse en activos financeiros e 769,57 miles de euros na redución do endebedamento. O saldo positivo resultante, unido aos créditos gastados e financiados co remanente de tesourería e ás desviacións de financiamento, dá como resultado unha capacidade de financiamento de 4.485,59 miles de euros. Esta capacidade de financiamento vense incrementando nos últimos 4 exercicios tal como se amosa no seguinte gráfico:
Gráfico 3: Evolución do aforro bruto e magnitudes vinculadas
III.4. REMANENTE DE TESOURERÍA
O remanente que figura na Conta Xeral presentada e que inclúe o relativo aos exercicios 2012 e 2013 é o seguinte:
Cadro 16: Remanente de tesourería do exercicio actual e anterior
Concepto 2012 2013
1. Fondos líquidos 3.687.343,05 3.514.432,92
2. Dereitos pendentes de cobramento 10.886.164,17 11.301.320,97
(+) Do orzamento corrente 1.542.945,70 1.446.010,45
(+) De orzamentos pechados 7.785.637,25 8.130.915,46
(+) De operacións non orzamentarias 1.660.388,87 1.755.068,82
(-) Cobramentos pendentes de aplicación definitiva 102.807,65 30.673,76
3. Obrigacións pendentes de pago 5.503.664,60 2.708.134,91
(+) Do orzamento corrente 3.744.437,40 1.109.467,66
(+) De orzamentos pechados 217.453,61 3.348,84
(+) De operacións non orzamentarias 1.874.001,92 1.922.631,54
(-) Pagos pendentes de aplicación definitiva 332.228,33 327.313,13
I. Remanente de tesourería total (1+2-3) 9.069.842,62 12.107.618,98
II. Saldos de dubidoso cobramento 5.937.727,18 6.658.716,50
III. Exceso de financiamento afectado 35.780,61 51.559,54
IV. Remanente de tesourería para gastos xerais (I – II – III) 3.096.334,83 5.397.342,94
O incremento respecto ao remanente de tesourería do ano anterior atópanse basicamente na redución das obrigacións pendentes de pago, tanto do orzamento corrente como de exercicios pechados, que se cancelaron mediante pagos, en ningún caso por prescrición.
Debe terse en conta ademais que, de acordo co saldo da conta 413, hai obrigas pendentes de imputar a orzamento por importe de 0,24 miles de euros. Polo tanto, o remanente de tesourería total sería inferior ao declarado nesa contía. Así mesmo, na revisión do cálculo dos saldos de dubidoso cobro de acordo coas previsións do artigo 193 bis do TRLFL, apréciase unha menor dotación nas contas anuais que daría lugar a un axuste de 12,16 miles de euros.
Cadro 17: Axustes ao remanente de tesourería
Axustes no cálculo do remanente de tesourería
Remanente de tesourería para gastos xerais declarado 12.107.378,63
Saldos de dubidoso cobro 6.670.876,62
Exceso de financiamento afectado 51.559,54
Remanente de tesourería para gastos xerais tras axustes 5.384.942,47
Por último, a comparación do remanente de tesourería para gastos xerais declarado do concello de Oleiros co resto de concellos do seu mesmo tramo de poboación no ámbito provincial, de Galicia e do Estado, pon de manifesto que, como se reflicte no seguinte cadro, é superior á media dos mesmos.
Cadro 18: Comparación do Remanente de tesourería para gastos xerais
Remanente de tesourería para gastos xerais de concellos entre 20.001 e 50.000 habitantes Importe medio
Oleiros 5.397.342,94
A Coruña 4.611.094,64
Galicia 2.398.674,80
Estado 2.415.727,63
III.5. INDICADORES DAS MAGNITUDES ORZAMENTARIAS
En relación ao resultado orzamentario e ao remanente de tesourería, calculáronse os seguintes indicadores:
Cadro 19: Indicadores magnitudes orzamentarias
Indicador Ámbito 2010 2011 2012 2013
Índice de aforro bruto Oleiros 3,22% 6,31% 10,64% 19,25%
(DRN cap 1 a 5 excepto 35, 396 e 397-ORN cap 1 a 4)*100/DRN cap 1 a 5 agás 35, 396 e 397
Media A Coruña 6,84% 10,75% 14,72% 14,92%
Media Galicia 5,92% 9,08% 13,98% 15,43%
Media nacional 6,66% 8,26% 13,52% 17,75%
Índice de aforro bruto non financeiro Oleiros 3,92% 6,81% 11,42% 20,64%
(DRN cap 1 a 5 excepto 35, 396 e 397-ORN cap 1,2 e 4)*100/DRN cap 1 a 5 agás 35, 396 e 397
Media A Coruña 7,59% 11,70% 15,85% 16,03%
Media Galicia 6,71% 10,16% 15,39% 17,08%
Media nacional 8,17% 10,19% 16,17% 20,54%
Superávit/déficit por habitante Oleiros 56,57% 82,38% 117,60% 130,13%
Resultado orzamentario axustado/Nº de habitantes
Media A Coruña 53,48% 80,79% 105,60% 64,90%
Media Galicia 21,61% 48,14% 100,79% 63,21%
Media nacional 21,57% 44,27% 231,11% 115,03%
Contribución do orzamento ao remanente de tesourería Oleiros 0,74% 2,86% 1,31% 0,83%
Resultado orzamentario axustado/Remanente de tesourería para gastos xerais
Media A Coruña 5,82% 0,81% 3,02% 2,60%
Media Galicia 3,60% 0,87% 1,71% 1,66%
Media nacional 1,76% 2,60% 1,63% 1,22%
Remanente por ingresos correntes Oleiros 0,07% 0,03% 0,15% 0,23%
(Remanente de tesourería para gastos xerais-saldo413)/DRN (cap 1 a 5, agás 35,396 e 397)
Media A Coruña 0,09% 0,05% 0,19% 0,19%
Media Galicia -0,11% -0,15% 0,04% 0,07%
Media nacional -0,14% -0,17% 0,04% 0,05%
Índice de debedores de dubidoso cobro Oleiros 54,62% 53,71% 54,54% 58,92%
Saldos de dubidoso cobro*100/Debedores pendentes de cobro
Media A Coruña -166,60% 52,07% 39,24% 43,40%
Media Galicia -61,76% 55,38% 48,20% 60,19%
Media nacional 16,26% 25,30% 32,54% 41,69%
Como se pode apreciar nos indicadores calculados, os índices de aforro bruto, aforro bruto non financeiro e superávit por habitante do concello de Oleiros son superiores ás medias provincial, galega e do Estado, ao igual que o remanente por ingresos correntes.
O índice de debedores de dubidoso cobro, que reflicte a porcentaxe que representan os debedores de dubidoso cobro sobre o total de debedores pendentes de cobro, é superior á media provincial e estatal e moi próxima á media de Galicia.
III.6 CONTABILIDADE FINANCEIRA
O Concello ten implantado o modelo normal da Instrución de Contabilidade para Entidades Locais, aprobado por Orde do Ministerio de Economía e Facenda do 23 de novembro do 2004.
As contas anuais comprenden o Balance, a Conta do resultado económico-patrimonial, o Estado de liquidación do orzamento e a Memoria.
O concello de Oleiros remite ao Consello de Contas o libro diario de contabilidade financeira e a partir do mesmo elabóranse os estados contables, que coinciden cos achegados.
Sen embargo, na súa aplicación efectiva detectáronse os seguintes feitos de relevancia:
Inventario
O Concello dispón dun inventario de bens e dereitos aprobado polo pleno, que se aproba cada 4 anos, coa renovación da corporación, pero non está actualizado nin inclúe todos os bens da entidade, nin está correctamente contabilizado.
A falta de vinculación das aplicacións informáticas de contabilidade e inventario de bens de Secretaría impide o seguimento e actualización contable dos bens que forman parte do inventario municipal. Por este motivo, non consta na contabilidade municipal o valor de adquisición individualizado de cada elemento de inmobilizado, fóra das parcelas do Patrimonio Municipal do solo.
Por tanto, a amortización calcúlase aplicando as porcentaxes máximas fiscais estipulados no Imposto de Sociedades ao incremento anual de saldo sufrido por cada unha das contas de inmobilizado.
Antigüidade de saldos
Téñense realizado varias depuracións de saldos pero sen unha periodicidade determinada. A primeira delas, o 27/04/2012, con motivo de acollerse o concello ao primeiro mecanismo de pago a provedores, afectaba só a obrigacións pero non a dereitos: incluíu facturas rexistradas pendentes de aprobar, devolucións de ingresos acordadas pero non pagadas, obrigacións non orzamentarias non pagadas ou extinción de obrigacións por coincidencia de acredor e debedor.
En 2013 traspásanse saldos ficticios de diversas contas de contabilidade financeira á conta 100 Patrimonio. Ata o 4/12/2014 non se realiza unha depuración dos saldos de determinados dereitos recoñecidos, por motivos de duplicidade e prescrición. Por último, o 14/3/2016 faise outra depuración de saldos contables que se arrastraban de anos anteriores.
A 31/12/2013 figuran contabilizados saldos de dereitos pendentes de cobro de exercicios pechados por 8.130.915,46 euros, dos cales 6.440.181,21 euros son anteriores ao 31/12/2009.
Con todo, o saldo de obrigacións pendentes de pago de exercicios pechados é moito menor, de 3.348,84 euros, dos cales 3.080,14 euros son anteriores ao 31/12/2009.