• No se han encontrado resultados

2015 -2016

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "2015 -2016"

Copied!
40
0
0

Texto completo

(1)

MEMORIA DA BIBLIOTECA DA FACULTADE DE FORMACIÓN DO PROFESORADO (LUGO)

2015 -2016

(2)

2

Índice

Páxina

1. Introdución 3

2. Instalacións e equipamento 4

3. Persoal 7

4. Orzamento 10

4.1 Adquisicións 11

5. Xestión da colección 14

5.1 Procesos técnicos 15

5.2 expurgo e descarte 16

5.3 Reconto anual 16

6. Servizos 17

7. Formación 19

8. Extensión. Actividades 23

9. Conclusión. Propostas 27

(3)

3

1.Introdución

Como introdución a esta memoria queremos resaltar que non se presentou ningunha desde o ano 2009, polo que debería recoller todas as novas e acontecementos acaídos na BU e na biblioteca deste centro desde esa data.

Desde outubro do ano 2010 ata setembro do ano 2014, a dirección da biblioteca estivo ocupada en comisión de servizos por lo bibliotecario José Manuel Couso, procedente da Biblioteca Intercentros substituíndo a Directora titular que pasou a ocupar o posto de Vicexerenta do Campus de Lugo nese período de tempo.

Esta memoria, cubre os curso 2015-2016, aínda que non se poden aportar todos os datos do ano 2016 por estar sen rematar, pero cumpre facelo agora xa que coincide co remate da vida laboral da directora titular e se pretende que quede reflectido neste documento o estado da biblioteca actualmente, datos significativos sobre os recursos, servizos e accións levadas a cabo nestes case dous anos.

Destácamos no conxunto da Biblioteca Universitaria en Xeral, os recorte significativo no orzamento destinado a adquisicións de recursos bibliográficos e a análise e optimización na adquisición de revistas, pero tamén son importantes os avances en novos recursos de acceso a información e servizos da BUSC. Unha nova Web mellor organizada, os novos produtos: PreLo ( préstamo de libros electrónicos). Minerva (repositorio institucional), a contribución para o crecemento da Plataforma Dialnet e o compromiso para a defensa do Acceso Aberto.

(4)

4 E importante tamén destacar os pasos que se deron desde a BU para abrir espazo nas redes sociais: O Blog Fonseca, Pinterest ( novidades), canal de Youtube, Conta Facebook, Twitter … que contribuíron a facernos moito mais visibles.

2.Instalacións e equipamentos

Nestes últimos anos vimos acomodando espazos e mobiliario as novas tendencias da era dixital , así fóronse substituíndo as mesas de estudo por mesas con conexións eléctricas para o uso de equipos informáticos aproveitando tamén a extensión da rede Wifi da USC. A Sala de lectura que contén o fondo mais actual ordenado por areas de coñecemento e en libre acceso conta con 74 postos .

(5)

5 Imaxe 1 Sala de lectura

Tamén foi acondicionada unha pequena sala para traballo en grupo de 8 postos

Imaxe 2. Pequena sala de traballo en grupo

Por mor de que as novas titulacións de Grao esixen metodoloxías docentes mais activas e colaborativas, adquirindo grande importancia a elaboración de traballos en grupo e que moitas das fontes de información son consultables a través de Internet, acondicionáronse espazos baleiros con postos de traballo, así ocorre có aproveitamento dos vestíbulos da segunda planta, sumando 33 postos con conexións eléctricas e rede Wifi

(6)

6 Imaxe 3 Posos de traballo nos vestíbulos

Tamén a antiga aula de plástica situada no soto, pasou a converterse noutro espazo ou sala de traballo en grupo, dotouse de algún equipo que se puido aproveitar e mobiliario novo. Esta sala conta con 50 postos

Imaxe 4 Sala de traballo en grupo no soto

Por último a Sala de Investigación que acolle o fondo bibliográfico antigo, anterior a 1959, ten novas funcións. Nesta sala asentábase tamén o posto de traballo da dirección da biblioteca. Desde fai 2 anos é unha sala compartida Sala de Graos - Sala de Investigación con acceso restrinxido para a consulta dos fondos nela depositados, contando con 18 postos.

(7)

7 Imaxe 5 Sala de Investigación e Graos

Outros espazos da biblioteca

Depósito de monografías situado no soto, alberga o fondo que se expurga da sala de lectura por obsoleto ou de pouco uso.

Depósito de Revistas, situado na baixa cuberta, alberga as revistas pechadas e o fondo anterior a 2 anos das abertas, ase como o material audiovisual en soportes antigos, VHS, casetes …

Imaxe 6 Depósito de revistas

En canto ó equipamento, fóronse renovando todos os equipos de traballo ou adaptándoos a nova versión de Windows.

(8)

8

3.Persoal

O longo destes dous anos producíronse algunhas incidencias motivadas por baixas IL afectando en certa medida ao desenvolvemento do traballo, non así no servizo aos usuarios, dado que é prioritario, procurouse que a atención aos mesmos se vira afectada o menos posible.

Destacar que a directora despois de catro anos de dedicación a xestión universitaria como Vicexerenta do Campus de Lugo, incorporouse de novo ó seu posto en setembro do 2014, e que un dos auxiliares, Luis Blanco Rivadulla que estivo liberado por actividade sindical desde o 2009, incorporouse de novo a esta biblioteca en outubro do ano que andamos.

Co tempo, o persoal foi adquirindo unha especialización baseada nas tarefas encomendadas.

Así Luz Bermúdez (auxiliar de quenda de mañá) vense facendo cargo dos procesos que supoñen o tratamento de monografías: catalogación, analíticas e autoridades, así como da reorganización física e temática da colección. Destacar o espléndido traballo feito na reorganización do depósito de Revistas e a actualización dos rexistros de autoridade do PDI desta facultade.

Ana Rodríguez ( auxiliar de quenda de mañá) responsabilizábase do control das revistas: as novas entradas en impreso, reclamacións, control dos accesos electrónicos, así como veu colaborando na avaliación dos cursos de Competencias Informacionais, mais outras tarefas por encargo da dirección da biblioteca. Ana cesou como persoal desta biblioteca o 30 de setembro deste ano.

Xosé Manuel Carreira ( auxiliar de quenda de tarde) é o encargado da recollida de datos, organización dos mesmos e elaboración dos informes correspondentes dos distintos campos de reconto que están establecidos nesta biblioteca: Listaxes de fondos para descartar, reconto anual da colección para detectar desaparecidos, fondos que se consultan en sala, ocupación nas distintas salas.

(9)

9 Ambos os tres auxiliares comparten a atención do Servizo de Préstamo, activación das tarxetas de lector e axuda aos estudantes.

Ó cargo da Dirección está a planificación e coordinación das tarefas de todo o persoal, o proceso de selección, adquisición e facturación dos fondos bibliográficos, a relación có profesorado para diversos temas, a relación cos órganos centrais da Biblioteca Universitaria, os cursos de formación para o alumnado e o apoio ao profesorado nas súas necesidades en canto á información e publicación.

Tamén, desde a Biblioteca Universitaria e a través da Coordinación e administración do Repositorio institucional “Minerva”, en novembro deste ano comezouse a facer o deposito dos TFG correspondentes as titulacións asentadas nesta Facultade, sendo responsable do arquivo destes traballos a Dirección da Biblioteca do Centro.

Todo o persoal realizou cursos de formación especializados tanto os propostos dentro do Plan de formación para PAS da USC como externos.

Cursos de formación recibidos:

 Publicar con impacto. El profesional de la información como asesor del investigador. SEDIC, 2014

 La Propiedad Intelectual en la era digital: implicaciones en las bibliotecas, la docencia y la investigación. SEDIC, 2016

 Bibliometría y evaluación de la ciencia. EC3metrics, 2016

 Cursos Web of Science. Fecyt, 2016

 Cursos Scopus (Elsevier). Fecyt, 2016

Cursos impartidos pola directora:

Competencias en información na contorna dixital (CIcD) para o alumnado dos graos e masters da Facultade de formación do Profesorado (Lugo). Curso 2014/2015 e 2015/2016. Os correspondentes ó cursos 2016/12017 feitos nestes primeiros meses do curso, están desenvolvéndose e aínda sen avaliar.

(10)

10 Curso de habilidades prácticas para publicar en revistas científicas:

impacto e visibilidade. Programa de Formación e Innovación Docente (PFID) da USC. CETA, 2016.

Outras actividades

A directora é membro do equipo de traballo interuniversitario UniCI2 representando á BUSC para a implantación dun Modelo común de curso básico enformación en competencias Informacionais que se ven desenvolvendo nos Graos da USC.

Membro do grupo de traballo GETALFIN, de alcance nacional dependente do Centro de Coordinación Bibliotecaria (CCB), representando a REBIUN. O resultado foi a publicación dun documento coas directrices para a integración das competencias informacionais/dixitais no currículum de todos os niveis do Sistema Educativo do pais.

A directora foi estes anos tamén coordinadora do programa de mobilidade intercontinental para PAS (Stella for staff ), pola USC.

Asistencia o Congreso Internacional ECIL 2016, Praga coa ponencia:

“Learn by doing” and “Activating the mind” key premises to acquire information skills

4.Orzamento

Desde o ano 2010 o orzamento veu sufrindo os efectos da crise cun notable recorte que afectou ó orzamento destinado á adquisición de fondos bibliográficos de toda a BUSC e por extensión a cada unha das bibliotecas da rede BUSC. Como dato indicativo no ano 2009, data da elaboración da última memoria, a biblioteca de Profesorado tiña adxudicado 12362, 93 €. Nos anos 2015 e 2016 o orzamento para a adquisición de monografías non subiu de

(11)

11 4312€ (2015), ( gastado realmente 4421 €) e 4421 € (2016), (mesma cantidade que o gastado no 2015)

No reparto interno, cumpre salientar o seguinte, ata o ano 2009, o orzamento xa viña determinado polo propio sistema e recollido logo nas estatísticas. A cantidade a repartir, dividiase en dous conceptos:

investigación e alumnos. Nesta biblioteca non se tivo en consideración esta división conceptual, nin para a xestión económica nin para facer restricións na circulación dos documentos, características que foron comunicadas ás subdireccións técnicas e Servizo da BUS no ano 2009.

Nos cremos nunha universidade investigadora, polo tanto non ten senso facer esa discriminación. Ademais a adquisición de monografías faise co orzamento da biblioteca, non cos fondos de proxectos nin de departamentos.

Todos os fondos en circulación teñen o mesmo prazo de préstamo segundo a categoría de usuarios, sendo o mais longo para o PDI, e se hai documentos moi demandados polo alumnado, soamente cambiase provisoriamente a política de préstamo. Con isto queremos dicir, que nos non temos a definición de préstamo curto ou longo inicialmente, senón segundo a demanda puntual.

En calquera caso, non apreciamos no Servizo ningunha incidencia con esta política aberta.

En canto ó orzamento destinado a gastos correntes, ultimamente dótase as biblioteca dunha cantidade mínima de 200 € para pequenos gastos urxentes. Case todas as necesidades de material de imprenta está centralizado na administración da BUSC.

4.1 Adquisicións

Con respecto ao reparto interno para a adquisición de monografías seguemos unha división natural do orzamento por número de profesores,

(12)

12 reservando unha cantidade para as suxestións ou novidades que podan vir á biblioteca e desde a mesma faise a proposta de compra.

Logo, as areas que teñen mais profesores, loxicamente teñen unha cantidade maior. En calquera caso, desde a biblioteca non saíu nunca ningún comunicado a ninguén de que non puidera propoñer algunha compra …o contrario, o longo destes dous anos enviáronse periodicamente varios comunicados a todo o profesorado para que fixesen suxestións de compra.

E certo tamén que isto debese ó cambio de tendencias tanto no profesorado como no alumnado ó utilizar moito mais o acceso á información a través de Internet.

Hai que salientar tamén que o longo destes dous anos non adquirimos ningunha monografía en formato electrónico a través de Xercode, e que os distribuidores cos que seguemos traballando pola súa eficacia, pola calidade de servizo/prezo e pola facilidade de xestión son : Librería Aguirre ( Lugo) e Librería icebe ( a Coruña )

Xestión do orzamento (Monografías ) 2015 (4312 €)

Gasto Número de títulos Prezo medio

4421€ 192 23,03 €

2016 ( 4321)

4421 € ?? 205 títulos pedidos ?? 21 € ???

Táboa I. Orzamento 2015 e 2016 para monografías

Total ingresos de monografías 2015

Compra Doazón Exemplares

192 61 448

2016

En curso En curso En curso

Taboa II. Número de títulos de monografías

(13)

13 Con respecto ás Revistas, nestes anos de crise e recortes, veuse facendo en todas as bibliotecas un estudo profundo, exhaustivo e con marxe de tempo sobre o uso real das revistas impresas que cada biblioteca tiña subscritas.

De acordo cos datos de uso e os duplicados existentes entre os campus de Lugo e Santiago, fíxose un reparto dos títulos por campus e déronse de baixa aqueles que non se tiña detectado ningún uso.

Realmente non resultou moi traumático porque case todos os títulos teñen edición electrónica e independentemente onde se atope a revista en papel, sempre se pode acceder á revista ou o número que interese a través da aplicación SFX desde o catálogo de revistas.

Títulos de revistas en papel que conservamos como subscrición, papel mais electrónico, total 19 títulos

TITULO Alambique

Aula de infantil

Aula de innovación educativa Boletín institución libre enseñanza C&e

Eufonía

Histoy of education&childrens Iber

In-fan-cia

Infancia en europa

Investigación en la escuela Organización y gestión educativa Primeras noticias

Religión y escuela

Revista complutense de educación Revista galega de educación Suma

Textos de didáctica de la lengua y la literatura Uno

Táboa III. Títulos en impreso na biblioteca

(14)

14

5.Xestión da colección

Desde o ano 2010 coa entrada de cheo no EEES, e a implantación das novas titulacións, na Facultade pasamos de ter catro diplomaturas a ter dous graos: Grao de educación Infantil, Grao en Primaria e dous master:

duas seccións do Master de Secundaria e o Master de Dirección de Actividades na Natureza (DAEN).

Estes novos plans esixían unha reorganización da colección de libre acceso na Sala de Lectura. Fíxose nese momento unha panificación para acomodar os fondos as novas materias dos graos.

Non se levou a cabo, pero acometeuse modificacións puntuais de reorganización. Tamén supuxo facer un expurgo na colección viva có obxectivo de ampliar espazo nos estantes, e os fondos considerados obsoletos ou con menos relación coas novas materias pasaron a depósito.

Nestes dous últimos anos, tampouco abordamos esta tarefa en previsión de unha modificación dos Plans de estudo.

TOTAL COLECCIÓN 26872 Sala de lectura 18001 exemplares¿?

Sala de investigación 2576 exemplares ( colección anterior a 1959).

Fondo de reserva

Depósito 6210 exemplares de fondo de monografías obsoleto e duplicado)

Depósito de revistas 316 títulos Colección pechada e números anteriores a dous anos das revistas abertas.

Todos os audiovisuais en VHS

Táboa IV. Fondos da biblioteca

(15)

15

5.1 Procesos técnicos. Novos rexistro bibliográficos

Cumpre dicir que todas as novas entradas están no catálogo, cunha media de tres a catro días desde a firma de factura, que se comunica ao profesorado as novas achegas e que sempre se poden consultar na aplicación Novidades no catálogo. Como se pode ver na Táboa II, foron catalogados 448 documentos no ano 2015, desta tarefa encárgase Luz Bermúdez, quen tamén redacta os rexistro de analíticas e de autoridades, ademais de ir readaptando a colección viva segundo o crecemento do fondo en algunhas materias novas. Este ano pola demora que existiu nas peticións e a baixa IL de Luz, este proceso vai a ir un pouco mais lento.

Ase mesmo é grande experta na elaboración de ficheiros de revisión para obter calquera dato sobre os fondos nos distintos módulos de xestión.

É de salientar o traballo feito na sección de revistas y a reorganización do novo depósito dedicado a súa custodia, que especificamos neste cadro

 Introdución das 280 revistas pechadas en arquivadores permanentes separándoas segundo criterios de agrupación por meses, anos.. etc. E etiquetando cada caixa.

 Proceso de cambio no catálogo da signatura anterior por unha nova de tipo curren.

 Recolocación das 35 revistas abertas e unificación das signaturas do catálogo.

 Realización dos listados, tanto de abertas como pechadas, por orde alfabético e por número curren.

TáboaIV. Organización da colección de revistas

(16)

16

5.2 Expurgo e descarte

Como xa se explicou, da sala de lectura foron expurgados e enviados a depósito unha serie de documentos obsoletos, sen uso e de datas antigas, sempre que non se tratase dun clásico, sempre de actualidade.

No depósito tamén se levou a cabo unha operación de descarte, de eliminación definitiva daqueles documentos que tiñamos mais de dous exemplares, co o obxectivo de facer espazo de almacenamento futuro. Esta tarefa foi realizada na súa totalidade por Xosé Manuel unha tarefa que supón un arduo traballo: elaboración da listaxe, eliminación do catálogo, recuperación de signaturas e preparación do fondo.

O número de títulos descartados foi de 379 títulos e 99 exemplares, sumando en total 478 documentos.

Procedemos á operación de descarte da seguinte forma:

 Consultouse se algunha biblioteca da BUSC non tiña algún dos documentos.

Seguidamente ofertámoslle a colección descartada ao profesorado da Facultade en concepto de doazón. Foron solicitados e levados 238 libros .

 Aproveitando o Dia do Libro, 23 de abril, organizamos unha actividade para os estudantes en conmemoración do aniversario de Cervantes, onde cada estudante podía levar un libro en doazón a cambio dunha idea. Ofertáronse 240 libros. Esta actividade explicarase con detalle no apartado de Extensión da biblioteca

 Os restos foron 10 libros que se deixaron no book crossing da Facultade.

5.3 Reconto anual da colección

Esta tarefa ten como obxectivo detectar os documentos desaparecidos na colección de libre acceso, pero ademais pódese detectar o crecemento e os movementos da mesma. Desta tarefa encárgase Xosé Manuel, un traballo pesado

(17)

17 pero do que se extrae información moi importante. Utilizamos o informe final baseado nos resultados do reconto elaborado polo responsable desta tarefa e que reflectimos no Anexo I

6..Servizos

É importante indicar a que tipoloxía e número de usuarios servimos. Neste curso 2015/2016 contamos con 860 estudantes, sumando os dous graos e os master e unha plantilla de 57 profesores e 10 PAS.

Encadramos en Servizos todos os recoñecidos pola biblioteca universitaria:

información, fotodocumentación, préstamo a domicilio, préstamo intercampus, préstamo interbibliotecario. Para o tema da Formación dedicamos un apartado específico.

Ademais, nesta biblioteca recollemos outra serie de datos que nos parecen importantes para determinar tendencias, como a consulta en sala e a ocupación de espazos.

A seguinte táboa de datos reflectimos os datos de préstamo que aporta o sistema de xestión, no módulo de circulación.

Recollemos tamén datos de uso da colección como consulta en sala do segundo semestre do curso 2015/2016, entre finais de xaneiro ata 31 de xullo deste ano.

Así como tamén o uso dos distintos espazos da biblioteca.

Circulación Curso 2014/2015

Prestamo a domicilio 9862

Prestamo intercampus 8875

Fotodocumentación 22 solicitudes

Segundo semestre do 2016

(18)

18

Consulta en sala 2281

Libros antigos 11

Libros depósito 192

Consultas nos equipo habilitados 606

Uso de espazos

Sala de lectura 4154

Sala pequena de traballo en grupo 906

Postos adaptados do vestíbulo 1709

Sala de investigación 37

Sala de traballo en grupo (soto) 1567

Non contamos con datos dos últimos anos para poder comparar e ver as tendencias á alta ou baixa do uso presencial da biblioteca, pero si contamos cos da memoria do ano 2009, onde se recollen datos de uso e ocupación correspondentes ao 2008 e 2009

Así en canto a Préstamo a domicilio, no ano 2009 contabilízase 8292 préstamos e no 2015 9862 e en canto a préstamo na BUSC de 7016 no 2009 ,son 8875 no 2016. Vemos que os fondos da biblioteca seguen tendo peso na aprendizaxe do alumnado. Tamén é salientable o préstamo que facemos a outros centros da USC, isto pode que responda tamén a que non temos os límits que teñen outras bibliotecas co préstamo curto.

Sen embargo, a consulta en sala descende, no ano 2008 sumaba por semestre 4697 libros consultados, case o dobre que no 2016, tendo en conta que aínda tiñamos diplomaturas, nin master e non chegando o número de estudantes a 550.

Sen embargo no uso da sala de lectura non hai moita diferenza 5181 usuarios no 2008 e 4150 no 2016. Agora hai que ter en conta que no ano 2008 non tiñamos salas de traballo en grupo, polo que sumando os espazos ocupados neste segundo semestre temos a cantidade de 8336 de postos ocupados.

Isto indica, que temos un alumnado que traballa de xeito distinto, que segue utilizando os fondos impresos xunto ós electrónicos pero que utilizan mais os espazos de traballo mais apropiados para traballar en grupo.

(19)

19

7.Formación

Desde a biblioteca integrase nos Graos da USC a Formación en Competencias Informacionais para os estudantes a través de cursos específicos recoñecidos pola USC e avalados polo CETA

Para os estudantes de 1º de Grao, impártese un “curso básico” con tres grandes bloques temáticos repartidos en 5 módulos de contidos cos seus obxectivos específicos.

O primeiro, orientase a aprender a utilizar os recursos e servizos da BUSC mais os básicos das TIC da USC.

O Segundo, orientase ao coñecemento da tipoloxía documental, fontes de información, a os procesos de busca e avaliación da mesma.

O terceiro, a tratar a información, facer un traballo académico cun mínimo de calidade e aprender a comunicar información en calquera dirección.

O curso está dotado dunha serie de test parciais por cada módulo e un test final, destes instrumentos obtense unha cualificación polos resultados.

Sen embargo, o impacto ou a eficacia da formación/aprendizaxe tense que ver por evidencias: como se desenvolven na biblioteca, como utilizan os recursos e servizos que tería que ser avaliado desde o servizo de préstamo

En canto a tratar a información e facer un traballo académico cun mínimo de calidade, corresponde ao profesorado cando ten que avaliar traballos: Como o planea, como organiza, que información utiliza, como a expón, se cita e redacta as referencias ou plaxia.

Compre tamén que haxa unha uniformidade de criterios para obter resultados homoxéneos e o profesorado debe esixilos.

Cos materiais e a aprendizaxe que o alumnado de 1º pode ter a través deste curso, pode aproveitalos perfectamente para o seu desenvolvemento académico ata chegar ó último curso.

No curso 2015/2016 abriuse tamén o Curso Avanzado orientado fundamentalmente a elaboración de TFG e TFM.

O curso de Competencias informacionais, Nivel básico responde ao modelo común de curso establecido polo convenio ineteruniversitario UniCI2.

(20)

20 Presentamos os datos xerais do curso impartido nas titulacións de Mestre de Infantil e Mestre de Primaria correspondente o curso 2014/2015

Resultados globais curso 2014/2015 Grao de Infantil

Alumnado matriculado na materia 110

Alumnado inscrito no curso 95

Alumnado que finaliza o curso 82

Alumnado APTO 80

Alumnado NON APTO 2

Alumnado que abandona o curso 13

Titores 1

Resultados globais curso 2014/2015 Grao de Primaria

Alumnado matriculado na materia 111

Alumnado inscrito no curso 90

Alumnado que finaliza o curso 75

Alumnado APTO 73

Alumnado NON APTO 2

Alumnado que abandona o curso 15

Titores 1

A partir do curso 2015/2016 despois de actualizar os contidos os materiais e Test, pasa a denominarse “Competencias en Información na Contorna Dixital (CIcD)” con cinco módulos, enquisas iniciais de diagnose, Test de aprendizaxe por cada módulo e Test final de avaliación.

(21)

21 Resultados globais curso 2015/2016 Grao de Mestre de Infantil

Alumnado matriculado na materia 98

Alumnado inscrito no curso 90

Alumnado que finaliza o curso 88

Alumnado APTO 85

Alumnado NON APTO 10

Alumnado que abandona o curso 8

Titores 1

Resultados globais curso 2015/2016 Grao de Mestre de Primaria

Alumnado matriculado na materia 92

Alumnado inscrito no curso 91

Alumnado que finaliza o curso 82

Alumnado APTO 82

Alumnado NON APTO 11

Alumnado que abandona o curso 11

Titores 1

No curso 2015/2016 impártese tamén o curso de “competencias en Información na contorna dixital” (CIcD). Nivel avanzado., orientado ó alumnado de 4º dos Graos e e de Master, constando de catro módulos de contidos e orientándoo principalmente á elaboración dun TFG e TFM, como traballo académico con rigor científico e calidade na forma.

Expoñemos os resultados das dúas edicións

(22)

22 Resultados globais curso 2015/2016 Master DAEN

Alumnado matriculado na materia 25

Alumnado inscrito no curso 5

Alumnado que finaliza o curso 4

Alumnado APTO 4

Alumnado NON APTO por abandono 1

Titores 1

Para o alumnado de cuarto curso, ofértase unha soa edición comprendendo as dúas titulacións xuntas, Infantil e Primaria. Ademais de incorporarse 5 alumnas do Master de secundaria.

Resultados globais curso 2015/2016 cuarto de grao e master de secundaria

Alumnado matriculado na materia 326

Alumnado inscrito no curso 18

Alumnado que finaliza o curso 17

Alumnado APTO 17

Alumnado NON APTO por abandono 1

Titores 1

Como se pode apreciar, non tivo moita aceptación a oferta deste curso, cremos que é debido a data na que se activou, a finais do mes de maio, cando o alumnado tiña xa os seus TFG e TFM moi adiantados e ademais coincidía case co final de curso.

O estado dos cursos correspondentes a 2016/ 2017, é o seguinte:

 Rematáronse os dous cursos básicos para primeiro de Infantil e Primaria, así como o Avanzado para o Master de Secundaria. Ambos están en proceso de avaliación.

 A mediados do mes de novembro actívanse dous avanzados para o alumnado de cuarto curso e para o Master DAEN.

(23)

23 Deste xeito queda rematada a formación en competencias informacionais para o curso 2016/2017.

A descrición do curso Nivel Avanzado achégase no Anexo 2

8.Extensión da biblioteca

Neste apartado incluímos todas aquelas actividades realizadas por iniciativa da biblioteca e en colaboración con outros colectivos.

1. Conmemoración do cuarto centenario da publicación da 2º parte de “el Quijote” 23 de abril do 2015, Día do Libro.

Na Biblioteca da Facultade de Formación do Profesorado (Lugo), quixemos render unha pequena homenaxe a ese personaxe cervantino.

Preparouse unha exposición con todas as edicións de “el Quijote” que forman parte dos fondos da biblioteca, ademais dalgunha outra cedida por profesores da Facultade, preparamos un vídeo con imaxes da obra e con música da época.

O longo de unha hora e media, despois de presentar a exposición, tivo lugar unha lectura pública de algún dos pasaxes, lectura que compartiron: alumnado da Facultade, profesorado, PAS e unha representación dos nenos e nenas da CEIP Anexa, acompañados da súa Directora. Informe no Anexo 3

2. Día do libro na Facultade de formación do Profesorado (Lugo) abril 2016

O día 21 de abril celebramos a nosa particular festa do “Día do Libro” e a conmemoración do IV centenario da morte de Cervantes.

(24)

24 Por iniciativa da Biblioteca da Facultade de Formación do Profesorado (Lugo) e a colaboración do profesorado de Educación Artística e Ética da Facultade: Vicente, Salvador e Bea organizamos unha actividade interactiva para conmemorar o “Día do Libro 2016 “ Denominámola,

“Un libro por unha idea”

Os colaboradores

Consistiu en que a biblioteca aportou unha colección de 250 monografías descartadas do seu fondo bibliográfico que se puxeron a dispor de quen desexase participar nun pequeno obradoiro creativo …

Facendo qué?

A tenda de libros

(25)

25 Os participantes podían seleccionar e levar en propiedade un libro a cambio de reinventar un texto e/ou ilustración de “El Quijote” realizando unha creación propia. Coas creacións de mais de 100 participantes puidemos construír un mural coas diferentes interpretacións do texto cervantino.

Os estudantes traballando

Os nosos obxectivos eran: dar unha saída más persoal á colección descartada. Darlle ao libro o valor merecido e por extensión promover a lectura, pero tamén, potenciar entre os estudantes a creatividade, a imaxinación, a capacidade de interpretar, transformar … cómo? escribindo, tachando, cortando, pegando … chegar a unha creación orixinal, A sua idea

O pegada de ideas

(26)

26 3. Exposición bibliográfica da obra de John Dewey . Setembro 2016

O día 8 de setembro as 20 h. inaugurouse na Sala de Graos e de Investigación da Facultade de Formación do Profesorado (Lugo) a exposición bibliográfica en honor a John Dewey, filosofo, psicólogo e pedagogo americano considerado unha das figuras mais representativa da pedagoxía progresista. A súa obra mais emblemática e máximo expoñente da defensa do ensino centrado no neno foi: Democracy an Education. A introduction to the Philosophy of education , Dewey significou un dos máximos mentores da escola nova e progresiva.

Esta exposición veu ligada ao “VIII Encontró Ibérico de Historia da Educación” que se celebrou na cidade de Lugo entre o 8 e 10 de setembro , encontro científico da Sociedade Española de Historia da Educación e organizado polo Profesor da USC Eugenio Otero Urtaza como Presidente do Comité Organizador e cuxo tema a debate foi a “Historia da Educación hoxe: retos, interrogantes, respostas”

Os fondos que compoñen esta exposición proveñen de diversas bibliotecas da Universidade de Santiago, fondos da Facultade de Ciencias da educación, Facultade de Filosofía, Historia, Biblioteca Concepción Arenal e Facultade de Formación do Profesorado (Lugo)

A exposición foi montada polo persoal da biblioteca da Facultade de Formación do Profesorado seguindo o esquema achegado polo profesor da USC Antón Costa Rico, promotor desta iniciativa.

Obras de Dewey traducidas ao español baixo os impulsos “republicanos”.

Democracia e Educación ( galego, portugués, francés). Edicións posteriores de textos de Dewey en español. Edición crítica e de referencia de textos de Dewey.

Estudos sobre Dewey

(27)

27

9.Conclusións

Esta memoria mais que ser representativa de dous anos de traballo e evolución da biblioteca, ven a significar o final dunha etapa que comeza no ano 1994, cunha filosofía e política definida sen afastarse das directrices marcadas pola Dirección da Biblioteca Universitaria.

Ata onde chegamos, foi froito do esforzo, dedicación e implicación de todo o persoal.

Podemos dicir que a biblioteca avanzou acadando os obxectivos que en cada momento se propuxo., ampliando espazos, mellorando a tecnoloxía e conseguindo unha colección física organizada e toda incorporada na base de datos da BUSC.

Unha biblioteca aberta non só a os seus usuarios propios, senon que prestou servizo a investigadores externos, locais , nacionais e doutros países.

Sempre se sentiu integrada na actividade académica e na vida da Facultade, e sempre foi recoñecida polos seus usuarios, profesorado, alumnado e egresados.

Pero non podemos dicir que está todo feito, unha biblioteca non termina nunca de estar reconstruíndose, nin avanzando cos tempos e as distintas necesidades.

Preguntariámonos que nos queda por facer?

En primeiro lugar axustar a colección en libre acceso as areas e materias que podan xurdir da modificación das titulacións, para ter un fondo vivo, de utilidade e ben situado nos estantes.

Revisar as bibliografías que figuran nos programas das materias. Non é posible construír o catálogo de bibliografías recomendadas porque case é imposible ligar un rexistro bibliográfico coas referencias que aparecen nalgún programa. Hai que ter en conta que estes documentos son públicos e deberían estar feitos de xeito normativo e o mais correcto posible.

Queda por rematar normalización da filiación persoal de todo o profesorado da Facultade e subscribir os identificadores, principalmente o Orcid.

(28)

28 Unha esixencia da Vicerreitoría de Investigación pero tamén para completar o catálogo de autoridades da BUSC e conseguir mellor visibilidades nas redes científicas.

Queda por mellorar a coordinación entre a formación en competencias en información que se lles oferta ó alumnado e os criterios que segue o profesorado.

Se non hai coordinación e se utilizan as mesmas directrices, só se consegue desconcerto no alumnado.

Os cursos de formación, non deben ser cuestión da colaboración dun profesor. É importante que se chegue a un compromiso por parte do centro incorporando esta transversalidade no Sistema de Calidade da Facultade, recollendo anualmente os resultados obtidos. Neste aspecto, é fundamental o diálogo e compromiso entre as coordinacións e a biblioteca.

Por último, queda que a biblioteca estea presente en algunha rede social. E a primeira debería ser Pinterest para poder estar ó tanto das novas adquisicións e ver moito mais que un rexistro bibliográfico. Acadase mais visibilidade.

Non son grandes empresas as que hai que acometer, trátase de pequenas melloras que repercutirían nun servizo de maior calidade.

Como final desta memoria, a última que de min depende, quero deixar constancia a miña gratitude a esta Facultade, que me sinto orgullosa de ter sido a directora da súa biblioteca e aínda que non foi sempre un camiño doado,as satisfaccións profesionais e mais as persoais compensaron sempre.

Carmen Varela Prado

Directora da biblioteca da Facultade de Formación do Profesorado (Lugo) Lugo a 08-novembro-2016

(29)

29

(30)

30 NOTAS DO INFORME DE RECONTO DE LIBROS DO ANO 2016.

A. TABOA DE AUMENTO DA COLECCIÓN

EXPLICACION DOS TOTAIES:

TOTAL LIBROS EN SALA: Na actualidade tendo en conta a numeración que consta en cada unha das materias teríamos 18081 en sala en libre disposición. Con respecto o ano 2015 no que había 18064, si temos en conta que hai 35 rexistros baleiros debido a ocos que quedaron nas materias despois de reestruturar os fondos da sala e de expurgo de libros que enviamos a deposito, unha vez restados estes rexistros baleiros danos unha pequena redución da colección de 18 exemplares que supón un 0,1% con respecto os fondos que había no último reconto do ano 2015.

FONDO ANTIGO: Apenas sufre variacións. Soamente se incorporaron 2 exemplares a este fondo dando un total de 2576 exemplares.

DEPOSITO: Debido a reorganización de fondos na sala e a expurgo de exemplares que se enviaron para o deposito e a un descarte realizado no deposito, este fondo ten un pequeno aumento de 40 exemplares que supón un aumento do 0,65% con respecto o último reconto do ano 2016.

TOTAL DA COLECCIÓN: Tendo en conta tódolos datos anteriores temos como resultado que os fondos desta biblioteca pasaron de 26793 a 26852 (aumento de 59). Unha vez descontados o total de rexistros baleiros que hai en cada materia (35 en total) podemos ver que os fondos desta biblioteca medraron un total de 24 exemplares o que supón un mínimo aumento da colección dun 0,090% dende o ano 2015.

B. TABOA RECONTO LIBROS DESAPARECIDOS ANO 2015.

1. O reconto de libros desaparecidos danos un total de 82 libros desaparecidos sobre un total de 18095 o que supón un 0,453% da colección que temos na sala en libre acceso. Nembargante débese ter en conta que 68

(31)

31 destes desaparecidos xa eran do reconto do ano 2015 e que deses libros apareceron 3 exemplares que estaban en despachos do profesorado.

2. Os datos reflectidos no punto anterior dannos un total de 17 libros desaparecidos neste ano 2016 (0,094%). E tendo en conta os 3 libros recuperados do ano 2015 obtemos que o aumento de desaparecidos con respecto o ano anterior e so de 14 libros sobre o total.

3. O número de libros desaparecidos e pequeno en cantidade pero hai certos aspectos que chaman a atención:

a. O número total de desaparecidos na sección de Educación, 22 en total que supón o 26,83% do total de desaparecidos aínda que en cada unha das materias de esta sección é un numero relativamente pequeno.

b. O numero de desaparecidos na materia de Didáctica da Lingua Inglesa (M-ENG.DI). 9 Libros dun total de 315 que supón un 2,85% da materia pero un 10,98% do total de libros desaparecidos.

c. Os libros desaparecidos na sección de Lingua e Literatura Galega: 21 libros dun total de 1936 que ten a sección (un 1,085 % da sección) pero sobre o numero total de desaparecidos supón mais da 4ª parte (un 25,61%) do total de desaparecidos.

d. Especialmente preocupante na sección de Lingua e Literatura Galega son os libros desaparecidos na materia de Literatura Galega (M-GAO.LT) non só polo número de libros (10 sobre un total de 921) senón tamén porque seguen desaparecendo exemplares de moito valor ou edicións raras ou especiais (como xa aconteceu outros anos) sendo esta sección a que mais libros desaparecidos ten de toda a nosa colección.

(32)

32

(33)

33 CURSO AVANZADO DE FORMACION EN COMPETENCIAS DIXITAIS

Alumnado da materia Traballo Fin de Grao

INFORMACION XERAL

O curso desenvolverase nunha contorna virtual. A duración do curso será de tres semanas, cunha inversión en tempo do alumno de 15 a 20 horas dependendo das habilidades previas e da dificultade que lle supoña a lectura dos temas. O curso organizarase en catro módulos cos contidos, as tarefas correspondentes e un traballo práctico de carácter obrigatorio mais un módulo 0 de Presentación do curso.

COMPETENCIAS

1. O alumnado asume que saber xestionar información é unha práctica transversal que debe completar o seu proceso de formación na universidade, que lle facilita o estudo, lle axuda a investigar, e a realizar traballos académicos cunha metodoloxía científica.

2. O alumnado adquire, a nivel avanzado, habilidades e destrezas para buscar información, localizar, seleccionar, analizar e construír novos coñecementos de forma autónoma, construtiva e ética de acordo cos seus propósitos.

3. O alumnado aprende a comunicar, difundir e compartir información reflexivamente e con responsabilidade, a través dos seus traballos académicos e das redes sociais.

OBXECTIVOS

1. Ser capaz de recoñecer a importancia que ten a adquisición de competencias informacionais/dixitais e xestionar o tempo de estudio e traballo.

(34)

34 2. Saber que é unha fonte de información e os diferentes tipos. Aprender a planificar unha busca e localizar información pertinente no catálogo da BUSC, bases de datos e na Internet.

4. Ser quen de avaliar correctamente a información atopada para así seleccionar aquela que mellor resolva as súas necesidades. Xestionar e organizar por si mesmo a información, mediante xestores bibliográficos e/ou outras ferramentas informáticas para a almacenaxe na nube.

5. Ser capaz de aplicar a metodoloxía científica propia da elaboración dun Traballo Fin de Grao. Comprender a importancia de facer un uso responsable, ético e legal da información que se utiliza, citando e redactando as referencias e evitando o plaxio.

6. Coñecer máis dunha ferramenta para presentar traballos académicos. Ser quen de difundir e compartir información a través da web e das redes sociais. Aprender a xestionar a propia identidade dixital sen riscos. Entender o que é o acceso aberto e os seus beneficios para a difusión da ciencia.

CONTIDOS

Os contidos distribúense en 4 módulos ( mais módulo 0) que se axustan aos obxectivos propostos e competencias de acordo a un nivel avanzado.

0. Que necesito aprender e para que cara o Traballo de Fin de Grao (TFG) - As competencias en información na contorna dixital (CIcD)

- Antes de empezar: planifica e xestiona o teu tempo 1. Buscar información : Fontes e proceso de busca

- Fontes de información

- O proceso de busca de información

- Buscar na web da BUSC : Catálogo, bases de datos - Buscar na Internet

- Anexo Titorial de Dialnet - Anexo Trucos de Google 2. Avaliar e organizar información

- Criterios de avaliación da información - Anexo: ferramentas e recursos de avaliación - Organizar a información

3. Uso e tratamento da información. Como elaborar un Traballo de Fin de Grao (TFG) - Elaborar un TFG – Planeamento

- Elaborar un TFG – Estrutura e redacción - Citar e redactar referencias, estilo APA - Anexo: inserir citas e referencias desde word - Anexo: Manual de Publicacións APA

4. Comunicar e difundir a información - Comunicación académica TFG - Compartir información TFG

- Anexo: Beneficios do acceso aberto

(35)

35 METODOLOXÍA

Desenvolvemento do curso virtual: tres semanas de duración e un traballo aproximado do alumno/a entre 15 e 20 horas:

 Lectura dos catro módulos cos seus contidos

 Realización dos tests e exercicios (tarefas) relacionados cos temas e un traballo de contido metodolóxico

Enquisa inicial de diagnose sobre os coñecementos que ten o alumnado antes de comezar o curso.

Test de avaliación final da aprendizaxe adquirida

Enquisa de satisfacción enviadas aos participantes no curso

 Participación nos foros, como ferramenta para a titorización e a motivación das competencias sociais do alumnado.

Haberá unha sesión presencial de presentación do curso e inscrición na plataforma.

Poderanse, se é o caso, outras sesións de práctica para o bo uso das fontes

MATERIAIS

Breves documentos (pdf) e presentacións (pptx...) sobre os temas que se traballan.

Titoriais:

Web da BUSC

Dialnet

Google académico Ligazóns de interese.

RECURSOS TECNOLÓXICOS E HUMANOS

1. Plataforma de aprendizaxe Chamilo (Aula Cesga).

2. Como ferramenta de comunicación: o foro, un instrumento moi útil para o intercambio de información entre os participantes no curso, será o medio para comunicarse co profesorado/formador.

No Foro de dúbidas depositaranse todas as consultas dirixidas ao profesorado/formador, de tal xeito que a resolución das mesmas sexa visible para o resto do alumnado, susceptible de compartir esas mesmas dúbidas. Calquera intervención será respondida nun prazo máximo de 48 horas, tendo en conta que as fins de semana e días festivos non son lectivos.

3. Titorización por parte da/o bibliotecaria/o e do profesorado colaborador.

(36)

36 AVALIACIÓN DO CURSO

Avalíase:

Os exercicios e/ou tests correspondentes aos distintos módulos temáticos (obrigatorio). – 1 intento.

O Test de avaliación final (obrigatorio). – 1 intento.

O traballo de aprendizaxe da metodoloxía investigativa que se require A cualificación final será: “apto” ou “non apto”. Para acadar o apto:

Cómpre ter unha puntuación mínima do 50% en cada un dos tests parciais. Estes tests farán media co Test Final, sempre e cando, neste último se acade tamén un 50% de respostas correctas.

o Os Test parciais sumarán máximo 4 puntos o Test final sumará 4 puntos

o O Traballo 2 puntos

 A listaxe de alumnado apto será remitida ao Centro de Tecnoloxías para Aprendizaxe (CETA) para a emisión dos diplomas correspondentes que avalan aos estudantes a realización deste curso de Formación.

(37)

37

(38)

38

23 de abril, Día Internacional do Libro na Biblioteca da Facultade de Formación do Profesorado (Lugo)

Todos xuntos ligados pola palabra

O 23 de abril, Día Internacional do Libro, conmemorouse o 4º centenario da publicación da 2º parte de “el Quijote”. Na Biblioteca da Facultade de Formación do Profesorado (Lugo) e co beneplácito do Decano, quixemos render unha pequena homenaxe a ese personaxe cervantino, artífice da lingua que expresa, de intelectualidade e razoamentos de tipo social tan fora do seu contexto e da imaxe que representa como heroe en busca dunha utopía , un personaxe … sen caducidade e sen fronteiras.

PRIMEIRA PARTE

E que mellor forma, como corresponde a unha biblioteca, que expoñer toda a colección de

edicións de “el Qujote”que constan no seu fondo. Foron protagonistas por un día as 11

edicións propias mais dúas coleccións privadas cedidas por dous profesores para este

(39)

39

día. Edicións de luxo e outras mais modestas, sendo a mais antiga de 1844 que lembra o nacemento desta biblioteca no seo da Escola Normal en 1842. Non faltou tampouco unha colección de estudos sobre a obra que sembrou certa nostalxia entre algún dos visitantes mais maiores lembrando tempos de estudante; autores como Ortega y Gasset, Martín de Riquer e Moreno Baez.

Non soamente presentamos una colección impresa, se non tamén, un exemplar interactivo da Biblioteca Nacional coa mensaxe de que … non importa o soporte … importa LER.

A colección non podía quedar en silencio, polo que toda a mostra estivo acompañada dunha presentación audiovisual cunha selección de ilustracións de Gustav Doré e acompañada da Suite “Burlescas de Don Quijote”.

E o mellor marco para acoller esta exposición foi a Sala de Investigación / Sala de graos, sala que alberga o fondo bibliográfico antigo desta biblioteca, que garda a ciencia, a cultura e a historia da educación de case dous séculos, fonte de coñecemento para moitos dos mestres que se formaron neste centro, un espazo con historia pero tamén onde se poden escoitar os coñecementos das novas xeracións, futuros mestres que expoñen os seus traballo de Fin de Grao e Master.

O escenario Ilustrando a exposición envolvéndoa en melodía

(40)

40

Referencias

Documento similar

Concretamente, nos ayuda a comprender la Guerra Civil española no solo como un periodo convulso de nuestra historia, sino como la sinrazón fratricida que generó

Luis Miguel Utrera Navarrete ha presentado la relación de Bienes y Actividades siguientes para la legislatura de 2015-2019, según constan inscritos en el

Mesa de Diálogo entre administraciones/agentes para coordinar proyectos en la zona que une Málaga con Torremolinos y Rincón. BARRIO DEL CONOCIMIENTO EN CULTURA DIGITAL

Con este objeto, el Máster en Asesoría Jurídica de Empresas aborda las materias de principal interés para las empresas y su eficaz labor de asesoría: aspectos financieros,

Emisión de informe sobre la adecuación entre las competencias y conocimientos adquiridos de acuerdo con el plan de estu- dios del título de origen, o la experiencia laboral

En el mercado de la moda se pretende que las creaciones y productos que elabora Inditex, como los que distribuye en Bershka, sean creaciones agiles donde el

1. Organiza y supervisa la reproducción de peces, determinando las técnicas y condiciones asociadas y reconociendo las características propias de cada especie. a) Se han

Cabe señalar que, pese a que las farmacias son el cliente directo del Laboratorio farmacéutico, en este plan de marketing nos hemos querido centrar en el