1. A literatura en galego/portugués na Idade Media e o seu papel no sistema cultural
1.1 A elaboración literaria do galego-portugués medieval
O trobadorismo é a primeira manifestación coñecida de literatura culta en galego/portugués e mesmo a primeira expresión escrita especificamente nesta lingua. Nisto que acabamos de afirmar, que é consenso unánime entre todas e todos os especialistas na materia, non deben obviarse dous matices. O primeiro, o exacto adxectivo "coñecida", do cal teremos que botar man en moitas máis ocasións ao longo destas páxinas, xa que -como antes salientamos- o feito de que isto chegase a nós non quere dicir que fose o primeiro nin o único que existise nesa etapa histórica47.
46 Tomás Antonio Sánchez publica entre 1779 e 1790 o seu traballo Colección de poesías castellanas
anteriores al siglo XV, en catro volumes. Trátase dunha obra moi importante, pois é a que populariza algúns títulos que pasarán a ser canónicos da literatura castelá medieval, en especial o Cantar de Mío Cid, que se edita por vez primeira na historia no primeiro volume, de 1779. Nese mesmo primeiro tomo, Tomás Antonio Sánchez polemiza con Martín Sarmiento, autor de varios traballos que circulaban de maneira manuscrita, nos cales non só daba achegas pioneiras sobre algúns textos da literatura castelá aínda escasamente coñecidos, senón que defendía tamén que existían indicios para concluír que houbera toda unha literatura medieval en galego que neses momentos estaba perdida e que ía para alén das Cantigas de Santa María das que el xa sabía. O tempo deulle totalmente a razón a Sarmiento.
Porén, Tomás Antonio Sánchez, apoiado por unhas institucións das cales estaba totalmente desprovista a cultura galega, aproveita a edición do seu libro para se burlar da posibilidade de que existise unha literatura importante no idioma da Galiza, con maior incredulidade por se tratar tamén de autores procedentes do reino de Castela. No entanto, si coñece perfectamente a existencia das Cantigas de Santa María, obra que non ten ningún interese en editar: "Y así, si es verdad palmaria como dice el M. Sarmiento (...), que el Rey Don Alonso el sabio compuso las más de sus coplas en idioma gallego, lo cual no pudo asegurar ni como verdad probable, por no haber visto, ni contado las del libro de las querellas; mucho más palmaria verdad es que dicho Rey compuso en idioma castellano la mayor parte de sus obras poéticas, siendo verdad palmaria
que dos son más que una" (Sánchez, 1979: 130; itálica no orixinal).
Noutro momento tamén fai a seguinte aseveración, en réplica directa a frei Martín Sarmiento: "¡Desgracia de poesías! ¡Y desgracia de los que no pueden probar con unos documentos tan auténticos que la lengua gallega fue el idolillo de los poetas y trovadores de Castilla y que los poetas castellanos gustaban en aquellos tiempos más que en estos de parecer gallegos!" (Sánchez, 1779: 199).
Para máis información sobre esta cuestión, Callón (2017).
47 Para pórmos un exemplo dunha hipótese que vén ao caso, pode ser que houbese un inicial traballo
estilístico en galego, pasado á nacente escrita do romance, na elaboración de sermóns. Aplaudiron esta teoría nalgún momento historiadores da lingua galega como Henrique Monteagudo (1994: 171) e, seguíndoo, Ramón Mariño Paz (1999: 84). Ambos tiñan en conta os condicionantes que fixeron que noutras áreas romances, como a Francia carolinxia ou o catalán coas Homilies d'Organyà, levaron a que fosen este tipo de textos os primeiros en apareceren con certeza en romance.
O segundo aspecto que debemos explicar é por que botamos man do adverbio "especificamente". Non se trata dunha escolla en absoluto redundante, pois non sabemos se textos anteriores que nós clasificamos como "escritos en latín" en realidade poderían estar pensados e, o que é máis importante para o noso caso, elaborados/lidos en romance. Na asunción absoluta desta concepción (cuxa punta de lanza é o lingüista Roger Wright, 1991) teriamos de dicir que hai moitos textos que funcionaron en galego aínda que non estivesen escritos -"especificamente"- coa grafía máis próxima á fala que aparecerá, por exemplo, nas cantigas trobadorescas48.
Seguindo tal teoría, a causante do xurdimento desta "especie de escritura fonética" (Mariño Paz, 1999: 78) sería a reforma carolinxia da pronuncia latina que se levou a cabo entre os séculos VIII e IX. A lectura fonémica do latín (“lelo pronunciando todas as letras”, Puentes Romay, 2007: 112) que aí se prescribe supón nin máis nin menos que a verdadeira invención do latín medieval, que pasaría a se entender xa non como o modo formal de escribir o que se fala, senón como unha variante totalmente diferenciada, pois é a partir desa disxunción cando a reducida minoría que se alfabetizase aprendería que o sistema gráfico do latín e o sistema fonolóxico do romance non se corresponderían.
Con iso comezaría a abrollar unha consciencia lingüística nova. Fronte á visión de que as formas de pronunciar o romance serían só variantes dunha aínda existente lingua latina diversa porén única, abríase paso a idea de que o que falaban era de seu un idioma diferente daquilo que escribían. O latín levaba morto varios séculos, mais os seus falantes
Porén, estes pesquisadores consideran iso xa máis indemostrábel documentalmente. Nun testamento fálase dun libro de sermóns escritos con "littera Galleca", datábel nos comezos do século XII. Porén, o máis probábel é que non se refira a "lingua galega", senón a que estaba elaborado na hoxe chamada letra visigótica, que na altura recibía decote o nome de galega (cfr. Monteagudo, 1999 e 2004, e Pena, 2013: 22). Hai que matizar, no entanto, que simplemente non sabemos en que lingua estaba escrito, pois pódese esperar que unhas homilías neste momento histórico si estean redixidas xa en romance, toda vez que a Igrexa leva desde o século IX alentando a realizar os sermóns en "rusticam Romanam linguam" (Mariño Paz, 1999: 77). En calquera caso, a desaparición deste volume fai que todo o que se poida aventurar sobre el caia no camiño das conxecturas.
48 Por iso, toda “a questão dos mais antigos textos em português é de ordem scripto-linguística, e toda a
discussão acerca dos mesmos deve em primeiro lugar centrar-se em factos de escrita e na sua organização enquanto sistemas. A atribuição do rótulo ‘português’ ou ‘latino’ (...) a um texto medieval produzido em Portugal até meados do século XIII deve depender, não das características da oralidade subjacente ao texto mas sim das características da escrituralidade que o texto evidencia.” (Emiliano, 2003: 269)
1. A LITERATURAENGALEGO/PORTUGUÉSNA IDADE MEDIAEOSEUPAPELNOSISTEMACULTURALIBÉRICOEEUROPEO
aínda non o sabían. A reforma carolinxia era, a un tempo, a que notificaba e a que causaba a defunción.
Non todos os especialistas concordan en tan estrito entendemento conceptual entre latín e romance na Alta Idade Media (cfr. Puentes Romay, 1994), porén "a discrepancia é máis de énfase ca de fondo" (Mariño Paz, 1999: 81). Aínda que se discuta a identificación entre o latín tardío e o nacente romance, ninguén pon en cuestión nin a proximidade existente entre ambos nin que o latín se pronunciaría ao xeito de cada unha das novas falas románicas até o momento en que se configura e expande a reforma carolinxia.
Esa expansión é de grande importancia para contextualizarmos mellor o fenómeno trobadoresco galego. Excepto Cataluña, que tivo moi cedo relacións coa Francia carolinxia, en ningures do resto do norte da Península Ibérica se comezou a sentir a súa influencia até finais do século XI, nun momento xeral de expansión cultural francesa (Mariño Paz, 1999: 79)49.
No proceso de traslado inequívoco á escrita dos novos romances tense apuntado tamén a importancia da aparición de novos grupos sociais capaces de desenvolveren unha cultura máis desvencellada da tradición latina e dos mandatos da Igrexa; sería o caso inicialmente da Provenza e da Francia do norte, que nos inicios do século XII pairen produtos culturais como os cantares de xesta e, sobre todo, a lírica trobadoresca (Renzi, 1985: 239). O reino galego de meados dese século reúne algunhas das características sociais que propiciaron evolucións semellantes nesoutros territorios europeos, de que serán magníficas mostras o cultivo dos xéneros profanos de amigo, amor, escarnio e mal dizer, así como a escrita mesmo de escarnios a Deus (Martínez Pereiro, 1998: 39-62), unha liña que está á vista de ollos que non se condí cos dogmas relixiosos cristiáns, aínda que estean nun contexto teocéntrico onde hai un deus... para criticar50. A configuración do
galego-portugués como idioma escrito diferenciado, até onde sabemos hoxe, aparece con
49 Por exemplo, Dalmacio, un monxe de Cluny de orixe gala, ocupou a cadeira episcopal de Compostela entre
1094 e 1096.
50 Vid., p. ex., "Nunca Deus quis nulha cousa gran ben" (B 2239) ou "Ja eu non hei oimais por que temer" (B
221), ambas de Pero Garcia Burgales. Na última mesmo termina pedindo na fiinda a adhesión ás súas ideas heréticas a "tod'homen que molher ben quiser" (v. 22). Vaasco Gil tamén é firme na súa negación de deus, porén faino para tentar incomodar ese deus que nega... ("Que sen mesura Deus é contra mí!")
esta nova cultura leiga, un aspecto que é da máxima importancia para comprendermos mellor o corpus textual que imos analizar nesta disertación, que nos dá testemuño dunha
cultura profana altamente elaborada, que radica numa sociedade civil humanamente multifacetada e em movimento, longe da imagem estereotipada de imobilismo feudal e agrário, imagem que os documentos oriundos das instituições parecem, por vezes, facilitar. (Lopes, 1994: 32)51
As investigadoras e os investigadores que se debruzaron sobre a lírica galega medieval chegaron a considerar esa escrita como unha koiné52, unha especie de protoestándar que 51 Cultura leiga, porén nun contexto profundamente teocéntrico, como veremos decote nestas páxinas. Que
a orixe do trobadorismo sexa non relixiosa tampouco evita que poida derivar en ocasións cara a composicións de culto, como por exemplo as afonsinas Cantigas de Santa Maria, aínda que estas non tiñan en absoluto o mesmo funcionamento que as composicións profanas para o solaz das cortes e, ademais, non hai elementos que nos leven a concluír que fosen máis que un fenómeno puntual debido ao Rei Sabio, dentro dos arredor de douscentos anos de trobadorismo galego. Nese sentido, mesmo podería ser proveitoso cuestionar a súa inclusión dentro da mesma categoría, por máis que poida ter autores e algúns elementos retóricos en común.
A respecto da perspectiva laica, mais tamén da introdución da idea do perdón divino, é bo termos presente tamén a figura do primeiro trobador románico, Guilhèm IX de Peitieus, que foi excomungado unha parte da súa vida mais terminou os seus días como penitente nun convento. Na época evocábano como "Guillelmus dux Aquitanorum, totius pudicitiae ac sanctitatis inimicus" (cit. in García Peinado / Monferrer Sala, 1998: 73).
Esta perspectiva leiga tamén se presentificou na literatura mediolatina, en especial na tradición goliardesca, na cal se pode ler unha "actitud de desafío (...) hacia la estructura social y las ideas religiosas" que demostra "la vitalidad de una corriente del pensamiento medieval sumamente importante", vencellábel a un "optimismo cristiano, pero que se niega a aceptar las responsabilidades que la religión impone" (Arias y Arias, 1970: 10-11).
52 Hai especialistas, como Ramón Lorenzo (1998), que critican o uso xeral do termo koiné para o conxunto do
trobadorismo galego medieval, mesmo para o profano. Argumenta que a sensación de uniformidade é máis debida ás convencións literarias de cada xénero, en especial nas composicións de amor, sometidas a uns “moldes literarios (...) nos que se repetían sistematicamente formas e conceptos”, mais que por contraposición no caso das sátiras “había máis liberdade e non estaban sometidas a tantos esquemas fixos” (deberiamos acrecentar unha situación semellante nas cantigas marianas narrativas). Por iso, conclúe: "Polo tanto lingüisticamente non hai unha koiné e cada autor escribe de acordo coa súa propia modalidade lingüística. Por outra banda a lingua nos séculos XIII e XIV non está fixada, estamos nun período de conformación e de ebulición, no que coexisten variantes fonéticas, morfolóxicas e léxicas e mesmo variantes rexionais. Todo isto atopámolo nos cancioneiros trobadorescos. O que si temos como peculiaridade é que a escolma das cantigas fose a mediados do século XIV e seguramente na zona Centro-Sur de Portugal. Por iso hai unha certa unificación nos criterios lingüísticos a favor, neste caso, da lingua portuguesa e non da galega." (Lorenzo, 1998)
Mais esa “certa unificación nos criterios lingüísticos”, que non é só ortográfica e que non sabemos máis que como hipótese se se produciu ou non nesa altura de mediados do século XIV, acaba dando a sensación de koiné que, ao mesmo tempo, aquí nega.
Non podemos deixar de chamar a atención tamén ao feito de que, se tivermos as disimilitudes gráficas do tipo <ll> / <lh> como marcadoras de diferentes linguas, acabariamos chegando ao absurdo de que o Cancioneiro da Ajuda estaría “en galego” e os da Vaticana e os da Biblioteca Nacional “en portugués” (parto da reflexión que tan acertamente realiza o profesor Xosé Ramón Pena, 2013: 27). Sería un disparate, que aínda se podería estender a negar que ningún deses documentos estea en "galego", xa que utilizan grafías e
1. A LITERATURAENGALEGO/PORTUGUÉSNA IDADE MEDIAEOSEUPAPELNOSISTEMACULTURALIBÉRICOEEUROPEO
non representa a fala nin en termos sintópicos (hai trazos dialectolóxicos atribuíbeis a diferentes espazos) nin en termos sincrónicos (por exemplo, hai nela arcaísmos que non estarían en uso na oralidade no momento en que se escribiron). Esa koiné poética tería un “uso unitario equivalente ao do provenzal na lírica occitana, mais dunha rixidez e cerrazón menor no aproveitamento das potencialidades da viva lingua popular” (Martínez Pereiro, 2010: 5).
É certo que en cada un dos tres xéneros profanos hai características lingüísticas internas importantes: nos de amor os moitos empréstimos léxicos occitánicos ou franceses, nas de amigo os moitos arcaísmos que evocan unha maior antigüidade (certa ou aparente)53 e nas de escarnio e maldizer -igual que na liña narrativa das Cantigas de
Santa María- unha maior riqueza de vocabulario e unha probábel maior proximidade á lingua falada.
O único que damos afirmado sobre as orixes desa certa uniformidade lingüística é que foi estabelecida por unha tradición literaria. Mais, claro, esa aseveración non pasa de ser unha tautoloxía. É moi pouco o que sabemos sobre como se crea ese rexistro escrito e mesmo que influencia puido haber dunha certa homoxeneización dos textos nun segundo tempo, que podemos indicar como os momentos das recollidas nos cancioneiros, a pasaxe da oratura á literatura.
Esta pasaxe non debe ser neglixenciada. No período medieval, a oralidade prevalece sobre a escrita en calquera ámbito da vida (Marimón Llorca, 1995: 172). Como veremos reiteradamente, as cantigas só nos ofrecen unha parte, significativa porén incompleta, do espectáculo. Na posta en escena habería outros elementos orais (entoacións, pausas etc.), así como extralingüísticos (xestuais, musicais etc.) que poderían supor novos sentidos a cada texto.
Outro aspecto de relevo é por que razón o galego se estendeu como lingua lírica de
aluden a algúns sons que non existen no galego moderno nin contemporáneo.
53 Exemplos destas formas arcaicas, “que xa non corresponden á realidade lingüística do século XIII”
(Lorenzo, 1998) estarían: amenas, avelanal, color, fontana, granadas, irmana(s), louçana, manhanas, mano, salido, sano, venía, a las aves etc.Os casos de mantemento do -L- intervocálico son estudados por Ferreiro (2013b).
case toda a Península Ibérica, un idioma que en ocasións, contra toda evidencia histórica, se ten cualificado por algúns especialistas como “totalmente marxinal” (Tavani, 1983: 25) na altura. Esta pregunta de "por que en galego?" formulouse con abraio desde o mesmo momento en que o reino de Galiza ficou descabezado politicamente no final da Idade Media e a variante do norte do Miño se converteu en ágrafa. Nin no relato histórico castelán / español nin no portugués que se foi configurando ao longo da Idade Moderna e que se consolidou na Idade Contemporánea tiña cabida Galiza, mais aí estaba, tamén neses poeirentos cancioneiros, nesas esquecidas follas soltas.
Unha das respostas máis habituais por parte da escola filolóxica española (Rodríguez Alonso, 2004) foi que esa extensión se producira por eufonía, porque o galego soaba ben para a poesía... lírica. Mentres, o castelán soaría ben para a épica e para a prosa administrativa: “Las condiciones musicales de este dialecto contribuyeron sin duda en primer término para que fuese tan universalmente admitido” (Menéndez Pelayo, 1942: 164).
Foi unha idea que se presentou co verniz de estar “academicamente demostrada” xa que contaba co visto e prace dos prebostes universitarios españois. Exportouse, con diferentes pretensións, desde o campo cultural até o campo político. Para as persoas empeñadas na restauración contemporánea do galego, esa afirmación servía para defendelo fronte a quen o atacaba como “tosco” ou “feo”. Porén, tamén se trataba dunha afirmación facilmente neutralizábel e aproveitábel por quen non quixese que o galego se normalizase, pois sería un idioma, “doce” e apto só para a lírica, non para o resto dos usos lingüísticos persoais e sociais.
Para alén das razóns polas que se repetiu ou se cesou na repetición desa idea, obxectivamente é indefendíbel que o galego sexa unha lingua máis ou menos eufónica que calquera outra54.
Outro criterio importante que se ten aducido para que existise o trobadorismo vehiculado en galego en territorios non galegófonos foi a unión que se produce no
54 Existe unha ampla bibliografía sobre os prexuízos lingüísticos. Sobre a idealización compensatoria, pódese
ver Ninyoles (2005: 82) e, as concomitancias deste proceso coa marxinación social das mulleres, en varios traballos de María Pilar García Negro (1999: 75-82, 2000: 88-93 etc.).
1. A LITERATURAENGALEGO/PORTUGUÉSNA IDADE MEDIAEOSEUPAPELNOSISTEMACULTURALIBÉRICOEEUROPEO
período medieval entre determinados xéneros e determinadas linguas. É un aspecto que podemos rastrexar en documentos da propia época55. Esta ecuación entre idioma e
xénero parece hoxe innegábel, mais con ela continúase sen responder por que razón se escolleu o galego e non calquera outro dos romances.
A chave está en que non se pode considerar o trobadorismo galego de xeito illado. Hai que emparentalo con outros acontecementos fundamentais na Galiza da época, como por exemplo a inventio do sartego do apóstolo Santiago O Maior, que se convertería no “mellor argumento para soster o grande protagonismo de Galicia nesta etapa histórica e a precocidade con que se configura aquí unha sociedade plenamente feudal” (Villares, 2004: 85).
O espectáculo trobadoresco galego, igual que a construción dun culto vencellado cun dos discípulos de Xesús Cristo e todo o protagonismo relixioso-político á súa volta, entran dentro da mesma liña, de ser unha consecuencia da grande incidencia da aristocracia galega na Península e en Europa,56 con todo un reino detrás:
(...) até fins do século XIII, a Galiza era o reino preponderante política, económica e culturalmente entre todos os do Occidente peninsular. Os seus reis, aínda séndoo tamén de León e mesmo de Castela, pertencían a grandes familias nobiliarias galegas, eran desta lingua, ou ben, educados no noso país. Non tiña unha causa puramente estético-artística a expansión do galego-portugués como lingua lírica na Península Ibérica durante este período. Tiña unha causalidade político-cultural e económica. (Rodríguez, 1996: 12)
Parécenos a única conclusión racional posíbel da extensión do trobadorismo en galego-portugués, ou sexa, do trobadorismo galego.