• No se han encontrado resultados

A fin'amor: a heterosexualización do platonismo

3. Configuracións e núcleos eróticos do trobadorismo

3.2 A fin'amor: a heterosexualización do platonismo

O coñecemento sobre a sexualidade non é un coñecemento veterinario. Non chega con saber de anatomía ou bioloxía para saber por que amamos e desexamos, nin tampouco por que podemos deixar de amar ou desexar. Unha das razóns de existir da literatura, da construción ficcional, é xustamente tentar darlle palabras e sentido a aquilo que se resiste a telo. Porque, como non existe a bitácula do instinto que posúen os animais, énos necesario construír, inventar.

Mais non sempre en todas as culturas se lle carga o mesmo peso nin teñen as mesmas canles de expresión estes non sequitur humanos. O mellor exemplo é o do amor. Hoxe invade os diais de todas as radios, abruma nas carteleiras etc. Porén, se unha cidadá ou un cidadán da Gallaecia de hai dous mil anos puidese viaxar no tempo e ver este panorama, talvez botase as mans á cabeza e se preguntase: Por que tanta obsesión co amor, se o que hai que cantar son a épica, a guerra, a loita, as fazañas heroicas...?

Parece ser que todo isto comezou en Occitania hai máis de 900 anos. A finais do século XI foi elaborada toda unha ficción literaria que serviu para a educación sentimental da nobreza, nun discurso que ía a medio camiño entre o desexo corporal e a sublimación espiritual. Era a unión da luxuria e a continencia, "a love at once illicit and morally elevating, passionate and disciplined, humiliating and exalting, human and transcendent" (Newman, 1968: vii).

Esta situación non pode levarnos á falsa idea de que o amor non existía previamente, pois sería un caso de construtivismo extremo108. O que aconteceu a partir dos trobadores 108 Atribúese habitualmente a Denis de Rougemont (1982) ser o promotor desta idea, que habitualmente se

provenzais foi que o amor pasou a se considerar o centro, a razón vital, e aliás cunha serie de parámetros moi definidos. Octavio Paz explícao diferenciando entre as obras literarias que evidencian unha filosofía ou un testemuño:

Pero a veces la reflexión sobre el amor se convierte en la ideología de una sociedad; entonces estamos frente a un modo de vida, un arte de vivir y morir. Ante una ética, una estética y una etiqueta: una cortesía, para emplear el término medieval.

La cortesía no está al alcance de todos: es un saber y una práctica. (Paz, 1993: 34-35)

Esta creación difúndese en poucas décadas por toda Europa, onde gaña o mecenato das principais cortes señoriais. Contemporaneamente chamámolo decote como amor cortés, despois de que así o bautizase Gaston Paris a finais do século XIX (Hult, 1996: 192- 224)109. No entanto, os trobadores occitanos preferían outras expresións como fin'amor,

que sería máis equivalente á idea de 'amor fino', 'amor puro' etc.

Aínda que un dos seus elementos fundamentais sexa o enxalzamento dunha muller por parte do namorado, non hai dúbida de que se trata dun xogo masculino (Duby, 1988), nunha sorte de 'todo para as mulleres, mais sen as mulleres'. É unha erótica anxelista110,

que conduce a "uma exasperação passional e ao mesmo tempo a uma recusa da satisfação" (Eck, 1970: 70), que podía ser levada até un paroxismo absoluto do desexo ante o cal os amantes non deberían ceder. É, pois, "uma escolástica do amor infeliz" (Lacan, 1988: 182)111.

O desexo prolóngose nesta doutrina polo puro desexo, sen procurar nunca a súa consumación. Isto supón un abismo que diferencia a fin'amor doutros discursos eróticos XII'. Aínda que sexan tópicos e excesivos, eses asertos teñen o mérito de "reflejar con exactitud la aparición del amor como valor propio, capaz de entrar en conflicto con otros valores dentro de un sistema ideológico creador de una moral admitida como norma" (Flori, 2001: 241).

109 Algúns pesquisadores son moi críticos coa noción de amor cortés, pois considérana unha concepción

contemporánea para ollar a Idade Media que pode entorpecer a verdadeira comprensión dos textos (Robertson, 1968; Cabana, 2011). Do noso punto de vista, iso acontece en ocasións coa literatura galego- portuguesa medieval, mais é certo que as etiquetas teñen os seus perigos mais tamén os seus beneficios para a transmisión do coñecemento.

110 Tomamos o significante "erótica angelista" de Marcel Eck (1970), mais dámoslle un sentido diferente e

tamén máis sinxelo que o que el propugna (Eck, 1970: 163-185, en especial p. 165). Para nós, anxelista quere dicir simplemente espiritualizado e asexuado.

111 Martín de Riquer (1983: 92) observa que "la fin'amors puede aspirar a la unión física", mais

contraditoriamente basea a súa conclusión non no que din os propios textos, senón nas vidas e razós dos trobadores e, nun argumento indefendíbel, sostén que negar esa posibilidade "significaría poner en duda la hombría de seis generaciones de poetas" (Riquer, 1983: 92).

3. CONFIGURACIÓNSENÚCLEOSERÓTICOSDOTROBADORISMO

que aspiran a aumentar o pracer, non a soñalo para así interferilo:

On the level of sexuality, courtly love could only be an bring it to a conclusion. It differed from the erotic arts whose object was consisted of a codified practice of coitus which allowed one to gain knowledge of the cosmos and to discover the harmony between microcosm and macrocosm. (Jacquart / Thomasset, 1988: 94)

No inicio occitánico, trataríase non só de elaborar poeticamente as barreiras para o encontro, senón tamén de expolas como un triángulo adúltero: o namorado, a esposa infiel e o esposo que olla. A este último, nos termos de propiedade, ofréceselle unha especie de homenaxe indirecta. O propio señor entraría nese xogo, compracido, de modo que se fecharía o triángulo simbólico112.

Un elemento moi importante, do que algo se espreita no parágrafo anterior mais que decote se deixa de lado no repaso a este concepto, é que se trata da heterosexualización de ideas platónicas sobre o amor. Lembremos así mesmo que para Platón o amor só é aceptábel na súa definición ideal, que sería consecuencia do coñecemento. Este movemento cara á beleza pura oporíase ao amor carnal113.

René Nelli, un dos grandes especialistas no tema, xa indicou que a primeira e máis decisiva transformación que se producira a través da erótica provenzal fora a transferencia dos "valeurs de l'homosexualité —ou de l'amitié antique idéalisée— celles, si l'on veut, du platonimes 'masculin' à l'amour intersexuel" (Nelli, 1974: II, 355), ou sexa, a pasaxe da idealización do amor entre dous homes á idealización do amor heterosexual114.

112 Denis de Rougemont (1982) pregúntase tamén con ironía que sería destas literaturas sen o adulterio que

lles deu primeira materia para os soños.

Poucas composicións do trobadorismo galego falan dunha muller casada. A máis explícita é a —cando menos en aparencia, se o equívoco non nos confunde— cantiga de amor de Airas Engeitado "A ren que mi a mí máis valer" (B 972, V 559), que contén estes versos (vv. 19-24):

O meu serviço non mi val, cuid'eu nunca mi ben fara; mais dig'a seu marido que a non guarde de min ja, ca será i falido,

se mi a tever guardada.

113 O concepto amor platónico foi unha fabricación xa no século XV de Marsilio Ficino. É bastante importante

que o elaborase baseándose na súa relación sentimental profunda con outro home, Giovanni Cavalcanti (cfr. Ficino, 1994). En calquera caso, aínda non triunfara a noción actual do amor platónico como 'amor imposíbel ou non correspondido', que non era a filosofía que expuxo o home que lle dá nome.

O trobadorismo supón tal novidade no protagonismo que van pasar a ter as relacións heterosexuais, que tamén cando Octavio Paz quere marcar os seus elementos identificativos e nos cales supoñen unha mudanza a respecto do anterior: "Tres notas de la poesía provenzal: la mayor parte de los poemas tiene por tema el amor; este amor es entre hombre y mujer; los poemas están escritos en lengua vulgar" (Paz, 1993: 77).

Así, no amor cortés traspásanse para as relacións idealizadas home-muller unhas fórmulas antes en funcionamento para as relacións home-home:

As amizades viris (não homossexuais) à base de estima recíproca e de fidelidade à fé jurada, assim como uma certa tradição pederástica requintada, originária da Antiguidade grega, possuíam qualidades que não eram habituais nessa época no amor intersexual, em que a condição da mulher era ainda muito modesta. (Eck, 1970: 71)

É rechamante que este aspecto tan dificilmente discutíbel se descoide totalmente nos manuais de literatura á hora de explicar a orixe da noción cortés do amor e a propia orixe do trobadorismo. Non resulta comprensíbel que algúns traballos especializados que se centran nese tema, á hora de indicaren a probábel influencia árabe, deixan totalmente de lado esta cuestión. Un elemento que parece importante para dito proceso foi unha certa depuración da misoxinia e a posta en valor das cualidades da dama, de xeito que se "alcanzó a reconocer en ella virtudes que hasta entonces los caballeros sólo habían admitido en la relación de 'amistad' con el compañero o compañeros de armas" (García Peinado / Monferrer Sala, 1998: 83).

Esta colocación da muller nun lugar sublimado significou tamén a súa delimitación como inaccesíbel, illada, despersonalizada:

O objeto, nomeadamente aqui o objeto feminino, se introduz pela porta mui singular da privação, da inacessibilidade. Qualquer que seja a posição social daquele que funciona nesse registro (...), a explicación que teñen realizado grandes especialistas na materia cunha suposta pretensión de interpretar como homosexuais textos que son indiscutibelmente escritos en masculino cara a unha dama. Cabana responde moi agresivamente a esta afirmación de Robèrt Lafont: "la première forme de l'amour courtois est l'amour chevaleresque, dont je crois prouvé, pour ma part, qu'il est la féminisation du lien homosexuel qui cimente, depuis ses origines dans la coutume germanique, la société militaire, et qu'il n'abolit d'ailleurs pas" (cit. in Cabana, 2011: 59, n. 80). Nas palabras do recoñecido provenzalista non hai argumentos para dicir que "despois de sete ou oito séculos xa virá un crítico de palleiro dobrado de psicanalista pra poñer as cousas no seu sitio e clarexar que o que realmente desexaba era deitarse co seu coronel ou cun escuadrón de cabalaría" (Cabana, 2011: 59, n. 80).

3. CONFIGURACIÓNSENÚCLEOSERÓTICOSDOTROBADORISMO

inacessibilidade do objeto é aí colocada desde o início.

Não há possibilidade de cantar a Dama, em sua posição poética, sem o pressuposto de uma barreira que a cerque e a isole. (Lacan, 1988: 185)

En termos históricos, coincídese hoxe en que a creación do código da fin'amor, provén da pequena nobreza (Duby, 1981: 241-312 e 1999; Köhler, 1976). Así, serían todos os cabaleiros non primoxénitos, forzosamente solteiros e sen independencia económica quen elaboran un "ritual que viña sublimar literariamente as dificultades e frustracións perante un moi dificultoso acceso á muller por parte deste grupo social" (Pena, 2013: 76).

Segundo esta análise histórico-sociolóxica, aqueles que vían impedido o encontro amoroso son os que elaboran unha retórica segundo a cal hai unha "aristocracia de espírito", profunda e determinante, que é a que fai que exista esa concepción tan elevada dun amor inalcanzábel. Dito noutras palabras, os que só se poden contentar con ver como os seus irmáns maiores casan, xustificarían a falta de unión en termos espirituais.

O esquema desta explicación sociolóxica ten porén importantes detractores, como Arnaud de la Croix (2003), que recorda algo tan evidente como que quen compón moitas veces eses cantares na Provenza é o propio señor feudal e non os segundóns. O mellor exemplo é xa o primeiro dos coñecidos, Guilhèm IX. Ademais, se formos aos casos concretos do trobadorismo galego veremos que esta poesía

dificilmente poderá ser encarada como mero reflexo ideológico e artístico de grupos socialmente marginalizados de cavaleiros sem fortuna — ainda que, como é evidente, encontremos igualmente entre os seus produtores muitos cavaleiros da pequena nobreza, bastardos, filhos segundos e vilãos —os jograis—, sem esquecer os clérigos, bem entendido. (Lopes, en liña: 23)

Hai algúns investigadores, como António Resende de Oliveira (2001: 146-147) que achan que este esquema no entanto si sería aplicábel ao contexto dos reinos galego e portugués. Nunha expresión pouco afortunada, Oliveira sinala que "a mulher era um problema" porque "o acesso a ela fora condicionado pela progressiva restrição das alianças matrimoniais", o cal obrigou os nobres a se afirmaren "culturalmente, quer perante o meio clerical quer perante o meio popular, forjando os instrumentos da sua autonomização cultural" (Oliveira, 2001: 146-147). Para xustificar esta idea observa as análises de varios historiadores portugueses que conclúen que desde o século XIII até a

primeira metade do XIV houbo un aumento progresivo do celibato (Mattoso, 1981: 353- 369; 2004: 13-42; Mattoso e Sousa, 1997: 160-161; Pizarro, 1999: 488-590). Seguindo nesa liña, Oliveira (2001) considera que moitos dos autores que aclimatarían ou implantarían o trobadorismo galego si serían fillos segundos de familias da pequena nobreza galega e do norte portugués, que constuirían un mundo ficcional en que non verían vedados os seus encontros amorosos.

Estes trazos históricos e sociais parecen moi suxerentes, mais talvez pequen de ser demasiado esquemáticos. Xosé Ramón Pena releu as fontes históricas en que se basea Oliveira e concluíu:

[S]ucede, en realidade, que as contribucións ás cales acode o profesor Oliveira na procura de elementos que alicercen o seu razoar ou ben concernen —no caso dos investigadores portugueses — a unha etapa histórica posterior á que realmente interesa ou xa, no caso da historiografía galega, amosan, polo contrario, certezas moi diferentes. (Pena, 2013: 78)

Así, por exemplo José Mattoso (1997: 160-161) constata que a inferiorización social das liñas nobiliarias colaterais se produciría na segunda metade do século XIII, o cal nos sitúa co trobadorismo xa en andamento desde había décadas. Ademais, tamén matiza que a esta regra se lle coñecen "muitas exceções". Pola súa banda, José Augusto de Sotto Mayor Pizarro (1997) na verdade céntrase nas estratexias liñaxísticas durante o reinado de Don Denis, o cal nos sitúa no último cuarto do XIII e no primeiro do XIV. Á vista de todo isto, non podemos máis que concordar coa conclusión de Xosé Ramón Pena:

Por tanto, devén evidente que aquela relación debuxada por Resende de Oliveira tan só se pode documentar realmente no contorno do reino de Portugal cara á segunda metade do século XIII, mais nunca cunha efectividade anterior a esa datación. (Pena, 2013: 78)

Ou sexa, que non é válida para o noso trobadorismo a teoría do reflexo artístico do fenómeno social dos segundóns.

Se nos adentrarmos un bocado máis no caso concreto da Galiza, os historiadores María Carmen Pallares e Ermelindo Portela ofrecen unha visión histórico-sociolóxica diferente que axudaría a explicar a presenza diferente da muller amada, con respecto á Provenza. Neste reino, no século XIII,

3. CONFIGURACIÓNSENÚCLEOSERÓTICOSDOTROBADORISMO

dos homes. Xa que logo, as posibilidades dos mozos para atopar esposa debían ser considerablemente maiores. O modelo proposto nas cantigas de amor, en que o obxecto central non é exclusivamente a muller casada, parece responder a esta realidade anterior ás liñaxes. (Pallares / Portela, 2007b: 120)

Vemos, pois, que é necesario evitar facer un socioloxismo demasiado esquemático, ecuacional, como se a realidade histórica respondese de forma directa e mecánica ás manifestacións artísticas e literarias, máxime cando estamos a falar dun terreo como o do amor e a sexualidade, que vive modulacións temporais e espaciais, mais que tamén se sustenta en pulsións e elementos que non admiten modulación.