CAPÍTULO I.- DISPOSICIÓNS XERAIS
Sección 1ª.- XERALIDADES E CONCEPTOS
Artigo 414.- Eido de aplicación
1. De conformidade co disposto na LPCG, na LPHE e nos decretos que se citan nos apartados seguintes, as Normas contidas neste Titulo serán de aplicación a:
a) Os edificios, conxuntos e elementos de interese histórico, artístico, arquitectónico, urbanístico e/ou ambiental, etnográfico ou cultural, e os seus eidos de protección grafados nos Planos de Ordenación e incluídos na relación do Catálogo deste PXOM.
b) Os elementos illados e as súas áreas de protección do contorno, que sen estar identificados nos planos polo seu pequeno tamaño, teñen recoñecido o seu interese histórico, artístico e/ou cultural, por aplicación das disposicións contidas no Decreto 449/1973 de 22 de Febreiro, polo que se protexen os hórreos e cabazos de máis de 100 anos e no Decreto 571/1963, de 14 de Marzo, polo que se protexen os escudos, emblemas, pedras heráldicas, rolos de xustiza, cruces de termo e pezas similares de interese histórico-artístico de máis de 100 anos. As áreas de protección do contorno destes elementos quedarán definidas segundo o especificado na Sección 2ªArtigo 422 desta normativa.
c) Os xacementos e zonas arqueolóxicas, grafadas nos Planos de Ordenación Municipal e incluídas na relación do Catálogo do presente PXOM.
d) As zonas, enclaves, edificios, construcións, restos ou filóns que, no seu caso, sexan inventariados polos Organismos Competentes en materia de Patrimonio Histórico, Artístico e Cultural, os cales serán incorporados ao Catálogo do presente PXOM.
e) Para os xacementos e zonas arqueolóxicas ademais das disposicións contidas na lei 8/1995 de Patrimonio Cultural de Galicia, seralle de aplicación o decreto 199/1997 do 10 de xullo, polo que se regula a actividade arqueolóxica en Galicia.
f) Así mesmo, terase en conta o disposto na lei 5/2006 de 30 de xuño, para a protección a conservación e a mellora dos ríos galegos, que declara a conservación dos bens de patrimonio cultural vinculados aos mesmos, de interese xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
g) O Camiño de Santiago e o seu contorno de protección, así coma tódolos bens vinculados ao mesmo regúlanse pola lei 3/1996 de Protección dos camiños de Santiago e o decreto 46/2007 de 8 de marzo polo que se regula a composición e funcionamento do Comité asesor do Camiño de Santiago.
h) Dada a cantidade de hórreos existentes na totalidade de núcleos rurais do municipio de FISTERRA e sen prexuízo dos recollidos no catálogo coa súa ficha individualizada establécese unha protección xenérica para tódolos existentes como Ben de Interese Cultural en virtude do decreto 449/1973 de 22 de febreiro polo que se colocan baixo a protección do Estado os hórreos e Cabazos existentes en Asturias e Galicia.
Artigo 415.- Modificacións do catálogo
1. Ao Catálogo do presente PXOM serán incorporados, as zonas, enclaves, edificios, construcións, restos ou xacementos que, no seu caso, sexan inventariados polos Organismos Competentes en materia de Patrimonio Histórico, Artístico e Cultural.
2. O Concello, de oficio ou a instancia de parte, poderá ampliar o inventario de xacementos arqueolóxicos. Será obrigatorio proceder á inclusión de novos xacementos ou exclusión, no seu caso, no Catálogo
PXOM de Fisterra (A Coruña) cando a solicitude se produza a instancia da Consellería de Cultura, como consecuencia de altas ou
baixas causadas no Inventario de Xacementos Arqueolóxicos de Galicia, e este afectará tamén aos elementos etnográficos e puntuais do patrimonio cultural.
3. O Catálogo terá carácter aberto, sendo susceptible de incorporarse os xacementos ou bens patrimoniais que se descubran con posterioridade á aprobación definitiva do presente PXOM, en cuxo caso se tramitará a correspondente modificación puntual do PXOM. Estas modificacións do catálogo, relativas á inclusión ou exclusión de bens, ou ao cambio do contido das fichas referido ao réxime de protección ou á delimitación e identificación dos bens protexidos, que teñen a consideracións de modificacións puntuais do plan, requerirán o procedemento correspondente legalmente establecido para estas.
Artigo 416.- Intervención en contornos dos BIC, en inmobles catalogados e en bens inventariados 1. De conformidade coas disposicións contidas na Lei 8/95 de Patrimonio Cultural de Galicia (LPCG),
Art.44, para a intervención en cada un dos Bens de Interese Cultural (BIC) e as súas contornas de protección, declarados ou incoados, deberá obterse autorización do órgano competente en materia de patrimonio cultural da Consellería de Cultura, previo á concesión de calquera licenza de obra a realizar en ditas contornas. Cumprirase tamén o artigo 37 relativo ás intervencións nos BIC en xeral así como o artigo 47 relativo aso conxuntos históricos. Os bens declarados de interese cultural dentro do municipio de FISTERRA son os seguintes:
a) Ermida de San Guillerme.
b) Igrexa de Santa María das Areas.
c) Conxunto arqeuoloxico do monte San Guillerme
2. En aplicación do disposto no Art. 54 da LPCG, calquera obra ou intervención nun ben incluído no Inventario Xeral de Patrimonio Cultural de Galicia (declarado BIC, catalogado ou inventariado) e no seu contorno precisarán autorización previa da Consellería de Cultura. (Art. 37 da lei 8/1995).
3. A tramitación de solicitudes de licenza para a intervención de elementos incluídos no catálogo do presente PXOM; e os seus contornos de protección cumprirán tódolos requisitos establecidos nas NORMAS II da presente normativa.
4. En tanto non se redacten os Plans Especiais de Protección, será preciso informe previo do órgano competente da Consellería de Cultura, que terá carácter vinculante para a realización de calquera das actividades enumeradas no Art. 194º LOUG.
5. De acordo co establecido no Artigo 44.5 da Lei 8/1995 de patrimonio cultural de Galicia, no caso dos contornos dos monumentos declarados BIC, integrados nun conxunto histórico que conte con plan especial de protección rexerase polo establecido no Artigo 47.2 da citada Lei, é dicir que o concello será competente para autorizar as obras nos contornos dos monumentos, notificando á Consellería competente en materia de patrimonio cultural.
6. Nos solos urbanos non consolidados afectados por ambitos de proteccion de elementos protexidos procurarase que as caracteristicas volumetrias e construtivas das novas edificacions harmonicen coas que caractericen os contornos dos bens catalogados. As cesions de zonas verdes realizaranse
preferentemente na parte dos ambitos emprazados dentro dos contornos de pproteccion dos bens catalogados.
Artigo 417.- Normativa de aplicación
Ao patrimonio cultural seralle de aplicación a lexislación e normativa seguintes: a) Decreto 22 de abril de 1949 polo que se protexen os Castelos
b) Decreto 571/1963, de 14 de Marzo, polo que se protexen os cruceiros, escudos, emblemas, pedras heráldicas, rolos de xustiza, cruces de termo e pezas similares de interese histórico-artístico, con antigüidade de máis de 100 anos.
c) Decreto 449/1973 de 22 de febreiro polo que se colocan baixo a protección do Estado os Hórreos e Cabazos existentes en Asturias e Galicia con máis de 100 años (PHC).
d) Lei 16/1985, de 25 de xuño do patrimonio histórico español (LPHE). e) Lei 8/1995, de 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia (LPCG)
f) Lei 3/1996 de 10 de Maio de Protección dos Camiños de Santiago (LPCS) e decreto 46/2007 de 8 de marzo polo que se regula a composición e funcionamento do Comité asesor do Camiño de Santiago g) Decreto 199/1997 de 10 de xullo polo que se regula a actividade arqueolóxica en Galicia (AAG).
h) Lei 5/2006 de 30 de xuño, para a protección, a conservación e a mellora dos ríos galegos, que declara a conservación dos bens de patrimonio cultural (Muíños) vinculados aos mesmos, de interese xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (LPRG).
Artigo 418.- Tipos de bens do patrimonio cultural de Galicia
De conformidade co establecido no Art. 24 LPCG, o Patrimonio Cultural de Galicia clasifícase como: 1. BENS DECLARADOS
Serán aqueles considerados como bens de interese Cultural (BIC), previa incoación do oportuno expediente.
2. BENS CATALOGADOS
Serán aqueles que se incorporen ao Catálogo do patrimonio cultural de Galicia. 3. BENS INVENTARIADOS
Son aqueles que, sen estar incluídos nalgunha das categorías anteriores, merecen ser conservados e se inclúan no Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia.
Artigo 419.- Réxime xeral de protección 1. BENS DE INTERESE CULTURAL
a-1) A incoación dun expediente de declaración de Ben de Interese Cultural (BIC), respecto a un inmoble determinará a suspensión das correspondentes licenzas municipais de parcelación, edificación e demolición nas zonas afectadas, así como dos efectos das xa outorgadas (Art. 35.1 LPCG)
PXOM de Fisterra (A Coruña) a-2) As obras que por causa de forza maior, interese xeral ou urxencia, tivesen que realizarse con carácter
inaprazable precisarán, en todo caso, autorización dos Organismos Competentes da Consellería de Cultura.
a-3) Calquera intervención que pretenda realizarse nun inmoble declarado BIC haberá de ser autorizada pola Consellería de Cultura, previamente á concesión da licenza municipal.
a-4) Calquera intervención nun inmoble declarado BIC, haberá de ir encamiñada á súa conservación e mellora, de acordo cos criterios establecidos no Art. 39 LPCG.
2. BENS CATALOGADOS
Calquera intervención nun inmoble catalogado e no seu contorno, precisará a autorización previa da Consellería de Cultura.
3. BENS INVENTARIADOS
Os bens inventariados gozarán dunha protección baseada en evitar a súa desaparición, e estarán baixo a responsabilidade do Concello e da Consellería de Cultura, que haberá de autorizar calquera intervención que lles afecte.
Artigo 420.- Catálogo de protección
a) Os bens do patrimonio cultural e os seus contornos de protección existentes no termo municipal de FISTERRA inclúense no Catálogo do presente PXOM.
b) Para cada ben protexido, o catálogo contén unha ficha individualizada na que figuran: Clave e referencia en plano, Denominación, Localización, Grao de protección, Clasificación do solo, Descrición e Fotografía/s.
c) O Catálogo terá carácter aberto, sendo susceptible de incorporarse os xacementos ou bens patrimoniais que se descubran con posterioridade á aprobación definitiva do presente PXOM, en cuxo caso se tramitará a correspondente modificación puntual do PXOM, de conformidade co disposto no Artigo 21 da presente Normativa.
d) Segundo a lei 8/95 de patrimonio cultural, os elementos catalogados non son trasladables, excepto os supostos que a lei establece.
Sección 2ª.- NORMAS XERAIS DE PROTECCIÓN
Artigo 421.- Patrimonio cultural
A efectos do presente PXOM o patrimonio cultural do termo municipal de FISTERRA divídese en: 1. PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO E ETNOGRÁFICO
2. PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO 3. CAMIÑO DE SANTIAGO
Artigo 422.- Eido de protección dos elementos incluídos no catálogo 1. INVENTARIO DE ELEMENTOS CATALOGADOS.
a-1) Cada elemento incluído no catálogo do presente PXOM, conta cunha ficha individualizada que contén a súa identificación, localización, descrición das características do elemento e nivel de protección asignado.
a-2) Os citados elementos e as parcelas nas que se sitúan, gráfanse nos planos de ordenación. 2. EIDOS DE PROTECCIÓN DOS ELEMENTOS CATALOGADOS
a-1) Para cada elemento incluído no catálogo do presente PXOM, delimítanse os correspondentes eidos de protección, que varían en función do tipo de ben protexido e da clasificación de solo na que se sitúa o elemento.
a-2) A delimitación das correspondentes zonas e áreas de protección, gráfanse nos planos de ordenación.