• No se han encontrado resultados

Provincia de ourense. n.º 193 Martes, 23 agosto D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "Provincia de ourense. n.º 193 Martes, 23 agosto D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e"

Copied!
32
0
0

Texto completo

(1)

Dep. legal: OR-1/1958 · Franqueo concertado 30/2

Boletín oficial

Provincia de ourense

n.º 193 · Martes, 23 agosto 2016

D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

sUMaRio

iv. entidades locais cartelle

Aprobación definitiva da delimitación do solo de núcleo rural

de Santabaia de Anfeoz-Concello de Cartelle ... 2

IV. ENTIDADES LOCALES Cartelle

Aprobación definitiva de la delimitación del suelo del núcleo rural de Santabaia de Anfeoz- Concello de Cartelle ... 17

(2)

iv. entidades locais IV. ENTIDADES LOCALES

cartelle

Memoria descritiva e xustificativa - Antecedentes.

Presentada en dependencias municipais a documentación de delimitación de núcleo de Santa Baia de Anfeoz, procédese a súa aprobación inicial polo Pleno municipal do Concello con data 26 de xaneiro de 2012.

En outubro de 2012, redáctase texto refundido da menciona- da delimitación, entregado no Concello con data 23 de Outubro de 2012, no que se recolle a diferenciación das dúas clases de solo que conforman o núcleo, para dar resposta as esixencias do informe do Servizo de urbanismo do departamento territo- rial de Ourense, notificado por parte da Consellería de medio ambiente, a 26 de abril de 2012.

Por outra banda, en decreto de data 6 de setembro do 2012, disponse por parte da Diputación Provincial de Ourense, infor- mar favorablemente a delimitación do solo de núcleo rural de Santabaia.

A 31 de Xaneiro de 2013, emítese anexo á delimitación no que se reflicten as aliñacións e liña límite de edificación, para dar resposta a informe emitido pola Axencia Galega de infraestru- turas de 28 de setembro de 2012.

Con data 2 de agosto de 2013, emítese informe da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, no que se expoñen unha serie de medidas protectoras e correctoras a incorporar no expediente.

Emitido informe do Servizo de Urbanismo de la Consellería de medio ambiente, territorio e infraestruturas da Xunta de Galicia, con fecha 27 de xuño de 2014, Exp. 24/2012- PTU-OU 12/029, no que, unha vez analizada a documentación presen- tada, se require completar a documentación inicialmente pre- sentada.

Con data 16 de maio do 2014, emítese informe favorable da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, condicionado a incorpo- ración das medidas protectoras e correctoras expostas no devandito informe.

Con data de 6 de maio do 2015 emítese informe desfavorable da Agencia Galega de infraestruturas, AXI, precisando a necesi- dade de aumentas as distancias entre aliñacións de viario ata 16 m. medidas entre elas, así como a necesidade de integrar no expediente as determinacións necesarias para garantir que a ordenación do núcleo é coherente coa lexislación sectorial en materia de estradas. Ditas determinación adxuntas a AXI ao informe de data 6 de maio do 2015

Procédese, a continuación, a redacción dun novo documento refundido de delimitación de núcleo no que se reflicten tódalas modificacións esixidas polos distintos organismos.

- Obxecto e normativa urbanística.

O concello de Cartelle carece de instrumento de planeamento propio, polo que será de aplicación a Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia e as súas modificacións posteriores (en diante LOUG), e as Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento Provinciais, aprobadas o 3 de abril de 1991.

O presente Expediente de Delimitación do Solo de Núcleo Rural de Santabaia se redacta seguindo as directrices estable- cidas na disposición adicional segunda da LOUG:

“Disposición adicional segunda.-Réxime do solo nos munici- pios sen planeamento.

2. Para edificar nos núcleos rurais existentes nos municipios sen planeamento será necesaria a previa aprobación do expe- diente de delimitación de solo de núcleo rural, no que se acre-

ditará o cumprimento dos requisitos establecidos polo artigo 13º desta Lei.

O expediente conterá o estudo individualizado do núcleo rural, conforme o sinalado polo artigo 61º.3 desta lei, así como os planos de delimitación do perímetro do núcleo rural.

Tamén quedarán reflectidos o trazado da rede viaria pública existente e os espazos reservados para dotacións e equipamen- tos públicos, así como as determinacións previstas nas letras d) e f) do artigo 56º.1 desta lei.

O expediente tramitarao o concello con información pública por prazo mínimo dun mes,

mediante anuncio que se deberá publicar no Diario Oficial de Galicia e en dous dos diarios de maior difusión na provincia. O expediente aprobarao provisionalmente o órgano municipal competente para a aprobación do planeamento xeral e remiti- rallo ao secretario ou á secretaria xeral competente en materia de urbanismo para que resolva sobre a aprobación definitiva no prazo de tres meses contados a partir da recepción do expe- diente completo no rexistro da consellaría. Transcorrido este prazo sen resolución expresa, entenderase aprobado por silen- cio administrativo.”

A finalidade de este expediente é a aprobación do Expediente de Delimitación do Solo de Núcleo Rural de Santabaia no Concello de Cartelle, promovido polo Concello de Cartelle a instancias de dona María del Carmen Pérez Vázquez, como pro- pietaria dunha parcela incluída no mencionado núcleo.

- AXENTES.

-PROMOTOR:

O presente Expediente de Delimitación do Núcleo rural de Santabaia (Cartelle), é promovido polo Concello de Cartelle.

NOME: CONCELLO DE CARTELLE C.I.F.: P-3202100-H

DOMICILIO: PRAZA TOXAL, 1. OUTOMURO. 32824 OURENSE.

A instancias da propietaria dunha parcela incluída no mencio- nado núcleo, cuxos datos son:

NOME: MARÍA DEL CARMEN PÉREZ RODRÍGUEZ C.I.F.: 7.526.309-L

DOMICILIO: C/ PORTOCRISTO Nº-10, ESC. IZQUIERDA, 8ºD.

28924. ALARCÓN. MADRID.

-EQUIPO REDACTOR:

ARQUITECTOS: AURELIO OUTEIRIÑO FERNÁNDEZ ALBERTO DE PAULA PRIETO

DOMICILIO: RÚA PROGRESO 71, 2º. OURENSE.

- Criterios

A documentación, tanto gráfica como escrita, redactase para acreditar o cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 13 da LOUG, xa que o núcleo de Santabaia (Cartelle) constitúe un asentamento de poboación singularizado en función das súas características morfolóxicas, tipoloxía tradicional das edifica- cións, vinculación coa explotación racional dos recursos natu- rais e co medio físico onde se sitúa, figurando ademais diferen- ciado administrativamente no censo e no padrón oficial.

No presente documento realizase unha análise do grado de consolidación pola edificación, así como das tipoloxías edifica- torias, características de ocos, cubertas, materiais, cores e for- mas construtivas empregadas nas edificacións e construcións tradicionais do asentamento. Analizase tamén a morfoloxía do núcleo, infraestruturas e dotacións existentes e patrimonio cul- tural. Reflíctese a delimitación do Solo de Núcleo Rural partin- do do recoñecemento dunha realidade territorial e xeográfica, así como dos usos existentes e dos valores de índole medioam- biental.

Segundo o artigo 13 da LOUG, “a súa delimitación deberá de facerse en función das previsións de crecemento que o plan

(3)

xeral estableza para o núcleo e tendo en conta que o ámbito delimitado deberá presentar un grao de consolidación pola edificación, de acordo coa ordenación urbanística que para el se prevexa no plan, igual ou superior a un terzo da súa super- ficie”.

A instrución 4/2011, de 12 de abril, sobre a metodoloxía de cálculo do grao de consolidación edificatoria na delimitación do solo de núcleo rural, ao abeiro do disposto na Lei 2/2010, esta- blece no seu artigo 1º o ámbito de aplicación da mesma espe- cificando:

“Delimitación dos tipos básicos do solo de núcleo rural ao abeiro do artigo 13 da LOUG, no campo da redacción dos plans xerais e das súas modificacións; así como nos expedientes de delimitación do solo de núcleo rural previstos na disposición adicional segunda da LOUG”.

Segundo a Instrución citada o grao de consolidación é a rela- ción entre o número de parcelas edificadas e o número de par- celas edificables, expresada en porcentaxe, para cada ámbito concreto delimitado de núcleo rural.

Para determinar o grao de consolidación establece dous tipos de método de cálculo, un método gráfico e un método numéri- co ou simplificado.

Neste caso optase polo método numérico ou simplificado.

O método numérico ou de cálculo simplificado permite deter- minar o número total de parcelas edificables aplicando o coe- ficiente correctos de 1,75 ás parcelas hipotéticas que resultan de dividir a superficie bruta do ámbito entre a parcela mínima edificable que o plan estableza. Ten un carácter aproximativo, pero non se observa inconveniente no seu emprego como ins- trumento áxil, toda vez que do estudo pormenorizado da ins- trución, resulta conservador en relación con método gráfico.

Cálculo do grado de consolidación

A delimitación do núcleo reflicte dous tipos de solo que con- forman o núcleo rural complexo, que son o histórico-tradicional e o común. O delimitado como núcleo histórico-tradicional, presenta unha superficie de 13.123,40 m2. O grado de consoli- dación neste solo histórico tradicional e do 99%, superior o 50%

sinalado no artigo 13 da Lei 9/2002 LOUPMR de Galicia, en base os seguintes cálculos:

Grao de consolidación (%) = coeficiente corrector 1,75 x [nº parcelas edificadas / nº parcelas edificables] x 100.

Sendo:

N.º de parcelas edificables = superficie bruta do ámbito / superficie de parcela mínima edificable.

Polo tanto:

N.º de parcelas edificables = 13.118,49 m² / 300 m² = 44 par- celas

Grao de consolidación (%) do núcleo histórico-tradicional = 1,75 x [ 25 / 44 ] x 100 = 99 %, superior ó 50% esixido para este tipo de solo.

O delimitado como núcleo común, presenta unha superficie de 73.834,71 m2. O grado de consolidación neste solo común e do 39%, superior o 33% sinalado no artigo 13 da Lei 9/2002 LOUPMR de Galicia, en base os seguintes cálculos:

Grao de consolidación (%) = coeficiente corrector 1,75 x [nº parcelas edificadas / nº parcelas edificables] x 100.

Sendo:

N.º de parcelas edificables = superficie bruta do ámbito / superficie de parcela mínima edificable.

Polo tanto:

N.º de parcelas edificables = 73.834,71 m² / 400 m² = 185 par- celas

Grao de consolidación (%) do núcleo común = 1,75 x [ 41 / 185 ] x 100 = 39%, superior ó 33% esixido para este tipo de solo.

- Situación. Topografía e hidroloxía.

O concello de Cartelle pertence á comarca de Celanova, e atópase formado por doce parroquias, sendo Outomuro a capi- talidade do concello.

A extensión do concello é de 93,94 km2, sendo un dos conce- llos polo que discorre o río Arnoia.

As doce parroquias que forman o concello comunícanse de xeito doado a través de numerosas estradas locais. A estrada N- 540, que cruza o concello polo sureste facilita a conexión con Ourense, situado a 28 km e con Celanova, a 14 km.

B o l e t í n O f i c i a l P r o v i n c i a d e O u r e n s e n . º 1 9 3 · M a r t e s , 2 3 a g o s t o 2 0 1 6 3

A extensión do concello é de 93,94 km2, sendo un dos concellos polo que discorre o río

A

Foto aérea de Santabaia (Cartelle)

(4)

B o l e t í n O f i c i a l P r o v i n c i a d e O u r e n s e n . º 1 9 3 · M a r t e s , 2 3 a g o s t o 2 0 1 6 4

A extensión do concello é de 93,94 km2, sendo un dos concellos polo que discorre o río

A

Situación de Cartelle na Comunidade Autónoma Situación de Cartelle na Comarca de Celanova

Situación de Santabaia no concello de Cartelle

O concello de Cartelle presenta unha poboación de 3.344 habitantes segundo o censo do ano 2010 publicado polo instituto nacional de estadística.

(5)

Poboación de Cartelle por sexo e idade 2010 (grupos quinque- nales)

IDADE; HOMES; MULLERES; TOTAL 0-4; 35; 23; 58

5-9; 21; 26; 47 10-14; 38; 30; 68 15-19; 40; 34; 74 20-24; 77; 60; 137 25-29; 88; 87; 175 30-34; 98; 75; 173 35-39; 95; 78; 173 40-44; 107; 80; 187 45-49; 93; 69; 162 50-54; 96; 77; 173 55-59; 127; 112; 239 60-64; 124; 135; 259 65-69; 162; 149; 311 70-74; 130; 134; 264 75-79; 135; 218; 353 80-84; 102; 152; 254 85-; 71; 166; 237

TOTAL: 1.639; 1.705; 3.344

Como é habitual en Galicia, hai un elevado número de persoas que realizan unha agricultura de autoconsumo nas hortas pró- ximas ás vivendas. Esta baixa actividade agrícola y gandeira provoca que moitas parcelas con alta potencialidade agrícola estean dedicadas a outros usos ou en estado de abandono. Os cultivos mais frecuentes son os destinados ó consumo humano, como as patacas e a vide, con cultivos para a alimentación do gando, como o millo.

- Características morfolóxicas. Análises do modelo de asenta- mento.

De acordo coa clasificación tipolóxica dos asentamentos rurais en Galicia que establece Fariña Tojo poderíamos definir Santabaia como unha aldea polinuclear con caserío denso.

Dito núcleo ten un espazo claramente definido no entorno da igrexa e que pode considerarse como a orixe do núcleo. Existe por outra banda outra zona do núcleo mais dispersa e que é a area de crecemento do mencionado núcleo.

Estamos polo tanto ante un núcleo rural complexo, o ser un asentamento de poboación caracterizado por ser resultado da concorrencia e compatibilidade no seo dun mesmo asentamen- to rural dos dous tipos básicos de núcleos rurais, e dicir, núcleo rural histórico-tradicional e núcleo rural común.

Na totalidade do núcleo rural delimitado proposto neste documento, existen un total de 66 vivendas e outras constru- cións que non teñen o carácter de edificación e polo tanto non se contabilizan, coma os galpóns. O Núcleo conta cunha superficie de 86.958,11 m², de acordo á delimitación do pre- sente documento, tal y como se reflexa na documentación gráfica adxunta.

Ao ser un núcleo rural complexo diferenciarase do núcleo rural común mediante a súa delimitación, en función das súas características morfolóxicas, e da tipoloxía tradicional das edi- ficacións, características estas que manifestan a imbricación tradicional do núcleo co medio físico no que se sitúa.

Características do núcleo rural histórico-tradicional e núcleo rural común.

A rede viaria responde a unha tipoloxía perimetral ao núcleo.

Trátase de unha rede posterior a formación do núcleo histórico tradicional, actual estrada autonómica OU-404, externa o mesmo, que ten un carácter delimitador do núcleo e entorno a cal se estendeu o mesmo, xerando o que hoxe e o núcleo rural común, sendo que na actualidade dispón de beirarrúas por

ámbalas marxes, iluminación, rede eléctrica, telefonía e redes de abastecemento de auga e saneamento.

A estrutura viaria interna do núcleo é en calquera caso mais ben orgánica, xa que este núcleo responde orixinalmente a un asentamento de tipo orgánico.

O parcelario é moi variado, con parcelas rectangulares ou irregulares. No núcleo rural histórico tradicional a maior parte das vivendas sitúanse nas parcelas ocupándoas completamente;

así, en moitos casos, forman núcleos de vivendas moi concen- tradas sen hortas interiores e coas casas compartindo os muros medianeiros, mentres as parcelas para explotación atópanse aloxadas arredor do núcleo. As parcelas do interior do núcleo histórico tradicional son xeralmente pequenas e ocupadas pola edificación case totalmente no centro do núcleo. No núcleo común alcanzan dimensións maiores.

As vivendas tradicionais son de pedra de gran ou xisto con cubertas de tella, compostas por baixo e primeiro, o que se accede por escaleiras exteriores. As casas están pechadas ao exterior por altos muros de pedra con grandes portóns. Dentro do núcleo tamén atopamos novas vivendas que se afastan da tipoloxía tradicional tanto na forma como nos materiais empregados.

Tal e como se reflexa na documentación gráfica o núcleo pre- senta as seguintes construcións:

- 39 vivendas de carácter tradicional.

- 27 vivendas de carácter non tradicional.

- 07 palleiras e/ou galpóns, con independencia do seu grao de conservación.

- 01 igrexa.

A tipoloxía máis común e unha edificación de dúas plantas, xeralmente de planta rectangular, aínda que se presenta unha grande variedade de solucións combinadas de moi diversos modos partindo do acceso exterior á vivenda situada case sem- pre no primeiro andar por medio de escaleiras feitas integra- mente de granito que desembocan en patíns, corredores ou solainas.

A actividade fundamental e a agraria e gandeira, actividades propias vinculadas ó sector primario.

En canto aos peches de parcelas, dado que na maior parte das parcelas a vivenda ocupa o 100% da superficie, non exis- ten peches. Entre os que existen, solen ser nas parcelas agrí- colas que rodean ao núcleo e entran nel nalgún punto, hai que ter en conta as diferenzas entre as vivendas tradicionais, con peches de pedra (normalmente granítica e de tamaño varia- do), e as de nova construción, con peches de bloques de for- migón e mallas metálicas. Moitas outras parcelas non presen- tan división aparente.

A diferenza da maior parte dos núcleos do Concello, no caso de Santabaia a igrexa atópase no interior do núcleo. Aparecen tamén varios hórreos, ocupando espazos libres próximos ás edi- ficacións do núcleo.

En canto ao tamaño de las parcelas, nas proximidades do núcleo, así como noutros núcleos do concello que teñen mais extensión de uso agrícola, aparecen parcelas de extensións reducidas, a diferenza das zonas forestais e doutros do conce- llo, rodeados dunha pequena franxa agrícola e con grandes fin- cas de monte veciñal.

En canto ao topónimo do núcleo, Santa Baia de Anfeoz , como consta nas listas de padróns e censos municipais, o núcleo ató- pase recollido no decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboa- ción da provincia de Ourense.

B o l e t í n O f i c i a l P r o v i n c i a d e O u r e n s e n . º 1 9 3 · M a r t e s , 2 3 a g o s t o 2 0 1 6 5

(6)

- Características das construcións tradicionais.

O núcleo caracterizase en xeral por unha rede viaria de tra- zado sensiblemente orgánico, en torno a cal se desenrolan as vivendas que conforman o núcleo, de pedra da zona, planta baixa para cuadras e palleiros, planta primeira para vivenda, con escaleiras exteriores, corredor en algúns casos e abundan- cia de hórreos no núcleo de poboación.

As casas tradicionais son de granito e xisto con cubertas de tella compostas por baixo primeiro piso e xeralmente corredo- res ou balconadas con escaleiras exteriores, algunhas teñen muros altos con grandes portóns que dan acceso a patios inte- riores. A tipoloxía tradicional non esta ben conservada pois as casas do núcleo tradicional soportaron tantas reformas que non e doado recoñecer os elementos tradicionais.

Os muros das construcións, aínda que existen cachotería e sillería de granito, son na súa grande parte de cachotería de laxas de xisto tal e como se aprecia nas construcións máis anti- gas e nas ruínas. Aparecen nestas últimas revestimentos e encintados de carácter ornamental ocultando a xunta real da fábrica.

As fiestras e portas están moi deterioradas ou teñen sido subs- tituídas por outras de aluminio.

As cubertas son a dúas ou catro augas, con tella curva sobre estrutura de madeira.

Como elementos exteriores singulares aparecen corredores e nalgúns casos puntuais patíns. As vivendas presentan en algúns casos corredores ou balcóns e tamén é frecuente a presenza de escaleiras exteriores e de estreitos pasos entre as edificacións.

Os muros están directamente asentados sobre o terreo de natureza rochosa.

As construcións tradicionais son de pedra. A cuberta típica é a dúas augas e de tella. A prolongación da cuberta da lugar ós corredores antes sinalados, que están pechados por varandas horizontais e que en moitos casos son o acceso á vivenda situa- da no andar superior. O chan destes corredores é xeralmente de madeira e en ocasións toda a estrutura está soportada por pia- res de granito

A planta baixa soe estar ocupada por unha bodega, unha cua- dra ou unha palleira, mentres que a primeira planta se reserva para o palleiro e para a vivenda.

Como se pode ollar nas fotografías incorporadas a esta memo- ria, o habitual nos cerramentos da edificación tradicional son as estruturas de pedra de diferentes tamaños, formas e mate- rial. Nalgunhas ocasións aparece combinada con outros ele- mentos incorporados recentemente.

Estas edificacións tradicionais sufriron desgastes co paso do tempo, e a rehabilitación das mesmas realizouse con materiais variados. Así, en algúns casos aparece sobre a planta baixa de pedra, a primeira planta de ladrillo, pechando incluso o corre- dor, que queda incorporado á vivenda.

Os peches mais recentes tamén difiren considerablemente dos tradicionais e son de bloques de formigón e de unha com- binación entre formigón e mallas metálicas.

Por outra parte, as novas edificacións que aparecen na parte externa do núcleo histórico tradicional, próximas ás vías de comunicación, son de materiais totalmente diferentes ós tra- dicionais, e incorporan o formigón, o ladrillo e o aluminio.

Desaparecen os corredores e as escaleiras exteriores, e solen constar de planta baixa, dedicada a garaxe ou a vivenda, un primeiro piso, destinado á vivenda, e un aproveitamento baixo cuberta. Ademais, a diferenza das vivendas tradicio- nais, non ocupan o 100% das parcelas, senón que na maioría das ocasións ocupan menos do 50%, situándose illadas ou cen- tradas na parcela.

Polo tanto, atopámonos na actualidade con un núcleo onde predomina a vivenda tradicional, pero coa incorporación de vivendas rehabilitadas e vivendas de nova construción. Así se reflicte na documentación gráfica.

Os hórreos son moi abundantes en todo o concello e, en oca- sións, agrupados. Tanto dende o punto de vista arquitectónico como artístico, etnográfico ou funcional, o hórreo é a constru- ción mais importante, orixinal e lograda das que forman parte da casa, caracterizando e formando parte da paisaxe. A súa función xenérica é a de ser o graneiro do millo, xa que no seu recinto se almacenan as espigas. O emprazamento do hórreo sempre que é posible, é preto das vivendas, como se aprecia na documentación gráfica.

- Ordenanzas.

Ordenanza 01.- Solo de núcleo rural histórico-tradicional Ámbito: Correspondese coa área delimitada no presente expediente, que engloba as edificacións tradicionais do asenta- mento.

Condicións particulares:

Usos: característico: residencial

compatibles: terciarios, produtivos, turísticos, pequenos talleres e novas tecnoloxías da información, dotacionais, asis- tenciais e vinculados a servizos públicos.

Tipoloxía: a tradicional do núcleo (edificación illada ou ado- sada). A tipoloxía das novas edificacións será congruente coas tipoloxías identificadas como tradicionais. Neste senso non se permiten as edificacións que sexan características das zonas urbanas, aquelas cuxa tipoloxía resulte impropia coas existen- tes no asentamento, as naves industriais de calquera tipo e as vivendas acaroadas proxectadas en serie, de características similares e colocadas en continuidade en máis de 3 unidades (artigo 28.1.a, 28.1.b e 28.2.a da LOUGA).

Aliñacións: as consolidadas ou no seu defecto as definidas nos planos de ordenación. En caso de que existan aliñacións defini- das por edificacións existentes manterase a citada aliñación.

Parcela mínima edificable: 300 m2. Poderán autorizarse edi- ficacións en parcelas menores, cando estean localizadas entre outras xa edificadas que imposibiliten alcanzar a parcela mínima.

Fronte mínimo de parcela: 4,00 m. Poderán autorizarse edifi- cacións con frontes de parcelas menores, cando estean cons- truídas as parcelas colindantes e estas presenten, ademais, medianeiras consolidadas.

Ocupación máxima de parcela: para garantir que o volume das novas edificacións sexa similar o das edificacións tradicio- nais existentes, a superficie máxima ocupada en planta non poderá superar os 100 m2. Dita superficie poderá ampliarse sempre e cando a edificación se descompoña en volumes dife- renciados ou cando se trate da rehabilitación das edificacións xa existentes. Neste caso manterase a ocupación existente no momento da rehabilitación.

Edificabilidade máxima: 250m2. Solo poderá superarse esta edificabilidade cando se trate da rehabilitación das edifica- cións xa existentes, en tal caso manterase a existente no momento da rehabilitación.

Fondo máximo edificable: o consolidado ou no seu defecto un máximo de 12,00 m.

Recuamentos: Serán, tanto os relativos á liña de peche como á liña de edificación e ás plantas baixo rasante os seguintes:

-A viarios: a consolidada ou no seu defecto a aliñación esta- blecida graficamente. En caso de non existir, a consolidada polas edificacións xa existentes. No caso de tratarse de viario de titularidade municipal, os peches serán a 4 metros do eixo

(7)

da vía, debéndose recuar a edificación un mínimo de 3 m do peche.

-A lindeiros:

- A lindeiro posterior 3 m

- A outros lindeiros cando no se acaroa a edificación: 3 m Volume máximo de edificación: o volume máximo da edifica- ción será similar ao das edificacións tradicionais existentes no núcleo rural. No caso de que resulte imprescindible superalo por esixencias do uso ou da actividade, deberá descompoñerse en dous ou máis volumes conectados entre si, co fin de adaptar as volumetrías ás tipoloxías tradicionais propias do medio rural.

En todo caso, deberán adoptarse as medidas correctoras nece- sarias para garantir o mínimo impacto visual sobre a paisaxe e a mínima alteración do relevo natural dos terreos.

Altura máxima permitida: baixo + 1 (altura máxima de 6,50 m). Manterase deste xeito a altura media das edificacións tra- dicionais existentes.

Existencia de sotos e semisotos: prohíbese a construción de novos sotos en edificacións tradicionais existentes. En casos puntuais, onde se xustifique a necesidade manifesta da mate- rialización dun soto, o acceso deberá resolverse no interior da edificación.

Os semisotos computarán como un andar e unicamente se per- mitirán cando as condicións topográficas do terreo impidan a construción da edificación doutro xeito. Terá condición de semisoto calquera porción de planta que sobresaia da rasante do terreo nalgún punto.

Pendente máxima de cuberta: igual ou inferior á media das existentes no asentamento, nunca superior a 40º. Non se auto- rizarán quebros nos faldóns da cuberta. O material de cubrición deberá ser tella cerámica. Sempre e cando se garanta a inte- gración no entorno, o concello poderá autorizar a utilización de outros materiais ou outra tipoloxía de cuberta, sempre que quede garantida a integración no entorno.

Altura máxima de cumio: 3.00 m. con respecto á cara superior do forxado de teito da última planta construída.

Aproveitamento baixo cuberta: autorizado, tendo en conta que a altura máxima de cumio é de 3 metros.

Criterios estéticos:

o As canles e baixantes situadas no exterior da edificación non presentarán molduras e serán de chapa metálica, cobre ou zinc, con acabado mate e sección preferentemente circular.

o O acabado exterior das edificacións será de pedra ou mate- riais tradicionais e propios da zona, coas excepcións indicadas no artigo 29 da LOUGA.

o O material de cuberta será o tradicional da zona, tella cerá- mica, aínda que en casos excepcionais poderán empregarse solucións e materiais respectuosos e que harmonicen cos tradi- cionais, como pode se zinc, cobre, etc.

o De facerse novos remates de chemineas deberán harmonizar cos tipos tradicionais existentes.

o As carpinterías e ocos serán dos materiais, cores e configu- racións existentes no contorno, empregando preferentemente madeira pintada e admitindo o emprego de aluminio lacado. Os elementos de escurecemento serán preferentemente mediante contras de madeira, non se permiten as persianas exteriores.

Vos: nas edificación tradicionais non se permitirá a formación de novos vos, con excepción dos beiril, nin recuamentos de fachada, mantendo a configuración volumétrica existente. Nas novas edificacións estes vos, novamente ca excepción dos bei- ril, gardarán a distancia a lindeiros reflectida na ordenanza municipal que lle corresponda.

Beiriles: o voo máximo dos beiriles será de 25 centímetros, sobre la liña de fachada ou sobre os corpos voados. Cando exis-

tan corpos voados, o beiril da cuberta do edificio, deberá axus- tarse ó contorno dos mesmos.

Non deben exceder do plano de fachada elementos estrutu- rais de formigón, nin cornixas, molduras ou elementos decora- tivos.

Peches: os peches terán unha altura máxima de 2,00 m. Se admite que teñan unha parte cega de sillería ou mampostería de pedra que non poderá superar 1,00 metro. O resto do peche poderá alcanzar os 2,00 metros con elementos de tipo vexetal, rexerías caladas ou mallas permeables, etc.

Ordenanza 02.- Solo de núcleo rural común

Ámbito: correspondese coa área delimitada no presente expe- diente, sendo asentamentos de poboación recoñecibles como solo de núcleo rural pero que non presentan as características necesarias para a inclusión no histórico-tradicional.

Corresponde a área de crecemento do núcleo.

Condicións particulares:

Usos: característico: residencial

compatibles: terciarios, produtivos, turísticos, pequenos talleres e novas tecnoloxías da información, dotacionais, asis- tenciais e vinculados a servizos públicos.

Tipoloxía: a tradicional do núcleo (edificación aislada ou ado- sada).

Aliñacións: as consolidadas ou no seu defecto as definidas nos planos de ordenación. En caso de que existan aliñacións defini- das por edificacións existentes, manterase a citada aliñación.

Parcela mínima edificable: 400 m2. Poderán autorizarse edi- ficacións en parcelas menores, cando estean localizadas entre outras xa edificadas que imposibiliten alcanzar a parcela mínima.

Fronte mínimo de parcela: 6,00 m. Poderán autorizarse edifi- cacións con frontes de parcelas menores, cando estean cons- truídas as parcelas colindantes e estas presenten, ademais, medianeiras consolidadas.

Ocupación máxima de parcela: Hasta 100 m2 de parcela, o 100%. Hasta 150 m2 de parcela, 80%. Hasta 200 m2 de parcela, 70%. e de aí en adiante, 50%. Para garantir que o volume das novas edificacións sexa similar o das edificacións tradicionais existentes, a superficie máxima ocupada en planta non poderá superar, en ningún caso, os 200 m2. Solo poderán superarse estes parámetros cando se trate da rehabilitación das edifica- cións xa existentes, en tal caso se manterá a ocupación exis- tente no momento da rehabilitación.

Edificabilidade máxima: 1m2/m2.

Cando se poda edificar en parcelas inferiores a parcela míni- ma a edificabilidade máxima será a seguinte: de 100 a 200 m2 de parcela, 2 m2/m2. de 200 a 400 m2.de parcela, 1,5 m2/m2.

Solo poderá superarse esta edificabilidade cando se trate da rehabilitación das edificacións xa existentes, en tal caso se manterá a existente no momento da rehabilitación.

Recuamentos: serán, tanto os relativos á liña de peche como á liña de edificación e ás plantas baixo rasante os seguintes:

-A viarios: a consolidada ou no seu defecto a aliñación esta- blecida graficamente. No caso de tratarse de viario de titulari- dade municipal, os peches serán a 4 metros do eixo da vía, debéndose recuar a edificación un mínimo de 3 m do peche.

-A lindeiros:

- A lindeiro posterior 3 m

- A outros lindeiros cando no se acaroa a edificación: 3 m Altura máxima permitida: baixo + 1 (con una altura máxima de 6,5 m.)

Existencia de sotos e semisotos: prohíbese a construción de novos sotos en edificacións tradicionais existentes. En casos puntuais, onde se xustifique a necesidade manifesta da mate- B o l e t í n O f i c i a l P r o v i n c i a d e O u r e n s e n . º 1 9 3 · M a r t e s , 2 3 a g o s t o 2 0 1 6 7

(8)

rialización dun soto, o acceso deberá resolverse no interior da edificación.

Os semisotos computarán como un andar e unicamente se per- mitirán cando as condicións topográficas do terreo impidan a construción da edificación doutro xeito. Terá condición de semisoto calquera porción de planta que sobresaia da rasante do terreo nalgún punto.

Pendente máxima de cuberta: 40º. Non se autorizarán que- bros nos faldóns da cuberta. O material de cubrición deberá ser tella cerámica. Sempre e cando se garanta a integración no entorno, o concello poderá autorizar a utilización de outros materiais ou outra tipoloxía de cuberta, sempre que quede garantida a integración no entorno.

Altura máxima de cumio: 3.00 m. con respecto á cara superior do forxado de teito da última planta construída.

Aproveitamento baixo cuberta: autorizado, tendo en conta que a altura máxima de cumio é de 3 metros.

Criterios estéticos:

o As canles e baixantes situadas no exterior da edificación non presentarán molduras e serán de chapa metálica, cobre, zinc ou aluminio lacado, con acabado mate e sección preferente- mente circular.

o O acabado exterior das edificacións será de pedra ou mate- riais tradicionais e propios da zona, coas excepcións indicadas no artigo 29 da LOUGA.

o O material de cuberta será o tradicional da zona, tella cerá- mica, podendo empregarse solucións e materiais respectuosos e que harmonicen cos tradicionais, como pode se zinc, cobre, etc.o As carpinterías e ocos serán dos materiais, cores e configu- racións existentes no contorno, empregando preferentemente madeira ou materiais metálicos. Os elementos de escurece- mento serán preferentemente mediante contras de madeira, permitíndose as persianas.

Vos: Os vos proxectados, que se computarán a efectos de edi- ficabilidade de conformidade coas disposicións xerais das pre- sentes normas urbanísticas, con excepción dos beiriles, debe- rán respectar os recuamentos establecidos nesta ordenanza.

Beiriles: O voo máximo dos beiriles será de 25 centímetros, sobre a liña de fachada ou sobre os corpos voados sobre espazos públicos. Cando existan corpos voados, o beiril da cuberta do edificio, deberá axustarse ó contorno dos mesmos.

Peches: os peches terán unha altura máxima de 2,00 m. Se admite que teñan unha parte cega de sillería ou mampostería de pedra que non poderá superar 1,00 metro. O resto do peche poderá alcanzar os 2,00 metros con elementos de tipo vexetal, rexerías caladas ou mallas permeables, etc.

Ordenanza 03.- Equipamento

Ámbito: esta ordenanza é de aplicación a zona do ámbito da delimitación descrita como equipamento na documentación gráfica, a igrexa e o seu espazo perimetral.

Condicións particulares:

Usos: permitidos: relixioso e funerario.

Tipoloxía: a tradicional do núcleo (edificación illada ou ado- sada).

Aliñacións: as consolidadas ou no seu defecto as definidas nos planos de ordenación. En caso de que existan aliñacións defini- das por edificacións existentes manterase a citada aliñación.

Parcela mínima edificable: respectarase o parcelario existen- te no momento da realización desta delimitación, prohibíndose as segregacións.

Fronte mínimo de parcela: non se fixa.

Ocupación máxima de parcela: a existente na actualidade.

Recuamentos: serán, tanto os relativos á liña de peche como á liña de edificación e ás plantas baixo rasante os seguintes:

-A viarios: a consolidada ou no seu defecto a aliñación esta- blecida graficamente. En caso de non existir, a consolidada polas edificacións xa existentes. No caso de tratarse de viario de titularidade municipal, os peches serán a 4 metros do eixo da vía, debéndose recuar a edificación un mínimo de 3 m do peche.

-A lindeiros:

- A lindeiro posterior 3 m

- A outros lindeiros cando no se acaroa a edificación: 3 m Volume máximo de edificación: O volume máximo da edifica- ción será o existente na actualidade.

Altura máxima permitida: a existente na actualidade.

Existencia de sotos e semisotos: non se admiten.

Pendente máxima de cuberta: igual ou inferior á media das existentes no asentamento, nunca superior a 40º. Non se auto- rizarán quebros nos faldóns da cuberta. O material de cubrición deberá ser tella cerámica. Sempre e cando se garanta a inte- gración no entorno, o concello poderá autorizar a utilización de outros materiais ou outra tipoloxía de cuberta, sempre que quede garantida a integración no entorno.

Altura máxima de cumio: a existente na actualidade.

Criterios estéticos:

o As canles e baixantes situadas no exterior da edificación non presentarán molduras e serán de chapa metálica, cobre ou zinc, con acabado mate e sección preferentemente circular.

o O acabado exterior das edificacións será de pedra ou mate- riais tradicionais e propios da zona, coas excepcións indicadas no artigo 29 da LOUGA.

o O material de cuberta será o tradicional da zona, tella cerá- mica, aínda que en casos excepcionais poderán empregarse solucións e materiais respectuosos e que harmonicen cos tradi- cionais, como pode se zinc, cobre, etc.

o De facerse novos remates de chemineas deberán harmonizar cos tipos tradicionais existentes.

o As carpinterías e ocos serán dos materiais, cores e configu- racións existentes no contorno, empregando preferentemente madeira pintada e admitindo o emprego de aluminio lacado. Os elementos de escurecemento serán preferentemente mediante contras de madeira, non se permiten as persianas exteriores.

Vos: nas edificación tradicionais non se permitirá a formación de novos vos, con excepción dos beiriles, nin recuamentos de fachada, mantendo a configuración volumétrica existente. Nas novas edificacións estes vos, novamente ca excepción dos bei- ril, gardarán a distancia a lindeiros reflectida na ordenanza municipal que lle corresponda.

Beiril: o voo máximo dos beiriles será de 25 centímetros, sobre a liña de fachada ou sobre os corpos voados. Cando exis- tan corpos voados, o beiril da cuberta do edificio, deberá axus- tarse ó contorno dos mesmos.

Non deben exceder do plano de fachada elementos estrutu- rais de formigón, nin cornixas, molduras ou elementos decora- tivos.

Peches: os peches terán unha altura máxima de 2,00 m. Se admite que teñan unha parte cega de sillería ou cachotería de pedra que non poderá superar 1,00 metro. O resto do peche poderá alcanzar os 2,00 metros con elementos de tipo vexetal, rexerías caladas ou mallas permeables, etc.

Ordenanza 04.- Zonas verdes e espazos libres públicos Ámbito: esta Ordenanza e de aplicación as zonas do ámbito da delimitación de núcleo de zonas verdes e espazos libres públi- cos descritas na documentación gráfica.

(9)

Condicións particulares:

- Serán de uso público e estarán destinados a parques ou a xardíns para xogo de nenos, recreo dos cidadáns e mellora do ornato público.

- Estes solos deberán en xeral acondicionarse con arboredo, xardinería, sendas, elementos ornamentais e outros elementos accesorios que non ocupen máis do 5% da súa superficie. Cando a súa extensión e características o permitan admitirán instala- cións descubertas para a práctica deportiva ou edificios para o ocio, o recreo e a cultura sen que a superficie ocupada por estes últimos pase do 5% do seu ámbito. Estas instalacións ou construcións serán públicas e non limitarán ou interferirán a súa calidade vexetal nin as vistas. A altura máxima de calquera tipo de edificación será de 7 metros e non se superará unha edificabilidade de 0,05 m2/m2.

Criterios estéticos:

- Os elementos auxiliares e accesorios que poidan danar a estética do conxunto, localizaranse en lugares pouco visibles e, en todo caso, deberá someterse o seu emprazamento a aproba- ción do Concello.

- Prohíbese o emprego das zonas verdes para depósito de materiais de vertido de desperdicios ou en xeral, calquera uso que poida danar a estética propia do núcleo rural.

- Os peches con espazos públicos realizaranse preferentemen- te con sillería ou cachotería de pedra de granito colocada de xeito tradicional con unha altura máxima de 1,00 metro, podendo completar hasta 2,00 metros con especies vexetais ou rexas de madeira ou aceiro pintados. Excepcionalmente o zóca- lo poderá realizarse con outros materiais que acepte o Concello.

- As edificacións que se realicen nos terreos desta delimita- ción deberán someterse, no tocante o emprego de materiais, as seguintes condicións:

o As canles e baixantes situadas no exterior da edificación non presentarán molduras e serán de chapa metálica, cobre, zinc ou aluminio lacado, con acabado mate e sección preferente- mente circular.

o O acabado exterior das edificacións será de pedra ou mate- riais tradicionais e propios da zona, coas excepcións indicadas no artigo 29 da LOUGA.

o O material de cuberta será o tradicional da zona, tella cerá- mica, podendo empregarse solucións e materiais respectuosos e que harmonicen cos tradicionais, como pode se zinc, cobre, etc.o As carpinterías e ocos serán dos materiais, cores e configu- racións existentes no contorno, empregando preferentemente madeira pintada e admitindo o emprego de aluminio lacado. Os elementos de escurecemento serán preferentemente mediante contras de madeira, permitíndose as persianas.

Ordenanza 05.- Normativa reguladora en relación á rede auto- nómica de estradas de Galicia

- Ordenación de sistemas

- Clasificación das estradas autonómicas - Condicións da rede de estradas autonómicas

• Zona de dominio público

• Zonas de protección da estrada e liña límite de edificación

• Limitacións de uso derivadas do ruído

- Ordenanzas reguladoras do solo de núcleo rural - Condicións de parcelación

- Condicións de posición

• Posición da edificación

• Posición do peche

- Condicións de acceso - Ordenación de sistemas

Clasificación das estradas autonómicas

As estradas autonómicas clasifícanse, en atención ás súas características técnicas, segundo se dispón no artigo 4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de Estradas de Galicia, ou no precep- to correspondente da norma de rango legal que a veña a substituír.

En atención ás súas características funcionais, as estradas autonómicas clasificaranse segundo estableza a normativa de desenvolvemento da lexislación sectorial en materia de estra- das de Galicia.

Condicións da rede de estradas autonómica Zona de dominio público

1. A zona de dominio público das estradas está integrada polos terreos ocupados por todos os elementos do dominio público viario adquiridos por título lexítimo pola administración auto- nómica, e defínese segundo o previsto no artigo 37, en relación co 2, da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de Estradas de Galicia, ou nos preceptos correspondentes da norma de rango legal que a veña a substituír.

2. A execución de obras, instalacións ou a realización de cal- quera outra actividade na zona de dominio público das estradas autonómicas está suxeita ao deber de obter a correspondente autorización, previamente ó outorgamento da licenza munici- pal, no seu caso.

3. A competencia para autorizar a execución de obras, insta- lacións ou a realización de calquera outra actividade na zona de dominio público das estradas autonómicas correspóndelle á Axencia Galega de Infraestruturas ou ó órgano da administra- ción autonómica que asuma as súas funcións.

No caso de obras, instalacións ou actividades, non executadas pola administración autonómica, na parte da zona de dominio público dos treitos urbanos distinta das calzadas e das súas bei- ravías, as anteditas autorizacións serán outorgadas polos con- cellos, logo do informe vinculante da Axencia Galega de Infraestruturas, ou do órgano da administración autonómica que asuma as súas funcións. Ese informe será tamén preciso no caso de obras que vaia realizar o propio concello.

4. As limitacións á propiedade e á titularidade doutros derei- tos establecidos para a zona de dominio público serán efectivas tamén para os terreos afectados por actuacións previstas, logo de aprobados definitivamente os anteproxectos, proxectos de trazado ou proxectos de construción correspondentes.

Zonas de protección da estrada e liña límite de edificación 1. Para a protección do dominio público viario e a debida prestación do servizo público viario, ademais da zona de domi- nio público, establécense as zonas de protección da estrada denominadas de servidume e de afección, así como o trazado da liña límite de edificación.

Para o seu establecemento e delimitación estarase ao abeiro do previsto nos artigos 38 (zonas de protección da estrada e liña límite de edificación), 39 (delimitación da zona de servidu- me), 40 (delimitación da zona de afección) e 41 (delimitación da liña límite de edificación) da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de Estradas de Galicia, ou nos preceptos correspondentes da norma de rango legal que a veña a substituír.

2. A execución de obras, instalacións ou a realización de cal- quera outra actividade nas zonas de protección das estradas autonómicas está suxeita ao deber de obter a correspondente autorización, previamente ó outorgamento da licenza munici- pal, no seu caso.

B o l e t í n O f i c i a l P r o v i n c i a d e O u r e n s e n . º 1 9 3 · M a r t e s , 2 3 a g o s t o 2 0 1 6 9

(10)

3. A competencia para autorizar a execución de obras, insta- lacións ou a realización de calquera outra actividade nas zonas de protección das estradas autonómicas correspóndelle á Axencia Galega de Infraestruturas, ou ó órgano da administra- ción autonómica que asuma as súas funcións.

4. As limitacións á propiedade e á titularidade doutros derei- tos establecidos para as zonas de protección e pola liña límite de edificación serán efectivas tamén para os terreos afectados por actuacións previstas, logo de aprobados definitivamente os anteproxectos, proxectos de trazado ou proxectos de constru- ción correspondentes.

Limitacións de uso derivadas do ruído

Para a execución de obras e instalacións no contorno das estradas autonómicas, establécese como requisito previo ó outorgamento da licenza municipal a realización dos estudos necesarios para a determinación dos niveis sonoros esperables, así como para o establecemento das limitacións á edificabilida- de ou da obrigatoriedade de dispor dos medios de protección acústica necesarios, en caso de superarse os umbrais recomen- dados, segundo o establecido na normativa básica estatal en materia de ruído ou na correspondente normativa autonómica de desenvolvemento.

- Ordenanzas reguladoras do solo de Núcleo Rural Condicións de parcelación.

1. Nas parcelas lindeiras con estradas de titularidade autonó- mica só se permitirán parcelacións cando todas as parcelas resultantes teñan resolto o seu acceso a través doutros viais públicos que non sexan de titularidade autonómica.

En consecuencia, non se permitirán parcelacións no caso das parcelas que conten con acceso a través dalgunha estrada de titularidade autonómica.

2. Será requisito, para a realización de parcelacións nas zonas de servidume e afección das estradas autonómicas, a obtención previa da autorización da Axencia Galega de Infraestruturas, ou do órgano da administración autonómica que asuma as súas funcións, agás que esta teña recoñecidos como treito urbano, ós efectos da lexislación sectorial en materia de estradas, os terreos nos que se pretenda realizar aquela.

Condicións de posición Posicición da edificación

1. As edificacións e outras construcións nas marxes das estra- das autonómicas non se situarán máis próximas a estas que a aliñación de edificación sinalada nos planos de ordenación.

Non se admitirán voos sobre as aliñacións de edificación que dan fronte ás estradas autonómicas.

2. Será requisito para o outorgamento da correspondente licenza municipal para a execución de todo tipo de edificacións e outras construcións nas zonas de servidume e afección das estradas autonómicas, a obtención previa da autorización da Axencia Galega de Infraestruturas, ou do órgano da administra- ción autonómica que asuma as súas funcións, agás que este teña recoñecidos como treito urbano, ós efectos da lexislación sectorial en materia de estradas, os terreos nos que se preten- dan realizar aquelas.

Posición do peche

1. A posición dos peches de parcelas nas marxes das estradas de titularidade autonómica, segundo a súa tipoloxía, rexerase polas seguintes condicións:

a) Os peches completamente diáfanos, sobre piquetes sen cimentación de obra de fábrica, por circunstancias de aprovei- tamento agrícola ou gandeiro debidamente acreditadas, pode- rán situarse no borde da parcela.

b) Os peches diáfanos, con cimentación de obra de fábrica que non sobresaia máis de cincuenta centímetros (50 cm.) en ningún punto da rasante do terreo, non poderán situarse entre a estrada e a liña máis alonxada dela que resulte de comparar a situación da aliñación oficial exterior coa dunha liña paralela ó borde da parcela a unha distancia de dous metros (2 m.) medida horizontal e ortogonalmente dende aquela.

c) O resto de peches non diáfanos ou de obra de fábrica, non poderán situarse máis próximos á estrada que a aliñación de edificación.

2. Será requisito para o outorgamento da correspondente licenza municipal para a execución de peches nas zonas de ser- vidume e afección das estradas autonómicas, a obtención pre- via da autorización da Axencia Galega de Infraestruturas, ou do órgano da administración autonómica que asuma as súas fun- cións, agás que este teña recoñecidos como treito urbano, ós efectos da lexislación sectorial en materia de estradas, os terreos nos que se pretenda realizar aquela.

Condicións de acceso

Será requisito para o establecemento de accesos ás estradas autonómicas a obtención previa da autorización da Axencia Galega de Infraestruturas, ou do órgano da administración autonómica que asuma as súas funcións.

O outorgamento da antedita autorización de acceso será requisito previo para a obtención da correspondente licenza municipal para realizar calquera tipo de edificación na parcela, agás no caso de que se dispoña dun acceso alternativo que non se realice a través da estrada autonómica.

- Patrimonio arquitectónico e cultural.

Segundo as vixentes Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento Provinciais, aprobadas o 3 de abril de 1991, existe unha edificación catalogada como elemento a protexer por Patrimonio. Trátase da Igrexa de Santabaia, identificada na documentación gráfica adxunta, e coas características que se reflicten na ficha de protección do elemento.

Asemade segundo a Lei 8/1995 do patrimonio cultural de Galicia, posto que se descoñece a antigüidade dos hórreos exis- tentes no núcleo, considéranse inventariados, no obstante, en aplicación do Decreto 449/1973, atribuiráselle a categoría de BIC no caso de que se poida xustificar una antigüidade de máis de 100 anos.

Outro elemento existente no núcleo a reseñar e un cruceiro, que segundo o disposto no Decreto 571/1963, conta con unha categoría de protección de Ben de Interese Cultural.

Reprodúcese de seguido as consideracións da mencionada lei que serán de obrigado cumprimento no núcleo delimitado no presente expediente.

Relación do patrimonio arquitectónico e cultural.

No núcleo atópanse, entre outros, os seguintes elementos con valores culturais, estando incluídos no catálogo do núcleo de Santabaia:

1. Igrexa de Santa Baia

2. Agrupación de hórreos en aira.

Na relación do patrimonio arquitectónico e cultural reflíctese unha segunda “Agrupación de hórreos en aira” que non se atopa incluída no ámbito da presente delimitación, xa que se sitúa nunha parte do núcleo, concretamente no seu aire sur, afastada do mesmo, como se grafía a continuación:

(11)

Respecto ao patrimonio arqueolóxico:

No informe emitido pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural en data 30 de xullo de 2013, reflíctese:

“No momento actual, non hai constancia da existencia de nin- gún ben de natureza arqueolóxica no non núcleo de Santabaia de Anfeoz, non no seu contorno inmediato, polo que non pro- cede ningunha cautela dende o punto de vista da protección do patrimonio arqueolóxico.”

Respecto ao patrimonio arquitectónico:

Para garantir a axeitada protección do patrimonio cultural, tralo informe emitido pola Dirección Xeral en data 30 de xullo de 2013, desenrólanse as seguintes medidas protectoras e correctoras:

1.- O documento contén un estudo individualizado do núcleo rural, conforme ao sinalado polo artigo 61.3 da Lei 9/2002, no que se inclúe planimetría a escala adecuada (E:1/1.000) na que se define a estrutura viaria do núcleo así como a morfoloxía das edificación que o conforman, aliñacións, camiños, etc. Toda esta información reflíctese na documentación gráfica se adxun- ta, do plano 01 o plano 06.

2.- En virtude do artigo 75.2 da LOUGA, este documento con- tén un catálogo, no que se identifican os inmobles, constru- cións, instalacións e demais elementos existentes ou conxuntos destes, que merecen ser obxecto de especial protección. No apartado correspondente o catálogo inclúense as seguintes fichas:

- Elemento 01.- Igrexa de Santa Baia - Elemento 02.- Aira con hórreos - Elemento 03.- Cruceiro - Elemento 04.- Hórreo - Elemento 05.- Hórreo

O núcleo rural obxecto de delimitación, debido a alteración sufrida o longo dos anos con sucesivas reformas das edificacións existentes, non presenta, o noso entender, valores culturais e

etnográficos merecedores de protección como conxunto, soa- mente se engaden fichas individuais para aqueles elementos patrimoniais existentes no mesmo.

Non existen, polo tanto, construcións tradicionais ou adxecti- vas con elementos tipolóxicos ou valores culturais significati- vos, como se reflicte na documentación fotográfica que se adxunta en apartados posteriores.

Normativa de protección do patrimonio cultural

Partindo da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio Cultural de Galicia, no seu artigo 1.3. no que se definen aque- les bens que integran o patrimonio cultural, sendo que, tralo exame pormenorizado do núcleo obxecto de delimitación soa- mente hai que sinalar a existencia de bens de interese arqui- tectónico.

Clasificación do patrimonio arquitectónico

A Lei 8/1995 do patrimonio cultural de Galicia, no seu Título II. Réxime xeral de protección e conservación do patrimonio cultural de Galicia, no se seu Capítulo I, define o réxime de protección e conservación -artigo 24.2- establecendo tres cate- gorías de protección:

a) Bens declarados, que serán aqueles que se consideren como bens de interese cultural, logo da incoación do oportuno expediente.

b) Bens catalogados, aqueles que se incorporen ao catálogo do patrimonio cultural de Galicia.

c) Bens inventariados, aqueles que, sen estaren incluídos entre os anteriores, merezan ser conservados e se inclúan no Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia.

Os bens declarados de interese cultural, son aqueles bens mobles, inmobles e inmateriais máis sobranceiros do patrimo- nio cultural de Galicia, declarados mediante decreto da Xunta de Galicia logo da incoación do oportuno expediente. Os bens inmobles serán declarados de interese cultural atendendo ás seguintes clases: monumento, conxunto histórico, xardín histó- B o l e t í n O f i c i a l P r o v i n c i a d e O u r e n s e n . º 1 9 3 · M a r t e s , 2 3 a g o s t o 2 0 1 6 11

N

“ 3. Agrupación de hórreos en aira” exenta a delimitación do núcleo

(12)

rico, sitio ou territorio histórico, zona arqueolóxica, lugar de interese etnográfico e zona paleontolóxica.

Nesta categoría, entre outros, inclúense os cruceiros, cruces de termo e outras pezas de análoga índole con antigüidade de máis de cen anos, contemplados no decreto 571/1963 do 14 de marzo, e os hórreos ou cabazos con antigüidade de máis de cen anos, no decreto 449/1973 do 22 de febreiro, todos eles consi- derados bens de interese cultural pola disposición adicional segunda da Lei.

Os bens catalogados son aqueles que sen chegar a ser decla- rados de interese cultural, posúan especial singularidade. (art.

17.1 LPCG). Estes bens integran o catálogo do patrimonio cul- tural de Galicia xestionado pola Consellería de Cultura (art.

17.3 LPCG).

O inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia confór- mano os bens declarados de interese cultural, os catalogados e aqueloutros ós que fai referencia o artigo 1.3 e que, sen esta- ren incluídos entre os anteriores, merezan ser conservados.

Estes bens gozarán dunha protección baseada en evita-la súa desaparición e estarán baixo a responsabilidade dos concellos e da Consellería de Cultura, que deberá autorizar calquera inter- vención que os afecte. (art.54 LPCG)

Condicións xerais do catálogo e do ámbito dos contornos de protección

O criterio empregado para a elaboración do catálogo seguirá as directrices marcadas pola Lei de ordenación urbanística e protección do Medio Rural de Galicia 9/2002 coas modificacións derivadas da Lei 15/2004 e posteriores ( Art. 53.1. f e Art.75) e a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

1.- Ámbito e obxecto

No relativo á protección do patrimonio histórico artístico e etnográfico, ademais do presente nesta ordenanza, ateranse en todo o disposto pola Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimo- nio cultural de Galicia, que ten por obxecto a protección, con- servación, posta en valor, difusión e fomento do patrimonio cul- tural de Galicia, así como a súa investigación e transmisión ás xeracións futuras.

1.1.- Constitúen bens suxeitos a protección, de acordo coas determinacións da presente ordenanza e a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, os seguintes:

- Os edificios e conxuntos de interese histórico, artístico, arquitectónico e lugares etnográficos, xardíns, parques, eiras, etc. que teñan valor artístico, histórico ou antropolóxico, reflectidos e identificados nos planos de ordenación e incluídos na relación de bens protexidos do presente P.X.O.M.

-Os restos de xacementos arqueolóxicos e castros, reflectidos nos planos de ordenación e incluídos na relación do patrimonio arqueolóxico do presente P.X.O.M.

-As zonas, enclaves, edificios, construcións, restos ou xace- mentos que, se é o caso, sexan inventariados polos organismos competentes en materia de patrimonio histórico, artístico e cultural.

-Os elementos illados, identificados ou non nos planos de ordenación que, polo seu pequeno tamaño, teñen recoñecido o seu interese histórico, artístico, etnográfico e cultural. Así, mediante o Decreto 449/1973, do 22 de febreiro, quedan pro- texidos os hórreos, “cabazos”, “cabaceiros” e “canastros” de máis de 100 anos de antigüidade, e mediante o Decreto 571/1963, do 14 de marzo, os escudos, emblemas, pedras heráldicas, cruceiros e pezas similares de interese histórico - artístico de máis de 100 anos. Tendo a consideración de Bens de

Interese Cultural pola disposición adicional segunda da lei 16/85, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español. Así mesmo protéxense os restos de castelos e torres aos que se refire o Decreto do 22 de abril de 1949, sexa cal fora o seu estado de conservación.

1.2.- Os bens obxecto de protección por esta ordenanza que- dan incluídos no catálogo de fichas complementario do presen- te documento.

Os ditos bens figuran reflectidos graficamente e numerados nos planos de ordenación .

1.3.- Carácter aberto do Inventario

O Catálogo ten a consideración de aberto e será susceptible de incorporar novos elementos, ben a instancia do Concello ou ben do organismo Autonómico competente en materia de patri- monio cultural.

1.4.- Revisión ou modificación do Planeamento

De acordo co artigo 93.4 da Lei do solo de Galicia, a revisión do planeamento e as súas modificacións ou de calquera dos ele- mentos dos plans, proxectos, normas, ordenanzas ou planea- mento de desenvolvemento suxeitaranse ás mesmas disposi- cións enunciadas para a súa tramitación e aprobación, e debe- rán ser informados pola Consellería de Cultura nos mesmos ter- mos que o planeamento urbanístico xeral.

1.5.- A protección destes edificios e conxuntos vai encamiñada á súa conservación, aceptando a realización de determinadas obras en función das características do obxecto ou conxunto pro- texido, para o cal se establecen catro niveis de protección:

Nivel I, Integral Nivel II, Estrutural Nivel III, Tipolóxico Nivel IV, Ambiental

1.6.- Para a protección dos bens, establecese un contorno de protección sobre cada un deles, no que será preceptiva a auto- rización do Organismo competente en materia de Patrimonio Cultural; dito contorno de protección aparece grafado e delimi- tado nos planos de ordenación, especificamente para cada ele- mento (ou intersecando varios en caso de solaparse).

No suposto de non estar grafado, dito contorno de protección establecese, en base ao Decreto 232/2008, do 2 de outubro, sobre o Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia, a unha distancia medida desde o elemento ou vestixio máis exte- rior do ben que se protexe de:

-50 metros, cando se trate de elementos etnográficos inven- tariados (hórreos, pombais, cruceiros e petos, fornos, feiras, muíños, etc.)

-100 metros, cando se trate de elementos de arquitectura relixiosa (mosteiros, conxuntos, parroquiais, igrexas, capelas, santuarios, cemiterios, etc.), arquitectura civil (pazos, edifi- cios sinalados, vías romanas, pontes, fontes, etc.) e arquitec- tura militar (castelos, baterías, murallas, etc.)

-200 metros, cando se trate de restos arqueolóxicos (mámoas, dolmenes, petróglifos, castro, etc.)

1.7.- Sobre os bens incluídos no inventario xeral do patrimo- nio cultural de Galicia, e nos seus contornos de protección, a excepción das obras nos conxuntos históricos que conten con Plan Especial de Protección, será preciso o informe previo do Organismo competente en materia de Patrimonio Cultural, que terá carácter preceptivo e vinculante respecto ás condicións físicas que sexan requiridas para garanti-la harmonización coas características dos bens protexidos.

1.8.- Con carácter xeral a ampliación ou reforma dos cemite- rios ou camposantos nos adros ou nos ámbitos de protección

(13)

das igrexas presentes no termo municipal, estará sometida a informe preceptivo e vinculante do órgano correspondente da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, previa á concesión da licenza municipal.

1.9.- As zonas delimitadas como fincas singulares estarán sometidas ás limitacións que se establecen para o ben protexi- do que conteñen. O réxime urbanístico será o da zona onde se encadren, e non poderán ser divididas, parcelas ou segregadas, debendo manterse a configuración parcelaria da finca matriz.

2.- Definición xeral dos tipos de actuacións e obras permitidos nos edificios:

Conservación: mantemento da hixiene, ornato, seguridade e funcionalidade do ben sen alteración da forma, estrutura nin da distribución espacial.

Restauración: conservación e recuperación das calidades ori- xinais do ben, mantendo a súa forma, estrutura e distribución espacial.

Rehabilitación: mellorar das condicións funcionais e de habi- tabilidade dun edificio, con conservación da súa forma e estru- tura.

Reestruturación: actuacións de mellora e transformación en edificios con grado de deterioro ou especiais deficiencias arqui- tectónicas ou funcionais. Permite a substitución de elementos estruturais pero debe manter integramente a envolvente exte- rior e as características tipolóxicas da edificación.

Renovación: actuacións de transformación que implican a demolición total ou parcial do interior do edificio mantendo a súa envolvente exterior.

3.- Niveis de protección 3.1.- Protección integral

Aplicarase a aqueles edificios, construcións e bens inmobles da natureza semellante que reúnen un excepcional valor arqui- tectónico ou unha relevante significación cultural ou cidadán.

A mesma protección atinxe ós monumentos declarados ou inco- ados con base no establecido na lexislación galega e estatal sobre patrimonio cultural. Correspóndese con aqueles bens cul- turais insubstituíbles, que posúen valores obxectivos de carác- ter arquitectónico, histórico, artístico ou tradicional, calquera que sexa o seu estado de conservación. Estes bens deberanse manter na súa integridade, con especial respecto das súas características singulares e dos elementos que o compoñen, procurándose a súa conservación e recuperación por tódolos medios da técnica.

Para os bens declarados de interese cultural, correspónde- lles este nivel de protección Integral, estando o réxime de protección e conservación establecido na Lei 8/1995, de 30 de Outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia, para este tipo de bens. Atribuíndose a categoría de BIC en base o Decreto 449/1973 para os hórreos e o Decreto 571/1963, para os cru- ceiros.

3.1.1.- Obras permitidas nos bens catalogados.

Permítense obras de conservación e restauración destinadas a manter as condicións de hixiene, seguridade e funcionalidade do ben ou a restituír as calidades orixinais sen alteración da forma, estrutura nin distribución espacial.

3.2.- Protección estrutural

É a aplicable a aqueles edificios ou bens inmobles que polo seu valor histórico, artístico, construtivo, tipolóxico ou arqui- tectónico suficientemente significativos dentro do termo muni- cipal, e que posúen unha elevada calidade na súa conformación arquitectónica global, tanto exterior como interior, o que determina a súa valoración singular e a súa conservación para manter as súas condicións arquitectónicas tanto volumétricas, estruturais e tipolóxicas como ambientais, sen prexuízo de

obras interiores ou exteriores con elas compatibles e adecua- das ó uso pertinente, a súa estrutura e función urbana ou no medio rural.

Non se define na presente delimitación de núcleo ningún ele- mento ou conxunto obxecto de protección estrutural, polo tanto non e de aplicación este apartado.

3.2.1.- Obras permitidas

Permitiranse obras de conservación, restauración e rehabilita- ción destinadas a mellorar as condicións de habitabilidade ou funcionalidade do ben, conservando integramente a súa forma e estrutura.

3.3.- Protección tipolóxica

Son os edificios que así se recollan no catálogo e que, ben illa- dos ou ben en conxuntos, que polas súas características tipoló- xicas e coherencia ambiental deban conservar integramente a envolvente exterior e os seus elementos e características tipo- lóxicas, sen que requiran unha protección integral interna.

3.3.1.- Obras permitidas:

Permítense obras de conservación, restauración, rehabilita- ción e reestruturación destinadas a mellora-las condicións de habitabilidade ou funcionalidade do ben, conservando integra- mente a envolvente exterior do ben así como as características tipolóxicas que o caracterizan.

3.4.- Protección ambiental

Non se define na presente delimitación de núcleo ningún ele- mento ou conxunto obxecto de protección ambiental, polo tanto non e de aplicación este apartado.

3.4.1.- Obras permitidas:

Permitiranse obras de conservación, restauración, rehabilita- ción, reestruturación e renovación destinadas a mellora-las condicións de habitabilidade ou funcionalidade do ben e mesmo a calidade espacial no interior, conservando integra- mente a envolvente exterior da edificación. As fachadas a patios interiores poderán ser substituídas sempre que as obras supoñan unha mellora substancial na habitabilidade e funciona- lidade da edificación.

4.- Condicións estéticas xerais e de harmonización

Serán de aplicación nos bens protexidos e nas construcións inscritas nos ámbitos de protección para cada ben inventariado do patrimonio cultural:

-a categoría de protección e interese daqueles elementos que forman parte dun ben protexido será o mesmo que o do ben do que forman parte.

-a súa tipoloxía deberá ser congruente coas propias da zona, non podendo supor variacións das características esenciais dos edificios, nin altera-lo lugar, o volume e a tipoloxía e morfolo- xía do núcleo.

-as novas construcións manterán as condicións ambientais do núcleo, a morfoloxía do asentamento e a tipoloxía das edifica- cións do lugar, identificándose coas características propias do lugar.

-a altura total e parcial de cada planta das edificacións, o volume total e os voos quedarán cautelados pola súa integra- ción no entorno protexido.

-as cubertas estarán formadas por planos continuos sen que- braduras dos seus faldóns. A iluminación e ventilación do apro- veitamento baixo cuberta será polo testeiro ou por ventás incli- nadas situadas no plano dos faldóns de cuberta, quedando pro- hibidas as mansardas ou bufardas.

-Así mesmo nos contornos protexidos será necesario manter a tipoloxía e morfoloxía dos núcleos, patios ou currais de entra- da, pasais entre vivendas sobre o espazo público, corredores, escaleiras exteriores, galerías, patíns, muros, camiños, etc, conformadores do lugar.

B o l e t í n O f i c i a l P r o v i n c i a d e O u r e n s e n . º 1 9 3 · M a r t e s , 2 3 a g o s t o 2 0 1 6 13

Referencias

Documento similar

1.- Original del escrito de fecha 29 de abril del año en curso, signado por el licenciado Santiago Luna García, representante propietario del Partido de la Revolución Democrática

Página 1 CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA EL OTORGAMIENTO DE BECAS A ESTUDIANTES DEL MUNICIPIO DE JALPA, ZAC., EN EL MARCO DEL PROGRAMA DE BECAS TRABAJEMOS UNIDOS

DEBE CUBRIRSE CON BASE EN EL SUELDO PREVISTO EN EL ARTÍCULO 18 DE LA LEY DEL TRABAJO RELATIVA:”.- Y DE LA DOCUMENTAL.- Consistente en copia del reverso de los

Así mismo, en virtud de las observaciones que la propia Entidad formulara al referido Ayuntamiento en el Informe de Resultados que sirvió de base para la realización del acto

confirmar la designaciones de Lila García Alvarez (propietaria 2), Reneé Justino Petrich Moreno (propietario 6), Marina Teresa Martínez Jiménez (suplente 2) y Julio Espinoza

Ma´alo´ob ka ts´aabak u jobonilo´ob xunáan kaab naats´ tu´ux yaan xíiwo´ob ku ts´áako´ob kaab yéetel u yiik´el nikte´, ku ts´o´okole´ ka ts´aabak ti´ junp´éel

h)  contaminantes  del  medio  ambiente  laboral:  son  todas  las  sustancias  químicas  y  mezclas  capaces  de  modificar  las  condiciones  del  medio 

• Incluir dentro de los conceptos a considerar para la constitución de la reserva de riegos en curso los gastos establecidos en la nota técnica multiplicados por un