• No se han encontrado resultados

provincia de ourense n.º 71 Martes, 29 marzo 2016 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "provincia de ourense n.º 71 Martes, 29 marzo 2016 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e"

Copied!
44
0
0

Texto completo

(1)

Dep. legal: OR-1/1958 · Franqueo concertado 30/2

Boletín oficial

provincia de ourense

n.º 71 · Martes, 29 marzo 2016

D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

suMario

i. deputación provincial de ourense

Convenio de cooperación entre a Deputación Provincial de Ourense e os Concellos de Cenlle, Punxín e San Amaro para a prestación de asistencia para a xestión das instalacións de abastecemento en alta "Razamonde-San Trocado" durante o exercicio 2016... 2

iv. entidades locais castrelo de Miño

Exposición pública de aprobación inicial do orzamento

xeral para o exercicio económico de 2016... 4

celanova

Aprobación definitiva da Ordenanza das bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións previstas para ó ámbito da área de rexeneración e renovación urbana do entorno do mosteiro de San Salvador de Celanova e do Burgo Medieval de Vilanova dos Infantes en Celanova. Plan estatal de fomento do aluguer de vivendas, a rehabilitación edificatoria, e a rexeneración e renovación urbanas, 2013-2016 - programa de fomento da rexeneración

e renovación urbanas ... 4

coles

Aprobación definitiva do expediente de suplemento

de créditos n.º SC1/2016 ... 41

chandrexa de Queixa

Aprobación definitiva do orzamento correspondente

ao exercicio económico de 2016 ... 41

leiro

Exposición pública de aprobación do proxecto técnico da obra "Mellora de camiños municipais de acceso

a explotacións agrarias 2016" ... 42

lobeira

Bases de contratacion para un auxiliar de animación

socio-cultural, do Concello de Lobeira... 42

oímbra

Exposición pública da conta xeral correspondente

ao exercicio do ano 2015 ... 43

san cibrao das viñas

Exposición pública do padrón das taxas polos servizos de subministración de auga e conservación de contadores, saneamento e depuración de augas residuais, correspondente ao mes de febreiro de 2016 do Polígono Industrial, e anuncio de cobro... 43

san cristovo de cea

Exposición pública de aprobación inicial do orzamento

xeral para o exercicio económico 2016 ... 44 Información pública de aprobación do proxecto de obra denominado "Mellora de camiños municipais de acceso a explotacións

agrarias no Concello de San Cristovo de Cea"... 44

I. DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

Convenio de cooperación entre la Diputación Provincial de Ourense y los Ayuntamientos de Cenlle, Punxín y San Amaro para la prestación de asistencia para la gestión de las instalaciones de abastecimiento en alta "Razamonde-San Trocado" durante el ejercicio 2016 ... 3 IV. ENTIDADES LOCALES

Castrelo de Miño

Exposición pública de aprobación inicial del presupuesto

general para el ejercicio económico de 2016 ... 4 Celanova

Aprobación definitiva de la Ordenanza de las Bases Reguladoras de la concesión, en régimen de concurrencia no competitiva, de las subvenciones previstas para el ámbito del área de regeneración y renovación urbana del entorno del Monasterio de San Salvador de Celanova y del burgo medieval de Vilanova de los Infantes en Celanova. Plan estatal de fomento del alquiler de viviendas, la rehabilitación edificatoria, y la regeneración y renovación urbanas, 2013-2016 - programa de fomento de la regeneración

y renovación urbanas... 23 Coles

Aprobación definitiva del expediente de suplemento

de créditos n.º SC1/2016... 41 Chandrexa de Queixa

Aprobación definitiva del presupuesto correspondiente

al ejercicio económico de 2016 ... 42 Leiro

Exposición pública de aprobación del proyecto técnico de la obra "Mejora de caminos municipales de acceso

a explotaciones agrarias 2016" ... 42 Lobeira

Bases de contratación para un auxiliar de animación

socio-cultural, del Ayuntamiento de Lobeira ... 43 Oímbra

Exposición públíca de la cuenta general correspondiente

al ejercicio del año 2015 ... 43 San Cibrao das Viñas

Exposición pública del padrón de las tasas por los servicios de suministro de agua y conservación de contadores, saneamiento y depuración de aguas residuales, correspondiente al mes de febrero de 2016 del Polígono Industrial, y anuncio de cobro ... 43 San Cristovo de Cea

Exposición pública de aprobación inicial del presupuesto

general para el ejercicio económico 2016... 44 Información pública de aprobación del proyecto de obra denominado "Mejora de caminos municipales de acceso a explotaciones

(2)

i. deputación provincial de ourense

I. DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

A Xunta de Goberno desta Deputación, na sesión do día 18 de marzo de 2016, adoptou acordo de aprobación do convenio de cooperación entre a Deputación Provincial de Ourense e os Concellos de Cenlle, Punxín e San Amaro para a prestación de asistencia para a xestión das instalacións de abastecemento en alta “Razamonde-San Trocado” durante o exercicio 2016.

De conformidade co disposto no dito acordo, publícase a con-tinuación o texto íntegro do dito convenio, coas seguintes cláu-sulas:

1ª) Obxecto

Constitúe o obxecto deste convenio a regulación das condi-cións de prestación pola Deputación Provincial aos Concellos de Cenlle, Punxín e San Amaro do servizo de asistencia e coopera-ción para a xestión, durante o ano 2016, das instalacoopera-cións de abastecemento en alta “Razamonde - San Trocado”, consisten-te na adución de auga potable constituída pola captación na marxe dereita do río Miño (encoro de Castrelo de Miño), ETAP (estación de tratamento de auga potable) de 20 l/s, bombeo en fervenza de 20 l/s a Razamonde e San Trocado, depósito de Razamonde (250 m3), depósito de San Trocado (500 m3) e rede arterial en alta.

O presente convenio adóptase en exercicio da competencia provincial para prestarlles asistencia e cooperación aos conce-llos e demais entidades locais en materia de servizos munici-pais, prevista no artigo 36.1.a) e b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e da competencia municipal para a ordenación e xestión do servizo de abastece-mento domiciliario de auga potable, configurado como servizo mínimo obrigatorio polo artigo 26 da mesma lei básica de réxi-me local.

2ª) Condicións da prestación do servizo

A Deputación Provincial prestaralles aos concellos adheridos a este convenio, durante o exercicio 2016, a asistencia técnica necesaria para a xestión do sistema de abastecemento en alta Razamonde - San Trocado, incluíndo a asistencia técnica para a xestión do seu funcionamento ordinario, a realización do seu mantemento preventivo e as obrigas de control analítico deri-vadas do RD 140/2003. Con respecto ao mantemento correcti-vo, a asistencia técnica prestada limitarase ao asesoramento e ás axudas de persoal electromecánico ou de fontanería espe-cializado necesarias, pero non inclúe o custo de reparacións que non se poidan facer in situ, e requiran a intervención de terceiros, nin material de substitución.

Tamén quedan excluídas desta asistencia técnica o resto de instalacións do servizo municipal de abastecemento de augas en cada un dos concellos.

O servizo de asistencia será prestado pola Deputación Provincial a través da entidade Aquaourense, Sociedade Provincial de Augas e Medio Ambiente, SA, sociedade de capital mixto participada pola Deputación Provincial, na súa condición de concesionaria do servizo provincial de asistencia e coopera-ción con entidades locais en materia de servizos relacionados co ciclo hidráulico e medio ambiente. Exceptúase desta previ-sión a asistencia para a xestión da subministración de enerxía eléctrica, que será realizada directamente pola Deputación Provincial, asumindo a contratación e pagamento da subminis-tración, que será obxecto de repercusión aos concellos, nos termos previstos na cláusula 3ª.

En todo caso, a instalación pública obxecto desta asistencia técnica conservará en todo momento o seu carácter de infraes-trutura pública intermunicipal, de titularidade compartida entre os concellos de Cenlle, Punxín e San Amaro, correspon-déndolles a súa xestión aos ditos concellos, sen prexuízo da asistencia da Deputación.

3ª) Retribución económica

1. En contraprestación polo servizo prestado, a Deputación Provincial percibirá os seguintes prezos públicos:

a) Tarifa fixa mensual pola asistencia técnica a Cenlle: 1.737,05 euros/mes (IVE non incluído)

b) Tarifa fixa mensual pola asistencia técnica a Punxín: 1.085,66 euros/mes (IVE non incluído)

c) Tarifa fixa mensual pola asistencia técnica a San Amaro: 1.519,92 euros/mes (IVE non incluído)

d) Tarifa variable por cada m3 de auga potable que se submi-nistre desde o sistema en alta dende a ETAP de Razamonde, a 0,1212 €/m3 (IVE non incluído); e a 0,2376 €/m3 (IVE non inclu-ído), consumido por cada concello dende o bombeo de San Trocado.

Ás tarifas sinaladas aplicaráselles o IVE vixente en cada momento.

As tarifas variables liquidaránselle a cada concello en función dos m3 de auga subministrados a cada un.

A Deputación Provincial aprobará as oportunas liquidacións semestrais, referidas ao 30 de xuño e ao 31 de decembro de 2016, que se lles notificarán aos concellos outorgándolles un prazo de trinta días para o seu pagamento. Nas liquidacións semestrais incluiranse as tarifas variables correspondentes ao consumo efectivo e á parte proporcional das tarifas fixas.

4ª) Comisión de seguimento

Establécese unha comisión de seguimento do convenio, que estará integrada polo deputado – delegado de cooperación (ao que lle corresponderá a súa presidencia), o director da Área de Medio Ambiente e un representante designado por cada conce-llo, entendendo que, en ausencia de designación expresa, a dita representación corresponderalles aos respectivos alcaldes. Actuará como secretario da comisión o secretario xeral da Deputación ou funcionario que legalmente o substitúa, coas funcións propias dun secretario de órgano colexiado conforme co establecido no Título II da Lei de réxime xurídico das admi-nistracións públicas e do procedemento administrativo común.

A comisión de seguimento reunirase a pedimento de calquera das partes integrantes, e as súas funcións serán as de segui-mento da aplicación do convenio, interpretación e resolución de incidencias. No caso de non acadarse un acordo no seo da comisión, a Presidencia da Deputación Provincial resolverá uni-lateralmente e con carácter executivo o que proceda, sen pre-xuízo da posibilidade de impugnación deste acto administrativo pola entidade local interesada conforme co sistema de recursos vixente no noso ordenamento xurídico.

5ª) Vixencia

O presente convenio estará vixente entre o 1 de maio e o 31 de decembro de 2016.

6ª) Extinción do convenio

O presente convenio só poderá ser resolto polo cumprimento do prazo da súa vixencia.

7º) Natureza e réxime xurídico

O presente convenio terá natureza administrativa, corres-pondéndolle á xurisdición contencioso administrativa a reso-lución das controversias sobre a súa validez, eficacia, efectos e extinción.

(3)

Publícase isto advertindo que contra o dito acordo se poden interpoñe-los seguintes recursos:

En caso de particulares, pódese interpoñer potestativamente o recurso de reposición ante a Xunta de Goberno da Deputación, no prazo dun mes, como trámite previo ó conten-cioso administrativo, ou ben directamente o recurso contencio-so administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, sen que se poidan simultanear ámbolos recursos. Os prazos indicados computaranse a partir do día seguinte ó da recepción desta notificación.

En caso de administracións públicas, pódese interpoñer recur-so contenciorecur-so administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Ademais, ó abeiro do disposto no artigo 44 da Lei reguladora da xurisdición conten-cioso administrativa, poderá formularse requirimento de anula-ción ou revogaanula-ción do acto, no prazo de 2 meses e con carácter previo ó exercicio de accións en vía contenciosa. Os prazos indicados computaranse a partir do día seguinte ó da recepción desta notificación, tendo en conta que o prazo para a interpo-sición do recurso contencioso administrativo, -no caso de que se formule o requirimento previo-, contarase desde o día seguinte a aquel no que se reciba a comunicación do acordo expreso sobre o dito requirimento ou se entenda presuntamen-te rexeitado.

Non obstante o anterior, poderá interpoñerse calquera outro recurso que se estime pertinente.

Ourense, 21 de marzo de 2016. O presidente. Asdo.: José Manuel Baltar Blanco.

Diputación Provincial de Ourense

La Junta de Gobierno de esta Diputación, en la sesión del día 18 de marzo de 2016, adoptó acuerdo de aprobación del con-venio de cooperación entre la Diputación Provincial de Ourense y los Ayuntamientos de Cenlle, Punxín y San Amaro para la prestación de asistencia para la gestión de las instalaciones de abastecimiento en alta “Razamonde-San Trocado” durante el ejercicio 2016.

De conformidad con lo dispuesto en dicho acuerdo, se publica a continuación el texto íntegro de dicho convenio, con las siguientes cláusulas:

1ª) Objeto

Constituye el objeto de este convenio la regulación de las condiciones de prestación por la Diputación Provincial a los Ayuntamientos de Cenlle, Punxín y San Amaro del servicio de asistencia y cooperación para la gestión, durante el año 2016, de las instalaciones de abastecimiento en alta “Razamonde - San Trocado”, consistente en la aducción de agua potable constituida por la captación en la margen dere-cha del río Miño (embalse de Castrelo de Miño), ETAP (esta-ción de tratamiento de agua potable) de 20 l/s, bombeo en cascada de 20 l/s a Razamonde y San Trocado, depósito de Razamonde (250 m3), depósito de San Trocado (500 m3) y red arterial en alta.

El presente convenio se adopta en ejercicio de la competen-cia provincompeten-cial para prestar asistencompeten-cia y cooperación a los ayun-tamientos y demás entidades locales en materia de servicios municipales, prevista en el artículo 36.1.a) y b) de la Ley 7/1985, de 2 de abril, Reguladora de las Bases del Régimen Local, y de la competencia municipal para la ordenación y ges-tión del servicio de abastecimiento domiciliario de agua

pota-ble, configurado como servicio mínimo obligatorio por el artí-culo 26 de la misma ley básica de régimen local.

2ª) Condiciones de la prestación del servicio

La Diputación Provincial prestará a los ayuntamientos adhe-ridos a este convenio, durante el ejercicio 2016, la asistencia técnica necesaria para la gestión del sistema de abastecimien-to en alta Razamonde - San Trocado, incluyendo la asistencia técnica para la gestión de su funcionamiento ordinario, la rea-lización de su mantenimiento preventivo y las obligaciones de control analítico derivadas del R.D 140/2003. Con respecto al mantenimiento correctivo, la asistencia técnica prestada se limitará al asesoramiento y a las ayudas de personal electro-mecánico o de fontanería especializado necesarias, pero no incluye el coste de reparaciones que no se puedan hacer in situ, y requieran la intervención de terceros, ni material de substitución.

También quedan excluidas de esta asistencia técnica el resto de instalaciones del servicio municipal de abastecimiento de aguas en cada uno de los ayuntamientos.

El servicio de asistencia será prestado por la Diputación Provincial a través de la entidad Aquaourense, Sociedad Provincial de Aguas y Medio Ambiente, S.A, sociedad de capital mixto participada por la Diputación Provincial, en su condición de concesionaria del servicio provincial de asistencia y coope-ración con entidades locales en materia de servicios relaciona-dos con el ciclo hidráulico y medio ambiente. Se exceptúa de esta previsión la asistencia para la gestión del suministro de energía eléctrica, que será realizada directamente por la Diputación Provincial, asumiendo la contratación y pago del suministro, que será objeto de repercusión a los ayuntamien-tos, en los términos previstos en la cláusula 3ª.

En todo caso, la instalación pública objeto de esta asistencia técnica conservará en todo momento su carácter de infraes-tructura pública intermunicipal, de titularidad compartida entre los Ayuntamientos de Cenlle, Punxín y San Amaro, correspondiéndoles su gestión a dichos ayuntamientos, sin per-juicio de asistencia de la Diputación.

3ª) Retribución económica

1. En contraprestación por el servicio prestado, la Diputación Provincial percibirá los siguientes precios públicos:

a) Tarifa fija mensual por la asistencia técnica a Cenlle: 1.737,05 euros/mes (IVA no incluido)

b) Tarifa fija mensual por la asistencia técnica a Punxín: 1.085,66 euros/mes (IVA no incluido)

c) Tarifa fija mensual por la asistencia técnica a San Amaro: 1.519,92 euros/mes (IVA no incluido)

d) Tarifa variable por cada m3 de agua potable que se sumi-nistre desde el sistema en alta desde la ETAP de Razamonde, a 0,1212 €/m3 (IVA no incluido); y a 0,2376 €/m3 (IVA no inclui-do), consumido por cada ayuntamiento desde el bombeo de San Trocado.

A las tarifas señaladas se les aplicará el IVA vigente en cada momento.

Las tarifas variables se liquidarán a cada ayuntamiento en función de los m3 de agua suministrada a cada uno.

La Diputación Provincial aprobará las oportunas liquidacio-nes semestrales, referidas al 30 de junio y al 31 de diciembre de 2016, que se les notificarán a los ayuntamientos, otorgán-doles un plazo de treinta días para su pago. En las liquida-ciones semestrales se incluirán las tarifas variables corres-pondientes al consumo efectivo y a la parte proporcional de las tarifas fijas.

(4)

4ª) Comisión de seguimiento

Se establece una comisión de seguimiento del convenio, que estará integrada por el diputado – delegado de cooperación (al que le corresponderá su presidencia), el director del Área de Medio Ambiente y un representante designado por cada ayun-tamiento, entendiendo que, en ausencia de designación expre-sa, dicha representación corresponderá a los respectivos alcal-des. Actuará como secretario de la comisión el secretario gene-ral de la Diputación o funcionario que legalmente lo sustituya, con las funciones propias de un secretario de órgano colegiado conforme con lo establecido en el Título II de la Ley de Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y del Procedimiento Administrativo Común.

La comisión de seguimiento se reunirá a pedimento de cual-quiera de las partes integrantes, y sus funciones serán las de seguimiento de la aplicación del convenio, interpretación y resolución de incidencias. En el caso de no alcanzarse un acuer-do en el seno de la comisión, la Presidencia de la Diputación Provincial resolverá unilateralmente y con carácter ejecutivo lo que proceda, sin perjuicio de la posibilidad de impugnación de este acto administrativo por la entidad local interesada conforme con el sistema de recursos vigente en nuestro orde-namiento jurídico.

5ª) Vigencia

El presente convenio estará vigente entre el 1 de mayo y el 31 de diciembre de 2016.

6ª) Extinción del convenio

El presente convenio sólo podrá ser resuelto por el cumpli-miento del plazo de su vigencia.

7º) Naturaleza y régimen jurídico

El presente convenio tendrá naturaleza administrativa, correspondiéndole a la jurisdicción contencioso-administrativa la resolución de las controversias sobre su validez, eficacia, efectos y extinción.

Se publica ello, advirtiendo que contra dicho acuerdo se pue-den interponer los siguientes recursos:

En caso de particulares, se puede interponer potestativamen-te el recurso de reposición anpotestativamen-te la Junta de Gobierno de la Diputación, en el plazo de un mes, como trámite previo al tencioso administrativo, o bien directamente el recurso con-tencioso administrativo ante el Tribunal Superior de Justicia de Galicia, en el plazo de dos meses, sin que se puedan simul-tanear ambos recursos. Los plazos indicados se computarán a partir del día siguiente al de la recepción de esta notificación. En caso de administraciones públicas, se puede interponer un recurso contencioso administrativo en el plazo de dos meses ante el Tribunal Superior de Justicia de Galicia. Además, al amparo de lo dispuesto en el artículo 44 de la Ley Reguladora de la Jurisdicción Contencioso Administrativa, podrá formularse requerimiento de anulación o revocación del acto, en el plazo de 2 meses y con carácter previo al ejercicio de acciones en vía con-tenciosa. Los plazos indicados se computarán a partir del día siguiente al de la recepción de esta notificación, teniendo en cuenta que el plazo para la interposición del recurso contencioso administrativo, -en caso de que se formule el requerimiento pre-vio-, se contará desde el día siguiente a aquél en el que se reciba la comunicación del acuerdo expreso sobre dicho requerimiento o se entienda presuntamente rechazado.

No obstante lo anterior, podrá interponerse cualquier otro recurso que se estime pertinente.

Ourense, 21 de marzo de 2016. El presidente. Fdo.: José Manuel Baltar Blanco.

R. 856

iv. entidades locais

IV. ENTIDADES LOCALES

castrelo de Miño

Anuncio de aprobación inicial

Unha vez aprobados inicialmente en sesión extraordinaria do Pleno deste concello, do día 23 de marzo de 2016, o orzamento xeral, as bases de execución e o cadro de persoal funcionario e laboral para o exercicio económico 2016, de acordo co previsto no artigo 169 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, e no artigo 20 do Real decreto 500/1990, do 20 de abril, expóñense ao público o expediente e a documentación precep-tiva por un prazo de quince días desde a publicación deste anuncio, para os efectos de reclamacións e alegacións.

Conforme o acordo adoptado, o orzamento considerarase definitivamente aprobado se durante ese prazo non se presen-tan reclamacións.

Castrelo de Miño, 23 de marzo de 2016. O alcalde. Asdo.: Xurxo Rodríguez Méndez.

Anuncio de aprobación inicial

Una vez aprobados inicialmente en sesión extraordinaria del Pleno de este ayuntamiento, del día 23 de marzo de 2016, el presupuesto general, las bases de ejecución y el cuadro de per-sonal funcionario y laboral para el ejercicio económico 2016, de acuerdo con lo previsto en el artículo 169 del Texto Refundido de la Ley Reguladora de las Haciendas Locales, apro-bado por el Real Decreto Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, y en el artículo 20 del Real Decreto 500/1990, de 20 de abril, se exponen al público el expediente y la documentación precep-tiva por un plazo de quince días desde la publicación de este anuncio, para los efectos de reclamaciones y alegaciones.

Conforme el acuerdo adoptado, el presupuesto se considera-rá definitivamente aprobado si durante ese plazo no se presen-tan reclamaciones.

Castrelo de Miño, 23 de marzo de 2016. El alcalde. Fdo.: Xurxo Rodríguez Méndez.

R. 885

celanova

Edicto

O Concello de Celanova publica –en cumprimento do que dis-pón o artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local- o texto completo da “Ordenanza das bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións previstas para o ámbito da área de rexeneración e renovación urbana do entorno do mosteiro de San Salvador de Celanova e do Burgo Medieval de Vilanova dos Infantes en Celanova. Plan estatal de fomento do aluguer de vivendas, a rehabilitación edificatoria, e a rexeneración e renovación urbanas, 2013-2016 - programa de fomento da rexe-neración e renovación urbanas.” A devandita ordenanza foi aprobada inicialmente polo Pleno da Corporación na sesión ordinaria celebrada o día 2 de febreiro de 2016, e expúxose ao público por prazo de trinta (30.-) días hábiles mediante anuncio publicado no taboleiro de edictos do concello e no Boletín Oficial da Provincia de Ourense n.º 33 de data 11 de febreiro de 2016. Dado que non se produciu ningunha reclamación,

(5)

alega-ción ou suxestión, enténdese aprobada definitivamente, entrando en vigor unha vez transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da precitada Lei 7/1985, do 2 de abril.

O texto é como segue:

“Ordenanza das bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións previstas para ó ámbito da área de rexeneración e renovación urbana do entor-no do mosteiro de San Salvador de Celaentor-nova e do Burgo Medieval de Vilanova dos Infantes en Celanova. Plan estatal de fomento do aluguer de viviendas, a rehabilitación edificatoria, e a rexeneración e renovación urbanas, 2013-2016 - programa de fomento da rexeneración e renovación urbanas.

Índice

Exposición de motivos

Capítulo primeiro. Obxecto da convocatoria Artigo 1. Obxecto

Capítulo segundo. Ámbito territorial

Artigo 2. Ámbito territorial das actuacións a subvencionar Capítulo terceiro. Requisitos das actuacións

Artigo 3. Actuacións subvencionables Artigo 4. Requisitos xerais

Artigo 5. Conformidade co planeamento Artigo 6. Condicións dos inmóbeis

Capítulo cuarto. Beneficiarios/as das subvencións Artigo 7. Beneficiarios/as das subvencións

Capítulo quinto. Réxime económico e orzamentario Artigo 8. Características das axudas

Artigo 9. Contía das axudas económicas

Artigo 10. Programa complementario de actuacións Artigo 11. Orzamento protexible

Artigo 12. Límites xerais das axudas Artigo 13. Compatibilidade das axudas Capítulo sexto. Procedemento de concesión Artigo 14. Normas xerais

Artigo 15. Inspección técnica previa. Servizos de asistencia técnica

Artigo 16. Criterios para concesión das subvencións Artigo 17. Solicitude oficial de axuda e documentación Artigo 18. Fases do procedemento

Artigo 19. Contratación das obras Artigo 20. Inicio das obras Artigo 21. Execución das obras Artigo 22. Remate das obras

Artigo 23. Cualificación definitiva e pagamento das axudas Capítulo sétimo. Denegación, perda e reintegro da subvención Artigo 24. Causas de denegación e perda das axudas

Artigo 25. Reintegro das subvencións Capítulo oitavo. Remisión normativa Artigo 26. Remisión Normativa Disposicións adicionais Primeira. Outros convenios Segunda. Promocións tuteladas

Terceira. Subvencións complementarias municipais. Cuarta. Tratamento de datos de carácter persoal. Exposición de motivos

I. En desenvolvemento do acordo da Comisión Bilateral asina-do entre o Ministerio de Fomento asina-do Goberno de España, o Instituto Galego da Vivenda e Solo, dependente da Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia e o Concello de Celanova con data 27 de outubro de 2015 para o financia-mento da Área de Rexeneración e Renovación Urbana do Entorno do Mosteiro de San Salvador de Celanova e do Burgo

Medieval de Vilanova dos Infantes en Celanova (Ourense), e en consonancia co compromiso asumido por este concello no acor-do cuarto acor-do dito convenio, mediante esta ordenanza, en apli-cación do disposto nos artigos 9.2 e 17.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e co fin de dar cumprimen-to aos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, así como ao de eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola adminis-tración outorgante e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos, conforme co disposto no artigo 8.3 da preci-tada Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e 5.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, apróbanse as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións previstas para o ámbito da Área de Rexeneración e Renovación Urbana do Entorno do Mosteiro de San Salvador de Celanova e do Burgo Medieval de Vilanova dos Infantes en Celanova, no marco do Real decreto 233/2013, do 5 de abril, polo que se regula o Plan Estatal de fomento do aluguer de vivendas, a rehabilitación edificatoria, e a rexeneración e renovación urbanas, 2013-2016, que regula, entre outras axudas, a relativa ao Programa de fomento da rexeneración e renovación urbanas, que ten por obxecto a realización de actuacións coa finalidade de mellorar os tecidos residenciais e recuperar funcionalmente conxuntos históricos, centros urbanos e barrios degradados e núcleos rurais.

II. Os programas de actuación subvencionados abranguen a rehabilitación de edificios nos seus elementos comúns. Con eles téntase estimular a rehabilitación integral do ámbito territorial delimitado na Área de Rexeneración e Renovación Urbana do Entorno do Mosteiro de San Salvador de Celanova e do Burgo Medieval de Vilanova dos Infantes en Celanova, tanto na súa dimensión física como no da súa necesaria revitalización social, económica e cultural.

III. Con carácter xeral, poderán acollerse ás subvencións pre-vistas nesta ordenanza aquelas actuacións de rehabilitación de inmóbeis que se atopen situados dentro da Área de Rexeneración e Renovación Urbana do Entorno do Mosteiro de San Salvador de Celanova e do Burgo Medieval de Vilanova dos Infantes en Celanova e que sexan conformes coas condicións e limitacións estabelecidas normativamente.

As solicitudes de intervención e as contías máximas das subven-cións establécense tentando incentivar as actuasubven-cións integrais nos edificios de xeito que se produza unha mellora das súas con-dicións de accesibilidade, con supresión de barreiras arquitectó-nicas, estanquidade, seguridade e eficiencia enerxética.

IV. Na redacción destas bases tívose en conta o disposto na vixente Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subven-cións, aplicable ás entidades que integran a administración local, e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en tanto que normas reguladoras das bases de con-cesión das subvencións.

Capítulo primeiro. Obxecto da convocatoria Artigo 1.- Obxecto

O obxecto desta ordenanza é a aprobación das bases regula-doras da concesión, en réxime de concorrencia non competiti-va, das subvencións previstas para o ámbito da Área de Rexeneración e Renovación Urbana do Entorno do Mosteiro de San Salvador de Celanova e do Burgo Medieval de Vilanova dos Infantes en Celanova, no marco do Real decreto 233/2013, do 5 de abril, polo que se regula o Plan Estatal de fomento do alu-guer de vivendas, a rehabilitación edificatoria, e a

(6)

rexenera-ción e renovarexenera-ción urbanas, 2013-2016, en desenvolvemento do acordo da Comisión Bilateral que tivo lugar o 27 de outubro de 2015, relativo á Área de Rexeneración e Renovación Urbana do Entorno do Mosteiro de San Salvador de Celanova e do Burgo Medieval de Vilanova dos Infantes en Celanova (Ourense), subs-crito entre o Ministerio de Fomento, o Instituto Galego de Vivenda e Solo dependente da Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia e o Concello de Celanova.

Capítulo segundo. Ámbito territorial

Artigo 2.- Ámbito territorial das actuacións para subvencionar As actuacións que poden optar ás subvencións serán exclusi-vamente as que se executen dentro do ámbito territorial deli-mitado Área de Rexeneración e Renovación Urbana do Entorno do Mosteiro de San Salvador de Celanova e do Burgo Medieval de Vilanova dos Infantes en Celanova (Ourense), declarada pola Comunidade Autónoma de Galicia, para os efectos previstos no artigo 27.1.a) do Real decreto 233/2013, do 5 de abril, polo que se regula o Plan estatal de fomento do aluguer de vivendas, a rehabilitación edificatoria, e a rexeneración e renovación urba-nas, 2013-2016, con data 24 de outubro de 2002.

Capítulo terceiro. Requisitos das actuacións Artigo 3.- Actuacións subvencionables

De acordo co disposto polo artigo 26.1.a) do Real decreto 233/2013, son subvencionables a execución de obras ou traba-llos de mantemento e intervención en edificios e vivendas, ins-talacións fixas, equipamento propio e elementos comúns, co fin

de adecualos á normativa vixente.

Poderán incluírse os honorarios dos profesionais, o custo de redacción de proxectos, informes técnicos e certificados preci-sos, así como os gastos derivados da tramitación administrati-va, sempre que todos eles estean debidamente xustificados.

Para estes efectos, consideraranse como custos derivados da tramitación administrativa aqueles gastos que o/a solicitante puidese satisfacer a unha empresa ou profesional por levar a cabo a xestión administrativa e documental da súa solicitude e das actuacións recollidas nela. Ademais de estar reflectidos tanto nos orzamentos presentados para a cualificación provisio-nal como nas facturas presentadas para a obtención da cualifica-ción definitiva. O límite máximo protexible de tales gastos será o 2% do importe da orzamento protexible da actuación, cun lími-te máximo en todos os casos de 1.000 € por expedienlími-te.

Nas edificacións rehabilitadas obxecto das actuacións subven-cionadas a través destas bases manteranse os usos autorizados preexistentes. En ningún caso se subvencionarán actuacións en segundas residencias.

Non poderán participar na convocatoria aquelas actuacións que xa estiveran comezadas con anterioridade á publicación da convocatoria. Igualmente, se as obras comezasen con anterio-ridade á súa cualificación provisional por parte da administra-ción autonómica, perderíase o dereito á subvenadministra-ción.

As actuacións de rehabilitación axustaranse estritamente á lexislación e ao planeamento urbanístico vixente no intre de solicitar a subvención así como as demais normas sectoriais que lles sexan de aplicación.

As devanditas actuacións de rehabilitación estarán incluídas nos seguintes tipos:

A. Rehabilitación de elementos comúns e/ou vivendas dos edi-ficios:

Estas actuacións poderán ser de adecuación estrutural, de adecuación funcional, de remodelación ou de ampliación. A definición de cada tipo de actuación é a recollida no artigo 8 do Decreto da Xunta de Galicia 29/2010, do 4 de marzo de

2010, polo que se aproban as normas de habitabilidade de vivendas de Galicia ou norma que o substitúa. As obras poden incluír derrubamentos parciais en edificios con uso residencial que comporten a caída estrutural e funcional dos devanditos edificios.

A título unicamente exemplificativo, entenderanse subvencio-nables as seguintes actuacións:

a) Acceso adecuado para as persoas con discapacidade. b) Instalación de ascensores ou outros medios técnicos que resolvan a mobilidade vertical na edificación.

c) Adecuación das condicións de protección fronte incendios. d) Adecuación das condicións de salubridade.

e) Adecuación dos elementos de estanquidade fronte a choiva. f) Seguranza estrutural.

g) Sistemas adecuados de evacuación de auga de choiva e saneamento.

h) Sistemas de aforro enerxético.

i) Mellora da eficiencia enerxética dos sistemas de mobilidade vertical da edificación.

j) Mellora da eficiencia enerxética das instalacións eléctricas. k) Mellora da eficiencia enerxética do saneamento e da fon-tanería.

l) Mellora da eficiencia enerxética do sistema de calefacción. m) Mellora da eficiencia enerxética da extracción de fumes e ventilación.

n) Illamento térmico e illamento acústico do edificio. As actuacións deberán atender polo tanto á mellora das con-dicións de seguridade, accesibilidade, eficiencia enerxética e habitabilidade e poderán afectar, dentro desas catro tipoloxías, ás instalacións de auga, electricidade, ventilación, iluminación e aireación, illamento térmico, servizos hixiénicos e outras ins-talación e servizos de carácter xeral.

Non se protexerán aquelas partes dos orzamentos das obras cuxa finalidade sexa puramente decorativa ou suntuaria.

Exclúense da convocatoria aquelas actuacións que supoñan o derrubamento total da edificación e os baleirados integrais de parcelas.

As actuacións nas vivendas (elementos privativos) deberán de estar sempre relacionadas con actuacións de carácter xeral acordadas pola comunidade de propietarios ou pola propiedade única dun edificio nas instalacións fixas e equipamento propio da edificación tales como redes de servizos xerais, elementos de peche de fachadas e cubertas, etcétera, aínda que só afec-ten a unha parte das vivendas da edificación.

Non poderán concorrer á convocatoria actuacións indivi-duais en vivendas con destino á mellora dos seus elementos privativos.

Artigo 4.- Requisitos xerais

Para os efectos de obter as axudas previstas nestas bases será necesario o cumprimento dos seguintes requisitos:

1º. As obras contarán coa preceptiva licenza municipal de obras ou autorización administrativa oportuna (actuación comunicada) nas que se faga constar a descrición de todas as obras para executar.

2º. A edificación ou vivenda deberá ter uso residencial unha vez finalizadas as actuacións.

3º. As obras que teñan por obxecto actuacións sobre os ele-mentos comúns do edificio deberán garantir as debidas condi-cións de coherencia técnica e construtiva co estado de conser-vación do edificio e das instalacións.

4º. As obras obxecto de subvención deberán de cumprir a normativa vixente de aplicación en materia de código técnico

(7)

da edificación, infraestrutura común de acceso aos sistemas de telecomunicacións e demais normativa técnica sectorial aplicable.

5º. As demais que se sinalan nesta ordenanza. Artigo 5.- Conformidade co planeamento

1. Os inmobles e os usos para os que se soliciten as axudas deberán estar conformes coas determinacións da normativa aplicable en cada momento.

2. Poderán concederse axudas para obras parciais e circuns-tanciais en elementos identificados polo órgano municipal com-petente como desconformes co planeamento vixente, para adaptalos ao dito planeamento.

Artigo 6.- Condicións dos inmobles

1. Os edificios deberán contar como mínimo cun 60% da súa edificabilidade sobre rasante destinada ao uso residencial de vivenda habitual.

2. Non se protexerán actuacións en edificios que carezan de seguridade estrutural e construtiva, de subministración eléctri-ca e/ou de aeléctri-caída funcionalidade das redes de abastecemento e saneamento, agás que as obras inclúan as accións necesarias para a consecución das condicións sinaladas.

Capítulo cuarto.- Beneficiarios/as das subvencións Artigo 7.- Beneficiarios/as das subvencións

1. Poderán ser beneficiarios/as das axudas os/as que asuman a responsabilidade da execución da actuación, xa sexan admi-nistracións públicas, os propietarios únicos de edificios, as comunidades de propietarios formalmente constituídas, as agrupacións de comunidades de propietarios e os consorcios e entes asociativos de xestión.

2. Cando a execución da actuación corresponda a varios bene-ficiarios, a axuda distribuirase en proporción ao custo asumido por cada un.

3. Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias aquelas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia ou no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións.

4. As obrigas dos/as beneficiarios/as serán as seguintes: a) Realizar algunha das actuacións ás que se refire o artigo 3. b) Comunicarlle ao órgano instrutor calquera modificación das condicións que motivaron o recoñecemento da subvención que poida determinar a perda sobrevida do dereito á axuda.

c) Someterse ás actuacións de comprobación e inspección que o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Celanova consideren pertinentes durante a execución da actuación.

d) As demais obrigas recollidas na lexislación vixente de apli-cación, en especial as contempladas nos artigos 13 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións, e 11 e 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Capítulo quinto.- Réxime económico e orzamentario Artigo 8.- Características das axudas económicas

As axudas económicas previstas terán o carácter de subven-ción a fondo perdido, poderán dirixirse a calquera das actua-cións sinaladas no artigo 3 desta ordenanza e financiarán par-cialmente as actuacións de rehabilitación nas proporcións e cantidades que se reflictan nos artigos seguintes desta orde-nanza.

As subvencións concederanse no marco dos acordos asinados entre o Ministerio de Fomento do Goberno de España, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia (IGVS) e o Concello de Celanova.

Para os efectos de obter as axudas previstas nas presentes normas de procedemento, terase en conta que serán concedi-das tendo en conta os informes técnicos e xurídicos emitidos polos servizos técnicos municipais xestor da rehabilitación do concello (Oficina de Rehabilitación PEPRIs).

Artigo 9.- Contía das axudas económicas

A contía máxima das subvencións determinarase atendendo ao custo subvencionable da actuación, que incluirá, se é o caso, os custos desagregados segundo os tipos de actuacións previstos no artigo 3 desta ordenanza e non poderá exceder do 35 % do custo subvencionable da actuación.

Por cada vivenda obxecto de rehabilitación establécese unha axuda máxima unitaria de 11.000 euros. A contía máxima das axudas calcularase multiplicando esta suma polo número de vivendas obxecto de rehabilitación en cada actuación.

Artigo 10.- Programa complementario de actuacións

Tendo en conta o estabelecido na normativa legal e regula-mentaria de aplicación directa a convocatoria de rango norma-tivo superior, non se estabelece ningún programa complemen-tario de actuacións.

Artigo 11.- Orzamento protexible

1. Por orzamento protexible entenderase o custo máximo da execución da actuación. Comprenderá o orzamento xeral, é dicir, será o resultado de lle engadir ao orzamento de execu-ción material o beneficio industrial e os gastos xerais, máis os custos dos honorarios facultativos e de xestión por razón das actuacións. Non formarán parte daquel ningún tipo de taxas, impostos e outros ingresos de dereito público.

2. O orzamento presentado quedará suxeito á posibilidade de revisión de prezos, segundo as distintas partidas do catálogo de prezos de rehabilitación determinados polo IGVS e da base de datos da construción de Galicia. Excluiranse deste mobiliario, elementos decorativos e materiais suntuarios.

3. Só se considerarán actuacións protexibles aquelas que con-ten cun orzamento protexible mínimo por vivenda rehabilitada ou que participe nos custos de rehabilitación dun edificio de 2.500 €.

4. As contías máximas de orzamento protexible serán as seguintes:

a) Rehabilitación de elementos comúns de edificios

Contía máxima de orzamento protexible por edificio será a aceptada polos técnicos da Área Provincial do IGVS e recollida na cualificación definitiva da actuación.

Cando da rehabilitación dos elementos comúns dos edificios se deriven necesariamente obras que afecten ás vivendas, poderá incluírse o seu custo no orzamento protexible da devan-dita actuación.

b) Rehabilitación de edificios dunha soa vivenda.

Para os efectos desta convocatoria, enténdese por edificio dunha soa vivenda o inmóbel que alberga exclusivamente unha vivenda unifamiliar ou ben cando esta ocupe como mínimo o 60% da edificabilidade sobre rasante do edificio.

A contía máxima do orzamento protexible será a aceptada polos técnicos da Área Provincial do IGVS e recollida na cualifi-cación definitiva da actuación.

Artigo 12.- Límites xerais das subvencións

As subvencións previstas nesta ordenanza terán as limitacións que a normativa aplicable prevexa e as que estean estabeleci-das no proceso de rehabilitación ou poidan estabelecerse durante a vixencia dos distintos convenios.

As subvencións outorgaranse con cargo á aplicación orzamen-taria que se incluirá nos orzamentos para a anualidade 2016 co

(8)

nome e coa dotación orzamentaria máxima seguinte, segundo as achegas comprometidas no acordo da Comisión Bilateral con data 27 de outubro de 2015 entre o Ministerio de Fomento, o IGVS da Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia e o Concello de Celanova en materia de actuacións na Área de Rexeneración e Renovación Urbana do Entorno do Mosteiro de San Salvador de Celanova e do Burgo Medieval de Vilanova dos Infantes en Celanova, que se recollen no cadro seguinte:

Aplicación orzamentaria; Denominación; Dotación orzamenta-ria; Axente financiador

152.0/780.01; Convenio Áreas Rehabilitación vivendas; 78.240,00 €; Ministerio de Fomento.

A concesión das subvencións para todos os exercicios econó-micos quedan condicionadas e limitadas á existencia de aplica-ción e de crédito orzamentario dispoñible en cada unha das anualidades ás que se imputen as actuacións para subvencionar. A contía destas axudas poderá ser modificada á alza cando concorran as circunstancias previstas no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño de subvencións de Galicia.

Artigo 13.- Compatibilidade das axudas

Estas axudas son compatibles con calquera outra, desta ou doutras administracións, coas limitacións que se estabelezan nas distintas normativas reguladoras desas axudas, a excepción das subvencións procedentes do Programa de fomento da reha-bilitación edificatoria contidas no capítulo V do Real decreto 233/2013 pero a suma de todas elas non poderá superar, en nin-gún caso, o custo total da actuación concreta.

Capítulo sexto.- Procedemento de concesión Artigo 14.- Normas xerais

1. O prazo de presentación de solicitudes de axudas comezará coa publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

2. O procedemento é mediante concorrencia non competiti-va, de acordo co estabelecido no artigo 19.2 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia.

3. A instrución do procedemento corresponderalle á Oficina de Rehabilitación PEPRIS que realizará de oficio cantas actua-cións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos que deberá formularse a proposta de resolución.

4. De conformidade co disposto no artigo 22 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, establécese un procedemento de instrución abre-viado, consistente en que a proposta de concesión se formali-zará polo órgano instrutor designado, que unicamente procede-rá a comprobar a concorrencia dos requisitos requiridos para a concesión da subvención, polo que non intervirá un órgano encargado de avaliar as solicitudes presentadas.

5. O prazo máximo para resolver a convocatoria será de catro meses. Unha vez transcorrido o citado prazo sen que se notifi-que esta resolución, o/a interesado/a poderá entender deses-timada a petición para os pertinentes efectos.

6. A resolución dos expedientes corresponderalle á Xunta de Goberno Local que é tamén o órgano que ten a competencia para autorizar o correspondente gasto, tras a proposta formu-lada pola Comisión Avaliadora. Esta resolución pon fin á vía administrativa e deberá adoptarse no prazo de catro meses que comezarán a contar desde o día seguinte en que se comunique polo/a interesado/a o remate das obras, acompañada de toda a documentación complementaria esixible, ou ben daquel en que se complete esta a instancia da administración.

Transcorrido este prazo sen que se notificase a resolución, os/as interesados/as poderán entender desestimada por silen-cio administrativo a solicitude de subvención para os efectos oportunos.

Artigo 15.- Inspección técnica previa. Servizos de asistencia técnica

O/A peticionario/a poderá solicitar, mediante impreso norma-lizado, unha visita de inspección técnica anterior ao inicio das obras subvencionables. Alén diso, deberá achegar a informa-ción requirida e dar a súa conformidade ás obras inspecciona-das para as que se solicitan as axuinspecciona-das. A visita técnica será efectuada polos técnicos da Oficina de Rehabilitación PEPRIs para comprobar o estado da edificación e asesorar o/a peticio-nario/a sobre as posibilidades de mellora e rehabilitación do inmoble.

Unha vez realizada a visita de inspección e o informe que define con anterioridade as obras para realizar, o particular poderá solicitar da Oficina de Rehabilitación PEPRIs, a

colaboración para a redacción da documentación técnica pre-cisa para a obtención da licenza de obras ou actuación comuni-cada eficaz. En ningún caso esta colaboración significará asu-mir o encargo de redactar os documentos técnicos citados.

Estas solicitudes de colaboración serán aceptadas, en función dos medios e recursos dispoñibles, nos seguintes casos:

a) Promocións tuteladas que o concello promova segundo o estabelecido na disposición adicional segunda.

b) Realización de prácticas de formación que promova a Oficina de Rehabilitación PEPRIs.

c) Obras menores que non requiran de proxecto técnico. d) Outras solicitudes consideradas de interese xeral.

En todo caso, tanto a redacción de documentación para a obtención de licenza ou actuación comunicada eficaz, coma a dirección facultativa das obras, serán realizadas por persoal técnico con capacitación profesional e habilitación legal abon-das e axeitaabon-das ás características abon-das obras que se deban aco-meter contratados directamente polos/as posibles beneficia-rios/as das subvencións.

Artigo 16.- Criterios para concesión das subvencións

Na Área de Rexeneración e Renovación Urbana do Entorno do Mosteiro de San Salvador de Celanova e do Burgo Medieval de Vilanova dos Infantes en Celanova (Ourense) obxecto do acordo da Comisión Bilateral asinado entre o Ministerio de Fomento do Goberno de España, o Instituto Galego da Vivenda e Solo, dependente da Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia e o Concello de Celanova con data 27 de outu-bro de 2015, programouse a rehabilitación de 22 vivendas.

As axudas outorgaranse, dentro da Área de Rexeneración e Renovación Urbana do Entorno do Mosteiro de San Salvador de Celanova e do Burgo Medieval de Vilanova dos Infantes en Celanova (Ourense), de acordo co criterio de temporalidade, que determinarán a preferencia dunha solicitude sobre outras dentro de cada fase, anualidade ou unidade temporal ou orza-mentaria de xestión que se fixe nos acordos entre as adminis-tracións intervenientes para o financiamento das actuacións de rehabilitación na Área de Rexeneración e Renovación Urbana do Entorno do Mosteiro de San Salvador de Celanova e do Burgo Medieval de Vilanova dos Infantes en Celanova (Ourense).

Terán pois preferencia aquelas que presenten a documenta-ción completa esixible segundo as bases con máis anteladocumenta-ción no tempo; e, por último, no caso de solicitudes que completaran a documentación ao mesmo tempo, terán preferencia as que temporalmente se presentasen antes no rexistro municipal.

(9)

Artigo 17.- Solicitude oficial de axuda e documentación 1. As solicitudes de axuda deberanse presentar no prazo de dous (2.-) meses que comezará a contar desde a publicación no BOP de Ourense da convocatoria, podendo abrirse un segundo ou ulteriores prazos no caso de se autorizar a redistribución de anualidades ou a consecuencia da existencia de remanentes.

2. As solicitudes de axuda para a rehabilitación presentaranse nunha instancia normalizada que se lles facilitará nas depen-dencias da Oficina de Rehabilitación PEPRIs, por calquera dos medios estabelecidos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. Xunto coa solicitude achegarase a seguinte documentación, sempre que esta non poida ser obtida pola dependencia xestora municipal a través de procedementos telemáticos ou de solici-tudes formuladas ás administracións e entidades que as teñan que facilitar:

A. Documentación relativa ao/á solicitante:

a) Fotocopia do DNI do/a solicitante e, de ser o caso, do seu representante, no caso das persoas físicas.

b) No caso de tratarse dunha comunidade de propietarios ou agrupación de comunidades de propietarios constituídas ambas as dúas consonte co disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960 ou de persoas xurídicas que sexan propietarias únicas de edificios de vivendas (sociedades e comunidades de bens):

- Documento acreditativo da súa constitución.

- Documento acreditativo da representación con que se actúa por parte das persoas físicas no nome da comunidade ou da agrupación.

- Fotocopia do DNI das persoas físicas que actúen en nome e en representación da comunidade, da agrupación ou persoa xurídica.

- Documento acreditativo do CIF da comunidade, agrupación ou persoa xurídica.

c) Declaración responsable de non estar incurso/a nos supos-tos do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

d) Declaración responsable do cumprimento das obrigas sina-ladas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 13 de xuño, xeral de sub-vencións.

B.- Documentación relativa ao inmoble

a) Xustificación da titularidade do edificio. Poderá achegarse certificado ou nota simple do Rexistro da Propiedade, ou ben documentación acreditativa do feito, acto ou negocio xurídico (contrato de compravenda, certificación ou nota simple do Rexistro da Propiedade, escritura de partición da herdanza, testamento e/ou certificado de últimas vontades, escritura pública de doazón, etcétera), que demostre a adquisición da titularidade do inmoble. Os documentos poden ser de natureza pública (escritura pública) ou privada, cando a lexislación así o permita, sempre que conste de xeito fidedigno a realidade da súa data, dos intervenientes e, de ser o caso, de todos os requi-sitos que refire o artigo 1261 do Código Civil.

b) Ademais, no caso das comunidades de propietarios ou agru-pacións, relación de persoas propietarias do edificio, identifi-cando o NIF de cada unha e a referencia catastral de cada vivenda.

c) Informe de avaliación do edificio (IAE), cos requisitos esixi-dos polo título I da Lei 8/2013, do 26 de xuño, de rehabilita-ción, rexeneración e renovación urbanas. Ou ben aquelas par-tes deste que se teñan que presentar para complementar o informe de Inspección Técnica de Edificios (ITE) xa entregado.

Tanto no caso de terse xa presentado o IAE de xeito íntegro coma no de terse presentado o informe de ITE, achegarase unha copia da acreditación da dita presentación.

C.- Documentación relativa ás obras para executar:

a) Declaración responsable de todas as subvencións solicita-das e concedisolicita-das para as actuacións subvencionables por esta ordenanza; o importe da axuda solicitada ou obtida, así como a administración, organismo ou entidade pública que concede a subvención.

b) Proxecto técnico que defina as obras ou outro documento técnico baixo o nome de memoria valorada, proxecto básico ou outro similar, que recolla a definición das obras para subvencio-nar de xeito suficiente para que os servizos técnicos municipais poidan emitir unha proposta favorable sobre elas por axustarse á normativa urbanística de aplicación e ás normas reguladoras desta subvención.

c) Licenza urbanística de obra concedida e expedida ou actua-ción comunicada declarada eficaz, segundo o suposto que pro-ceda.

Para os efectos de presentarse á primeira convocatoria, bas-tará tamén acreditar a súa solicitude, sempre e cando, antes da cualificación provisional da obra, se acheguen estas ao expediente.

d) Certificación expedida polo órgano competente da comuni-dade ou da persoa xurídica do acordo da comunicomuni-dade de pro-pietarios ou do órgano que estatutariamente teña atribuída a competencia para adoptalo no caso das figuras societarias ou comunitarias que autorice a execución das obras e a solicitude da subvención.

A presentación da solicitude de subvención implica a acepta-ción das bases e obrigas establecidas nesta norma, así como a autorización para acadar os datos en poder da administración pública municipal que sexan necesarios para a tramitación da solicitude (certificación expedida polo/a tesoureiro/a munici-pal que acredite que se encontran ao día nas súas obrigas fis-cais no concello).

Artigo 18.- Fases do procedemento

1. Achegada a solicitude coa documentación complementaria e unha vez efectuada a súa verificación documental, emitiran-se os informes oportunos pola Oficina de Rehabilitación PEPRIs instrutora e, posteriormente, procederase á resolución da con-vocatoria seleccionando, segundo os criterios expostos nesta ordenanza, as solicitudes que terán dereito a ser propostas ante o IGVS para obter a súa cualificación provisional.

2. Á vista da cualificación provisional, a Alcaldía-Presidencia ou o órgano que por delegación daquela ostente as competen-cias en materia de rehabilitación, formulará proposta para outorgar a subvención se procede e o órgano que ostente a competencia para autorizar o gasto resolverá sobre a concesión inicial das axudas, trala proposta previa de resolución da Oficina de Rehabilitación PEPRIs.

Esta aprobación inicial terá a condición de acto de trámite. 3. No momento de elevarlle o expediente ao órgano compe-tente para a súa aprobación, se as obras, visitadas e supervisa-das con anterioridade polos técnicos da Oficina de Rehabilitación PEPRIs, estivesen cualificadas definitivamente, acordarase só a aprobación definitiva das axudas, sen prexuízo de demorar o recoñecemento do dereito ao aboamento da sub-vención ata o exercicio orzamentario ao que se teña adscrita a actuación.

4. Unha vez recibida a comunicación da cualificación provisio-nal, e antes do comezo das obras, o/a solicitante deberá

(10)

colo-car no exterior da vivenda ou edificio o colo-cartel informativo do Programa de axudas para a rehabilitación de acordo co deseño que se estabeleza no manual de imaxe corporativa do Plan Vivenda 2013 – 2016 o cal deberá permanecer ata a cobranza total das axudas solicitadas.

Artigo 19.- Contratación das obras

1. Os/as solicitantes poderán contratar as obras coas empre-sas de construción que posúan o correspondente documento de cualificación empresarial e cos profesionais competentes que consideren máis oportuno.

2. Deberá constar na Oficina de Rehabilitación PEPRIs o orza-mento de execución definitivo, asinado polas partes.

Artigo 20.- Inicio das obras

1. As obras deberán iniciarse no prazo máximo de dous meses a partir da notificación da cualificación provisional polo IGVS da subvención. O devandito prazo poderá prorrogarse polo mesmo prazo, logo da solicitude xustificada. Unha vez transco-rrido este período sen que comezasen as obras poderase proce-der á retirada da subvención inicialmente outorgada, tralo expediente previo con trámite de audiencia ao interesado/a.

2. O/a solicitante promotor/a das obras comunicaralle for-malmente á Oficina de Rehabilitación PEPRIs a data do comezo das obras, o prazo de execución, as empresas que interveñen e o importe do orzamento de obras de cada empresa, de forma que poida quedar constancia deses datos.

Artigo 21.- Execución das obras

1. As obras deberán executarse no prazo máximo estabelecido no acordo de concesión da cualificación provisional por parte do IGVS. Este prazo poderá ser prorrogado por petición do/a solicitante da subvención expresa que lle será remitida ao IGVS para a súa resolución pola Oficina de Rehabilitación PEPRIs xunto coa proposta deste que proceda.

2. A interrupción das obras por un prazo superior aos tres meses sen causa xustificada poderá dar lugar á retirada da sub-vención inicialmente outorgada ou á denegación definitiva desta, previo expediente con trámite de audiencia ao interesa-do/a.

3. As obras deberán axustarse ás prescricións contidas no pro-xecto técnico ou documentación que serviu de base para a cua-lificación provisional e a concesión inicial das axudas, e non se admitirán máis modificacións na súa execución que as autoriza-das polo IGVS, tralo informe previo favorable da Oficina de Rehabilitación PEPRIs e que, en todo caso, deberán estar ampa-radas pola correspondente licenza urbanística.

4. A Oficina de Rehabilitación PEPRIs prestará o seu asesora-mento técnico na execución das obras e poderá, en todo caso, supervisar de oficio as obras, mesmo coa participación dos téc-nicos do IGVS cando proceda, sempre que o considere oportu-no, co obxecto de comprobar a súa correcta execución e o cum-primento das condicións ás que estean sometidas en virtude das axudas concedidas.

5. Coa finalidade de garantir o axeitado seguimento das obras, a solución de posibles incidencias e a coordinación entre o solicitante das axudas, a Oficina de Rehabilitación PEPRIs e as empresas executoras das obras, nomearase un representante único encargado da coordinación co técnico da oficina encarga-do encarga-do seguimento.

Artigo 22.- Remate das obras

1. Unha vez finalizadas as obras, e no prazo máximo dun mes a contar desde a expedición do certificado de fin de obra cando este procedera, o/a beneficiario/a comunicará oficialmente o seu remate e presentará a documentación redactada polo seu

técnico director, as facturas correspondentes emitidas pola empresa contratada para a execución das obras, coa sinatura do técnico competente se a natureza dos traballos así o esixe e os seus xustificantes de pagamento, co fin de que os servizos técnicos da Oficina de Rehabilitación PEPRIs poidan elaborar a proposta de cualificación definitiva e de subvención final que se aboará e que conterá, ademais, a certificación da súa reali-zación así coma as datas de inicio e finalireali-zación das obras e o seu custo final, e o cumprimento das condicións ás que estean sometidas as actuacións.

2. As facturas reunirán en todo caso os seguintes requisitos: número; nome ou razón social da empresa executora das obras co seu enderezo ou enderezo fiscal e o seu DNI ou CIF; nome ou razón social do pagador co seu enderezo ou enderezo fiscal e o DNI ou CIF. O IVE presentarase sempre desagregado. O produto vendido ou servizo facturado deberá quedar claramente descri-to na factura.

3. Os pagamentos deberán acreditarse a través de transferen-cia bancaria, certificación bancaria ou extracto de pagamento bancario nos que queden claramente identificados o receptor e o emisor do pago. Non se admite ningún tipo de pagamento en efectivo.

4. Esta proposta e certificación serán remitidas ao IGVS para a súa cualificación definitiva.

5. En obras que precisen licenza de primeira ocupación, a solicitude desta será imprescindible para continuar co trámite de aprobación definitiva das axudas.

Artigo 23.- Cualificación definitiva e pagamento das axudas. Unha vez que o IGVS emita o documento de cualificación defi-nitiva e como norma xeral procederase á declaración do derei-to ao cobro da subvención, sen prexuízo de demorar o recoñe-cemento do dereito ao abonamento da subvención ata o exer-cicio orzamentario ao que se teña adscrita a actuación.

Non poderá realizarse o pagamento da subvención en tanto o/a beneficiario/a non se atope ao corrente do cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social. Para tales efectos, unha vez rematadas as obras, deberá achegar certificados de que o beneficiario (comunidade de propieta-rios, agrupación de comunidades, ente asociativo ou de xes-tión, figura societaria, comunidade de bens ou persoa física) se atopa ao día coa Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Axencia Tributaria de Galicia.

O/a beneficiario/a deberá achegar, mediante a súa presenta-ción no Rexistro Xeral do concello, a folla de terceiros no modelo oficial normalizado para acreditar a existencia e titula-ridade da conta bancaria na que se ingresará o importe final da subvención.

Capítulo sétimo.- Denegación, perda e reintegro da subven-ción

Artigo 24.- Causas de denegación e perda das axudas As axudas poderán ser denegadas ou canceladas polas seguin-tes causas:

a) Non reunir as condicións esixidas por esta ordenanza, rela-tivas aos solicitantes ou aos inmobles para rehabilitar.

b) Comezar as obras antes de que se outorgue a cualificación provisional das actuacións para subvencionar.

c) A realización de obras non previstas no proxecto e que non estean autorizadas polo IGVS nin amparadas por licenza urba-nística outorgada e expedida ou comunicación anterior eficaz.

(11)

d) A grave incorrección técnico-construtiva das obras, apre-ciada pola Oficina de Rehabilitación PEPRIs e constatada no proxecto ou na súa execución.

e) A non execución de obras previstas inicialmente que teñan incidencia nas condicións de habitabilidade respecto do estado anterior do inmoble.

f) Iniciar as obras sen dar conta á Oficina de Rehabilitación PEPRIs.

g) Incumprir os prazos sinalados na cualificación definitiva ou nas prórrogas concedidas, así como as condicións relativas á ocupación das vivendas.

h) O impedimento ou obstaculización do acceso ás obras aos técnicos da Oficina de Rehabilitación PEPRIs ou do IGVS por parte do promotor ou do contratista.

Artigo 25.- Reintegro das subvencións

1. Procederá o reintegro das cantidades percibidas e a esixen-cia de xuros de demora correspondente desde o momento do pagamento da subvención ata a data na que se acorde a proce-dencia do reintegro, nos casos e co procedemento que se esta-blece nos artigos 32 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. A comisión dunha infracción urbanística tipificada como grave ou moi grave nos inmobles obxecto das axudas por parte dos seus beneficiarios/as, no prazo de catro anos desde o outorgamento definitivo da subvención, determinará a obriga de devolver o seu importe cos xuros que correspondan, sen pre-xuízo das sancións que se lles puidesen impor.

Capítulo oitavo.- Remisión normativa Artigo 26.- Remisión normativa

Para todo o non previsto nestas bases será de aplicación: a) O Real decreto 233/2013, do 5 de abril, polo que se regula o Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a reha-bilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016.

b) O Decreto 18/2014, do 13 de febreiro, polo que se deter-minan os aspectos básicos dos programas autonómicos de reha-bilitación de vivendas e se dan directrices para o desenvolve-mento do Plan estatal 2013-2016 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) A Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións, e o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento.

d) A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

e) A Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia. f) O Convenio de colaboración asinado o 5 de setembro de 2014 entre o Ministerio de Fomento e a Comunidade Autónoma de Galicia para a execución do Plan estatal de fomento do alu-gamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexene-ración e renovación urbanas 2013-2016.

g) A Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas do 9 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de rexeneración e renovación urbana do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016.

h) O acordo da Comisión Bilateral asinado entre o Ministerio de Fomento do Goberno de España, o Instituto Galego da Vivenda e Solo, dependente da Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia e o Concello de Celanova con data 27 de outubro de 2015 para o financiamento das

actua-cións na Área de Rexeneración e Renovación Urbana do Entorno do Mosteiro de San Salvador de Celanova e do Burgo Medieval de Vilanova dos Infantes en Celanova (Ourense), declarada pola Comunidade Autónoma de Galicia, para os efectos previstos no artigo 27.1.a) do Real decreto 233/2013, do 5 de abril, polo que se regula o Plan estatal de fomento do aluguer de vivendas, a rehabilitación edificatoria, e a rexeneración e renovación urbanas, 2013-2016, con data 24 de outubro de 2002.

Disposicións adicionais Primeira.- Outros convenios

Mediante convocatorias específicas poderán estabelecerse liñas de axuda para actuacións de rehabilitación de inmobles destinados a usos de interese público, social ou cultural, logo do correspondente convenio que estabelecerán o concello e os promotores das actuacións, no que se determinará en cada caso a contía das subvencións e demais condicións das axudas, sen prexuízo da aplicación directa ou supletoria de toda ou de parte desta ordenanza.

Segunda.- Promocións tuteladas

1. O concello, por si mesmo ou en convenio con outras ins-titucións e organismos públicos, poderá promover e desen-volver actuacións de rehabilitación destinadas ao aloxamen-to en alugueiro de vivendas e/ou locais en edificios de par-ticulares e institucións mediante cesión de uso e aproveita-mento deles, establecido mediante convenio cos propieta-rios, co fin de recuperar o investimento realizado no edificio rehabilitado.

2. Para o cálculo do período de cesión do edificio considera-ranse a superficie útil cedida, a situación do edificio, o importe das obras nel realizadas e o orzamento total, a suma dos gastos orixinados pola actuación, que deberá ser amortizado mediante o alugueiro das súas partes.

3. A dispoñibilidade e selección dos inmobles serán estabele-cidas mediante convocatoria pública, ao igual que a oferta de alugueiro das vivendas ou locais.

Terceira.- Subvencións complementarias municipais

O concello poderá establecer unha liña de subvencións dotada de fondos propios para complementar as axudas previstas nesta ordenanza e que sexan compatibles con elas, sempre dentro dos límites máximos legais permitidos para subvencionar este tipo de actuacións.

Cuarta.- Tratamento de datos de carácter persoal

Os datos das persoas solicitantes serán incorporados aos ficheiros municipais, cuxa finalidade é a instrución do procede-mento para a concesión das subvencións reguladas por esta ordenanza, a práctica das publicacións, comunicacións e noti-ficacións de obrigado cumprimento, o seguimento e comproba-ción das actividades subvencionadas e demais actuacomproba-cións pre-vistas na normativa legal para a conclusión do proceso de sub-vencións, polo que a súa achega é obrigatoria.

Estes datos serán tratados e protexidos de acordo co previsto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e na Lei orgánica15/1999, do 13 de decembro, de pro-tección de datos de carácter persoal, sendo responsable do seu tratamento a Oficina de Rehabilitación PEPRIs do Concello de Celanova, ante a cal se poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

De conformidade co disposto polo artigo 14.1.ñ) da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia, infórmase aos interesados da exis-tencia do Rexistro Público de Subvencións.

Referencias

Documento similar

h)  contaminantes  del  medio  ambiente  laboral:  son  todas  las  sustancias  químicas  y  mezclas  capaces  de  modificar  las  condiciones  del  medio 

• Incluir dentro de los conceptos a considerar para la constitución de la reserva de riegos en curso los gastos establecidos en la nota técnica multiplicados por un

En esta primera asociación, podemos notar como el sol con el 33% conforma al núcleo central de la representación social del sitio arqueológico, y que los elementos periféricos

Por este motivo, lo que hace la filosofía no es meramente describir y analizar una realidad, sino incluirla dentro de la misma vida filosófica; en otros

Derivado del proceso de mejora administrativa en el procedimiento para integrar la Lista de personas que pueden fungir como peritos ante los órganos del Poder Judicial de

III. Deberán estar impermeabilizadas en su interior y en los muros colindantes con las fachadas y pasillos de circulación atendiendo lo que para tal efecto determine la

Establecer las disposiciones operativas, administrativas y disciplinarias a las que deberá sujetarse el personal de la Secretaría, de acuerdo a lo establecido en la Ley General del

En consecuencia, hemos recorrido un camino l i d e r a n d o l a c o n f o r m a c i ó n d e r e d e s colaborativas solidarias en los territorios en los que