III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
ORDE do 4 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a persoas traballadoras afectadas por procedementos de regulación de emprego de suspensión de contratos de traballo por causa de forza maior, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.
A Axenda 20 para o emprego da Xunta de Galicia ten como misión principal apoiar as persoas e as empresas na creación de emprego estable e de calidade, e para procurar que este emprego se manteña é polo que, con carácter excepcional e para situacións de emerxencia, se pon en marcha un programa de axudas coa finalidade de compensar as perdas económicas que sofren as persoas traballadoras afectadas pola suspensión do seu contrato por causa de forza maior. Trátase, polo tanto, de adoptar medidas de tipo social co fin de minorar os efectos negativos que para as persoas traballadoras derivan dos pro
cedementos de regulación de emprego suspensivos por causa de forza maior.
O obxecto, polo tanto, deste novo programa é reparar e paliar as situacións de nece
sidade que se orixinan pola perda de ingresos que sofren as persoas traballadoras que non poden desempeñar a súa prestación laboral como consecuencia dun acontecemento catastrófico, como terremotos, maremotos, incendios, inundacións, pragas, explosións, tor
mentas de vento e mar, que provoque a destrución total ou parcial das instalacións do seu centro de traballo, impedindo temporalmente a continuidade total ou parcial da actividade empresarial.
Así, durante o tempo que dure o proceso de reparación e reconstrucións das instala
cións afectadas en que prestan servizos as persoas traballadoras, estas percibirán unha axuda económica que compense a súa perda de poder adquisitivo.
As bases que rexen estas axudas establecen un procedemento de concesión que non ten a consideración de concorrencia competitiva, dado que de acordo coa finalidade e obxecto do programa non resulta necesario realizar a comparación e prelación das solici
tudes presentadas nun único procedemento, senón que a concesión da axuda se realiza pola comprobación da concorrencia na persoa solicitante dos requisitos establecidos ata o esgotamento do crédito orzamentario.
CVE-DOG: msjunxk0-8oe6-1cy4-rgn3-cgqmowbv5cq0
Á Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Secretaría Xeral de Em
prego, con base no Decreto 175/2015, do 3 de decembro, que establece a súa estrutura orgánica, correspóndelle a execución das competencias en materia de política laboral e relacións laborais.
Polo exposto, consultado o Consello Galego de Relacións Laborais e obtidos os infor
mes preceptivos na tramitación, en uso das facultades que teño conferidas, de acordo co artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e para a debida aplicación dos créditos orzamentarios para o fin para que foron establecidos,
DISPOÑO:
CAPÍTULO I Disposicións xerais
Artigo 1. Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a con
vocatoria pública das axudas para compensar a perda de poder adquisitivo das persoas traballadoras afectadas por procedementos de regulación de emprego de suspensión de contratos por causa de forza maior, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Así mesmo, por medio desta orde procédese á convocatoria destas axudas para o ano 2016.
CAPÍTULO II Bases reguladoras
Artigo 2. Obxecto das bases reguladoras
Estas bases teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para a concesión de axu
das para compensar a perda de poder adquisitivo das persoas traballadoras afectadas por procedementos de regulación de emprego de suspensión de contratos por causa de forza maior, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 3. Normativa reguladora
As solicitudes, tramitación e concesión das subvencións axustaranse ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xanei
CVE-DOG: msjunxk0-8oe6-1cy4-rgn3-cgqmowbv5cq0
ro, polo que se aproba o seu regulamento; no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro; na Lei 12/2015, do 24 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016; na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ao disposto nesta orde.
Artigo 4. Requisitos das persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas, nos termos recollidos na presente orde, as persoas traballadoras que reúnan os seguinte requisitos:
a) Que estean ou estivesen afectadas por un procedemento de regulación de emprego de suspensión de contratos de traballo por causa de forza maior durante o período sub
vencionable que se estableza na convocatoria. Considérase que a persoa traballadora está afectada cando teña ou tivese o seu contrato suspendido no período subvencionable, establecido na respectiva convocatoria, en polo menos unha xornada laboral completa.
b) Que o procedemento de regulación de emprego afecte, dentro do período subvencio
nable, algún centro de traballo da empresa situado na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que a causa de forza maior derive de acontecementos catastróficos, imprevisibles ou que sendo previstos fosen inevitables, como terremotos, maremotos, incendios, inun
dacións, pragas, explosións, tormentas de vento e mar, sempre que supoñan a destrución total ou parcial das instalacións do centro de traballo situado na Comunidade Autónoma de Galicia, impedindo a continuidade total ou parcial da actividade empresarial.
d) Que a causa de forza maior fose constatada por resolución da autoridade laboral competente.
e) Que os seus ingresos brutos mensuais, excluída a parte proporcional das pagas ex
traordinarias, non superen os 2.000 euros, ou a cantidade proporcional nos supostos de persoas traballadoras vinculadas a empresa por contrato de traballo a tempo parcial.
2. Non poderán ser beneficiarias as persoas en que concorra algunha das circunstan
cias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, ou algunha das prohibicións establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de sub
vencións de Galicia.
CVE-DOG: msjunxk0-8oe6-1cy4-rgn3-cgqmowbv5cq0
Artigo 5. Devindicación, contía e duración da axuda 1. Devindicación:
A axuda económica devindicarase por xornada laboral completa de suspensión de con
trato dentro do período subvencionable.
2. Contía:
A contía da axuda fixarase en 7 ou 9 euros por xornada completa efectiva de suspen
sión de contratos, segundo o tramo de base de cotización por continxencias comúns a que pertenza a persoa traballadora, de acordo coa seguinte escala:
a) Para bases de cotización de ata 1.800 €, unha axuda de 9 € por cada xornada com
pleta de suspensión.
b) Para bases de cotización superiores a 1.800 €, unha axuda de 7 € por cada xornada completa de suspensión.
Esta contía entenderase para persoas traballadoras que teñan contrato de traballo a xornada completa. No suposto de persoas traballadoras con contrato a tempo parcial, as bases de cotización entenderanse reducidas proporcionalmente, o que dará lugar á redu
ción proporcional da contía da axuda.
3. Duración:
A axuda estenderase a todas as xornadas laborais completas de suspensión que se produzan dentro do período subvencionable establecido na convocatoria.
Artigo 6. Compatibilidade
1. As axudas recibidas ao abeiro desta orde serán incompatibles con outras axudas públicas que se percibisen para a mesma finalidade.
2. A percepción desta axuda é compatible coa percepción da prestación por desempre
go e con posibles complementos que a empresa acorde achegar, sempre e cando exista unha perda de poder adquisitivo para a persoa traballadora.
CVE-DOG: msjunxk0-8oe6-1cy4-rgn3-cgqmowbv5cq0
Artigo 7. Procedemento de concesión da axuda
1. O procedemento de concesión das axudas ao abeiro desta orde será o de concorren
cia non competitiva, segundo o disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, dado que polo obxecto e finalidade da subvención non resulta necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas.
2. En todo caso, a resolución de concesión da axuda estará supeditada á existencia de dispoñibilidade orzamentaria que se habilite na correspondente convocatoria anual.
3. Se o orzamento asignado non é suficiente para proceder ao pagamento de todas as axudas solicitadas, aplicarase como criterio de prioridade a data de entrada no rexistro do órgano competente para a súa tramitación. No caso de coincidencia na data de presenta
ción entre dúas ou máis solicitudes presentadas, a orde de prioridade verá determinada pola hora de presentación.
Artigo 8. Competencia
A competencia para coñecer e resolver as solicitudes de axudas previstas nesta orde, por delegación do titular da Consellería de Economía, Emprego e Industria, corresponde
ralle á persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego.
Artigo 9. Solicitudes
1. As solicitudes de axuda poderán ser formalizadas directamente pola persoa traballa
dora afectada pola suspensión do contrato ou pola empresa afectada polo procedemento de regulación de emprego, en calidade de autorizada pola persoa traballadora acreditado segundo o anexo III desta orde.
2. A presentación das solicitudes realizarase preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es, de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decre
to 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e cla
ve Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).
CVE-DOG: msjunxk0-8oe6-1cy4-rgn3-cgqmowbv5cq0
3. Tamén se poderá presentar a solicitude en formato papel, por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, utilizando para iso o for
mulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
4. A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as co
pias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en cal
quera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novem
bro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
6. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramita
ción administrativa, que poderán ser presentados electronicamente accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Artigo 10. Prazo de presentación
O prazo para a presentación de solicitudes será aquel que se estableza na respectiva convocatoria anual.
CVE-DOG: msjunxk0-8oe6-1cy4-rgn3-cgqmowbv5cq0
Artigo 11. Documentación
1. As solicitudes da axuda, que se formalizarán mediante o anexo I desta orde, deberán ir acompañadas da seguinte documentación, orixinal ou copia compulsada:
a) Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante, no caso de que non se autorice expresamente a comprobación dos datos por medio do acceso telemático ao Sis
tema de verificación de datos de identidade segundo o establecido no Decreto 255/2008, do 23 de outubro.
b) Copia do DNI ou NIE da persoa traballadora (cando non sexa a mesma que a persoa solicitante), no caso de que non se autorice expresamente a comprobación dos datos por medio do acceso telemático ao Sistema de verificación de datos de identidade segundo o establecido no Decreto 255/2008, do 23 de outubro, no anexo III.
c) No suposto de presentación pola empresa afectada mediante o procedemento de re
gulación de emprego, autorización da persoa traballadora para a presentación da solicitude no seu nome, segundo anexo III desta orde.
d) No suposto de actuar mediante representante, copia da documentación fidedigna que acredite a representación.
e) Certificado emitido pola empresa, segundo o anexo II, en que consten os seguintes datos da persoa traballadora: o período de suspensión efectiva, dentro do período sub
vencionable que se estableza na convocatoria, con indicación do número de xornadas completas de suspensión e os meses concretos en que se fixo efectiva a suspensión, a re
tribución mensual bruta (excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias) e a base de cotización por continxencias comúns do mes anterior ao inicio da suspensión.
f) Certificados de débedas expedidos, para a obtención de subvencións, pola Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Axencia Tributaria de Galicia, no caso de denegar expresamente a súa consulta á Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
2. O órgano competente para a instrución do procedemento, poderá solicitar cal
quera aclaración da documentación que considere necesaria para a resolución destas axudas.
CVE-DOG: msjunxk0-8oe6-1cy4-rgn3-cgqmowbv5cq0
Artigo 12. Consentimentos e autorizacións
1. A tramitación do procedemento require a incorporación de datos en poder das admi
nistracións públicas. Polo tanto, os modelos de solicitude incluirán autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non sexa autorizado o órgano xestor para realizar esta ope
ración, deberán achegarse os documentos comprobantes dos datos, nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.
2. A presentación da solicitude de subvención comportará a autorización ao órgano xes
tor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tri
butaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Axencia Tributaria de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante poderá denegar expresamente o consentimento, e deberá presentar entón a certificación nos termos previstos regulamentariamente.
3. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexis
tros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamen
tos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a consellería publicará na súa páxina web oficial e no DOG a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as sancións que, como consecuencia delas, se puidesen impor nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da so
licitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.
4. En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do dito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.
Artigo 13. Instrución
1. O órgano instrutor dos expedientes será o Servizo de Relacións Laborais e Seguri
dade e Saúde Laboral da Subdirección Xeral de Relacións Laborais, da Secretaría Xeral de Emprego, que realizará as actuacións necesarias para a comprobación dos datos en virtude dos cales se debe formular a proposta de resolución.
CVE-DOG: msjunxk0-8oe6-1cy4-rgn3-cgqmowbv5cq0
2. Se a solicitude non estivese debidamente cuberta ou non se achegase a documen
tación exixida, a unidade administrativa encargada da tramitación do expediente, de con
formidade co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, requirirá a persoa interesada para que, nun prazo máximo e improrrogable de 10 días, emende a falta ou presente os documentos preceptivos coa advertencia de que, se así non o fixese, se con
siderará desistida da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da antedita lei.
Artigo 14. Resolución e recursos
1. Logo da fiscalización da proposta polo órgano interventor da consellería, o órgano concedente ditará a correspondente resolución, que se lles notificará ás persoas interesa
das.
2. O prazo máximo para resolver e notificar será de tres meses contados desde a data de entrada da solicitude no rexistro do órgano competente para a súa tramitación. Trans
corrido o antedito prazo sen que se ditase resolución expresa, entenderase desestimada a solicitude, de acordo co establecido no artigo 1 e no artigo 2 da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das admi
nistracións públicas e do procedemento administrativo común.
3. As resolucións que se diten neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas cabe interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o órga
no competente da xurisdición contencioso-administrativa, e poderá formularse, con carác
ter potestativo, recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, re
guladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Artigo 15. Forma de pagamento e xustificación
1. Unha vez notificada a resolución, as persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada, segundo o artigo 21.5 da Lei 9/2007, de sub
vencións de Galicia.
CVE-DOG: msjunxk0-8oe6-1cy4-rgn3-cgqmowbv5cq0
2. O pagamento efectuarase a favor das persoas beneficiarias, de xeito nominativo e único, pola súa totalidade e logo de que presenten dentro do prazo dos 10 días seguintes á notificación da resolución de concesión a seguinte documentación:
a) Certificado da vida laboral emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social, en que conste o período de suspensión para o cal se solicitou a subvención.
b) Copia compulsada da nómina do mes anterior ao primeiro día de suspensión.
c) Declaración do beneficiario de que non ten concedida nin percibir ningunha outra axuda pública para o mesmo fin, segundo o anexo IV.
3. Transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que a persoa beneficiaria da subvención presentase a documentación exixida, requiriráselle para que a presente no prazo improrrogable de 10 días. Así mesmo, cando o órgano competente para a compro
bación da subvención aprecie a existencia de defectos emendables na xustificación pre
sentada pola beneficiaria porao no seu coñecemento e concederalle un prazo de 10 días para a súa corrección. A falta de presentación da xustificación ou a non corrección no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención (artigos 45 e 46 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia).
Artigo 16. Obrigas das persoas beneficiarias
Son obrigas das persoas beneficiarias destas axudas as seguintes:
1. Acreditar con anterioridade á proposta de resolución, así como antes das corres
pondentes propostas de pagamento, que se encontra ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda por ningún concepto coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención.
3. Comunicarlle ao órgano concedente a obtención concorrente doutras subvencións, axudas ou ingresos que se percibisen para a mesma finalidade.
CVE-DOG: msjunxk0-8oe6-1cy4-rgn3-cgqmowbv5cq0
Artigo 17. Modificación da resolución
Unha vez que se dite a resolución de concesión, toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención ou, se é o caso, a obtención concorrente doutras subvencións e axudas concedidas por calquera outra entidade pública ou privada poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión da subvención e, eventualmente, á súa revogación segundo o establecido no artigo 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Artigo 18. Perda do dereito ao cobramento e reintegro
1. No caso de que a beneficiaria da axuda incumprise algunha das condicións ou obri
gas estipuladas nesta orde, a Consellería de Economía, Emprego e Industria iniciará o procedemento de reintegro total ou parcial da axuda concedida e solicitará a devolución das cantidades percibidas e os correspondentes xuros de demora devindicados desde o momento do seu pagamento, nos casos e nos termos previstos nos artigos 32, 33, 37 e 38 da citada Lei 9/2007 e no seu regulamento, aprobado mediante o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
2. De acordo co artigo 14.1.n) da Lei 9/2007, os criterios de gradación dos posibles incumprimentos para determinar a cantidade que se minorará ou reintegrará serán os se
guintes:
a) A obtención da axuda falseando as condicións requiridas ou ocultando aquelas que o impedisen dará lugar á perda do dereito ao cobramento ou, se é o caso, ao reintegro da totalidade da axuda concedida.
b) O incumprimento da obriga de comunicar ao órgano concedente a solicitude doutras axudas incompatibles dará lugar ao reintegro do 10 % da axuda concedida.
c) O incumprimento da obriga de comunicar ao órgano concedente a obtención doutras axudas incompatibles dará lugar ao reintegro do 100 % da axuda percibida máis os xuros de demora, sen prexuízo das sancións que puidesen corresponder.
d) A obriga do reintegro establecida nos parágrafos anteriores enténdese sen prexuízo do establecido no Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.
CVE-DOG: msjunxk0-8oe6-1cy4-rgn3-cgqmowbv5cq0
Artigo 19. Datos de carácter persoal
De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cida- danía e entidades», cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para in
formar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a referi
da secre taría xeral técnica, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo:
Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico a [email protected]
CAPÍTULO III Convocatoria ano 2016
Artigo 20. Obxecto
Convocar para o ano 2016 as axudas para compensar a perda de poder adquisitivo das persoas traballadoras afectadas por procedementos de regulación de emprego de suspensión de contratos por causa de forza maior, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 21. Normativa reguladora
Esta convocatoria rexerase polas bases reguladoras establecidas no capítulo II desta orde.
Artigo 22. Crédito orzamentario
As axudas recollidas nesta orde de convocatoria financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.40.324A.480.0, código de proxecto 201600378, da Secretaría Xeral de Emprego, por un importe total de 200.000 €.
Artigo 23. Período subvencionable
Esta convocatoria afecta as persoas traballadoras que teñan o seu contrato suspendido en polo menos unha xornada laboral completa, entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 31 de ou
CVE-DOG: msjunxk0-8oe6-1cy4-rgn3-cgqmowbv5cq0
tubro de 2016 (ambos inclusive), por un procedemento de regulación de emprego en que a autoridade laboral competente constate a causa de forza maior.
Artigo 24. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, do 1 de novembro ao 30 de novembro de 2016 (ambos inclusive).
Disposición adicional única. Delegación de atribucións
Apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Economía, Emprego e Industria na persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego, para resolver a concesión ou denegación das subvencións previstas nesta orde, para autorizar, dispor, recoñecer a obriga e propor os correspondentes pagamentos, así como para resolver os procedementos de reintegro das subvencións indebidamente percibidas polas persoas be
neficiarias, respecto das resolucións de concesión destas ditadas por delegación da per
soa titular da consellería.
Disposición derradeira primeira. Facultade de desenvolvemento
Facúltase a persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2016
Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria
CVE-DOG: msjunxk0-8oe6-1cy4-rgn3-cgqmowbv5cq0
ANEXO I
PROCEDEMENTO
AXUDAS A PERSOAS TRABALLADORAS AFECTADAS POR EXPEDIENTES DE SUSPENSIÓN DE CONTRATOS POR CAUSA DE FORZA MAIOR
CÓDIGO DO PROCEDEMENTO
TR820D
DOCUMENTO
SOLICITUDE
DATOS DA PERSOA SOLICITANTE
NOME/RAZÓN SOCIAL PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF
TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMERO BLOQUE ANDAR PORTA
PARROQUIA LUGAR
CP PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE
TELÉFONO FAX TELÉFONO MÓBIL CORREO ELECTRÓNICO
E, NA SÚA REPRESENTACIÓN (deberá acreditarse a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito)
NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF
ENDEREZO PARA OS EFECTOS DE NOTIFICACIÓN (non é necesario se coincide co anterior)
TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMERO BLOQUE ANDAR PORTA
PARROQUIA LUGAR
CP PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE
TELÉFONO FAX CORREO ELECTRÓNICO
DATOS DA PERSOA TRABALLADORA (cubrir soamente cando non sexa a mesma que presenta a solicitude)
NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF
TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMERO BLOQUE ANDAR PORTA
PARROQUIA LUGAR
CP PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE
TELÉFONO TELÉFONO MÓBIL CORREO ELECTRÓNICO
DATOS BANCARIOS DA PERSOA TRABALLADORA
Declaro, baixo a miña responsabilidade, que son certos os datos consignados relativos á conta bancaria indicada.
TITULAR DA CONTA NÚMERO DA CONTA BANCARIA (24 DÍXITOS)
IBAN
Este formulario tamén pode presentarse electronicamente na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es
CVE-DOG: msjunxk0-8oe6-1cy4-rgn3-cgqmowbv5cq0
ANEXO I (continuación)
A PERSOA SOLICITANTE OU REPRESENTANTE DECLARA:
1. Que en relación con outras axudas concedidas ou solicitadas:
Non solicitou nin se lle concedeu ningunha outra axuda para este mesmo proxecto e conceptos para os cales solicita esta subvención.
Si solicitou e/ou se lle concederon outras axudas para este mesmo proxecto e conceptos para os cales solicita esta subvención, que son as que a continuación se relacionan:
AXUDAS
SOLICITADA CONCEDIDA ANO ORGANISMO IMPORTE (€)
2. Que todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos.
3. Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
4. Non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas prevista nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
5. Estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
6. Que ten ou tivo o seu contrato de traballo suspendido en virtude dun expediente de regulación de emprego por causa de forza maior:
NÚMERO DE EXPEDIENTE EMPRESA AUTORIDADE LABORAL COMPETENTE
DOCUMENTACIÓN QUE SE PRESENTA
Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta Copia do DNI ou NIE da persoa representante, só no caso de non autorizar a súa consulta
Copia do DNI ou NIE da persoa traballadora, cando non sexa a mesma que a persoa solicitante e non autorice a súa consulta no anexo III No suposto de presentación pola empresa, autorización da persoa traballadora segundo o anexo III
No suposto de actuar mediante representación, copia da documentación que acredite a dita representación de forma fidedigna
Anexo II: certificado emitido pola empresa en que consten os seguintes datos da persoa traballadora: o período de suspensión efectiva, indicando o número de xornadas completas de suspensión e os meses concretos en que se fixo efectiva, a retribución mensual bruta (excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias) e a base de cotización por continxencias comúns do mes anterior ao inicio da suspensión
Certificados de débedas expedidos, para a obtención de subvencións, pola Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Axencia Tributaria de Galicia, no caso de denegar expresamente a súa consulta á Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria
Autorizo a Consellería de Economía, Emprego e Industria para consultar os datos de identidade da persoa solicitante no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e a Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 7 de xullo de 2009.
SI NON (neste caso achegarase a documentación correspondente)
Autorizo a Consellería de Economía, Emprego e Industria para consultar os datos de identidade da persoa representante no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e a Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 7 de xullo de 2009.
SI NON (neste caso achegarase a documentación correspondente)
En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, infórmase el que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia co obxecto de xestionar o presente procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a [email protected].
CVE-DOG: msjunxk0-8oe6-1cy4-rgn3-cgqmowbv5cq0
ANEXO I (continuación)
LEXISLACIÓN APLICABLE
Orde do 4 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a persoas traballadoras afectadas por procedementos de regulación de emprego de suspensión de contratos de traballo por causa de forza maior, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.
SINATURA DA PERSOA SOLICITANTE OU REPRESENTANTE
Lugar e data
, de de
Secretaría Xeral de Emprego Este formulario tamén pode presentarse electronicamente
na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es
CVE-DOG: msjunxk0-8oe6-1cy4-rgn3-cgqmowbv5cq0
ANEXO II
CERTIFICACIÓN DA EMPRESA DATOS DA ENTIDADE
RAZÓN SOCIAL NIF
E, NA SÚA REPRESENTACIÓN
NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF
CERTIFICA OS SEGUINTES DATOS DA PERSOA TRABALLADORA
NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF
1. QUE A SÚA RETRIBUCIÓN BRUTA, excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias, (do mes anterior ao primeiro día de suspensión) É:
2. QUE A SÚA BASE DE COTIZACIÓN POR CONTINXENCIAS COMÚNS (do mes anterior ao primeiro día de suspensión) É:
3. QUE TIVO O SEU CONTRATO SUSPENDIDO AS SEGUINTES XORNADAS COMPLETAS:
ANO MES Nº DE DÍAS TOTAIS DE
SUSPENSIÓN NO MES
SINATURA DA PERSOA REPRESENTANTE
Lugar e data
, de de
CVE-DOG: msjunxk0-8oe6-1cy4-rgn3-cgqmowbv5cq0
ANEXO III
AUTORIZACIÓN PARA A PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE POLA EMPRESA EN NOME DA PERSOA TRABALLADORA DATOS DA PERSOA TRABAJADORA
NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF
AUTORIZO A EMPRESA
RAZÓN SOCIAL NIF
Para a presentación da miña solicitude ao abeiro da Orde do __ de _________ de ____ de axudas a persoas traballadoras afectadas por expedientes de suspensión de contratos por causa de forza maior.
Autorizo a Consellería de Economía, Emprego e Industria para consultar os datos de identidade da persoa traballadora no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e a Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 7 de xullo de 2009.
SI NON (neste caso achegarase a documentación correspondente)
SINATURA DA PERSOA TRABALLADORA
Lugar e data
, de de
CVE-DOG: msjunxk0-8oe6-1cy4-rgn3-cgqmowbv5cq0
ANEXO IV
DECLARACIÓN EXPRESA DOUTRAS AXUDAS
AXUDAS A PERSOAS TRABALLADORAS AFECTADAS POR EXPEDIENTES DE SUSPENSIÓN DE CONTRATOS POR CAUSA DE FORZA MAIOR (só para a fase de xustificación)
DATOS DA PERSOA SOLICITANTE
NIF
NOME/RAZÓN SOCIAL PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO
E, NA SÚA REPRESENTACIÓN
NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF
DECLARA BAIXO A SÚA RESPONSABILIDADE
Que para a mesma actividade ou proxecto solicitou e/ou obtivo as axudas que se relacionan a continuación:
AXUDAS
SOLICITADA CONCEDIDA ANO ORGANISMO IMPORTE (€)
Así mesmo, o/a solicitante comprométese a comunicar inmediatamente cantas axudas solicite e/ou obteña, para a mesma actuación, doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, a partir da data desta declaración.
SINATURA DA PERSOA SOLICITANTE OU REPRESENTANTE
Lugar e data
, de de
Secretaría Xeral de Emprego
CVE-DOG: msjunxk0-8oe6-1cy4-rgn3-cgqmowbv5cq0