• No se han encontrado resultados

MANUAL DE FUNCIÓNS E ORGANIZACIÓN

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "MANUAL DE FUNCIÓNS E ORGANIZACIÓN"

Copied!
36
0
0

Texto completo

(1)

1

MANUAL DE FUNCIÓNS E ORGANIZACIÓN

A finalidade do manual de funcións dos postos de traballo do persoal funcionario de administración e servizos (PAS F) é cubrir un baleiro que existe actualmente na Universidade de Vigo, como é a falta dunha metodoloxía xeral que poidan aplicar os distintos servizos e campus á hora de revisar as súas actuacións dende a óptica da simplificación administrativa e a redución de carga de traballo.

Este é un documento cuxo propósito é describir a estrutura de funcións dos diferentes servizos e áreas, así como as tarefas específicas e a autoridade asignada a cada membro do (PAS F) da universidade.

Os seus obxectivos son:

 Presentar unha visión de conxunto da organización.

 Precisar as funcións encomendadas a cada unidade orgánica para deslindar responsabilidades, evitar duplicidades e detectar omisións.

 Contribuír á execución correcta dos labores encomendados ao persoal e propiciar a uniformidade no traballo.

 Permitir o aforro de tempo e esforzo na execución do traballo, evitando as repeticións de instrucións.

 Facilitar o recrutamento e selección de persoal.

 Servir como orientación ao persoal de novo ingreso, facilitando a súa incorporación ás distintas unidades orgánicas.

 Propiciar o mellor aproveitamento dos recursos humanos e materiais.

Este documento consta de dúas partes:

1.- As funcións xenéricas das distintas áreas de xestión.

2.- As responsabilidades dos diferentes postos de traballo da RPT do PAS F segundo o nivel asignado na mesma.

(2)

2 1.- FUNCIÓNS XENÉRICAS DAS ÁREAS

UNIVERSIDADE DE VIGO FUNCIÓNS XENÉRICAS DAS ÁREAS ÁREA DE APOIO Ó EQUIPO DE GOBERNO

 Coordinación da acción de todos os integrantes do equipo reitoral.

 A coordinación das relacións necesarias coas institucións e entidades públicas e privadas.

 A execución material das tarefas encomendadas polos integrantes do equipo reitoral.

 A comunicación cos centros e servizos da universidade.

 O apoio administrativo aos integrantes do equipo reitoral.

 A organización e o mantemento da axenda dos cargos.

 O despacho da correspondencia.

 A comunicación e coordinación externa e interna.

 A xestión das viaxes dos integrantes do equipo reitoral.

 A coordinación da asistencia a actos e eventos.

 A atención a visitantes.

 A execución de aquelas tarefas, no ámbito das súas competencias, que lles sexan encomendadas polos integrantes do equipo reitoral.

(3)

3 UNIVERSIDADE DE VIGO FUNCIÓNS XENÉRICAS

ÁREA FUNCIONAL SECRETARÍA XERAL

A Secretaría Xeral, que auxilia ao reitor nas tarefas de organización e réxime académico, coordina os actos solemnes, coordina e xestiona os rexistros da universidade, tramita e rexistra os convenios institucionais, xestiona a normativa universitaria, é responsable da asesoría xurídica e do arquivos da universidade, e supervisa as unidades administrativas correspondentes.

Ten ás seguintes funcións xenéricas:

 A recepción e clasificación da correspondencia oficial.

 O rexistro, o control e a distribución da documentación de entrada e saída.

 A xestión da Oficina de información xeral da Universidade de Vigo.

 A publicación, o control e a realización de dilixencias da documentación exposta no taboleiro de anuncios da reitoría da universidade.

 A tramitación das solicitudes de carimbos oficiais, o mantemento da información actualizada, a custodia e destrución dos que quedasen en desuso.

 A elaboración e actualización periódica do directorio de teléfonos da Universidade, así como a distribución de listas de teléfono.

 A tramitación das solicitudes de autorización de compulsa e cotexo do persoal de administración e servizos.

 A expedición da sinatura dixital, realizando a solicitude, contratación e descarga dos certificados.

 A tramitación e a distribución de tarxetas de identificación relativas ó ao PAS e ao PDI.

 As tarefas relativas ao arquivo xeral da Secretaría Xeral así como a custodia dos BOE e DOG correspondentes á Secretaría Xeral.

 A tramitación e impulso ata a súa aprobación, con carácter xeral, dos convenios no vaia ser parte a Universidade de Vigo, coordinando a acción da unidade ou centro propoñente e das demais unidades implicadas. O mantemento da información que xere a tramitación de convenios e a elección dos órganos colexiados.

 A asistencia e apoio na organización das sesións dos órganos colexiados, cuxa secretaría ostente o Secretario/a Xeral, e na xestión administrativa dos procesos electorais.

 A confección do soporte documental da Memoria Anual da Universidade, así como a súa posterior distribución.

 A confección do soporte documental do informe de xestión do Reitor, así como a súa posterior distribución.

 A xestión e rexistro das autorizacións do enderezo oficial da universidade.

(4)

4 UNIVERSIDADE DE VIGO FUNCIÓNS XENÉRICAS DAS ÁREAS

ASESORÍA XURÍDICA

A Asesoría Xurídica é a responsable do asesoramento e consultoría legal dos distintos órganos e unidades da Universidade de Vigo sobre a adecuación da súa actividade ó ordenamento xurídico.

Ten as seguintes funcións xenéricas:

 A representación e defensa en xuízo da Universidade.

 A emisión de informes xurídicos: pregos de cláusulas administrativas reguladoras dos contratos, convenios de colaboración e contratos, proxectos de disposicións de carácter xeral, proposta de resolución de recursos en vía administrativa, expedientes sobre declaración lesividade, outros informes requiridos pola universidade.

 A asistencia ás mesas de contratación.

 A verificación de suficiencia de poderes.

 A representación da Universidade perante os Tribunais.

 A custodia e o arquivo de expedientes xudiciais.

 O asesoramento en materia de expedientes disciplinarios.

 En xeral o asesoramento en asuntos xurídicos que necesite a Universidade de Vigo.

(5)

5 UNIVERSIDADE DE VIGO FUNCIÓNS XENÉRICAS DAS ÁREAS

SERVIZO DE CONTABILIDADE

Este servizo dirixe e coordina todas as actuacións relativas á contabilidade financeira da Universidade de Vigo. Ten a responsabilidade, entre outras cousas, da elaboración e da tramitación dos documentos contables, do mantemento dos datos bancarios dos provedores, realiza os procesos de pago, mantén actualizado o Plan xeral de contabilidade pública e os conceptos de gastos, ingresos e operacións non orzamentarias, e realiza os procesos de peche e apertura do exercicio orzamentario (económico ??).

Ten as seguintes funcións xenéricas:

 A elaboración do proxecto da programación plurianual e do anteproxecto de orzamento anual.

 A apertura do exercicio económico e posta a disposición dos distintos créditos orzamentarios.

 A recepción, rexistro, solicitude de conformidade aos responsables e imputacións dos gastos e retencións de créditos.

 O control e o seguimento da execución do orzamento de gastos, así como a análise das desviacións e elaboración de propostas de accións correctoras.

 A elaboración dos expedientes de modificacións orzamentarias e dos correspondentes documentos contables.

 A xestión dos remanentes e elaboración, no seu caso, da proposta de incorporación.

 O peche orzamentario e a elaboración da liquidación definitiva do orzamento, así como do borrador da memoria que o acompaña.

 A emisión de informes, memorias e estatísticas en materia orzamentaria.

 A apertura e cancelación, no seu caso, de todas as contas restrinxidas de cobros e pagos da Universidade de Vigo.

 O control e seguimento dos ingresos propios.

 A recadación e aplicación ao orzamento dos ingresos externos, así como, a parametrización e o control do financiamento afectado á realización de determinadas actividades.

 A supervisión e o control material dos movementos de fondos.

 O control e o seguimento de todas as contas de cobros a nome da Universidade de Vigo.

 A elaboración de previsións de Tesourería a curto e medio prazo, e a elaboración de informes periódicos, así como propostas de accións para optimizar a xestión de tesourería.

 A emisión de facturas aos distintos debedores, así como o control, reclamación e seguimento de non-pagados.

 A elaboración de informes económicos, memorias e estatísticas relativos á actividade recadatoria.

 A elaboración das propostas de pago e a emisión de transferencias e cheques.

 O control e seguimento de todas as contas de pagos a nome da

(6)

6 Universidade de Vigo.

 A elaboración de documentos contables de gastos.

 A recepción, rexistro e pago dos adiantos e, en xeral, dos gastos de carácter urxente.

 O arquivo e custodia de expedientes orixinais de tramitación de pagos.

 A elaboración de informes económicos, memorias e estatísticas relativos ós pagos realizados.

 A revisión, actualización e aplicación da normativa vixente en materia orzamentaria.

(7)

7 UNIVERSIDADE DE VIGO FUNCIÓNS XENÉRICAS DAS ÁREAS

SERVIZO DE CONTROL INTERNO

Esta servizo controla e supervisa a xestión orzamentaria que se leva a cabo nos distintos centros e servizos da Universidade de Vigo, comprobando o correcto seguimento da normativa económico administrativa e trasladando as incidencias aos órganos ou autoridades competentes.

Ten as seguintes funcións xenéricas:

 Colaboración na elaboración da memoria económica da Universidade de Vigo.

 Apoio, coordinación, asesoramento e instrución aos responsables dos centros de gasto con relación á área de xestión orzamentaria

 Elaboración de programas de auditoría relativos ós sistemas de financiamento e asignación de recursos da Universidade de Vigo

(8)

8 UNIVERSIDADE DE VIGO FUNCIÓNS XENÉRICAS DAS ÁREAS

ÁREA DE ALUMNADO

A Área de Alumnado ten como misión a xestión e información de todos os trámites relacionados co expediente administrativo, dende a formalización da matricula ata a emisión dos títulos universitarios de grao, posgrao e doutoramento.

Ten as seguintes funcións xenéricas:

POSGRAO E DOUTORAMENTO

 A xestión dos procesos relacionados coa matrícula dos programas de doutoramento e dos posgraos oficiais impartidos na universidade, e aqueles que se levan a cabo en colaboración con outras universidades ou centros.

 A elaboración das convocatorias de matrícula.

 A xestión da matriculación nos estudos de posgrao e títulos propios.

 Os procesos de traslados de expedientes.

 A expedición de títulos e certificados dos estudos de posgrao e títulos propios, así como o mantemento do libro-rexistro de teses de doutoramento da Universidade de Vigo.

 O apoio administrativo á comisión de doutoramento e a xestión administrativa necesaria para a lectura de teses e memorias de licenciatura/ traballos fin de grao.

 O apoio e coordinación no nomeamento de tribunais de teses e loxística dos mesmos.

 A coordinación dos estudos conducentes a títulos propios.

 A orzamentación dos programas de doutoramento e posgraos oficiais.

 A xestión de honorarios a profesores participantes.

 A captación de subvencións e a tramitación das convocatorias de mencións de calidade.

 A coordinación e o apoio á organización dos estudos oficiais de posgrao, incluídos os programas conxuntos con outras universidades ou centros españois ou estranxeiros.

 A información aos usuarios.

 A programación, a coordinación e a loxística dos programas de doutoramento e posgraos oficiais.

 A xestión dos premios e recoñecementos ao rendemento académico dos estudantes de posgrao e doutoramento.

(9)

9 UNIDADE DE XESTIÓN E INFORMACIÓN

 O proceso de matrícula nas titulacións de grao

 A xestión de procesos relacionados coa matrícula: normativa de progreso e permanencia, modificación de matrícula, cambios de grupo e outros.

 A información e atención ao estudante en materia de procedementos de xestión académica.

 O control de pagos e devolución de prezos públicos

 O control de solicitudes dirixidas á área académica.

 O arquivo académico (dos expedientes dos estudantes)

 A xestión de actas oficiais de grao e control do expediente do estudante..

 A tramitación de certificacións académicas persoais e oficiais, así como as acreditacións académicas.

 A tramitación dos procesos de traslados de expedientes académicos.

 A supervisión da documentación relacionada coa ordenación académica dos estudos de grao, os planos de estudo e a súa implementación.

 A supervisión e difusión da oferta académica anual das titulacións de grao.

UNIDADE DE TÍTULOS E VALIDACIÓNS

 A xestión de validacións e adaptacións de estudos universitarios españois e estranxeiros.

 A xestión dos títulos oficiais de grao

 O mantemento do rexistro de títulos de grao da Universidade de Vigo UNIDADE DE BOLSAS

 A xestión das solicitudes de bolsa do MEC e doutras bolsas.

 A xestión das alegacións e solicitudes de revogación das solicitudes de bolsa do MEC e doutras bolsas.

 Xestionar, tramitar as solicitudes de bolsas de colaboración do MEC e informar aos órganos beneficiarios das mesmas.

 Elaborar a certificación de compensación de prezos públicos e as de familia numerosa.

 Tramitar os traslados de bolsas, anulacións ou cambios

 Colaboración na elaboración de folletos e publicacións de carácter informativo que se editen relativos ás convocatorias de bolsas

 Atención nas solicitudes de información que realicen os usuarios.

(10)

10 UNIVERSIDADE DE VIGO FUNCIÓNS XENÉRICAS DAS ÁREAS

ÁREA DE CONTRATACIÓN E XESTIÓN ECONÓMICA

O Servizo de Contratación e Xestión Económica correspóndenlle como actividades principais, a xestión das adquisicións menores, así como a tramitación de expedientes de contratación, realizando para elo as tarefas precisas en orde á contratación das obras, subministracións e todo tipo de servizos demandados pola comunidade universitaria e que virtude ó establecido na Lei de contratos das administracións públicas, atópanse sometidos á tramitación do correspondente expediente administrativo, garantindo en todo momento, a legalidade, transparencia e a continuidade no do expediente administrativo. Así mesmo, encargase do seguimento da totalidade dos contratos formalizados pola Universidade de Vigo.

Ten as seguintes funcións xenéricas:

UNIDADE DE CONTRATACIÓN

 A tramitación dos expedientes de contratación administrativa

 A negociación de prezos e condicións de pago nos contratos nos que a lexislación o permita

 A elaboración dos pregos de cláusulas administrativas particulares que teñan que rexer a contratación administrativa.

 O control e seguimento dos expedientes de xestión de servizos e concesión administrativa, cando non estean asignados a outras áreas.

 A adquisición de subministracións a través dos catálogos de bens homologados.

 O apoio ás mesas de contratación

 A xestión das actas de recepción dos contratos que procedan, tramitados a través dun expediente de contratación administrativa.

 O seguimento e control da facturación dos bens adquiridos pola unidade.

XESTIÓN ECONÓMICA

 A execución dos procesos para a adquisición dos bens demandados para o bo funcionamento da Universidade de Vigo.

 A atención e coordinación cos diversos catálogos de bens homologados.

 O seguimento e control da facturación.

 A execución dos procesos para a adquisición dos bens funxibles para o bo funcionamento da universidade.

 Adquisición de bens a través dos catálogos de bens homologados no seu caso.

 O seguimento e control da facturación dos bens adquiridos pola unidade.

 Xestión dos almacéns de material funxible.

(11)

11 UNIDADE DE PATRIMONIO

 A atención e a xestión do patrimonio da Universidade de Vigo.

 A xestión do inventario de bens mobles e inmobles.

 A organización e xestión do inventario físico.

 As propostas de baixas e modificacións do inventario.

 A tramitación de expedientes de alleamento de .bens obsoletos, inservibles ou deteriorados.

 A xestión de stocks e distribución de bens mobles.

 O seguimento e control da facturación dos bens adquiridos pola unidade, no seu caso.

 Rexistro e inventario das marcas que identifican a Universidade de Vigo.

(12)

12 UNIVERSIDADE DE VIGO FUNCIÓNS XENÉRICAS DAS ÁREAS

ÁREA DE INVESTIGACIÓN

A Área de Investigación ten a misión de xestionar de xeito eficaz e eficiente todos os procesos administrativos relacionados coa investigación con criterios de calidade, profesionalidade e atención personalizada para a consecución da satisfacción dos usuarios do servizo co fin de incentivar a investigación, o desenvolvemento, a innovación e a transferencia, desenvolvemento, a innovación e a transferencia dos resultados á sociedade, adaptándoos de forma áxil e dinámica aos continuos cambios que marcan os órganos autonómicos, nacionais e europeos que xestionan a investigación.

Ten as seguintes funcións xenéricas:

 A información aos grupos de interese sobre convocatorias, proxectos, convenios e, en xeral, oportunidades de financiamento – internas e externas- da investigación.

 A elaboración de proxectos de normas e convocatorias.

 A xestión das convocatorias externas de axuda á investigación.

 A xestión do plano propio de investigación da universidade.

 O asesoramento aos usuarios e grupos de investigación.

 O apoio ós órganos unipersoais e colexiados en materia de investigación.

 A xestión dos procedementos vinculados á Comisión de investigación.

 A formalización e execución dos acordos adoptados.

 A xestión dos procesos para a selección, nomeamento e vida administrativa do persoal contratado con cargo aos proxectos, en colaboración co servizo de PDI e PAS.

 A xestión dos procesos de selección do persoal adscrito aos distintos proxectos, convenios, e outras actividades específicas de investigación con financiamento afectado.

 O mantemento das bases de datos de información e divulgación científica (internas e externas).

 A xestión e coordinación de todas as actividades administrativas de investigación proxectando a súa actividade á consecución dun portelo único para o persoal investigador da Universidade de Vigo.

 A xestión da páxina web da área de investigación.

 A elaboración de informes e as achegas, e a análise dos datos requiridos.

 A elaboración de estatísticas solicitadas polos órganos da universidade ou por entidades externas.

(13)

13 UNIVERSIDADE DE VIGO FUNCIÓNS XENÉRICAS DAS ÁREAS

ÁREA DE ESTUDOS E PROGRAMAS

A Área de Estudos e Programas apoia e asesora aos órganos de goberno e ás distintas unidades de xestión da Universidade de Vigo nunha dobre vertente: o tratamento da información baseada en datos para a súa transformación en coñecemento que poida sustentar a toma de decisións, e o estudo e simplificación dos procesos que se desenvolven na Universidade para optimizar os métodos de traballo das súas distintas unidades. Centralizamos e aglutina toda a información estatística dos procedementos que competen á Universidade de Vigo para promover a planificación informada, a eficiencia na xestión e a mellora continua.

Ten as seguintes funcións xenéricas:

 Recollida de cifras oficiais da Universidade de Vigo, tanto para axentes externos como para uso interno da propia Universidade: PAU, acceso, matrícula, memoria académica, entre outros.

 Extracción das bases de datos institucionais da información que precisan outros servizos ou axentes externos para cumprir seus fins.

 Deseño e obtención de indicadores que axudan a medir a actividade académica e investigadora da Universidade de Vigo, así como a calidade dos servizos que se prestan aos usuarios.

 Deseño de procesos de transferencia de datos entre as distintas aplicacións de xestión da Universidade de Vigo, así como a elaboración de informes que permitan a outros usuarios automatizar a obtención de información.

 Análise e simplificación dos procedementos dos distintos servizos da Universidade, así como a revisión e actualización dos existentes.

 Análise, elaboración e simplificación dos formularios e impresos que se desprenden de cada un dos procedementos administrativos da universidade.

(14)

14 UNIVERSIDADE DE VIGO FUNCIÓNS XENÉRICAS DAS ÁREAS

ÁREA DE RECURSOS HUMANOS PDI

A función principal do Servizo de PDI é a planificación e xestión integral dos recursos humanos no que se refire ao profesorado , que inclúe a selección e a xestión da vida laboral do PDI.

Ten as seguintes funcións xenéricas:

 A información do Plano de Organización Docente (POD) e a súa xestión no módulo de recursos docentes

 A xestión da habilitación do profesorado de corpos docentes universitarios.

 A xestión de selección do profesorado de corpos docentes universitarios: concursos de acceso.

 A xestión da selección ordinaria e extraordinaria do profesorado contratado.

 A xestión de bolsas de traballo do profesorado contratado.

 A organización, asesoramento e apoio administrativo e documental ós tribunais de selección do profesorado funcionario e contratado.

 A xestión das vistas de documentación dos procesos selectivos.

 A xestión administrativa dos recursos interpostos aos procesos de selección (labores de apoio á asesoría xurídica nesta materia)

 A información de carácter xeral e específica sobre o POD, sobre os procesos de selección do profesorado, reclamacións...

 A captación e sistematización da información precisa para as actividades anteriores.

 A emisión de informes nas materias obxecto da súa competencia.

 A incorporación do persoal docente e investigador: nomeamento de funcionarios dos corpos docentes, comisións de servizo, nomeamento de colaboradores honorarios, contratación de profesorado e persoal investigador, así como renovacións dos referidos contratos, dilixencias de cambios de tipo, transformación de contratos, xestión de prorrogas, cambios de dedicación, cambios de áreas de coñecemento, suspensión de contratos e ceses, xubilacións..

 A elaboración dos informes e resolucións de compatibilidade pública ou privada.

 A xestión das distintas situacións administrativas de profesorado (excedencias, servizos especiais...)

 O recoñecemento de servizos previos na administración e posteriores recoñecementos de trienios, quinquenios e sexenios.

 A xestión do procedemento de avaliación e recoñecemento do complemento por méritos docentes.

 A divulgación da convocatoria de avaliación do complemento por actividade investigadora e a elaboración da documentación requirida polo profesorado para estes efectos.

 A divulgación da convocatoria para a avaliación dos complementos autonómicos.

(15)

15

 A xestión dos nomeamentos e ceses de cargos académicos.

 A xestión das autorizacións de comisións de servizo con dereito a indemnización, permisos e licenzas para os efectos de docencia e investigación, vacacións...

 A elaboración de certificacións e follas de servizos.

 A elaboración de datos e xeración de listados para distintos efectos.

 A información de carácter xeral e específica sobre todas as competencias propias da unidade.

 A emisión de informes en materias obxecto da súa competencia.

(16)

16 UNIVERSIDADE DE VIGO FUNCIÓNS XENÉRICAS DAS ÁREAS

ÁREA DE RECURSOS HUMANOS PAS

A función principal do Servizo de PAS é a planificación e xestión integral dos recursos humanos, que inclúe a selección e a xestión da vida laboral do Persoal de Administración e Servizos da Universidade de Vigo (PAS) e a xestión dos contratos de traballo do Persoal Investigador contratado con cargo aos proxectos de investigación. Así mesmo, ten encomendada a xestión da formación do PAS, de conformidade coas políticas e accións establecidas no Plano Estratéxico, que axuden á consecución dos logros.

Ten as seguintes funcións xenéricas:

 A xestión da selección do PAS funcionario e laboral: convocatorias novo ingreso e promoción interna...

 A convocatoria de concursos xerais e específicos, libre designación do PAS funcionario e concursos de traslado de PAS laboral.

 A xestión de bolsas de traballo do PAS.

 A organización, asesoramento e apoio administrativo e documental aos tribunais de selección do PAS.

 A xestión administrativa dos recursos interpostos aos procesos de selección (labores de apoio á asesoría xurídica nesta materia).

 A información de carácter xeral e específica sobre os procesos de selección do PAS, reclamacións...

 A captación e sistematización da información precisa para as actividades anteriores.

 A elaboración de certificacións de puntuacións en procesos selectivos.

 A difusión das publicacións relativas a competencias de RRHH en boletíns oficiais.

 A incorporación do PAS: nomeamentos, comisións de servizo, contratacións, así como renovacións dos referidos contratos, modificacións de postos, transformacións de contratos, ceses, xubilacións...

 A elaboración dos informes e resolucións de compatibilidade pública ou privada.

 A xestión das distintas situacións administrativas do PAS: excedencias, servizos especiais...

 O recoñecemento de servizos previos na administración e posteriores recoñecementos de trienios.

 O recoñecemento de graos.

 A xestión das autorizacións de comisións de servizos con dereito a indemnización, permisos, licenza, vacacións...

 As gratificacións por servizos extraordinarios.

 A elaboración de certificacións e follas de servizos.

 A tramitación de expedientes disciplinarios.

 As eleccións a órganos de representación do persoal (Xunta de Persoal Funcionario e Comités de Empresa)

 O apoio á elaboración da RPT do PAS.

 A elaboración de datos e xeración de listados para distintos efectos.

 A información de carácter xeral e específica sobre todas as

(17)

17 competencias propias da unidade.

 A captación e sistematización da información precisa para as actividades anteriores.

 A emisión de informes nas materias obxecto da súa competencia.

(18)

18 UNIVERSIDADE DE VIGO FUNCIÓNS XENÉRICAS DAS ÁREAS

ÁREA DE RETRIBUCIÓNS E SEGURIDADE SOCIAL

A misión desta unidade e levar a cabo un proceso integral da administración e xestión da nómina, as cotizacións da Seguridade Social e MUFACE, as liquidacións das indemnizacións por razón de servizo ao persoal da Universidade de Vigo e aqueles que sen selo, teñan que percibir algún tipo de emolumento por actividades organizadas ou que sexan responsabilidade de ser xestionadas dende a propia universidade, procurando satisfacer as espectativas dos usuarios ofrecendo un servizo de calidade.

Ten as seguintes funcións xenéricas:

 A elaboración das táboas retributivas anuais.

 A elaboración e control das nóminas mensuais (Cap. I e Cap. VI) e nóminas externas (asignacións e bolseiros)

 A elaboración de datos retributivos e fiscais a efectos da súa inclusión no mod.190, e a remisión das certificacións anuais para os efectos da declaración do IRPF.

 A xestión das incidencias e actividades derivadas da xestión de retribucións (retencións xudiciais, anticipos de nómina, reintegros de haberes, embargos de soldos, cotas sindicais...)

 A tramitación e apertura das contas de cotizacións, afiliacións, altas, baixas e modificacións.

 A xeración e revisión dos ficheiros das liquidacións normais, complementarias, vacacións e de pluriemprego, e revisión para os efectos da súa liquidación e xestión de devolucións das cotas indebidas á Seguridade Social.

 A xestión e a emisión do informe de cotización de dereitos pasivos así como dos ficheiros de cotización de MUFACE e a emisión do certificado de transferencia.

 A xestión das incapacidades temporais por enfermidade común e accidente de traballo e dos permisos de maternidade/paternidade ante as entidades xestoras da Seguridade Social e mutua patronal, así como a súa incidencia e nómina.

 A xestión e control dos préstamos reintegrables.

 A elaboración dos informes trimestrais de gastos do Capítulo I.

 A elaboración de custes a efectos de convocatorias e de contratacións.

 A información de carácter xeral e específica sobre todas as competencias propias da unidade.

 A captación e sistematización da información precisa para as actividades anteriores.

 A xestión da convocatoria de Acción Social: publicación de convocatoria, secretaría da comisión de Acción Social, a emisión de informes para a dita comisión, a publicación do listado beneficiarios e excluídos da convocatoria e o pago segundo dite a resolución.

 A emisión de informes en materias obxecto da súa competencia.

(19)

19 UNIVERSIDADE DE VIGO FUNCIÓNS XENÉRICAS DAS ÁREAS

ÁREA DE EXTENSIÓN UNIVERSITARIA

O Servizo de Extensión Universitaria organiza e xestiona a oferta educativa e cultural, dirixida tanto á comunidade universitaria como a todos os sectores da sociedade en xeral. Fomenta e promove as relacións entre a Universidade de Vigo e a sociedade na que se integra, coa finalidade de colaborar de forma participativa e de maneira conxunta en numerosas accións de interese sociocultural.

Actúa como nexo entre a universidade e a sociedade, e asume a misión educativa dende o ámbito universitario, ofrecendo unha ampla oferta formativa e cultural.

Ten as seguintes funcións xenéricas:

 Programación de cursos e talleres teórico-prácticos presenciais e en liña, dirixidos a estudantes, PAS, PDI e á sociedade en xeral.

 Organización de obradoiros e cursos de verán e cuadrimestrais.

 Información, orientación e promoción do estudantado, do voluntariado e de axuda ás persoas con discapacidade.

 Informar e orientar ao usuario sobre a actividade dos distintos servizos que se ofertan e facilitarlles os trámites para a súa participación.

 Xestionar a oferta do programa anual de actividades, formativas, deportivas, culturais e solidarias.

 Información, atención e asesoramento aos usuarios de xeito presencial, telefónica ou virtual respecto ao procedemento de acceso á Universidade de Vigo.

 Tratamento da información e do proceso de matrícula nas probas de acceso á universidade.

 Seguimento do proceso de cualificacións das probas de acceso á universidade.

 Xestión e expedición das certificacións académicas oficiais sobre os resultados das probas de acceso á universidade (PAU)

 Xestión dos traslados de expedientes de acceso de aqueles estudantes que tendo realizado as probas de acceso na Universidade de Vigo, obtiveran praza noutra universidade española.

 Atender e tramitar as demandas das persoas usuarias relacionadas cos procesos xestionados por esta área a través de distintos canles de comunicación.

 A emisión de informes en materias obxecto da súa competencia.

(20)

20 UNIVERSIDADE DE VIGO FUNCIÓNS XENÉRICAS DAS ÁREAS

ÁREA DE BIBLIOTECA

A Biblioteca, como servizo nuclear, transversal e polivalente de apoio á docencia e investigación da Universidade de Vigo, establece como a súa principal misión facilitar o acceso e a difusión dos recursos de información bibliográfica e documental, axudando os seus usuarios no proceso de transformar a información en coñecemento.

Ten as seguintes funcións xenéricas:

 Responder a consultas xenerais e especializadas sobre fondos e servizos prestados pola biblioteca.

 Ferramentas e instrumentos de busca, localización e acceso a documentos e recursos electrónicos (catálogos, bases de datos, prensa dixital, guías...) e material en formato electrónico (libros, revistas, prensa...).

 Actividades formativas sobre o servizo, os recursos da biblioteca e da xestión da información.

 Obtención de documentos non dispoñibles na biblioteca.

 Planificación e a xestión da formación e o desenvolvemento dunha colección de recursos de información, en calquera soporte, acorde as liñas de estudo, docencia e investigación da Universidade de Vigo.

 Xestionar a adquisición ou contratación, o proceso técnico dos fondos bibliográficos ou documentais da Universidade de Vigo e o mantemento dun catálogo de recursos actualizado e accesible.

 Facilitar o acceso e a difusión dos recursos de información.

 Asesorar os usuarios no uso dos servizos e dos recursos de información.

 Facilitar e promover a formación dos membros da comunidade universitaria no uso dos servizos e dos recursos de información da biblioteca.

 Facilitar e promover a formación continua e permanente do persoal da biblioteca, favorecendo a súa adaptación as novas necesidades, desenrolos tecnolóxicos e cambios de organización

 Colaborar nos procesos de creación do coñecemento na universidade, especialmente na publicación e difusión dos resultados dos ditos procesos.

(21)

21 UNIVERSIDADE DE VIGO FUNCIÓNS XENÉRICAS DAS ÁREAS

ÁREA ACADÉMICA DE CENTROS

As áreas académicas dos centros teñen como misión xestionar e administrar cantos procesos administrativos inciden no desenvolvemento académico das titulacións oficiais impartidas no centro, favorecendo coa súa actuación, o correcto desenvolvemento da actividade académica do alumnado e do persoal docente.

Ten as seguintes funcións xenéricas:

 A comprobación da documentación do alumnado de grao, prosgrao e doutoramento.

 A información, atención e asesoramento personalizado aos usuarios de forma presencial, telefónica ou telemática/virtual respecto aos estudos e procedementos administrativos do centro.

 Ofrecer aos usuarios a xestión e tramitación das tarefas administrativas que xera o desenvolvemento académico do centro a través de procedementos claros e sinxelos.

 Xestión integral da matrícula (logo da xestión telemática dos estudantes).

 Xestión integral das validacións, adaptacións, recoñecemento e transferencia de créditos do alumnado.

 Xestión dos traslados de expediente.

 Recepción e xestión de solicitudes de expedición de títulos.

 Emisión de recibos de taxas e prezos públicos.

 Expedición de certificacións académicas.

 A información e atención ao estudante en materia de procedementos de xestión académica.

 O control de pagos e devolución de prezos públicos.

 O control de solicitudes dirixidas á área académica.

 O arquivo académico dos expedientes dos alumnos do centro.

 A xestión de actas oficiais de grao e control do expediente do alumnado.

 A xestión de procesos relacionados coa matrícula: normativa de progreso e permanencia, modificación de matrícula, cambios de grupo e outros.

(22)

22 UNIVERSIDADE DE VIGO FUNCIÓNS XENÉRICAS DAS ÁREAS

ÁREA ECONÓMICA DE CENTROS

 A execución dos procesos para a adquisición dos bens demandados para o bo funcionamento do centro.

 A atención e coordinación cos diversos catálogos de bens homologados.

 O seguimento e control da facturación.

 A execución dos procesos para a adquisición dos bens funxibles para o bo funcionamento do centro.

 Adquisición de bens a través dos catálogos de bens homologados no seu caso.

 O seguimento e control da facturación dos bens adquiridos pola unidade.

 A xestión do almacén de material funxible.

(23)

23 UNIVERSIDADE DE VIGO FUNCIÓNS XENÉRICAS DAS ÁREAS

SECRETARÍA DE DECANATOS/DIRECCIÓN DE CENTROS

 Coordinación da acción de todos os integrantes do equipo decanal/de dirección do centro.

 A coordinación das relacións necesarias coas institucións e entidades públicas e privadas.

 A execución material das tarefas encomendadas polos integrantes do equipo decanal/de dirección do centro.

 A comunicación cos centros e servizos da universidade

 O apoio administrativo aos integrantes do equipo decanal/de dirección do centro.

 A organización e mantemento da axenda dos cargos.

 O despacho da correspondencia.

 A comunicación e coordinación externa e interna

 A xestión das viaxes dos integrantes do equipo decanal/de dirección do centro.

 A coordinación da asistencia a actos e eventos.

 A atención aos visitantes.

 A execución de aquelas tarefas, no ámbito das súas competencias, que lles sexan encomendadas polos integrantes do equipo decanal/de dirección do centro.

(24)

24 UNIVERSIDADE DE VIGO FUNCIÓNS XENÉRICAS DAS ÁREAS

SECRETARÍA DE DEPARTAMENTO/S

 O reparto, o control, o seguimento e o estado de execución do orzamento do departamento.

 A tramitación administrativa da documentación relativa ao departamento incluíndo os concursos de PDI, as comisións de departamento…

 O arquivo de toda a documentación do departamento e mantemento dos arquivos documentais.

 A recompilación da información para a elaboración da memoria anual do departamento.

 As tarefas derivadas da xestión do profesorado, relacionadas directamente co departamento.

 O apoio administrativo ao consello de departamento.

 A distribución da información do departamento.

 A atención aos usuarios.

 A xestión da páxina web do departamento.

 A xestión do taboleiros de información propios do departamento.

 Coordinación da acción de todos integrantes do equipo de dirección do departamento.

 A coordinación das relacións necesarias coas institucións e entidades públicas e privadas.

 A execución material das tarefas encomendadas polos integrantes do equipo de dirección do departamento.

 A comunicación cos centros e servizos da universidade.

 O apoio administrativo aos integrantes do departamento.

 A organización e mantemento da axenda dos cargos.

 O despacho da correspondencia.

 A comunicación e coordinación externa e interna.

 A execución daquelas tarefas, no ámbito das súas competencias, que lles sexan encomendadas polos integrantes do equipo de dirección do departamento.

(25)

25 UNIVERSIDADE DE VIGO FUNCIÓNS XENÉRICAS DAS ÁREAS

ÁREA SERVIZOS Á COMUNIDADE

 Xestión dos cursos e obradoiros teórico-prácticos presenciais e en liña, dirixidos a estudantes, PAS, PDI e á sociedade en xeral que se organicen no campus.

 Xestión de obradoiros e cursos de verán e cuadrimestrais organizados no campus.

 Información, orientación e promoción do estudantado, do voluntariado e de axuda ás persoas con discapacidade.

 Informar e orientar ao usuario sobre a actividade dos distintos servizos que ofrece a Uvigo no campus e facilitarlles os trámites para a súa participación.

 Xestionar a oferta do programa anual de actividades, formativas, deportivas, culturais e solidarias.

 Información, atención e asesoramento aos usuarios de forma presencial, telefónica ou virtual respecto ao de acceso á Universidade de Vigo. procedemento

 Tratamento da información e proceso de matrícula nas probas de acceso á universidade (PAU).

 Seguimento do proceso de cualificacións das PAU.

 A xestión e expedición das certificacións académicas oficiais sobre os resultados das PAU.

 A xestión dos traslados de expedientes de acceso de aqueles alumnos que tendo realizado as probas de acceso na Universidade de Vigo, obtiveran praza noutra universidade española.

 Atender e tramitar as demandas das persoas usuarias relacionadas cos procesos xestionados por esta área a través de distintos canles de comunicación.

 O rexistro e información do campus.

 A xestión e tramitación da bolsas MEC.

 A xestión e tramitación dos cursos de formación do PAS.

 A xestión e tramitación da área de voluntariado.

 A emisión de informes en materias obxecto da súa competencia.

(26)

26 1.- RESPONSABILIDADES DOS DIFERENTES POSTOS

UNIVERSIDADE DE VIGO FUNCIÓNS XENÉRICAS DAS ÁREAS DENOMINACIÓN DO POSTO GRUPO NIVEL

XEFE/A DE SERVIZO A1/A2 28

 Planificar, dirixir e avaliar as actividades que se levan a cabo no servizo e supervisar e instruír ao persoal ao seu cargo, co fin de optimizar e rendibilizar os servizos prestados no seu conxunto.

 Exercer a dirección, organización, coordinación e control do persoal adscrito ao servizo trasladando a xerencia as propostas relativas a licenzas, permisos, contratacións, incumprimentos e outras incidencias de persoal.

 Realizar as resolucións de peticións singulares.

 Colaborar na elaboración de normativa e dos regulamentos que afecten ao servizo.

 Elaborar estudos, informes, estatísticas, normas internas.... sobre temas da súa competencia.

 Organizar as tarefas asociadas á información aos usuarios e á xestión da documentación que deba realizarse no servizo.

 Organizar as tarefas asociadas á información aos usuarios e á xestión da documentación que deba realizarse no servizo

 Motivar e dirixir a formación permanente e a actualización de coñecementos e técnicas do persoal adscrito ao servizo.

 Organizar o apoio técnico-administrativo para as autoridades académicas nas súas competencias de planificación e programación no relativo o seu servizo.

 calidade para a

mellora da xestión da universidade.

 Executar as resolucións que emanen dos órganos ou autoridades competentes e afecten ao servizo.

 Elaborar pregos de condicións e cláusulas, redactar as convocatorias e concursos facendo a provisión de medios necesarios para a súa execución.

 Recompilar a información sacada dos diarios e boletíns oficiais sobre temas de interese público. (do servizo???)

 Organizar a actividade administrativa do servizo.

 Deseñar procedementos xerais para a súa aprobación polos órganos competentes e implantalos unha vez aprobados

 Colaborar coa Xerencia nas funcións de dirección encomendadas á mesma.

 Coordinarse cos órganos unipersoais de goberno, para a planificación e a priorización das tarefas a realizar, supervisando a súa execución.

(27)

27 UNIVERSIDADE DE VIGO FUNCIÓNS XENÉRICAS DAS ÁREAS

DENOMINACIÓN DO POSTO GRUPO NIVEL

COORDINADOR/A SECRETARÍA XERAL A1/A2 26

 Planificar, dirixir e avaliar as actividades que se levan a cabo na que dependan de Secretaría Xeral e supervisar e instruír ao persoal ao seu cargo, co fin de optimizar e rendibilizar os servizos prestados no seu conxunto.

 Exercer a dirección, organización, coordinación e control do persoal adscrito a Secretaría Xeral trasladando a xerencia as propostas relativas a licenzas, permisos, contratacións, incumprimentos e outras incidencias de persoal.

 Organizar as tarefas asociadas á información aos usuarios e á xestión da documentación que deba realizarse na Secretaría Xeral.

 Organizar as tarefas asociadas á información aos usuarios e á xestión da documentación que deba realizarse na Secretaría Xeral

 Motivar e dirixir a formación permanente e a actualización de coñecementos e técnicas do persoal adscrito ao servizo.

 Apoiar na xestión dos procesos electorais

 Dirixir e coordinar os rexistros da Universidade de Vigo, presenciais e electrónicos.

 O apoio á Secretaría Xeral na organización de reunións de órganos colexiados, no control de cargos académicos, preparación de certificacións non habituais, seguimento e control da normativa de protección de datos persoais, colaboración no desenvolvemento normativo xeral da Universidade de Vigo, seguimento da publicación de instrucións, regulamentos, resolucións, colaboración na elaboración, difusión e seguimento da súa aplicación.

 olaborar na xestión dos sistemas de garantía de calidade para a mellora da xestión da universidade.

 Recompilar información sacada dos diarios e boletíns oficiais sobre temas de interese público.para a universidade así como a súa publicidade no ámbito da Uvigo.???

 Organizar a actividade administrativa da Secretaría Xeral.

(28)

28 UNIVERSIDADE DE VIGO FUNCIÓNS XENÉRICAS DAS ÁREAS

DENOMINACIÓN DO POSTO GRUPO NIVEL COORDINADOR/A DA UNIDADE DE ESTUDOS E

PROGRAMAS

A1/A2 26

 Planificar, dirixir e avaliar as actividades que se levan a cabo na que dependan de Unidade e supervisar e instruír ao persoal ao seu cargo, co fin de optimizar e rendibilizar os servizos prestados no seu conxunto.

 Exercer a dirección, organización, coordinación e control do persoal adscrito ao Unidade trasladando a xerencia as propostas relativas a licenzas, permisos, contratacións, incumprimentos e outras incidencias de persoal.

 Organizar as tarefas asociadas á información aos usuarios e á xestión da documentación que deba realizarse na Unidade.

 Organizar as tarefas asociadas á información aos usuarios e á xestión da documentación que deba realizarse na Área.

 Motivar e dirixir a formación permanente e a actualización de coñecementos e técnicas do persoal adscrito ao servizo.

 Colaborar na xestión dos sistemas de garantía de calidade para a mellora da xestión da universidade.

 Recompilar información sacada dos diarios e boletíns oficiais sobre temas de interese da unidade.

 Organizar a actividade administrativa da Unidade.

 Facer o informe sobre a documentación administrativa que emana dos distintos servizos da Universidade de Vigo.

(29)

29 UNIVERSIDADE DE VIGO FUNCIÓNS XENÉRICAS ÁREAS

DENOMINACIÓN DO POSTO GRUPO NIVEL

LETRADO/A A1 26

 Colaboración cos diferentes servizos e unidades e equipo de goberno da Universidade de Vigo na tramitación dos recursos que foran interpostos contra a Universidade.

 Coordinación e apoio aos letrados designados pola Universidade de Vigo, nas actuacións xudiciais ante os tribunais.

 A revisión de pregos de contratación, a redacción de contratos, participación na redacción de normas e demais regulación relacionada cos procedementos de contratación.

 Actuación como órgano interno consultivo en cuestións que susciten controversias xurídicas.

 A revisión dos expedientes sancionadores do persoal da Universidade de Vigo, co obxecto de adecuar ás circunstancias particulares as resolucións finais.

 O estudo e a elaboración de informes ou resolucións de consultas que lle sexan solicitados sobre temas xurídicos.

 A revisión e a redacción de convenios e da normativa da Universidade de Vigo.

(30)

30 UNIVERSIDADE DE VIGO FUNCIÓNS XENÉRICAS DAS ÁREAS

DENOMINACIÓN DO POSTO GRUPO NIVEL

ADMINISTRADOR/A DE CENTROS A1/A2 26

 Planificar, dirixir e avaliar as actividades que se levan a cabo no seu ámbito ou campus e supervisar e instruír ao persoal ao seu cargo, co fin de optimizar e rendibilizar os servizos prestados no seu conxunto.

 Exercer a dirección, organización, coordinación e control do persoal adscrito ao ámbito ou campus trasladando a xerencia as propostas relativas a licenzas, permisos, contratacións, incumprimentos e outras incidencias de persoal.

 Realizar resolucións de peticións singulares.

 Elaborar estudos, informes, estatísticas, normas internas, sobre temas da súa competencia.

 Organizar as tarefas asociadas á información aos usuarios e á xestión da documentación que deba realizarse no ámbito ou campus.

 Organizar as tarefas asociadas á información aos usuarios e á xestión da documentación que deba realizarse no seu ámbito ou campus

 Motivar e dirixir a formación permanente e a actualización de coñecementos e técnicas do persoal adscrito ao seu ámbito ou campus.

 Organizar o apoio técnico-administrativo para as autoridades académicas nas súas competencias de planificación e programación no relativo o seu ámbito ou campus.

mellora da xestión da universidade.

 Executar as resolucións que emanen dos órganos ou autoridades competentes e afecten ao seu ámbito ou campus.

 Elaborar pregos de condicións e cláusulas, redactar as convocatorias e concursos facendo a provisión de medios necesarios para a súa execución cando afecten o seu ámbito ou campus.

 Recompilar información sacada dos diarios e boletíns oficiais sobre temas de interese dos centros do seu ámbito.

 Organizar a actividade administrativa do ámbito ou campus.

 Deseñar procedementos xerais para a súa aprobación polos órganos competentes e implantalos unha vez aprobados

 Colaborar coa Xerencia nas funcións de dirección encomendadas á mesma.

 Coordinarse cos órganos unipersoais de goberno, para a planificación e priorización das tarefas a realizar, supervisando a súa execución.

 A responsabilidade da xestión económica e académica dos centros do seu ámbito.

(31)

31 UNIVERSIDADE DE VIGO FUNCIÓNS XENÉRICAS DAS ÁREAS

DENOMINACIÓN DO POSTO GRUPO NIVEL

SUBDIRECCIÓN DE BIBLIOTECA A1/A2 26

 Planificar, dirixir e avaliar as actividades que se levan a cabo no seu campus e supervisar e instruír ao persoal ao seu cargo, co fin de optimizar e rendibilizar os servizos prestados no seu conxunto.

 Exercer a dirección, organización, coordinación e control do persoal adscrito ao ámbito ou campus trasladando a xerencia as propostas relativas a licenzas, permisos, contratacións, incumprimentos e outras incidencias de persoal.

 Colaborar coa dirección na planificación, xestión, control e avaliación das actividades que se leven a cabo na Biblioteca Universitaria

 Supervisar, coordinar e instruír ao persoal ao seu cargo sobre as tarefas que están baixo a súa dirección.

 Colaborar na elaboración e xestión do orzamento da Biblioteca Universitaria.

 Axudar ao seu responsable na realización da memoria anual da Biblioteca Universitaria, e outros informes en materia da súa competencia, cando este llo encomende.

 Planificar e coordinar a implantación e actualización de procesos de traballo na Biblioteca Universitaria.

 Planificar e asesorar en materia de equipamento e organización dos distintos espazos e fondos da Biblioteca Universitaria.

 Encargarse das tarefas de planificación, organización, control e supervisión directa, correspondente a áreas determinadas encomendadas polo director da Biblioteca Universitaria.

 Atender as consultas, queixas, peticións, suxestións, etc. dos usuarios da Biblioteca do Campus.

(32)

32 UNIVERSIDADE DE VIGO FUNCIÓNS XENÉRICAS DAS ÁREAS

DENOMINACIÓN DO POSTO GRUPO NIVEL

XEFE/A DE SECCIÓN A1/A2/C1 25

 Planificar, dirixir e avaliar as actividades que se levan a cabo na súa sección.

 Distribuír e supervisar o traballo do persoal da súa Sección, en coordinación coa xefatura de servizo e do/s negociado/s.

 Exercer a dirección, organización, coordinación e control do persoal adscrito a súa sección trasladando a Xefatura de Servizo as propostas relativas a licenzas, permisos, contratacións, incumprimentos e outras incidencias de persoal.

 Colaborar coa Xefatura de Servizo na planificación, xestión, control e avaliación das actividades que se leven a cabo no Servizo

 Supervisar, coordinar e instruír ao persoal encomendado ás tarefas baixo a súa dirección.

 Planificar e supervisar a xestión administrativa da Sección.

 Atención de todos aqueles aspectos que lle sexan suscitados polos usuarios da Sección e que, pola súa natureza, non poidan ser resoltos por outras áreas.

 Comunicar a Xefatura de Servizo as posibles anomalías da súa sección.

 Avaliar e impulsar as novas tecnoloxías na Sección da súa competencia.

 Axudar a Xefatura de Servizo na realización da memoria anual do Servizo, e outros informes en materia da súa competencia, cando este llo encomende.

 Colaborar co xefe/a do servizo na elaboración de convocatorias, resolucións, informes, estatísticas, etc. en materia da súa competencia.

 Encargarse das tarefas de planificación, organización, control e supervisión directa da súa sección.

 Supervisar, coordinar e distribuír o traballo que se realiza na sección, instruíndo ao persoal adscrito á mesma.

 Solicitar a substitución do persoal ou designar a persoa ao seu cargo que debe suplir ao ausente.

 Colaborar coa xefatura do servizo no deseño e actualización de procedementos administrativos.

 Propoñer melloras naqueles procedementos que afecten á sección.

(33)

33 UNIVERSIDADE DE VIGO FUNCIÓNS XENÉRICAS DAS ÁREAS

DENOMINACIÓN DO POSTO GRUPO NIVEL

XEFE/A DE ÁREA A1/A2/C1 22

 Planificar, dirixir e avaliar as actividades que se levan a cabo na súa Área.

 Distribuír e supervisar o traballo do persoal da súa Área, en coordinación coa Xefatura de Sección.

 Exercer a dirección, organización, coordinación e control do persoal adscrito a súa Área.

 Colaborar coa Xefatura de Servizo e de Sección na planificación, xestión, control e avaliación das actividades que se leven a cabo na Área.

 Supervisar, coordinar e instruír ao persoal encomendado as tarefas baixo a súa dirección.

 Planificar e supervisar a xestión administrativa da Área

 Atención de todos aqueles aspectos que lle sexan suscitados polos usuarios da Área e que, pola súa natureza, non poidan ser resoltos por outras áreas.

 Colaborar cos seus responsables na elaboración de convocatorias, resolucións, informes, estatísticas, etc. en materia da súa competencia.

 Supervisar, coordinar e distribuír o traballo que se realiza na Área, instruíndo ao persoal adscrito á mesma.

 Solicitar a substitución do persoal ou designar a persoa ao seu cargo que debe suplir ao ausente.

 Colaborar coa xefatura de servizo e a de sección, de ser o caso, no deseño e actualización de procedementos administrativos.

 Propoñer melloras naqueles procedementos que afecten á Área.

(34)

34 UNIVERSIDADE DE VIGO FUNCIÓNS XENÉRICAS DAS ÁREAS

DENOMINACIÓN DO POSTO GRUPO NIVEL XEFE/A DE ÁREA ACADÉMICA, ECONÓMICA E

XEFATURAS DE ADMINISTRACIÓN

A1/A2/C1 22

 Planificar, dirixir e avaliar as actividades que se levan a cabo na Área/Administración.

 Distribuír e supervisar o traballo do persoal da súa Área/Administración.

 Exercer a dirección, organización, coordinación e control do persoal adscrito a súa Área/Administración.

 Colaborar co Administrador de Centros na planificación, xestión, control e avaliación das actividades que se leven a cabo na Área/Administración.

 Supervisar, coordinar e instruír ao persoal encomendado ás tarefas baixo a súa dirección.

 Planificar e supervisar a xestión administrativa da Área/Administración.

 Colaborar co Administrador de Centros na elaboración de convocatorias, resolucións, informes, estatísticas, reclamacións, recursos, etc. en materia da súa competencia.

 Supervisar, coordinar e distribuír o traballo que se realiza na Área/Administración, instruíndo ao persoal adscrito á mesma.

 Solicitar a substitución do persoal ou designar a persoa ao seu cargo que debe suplir ao ausente.

 Colaborar co Administrador de Centros no deseño e actualización de procedementos administrativos.

 Propoñer melloras naqueles procedementos que afecten á Área/Administración.

(35)

35 UNIVERSIDADE DE VIGO FUNCIÓNS XENÉRICAS DAS ÁREAS

DENOMINACIÓN DO POSTO GRUPO NIVEL

XEFE/A DE NEGOCIADO A2/C1 20

 Organizar as tarefas administrativas relacionadas co Negociado.

 Redactar e despachar a correspondencia do Negociado.

 Comunicar ás unidades encargadas da información xeral aos usuarios da universidade todos aqueles asuntos que poidan ser de interese.

 Levar a cabo a actualización periódica da páxina WEB correspondente ao negociado, así como resolver os problemas que puideran xurdir durante a utilización das aplicacións informáticas propias do servizo, seguindo as directrices establecidas polo seu responsable.

 Preparar a documentación necesaria para as distintas Comisións da Universidade de Vigo, e dar apoio administrativo ás mesmas cando así se requira, o que implica entre outras tarefas, a transcrición, rexistro e arquivo da información tratada nas mesmas.

 Propor a adopción das medidas necesarias para asegurar unha adecuada atención aos usuarios.

 Organización e control do arquivo e da documentación produto da actividade do Negociado.

 Tramitación dos documentos e expedientes relativos á actividade en materia da súa competencia, de acordo cos procedementos establecidos.

 Supervisar, coordinar e instruír ao persoal encomendado ás tarefas baixo a súa dirección.

 A elaboración das convocatorias, recibir as solicitudes e, unha vez clasificada e rexistrada a documentación, remitila á comisión avaliadora.

Esta función implica a notificación/publicación das resolucións dos recursos e reclamacións que puideran presentarse.

 Atender e informar aos usuarios tanto internos como externos, subministrando a información ou axuda oportuna segundo os casos.

 Suplir e substituír ao persoal ao seu cargo en caso de ausencia.

 Preparar a documentación e material necesario para a elaboración de estatísticas, memorias, certificados e informes da sección ou servizo, o que implica a recompilación e clasificación da documentación, a transcrición dos datos e a remisión dos mesmos ao responsable correspondente.

(36)

36 UNIVERSIDADE DE VIGO FUNCIÓNS XENÉRICAS DAS ÁREAS

DENOMINACIÓN DO POSTO GRUPO NIVEL

POSTO BASE C1/C2 16

 Realizar todas aquelas tarefas que non requiran unha experiencia ou formación especial e que se realizan baixo supervisión.

 Atender e resDesenvolver calquera outro proceso de xestión e soporte que contribúa aos fins propios da unidade de acordo co seu nivel de responsabilidade.

 Escribir cos medios técnicos dispoñibles, a documentación necesaria (memorias, informes, traballos, etc) correspondentes a calquera actividade que se desenvolva na súa unidade, así como encher os documentos normalizados ou regulados, baixo a supervisión do seu superior, responsabilizándose da transcrición do orixinal e da presentación e calidade do traballo.

 Clasificar e arquivar a correspondencia e a documentación segundo as indicacións dos seus superiores.

 Realizar traballos de cálculo sinxelo, utilizando os medios necesarios e dispoñibles, responsabilizándose da fiabilidade dos resultados

 Recibir, cotexar e rexistrar a documentación que se tramite no negociado, así como de solicitar a documentación anexa necesaria.

 Aplicar a normativa que afecte aos asuntos que sexan asignados e lle fora transmitida.

 Crear e manter actualizados os ficheiros e arquivos de datos, utilizando os medios manuais, mecánicos e informáticos que se lle asignen para realizar esta función.

 Elaborar e tramitar as propostas de gastos e outros documentos contables.

 Realizar o seguimento contable das diferentes partidas económicas e, de ser o seu caso, efectuar tramitar ? os pagamentos.

 O control e a actualización do inventario.

 Realizar o rexistro de entradas e saídas de documentación relativa aos asuntos do negociado, responsabilizándose do mesmo.

 Proporcionar a información e o asesoramento que sirva de base para tomar decisións.

 Participar na elaboración dunha memoria anual detallada con toda a actividade do servizo.

 Atención ao público, ben sexa de xeito presencial, telefónica ou por vía telemática.

Referencias

Documento similar

1. Que durante a etapa de realización da tese, o doutorando realizase unha estadía mínima de tres meses fóra de España, nunha institución de ensino superior ou centro

O Campus do Mar, proxecto liderado pola Universidade de Vigo e no cal tamén participan as da Coruña e Santiago, xunto co CSIC, o Instituto Español de Oceanografía e outras

La preocupación por la contaminación en la cuenca del Mar Menor, declarada Zona Vulnerable a la Contaminación por Nitra- tos, en aplicación de la Directiva de Nitratos (91/676/EEC)

Nada hacía presagiar en el mes de octubre, cuando comenzábamos el curso académico del Aula Permanente de Formación Abierta de la Universidad de Granada (el “Aula de mayores”),

El niño oyente adquiere el lenguaje oral de forma natural y espontánea, sin más condición que la interacción con los hablantes; su capacidad de percibir el habla por audición, y

Los mercados zamoranos han estado más concurridos que el mes anterior, salvo en caballar y mular. Hubo pocas transacciones a precio ^ en baja, sobre todo en las especies de abasto.

Campus de Lugo Lugo XESTIÓN ACADÉMICA FORMACIÓN EN ÁREAS DE ATENCIÓN DO SERVIZO DE XESTIÓN ACADÉMICA Sant. XESTIÓN ACADÉMICA FORMACIÓN EN ÁREAS DE ATENCIÓN DO SERVIZO

O Documento de Personalización recolle unha relación detallada dos criterios de reparto empregados para aqueles casos nos que non se puideron relacionar os custos con