oka
MEMORIA DE ACTIVIDADES
2003-2004
INDICE XERAL
ACTUACIÓNS DO CeTA NO CURSO 2003-2004__________________________ 1 FORMACIÓN ____________________________________________________________ 2
CAMPUS VIRTUAL _______________________________________________________ 7
OUTRAS ACTIVIDADES __________________________________________________ 8
DATOS DO CAMPUS VIRTUAL. O CeTA EN CIFRAS. __________________ 11 ANEXO A __________________________________________________________ 19
Índice de táboas e figuras
Táboa 1. Cursos dentro do plan de formación do CeTA _______________________________________4 Táboa 2. Cursos ofertados baixo demanda _________________________________________________4 Táboa 3. Cursos en colaboración con outros servizos ________________________________________4 Táboa 4. Resume Cursos e asistentes _____________________________________________________4 Táboa 5. Datos cursos en liña ___________________________________________________________5 Táboa 6. Páxinas con máis accesos no curso de iniciación. ____________________________________5 Táboa 7. Páxinas con máis accesos no curso avanzado _______________________________________6 Táboa 8. Distribución do estudantado na USC e no Campus Virtual____________________________12 Táboa 9. Resúmen de cursos activos _____________________________________________________13 Táboa 10. Cursos activos de 1º e 2º Ciclo_________________________________________________14 Táboa 11. Cursos activos resto categorías ________________________________________________18
Figura 1. Distribución por categorías ...13
Figura 2. Materias 1º y 2º Ciclo por Campus ...15
Figura 3. Distribución de materias por Áreas ...16
Figura 4. Número de Materias por Áreas ...16
Figura 5. Materias por Área. Campus Santiago ...17
Figura 6. Materias por Área. Campus Lugo ...17
Figura 7. Distribución resto categorías ...18
ACTUACIÓNS DO CeTA NO CURSO 2003-2004
Para explicar os eixes principais de actuación do CeTA no curso 2003-2004 é necesario botar unha ollada ás cifras de materias presentes no Campus Virtual.
Número de materias Incremento
2001-2002 104
2002-2003 174 67,3%
2003-2004 230 32,1%
Ata o curso académico 2003-2004 contabilizábanse como materias visibles no Campus Virtual todas aquelas nas que polo menos un dos docentes implicados solicitaba un espazo no Campus Virtual, con independencia de que se estivese empregando de xeito continuo na actividade docente ou se estivese empregando para familiarizarse co entorno informático empregado.
A partires do curso 2003-2004, só son visibles (activos) aqueles cursos nos que os docentes confirman que están a empregar o campus virtual para o desenvolvemento da súa actividade, polo que a desaceleración aparente no uso do campus virtual non é tal, xa que o número de cursos solicitados que non teñen sido activados polos docentes é de 138. Se tiveramos en conta estes cursos, o incremento con respecto do curso anterior tería sido do 111% e do 253% respecto ao curso 2001-2002.
Como se pode deducir, o interese dos docentes da USC no emprego do Campus Virtual vai en aumento, polo que foi necesario facer por unha banda unha especial énfase na formación no uso da plataforma e nas súas implicacións pedagóxicas e pola outra evitar engadir tarefas administrativas adicionais a aquelas persoas que estaban interesadas no seu uso.
Por elo, as principais liñas de actuación do CeTA foron a formación e a mellora dos procesos de xestión do Campus Virtual.
FORMACIÓN
Ao longo do curso 2003-2004, desenvolvéronse e puxéronse en marcha distintas accións formativas co obxectivo de familiarizar aos docentes da USC tanto co manexo instrumental do entorno de aprendizaxe WebCT como nas implicación pedagóxicas do seu uso.
Este enfoque materializouse na creación de dous tipos de cursos, denominados Curso inicial (orientado cara os usuarios noveis, tendo como finalidade achegar un coñecemento instrumental básico do programa de software empregado) e Curso Avanzado (centrado nas principais posibilidades didácticas do Campus Virtual da USC).
A elevada demanda de cursos fixo que se triplicase o número de cursos presenciais que se levaron a cabo, pasando dos catro cursos ofertados nun principio, dentro do Programa de Formación Inicial para o Profesorado no Campus Virtual da USC organizado dende a Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo e a Vicerreitoría de Tecnoloxías e Infraestructura, ata chegar aos dezaseis.
As distintas actuacións presenciais enmarcáronse dentro dos seguintes programas:
• Programa de Formación Inicial para o Profesorado no Campus Virtual da USC Organizado dende as Vicerreitorías de Coordinación do Campus de Lugo e de Tecnoloxías e Infraestructura
• Curso Avanzado de Formación para o Profesorado no Campus Virtual
Organizado dende as Vicerreitorías de Coordinación do Campus de Lugo, de Terceiro Ciclo e Extensión Docente e de Organización Académica e Profesorado
A imposibilidade de atender á totalidade da demanda de formación fixo que se adaptasen os contidos do curso inicial para poñelos a través do Campus Virtual a disposición de todos os docentes interesados, mentres que aqueles docentes que
seguiron o curso avanzado teñen á súa disposición no Campus Virtual, contidos en liña de apoio vinculados aos temas tratados no curso presencial.
Cómpre destacar a colaboración no desenvolvemento de contidos do curso inicial dos profesores Luis Enrique Gago González e Alejo Becerra Díaz, os cales tamén participaron na impartición do cursos iniciais realizados no Campus de Lugo.
Por último, o CeTA, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística, a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Psicoloxía e a Área TIC, levou a cabo o Programa de Actualización Docente e Normalización no devandito Centro. A finalidade deste programa é normalizar simultaneamente o idioma e o emprego das tecnoloxías, no marco do Plan de Normalización Lingüística aprobado polo Claustro da Universidade de Santiago de Compostela. Esta liña de actuación terá continuidade no curso académico 2004-2005
Cifras das accións formativas
Os datos máis significativos das accións formativas do CeTA pódense ver resumidas nas táboas 1 a 7.
Cabe destacar o elevado número de ocupación obtido nas mesmas, o que pode ser interpretado como unha mostra máis do interese do persoal docente da USC en incorporar o Campus Virtual á súa práctica diaria. Tamén cómpre subliñar que o formato de curso presencial con 30-20 profesores na aula non é o máis indicado para este tipo de cursos, o que se terá en conta nas accións formativas do vindeiro curso.
En canto aos cursos en liña, están a ser empregados activamente polos docentes como referencia para a posta en marcha dos seus cursos. O número de accesos obtidos por estes cursos fixo que as accións formativas do vindeiro curso fagan especial fincapé na súa utilización.
Cursos presenciais
Nº cursos Prazas ofertadas Ocupación Iniciais
Santiago 4 120 90,8%
Lugo 4 110 97,3%
Avanzados
Santiago 2 40 92,5%
Lugo 2 40 87,5%
Total Cursos 12 310 92,9%
Táboa 1. Cursos dentro do plan de formación do CeTA
Nº Cursos Asistentes
Santiago 4 73
Táboa 2. Cursos ofertados baixo demanda
Nº Cursos Asistentes
Santiago 1 15
Táboa 3. Cursos en colaboración con outros servizos
Nº cursos Asistentes Iniciais
Santiago 8 193
Lugo 4 110
Avanzados
Santiago 2 40
Lugo 2 40
En colaboración
Santiago 1 15
Total Cursos 17 398
Táboa 4. Resume Cursos e asistentes
Cursos en liña
Iniciación e-aula Curso Avanzado
Usuarios 315 63
Nº de acceso a contidos 2.896 2.686
Tempo total acceso 72:09:03 77:24:58
Páxinas de contidos 84 58
Táboa 5. Datos cursos en liña
Nome de páxina de contidos Accesos
¿Qué é un entorno virtual de aprendizaxe? 144
Adapte a plataforma aos seus obxectivos 126
Administrar arquivos 105
Escribir para un curso en liña 90
Organice os seus materiais 84
O contexto no que escribimos 84
Áreas públicas e privadas na USC Virtual 83
Diferenzas 82
Exemplos de organización 81
Solicitar a creación dun curso 80
Pautas para escribir 79
Incluír documentos y archivos en el curso (notas) 78
Alta de usuario como profesor 77
Que formato utilizar 72
Páxina de benvida 69
Plantillas dos cursos 69
Activación do curso 63
Xestión de alumnos 58
Cando accedemos a un curso 46
OmeuWebCT 46
Táboa 6. Páxinas con máis accesos no curso de iniciación.
Nome da páxina de contidos Accesos
Presentación do curso 90
Navegar polos contidos 88
As Tecnoloxías como ferramentas de apoio a docencia universitaria
87
Foro de Debate 86
Enmarcar a acción educativa 84
Obxectivos 84
Módulo de contidos 83
Contidos 80
Plan de Traballo 79
Metodoloxía 75
O currículo universitario 71
Converxer no cambio 68
Escribir contidos en liña 60
Liderar o proceso de cambio 57
Deseño do curso 56
Planificar o proceso de ensinanza 56
Visión xeral do contorno educativo actual 54
Pautas para escribir 53
Diversificar o ensino 50
Cara un novo modelo de universidade 49
Táboa 7. Páxinas con máis accesos no curso avanzado
CAMPUS VIRTUAL
Ao longo do curso 2003-2004 realizáronse diversas actuacións encamiñadas a simplificar os diversos procedementos administrativos relacionados co Campus Virtual dende o punto de vista do usuario.
En primeiro lugar, automatizouse o proceso de rexistro de alumnos. No novo procedemento, os datos dos estudantes matriculados obtéñense a través das bases de datos correspondentes, o que fai que xa non sexa necesario que o docente interveña no proceso1. Pola súa banda, o proceso de rexistro dos docentes facilitouse co emprego da TUI como elemento identificador, o que permitiu automatizalo2. Con respecto ás solicitudes de cursos, a complexidade da estrutura das distintas bases de datos implicadas na xestión da organización académica existentes ao inicio do curso 2003- 2004 non permitiu modificar os procedementos anteriores.
A implantación da aplicación Xescampus e a creación de pasarelas entre as súas bases de datos e as do CeTA posibilitou que cara ao curso 2004-2005 se poidan mellorar dun xeito significativo os procedementos de xestión. Por exemplo, na solicitude de cursos o docente terá á vista a docencia asignada no P.O.D. do Departamento, polo que non terá que consultar ningún tipo código para facer a solicitude3.
Os procedementos desenvolvidos ao longo de 2004 e postos en marcha para o curso 2004-2005 permiten mellorar a xestión do Campus Virtual.
1 No caso dos estudantes de primeiro curso, pode ser necesario o seu rexistro manual mentres non reciban a súa TUI.
2 Neste caso, xurdiron problemas derivados da non actualización dos datos da TUI.
3 Nos procedementos anteriores o docente tiña que buscar e facilitar o código de matrícula da materia. A non coincidencia deste código co empregado no P.O.D. dificultaba innecesariamente o procedemento de alta dunha materia.
OUTRAS ACTIVIDADES
O resto de actividades explicitadas, que non foron as únicas desenvolvidas, teñen una mención especial o considerar que a súa realización permitiron potenciar o Campus Virtual da USC
Presentación do Centro
Co gallo da creación do centro levouse a cabo unha campaña de presentación do centro que se materializou en dúas actuacións: o envío dun tríptico a tódolos docentes da USC e a presentación do centro en cada un dos Campus da USC.
Presentación nos distintos campus da USC
O 27 de abril, e coa asistencia do Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo e do Vicerreitor de Terceiro Ciclo e Extensión Docente, iniciouse na Facultade de Administración e Dirección de Empresas de Lugo unha rolda de presentación do Centro e dos seus servizos á comunidade docente. A elección desta Facultade para iniciar esta actividade veu dada polo innegable uso que se ten feito do Campus Virtual dende o Campus de Lugo, tal e como reflicte o dato que case a cuarta parte dos alumnos matriculados neste Campus son usuarios da USC-Virtual.
Nos días 29 de abril e os días 5 e 6 de maio tiveron lugar as presentacións no Campus de Santiago, sendo as Facultades elixidas as de Medicina e Odontoloxía, a de Dereito e a de Ciencias da Comunicación. Con esta selección de centros buscouse que tódolos campus urbanos estivesen representados, co fin de facilitar aos docentes o poder asistir ás mesmas.
En todos os actos estiveron presentes os decanos dos Centros seleccionados os cales transmitiron sen excepción a súa percepción do Campus Virtual como un elemento fundamental para adaptar a práctica docente ás novas necesidades. Pola súa banda, os docentes que asistiron aos mesmos fixeron unha serie de reflexións e suxestións que se teñen recollido tanto nos procedementos administrativos cara o curso 2004-2005 como nos servizos ofertados e a programación da formación.
Probas de recursos tecnolóxicos
Unha das tarefas que ten encomendada o centro é a de fomentar o emprego das TIC na docencia da USC. Por elo, dende o CeTA estanse a analizar unha serie de recursos tecnolóxicos co obxectivo de poñelos a disposición dos docentes no próximo curso académico.
Así, durante o ano 2004 tense utilizado internamente o software Mimerdesk como ferramenta de traballo colaborativo. Á vista dos bos resultados obtidos, e unha vez que o proceso de traducción ao galego está rematado, poñerase a disposición dos docentes ao inicio do curso 2004-2005 para que aqueles que desexen incorporar este tipo de recursos á súa práctica docente4.
Tamén se ten analizado unha serie de recursos do tipo Blog, ante as peticións levadas a cabo por varios docentes. Na actualidade estase a traballar na personalización e traducción da ferramenta elixida, estando prevista a súa posta en servicio na primeira quincena de outubro.
Pola súa especial importancia estratéxica, as actividades relacionadas coa selección dunha plataforma de aprendizaxe de código aberto preséntanse no Anexo.
Por último, incorporamos nesta categoría os traballos de remodelación da web orientados a unificar a imaxe visual do centro coa Imaxe Corporativa da USC. Estas tarefas, ademáis de afectar o deseño, levaron ao abandono do proxecto iniciado dende o CCIETIC co xestor de contidos Zope, unha vez que a Institución optou por outra alternativa.
Atención ao Usuario
Ao longo do ano 2004, dende o CeTA téñense contestado máis de 1.000 correos electrónicos enviados polos seus usuarios, se ben unha porcentaxe representativa dos mesmos facían referencia a procedementos ou servizos que non eran competencia do Centro. Nestes casos, as consultas ben eran atendidas directamente dende o Centro se se
4 Tamén se ten previsto facilitar o acceso a esta ferramenta aos grupos de investigación ou aos departamentos que así o soliciten.
tiña acceso á información solicitada ou ben eran redirixidos aós Servizos ou Centros implicados (UXA, COIE, dirección de Masters ou Posgrados...).
A través do teléfono atendéronse máis de 500 chamadas relacionadas fundamentalmente co entorno virtual de aprendizaxe e os procedementos de alta no Campus Virtual.
Asemade, varios docentes achegáronse ata o Centro para facer diferentes consultas relacionadas co deseño dos seus cursos, se ben esta modalidade é practicamente testemuñal.
DATOS DO CAMPUS VIRTUAL. O CeTA EN CIFRAS.
Definicións:
• Usuario: Persoas rexistradas no Campus Virtual.
• Usuario activo: Usuario que está rexistrado nun ou máis cursos.
• Curso: Unidade de conta que fai referencia aos espazos habilitados dentro do entorno virtual da USC. No caso da docencia regrada fai referencia a unha materia. No caso de Posgrados e Formación Continua o curso pode conter todos os módulos.
• Curso activo: Curso que está a disposición do estudantado.
• Curso oculto: Curso que esta a ser empregado co fin de preparar contidos, familiarización coa plataforma...
• Cursos CeTA: Cursos empregados polo CeTA para dar soporte a diversas iniciativas.
Resume básico de datos de emprego do Campus Virtual da USC
33.370 Estudantes da USC no curso 2003-2004 6.349 Usuarios activos do Campus Virtual
5.682 Usuarios de 1º e 2º Ciclo 297 Usuarios PDI
370 Outro tipo de usuarios 230 Cursos activos no Campus Virtual 138 Cursos ocultos no Campus Virtual
45 Titulacións5
Nº estudantes Usuarios activos
no C. Virtual Porcentaxe
Campus Santiago 25.153 3.803 15,1%
Campus Lugo 8.217 1.879 22,9%
Total 33.370 5.682 17%
Táboa 8. Distribución do estudantado na USC e no Campus Virtual
Datos xerais por categorías
Titulacións / Categorías Cursos
Primeiro e segundo ciclo 202
Terceiro Ciclo 4
Posgrado e Formación Continua 17
Cursos CeTA 7
TOTAL CURSOS 230 Táboa 9. Resúmen de cursos activos
Distribución de cursos activos nas distintas categorías
1,7%
7,4%
3,0%
87,8%
Primeiro e segundo ciclo Terceiro Ciclo Posgrado e Formación Continua Cursos CeTA
Figura 1. Distribución por categorías
Estatísticas de primeiro e segundo ciclo
Titulacións / Categorías Cursos
Diplomatura en Ciencias Empresariais 13
Enxeñería Agrónoma 5
Enxeñería de Montes 3
Enxeñería Técnica Agrícola 17
Enxeñería Técnica en Obras Públicas 1 Enxeñería Técnica en Química Industrial 6
Enxeñería Técnica en Topografía 1
Enxeñería Técnica Forestal 7
Licenciatura en Administración e Dirección de
Empresas(Lugo) 7
Licenciatura en Ciencias e Tecnoloxía dos Alimentos 1
Licenciatura en Humanidades 1
Licenciatura en Química(Lugo) 3
Mestre (Lugo) 6
Diplomatura en Relacións Laborais 1
Enxeñería Química 6
Enxeñería Técnica en Informática de Sistemas 4 Graduado Superior en Biotecnoloxía (Tit.Propia) 2 Graduado Superior en Enxeñería Ambiental (Tit.Propia) 2 Graduado Superior en TIC (Tit.Propia) 6 Graduado Superior en Xerontoloxía (Tit.Propia) 17
Libre Configuración 5
Licenciatura en Administración e Dirección de
Empresas 11
Licenciatura en Bioloxía 5
Licenciatura en Comunicación Audiovisual 1
Licenciatura en Dereito 4
Licenciatura en Economía 3
Licenciatura en Farmacia 5
Licenciatura en Física 15
Licenciatura en Historia da Arte 4
Licenciatura en Matemáticas 9
Licenciatura en Medicina e Ciruxía 1
Licenciatura en Psicoloxía 8
Licenciatura en Psicopedagoxía 1
Licenciatura en Química 7
Licenciatura en Veterinaria 5
Licenciatura en Xeografía 3
Licenciatura en Xornalismo 1
Mestre 5
TOTAL PRIMEIRO E SEGUNDO CICLO 202 Táboa 10. Cursos activos de 1º e 2º Ciclo
Materias por Campus
64,9%
35,1%
Lugo Santiago
Figura 2. Materias 1º y 2º Ciclo por Campus
Materias por Áreas
5,4%
19,8%
29,2%
24,8%
5,0%
2,5%
13,4%
Ciencias da Saude Ciencias Experimentais Ciencias Xurídicas e Sociais Ensinzanzas Técnicas Humanidades LC Título Propio
Figura 3. Distribución de materias por Áreas
Materias por Áreas
11
40
59 50 10
5
27
0 10 20 30 40 50 60 7
Ciencias da Saude Ciencias Experimentais Ciencias Xurídicas e Sociais Ensinzanzas Técnicas Humanidades LC Título Propio
0
Figura 4. Número de Materias por Áreas
Materias por Áreas. Campus Santiago
8,4%
27,5%
25,2%
7,6%
6,9%
3,8%
20,6%
Ciencias da Saude Ciencias Experimentais Ciencias Xurídicas e Sociais Ensinzanzas Técnicas Humanidades LC Título Propio
Figura 5. Materias por Área. Campus Santiago
Materias por Áreas. Campus Lugo
5,6%
36,6%
56,3%
1,4%
Ciencias Experimentais Ciencias Xurídicas e Sociais Ensinzanzas Técnicas Humanidades
Figura 6. Materias por Área. Campus Lugo
Estatísticas resto categorías
Titulacións / Categorías Cursos
Doutoramento 4
TOTAL TERCEIRO CICLO 4
Masters 4
CAP 6
Especialización 4
Outros 3
TOTAL POSGRADO E FORMACIÓN CONTINUA 17
Libre Acceso 1
Proxectos de Innovación Educativa 3
Formación Profesorado 3
TOTAL CURSOS CeTA 7 Táboa 11. Cursos activos resto categorías
14,3%
60,7%
25,0%
Terceiro Ciclo Posgrado e Formación Continua Cursos CeTA
Figura 7. Distribución resto categorías
ANEXO A
Selección dunha plataformas de aprendizaxe de código aberto para a USC
Obxectivo
Seleccionar unha plataforma de ensinanza de código aberto (licencia GPL/GNU) que compita con WebCT como plataforma de ensinanza da USC. De momento non se trata de substituír completamente a WebCT, senón de dispor doutra plataforma que mesmo ofreza servizos que este non dá. Nun futuro valorarase a posibilidade de substituír total ou parcialmente WebCT por esa plataforma se é válida para os membros da USC ou ben se a política de prezos de WebCT muda.
Datas
Data de inicio do proxecto: abril de 2004.
Data prevista de finalización: xullo de 2005.
Participantes
Coordinación: Xosé A. Vila (subdirector do CETA)
Equipo: 3 deseñadores instruccionais, 1 administrador de sistemas, 1 deseñador gráfico
Planificación
Fase 1. Selección de plataformas candidatas.
Descrición: Análise das plataformas de código aberto existentes no mercado empregando a información ofrecida polos diferentes sitios web.
Resultado: informe que enumere as 3-4 plataformas candidatas e describa todo o proceso de selección.
Data prevista de finalización: maio de 2004.
Recursos: ferramenta colaborativa, 20% do tempo de traballo de 2-3 persoas do equipo técnico e pedagóxico para realizar buscas en Internet e avaliar a documentación sobre as plataformas.
Fase 2. Proba das plataformas candidatas.
Descrición: as plataformas seleccionadas na fase anterior están sendo instaladas en servidores de proba do CETA para o seu uso restrinxido por diversos grupos de profesores e membros do CETA.
Resultado previsto: informe que recolla unha análise máis detallada das características das plataformas candidatas, a experiencia acumulada na proba das mesmas e, a ser posible, conclúa ca selección dunha delas como plataforma de ensinanza de código aberto da USC. Instalación de proba das 4 plataformas seleccionadas.
Data prevista de finalización: marzo de 2005.
Recursos: un servidor, 30% do tempo dun administrador, 20% do tempo de 2 persoas do equipo pedagóxico.
Fase 3. Instalación, configuración e difusión da plataforma seleccionada.
Descrición: Realizarase unha instalación da plataforma seleccionada nun servidor de explotación, resolvendo todos os problemas de personalización, documentación, integración con outras ferramentas, etc. Rematarase cunha campaña de publicidade para dar a coñecer o novo servizo ós membros da universidade.
Resultado previsto: informe final sobre o proxecto. Instalación de explotación dunha plataforma. Coñecemento da mesma por parte da comunidade
Data prevista de finalización: xullo de 2005
Recursos: 1 servidor, 30% de tempo dun administrador, 20% do tempo dun pedagogo, 20% do tempo dun deseñador.
Resultados a día 20-9-2004
• Finalizada a fase I con dous meses de atraso respecto da planificación prevista. Os resultados recóllense no informe titulado “Selección dunha plataforma de aprendizaxe de código aberto para a USC” (versión 1). As plataformas seleccionadas finalmente foron: ATutor, Claroline-Dokeos, Moodle e Ilias.
• Iniciada a fase II ca instalación das 4 plataformas en varios servidores de proba.
Todas elas poden ser accedidas dende a páxina http://test.ccietic.usc.es.
Actualmente estamos resolvendo diversos problemas cas instalacións Para telas listas en outubro. Tamén estamos iniciando contactos con varios profesores para que colaboren na avaliación destas plataformas.