ANEXO I: POSTOS DE TRABALLO OFERTADOS
1. EDUCADOR, GRUPO A2 22
1.1. Requisitos para o desempeño do posto:
Ademais do requisitos xerais sinalados na base terceira os aspirantes a este posto deberán ter a titulación de licenciado ou graduado en Psicoloxía, Pedagoxía, Psicopedagoxía, ou mestre en Educación Infantil.
1.2. Centros de traballo: Príncipe Felipe
1.3. Exercicios da fase oposición:
- PRIMEIRO EXERCICIO: de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en contestar por escrito 40 preguntas tipo test con catro respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ó contido do programa; o tempo máximo de realización será de trinta (30) minutos.
- SEGUNDO EXERCICIO: de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá na resolución dun caso práctico proposto polo tribunal e relacionado coas materias contidas no programa, no tempo que determine o tribunal.
1.4. Programa:
1. Dereitos e deberes dos menores nos centros de protección.
2. Intervención cos menores en conflito coa Lei penal. Intervención socio- educativa.
3. A entrevista cos menores, familia e ámbito educativo. Intervención na práctica.
Definición, marco e diferentes tipos.
4. Inserción socio-laboral da mocidade. O programa Mentor.
5. Mediación familiar. Intervención en familias con problemas.
6. Acoso escolar, prevención, detención e actuación como técnico.
7. Protocolo de actuación con menores estranxeiros na provincia de Pontevedra 8. Maltrato. Introdución histórica. Conceptos. Tipoloxías. Intervención.
9. A tutela e a garda.
10. A Lei de Servizos Sociais.
11. Plan integral de apoio o menor.
12. Protocolo de actuación en abusos sexuais a menores.
13. Axentes básicos na protección a infancia e a adolescencia.
14. A pobreza nas familias. Marxinación social. Clasificación, teorías, causas e
colectivos mais afectados.
15. A adopción. O acollemento familiar.
2. TÉCNICO ESPECIALISTA EN EDUCACIÓN NOCTURNA, GRUPO C1 20
2.1. Requisitos para desempeñar o posto:
Ademais do requisitos xerais sinalados na base terceira os aspirantes a este posto deberán posuír a titulación de bacharelato ou técnico.
2.2. Centros de traballo: Príncipe Felipe e Centro de vacacións A Lanzada
2.3. Exercicios da fase oposición:
- PRIMEIRO EXERCICIO: de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en contestar por escrito 30 preguntas tipo test con catro respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ó contido do programa; o tempo máximo de realización será de vinte cinco (25) minutos.
- SEGUNDO EXERCICIO: de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá na resolución dun caso práctico proposto polo tribunal e relacionado coas materias contidas no programa, no tempo que determine o tribunal.
2.4. Programa:
1. A entrevista cos menores, familia e ámbito educativo. Intervención na práctica.
Definición, marco e diferentes tipos.
2. Dereitos e deberes dos menores nos centros de protección.
3. Dereitos e deberes do persoal técnico educativo de día nun centro de atención residencial.
4. Inserción socio-laboral da mocidade. O programa Mentor.
5. Acoso escolar, prevención, detención e actuación como técnico.
6. Intervención cos menores en conflito coa Lei Penal. Intervención socio- educativa.
7. A tutela e a garda.
8. Os terrores nocturnos. Os pesadelos. O neno somnámbulo. Causas. O papel do técnico nocturno.
9. O sono. Como axudar a un neno a que se durma. O insomnio infantil.
Consecuencias.
10. Funcións do persoal técnico educativo nocturno nas residencias de protección de menores.
3. TÉCNICO ESPECIALISTA EDUCACIÓN DIÚRNA, GRUPO C1 20
3.1. Requisitos para desempeñar o posto:
Ademais dos requisitos xerais sinalados na base terceira os aspirantes a este posto deberán posuír a titulación de bacharelato ou técnico.
3.2. Centros de traballo: Cidade Infantil Príncipe Felipe e Centro de vacacións A Lanzada
3.3. Exercicios da fase oposición:
- PRIMEIRO EXERCICIO: de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en contestar por escrito a 30 preguntas tipo test con catro respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ó contido do programa; o tempo máximo de realización será de vinte e cinco (25) minutos.
- SEGUNDO EXERCICIO: de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá na resolución dun caso práctico proposto polo tribunal e relacionado coas materias contidas no programa, no tempo que determine o tribunal.
3.4. Programa:
1. A entrevista cos menores, familia e ámbito educativo. Intervención na práctica.
Definición, marco e diferentes tipos.
2. Dereitos e deberes dos menores nos centros de protección.
3. Dereitos e deberes do persoal técnico educativo de día nun centro de atención residencial.
4. Inserción socio-laboral da mocidade. O programa Mentor.
5. Acoso escolar, prevención, detención e actuación como técnico.
6. Intervención cos menores en conflito coa Lei Penal. Intervención socio- educativa.
7. A tutela e a garda.
8. A protección xurídica do menor. Dereitos. Medidas e principios da acción administrativa.
9. Funcións do persoal técnico educativo nas residencias de protección de menores.
10. Mediación familiar. Intervención en familias con problemas.
4.- DISEÑADOR GRÁFICO, GRUPO C1 20
4.1. Requisitos para desempeñar o posto:
Ademais dos requisitos xerais sinalados na base terceira os aspirantes a este posto deberán posuír a titulación de técnico en deseño gráfico.
4.2. Centros de traballo: Comunicación Institucional
4.3. Exercicios da fase oposición:
- PRIMEIRO EXERCICIO: de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en contestar por escrito a 30 preguntas tipo test con catro respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ó contido do programa; o tempo máximo de realización será de vinte e cinco (25) minutos.
- SEGUNDO EXERCICIO: de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá na resolución dun caso práctico proposto polo tribunal e relacionado coas materias contidas no programa, no tempo que determine o tribunal.
4.4. Programa:
1. A identidade visual. Deseño gráfico e identidade corporativa. O valor representativo da marca e os demais signos de identidade, as súas funcións.
Deseño da marca, factores condicionantes. O manual de identidade corporativa, estrutura. A aplicación de signos de identidade. Tipoloxía de identidade tendo en conta a organización á que representa: institucional, empresarial, administración local, autonómica, empresa mixta, etc.
2. Concepto de deseño: deseño, arte e tecnoloxía. Teoría e metodoloxía do deseño. Deseño, ideoloxía e sociedade industrial. As áreas do deseño. A actividade profesional. Deseño gráfico e comunicación visual: teorías máis importantes. A linguaxe icónica e a cultura de masas. A socioloxía e a psicoloxía da imaxe.
3. A imaxe: Natureza e clasificación. Criterios e métodos de análise. A lectura das imaxes. Connotación e denotación. Iconicidade e abstracción. Factores estéticos, éticos e cognitivos. Funcións da imaxe no deseño gráfico e a publicidade.
4. A cor: Fundamentos físicos. Teoría da cor, principais conceptos. A significación da cor. A cor na publicidade e o deseño gráfico. Reprodución e normalización da cor, dende o punto de vista da comunicación institucional.
5. A publicidade como proceso de comunicación: fundamentos teóricos da publicidade. Deseño gráfico e publicidade. Tipoloxía xeral da publicidade. Os estilos publicitarios. Ética e publicidade.
6. A campaña publicitaria. Obxectivos, estratexias e planificación. Uso, características e selección dos distintos medios de comunicación como soportes publicitarios. O departamento de medios.
7. A tipografía: definición. Conceptos xerais. A importancia da tipografía no deseño gráfico: aspectos semánticos, aspectos funcionais e aspectos técnicos da tipografía. O uso da tipografía no deseño gráfico e a publicidade. Estilos e tendencias. Criterios para a elección.
8. A letra: morfoloxía e estrutura. Clasificacións. Familias tipográficas. Correccións ópticas. Lexibilidade. Sistemas de medida. Especificacións e variables tipográficas. (punto de vista da comunicación institucional)
9. O deseño tipográfico. Consideracións funcionais, semánticas, estéticas e técnicas. Tipografía creativa. Tecnoloxía aplicada. Figuras relevantes. O texto: a elección da tipografía para os diferentes tratamentos do texto. A composición do texto. As variables tipográficas. As normas tradicionais na composición de textos. A lexibilidade do texto.
10. O deseño e a maquetación da prensa diaria. Características do medio desde o punto de vista do deseño gráfico. Estrutura e mecánica do deseño periodístico.
O libro de estilo. A prensa dixital. Deseño de formatos periodísticos institucionais.
4.- AUXILIAR TÉCNICO GABINETE DIDACTICO, GRUPO C1 20
4.1. Requisitos para desempeñar o posto:
Ademais dos requisitos xerais sinalados na base terceira os aspirantes a este posto deberán posuír o título de bacharelato superior, FP-II ou equivalente.
4.2. Centros de Traballo: Museo provincial
4.3. Exercicios da fase oposición:
- PRIMEIRO EXERCICIO: de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en contestar por escrito a 30 preguntas tipo test con catro respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ó contido do programa; o tempo máximo de realización será de vinte e cinco (25) minutos.
- SEGUNDO EXERCICIO: de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá na resolución dun caso práctico proposto polo tribunal e relacionado coas
materias contidas no programa, no tempo que determine o tribunal.
4.4. Programa:
1. O concepto de museo. Educación e acción cultural. O público e o museo.
2. O Museo de Pontevedra: orixe e desenvolvemento
3. Os edificios do Museo de Pontevedra: un percorrido histórico 4. A cerámica de Sargadelos. 1804-1875
5. A olería popular de Galicia
6. A pintura española do século XIX no Museo de Pontevedra 7. A pintura galega do XIX no Museo de Pontevedra
8. Castelao, artista
9. A escultura galega desde o neoclasicismo ata o século XX no Museo de Pontevedra
10. As artes decorativas no Museo de Pontevedra 5. OFICIAL DE COCIÑA, GRUPO C2 16
5.1. Requisitos para desempeñar o posto:
Ademais dos requisitos xerais sinalados na base terceira os aspirantes a este posto deberán posuír a titulación de graduado escolar ou equivalente e o carné de manipulador de alimentos.
5.2. Centros de Traballo: Príncipe Felipe e Centro de vacacións A Lanzada
5.3. Exercicios da fase oposición:
- PRIMEIRO EXERCICIO: de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en contestar por escrito a 20 preguntas tipo test con catro respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ó contido do programa; o tempo máximo de realización será de vinte (20) minutos.
- SEGUNDO EXERCICIO: de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá na resolución dun caso práctico proposto polo tribunal e relacionado coas materias contidas no programa, no tempo que determine o tribunal.
5.4. Programa:
1. Hixiene alimentaria. Definición. Consecuencias dunha práctica hixiénica deficiente. Contaminación dos alimentos. Fontes de contaminación dos alimentos.
2. Utensilios de cociña. O local de cociña: distribución, equipamento e maquinaria. Conservación e limpeza. Requisitos hixiénicos de máquinas e utensilios.
3. As carnes, aves e derivados cárnicos. Definición, tipos, preparación e elaboración. Ovos, leite e derivados da leite. Definición e características xerais.
4. O pescado e mariscos. Definición, tipos, preparación e elaboración.
5. As hortalizas, legumes e froitas. Definición. Tipos, preparación e elaboración.
Os consomés. Sopas e cremas. Clases e elaboración.
6.- OFICIAL DE COMEDOR, GRUPO C2 16
6.1. Requisitos para o desempeño do posto:
Ademais dos requisitos xerais sinalados na base terceira os aspirantes a este posto deberán posuír a titulación de graduado escolar ou equivalente e o carné de manipulador de alimentos.
6.2. Centros de traballo: Príncipe Felipe e Centro de vacacións A Lanzada.
6.3. Exercicios da fase oposición:
- PRIMEIRO EXERCICIO: de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en contestar por escrito a 20 preguntas tipo test con catro respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ó contido do programa; o tempo máximo de realización será de vinte (20) minutos.
- SEGUNDO EXERCICIO: de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá na resolución dun caso práctico proposto polo tribunal e relacionado coas materias contidas no programa, no tempo que determine o tribunal.
6.4. Programa:
1. Hixiene alimentaria. Definición. Consecuencias dunha práctica hixiénica deficiente. Contaminación dos alimentos. Fontes de contaminación dos alimentos.
2. Utensilios de comedor. O local do comedor. Distribución. Equipamento e maquinaria.
3. Preparación da mesa. Protocolo no comedor. Persoal de servizo e comensais.
4. Conservación dos alimentos, perecedoiros e non perecedoiros. Enfermidades transmitidas polos alimentos. Definición. Medidas xerais de hixiene persoal.
5. Limpeza e desinfección de comedores. Métodos e produtos de limpeza.
7. AUXILIAR ADMINISTRATIVO, GRUPO C2 16
7.1. Requisitos para o desempeño do posto:
Ademais dos requisitos xerais sinalados na base terceira os aspirantes a este posto deberán ter o graduado escolar, o graduado en educación secundaria obrigatoria ou outro equivalente.
7.2. Centros de traballo: Todos os dependentes da Deputación
7.3. Exercicios da fase oposición:
- PRIMEIRO EXERCICIO: de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en contestar por escrito a 30 preguntas tipo test con catro respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ó contido do programa; o tempo máximo de realización será de trinta (30) minutos.
- SEGUNDO EXERCICIO: de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá na resolución dun suposto práctico sobre o manexo do programa de tratamento de textos e/ou folla de cálculo, no tempo que marque o tribunal
7.4. Programa:
1. O acto administrativo: concepto, clases e elementos; requisitos dos actos administrativos. A obriga de resolver e actos presuntos. Eficacia nos actos administrativos. Nulidade e anulabilidade.
2. O procedemento administrativo común. Fases do procedemento: iniciación, ordenación, instrución e finalización.
3. A revisión de oficio dos actos administrativos. Recursos administrativos.
4. Os contratos administrativos de obras, subministracións, servizos e xestión do servizo público na esfera local. Procedemento para a selección de contratistas.
5. A provincia. Organización e competencias.
6. O réxime de sesións e acordos dos órganos colexiados. Clases de sesións.
Requisitos e procedementos de constitución e celebración de sesións. Actas e certificacións.
7. Os funcionarios públicos. Concepto e clases. Nacemento e extinción da relación funcionarial. Dereitos e deberes dos funcionarios.
8. AUXILIAR DE INFORMACIÓN E XESTIÓN TRIBUTARIA, GRUPO C2 16 8.1. Requisitos para o desempeño do posto:
Ademais dos requisitos xerais sinalados na base terceira os aspirantes a este posto deberán posuír a titulación de graduado escolar, graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente.
8.2. Centros de traballo: Oficinas do ORAL en la provincia.
8.3. Exercicios da fase oposición:
- PRIMEIRO EXERCICIO: de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en contestar por escrito a 30 preguntas tipo test con catro respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ó contido do programa; o tempo máximo de realización será de trinta (30) minutos.
- SEGUNDO EXERCICIO: de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá na resolución dun suposto práctico sobre o manexo do programa de tratamento de textos e/ou folla de cálculo, no tempo que marque o tribunal
8.4. Programa:
1. A Lei xeral tributaria. A débeda tributaria
2. O Texto refundido da Lei reguladora de facendas locais: Título I: Capítulo III:
Tributos
3. O Texto refundido da Lei reguladora de facendas locais: O IBI 4. O Texto refundido da Lei reguladora de facendas locais: O IAE 5. O Texto refundido da Lei reguladora de facendas locais: O IVTM
9. OPERARIO-SUBALTERNO DE SERVIZOS VARIOS, GRUPO E
9.1. Requisitos para o desempeño do posto:
Ademais dos requisitos xerais sinalados na base terceira os aspirantes a este posto deberán posuír o certificado de escolaridade ou equivalente.
9.2. Centros de traballo: Pazo Provincial, Príncipe Felipe, Centro de vacacións a Lanzada, Patrimonio documental, Infraestruturas, Mantemento, Museo Provincial, Finca Mouriscade e Estación Fitopatolóxica do Areeiro.
9.3. Exercicios da fase oposición:
- PRIMEIRO EXERCICIO: de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en contestar por escrito a 20 preguntas tipo test con catro respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ó contido do programa; o tempo máximo de realización será de vinte (20) minutos.
- SEGUNDO EXERCICIO: de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá na realización dunha proba práctica proposta polo tribunal e relacionada coas materias contidas no programa, no tempo que determine o tribunal.
9.4. Programa:
1. Coñecementos básicos dos traballos que realiza un operario ou subalterno nos oficios de carpintería, fontanería, pintura e xardinería.
2. Descrición, características e aplicacións das distintas ferramentas de man e demais utensilios que se utilizan nos oficios de carpintería e fontanería, pintura e xardinería, así coma o seu mantemento e limpeza.
3. Avarías e reparacións elementais
4. Medidas de seguridade e hixiene nos traballos de carpintería, fontanería, pintura e xardinería. Medidas de protección e equipos de protección individual (EPI).
5. Control de accesos. Apertura e peche de edificios. Custodia de chaves.
Distribución de documentos, obxectos e correspondencia. Manexo de máquinas reprodutoras e outras análogas Traslado de material e mobiliario.
10. OPERARIO ESPECIALISTA CONDUCTOR BRIGADAS, GRUPO E
10.1. Requisitos para o desempeño do posto:
Ademais dos requisitos xerais sinalados na base terceira os aspirantes a este posto deberán posuír o certificado de escolaridade ou equivalente e o permiso de conducir C+E.
10.2. Centros de traballo: Brigadas de Infraestruturas da Deputación que actúan por toda a provincia.
10.3. Exercicios da fase oposición:
- PRIMEIRO EXERCICIO: de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en contestar por escrito a 20 preguntas tipo test con catro respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ó contido do programa; o tempo máximo de realización será de vinte (20) minutos.
- SEGUNDO EXERCICIO: de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá na realización dunha proba práctica proposta polo tribunal e relacionada coas materias contidas no programa, no tempo que determine o tribunal.
10.4. Programa:
1. Equipos de seguridade e saúde necesarios para traballos en obras de reparación e bacheo.
2. Ligantes bituminosos.
3. Zonas contiguas ás estradas. Sinalización en obras de reparación.
4. Maquinaria para compactación. Tipos e usos.
5. Muros de sostemento e contención. Tipoloxía. Materiais empregados.
11. PEÓNS DE LIMPEZA EN EXCAVACIÓNS ARQUEOLÓXICAS, GRUPO E
11.1.Requisitos para o desempeño do posto:
Ademais dos requisitos xerais sinalados na base terceira os aspirantes a este posto deberán posuír a titulación de certificado de escolaridade ou equivalente.
11.2. Centros de traballo: Brigadas de escavacións arqueolóxicas da Deputación que actúan por toda a provincia.
11.3. Exercicios da fase oposición:
- PRIMEIRO EXERCICIO: de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en contestar por escrito a 20 preguntas tipo test con catro respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ó contido do programa; o tempo máximo de realización será de vinte (20) minutos.
- SEGUNDO EXERCICIO: de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá na realización dunha proba práctica proposta polo tribunal e relacionada coas materias contidas no programa, no tempo que determine o tribunal.
11.4. Programa:
1. Arqueoloxía e restauración. conceptos básicos 2. Arqueoloxía da provincia de Pontevedra
3. Os proxectos arqueolóxicos da Deputación de Pontevedra 4. Consolidación e tapado de estruturas arqueolóxicas 5. O rexistro arqueolóxico e a súa documentación