• No se han encontrado resultados

DO ANO ACADÉMICO 2005-2006 MEMORIA

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "DO ANO ACADÉMICO 2005-2006 MEMORIA"

Copied!
49
0
0

Texto completo

(1)

MEMORIA

DO ANO ACADÉMICO

2005-2006

(2)

1. O Servizo de Normalización Lingüística……… 4

1.1. Persoal……… 5

1.2. Infraestrutura………. 7

1.2.1. Locais………. 7

1.2.2. Soporte informático………. 7

1.2.3. Internet……….. 7

1.2.4. Comunicacións………. 9

1.2.5. Biblioteca e documentación……… 10

1.3. Relacións con outros organismos……….. 11

1.3.1. Mediante convenio……… 11

1.3.2. Mediante participación……….. 12

1.3.3. Outros……… 14

1.4. Formación do persoal………. 15

1.4.1. Asistencia a cursos, congresos e xornadas……… 15

1.4.2. Conferencias, cursos e relatorios presentados………. 15

2. Asesoramento lingüístico……… 17

2.1. Xeneralidades... 18

2.2. Tarifas de determinadas tarefas de corrección e tradución.………... 18

2.2.1. Tarifas... 18

2.2.2. Valoración... 19

2.3. O Web...………... 19

2.4. Corrección... 19

2.4.1. Límites da corrección... 19

2.4.2. A autocorrección... 20

2.4.3. A distribución de correctores automáticos... 20

2.5. Calidade e eficacia no traballo de asesoramento... 20

2.6. Traballo realizado... 21

2.6.1. Corrección... 21

2.6.2. Tradución... 22

2.6.3. Asesoramento puntual………. 22

Índice xeral

(3)

3. Formación………... 24

3.1. Cursos organizados……….... 25

3.1.1. Dirixidos ao persoal de administración e servizos……….... 25

3.1.1.1. Cursos de ferramentas informáticas para a lingua galega……….. 25

3.1.1.2. Cursos de adaptación ao cambio normativo... 26

3.1.1.3. Cuso de comunicación escrita. Técnicas de redacción... 26

3.1.2. Dirixidos ao persoal docente e investigador...……….. 26

3.1.2.1. Cursos de adaptación ao cambio normativo... 26

3.1.3. Dirixidos aos estudantes... 26

3.1.3.1. Cursos de redacción e deseño de traballos de investigación. 26 3.1.3.2. Cursos de lingua galega para non galegofalantes……... 27

4. Dinamización lingüística………. 29

4.1. Publicacións... 30

4.1.1. O Cartafol dixital... 30

4.1.2. O Cartafol en papel... ... 31

4.1.3. O Web... 31

4.2. Análises, informes e propostas………... 31

4.2.1. Uso do galego na docencia... 31

4.2.2. Uso do galego nos programas... 33

4.2.3. Uso do galego na investigación básica……… 34

4.2.4. Proposta dun programa interuniversitario de acollida lingüística……… 35

4.3. Campañas……… 36

4.3.1. Xestión de queixas lingüísticas……… 36

4.4. Apoio ás comisións de normalización lingüística dos centros……… 37

4.4.1. Coordinación……… 37

4.4.2. Escola Politécnica Superior……… 37

4.4.3. Escola Universitaria de Relacións Laborais... 38

4.4.4. Facultade de Administración e Dirección de Empresas... 39

4.4.5. Facultade de Ciencias da Educación………... 39

4.4.6. Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais... 39

4.4.7. Facultade de Dereito……… 40

4.4.8. Facultade de Psicoloxía……… 40

5. Terminoloxía……… 42

5.1. O BD_SNL (Banco de termos do Servizo de Normalización Lingüística)… 43 5.1.1. Inclusión de fontes terminográficas no BD_SNL……….. 43

5.1.2. O bUSCatermos: informe de incidencia……...……….. 44

5.2. Elaboración de produtos terminolóxicos...………... 45

(4)

5.2.2. Outros produtos terminolóxicos... 45

5.3. Difusión de terminoloxía... 46

5.3.1. Difusión dos Termos esenciais de botánica... 46

5.3.2. O proxecto “Un idioma preciso”... 46

5.3.3. A rolda terminolóxica USC-Lexiterm... 47

5.4. A difusión de información terminolóxica……… 47

5.4.1. O Rexistro de proxectos terminolóxicos……… 47

5.4.2. Información sobre a produción terminográfica galega…...……… 48

5.5. Produtos Realiter………. 48

(5)

1 O Servizo de Normalización Lin g üística

1.1 Persoal 1.2 Infraestrutura

1.2.1 Locais

1.2.2 Soporte informático 1.2.3 Internet

1.2.4 Comunicacións

1.2.5 Biblioteca e documentación 1.3 Relacións con outros organismos

1.3.1 Mediante convenios 1.3.2 Mediante participación 1.3.3 Outros

1.4 Formación do persoal

1.4.1 Asistencia a congresos e xornadas 1.4.2 Conferencias, cursos e relatorios presentados

(6)

1.1. Persoal

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) está constituído polas seguintes persoas:

• Director

Manuel C. Núñez Singala

• Técnicos de Normalización Lingüística Manuel Bermúdez Blanco

Xusto A. Rodríguez Río Isabel Vaquero Quintela

• Bolseiros

Ana García García (ata novembro de 2005) Ana Vigo Castromil (ata outubro de 2005) David Cobas Medín (dende decembro de 2005)

Rubén Fernández Rivadeneira (dende decembro de 2005) Anxo Manuel Otero Montero (dende decembro de 2005)

• Administración

Francisco Javier Amigo Pombo (ata maio de 2006) María Isabel Rial Otero (dende maio ata xuño de 2006) Mª Purificación Villoch Vázquez (dende xuño de 2006)

Para a realización de cursos de lingua galega contouse coa colaboración das seguintes persoas:

Cursos de lingua galega para non galegofalantes Ana Belén Ambroa Roca

Mª Carme González Bueno Isabel Paños Rodríguez Sara Pino Ramos

Cursos de comunicación escrita: técnicas de redacción Alberte González Montañés

Cursos de redacción e deseño de traballos de investigación

(7)

Natalia Blanco Carreira Concepción Diéguez Diéguez Ana García García

Cursos de ferramentas informáticas para a lingua galega Ana Domínguez Salgado

Leonardo Henrique Fernández Campos Ana García García

Cursos de reciclaxe da lingua galega

Leonardo Henrique Fernández Campos Cursos de actualización á nova normativa

Leonardo Henrique Fernández Campos Ana García García

Curso de creación de webs para a docencia en galego Lucía Blanco Vallejo

Luis Alberto Martínez Sobrino Paula Castro Míguez

Sandra María Pereira Pena Gloria Presedo Díaz Carlos E. Santos Mato Obradoiro de expresión oral

Xosé Anxo Rei Lagos Olga Patiño Abeixón

Para a realización de léxicos e vocabularios contamos co apoio e a colaboración de:

Vocabulario xeral de medicina María Casas García

Sonia Miguélez Ferreiro Carolina Pena Álvarez Iria Pereira

Adriana Rubín.

Sabela Sánchez Trigo Xoana Vázquez

Isabel Vidal Castiñeira

(8)

Vocabulario de morfoloxía externa, anatomía e histoloxía veterinaria.

Concepción Diéguez Diéguez Antón Lado Lago

Matilde Lombardero Fernández Marcos Pérez López

Margarita Rico Gómez Xosé Manuel Vidal Barral 1.2 Infraestrutura

1.2.1 Locais

O SNL ocupa tres despachos no segundo andar da Casa da Balconada, no número 6 da rúa Nova en Santiago de Compostela. Dispón, así mesmo, dun despacho propio nos locais da Vicexerencia do Campus de Lugo.

1.2.2 Soporte informático

A infraestrutura informática coa que conta na actualidade o SNL é a seguinte:

Campus de Lugo

ƒ Un ordenador tipo PC, S.O. Windows XP

ƒ Unha impresora láser, branco e negro Campus de Santiago

ƒ Oito ordenadores tipo PC, S.O. Windows XP

ƒ Un ordenador tipo Macintosh, S.O MacOs

ƒ Un ordenador portátil, tipo PC, S.O Windows ME

ƒ Unha impresora a cor, de inxección de tinta

ƒ Dúas impresoras láser, branco e negro

ƒ Un escáner

1.2.3 Internet

O SNL dispón dunha páxina web propia, aloxada no servidor xeral da USC. Durante o curso de referencia foi deseñada de novo.

(9)

En primeiro lugar harmonizouse a imaxe visual co estándar da Universidade.

Perseguiuse en todo momento a simplicidade e a claridade, que o acceso aos contidos resultase doado e intuitivo.

A nivel interno dividiuse o web en catro áreas, similares aos catro bloques funcionais do SNL, e designouse un responsable de cada unha delas, de modo que o mantemento e actualización dos contidos web non resultase gravoso para unha soa persoa e que o soporte compartido permitise unha actualización máis áxil.

(10)

Procurouse, na medida do posible, facer do espazo web un lugar interactivo, que resultase útil para, por exemplo, matricularse nun curso ou presentar unha queixa.

Os contidos ampliáronse de xeito notable, de modo que na actualidade o novo web do SNL inclúe máis de cincocentas páxinas de información sobre a lingua galega e a Universidade de Santiago.

1.2.4 Comunicacións

A infraestrutura de comunicacións ao dispor do SNL é a seguinte:

Para os dous campus existe, desde finais do curso 2000-2001, unha rede interna de uso exclusivo do SNL grazas á cal o Banco de Termos do SNL (véxase máis adiante 5.1) resulta moito máis operativo.

Campus de Lugo:

ƒ A extensión telefónica 23582

ƒ Os seguintes enderezos electrónicos:

Xeral

[email protected] SNL.Campus de Lugo

Persoal

[email protected] Xusto A. Rodríguez Río Campus de Santiago

ƒ Unha liña telefónica externa, o 981 528018

(11)

ƒ As seguintes extensións telefónicas:

11312 Manuel Núñez Singala 11309 Isabel Vaquero Quintela 11327 Manuel Bermúdez Blanco 11316 Administración

11364 Bolseiros 11314 Bolseiros 11324 Bolseiros 11369 Bolseiros

ƒ Conta, así mesmo, cos seguintes enderezos electrónicos:

Xerais

[email protected] SNL. Campus de Santiago [email protected] Administración

Persoais

[email protected] Manuel Núñez Singala [email protected] Isabel Vaquero Quintela [email protected] Manuel Bermúdez Blanco

[email protected] Administración [email protected] David Cobas Medín

[email protected] Rubén Fernández Rivadeneira [email protected] Anxo Manuel Otero Montero

1.2.5 Biblioteca e documentación

O SNL conta cunha biblioteca constituída por arredor de 1 100 volumes especializados en temas de lingüística, ademais dun número indeterminado de revistas. Ofrécese un servizo de empréstito a todas aquelas persoas da comunidade universitaria que estean interesadas.

Durante o curso 2005-2006 engadíronse arredor dunha ducia de novos volumes á biblioteca, entre exemplares adquiridos e doados por organismos públicos.

Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital.

O SNL conta así mesmo cun arquivo de documentación de campañas de normalización lingüística, cada un dos ítems correspondentes atópase arquivado nos locais do Servizo e ó mesmo tempo fichado en soporte informático.

Disponse igualmente dun arquivo de prensa que se alimenta de noticias relacionadas coa lingua e publicadas nos seguintes medios:

(12)

La Voz de Galicia El Correo Gallego Galicia Hoxe A Nosa Terra El País

1.3 Relacións con outros organismos

1.3.1 Mediante convenio

Dirección Xeral de Política Lingüística. Xunta de Galicia.

O SNL ten asinado, dende o ano 1991, un convenio de colaboración coa Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, o devandito convenio revísase e actualízase mediante o asinamento dunha addenda anual.

En concreto, na addenda para o ano 2005 acórdase a realización de cursos de lingua galega para estudantes, PAS e PDI, a edición da revista O Cartafol en versión dixital e en papel, diversas accións para as comisións de normalización lingüística dos centros, a elaboración e/ou edición de traballos terminolóxicos, o soporte de campañas dirixidas á promoción do uso da lingua galega en traballos de investigación e a realización dunha campaña para premiar os mellores traballos de curso en galego, entre outras accións. A Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia contribúe cunha achega económica que ascende a 70.000 €.

Direction Terminologie et Industries de la Langue. Unión Latina.

Así mesmo mantéñense dous acordos de cooperación coa Unión Latina, en concreto coa súa Direction Terminologie et Industries de la Langue.

O primeiro deles, de ámbito xeral, asínase co obxectivo de levar a cabo accións comúns destinadas ó desenvolvemento de actividades terminolóxicas en Galicia, así como para o intercambio de información e documentación no eido da terminoloxía.

(13)

O segundo, específico, para formalizar a participación do SNL no proxecto LINMITER, un estudio sobre a terminoloxía nas linguas latinas minoritarias en Europa levado a cabo en colaboración coas seguintes institucións:

ƒ Unión Latina. DTIL. París (Francia)

ƒ Direcció General de Política Lingüística. Barcelona (España)

ƒ Servici de la Lengua Occitana. Université Paul Valery. Montpellier (Francia)

ƒ Centre de Recherches Corses en Lettres e en Sciences Humaines. Université de Corse. Córsega (Francia)

ƒ PAPIROS. Libros in limba sarda. Núoros. Sardeña (Italia)

ƒ Servisc de Planificazion y Elaborazion di Lingaz Ladin. Institut Cultural Ladin.

Vigo di Fassa (Italia)

ƒ Dipartimento di lingue e letterature germaniche e romanze. Università di Udine.

Udine (Italia)

1.3.2 Mediante participación.

O SNL participa e coopera cos seguintes organismos:

Realiter. Rede Panlatina de Terminoloxía.

O SNL forma parte de Realiter desde o ano 1997 e dentro desta rede vén desenvolvendo diversos traballos no eido da terminoloxía en colaboración con outros organismos que a constitúen .

Por outra banda, o director técnico do Servicio é membro do Comité de Realiter, como representante da lingua galega nesta rede.

Linmiter. Terminoloxía das Linguas Europeas Minoritarias

O SNL, en colaboración coa Unión Latina e co apoio da Comisión das Comunidades Europeas segue colaborando no proxecto LINMITER.

AETER. Asociación Española de Terminoloxía

O SNL é socio fundador da Asociación Española de Terminoloxía e como tal vén participando nas actividades organizadas pola dita asociación.

(14)

Concello de Santiago de Compostela. Comisión de Normalización Lingüística

O director técnico do SNL é membro designado pola USC da Comisión de Normalización Lingüística do Concello de Santiago de Compostela, na que vén colaborando desde mediados do ano 2000 na elaboración primeiro e o seguimento despois do Plan Municipal de Normalización Lingüística para a dita entidade local.

Consello da Cultura Galega. Comisión Técnica de Linguaxes de Especialidade Xusto Rodríguez Río e mailo director técnico do Servizo son membros integrantes da Comisión Técnica de Linguaxes de Especialidade do Consello da Cultura Galega. O director do Servizo é o coordinador da devandita comisión.

Consello da Cultura Galega. Comisión Técnica do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia

Manuel Bermúdez Blanco forma parte desta comisión.

RITerm. Red Iberoamericana de Terminología

O Servizo de Normalización Lingüística é membro institucional de RITerm, organización en cuxos encontros e simposios veñen participando membros do Servizo.

Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

O director do Servizo participa como experto no Proxecto para a avaliación e aprendizaxe de galego destinado a renovar o sistema de ensino non regrado de lingua galega para adultos.

(15)

1.3.3 Outros

O SNL mantén intercambios de material e experiencias coas seguintes universidades do estado que posúen servizos lingüísticos:

Universidade da Coruña

Universidade de Vigo

Universidade do País Vasco

Universidade Pública de Navarra

Universitat Autònoma de Barcelona

Universitat d’Alacant

Universitat de Barcelona

Universitat de Girona

Universitat de les Illes Balears

Universitat Jaume I

Universitat de Lleida

Universitat Politècnica de Catalunya

Universitat Pompeu Fabra

Universitat Ramon Llull

Universitat Rovira i Virgili

Universitat de Valencia

Universitat de Vic

Mantéñense contactos e colaboracións con organismos involucrados na elaboración de terminoloxía científico-técnica

TERMIGAL. Servicio Galego de Terminoloxía. Galicia

Departamento de Filoloxía Galega e Latina. Universidade de Vigo. Galicia

TERMCAT. Cataluña.

Institut Universitari de Lingüística Aplicada. Universitat Pompeu Fabra. Cataluña

Departamento de Lingüística, Linguas Clássicas e Vernácula. Centro de Estudos Lexicais e Terminológicos. Universidade de Brasilia. Brasil

Ass.I.Term. Associazione Italiana per la Terminologia. Roma. Italia

TERMAR. Grupo Argentino de Terminología. Buenos Aires. Arxentina.

Bureau de la Traduction. Direction de la Terminologie et de la Normalisation.

Travaux Publiques et Services Gouvernamentaux du Canada. Quebec. Canadá.

Office québécois de la langue française. Quebec. Canada.

Université de Paris VIII

Existen tamén intercambios de información, material e experiencias con multitude de servicios lingüísticos do país: de concellos, deputacións, audiencias provinciais, da Xunta de Galicia, medios de comunicación…

Mantéñense igualmente contactos regulares coa Mesa pola Normalización Lingüística.

(16)

1.4 Formación do persoal

1.4.1 Asistencia a cursos, congresos e xornadas

♦ IX Encontros para a Normalización Lingüística. Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia. Consello da Cultura Galega. Outubro 2005. Santiago de Compostela.

Manuel Bermúdez Blanco Manuel Núñez Singala Xusto A. Rodríguez Río Isabel Vaquero Quintela

♦ 1ª Escola Permanente Fermín Penzol Universidade de Vigo e Concello de Ribadeo.

Ribadeo. 28-30 de outubro de 2005 Manuel Núñez Singala

♦ Creación de cursos en liña. Curso organizado pola Coordinadora de Traballadores de Nomalización Lingüística, a Universidade de Santiago de Compostela e Secretaría Xeral de Política Lingüística. Marzo-abril de 2006

Manuel Bermúdez Blanco Xusto A. Rodríguez Río Isabel Vaquero Quintela

♦ III Seminario Interamericano sobre la Gestión de las Lenguas - "Las políticas lingüísticas en las Américas en un mundo multipolar" Pontifícia Universidade Católica de Rio de Janeiro. Brasil. 29-31 de maio de 2006

Manuel Núñez Singala

♦ Xornada sobre “Metodología para la colecta y la sistematización de corpus con fines diccionarísticos. Pontifícia Universidade Católica de Rio de Janeiro. Brasil. 1 de xuño de 2006

Manuel Núñez Singala

♦ XV Trobada de Serveis Lingüistics Universitaris. Universitat Oberta de Catalunya.

Barcelona, 1 e 2 de xuño de 2006

Manuel Bermúdez Blanco Isabel Vaquero Quintela

1.4.2 Conferencias, cursos e relatorios presentados

♦ IX Encontros para a Normalización Lingüística. Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia. Consello da Cultura Galega. Outubro 2005. Santiago de Compostela. Participación na mesa de traballo “Funcións, actividades e propostas de colaboración entre os SS.LL. das universidades galegas”.

Manuel Núñez Singala

(17)

♦ 1ª Escola Permanente Fermín Penzol Universidade de Vigo e Concello de Ribadeo.

Ribadeo. 28-30 de outubro de 2005. Participación nunha mesa redonda co relatorio “O galego na Universidade de Santiago”

Manuel Núñez Singala

♦ II Xornadas Lingua e Usos. Universidade da Coruña. Novembro de 2005. A Coruña. Presentación do relatorio "A modernización terminolóxica e o uso do galego en contextos científico-técnicos: o papel das universidades"

Xusto A. Rodríguez Río

♦ I Premio Luísa Villalta de iniciativas normalizadoras na Universidade da Coruña.

Participación como membro do xurado. Reitoría da Universidade da Coruña.

Novembro 2005. A Coruña.

Isabel Vaquero Quintela

♦ Premio “Como te ves na USC”. Participación como membro do xurado.

Vicerreitoría de Estudantes. USC. Santiago de Compostela.

Manuel Bermúdez Blanco

♦ Seminario sobre asesores lingüísticos na Galicia actual. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela, 1 e 2 de xuño de 2006. Participación na mesa redonda

“Asesores e xestores lingüísticos na adminstración”.

Xusto A. Rodríguez Río

(18)

Responsable da área

Manuel Bermúdez Blanco

2 Asesoramento lin g üístico

2.1 Xeneralidades

2.2 Tarifas de determinadas tarefas de corrección e tradución

2.2.1 Tarifas 2.2.2 Valoración 2.3 O Web

2.4 Corrección

2.4.1 Límites da corrección 2.4.2 A autocorrección

2.4.3 Distribución de correctores automáticos 2.5 Calidade e eficacia no traballo de asesoramento 2.6 Traballo realizado

2.6.1 Corrección

2.6.2 Tradución

2.6.3 Asesoramento puntual

(19)

2.1 Xeneralidades

A área de asesoramento ten como tarefas principais a corrección, o asesoramento puntual e a tradución de documentos. Un técnico actúa como responsable da área e ocúpase da súa coordinación. Durante o curso de referencia estiveron dous bolseiros adscritos especificamente a esta área.

2.2. Tarifas de determinadas tarefas de corrección e tradución

Neste período 2005-2006 seguiron vixentes, sen modificacións con respecto ao curso anterior, as tarifas para determinados traballos de corrección e de tradución. É importante salientar que ningún membro da USC, ao desenvolver a súa función laboral, vai ter que pagar prezo ningún por este servizo. Trátase dunha tarificación pensada para tres casos:

1) Grupos de investigación que sexan contratados para desenvolver un traballo para fóra da USC.

2) Empresas con participación da USC

3) Empresas alleas á USC pero que teñan unha relación puntual con ela.

O que se pretende con este sistema é:

1) Dar un mellor servizo á comunidade universitaria

2) Darlle valor a aquelas empresas ou grupos que fan as cousas en galego

3) Captación de recursos externos. Neste punto deberamos aclarar que nunca o SNL ten previsto facer competencia desleal ás empresas que viven da xestión lingüística, de xeito que existe un compromiso moi firme en non saírmos dos tres casos establecidos.

2.2.1 Tarifas

O Consello de Dirección aprobou, por proposta do SNL, as seguintes tarifas:

Servizo de Normalización Lingüística 2005

Traduc. Grupo Investigac. (por palabra) cast-galego Linguaxe común 0,020 €

Traduc. Grupo investigación (por palabra) cast-galego. Linguaxe especializada 0,030 €

Corrección galego. Grupo Investigación. Linguaxe común 0,005 €

Corrección galego. Grupo Investigación. Linguaxe especializada 0,008 €

Traduc. Castelán-galego. Empresas con participación da USC (por palabra). Linguaxe común 0,030 €

Traduc. Castelán-galego. Empresas con participación da USC (por palabra). Linguaxe espec. 0,040 €

Correción Galego. Empresas con participación da USC (por palabra). Linguaxe común 0,010 €

Correción Galego. Empresas con participación da USC (por palabra). Linguaxe especial. 0,015 €

Traduc. Castelán-Galega. Empresas alleas á USC (por palabra). Linguaxe común 0,050 €

Traduc. Castelán-Galega. Empresas alleas á USC (por palabra). Linguaxe especializada 0,060 €

Corrección Galego. Empresas alleas á USC. Linguaxe común 0,015 €

Corrección Galego. Empresas alleas á USC. Linguaxe especializada 0,025 €

Recargo por urxencia 10%

(20)

2.2.2 Valoración

A valoración dos usuarios verbo do establecemento destas tarifas foi moi positivo. Non se deron casos de desacordo explícito coa medida.

2.3 O Web

A posta en marcha do novo web do SNL, tal e como se indicou en 1.2.3, ofrece novidades no caso da área de asesoramento, dado que permite mellorar a atención ao usuario e facer máis rendible moitas das actuacións que se levan a cabo. O novo web permite, por un lado, estender a atención a todo o horario laboral e, polo outro, utilizar formatos dixitais no canto dos formatos tradicionais, máis caros e menos dinámicos.

O web da área de asesoramento inclúe máis de 250 páxinas cheas de información e de recursos útiles para o usuario. Está distribuído en seis seccións:

• Corrección

• Tradución

• Resolución de dúbidas

• Deseño de documentos

• Establecementos de fundamentos lingüísticos propios da USC

• Recursos (dicionarios, correctores, etc.)

Cómpre salientar que no apartado de deseño de documentos están os documentos administrativos máis utilizados na Universidade, xa recollidos no volume B de Mellorando os Servizos, pero actualizados e aumentados. De cada un ofrécese un documento modelo comentado en formato PDF para que sirva de guía útil para a creación de documentos administrativos modernos, áxiles e efectivos.

2.4 Corrección

2.4.1 Límites da corrección

O labor de corrección que se leva a cabo no SNL da Universidade quere ir máis aló da reparación textual. A corrección, como a entendemos nós, ten que ser unha tarefa complementaria co labor de formación e debe ser unha boa plataforma para a dinamización lingüística.

Como principio básico establécese unha análise previa á corrección, e a aplicación duns criterios que marcan a diferenza entre os documentos que se corrixen e os que non.

Dependendo tamén destes criterios, aplícanse uns sistemas de corrección que se adecúan aos diferentes tipos de documento.

(21)

2.4.2 A autocorrección

O sistema de corrección establecido, a través do sistema de control de cambios (http://www.usc.es/snl/asesora/correccion/controlcambios_correccion.htm) e a autocorrección previa coa utilización de verificadores automáticos pretenden facer ao usuario autosuficiente e, polo tanto, menos dependente da corrección feita polo SNL. Á parte disto, se non se parte, por principio, que a corrección dun texto é responsabilidade do seu autor, non haberá posibilidade de que se forme e que mellore.

2.4.3 Distribución de correctores ortográficos

En períodos anteriores a Área de Asesoramento fixo un esforzo dedicado á distribución en soporte físico (Cd-Rom) de correctores ortográficos. Para isto facíanse continuamente copias dos correctores existentes. Na actualidade, coa posta en marcha do novo web é a través deste desde onde se distribúen estas utilidades. As copias en soporte físico distribúense só en casos excepcionais.

2.5 Calidade e eficacia no traballo de asesoramento

De todos os traballos desenvolvidos en corrección e tradución hai que destacar que na maior parte das veces se cumpriron os prazos de execución.

Das arredor de 285 actuacións, só 26 (o 9%), non puideron ser satisfeitas no tempo solicitado polo usuario. Hai que ter en conta que o nivel de eficacia é alto pois as datas de entrega solicitadas son as que fixa o usuario, o que nalgúns casos roza o imposible.

Por outra banda cómpre ter presente que 62 actuacións, (case a cuarta parte) foron entregadas antes do prazo fixado para iso polo solicitante.

Antes de prazo

22%

Despois de prazo

9%

No prazo previsto

69%

Grao de cumprimento de prazos

(22)

2.6 Traballo realizado

Durante o curso de referencia, a o SNL procesou un total de 8.008 folios. Destes, 2.217 corresponden a traducións, e 5.791 a correccións. Cómpre subliñar que se dá un acusado descenso no número de páxinas traducidas con respecto ao período anterior (2.217 fronte a 4.114) debido a que no curso 2004-2005 se levou a cabo a tradución do catálogo da Biblioteca que por si só supuxo máis de 3000 páxinas.

Traducións

Correccións 2217

5791

1000 1500 2000 2500 3000 3500 4000 4500 5000 5500 6000

2.6.1 Corrección

Verbo das correccións realizadas, os datos máis relevantes son os que se mostran nas seguintes gráficas:

2150

1706

1935

0 500 1000 1500 2000 2500

Estudantes P DI P A S

C1

Distribución de páxinas corrixidas por colectivos

(23)

O número de páxinas corrixidas nos colectivos de estudantes e de PAS descende respecto a exercicios anteriores en varios centos de páxinas. Probablemente sexa debido a unha maior competencia lingüística nestes grupos, nos que a formación en lingua galega leva desenvolvéndose con intensidade dende hai anos. No que toca ao colectivo do PDI, o número de correccións solicitadas ascende de xeito significativo.

2.6.2 Tradución

Hai que salientar que a tradución que se leva a cabo no SNL é do castelán ao galego, agás algúns casos illados de documentación que teña que ser efectiva fóra de Galicia.

Unha vez máis destaca a demanda notable deste tipo de servizo por parte do persoal docente e investigador.

66

1171 980

0 200 400 600 800 1000 1200

Estudantes PDI PAS

C1

2.6.3 Asesoramento puntual

O asesoramento puntual en tempo real (presencial ou telefónico) ou o recibido por correo electrónico ten moita importancia e é un dos labores que mellores resultados ofrece na satisfacción dos usuarios. No período actual rexeitouse de maneira sistemática o requirimento deste servizo por persoas alleas á Universidade, foran do contorno galego ou non.

(24)

de asesoramento resulta máis doado por carecer de inmediatez e por recadar do usuario un conxunto de información que facilita enormemente a resolución da dúbida.

(25)

Responsable da área

Manuel Núñez Singala

3 Formación

3.1 Cursos organizados

3.1.1 Dirixidos ao persoal de administración e servizos

3.1.1.1 Cursos de ferramentas informáticas para a lingua galega

3.1.1.2 Cursos de adaptación ao cambio normativo

3.1.1.3 Cursos de comunicación escrita. Técnicas de redacción

3.1.2 Dirixidos ao persoal docente e investigador 3.1.2.1 Cursos de adaptación ao cambio normativo 3.1.3 Dirixidos aos estudantes

3.1.3.1 Cursos de redacción e deseño de traballos de investigación

3.1.3.2 Cursos de lingua galega para non galegofalantes

(26)

Durante o curso 2005-2006 o Servizo de Normalización Lingüística organizou un total de 21 cursos relacionados coa lingua, coa seguinte distribución:

9 3 cursos de lingua galega para non galegofalantes, do nivel Básico I 9 3 cursos de lingua galega para non galegofalantes, do nivel Básico II 9 3 cursos de redacción e deseño de traballos de investigación

9 1 curso de comunicación escrita, técnicas de redacción 9 5 cursos de ferramentas informáticas para a lingua galega 9 6 cursos de adaptación ao cambio normativo

Por campus, a distribución foi a seguinte:

™ Campus de Santiago de Compostela: 13 cursos

ƒ 2 cursos de lingua galega para non galegofalantes, do nivel Básico I

ƒ 2 cursos de lingua galega para non galegofalantes, do nivel Básico II

ƒ 2 cursos de redacción e deseño de traballos de investigación

ƒ 1 curso de comunicación escrita, técnicas de redacción

ƒ 3 cursos de ferramentas informáticas para a lingua galega

ƒ 3 cursos de adaptación ao cambio normativo

™ Campus de Lugo: 8 cursos

ƒ 1 curso de lingua galega para non galegofalantes, do nivel Básico I

ƒ 1 curso de lingua galega para non galegofalantes, do nivel Básico II

ƒ 1 curso de redacción e deseño de traballos de investigación

ƒ 2 cursos de ferramentas informáticas para a lingua galega

ƒ 3 cursos de adaptación ao cambio normativo

O número total de estudantes matriculados nos cursos do SNL foi de 383 persoas, das cales 238 realizaron os cursos no Campus de Santiago e 145 no Campus de Lugo.

3.1.1 Dirixidos ao persoal de administración e servizos

Os cursos orientados ao persoal de administración e servizos (PAS) organízanse conxuntamente co Servizo de Planificación e Programación de PAS.

3.1.1.1 Cursos de ferramentas informáticas para a lingua galega

Con estes cursos preténdese divulgar a existencia e o funcionamento de todos aqueles programas informáticos que poidan resultar útiles para a mellora da comunicación en lingua galega, desde correctores informáticos ou tradutores automáticos ata os recursos

(27)

en liña máis útiles para a lingua galega, manuais de estilo, dicionarios en liña, etc. O número de asistentes a estes cursos foi de 81 persoas, das cales 42 corresponden ao campus de Santiago, localidade na que se impartiron tres cursos deste tipo, e 39 ao campus de Lugo, onde tiveron lugar dous cursos destas características.

3.1.1.2 Cursos de adaptación ao cambio normativo

Este tipo de curso persegue a divulgación dos cambios que tiveron lugar no ano 2003 na normativa oficial. Tiveron lugar 3 cursos e o número total de asistentes foi de 79 persoas. 54 persoas corresponden ao campus de Lugo, no que tiveron lugar 2 cursos, e 25 ao de Santiago, no que se celebrou un curso.

3.1.1.3 Cursos de comunicación escrita, técnicas de redacción

Estes cursos diríxese ao persoal de administración e servizos que teña, entre as súas atribucións, a de redactar calquera tipo de textos, administrativos ou non. Foi organizado un único curso no campus de Santiago ao que asistiron 20 persoas.

3.1.2 Dirixidos ao persoal docente e investigador

Estes cursos teñen lugar de xeito coordinado co Programa de Formación e Innovación Docente da USC.

3.1.2.1 Cursos de adaptación ao cambio normativo

Este tipo de curso persegue a divulgación dos cambios que tiveron lugar no ano 2003 na normativa oficial. Tiveron lugar 3 cursos e o número total de asistentes foi de 61 persoas. 43 persoas corresponden ao campus de Santiago, onde se desenvolveron dous cursos, e 18 persoas ao campus de Lugo, no que tivo lugar un curso.

3.1.3 Dirixidos aos estudantes

3.1.3.1 Cursos de redacción e deseño de traballos de investigación

Estes cursos diríxense preferentemente a todos aqueles estudantes que estean elaborando ou pensen redactar no futuro un traballo de investigación. Son un complemento ás axudas para a redacción e defensa en lingua galega de teses de doutoramento, memorias de licenciatura, traballos de investigación tutelados e proxectos de fin de carreira (véxase máis adiante 4.1.4)

Estes cursos computan un crédito de libre configuración.

(28)

Dous dos cursos tiveron lugar no campus de Compostela e un no campus de Lugo. Foi convocado un cuarto curso que non puido celebrarse ao non se acadar un mínimo de estudantes matriculados.

3.1.3.2 Cursos de lingua galega para non galegofalantes

Organízanse en dous niveis básicos que reciben o nome de Básico I e Básico II, o primeiro deles dirixido a persoas con nulos ou moi escasos coñecementos de lingua galega; e o segundo orientado a aqueles que, cando menos, sexan capaces de expresarse nesta lingua.

Durante o período de referencia tiveron lugar seis cursos: tres deles do nivel Básico I, un no campus de Lugo e dous no campus de Santiago; e outros tres do nivel Básico II, un no campus de Lugo e dous no campus de Santiago. O total de matriculados nestes cursos foi de 100 persoas: 54 no nivel Básico I e 46 no Básico II.

Cada curso computou tres créditos de libre configuración.

A procedencia dos matriculados nestes cursos é a que se mostra na seguinte gráfica:

Galicia

Estado Español

Arxentina Brasil Checa, Rep.

Colombia Cuba Estados Unidos

México Honduras

Italia Gran Bretaña

Francia

Marrocos

Bélxica Bolivia

Alemaña Andorra

(29)

Verbo da procedencia daqueles estudantes doutras comunidades autónomas, o resultado é o seguinte:

Andalucía

Asturias

Canarias Cantabria Castela-A Mancha Castela-León

Cataluña Extremadura Illas Baleares

Madrid

País Vasco Valencia

(30)

Responsable da área

Isabel Vaquero Quintela

4 Dinamización lin g üística

4.1 Publicacións

4.1.1 O Cartafol dixital 4.1.2 O Cartafol en papel 4.1.3 O Web

4.2 Análises, informes e propostas 4.2.1 Uso do galego na docencia 4.2.2 Uso do galego nos programas

4.2.3 Uso do galego na investigación básica

4.2.4 Proposta dun programa interuniversitario de acollida lingüística

4.3 Campañas

4.3.1 Xestión de queixas lingüísticas

4.4.Apoio ás comisións de normalización lingüística dos centros 4.4.1 Coordinación

4.4.2 Escola Politécnica Superior

4.4.3 Escola Universitaria de Relacións Laborais

4.4.4 Facultade de Administración e Dirección de Empresas 4.4.5 Facultade de Ciencias da Educación

4.4.6 Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais 4.4.7 Facultade de Dereito

4.4.8 Facultade de Psicoloxía

(31)

4.1 Publicacións

Cómpre salientar que a planificación, elaboración e publicación d’O Cartafol, así como a actualización do web constitúen unha tarefa cunha carga de tempo moi importante.

4.1.1 O Cartafol dixital

Durante o curso 2005-2006 a área planificou, coordinou, elaborou e publicou os 8 números correspondentes aos meses de outubro a xullo (do 23 ao 30; só se publica un número en decembro-xaneiro) d’O Cartafol dixital. Isto supuxo:

• A elaboración de 41 artigos publicados na sección “Con creto”, destinada preferentemente a informar de novas sobre a lingua tanto na USC como fóra dela

• O seguimento mensual da prensa para a elaboración da sección “Ruxe-ruxe”, para a que se redactaron 48 resumos de novas coas súas respectivas ligazóns

• A coordinación dos traballos de elaboración de artigos para as seccións “Pasa a folla” e “Sabías que?”

• O seguimento de diferentes eventos relacionados coa lingua na USC para informar na sección “Axenda” (eventos na Universidade en relación coa lingua) Para difundir a publicación de cada número utilízase a rolda propia da Universidade de Santiago de Compostela, USC-Difusión, que cuns 6.000 subscritores fai chegar a información puntualmente a todo o persoal docente e investigador e a todo o PAS.

Tamén o Xornal electrónico da USC adoita facerse eco da publicación de cada número, e mesmo dalgunha das informacións con certo detalle.

Ademais, fíxoselle chegar tamén por correo electrónico a unha serie de contactos externos:

• Medios de comunicación (26)

• Centros de referencia en lingua galega (16)

• Organizacións de promoción e defensa da lingua galega (9)

• Outros servizos lingüísticos e de normalización (31)

• Compromisos en Galicia (74)

• Compromisos fóra de Galicia (14)

Estas comunicacións obrigan á actualización e corrección permanente das listas de envíos.

(32)

Planificouse, coordinouse, elaborouse e difundiuse os números 36, 37 e 38 d’O Cartafol, correspondentes a cada un dos trimestres do curso académico da versión en papel. En total, redactáronse 33 artigos, mais os contidos correspondentes ás dúas seccións fixas do boletín.

Cómpre lembrar que os seus contidos son diferentes aos da versión dixital, e que non busca tanto a actualidade ou informar de actividades, como ofrecer unha panorámica sobre a lingua na USC con maior reflexión e profundidade.

A maquetación e impresión d’O Cartafol realízase na Imprenta da Universidade e faise unha tiraxe de 4.000 exemplares que se difunden practicamente na súa totalidade na USC, a través dos diferentes centros, departamentos e servizos, de acordo cun reparto proporcionado ao número de lectores potenciais en cada un deles. Nos centros en que existe comisión de normalización lingüística, é a ela á que se lle fai chegar o envío. Así dende o SNL fanse un total de 62 envíos diferentes, que reparten case 3.900 exemplares en toda a Universidade.

4.1.3 O Web

Logo de que se acordase a reforma e descentralización do web do SNL (véase 1.2.3), a área de dinamización ocupouse da estruturación e elaboración dos contidos da súa parte do web do SNL, artellando contidos arredor de catro eixes, que nos pareceron os que maior interese podían suscitar:

• Actividades

• Comisións de normalización lingüística

• O galego na docencia

• Documentos e recursos

Non todos estes eixes temáticos están completos polo de agora

Procurouse non superar o terceiro nivel de profundidade á hora de distribuír os contidos.

4.2 Análises, informes e propostas

4.2.1 Uso do galego na docencia

A ferramenta XesCampus proporciónanos dende o curso 2003-2004 datos referidos ao uso de idiomas na docencia na USC, a partir dos datos proporcionados nos POD, e relativos ao número de horas de docencia. A area de dinamización lingüística encárgase da explotación destes datos, así como da súa publicación a través d’O Cartafol.

(33)

Aínda que cómpre considerar os datos concretos con precaución, o Plan de Organización Docente amosa as grandes tendencias sobre o uso dos idiomas na docencia.

O castelán segue sendo o idioma maioritario de docencia da USC, e o galego, a lingua da quinta parte da actividade docente.

A presenza doutros idiomas non oficiais na USC na docencia non chega en caso ningún ao 1% das horas, sacadas as filoloxías. Semella tamén un erro que en Farmacoloxía se imparta en alemán o 11,27% das súas horas docentes.

Ao debullar os datos por departamentos:

¾ 0% de uso do galego: 15 departamentos o CC. Morfolóxicas

o Pediatría o Obstetricia

o Anatomía Patolóxica o Dermatoloxía

o Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica o Xenética

o Microbioloxía e Parasitoloxía o Física da Materia

o Enxeñaría Química

o Dereito Mercantil e do Traballo o Dereito Común

o Filoloxía Inglesa o Filoloxía Alemá o Filoloxía Francesa

(34)

¾ Ata o 25% das súas horas docentes en galego: 38 departamentos

¾ Entre o 25% e o 50% das súas horas de clase en galego: 12 departamentos

¾ Máis do 50% das súas horas docentes en galego: 12 departamentos:

o Métodos cuantitativos para a Economía (51,31%) o Lóxica e Filosofía Moral (51,69%)

o Didáctica e Organización Escolar (54,28%) o Economía Aplicada (54,52%)

o Didáctica da Lingua (59,56%) o Filoloxía Galega (69,97%)1

o Filosofía e Antropoloxía (71,41%)

o Historia e Institucións Económicas (72,36%) o Historia Contemporánea (78,78%)

o Teoría e Historia da Educación (88,99%) o Ciencias da Comunicación (91,64%) o Química Orgánica (95,92%) (é falso) Ao debullar os datos por titulacións:

• 0% de uso do galego: 3 titulacións o Enxeñería Química

o Enfermaría Obstétrico-Xinecolóxica o Criminoloxía

• Ata o 25% de horas docentes en galego: 37 titulacións

• Entre o 25% e o 50% de horas docentes en galego: 25 titulacións

• Máis do 50% de horas docentes en galego: 6 titulacións o Psicopedagoxía (50,79%)

o Filoloxía Galega (51,41%) o Pedagoxía (57,74%) o Filosofía (60%)

o Educación Social (63,58%)

o Comunicación Audiovisual (76,30%) o CC. da Información (85,96%).

4.2.2 Uso do galego nos programas

No primeiro trimestre do curso traballouse conxuntamente co Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica na avaliación da segunda fase da campaña para a axuda á galeguización dos programas das materias de todas as titulacións da Universidade de Santiago de Compostela, posto en marcha no último trimestre do curso 2003-2004, así como na elaboración dunha proposta de pagamentos aos departamentos que responderon a ela.

1 O departamento abrangue tamén as áreas de Románicas e Portugués.

(35)

Segundo o Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica ao rematar o prazo oficial de entrega, os departamentos cubriran en castelán ou en galego o 96,44%

dos programas: 3146 dun total de 3262 materias impartidas no conxunto da USC.

Os departamentos que entregaron a totalidade dos programas das súas materias en galego ou castelán foron 44 (dun total de 77), e desta volta, todos entregaron como mínimo o 75% dos seus programas, agás Obstetricia e Xinecoloxía.

En total, o 79,25% dos programas cubertos entregouse con versión galega e o 87,55%

con versión en castelán. Repiten por segundo ano os departamentos de Pediatría, Obstetricia e Xinecoloxía, e Estomatoloxía, que non chegaron a cubrir nin un só programa en galego, algo que resulta bastante sorprendente cando dende 2001 Medicina conta cunha versión en galego da totalidade dos seus programas realizada dende o SNL.

En total 37 departamentos entregaron a metade ou máis da súa programación en galego, e recibirán as subvencións por tramos:

o 100% en galego: 20 departamentos (13 entregaron tamén o 100% en castelán) o 85-99% en galego: 5 departamentos

o 70-84% en galego: 7 departamentos o 50-69%: 5 departamentos

No reparto de axudas, por tramos, tívose en conta tamén o esforzo realizado para incrementar o uso do galego nos programas a respecto da primeira fase da campaña, e introduciuse un coeficiente corrector dos tramos para os pagamentos aos departamentos que se viran favorecidos polas traducións realizadas de oficio polo Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica.

Esta campaña contou cun financiamento da Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, que achegaba 12.000 euros, e mais da Vicerreitoría de Calidade e Planificación Estratéxica da USC, que achegou outros 6.000 euros.

4.2.3 Uso do galego na investigación básica

Como todos os anos a area de dinamización estudou a principios de 2006 os resultados das campañas de axuda do ano 2005 á realización en galego de traballos de investigación básica: teses, memorias de licenciatura, proxectos de fin de carreira e traballos de investigación tutelados.

Durante o ano 2005 beneficiáronse destas axudas:

5 teses de doutoramento (dun total de 203)

9 memorias de licenciatura (dun total de 70)

78 proxectos de fin de carreira (de 146)

6 traballos de investigación tutelados (de 16)

(36)

A evolución das axudas reflíctese na seguinte gráfica:

4.2.4 Proposta dun programa universitario de acollida lingüística

Durante o curso a área traballou na elaboración dunha proposta, que parte inicialmente dunha idea presentada pola CNL de Ciencias da Información, para poñer en marcha un programa de acollida lingüística para as tres universidades, logo de constatar, xunto con responsables políticos e técnicos das universidades galegas, un problema común:

que a chegada de estudantes de fóra de Galicia, a través dos programas de mobilidade, estaba a orixinar ou a afondar importantes consecuencias para a xa cativa docencia en galego.

A proposta marca un obxectivo xeral: conseguir que a chegada de estudantes de fóra de Galicia ás tres universidades galegas a través de programas de mobilidade, non se converta nunha pexa para a normalización da lingua galega.

A campaña conta con 14 actuacións diferentes, incluíndo accións de información e sensibilización, de formación e de dinamización lingüístico-cultural, buscando a meirante participación e implicación de todos os sectores. As actuacións están dirixidas a catro ámbitos:

o Ámbito do PDI

o Ámbito dos axentes de acollida o Ámbito do estudantado galego o Ámbito do estudantado de fóra

Estimouse un tempo de preparación das actuacións que logo se han de executar de 6 meses, e a necesidade de contratar un técnico-coordinador. Orzamentouse a posta en marcha da campaña en algo máis de 40.000 euros, sen contar con unha das medidas, a

(37)

programación lingüístico-cultural, que debería programar cada universidade de xeito independente.

A proposta foilles presentada aos servizos lingüísticos das tres universidades, dos cales recibiu a aprobación, así como dos responsables políticos universitarios de normalización lingüística. Presentóuselle posteriormente á Dirección Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, que se amosou a prol do seu financiamento.

4.3 Campañas

4.3.1 Queixas lingüísticas

En xaneiro de 2006 acordouse, conxuntamente co secretario xeral da USC, un procedemento para tratar queixas referidas a incumprimentos sobre lexislación lingüística na USC.

1. Redacción dun informe dirixido ao responsable en política lingüística no goberno da USC2, no que se recollan:

• Os autores das queixas

• O motivo da queixa, se é posible acompañado de documentación acreditativa.

• A xustificación da queixa, con base na normativa existente.

• O recordatorio de que a responsabilidade de velar polo cumprimento da lexislación nesta materia lles corresponde aos órganos de goberno.

2. Redacción dunha comunicación aos autores da queixa, informándoos da recepción e do traslado desta ao órgano pertinente.

A responsabilidade na resolución da queixa, así como a comunicación desta aos autores da queixa corresponderalle ao responsable en política lingüística no goberno da USC.

Dende xaneiro de 2006 e durante o curso académico 2005-2006 recibíronse queixas en relación a:

o As actividades da Aula de Produtos Lácteos: Proxecto Simbiose e celebración do “Día de la leche”.

o A comunicación, por parte da Vicerreitoría de Calidade, da celebración dun curso virtual de prevención de riscos laborais dirixido ao PDI, na cal se anuncia que o curso vai ser en castelán

o O envío por parte do Servizo de Vixilancia da Saúde dunha circular informando da campaña de exames xinecolóxicos redactada en castelán e en galego.

2 Na actualidade, a secretaria xeral.

(38)

Todas elas foron comunicadas á secretaria xeral.

4.4. Apoio ás comisións de normalización lingüística dos centros

4.4.1 Coordinación

• Seguimento e actualización da aparición e composición das CNL

• Seguimento e apoio das actividades das CNL, que incluíu asistencia a xuntanzas das CNL nos centros.

• Envío de información de xeito puntual, a través de correo postal e electrónico.

• Reunión de coordinación o 11 de novembro de 2005 para informar sobre o traballo desenvolvido polas comisión de normalización lingüística no curso 2004- 2005 e programar para o ano 2006.

• Coordinación, seguimento e apoio das solicitudes de financiamento feitas polas CNL para incluír na addenda anual ao convenio de colaboración da USC e a DXPL da Xunta de Galicia.

• Labores de secretaría

4.4.2 Escola Politécnica Superior

a) Premios á calidade lingüística

o Concesión dos I Premios á calidade lingüística dos traballos académicos o Seguimento na recepción dos traballos

o Coordinación e asesoramento na constitución dos xurados e no procedemento

o Comunicacións formais aos premiados/as o Xestións dos pagamentos

o Asesoramento e coordinación dos actos de entrega dos premios Na EPS non se presentaron traballos a concurso.

o Apoiouse a convocatoria dos II Premios á calidade lingüística dos traballos académicos para este curso 2005-2006, que finalmente organizan, ademais da Escola Politécnica Superior, as facultades de Psicoloxía, Económicas, Administración e Dirección de Empresas (Lugo), e Bioloxía así como a Escola Universitaria de Formación do Profesorado (Lugo).

o Reelaboración das bases do concurso

o Actualización no web da información sobre o concurso e sobre ferramentas de apoio

o Difusión do concurso: O Cartafol, notas de prensa e, nos centros, reparto e envío de folletos-cartel, presentacións.

(39)

o Coordinación da iniciativa nos centros b) Curso de creación de webs docentes en galego

Apoiouse a organización do Curso de webs docentes en galego que se celebrou nos meses de febreiro-marzo.

o Coordinación coas CNL, co Centro de Tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA), e cos técnicos de Asesoramento e Terminoloxía do SNL (que se encargaron da docencia de varias sesións).

o Xestións varias

o Seguimento da organización

o Actuacións necesarias para incluír estes dous cursos dentro do Programa de Formación e Innovación Docente.

c) Curso de expresión oral

Apoiouse o Obradoiro de expresión oral en galego, organizado por esta comisión e desenvolvido en febreiro de 2006, e no que participaron 7 profesores/as. Foi impartido por persoal da Cooperativa Tagen Ata.

o Planificación do obradoiro o Coordinación do profesorado

o Xestión (selección, matriculación, expedición de diplomas e certificados, pagamentos...)

o Publicidade

o Actuacións encamiñadas á súa inclusión no Programa de Formación e Innovación Docente.

4.4.3 Escola Universitaria de Relacións Laborais

a) Reelaborouse a proposta de xornadas sobre o galego e as relacións laborais que xa estaba feita do curso pasado conxuntamente coa dirección da EURL, e comezáronse as xestións para que o ciclo poida ter lugar en novembro de 2006, cunha duración de 30 horas lectivas.

o Propuxéronse nomes/organizacións para participaren no ciclo.

o Presentóuselle a proposta do ciclo á Dirección Xeral de Traballo da Xunta de Galicia para que financiase o ciclo, cousa que se conseguiu (5000 euros).

o Xestionouse a concesión de 1 crédito de libre configuración.

o Iniciáronse os contactos cos conferenciantes e participantes nas táboas redondas (en total, 35 persoas)

o Iniciáronse os contactos necesarios para os actos de inauguración e clausura do ciclo.

o Elaborouse o folleto informativo.

(40)

Apoiouse a organización do Curso de webs docentes en galego que se celebrou entre outubro e decembro de 2005 conxuntamente para o profesorado de Dereito e Relacións Laborais, no cal participaron 15 profesores/as.

4.4.4 Facultade de Administración e Dirección de Empresas

a) Apoiouse a convocatoria dos II Premios á calidade lingüística dos traballos académicos para este curso 2005-2006 (vid. Escola Politécnica Superior).

b) Apoiouse a convocatoria dos Concurso de Publicidade en Galego para este curso 2005-2006, abertos á participación de toda a comunidade universitaria.

o Elaboración dun plan de traballo o Elaboración das bases do concurso

o Elaboración dun web información sobre o concurso

o Elaboración dun cartel sobre o concurso: seguimento do deseño e da edición o Orientación á CNL sobre a presentación do concurso en Power Point

o Difusión do concurso:

o Envío de carteis, apoio á presentación organizada pola CNL, notas de prensa.

4.4.5 Facultade de Ciencias da Educación

Apoiouse a organización do Curso de creación de webs docentes en galego que se celebrou entre outubro e decembro de 2005 na sede do Campus Norte, no cal participaron 9 profesores/as (vid. EPS).

Estaba prevista a organización dunha segunda edición deste curso no Campus Sur, mais decidiuse anulalo vistos os problemas de persoal existentes no CeTA e mais a escasa matrícula do curso.

4.4.6 Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

a) Premios á calidade lingüística

o Concesión dos I Premios á calidade lingüística dos traballos académicos Neste centro presentouse 1 traballo a concurso, que foi merecedor do 2º premio.

O acto de entrega do premio realizouse no marco do II concurso de Monólogos monolingües, o 30 de novembro de 2005.

o Apoiouse a convocatoria dos II Premios á calidade lingüística dos traballos académicos para este curso 2005-2006.

(41)

b) Apoiouse a organización do II Concurso de Monólogos Monolingües que se desenvolveu o 30 de novembro de 2005, cun importante éxito de participación (8 concursantes), público e seguimento por parte da prensa.

o Seguimento da organización e planificación do Concurso o Publicidade: notas de prensa

o Xestións nos pagamentos dos premios e do mantedor-presentador do acto (Carlos Blanco).

c) Apoiouse a organización dun curso de reciclaxe en lingua galega para PDI, dentro do Programa de Formación e Innovación Docente, que se desenvolveu no mes de febreiro, ao que asistiron numerosas persoas. Foi impartido por persoal de Reverso Servizos Lingüísticos.

4.4.7 Facultade de Dereito

a) Apoiouse a organización do Curso de webs docentes en galego que se celebrou entre outubro e decembro de 2005 conxuntamente para o profesorado de Dereito e Relacións Laborais, no cal participaron 15 profesores/as.

b) Elaborouse a primeira versión da primeira parte dun estudo-diagnóstico sobre a situación da lingua galega na Facultade de Dereito. Fíxoselle chegar ao Decanato do centro, para que fixese as achegas que considerase oportunas. Ademais, mantívose unha entrevista co decano e a secretaria do centro o 5 de abril de 2006 seguindo o esquema habitual dos nosos estudos-diagnóstico. O resultado desta entrevista estase a incorporar ao estudo-diagnóstico.

4.4.8 Facultade de Psicoloxía

a) Premios á calidade lingüística

o Concesión dos I Premios á calidade lingüística dos traballos académicos Neste centro presentáronse 5 traballos a concurso. A entrega dos premios realizouse no marco dos actos en honor do padroeiro do centro, o 24 de febreiro de 2006.

o Apoiouse a convocatoria dos II Premios á calidade lingüística dos traballos académicos para este curso 2005-2006. (Vid. EPS)

b) Colaborouse coa coordinadora da CNL, Concha Losada, na planificación do curso de elaboración de unidades didácticas en galego, así como nas xestións para a súa posta en marcha no vindeiro curso académico.

o Elaboración do borrador da programación do curso o Elaboración do plan de traballo

(42)

elaboración dos contidos correspondentes do curso

o Contacto e posterior coordinación coa Vicerreitoría de Cultura.

(43)

Responsable da área

Xusto A. Rodríguez Río

5 Terminoloxía

5.1 O BD_SNL (Banco de termos do Servizo de Normalización Lingüística)

5.1.1 Inclusión de fontes terminográficas no BD_SNL 5.1.2 O bUSCatermos: informe de incidencia

5.2 Elaboración de produtos terminolóxicos 5.2.1 Vocabularios

5.2.2 Outros produtos terminolóxicos 5.3 Difusión de terminoloxía

5.3.1 Difusión dos Termos esenciais de botánica 5.3.2 O proxecto “Un idioma preciso”

5.3.3 A rolda terminolóxica USC-Lexiterm 5.4 A difusión de información terminolóxica

5.4.1 O rexistro de proxectos terminolóxicos

5.4.2 Información sobre a produción terminográfica galega

5.5 Produtos Realiter

(44)

Lingüística)

O Banco de termos do Servizo de Normalización Lingüística comezou a constituírse no ano 2000 para, por unha banda aglutinar a información terminográfica xerada polo Servizo e, por outra, harmonizar e racionalizar este labor.

Trátase dun repertorio de termos que comezou nutríndose das fichas terminolóxicas elaboradas de xeito illado, case sempre para ofrecer solucións a problemas concretos xurdidos do traballo de asesoramento, pero ao que se lle foron engadindo pouco a pouco os vocabularios técnicos realizados ou coordinados polo Servizo, así como outros editados por outras entidades, pero que consideramos interesantes para a comunidade universitaria.

Durante o curso 2005-06 continuouse coa ampliación e depuración dos seus datos, así como coa sincronización e actualización periódica da base de datos que permite a consulta desta información dentro do dominio usc.es, a través do bUSCatermos (http://

http://www4.usc.es/buscatermos/)

5.1.1 Inclusión de fontes terminográficas no BD_SNL

Durante este ano, a inclusión de novos traballos non foi un obxectivo prioritario para a Área. Aínda así, engadimos de xeito íntegro:

(45)

VV. AA. (2004) Léxico do transporte turístico. Barcelona, Unión Latina- Termcat

Lista de de las aves de España (ES-LA-EN-CT-GL-EU), Sociedad Española de Ornitología, 2005. [Versión galega de M. Conde Teira]

Hottois, G.; J.-N. Missa (dir.) (2005) Nova enciclopedia de bioética. Santiago de Compostela, Universidade. [Versión galega de L. Soto e T. Roca]

Administración da Seguridade Social (2006) Glosario de termos da Seguridade Social [en liña]; [http://www.seg-

social.es/inicio/?MIval=cw_usr_view_Folder&LANG=3&ID=10485].

O balance resultante da eliminación e reelaboración de fichas por un lado, e dos engadidos polo outro, fixo que a base de datos aumentase ata un total de 128 000 fichas terminolóxicas, e máis de 150 000 denominacións galegas.

5.1.2 O bUSCatermos: informe de incidencia

O bUSCatermos é unha interface que permite consultar o BD_SNL a través de Internet desde calquera equipo conectado ao dominio usc.es. Unha descrición máis detallada das súas características pode lerse en:

http://www.ti.usc.es/buscatermos/Caracteristicas.htm

Ao longo deste curso, os obxectivos da Área en relación co bUSCatermos foron basicamente dous:

1. Seguir difundindo a ferramenta entre a comunidade da USC.

(46)

que van desde o 1 de outubro ao 31 de maio recibíronse máis de 19500; case tantas como as que se recibiron nos 17 meses anteriores.3

1939 3029

1209

1997 2456 2906

2136 2845

0 1000 2000 3000 4000

outubro novembro decembro xaneiro febreiro marzo abril maio

Número de consultas por mes

2. Intentar acadar o financiamento externo preciso para poder abrir bUSCatermos á consulta libre a través de Internet.

Para iso, a primeira iniciativa foi solicitarlles autorización por escrito aos autores dos vocabularios aquí incluídos para realizar tal forma de difusión; o que se formalizou a través da sinatura dun acordo entre cada un deles e o reitor da USC.

Amais, elaboramos un informe sobre as características, a incidencia real e as potencialidades do bUSCatermos para facerllo chegar ás entidades que poderían contribuír ao financiamento desta iniciativa.

5.2 Elaboración de produtos terminolóxicos

5.2.1 Vocabularios

Durante este curso continuouse co traballo de elaboración do Vocabulario xeral de medicina e do Vocabulario de morfoloxía externa, anatomía e histoloxía veterinaria.

Neste momento, atópanse os dous na fase de preedición: o equipo elaborador está revisando e analizando copias privadas do traballo antes de comezar co proceso de maquetación.

Ademais, proseguiuse coa elaboración do “Léxico forestal”, aínda que o ritmo de traballo previsto viuse bastante ralentizado por cambios no grupo de traballo. Neste momento está fixada a estrutura temática e os conceptos que integrarán a maior parte das áreas en que se vai organizar.

5.2.2 Outros produtos terminolóxicos

3 Entre o 30 de abril de 2004 –data en que se abriu para consultas– e o 30 de setembro de 2005 o bUSCatermos recibiu 19734 consultas.

Referencias

Documento similar