4. Dinamización lingüística
4.4. Apoio ás comisións de normalización lingüística dos centros
4.4.8. Facultade de Psicoloxía
4.1 Publicacións
Cómpre salientar que a planificación, elaboración e publicación d’O Cartafol, así como a actualización do web constitúen unha tarefa cunha carga de tempo moi importante.
4.1.1 O Cartafol dixital
Durante o curso 2005-2006 a área planificou, coordinou, elaborou e publicou os 8 números correspondentes aos meses de outubro a xullo (do 23 ao 30; só se publica un número en decembro-xaneiro) d’O Cartafol dixital. Isto supuxo:
• A elaboración de 41 artigos publicados na sección “Con creto”, destinada preferentemente a informar de novas sobre a lingua tanto na USC como fóra dela
• O seguimento mensual da prensa para a elaboración da sección “Ruxe-ruxe”, para a que se redactaron 48 resumos de novas coas súas respectivas ligazóns
• A coordinación dos traballos de elaboración de artigos para as seccións “Pasa a folla” e “Sabías que?”
• O seguimento de diferentes eventos relacionados coa lingua na USC para informar na sección “Axenda” (eventos na Universidade en relación coa lingua) Para difundir a publicación de cada número utilízase a rolda propia da Universidade de Santiago de Compostela, USC-Difusión, que cuns 6.000 subscritores fai chegar a información puntualmente a todo o persoal docente e investigador e a todo o PAS.
Tamén o Xornal electrónico da USC adoita facerse eco da publicación de cada número, e mesmo dalgunha das informacións con certo detalle.
Ademais, fíxoselle chegar tamén por correo electrónico a unha serie de contactos externos:
• Medios de comunicación (26)
• Centros de referencia en lingua galega (16)
• Organizacións de promoción e defensa da lingua galega (9)
• Outros servizos lingüísticos e de normalización (31)
• Compromisos en Galicia (74)
• Compromisos fóra de Galicia (14)
Estas comunicacións obrigan á actualización e corrección permanente das listas de envíos.
Planificouse, coordinouse, elaborouse e difundiuse os números 36, 37 e 38 d’O Cartafol, correspondentes a cada un dos trimestres do curso académico da versión en papel. En total, redactáronse 33 artigos, mais os contidos correspondentes ás dúas seccións fixas do boletín.
Cómpre lembrar que os seus contidos son diferentes aos da versión dixital, e que non busca tanto a actualidade ou informar de actividades, como ofrecer unha panorámica sobre a lingua na USC con maior reflexión e profundidade.
A maquetación e impresión d’O Cartafol realízase na Imprenta da Universidade e faise unha tiraxe de 4.000 exemplares que se difunden practicamente na súa totalidade na USC, a través dos diferentes centros, departamentos e servizos, de acordo cun reparto proporcionado ao número de lectores potenciais en cada un deles. Nos centros en que existe comisión de normalización lingüística, é a ela á que se lle fai chegar o envío. Así dende o SNL fanse un total de 62 envíos diferentes, que reparten case 3.900 exemplares en toda a Universidade.
4.1.3 O Web
Logo de que se acordase a reforma e descentralización do web do SNL (véase 1.2.3), a área de dinamización ocupouse da estruturación e elaboración dos contidos da súa parte do web do SNL, artellando contidos arredor de catro eixes, que nos pareceron os que maior interese podían suscitar:
• Actividades
• Comisións de normalización lingüística
• O galego na docencia
• Documentos e recursos
Non todos estes eixes temáticos están completos polo de agora
Procurouse non superar o terceiro nivel de profundidade á hora de distribuír os contidos.
4.2 Análises, informes e propostas
4.2.1 Uso do galego na docencia
A ferramenta XesCampus proporciónanos dende o curso 2003-2004 datos referidos ao uso de idiomas na docencia na USC, a partir dos datos proporcionados nos POD, e relativos ao número de horas de docencia. A area de dinamización lingüística encárgase da explotación destes datos, así como da súa publicación a través d’O Cartafol.
Aínda que cómpre considerar os datos concretos con precaución, o Plan de Organización Docente amosa as grandes tendencias sobre o uso dos idiomas na docencia.
O castelán segue sendo o idioma maioritario de docencia da USC, e o galego, a lingua da quinta parte da actividade docente.
A presenza doutros idiomas non oficiais na USC na docencia non chega en caso ningún ao 1% das horas, sacadas as filoloxías. Semella tamén un erro que en Farmacoloxía se imparta en alemán o 11,27% das súas horas docentes.
Ao debullar os datos por departamentos:
¾ 0% de uso do galego: 15 departamentos o CC. Morfolóxicas
o Pediatría o Obstetricia
o Anatomía Patolóxica o Dermatoloxía
o Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica o Xenética
o Microbioloxía e Parasitoloxía o Física da Materia
o Enxeñaría Química
o Dereito Mercantil e do Traballo o Dereito Común
o Filoloxía Inglesa o Filoloxía Alemá o Filoloxía Francesa
¾ Ata o 25% das súas horas docentes en galego: 38 departamentos
¾ Entre o 25% e o 50% das súas horas de clase en galego: 12 departamentos
¾ Máis do 50% das súas horas docentes en galego: 12 departamentos:
o Métodos cuantitativos para a Economía (51,31%) o Lóxica e Filosofía Moral (51,69%)
o Didáctica e Organización Escolar (54,28%) o Economía Aplicada (54,52%)
o Didáctica da Lingua (59,56%) o Filoloxía Galega (69,97%)1
o Filosofía e Antropoloxía (71,41%)
o Historia e Institucións Económicas (72,36%) o Historia Contemporánea (78,78%)
o Teoría e Historia da Educación (88,99%) o Ciencias da Comunicación (91,64%) o Química Orgánica (95,92%) (é falso) Ao debullar os datos por titulacións:
• 0% de uso do galego: 3 titulacións o Enxeñería Química
o Enfermaría Obstétrico-Xinecolóxica o Criminoloxía
• Ata o 25% de horas docentes en galego: 37 titulacións
• Entre o 25% e o 50% de horas docentes en galego: 25 titulacións
• Máis do 50% de horas docentes en galego: 6 titulacións o Psicopedagoxía (50,79%)
o Filoloxía Galega (51,41%) o Pedagoxía (57,74%) o Filosofía (60%)
o Educación Social (63,58%)
o Comunicación Audiovisual (76,30%) o CC. da Información (85,96%).
4.2.2 Uso do galego nos programas
No primeiro trimestre do curso traballouse conxuntamente co Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica na avaliación da segunda fase da campaña para a axuda á galeguización dos programas das materias de todas as titulacións da Universidade de Santiago de Compostela, posto en marcha no último trimestre do curso 2003-2004, así como na elaboración dunha proposta de pagamentos aos departamentos que responderon a ela.
1 O departamento abrangue tamén as áreas de Románicas e Portugués.
Segundo o Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica ao rematar o prazo oficial de entrega, os departamentos cubriran en castelán ou en galego o 96,44%
dos programas: 3146 dun total de 3262 materias impartidas no conxunto da USC.
Os departamentos que entregaron a totalidade dos programas das súas materias en galego ou castelán foron 44 (dun total de 77), e desta volta, todos entregaron como mínimo o 75% dos seus programas, agás Obstetricia e Xinecoloxía.
En total, o 79,25% dos programas cubertos entregouse con versión galega e o 87,55%
con versión en castelán. Repiten por segundo ano os departamentos de Pediatría, Obstetricia e Xinecoloxía, e Estomatoloxía, que non chegaron a cubrir nin un só programa en galego, algo que resulta bastante sorprendente cando dende 2001 Medicina conta cunha versión en galego da totalidade dos seus programas realizada dende o SNL.
En total 37 departamentos entregaron a metade ou máis da súa programación en galego, e recibirán as subvencións por tramos:
o 100% en galego: 20 departamentos (13 entregaron tamén o 100% en castelán) o 85-99% en galego: 5 departamentos
o 70-84% en galego: 7 departamentos o 50-69%: 5 departamentos
No reparto de axudas, por tramos, tívose en conta tamén o esforzo realizado para incrementar o uso do galego nos programas a respecto da primeira fase da campaña, e introduciuse un coeficiente corrector dos tramos para os pagamentos aos departamentos que se viran favorecidos polas traducións realizadas de oficio polo Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica.
Esta campaña contou cun financiamento da Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, que achegaba 12.000 euros, e mais da Vicerreitoría de Calidade e Planificación Estratéxica da USC, que achegou outros 6.000 euros.
4.2.3 Uso do galego na investigación básica
Como todos os anos a area de dinamización estudou a principios de 2006 os resultados das campañas de axuda do ano 2005 á realización en galego de traballos de investigación básica: teses, memorias de licenciatura, proxectos de fin de carreira e traballos de investigación tutelados.
Durante o ano 2005 beneficiáronse destas axudas:
• 5 teses de doutoramento (dun total de 203)
• 9 memorias de licenciatura (dun total de 70)
• 78 proxectos de fin de carreira (de 146)
• 6 traballos de investigación tutelados (de 16)
A evolución das axudas reflíctese na seguinte gráfica:
4.2.4 Proposta dun programa universitario de acollida lingüística
Durante o curso a área traballou na elaboración dunha proposta, que parte inicialmente dunha idea presentada pola CNL de Ciencias da Información, para poñer en marcha un programa de acollida lingüística para as tres universidades, logo de constatar, xunto con responsables políticos e técnicos das universidades galegas, un problema común:
que a chegada de estudantes de fóra de Galicia, a través dos programas de mobilidade, estaba a orixinar ou a afondar importantes consecuencias para a xa cativa docencia en galego.
A proposta marca un obxectivo xeral: conseguir que a chegada de estudantes de fóra de Galicia ás tres universidades galegas a través de programas de mobilidade, non se converta nunha pexa para a normalización da lingua galega.
A campaña conta con 14 actuacións diferentes, incluíndo accións de información e sensibilización, de formación e de dinamización lingüístico-cultural, buscando a meirante participación e implicación de todos os sectores. As actuacións están dirixidas a catro ámbitos:
o Ámbito do PDI
o Ámbito dos axentes de acollida o Ámbito do estudantado galego o Ámbito do estudantado de fóra
Estimouse un tempo de preparación das actuacións que logo se han de executar de 6 meses, e a necesidade de contratar un técnico-coordinador. Orzamentouse a posta en marcha da campaña en algo máis de 40.000 euros, sen contar con unha das medidas, a
programación lingüístico-cultural, que debería programar cada universidade de xeito independente.
A proposta foilles presentada aos servizos lingüísticos das tres universidades, dos cales recibiu a aprobación, así como dos responsables políticos universitarios de normalización lingüística. Presentóuselle posteriormente á Dirección Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, que se amosou a prol do seu financiamento.
4.3 Campañas
4.3.1 Queixas lingüísticas
En xaneiro de 2006 acordouse, conxuntamente co secretario xeral da USC, un procedemento para tratar queixas referidas a incumprimentos sobre lexislación lingüística na USC.
1. Redacción dun informe dirixido ao responsable en política lingüística no goberno da USC2, no que se recollan:
• Os autores das queixas
• O motivo da queixa, se é posible acompañado de documentación acreditativa.
• A xustificación da queixa, con base na normativa existente.
• O recordatorio de que a responsabilidade de velar polo cumprimento da lexislación nesta materia lles corresponde aos órganos de goberno.
2. Redacción dunha comunicación aos autores da queixa, informándoos da recepción e do traslado desta ao órgano pertinente.
A responsabilidade na resolución da queixa, así como a comunicación desta aos autores da queixa corresponderalle ao responsable en política lingüística no goberno da USC.
Dende xaneiro de 2006 e durante o curso académico 2005-2006 recibíronse queixas en relación a:
o As actividades da Aula de Produtos Lácteos: Proxecto Simbiose e celebración do “Día de la leche”.
o A comunicación, por parte da Vicerreitoría de Calidade, da celebración dun curso virtual de prevención de riscos laborais dirixido ao PDI, na cal se anuncia que o curso vai ser en castelán
o O envío por parte do Servizo de Vixilancia da Saúde dunha circular informando da campaña de exames xinecolóxicos redactada en castelán e en galego.
2 Na actualidade, a secretaria xeral.
Todas elas foron comunicadas á secretaria xeral.
4.4. Apoio ás comisións de normalización lingüística dos centros
4.4.1 Coordinación
• Seguimento e actualización da aparición e composición das CNL
• Seguimento e apoio das actividades das CNL, que incluíu asistencia a xuntanzas das CNL nos centros.
• Envío de información de xeito puntual, a través de correo postal e electrónico.
• Reunión de coordinación o 11 de novembro de 2005 para informar sobre o traballo desenvolvido polas comisión de normalización lingüística no curso 2004-2005 e programar para o ano 2006.
• Coordinación, seguimento e apoio das solicitudes de financiamento feitas polas CNL para incluír na addenda anual ao convenio de colaboración da USC e a DXPL da Xunta de Galicia.
• Labores de secretaría
4.4.2 Escola Politécnica Superior
a) Premios á calidade lingüística
o Concesión dos I Premios á calidade lingüística dos traballos académicos o Seguimento na recepción dos traballos
o Coordinación e asesoramento na constitución dos xurados e no procedemento
o Comunicacións formais aos premiados/as o Xestións dos pagamentos
o Asesoramento e coordinación dos actos de entrega dos premios Na EPS non se presentaron traballos a concurso.
o Apoiouse a convocatoria dos II Premios á calidade lingüística dos traballos académicos para este curso 2005-2006, que finalmente organizan, ademais da Escola Politécnica Superior, as facultades de Psicoloxía, Económicas, Administración e Dirección de Empresas (Lugo), e Bioloxía así como a Escola Universitaria de Formación do Profesorado (Lugo).
o Reelaboración das bases do concurso
o Actualización no web da información sobre o concurso e sobre ferramentas de apoio
o Difusión do concurso: O Cartafol, notas de prensa e, nos centros, reparto e envío de folletos-cartel, presentacións.
o Coordinación da iniciativa nos centros b) Curso de creación de webs docentes en galego
Apoiouse a organización do Curso de webs docentes en galego que se celebrou nos meses de febreiro-marzo.
o Coordinación coas CNL, co Centro de Tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA), e cos técnicos de Asesoramento e Terminoloxía do SNL (que se encargaron da docencia de varias sesións).
o Xestións varias
o Seguimento da organización
o Actuacións necesarias para incluír estes dous cursos dentro do Programa de Formación e Innovación Docente.
c) Curso de expresión oral
Apoiouse o Obradoiro de expresión oral en galego, organizado por esta comisión e desenvolvido en febreiro de 2006, e no que participaron 7 profesores/as. Foi impartido por persoal da Cooperativa Tagen Ata.
o Planificación do obradoiro o Coordinación do profesorado
o Xestión (selección, matriculación, expedición de diplomas e certificados, pagamentos...)
o Publicidade
o Actuacións encamiñadas á súa inclusión no Programa de Formación e Innovación Docente.
4.4.3 Escola Universitaria de Relacións Laborais
a) Reelaborouse a proposta de xornadas sobre o galego e as relacións laborais que xa estaba feita do curso pasado conxuntamente coa dirección da EURL, e comezáronse as xestións para que o ciclo poida ter lugar en novembro de 2006, cunha duración de 30 horas lectivas.
o Propuxéronse nomes/organizacións para participaren no ciclo.
o Presentóuselle a proposta do ciclo á Dirección Xeral de Traballo da Xunta de Galicia para que financiase o ciclo, cousa que se conseguiu (5000 euros).
o Xestionouse a concesión de 1 crédito de libre configuración.
o Iniciáronse os contactos cos conferenciantes e participantes nas táboas redondas (en total, 35 persoas)
o Iniciáronse os contactos necesarios para os actos de inauguración e clausura do ciclo.
o Elaborouse o folleto informativo.
Apoiouse a organización do Curso de webs docentes en galego que se celebrou entre outubro e decembro de 2005 conxuntamente para o profesorado de Dereito e Relacións Laborais, no cal participaron 15 profesores/as.
4.4.4 Facultade de Administración e Dirección de Empresas
a) Apoiouse a convocatoria dos II Premios á calidade lingüística dos traballos académicos para este curso 2005-2006 (vid. Escola Politécnica Superior).
b) Apoiouse a convocatoria dos Concurso de Publicidade en Galego para este curso 2005-2006, abertos á participación de toda a comunidade universitaria.
o Elaboración dun plan de traballo o Elaboración das bases do concurso
o Elaboración dun web información sobre o concurso
o Elaboración dun cartel sobre o concurso: seguimento do deseño e da edición o Orientación á CNL sobre a presentación do concurso en Power Point
o Difusión do concurso:
o Envío de carteis, apoio á presentación organizada pola CNL, notas de prensa.
4.4.5 Facultade de Ciencias da Educación
Apoiouse a organización do Curso de creación de webs docentes en galego que se celebrou entre outubro e decembro de 2005 na sede do Campus Norte, no cal participaron 9 profesores/as (vid. EPS).
Estaba prevista a organización dunha segunda edición deste curso no Campus Sur, mais decidiuse anulalo vistos os problemas de persoal existentes no CeTA e mais a escasa matrícula do curso.
4.4.6 Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
a) Premios á calidade lingüística
o Concesión dos I Premios á calidade lingüística dos traballos académicos Neste centro presentouse 1 traballo a concurso, que foi merecedor do 2º premio.
O acto de entrega do premio realizouse no marco do II concurso de Monólogos monolingües, o 30 de novembro de 2005.
o Apoiouse a convocatoria dos II Premios á calidade lingüística dos traballos académicos para este curso 2005-2006.
b) Apoiouse a organización do II Concurso de Monólogos Monolingües que se desenvolveu o 30 de novembro de 2005, cun importante éxito de participación (8 concursantes), público e seguimento por parte da prensa.
o Seguimento da organización e planificación do Concurso o Publicidade: notas de prensa
o Xestións nos pagamentos dos premios e do mantedor-presentador do acto (Carlos Blanco).
c) Apoiouse a organización dun curso de reciclaxe en lingua galega para PDI, dentro do Programa de Formación e Innovación Docente, que se desenvolveu no mes de febreiro, ao que asistiron numerosas persoas. Foi impartido por persoal de Reverso Servizos Lingüísticos.
4.4.7 Facultade de Dereito
a) Apoiouse a organización do Curso de webs docentes en galego que se celebrou entre outubro e decembro de 2005 conxuntamente para o profesorado de Dereito e Relacións Laborais, no cal participaron 15 profesores/as.
b) Elaborouse a primeira versión da primeira parte dun estudo-diagnóstico sobre a situación da lingua galega na Facultade de Dereito. Fíxoselle chegar ao Decanato do centro, para que fixese as achegas que considerase oportunas. Ademais, mantívose unha entrevista co decano e a secretaria do centro o 5 de abril de 2006 seguindo o esquema habitual dos nosos estudos-diagnóstico. O resultado desta entrevista estase a incorporar ao estudo-diagnóstico.
4.4.8 Facultade de Psicoloxía
a) Premios á calidade lingüística
o Concesión dos I Premios á calidade lingüística dos traballos académicos Neste centro presentáronse 5 traballos a concurso. A entrega dos premios realizouse no marco dos actos en honor do padroeiro do centro, o 24 de febreiro de 2006.
o Apoiouse a convocatoria dos II Premios á calidade lingüística dos traballos académicos para este curso 2005-2006. (Vid. EPS)
b) Colaborouse coa coordinadora da CNL, Concha Losada, na planificación do curso de elaboración de unidades didácticas en galego, así como nas xestións para a súa posta en marcha no vindeiro curso académico.
o Elaboración do borrador da programación do curso o Elaboración do plan de traballo
elaboración dos contidos correspondentes do curso
o Contacto e posterior coordinación coa Vicerreitoría de Cultura.
Responsable da área
Xusto A. Rodríguez Río