PROPOSTAS EN RELACIO N CO NOVO
PLAN DE FINANCIAMENTO
Tel 881811010- Fax:881 811210 Correo electrónico: [email protected]
1. OBXECTIVOS A ACADAR POLO PLAN DE FINANCIAMENTO
A. Financiar acaídamente os custos estruturais das Universidades do SUG.
B. Mellorar a asignación dos fondos en base á consecución de resultados e, no seu caso, á adecuación ás políticas de ordenación establecidas pola Xunta.
C. Asegurar a estabilidade orzamentaria das universidades en coherencia cos requirimentos xerais da Xunta de Galicia.
D. Favorecer a cooperación interuniversitaria para a mellora do servizo público universitario en Galicia.
2. MELLORAS TÉCNICAS
A. Simplificar o modelo, reducindo o número de fondos e o sistema de cálculo para a súa asignación a cada universidade e diferenciando claramente o financiamento básico (por reparto) ou por coste (Sergas, Inef, Sexenios, CR Autonómicos) do destinado a financiar actividades concretas por concorrencia ou convenio.
B. Usar datos de fontes incontestables e públicas.
C. Usar, no posible, indicadores procedentes de datos directos e non de resultados de cálculos.
D. Usar os indicadores con series de varios anos para dar estabilidade á asignación de resultados: primar as tendencias, non as conxunturas.
E. Eliminar no posible a asignación de fondos "a conta" con axustes durante o exercicio económico.
F. Fronte a iso, levar os axustes que resulten necesarios ao financiamento do orzamento seguinte, para acrecer a certeza orzamentaria.
G. Establecer normas para a consolidación contable de entidades dependentes e a medición de indicadores de resultados en estruturas de cooperación.
Tel 881811010- Fax:881 811210 Correo electrónico: [email protected]
3. MODELO
Na medida en que o financiamento estrutural se corresponde case ao 100% cos custes básicos da estrutura de persoal, que a Xunta autoriza, acadar os obxectivos do Plan esixe aplicar estes principios:
A. Establecer un cálculo homoxéneo en relación cos gastos de persoal a financiar cos recursos estruturais (eliminando o persoal financiado con recursos afectados) para usar esa variable como referencia do custe estrutural
B. Integrar no fondo estrutural a asignar por reparto dúas variables:
1 Unha, que sería a porcentaxe equivalente en cada universidade aos custos de estrutura: infraestruturas (valor inmobilizado material e obsolescencia) e custos de persoal autorizados pola Xunta
O reparto destas dúas variables pode realizarse cun 25% para o primeiro e un 75% para o segundo
COSTE ESTRUTURAL
2 Outra, que sería a porcentaxe dos resultados obtidos por cada universidade sobre o total do SUG en uso do panel de indicadores que se estableza,
Variante 1 RESULTADOS XERAIS
ou o éxito de cada universidade na consecución dos obxectivos fixados para cada unha (que supoñan esforzos equilibrados) en base a contratos-programa cuadrienais
Variante 2 RESULTADOS PROPIOS
3 O fondo partiría dun financiamento do custe estrutural modulado anualmente en base ao diferencial entre o peso porcentual da estrutura da Universidade e o dos seus resultados. Tal diferencial podería ponderar ata un 50%
Sempre Incorporar indicadores para medir:
obtención de ingresos externos ao SUG para o funcionamento ordinario
incorporar nos resultados o cumprimento de obxectivos de estabilidade orzamentaria
actuacións de cooperación interuniversitaria (oferta conxunta de estudos e programas de I+D)
actuacións de cooperación interinstitucional (Fundacións, consorcios) para accións propias do servizo público universitario
CLÁUSULA DE GARANTÍA: o fondo estaría topado cun marxe de decremento respecto á media de cobertura do financiamento da Xunta respecto aos custes de persoal agregados.
Se unha universidade cae por baixo dese decremento, deberían adoptarse medidas de reestruturación e establecerse axustes do financiamento para evitar déficits insostibles.
VARIACIÓNS POR NORMATIVAS EXTERNAS: as variacións debidas a normativas externas debería tratarse como unha variación dos recursos do fondo estrutural.
C. Manter un fondo para financiar obras de Reparación, Ampliación, Mellora ou Dotación, a distribuír en base a indicadores obxectivos de infraestruturas (inmobilizado material e obsolescencia)
D. Establecer/manter un fondo para o financiamento das estruturas e actividades de cooperación interuniversitaria (ACSUG, CONSORCIO INTERUNIVERSITARIO).
Correo electrónico: [email protected]
4. RESUME/PROPOSTA DE FONDOS PARA O FINANCIAMENTO ESTRUTURAL NON AFECTADO
FONDO XERAL DE ESTRUTURA
A. Combinación de ESTRUTURA (porcentaxe sobre gastos autorizados ou contabilizados) e RESULTADOS (por contribución ao total do SUG ou por obxectivos contrato programa)
B. O fondo axustaría a cantidade a recibir por cada universidade corrixindo a porcentaxe derivada do seu peso estrutural en base ao 50% do diferencial entre estrutura e resultados.
C. Os cálculos de resultados, elaborados nun ano para aplicar sobre o exercicio seguinte, poden realizarse por serie -de tres anos, por exemplo-, para primar tendencias e non conxunturas.
D. A dinámica do fondo operaría posibilitando un axuste do gasto de persoal autorizado para cada universidade en base aos resultados obtidos (obxectivando o "dereito a medrar" ou a "obriga a decrecer")
OBRAS RAM
Reparto por valor inmobilizado material e por obsolescencia
FONDOS PARA O FINANCIAMENTO DE ESTRUTURAS DE COOPERACIÓN INTERUNIVERSTARIA: ACSUG, Consorcio Interuniversitario
Santiago de Compostela a 18 de Marzo de 2015