• No se han encontrado resultados

GUÍA DE EUR-LEX Actualizado 11-01-2021

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "GUÍA DE EUR-LEX Actualizado 11-01-2021"

Copied!
41
0
0

Texto completo

(1)

GUÍA DE EUR-LEX

Actualizado 11-01-2021

Manuel Martínez Vázquez

Estudante en prácticas

(2)

Contenidos

1 ¿Que pode atopar no Eur-lex?...3

2 Numeración e identificación dos documentos...5

2.1 Código CELEX...5

2.2 Código ECLI...8

3 Deseño da páxina de EUR-Lex...10

4 Tratados, actos xurídicos, textos consolidados, acordos internacionais e documentos preparatorios...11

4.1 Tratados...11

4.2 Actos xurídicos...12

4.3Textos consolidados...12

4.4Acordos internacionais...12

4.5Documentos preparatorios...12

5 Procura de información...14

5.1 Procura rápida...14

5.1.1 Exemplo de procura rápida...14

5.2 Procura no Diario Oficial da UE...17

5.2.1 Exemplo de Procura no Diario Oficial...18

5.3 Procura por número de documento...21

5.3.1 Exemplo de procura por número de documento...21

5.4 Procura avanzada...23

5.4.1 Exemplo de busca avanzada...24

6 Xurisprudencia da Unión...26

6.1 Dereito e xurisprudencia nacionais...27

7 Textos consolidados...30

8 Síntese da lexislación da UE...32

9 Conta de usuario...34

9.1 Rexistrarse en EUR-Lex...34

9.2 Gardar elementos...35

9.3 Gardar procura...37

9.4 Seguir un procedemento lexislativo...39

(3)

1 ¿Que pode atopar no Eur-lex?

A base de datos EUR-Lex, xestionada pola Oficina de Publicacións da Unión Europea, garante o libre acceso á lexislación europea e a outros documentos públicos en 24 linguas.

Os documentos están organizados do seguinte xeito:

Dere it o d a UE , que se subdivide en:

• Tratados, entre os que se atopan:

Tratados vixentes.

Tratados constitutivos.

Tratados de adhesión.

Outros tratados e protocolos.

• Actos xurídicos: instrumentos xurídicos vinculantes (regulamentos, directivas e decisións) instrumentos non vinculantes (resolucións e ditames) e outros instrumentos (regulamentos internos das institucións da UE, programas de acción, etc.).

• Textos consolidados.

• Acordos internacionais da UE.

• Documentos preparatorios.

• Documentos da Autoridade de Supervisión, Comité Permanente, e Tribunal da AELC.

• Procedementos de adopción administrativa (o ciclo de vida dunha proposta de lexislación, dende o momento no que se inicia ata que se adopta o texto definitivo).

• Síntese da lexislación da UE.

Ademais, hai a opción de “explorar”, onde pode atopar información sobre as institucións da UE e o EuroVoc.

X

urisprudencia da Unión , coas seccións:

Xurisprudencia.

Recompilación electrónica.

Repertorio de xurisprudencia.

(4)

A colección JURE (Competencia xudicial, recoñecemento e execución de resolucións xudiciais en materia civil e mercantil) que recolle as resolucións ditadas polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea e polos órganos xurisdicionais dos Estados membros da UE.

Para obter máis información sobre os tipos de documentos que se poden atopar baixo cada un dos apartados anteriores , pode visitar esta páxina.

Para poder atopar dunha forma rápida e intuitiva o que ofrece a páxina de EUR-Lex, visite o mapa d o sitio .

(5)

2 Numeración e identificación dos documentos

2.1 Código CELEX

O código CELEX é un identificador único que está presente en case todos os documentos publicados no EUR-Lex. Conten información importante e que pode resultar de axuda para axilizar a procura, relacionar textos e ter bastante información sobre o documento a primeira vista. O código CELEX consta de 4 partes,cada unha relacionada cunha dos seguintes conceptos: sector, ano, tipo de documento e número de documento.

Os documentos CELEX clasifícanse en 12 sectores.

1 Tratados.

2 Acordos internacionais.

3 Lexislación.

4 Lexislación complementaria.

5 Actos preparatorios e documentos de traballo.

6 Xurisprudencia.

7 Medidas nacionais de transposición.

8 Referencias á xurisprudencia nacional relacionada co dereito da UE.

9 Preguntas parlamentarias.

0 Actos consolidados.

C Outros documentos publicados na serie C do Diario Oficial.

E Documentos da AELC.

O tipo de documento desígnase mediante:

Sector 3: (Lexislación):

• L – Directivas.

• R – Regulamentos.

• D – Decisións.

(6)

• CO – Autos do Tribunal de Xustiza.

Sector 5(Actos preparatorios e documentos de traballo):

• PC – Propostas lexislativas da Comisión (documentos COM, etc.).

• DC – Outros documentos COM (libros verdes e brancos, comunicacións, informes, etc.)

• SC – Documentos SEC e SWD (documentos de traballo, avaliacións de impacto, etc.).

• JC – Documentos JOIN (adoptados conxuntamente pola Comisión e o Alto Representante).

Código do documento:

A maior parte dos códigos CELEX terminan en 4 díxitos. Estes reflicten distintos tipos de información, por exemplo:

Código oficial – 32017R2394. Trátase dun código secuencial que mostra cando se publicou o documento no Diario Oficial. Está asignado pola Oficina de Publicacións.

Código interno – 52018PC0033. Asignado polo autor do documento, neste caso, a Comisión.

Fecha de publicación – 32012A0424(01). Mostra o mes e o día da súa publicación no Diario Oficial. Vai seguido dun código secuencial entre paréntese, xa que se poderían ter publicado outros códigos CELEX similares na mesma data.

Algúns exemplos Tratados (sector 1):

Hai 3 cifras despois do descritor.

Indican o número do artigo correspondente do Tratado.

Por exemplo:

11957E086 é o código do artigo 86 do Tratado CEE (1957).

Versións consolidadas dos tratados:

Indícase polo ano da consolidación. Por exemplo:

Tratado de Funcionamento da Unión Europea:

12016E – índice, versión consolidada do 2016.

12016E/TXT – versión consolidada do 2016.

(7)

12016E003 – artigo 3, versión consolidada do 2016.

Acordos internacionais (sector 2)

Estos acordos identifícanse pola súa data de publicación.

Así, o acordo internacional 22006A1230(03) publicouse no Diario Oficial o 30 de decembro do 2006.

Se hai varios acordos publicados o mesmo día, só cambia a cifra entre paréntese. Por exemplo 22006A1230 (01).

Xurisprudencia (sector 6):

O código do documento baséase no código do asunto publicado polo Tribunal de Xustiza.

O ano, é o ano no cal o asunto se inscribiu no rexistro do Tribunal.

Por exemplo:

6 2004 TJ0 201 é a sentenza do 201.º asunto inscrito no rexistro no 2004.

O código del asunto é T-201/04.

Ilustración 1

(8)

2.2 Código ECLI

O identificador europeo de xurisprudencia é un identificador de documentos xurídicos que consta de cinco partes, pensado para facilitar o emprego das bases de datos europeas de xurisprudencia.

Forma del ECLI

O identificador consta de cinco compoñentes, na seguinte orde, separados por dous puntos:

1 Sigla ECLI.

2 Código do país (2 caracteres).

3 Código do tribunal (1-7 caracteres).

4 Año da decisión (4 cifras).

5 Número único de identificación (máximo de 25 caracteres; admite puntos).

Identificador europeo de lexislación (ELI) :

• proporciona acceso a lexislación nacional e da UE

• permite o intercambio de información sobre a lexislación nacional e da UE.

Os identificadores ELI asígnanse a unha gran variedade de textos lexislativos publicados na serie L do Diario Oficial (regulamentos, directivas e decisións) e aos actos consolidados.

Aparecen nas fichas dos documentos, baixo a epígrafe “Título e referencia”.

Os usuarios poden buscar entre os documentos que posúen un identificador ELI ou realizar unha procura mediante o URI do ELI.

O tipo máis simple de ELI ten a seguinte estrutura:

http://data.europa.eu/eli/{tipoDeDocumento}/{añoDeAdopción}/{númeroDeDocumento}/oj Existen outros moitos tipos, por exemplo para textos consolidados.

Ilustración 2

(9)

Algúns Exemplos

• O ELI da Decisión 2009/496/CE é http://data.europa.eu/eli/dec/2009/496/oj.

• O ELI http://data.europa.eu/eli/dec/2009/496 dá acceso a versión consolidada máis recente deste acto, no caso de que exista.

Máis información nas páxinas sobre o rexistro do ELI.

(10)

3 Deseño da páxina de EUR-Lex

Esta é a interface da pantalla de inicio de EUR-Lex, pódense ver no centro os títulos citados anteriormente.

Sinalados con frechas, na parte dereita da pantalla aparece no Diario Oficial, coas publicacións máis recentes, e a ferramenta de busca por número de documento (para máis información ler o seguinte apartado)

Ilustración 3

Ilustración 4

(11)

4 Tratados, actos xurídicos, textos consolidados, acordos internacionais e documentos

preparatorios

4.1 Tratados

EUR-Lex contén os Tratados constitutivos, de reforma e de adhesión, ademais dalgúns protocolos.

Tratado da Union Europea (versión consolidada 2016)

Tratado do funcionamento da Unión Europea (versión consolidada 2016)

Tratado constitutivo da Comunidade Europea da Enerxía Atómica (versión consolidada 2016)

Carta dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea (2016)

Tamén se póden atopar os tratados de adhesión de todos os países, dende a decisión do Consello da Unión Europea.

Ilustración 5

(12)

4.2 Actos xurídicos

En canto aos actos xurídicos, poden atoparse tanto instrumentos xurídicos vinculantes (regulamentos, directivas e decisións), como instrumentos xurídicos non vinculantes (resolucións e ditames).

O repertorio de actos xurídicos permítelle acceder a todos os instrumentos xurídicos clasificados segundo as diferentes temáticas.

Ao facer clic en calquera das categorías irá á pantalla de procura, onde terá a opción, como sempre, de utilizar a ferramenta “afinar procura”, en caso de que fose preciso.

4.3Textos consolidados

A consolidación consiste na integración nun só texto legal todas as sucesivas modificacións e correccións. Deste xeito hai máis transparencia e mellor acceso á lexislación europea. Para elo reúnense varios textos, publicados en distintos números do Diario Oficial da Unión Europea, nun só “documento consolidado” máis doado de ler.

Os textos consolidados créanse para fins de documentación. As institucións non asumen ningunha responsabilidade sobre o seu contido. Son textos que non teñen ningún valor legal.

Para fins legais deben empregarse os textos publicados no Diario Oficial.

Mediante a opción repertorio de textos consolidados, pode atopar, igual que cos actos xurídicos, todos os textos ordenados por temáticas

4.4Acordos internacionais

Aquí pode atopar a colección que abarca todos os instrumentos elaborados pola UE no exercicio das súas responsabilidades internacionais:

Acordos celebrados pola Unión Europea con países non membros ou con organizacións internacionais nos seus ámbitos de responsabilidade específicos.

Acordos celebrados conxuntamente polos Estados membros e a Unión Europea no ámbitos da responsabilidade compartida (acordos mixtos).

Decisións de comités mixtos creados en virtude de acordos internacionais e nos que participan representantes das partes para efectos de xestión do acordo.

Do mesmo xeito que nos casos anteriores, tamén poden empregar o repertorio de acordos internacionais, para ver todos os acordos internacionais ordenados por temáticas.

4.5Documentos preparatorios

Os documentos preparatorios son documentos empregados para elaborar a lexislación da UE e presentados nas distintas fases do procedemento lexislativo e orzamentario.

(13)

Os principais tipos de documentos preparatorios son:

Propostas lexislativas da comisión.

Posicións comúns do Consello.

Regulamentos e iniciativas lexislativas e orzamentarias do Parlamento Europeo.

Ditames do Comité Económico e Social Europeo.

Ditames do Comité das Rexións.

Os documentos preparatorios tamén ofrecen a opción repertorio de documentos preparatorios, onde aparecen ordenados por categorías.

(14)

5 Procura de información

Na páxina de EUR-Lex pode buscar documentos de diferentes xeitos. A continuación explícaselle como buscar calquera documento coas opcións que nos proporciona EUR-Lex.

5.1 Procura rápida

Na barra superior de procura rápida, pode buscar calquera tipo de documento. Poden empregarse comiñas (“ ”) para buscar unha frase exacta, por exemplo “cotas pesqueiras”.

• Un asterisco (*) que substitúe un ou máis caracteres (por exemplo, por dire* buscará directiva, etc.)

• Un signo de interrogación (?) que substitúe un só carácter (por exemplo por t?x buscará tax, téxtiles, etc. )

5.1.1 Exemplo de procura rápida

Supoñamos que quere atopar o seguinte:

Texto consolidado: Regulamento (CE) nº 1334/2008 del Parlamento Europeo e do Consello do 16 de decembro do 2008 sobre os aromas e determinados ingredientes alimentarios con propiedades aromatizantes empregados nos alimentos e polo que se modifican o Regulamento (CEE) nº 1601/91 do Consello, os Regulamentos (CE) n o 2232/96 e (CE) nº 110/2008 e a Directiva 2000/13/CE.Texto pertinente a efectos do EEE.

Como pode ver (rodeado en vermello) o número de documentos que resultan buscando ingredientes alimentarios é enorme, polo que haberá que empregar o menú da esquerda,

“Afinar a consulta” (marcado en amarelo):

Ilustración 6

(15)

Empregando a ferramenta de afinar a consulta, pode seleccionar o ano (2008),o tipo de documento por subsección (texto consolidado), por autor (Consello da Unión Europea) e se fose preciso, por mes (decembro).

Como pode observar, despois de sinalar as especificacións á esquerda, unicamente aparecerá o documento que estabamos buscando.

Ilustración 7

Ilustración 8

(16)

Facendo clic no documento, irá á seguinte pantalla, onde pode atopar en diferentes línguas e formatos. Ademais de descargalo, poderémolo gardar para acceder a el noutro momento ou crear unha ligazón permanente.

Ilustración 9

(17)

5.2 Procura no Diario Oficial da UE

No Diario Oficial poden atoparse as publicacións máis recentes, tanto de lexislación (L) como de comunicacións e informacións (C). Facendo clic na opción “Máis” pode buscarse una publicación específica.

Ilustración 10

Ilustración 11

(18)

5.2.1 Exemplo de Procura no Diario Oficial

Supoñamos que quere buscar o Diario Oficial da Unión Europea, C 250, 17 de xullo de 2018 procederá do seguinte xeito:

No ano seleccionará 2018, e na casilla de “serie do DO” seleccionará “L (Lexislación)”no número poñerá 250, e empregará o recadro azul da lupa para executar a busca. Tal e como se mostra a continuación.

Una vez feito iso, xa poderá acceder ao documento, e poderá descargalo en diferentes formatos e idiomas, de igual xeito que coa procura rápida.

Así se presentará o documento que buscou, con toda a información relevante explicitada na primeira páxina.O número de documento (250)e a serie do documento (Lexislación).

Todos os documentos están dispoñibles en formato PDF e HTML.

Ilustración 12

Ilustración 13

(19)

Para verificar a autenticidade do documento, e asegurarse de que se adecúa ao expedido pola UE, pode facelo a través de “CheckLex”. (Facendo clic en Checklex, que aparece en azul con subliñado en vermello).

Primero terá que descargar o arquivo en PDF, e a correspondente firma electrónica, neste caso en castelán. Basta con facer clic sobre as iconas rodeadas en vermello.

Una vez faga clic sobre Checklex, irá á seguinte pantalla onde terá que introducir o PDF que descargou previamente, coa súa correspondente firma electrónica.

Ilustración 14

Ilustración 15

(20)

O proceso de verificación da firma pode levar algúns segundos.

Unha vez realizados os pasos anteriores, xa poderá comprobar se o documento que escollera está verificado.

Ilustración 16

Ilustración 17

(21)

5.3 Procura por número de documento

Ademais,coa opción de buscar documentos, basta con indicar o ano e o número de publicación. Pode realizarse unha procura avanzada especificando o tipo de documento. A continuación móstraselle un exemplo.

5.3.1 Exemplo de procura por número de documento.

Supoñamos que quere buscar o Reg ul amento (UE) 2016/1036 d o Parlamento Europeo e d o Conse ll o, d o 8 de X u ño d o 2016, relativo á defensa contra as importacións que se x an obxecto de dumping por parte de países no membros d á Unión Europea .

No cadro do ano porá “2016” (ano no que foi publicado) e no número “1036”(o número da publicación).

Na cadro de tipo de documento terá que escoller o tipo de documento que sexa, neste caso un regulamento.

Ilustración 18

(22)

Aí apareceralle, de primeiro, o documento en cuestión que estaba buscando. De todas maneiras, ao igual que noutras opcións de procura, está dispoñible a opción de afinar a consulta se fose preciso.

O documento está dispoñible nos formatos HTML e PDF. Ademais existe a opción de presentación multilíngüe (varios idiomas ao mesmo tempo).

Ilustración 19

Ilustración 20

(23)

5.4 Procura avanzada

Mediante a ferramenta de procura avanzada podemos atopar un documento específico, por tema, por autor, etc.

A continuación vese a interface principal do menú de busca avanzada:

Ilustración 22 Ilustración 21

(24)

En canto á forma de busca do documento:

Pódese buscar introducindo palabras chave que aparezan no documento, e tamén se poden introducir palabras chave que non queren que figuren no documento.

Tamén pode buscar o texto mediante referencias, buscando o ano e o tipo de documento.

Mediante o autor do documento, que pode ser:

Banco Europeo Comisión Europea

Comité económico e Social Europeo Comité Europeo das Rexións

Consello

Consello Europeo Parlamento

Tribunal de Contas

Tribunal de Xustiza da Unión Europea Tribunais de Xustiza nacionais

Mediante o código Celex.

Mediante a data, ben sexa de publicación, de efecto, de fin de validez, de notificación, da firma, de transposición, de presentación, de pronunciamento, prazo, data de resposta, data de votación ou data de debate.

Mediante a publicación no Diario Oficial.

Mediante tema.

Documentos relacionados cun proceso lexislativo.

5.4.1 Exemplo de busca avanzada

Por exemplo, para buscar 2013/785/UE: Decisión d o Conse ll o, d o 16   de decembro d o 2013 , relativa á celebración, en nome d á Unión Europea, d o Protocolo entre a Unión Europea e o Reino de Marrocos po lo que se fixan á s posibilidades de pesca e da contrapartida financeira establecidas no Acordo de colaboración no sector pesqueiro entre a Unión Europea e o Reino de Marrocos.

(25)

Á esquerda aparecen as especificacións que se empregaron coa ferramenta de afinar a busca.

para poder atopar finalmente o texto que se puxera.

Ilustración 23

(26)

6 Xurisprudencia da Unión

En EUR-Lex pode buscar e consultar os seguintes documentos da xurisprudencia do Tribunal de Xustiza da Unión Europea:

1. Sentenzas e resolucións referentes a:

• Asuntos presentados ante o Tribunal por institucións da Unión Europea, Estados membros ou persoas físicas ou xurídicas contra as institucións da UE incluíndo o Banco Central Europeo.

• Accións exercidas contra Estados membros por incumprimento das súas obrigas derivadas dos Tratados.

• Cuestións prexudiciais formuladas ante una xurisdición nacional referentes á validez ou á interpretación do Dereito da UE.

• Litixios entre a Unión e os seus axentes.

2. Conclusións e opinións dos avogados xerais.

3. Ditames emitidos polo Tribunal sobre proxectos de acordo entre a UE e terceiros países ou organizacións internacionais.

No mapa do sitio, basta con facer clic en “Xurisprudencia”.

Pode especificar o tribunal e o tipo de documento, así como o número e o ano se quere afinar máis a consulta.

Ilustración 25 Ilustración 24

(27)

Tamén pode acceder a todo o repertorio de xurisprudencia. Os cambios introducidos polo Tratado de Lisboa obrigaron a modificar a clasificación que se viña aplicando ao análise da xurisprudencia dende 1954 ata 2009.

A nova clasificación vense aplicando dende 2010.

Deste xeito, poderá buscar sentenzas relacionadas, por exemplo, co Parlamento Europeo.

6.1 Dereito e xurisprudencia nacionais

Ilustración 26

Ilustración 27

(28)

Para buscar, por exemplo, unha medida de transposición nacional, pode facelo a través do código CELEX, ou mediante o número de documento e o ano de publicación.

Por exemplo, para buscar a Directiva 2014/66/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio do 2014, relativa á condicións de entrada e residencia de nacionais de terceiros países no marco de traslados intraempresariais.

Como explicamos no título 3, basta con poñer no ano “2014” e no número de documento

“66”. Na parte de elixir o tipo de documento debe seleccionar “directiva”.

Una vez se atope na páxina do documento debe facer clic en Transposición nacional, o que o levará á seguinte pantalla.

Ilustración 28

(29)

Unha vez aí, basta con facer clic para ver detalladamente as normativas dedicadas a adecuar a directiva ao espazo nacional correspondente. Neste caso, España

Ilustración 29

Ilustración 30

(30)

7 Textos consolidados

En EUR-Lex pode atopar a versión consolidada dos actos xurídicos. A versión consolidada consiste na integración dun acto xurídico coas súas sucesivas correccións ou modificacións.

Para iso, reúnense varios textos, publicados en distintos números do Diario Oficial da Unión Europea, nun só “documento consolidado” máis fácil de ler. Os textos consolidados non teñen valor legal; créase unicamente con fins de documentación.

Para fins legais deben empregarse os textos publicados no Diario Oficial.

A oficina de Publicacións da UE consolida Regulamentos, Directivas e Decisións da UE. De todos os xeitos, non consolida actos xurídicos que só están vixentes por un breve período de tempo.

De media, a versión consolidada está dispoñible en EUR-Lex menos de 3 semanas despois da entrada en vigor dunha modificación publicada no Diario Oficial.

Pódese acceder aos textos consolidados dende a pantalla de inicio, facendo clic na opción

“Textos consolidados”.

Agora, para acceder á totalidade dos textos consolidados ordenados por temática, debe facer click en “Repertorio de textos consolidado”, á esquerda da pantalla.

Ilustración 31

(31)

Aquí terá acceso a toda a lexislación consolidada da Unión Europea en formato PDF, con todas as súas modificacións e rectificacións. A continuación atopará todos os textos consolidados ordenados por temáticas.

Ilustración 32

(32)

8 Síntese da lexislación da UE

A síntese da lexislación da UE informa dos aspectos principais da lexislación, as políticas e as actividades europeas de maneira clara, sinxela e concisa. Diríxense a público non especializado e están agrupadas en 32 temas correspondentes aos ámbitos de actividade da Unión Europea.

Facendo clic en calquera pode acceder a el por exemplo, “Asuntos marítimos e pesca” leva aquí:

Ilustración 33

Ilustración 34

(33)

Dende aí pode acceder a diferentes temas, por exemplo a organización e financiamento do sector da pesca.

Dende aí pode acceder ás normas relativas por exemplo, á seguridade e saúde dos traballadores a bordo dos buques de pesca.

Ilustración 35

(34)

Así terá acceso ao documento nas linguas oficiais, en formato HTML. O texto contén a información máis importante da norma: síntese do documento, obxectivo, puntos clave, data da entrada en vigor, antecedentes, documento principal e actos conexos.

9 Conta de usuario

Non precisa ter unha conta de usuario para buscar información. De todos os xeitos, rexistrándose en EUR-Lex pode:

Establecer as súas preferencias para a páxina, a procura, a exportación e a impresión.

Gardar documentos e buscas.

Seguir un procedemento lexislativo.

Crear as súas fontes RSS persoais baseadas nas súas propias buscas.

Facer preguntas sobre o dereito da UE aos membros da comunidade europea e tamén responder a las preguntas de outras persoais.

9.1 Rexistrarse en EUR-Lex

Para rexistrarse en EUR-Lex basta con ter unha conta de correo electrónico.

Se é a primeira vez que emprega esta opción, primeiro precisará rexistrarse no Servizo de autenticación da Comisión Europea (ECAS). Enchendo un formulario abrirá a súa conta ECAS, que lle permitirá acceder a todos os sistemas que requiran unha autenticación ECAS.

Recibirá un email con unha ligazón para crear o seu contrasinal. Una vez creado, será automaticamente levado á sección “Mi EUR-Lex” da páxina e poderá empezar a establecer sus preferencias.

Ilustración 37

(35)

9.2 Gardar elementos

Despois de realizar unha procura, pode gardar o documento atoparase coa opción de “Gardar elemento”.

Ilustración 38

(36)

Neste caso, a carpeta chámase “Pesca”. Poderá acceder á carpeta recén creada dende a súa coonta persoal, facendo clic no “meus elementos”.

Aí apareceranlle todas as carpetas que gardara, neste caso:

Ilustración 39

Ilustración 40

(37)

Pódese ver o nome da carpeta á esquerda e a data da última modificación ao lado. Neste caso no se puxo ningún comentario sobre a carpeta, por iso debaixo do comentario no hai nada; se houbese un comentario aparecería aí.

9.3 Gardar procura

Do mesmo xeito que pódense gardar elementos, tamén poden gardar buscas.

Por exemplo, en busca avanzada seleccionamos documentos nos que aparecese a palabra

“pesca” e “Marrocos” no título e o no texto. En sección puxemos “Dereito e xurisprudencia da UE”, na subsección “acordos internacionais”, no código de repertorio (1º nivel)

“Relaciones exteriores”, e en autor “España”.

Ilustración 41

Ilustración 42

(38)

Para ver a busca gardada, basta con facer como cos elementos gardados.

Ilustración 43

Ilustración 45

Ilustración 44

(39)

Picando nas miñas buscas poderá ver todas as súas buscas gardadas, modificalas e realizalas novamente. Poderá tamén ver o historial das súas buscas, gardalas, modificalas e realizalas novamente.

Tamén ten a opción de crear a súa RSS. Basta con facer clic sobre “Gardar a miña RSS”:

9.4 Seguir un procedemento lexislativo

Antes de poder seguir un procedemento lexislativo debe rexistrarse na páxina de EUR-Lex.

Para isto, debe facer clic sobre a icona de “invitado” na parte superior dereita da pantalla. Aí terá que seleccionar a opción “rexistrarse”. Para máis información sobre como rexistrarse vaia ao apartado 9.

Una vez rexistrado, xa poderá acceder ao seguimento das normativas.

Pode verse o procedemento de calquera instrumento elaborado pola UE, dende o inicio ata que é aprobado polo Parlamento e a Comisión. Por exemplo, o Regulamento (UE) 2015/848 do Parlamento Europeo e do Consello, do 20 de maio do 2015, sobre procedementos de insolvencia.

Ilustración 46

(40)

Ao buscar este documento, na parte esquerda da pantalla pode ver, sinalando cunha frecha, a opción de procedemento; un clic levarao á seguinte pantalla:

A páxina de procedemento dará os seguintes detalles:

Unha cronoloxía coloreada dos pasos do procedemento lexislativo entre as tres institucións (Comisión, Consello e Parlamento Europeo).

Que procedemento administrativo seguirá a proposta (procedemento lexislativo ordinario, aprobación d Parlamento, consulta do Parlamento).

O fundamento xurídico da proposta.

Quen é a persoa ou o servizo responsable da proposta (moi útil para consultar a alguén pertencente ás institucións).

Calquera documento relacionado coa proposta (documentos de traballo, avaliación de impacto e resumos executivos).

O código CELEX da proposta (moi útil para buscar os obxectivos nas páxinas e nas bases de datos de todas as institucións).

Un seguimento cronolóxico paso a paso da proposta con calquera documento

relacionado (por exemplo o texto dunha resolución do Parlamento ou publicacións no Diario Oficial da UE.

Aquí pode observar detalladamente o proceso de adopción dun documento, dende o que propón a Comisión ata que é aprobado polo Parlamento Europeo e o Consello:

Ilustración 47

(41)

Ilustración 48

Referencias

Documento similar

Tendo como reto inmediato a adaptación do siste- ma universitario Galego ao Espazo Europeo de Edu- cación Superior, afrontouse a elaboración do tercei- ro Plan de

Con carácter xeral, incluiranse os datos persoais e académicos da/o solicitante, un currículo ou resumo das súas publicacións máis recentes, unha descrición do traballo proposto,

, 116 editoriales y tiendas de España, Iberoamérica y otras partes del mundo, pero es una plataforma de distribución de libros electrónicos para los librerías u otros clientes de

No caso de que non se lle houbera facilitado unha clave de usuario, no menú de entrada que aparecerá na súa pantalla deberá marcar a opción “Entrar como invitado”, e a

O total de horas anuais realizarase cun horario de 35 horas á semana, agás nos meses de xullo e agos- to que será de 25 horas de traballo efectivo e en Semana Santa e Nadal

Magister en Educación Superior de la Universidad Casa Grande (UCG) y Master en Tecnología Educativa de la Universidad de las Islas Baleares de España. Cursa los estudios doctorales

1) Acto de constitución de la Comisión de selección: se recoge en el artículo 15 del Reglamento de Profesorado con vinculación permanente de la USC. 1.- Las comisiones de selección

Resolución do 25 de marzo de 2009 pola que se convocan probas selectivas para cubrir dúas prazas de técnico xestor de sis- temas, especialidade xestión web, gru- po II, unha pola