O PROXECTO PESCANATUR. “ UNHA DIVERSIFICACIÓN Á PESCA DE BAIXURA”
5. Presente nas tres rías: outro aspecto a destacar é que a presencia, de forma conxunta nas tres rías, dá unha serie de vantaxes xa que
• As Rías Baixas son a zona de Galicia con maior demanda turística.
• Cóntase cun apoio mutuo e unha mellora das necesidades comúns.
• Hai unha imaxe de marca de calidade global en todo o ámbito.
• Desta maneira elimínanse competencias inútiles e negativas.
• Situación estratéxica das zonas de embarque.
• As características das rías fan que se poida practica-lo Pescanatur todo o ano e reduci-la estacionalidade.
IX Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas
• A zona de pesca é nas inmediacións do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
PROGRAMAS FUNDAMENTAIS DE PESCANATUR RÍAS BAIXAS A iniciativa Pescanatur comprende 4 programas:
• O primeiro deles, chámase Experiencias do Noso Mar, que consiste en visitas e roteiros guiados para turistas e cidadáns e se está levando a cabo actualmente.
• O segundo, Futuros Salgados, que fai referencia ao traballo que se vai facer cos nenos e xente nova.
• O terceiro, Divulgando o Noso Mar, comprenderá todos os eventos, xornadas, congresos etc que se farán para divulgar os valores do noso mar.
• O cuarto, Investigación e Documentación, como ben di o seu nome refírese á necesidade que se ten de ir documentando e investigando sobre todo este tema do pescaturismo.
O PROGRAMA “ EXPERIENCIAS DO NOSO MAR”
Programa composto basicamente por experiencias roteiro, no mar, na praia (actividades de pesca, marisqueo e acuicultura) e no porto e comprende tamén as actividades de degustación gastronómica en restaurantes asociados ao programa.
Cada experiencia se documéntase cunha carpeta que reúne tódalas características do mesmo, e que a modo de exemplo, se mostra a continuación:
O proxecto Pescanatur. “Unha diversificación á pesca de baixura”
Os contidos fundamentais dos roteiros son:
Percorrido productivo:
• Artes de pesca
• Zonas de traballo
• Navegación
• Partes dun barco
• Tipos de fondos
• Especies a pescar
• Momentos do día para traballar máis adecuados Percorrido natural:
• Visualización fauna y flora
• Paisaxe e características da zona
• Especies a pescar Percorrido etnográfico:
• Embarcacións tradicionais
• Mitos e lendas
• Naufraxios
• Porto
• Lonxa
• Depuradora ...
Percorrido gastronómico:
• Adquisición dunha parte das capturas abordo do barco
• Degustación de receitas tradicionais en restaurantes asociados.
Percorrido pola praia:
• Explicación da arte de pesca
• Pequeno cursillo de marisqueo
• Diferenciación das especies
PROBA PILOTO:
Iniciouse unha Proba Piloto con 20 barcos, 3 bancos marisqueiros e 22 roteiros para axustar os diversos aspectos do programa e perfeccionar a súa organización. Ademais púxose en marcha unha páxina web (www.pescanatur.es), e se editou diverso material documental e de promoción.
Os resultados da Proba Piloto van sendo moi satisfactorios xa que conseguimos saídas nas tres rías (Arousa, Vigo e Pontevedra) e o máis importante é que acadamos con ela ter as bases necesarias en canto ao que se refire á preparación dos patróns, guías e mariscadoras e como proba para pór todo en marcha xa definitivamente na primavera do 2007.
Tódolos turistas que levaron a cabo a actividade queren repetir, coñecer os demais tipos de arte e incluso no mesmo barco. Isto débese a que a sensibilización entre o turista Pescanatur IX Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas
e o mariñeiro ou mariscadora crece nesta viaxe, a relación que nace entre eles é máis que de profesor e alumno, comprenden tanto o seu traballo, explícanllo tan ben e comparten tantas cousas da súa vida diaria que o turista logra pórse no seu lugar e a empatía é tan grande que case poderíamos falar dunha relación de amigos ou camaradas que comparten a mesma aventura. Para adicarse ao mar hai que ter coñecementos de todo un pouco, bioloxía, historia, meteoroloxía, acuicultura, economía e toda esta cultura forma e entretén ao visitante que decide ir a mariscar ou nun barco do Pescanatur. O sector está totalmente involucrado nesta iniciativa, a colaboración é absoluta e os resultados son sempre positivos, tanto por parte da xente do mar que queda abraiada coa actitude activa e emprendedora dun turista interesado.
ALGUNHAS CONCLUSIÓNS INICIAIS
Despois de obter estes primeiros resultados cremos que sería necesario destacar seis puntos:
1. O proxecto Pescanatur é unha iniciativa con amplas posibilidades reais.
2. As organizacións involucradas teñen unha grande iniciativa empresarial, reúnense cada pouco tempo e expoñen tódalas súas ideas.
3. A característica da zona xeográfica das Rías Baixas ten unha gran riqueza productiva e paisaxística, e ademais a súa situación é un marco perfecto para reduci-la estacionalidade, xa que pola condición de rías poderíase practicar estas saídas durante todo o ano.
4. O apoio da Consellería de Pesca é unha opción moi acertada.
5. A gran involucración do propio sector nesta nova actividade, que un dos puntos máis importantes xa que sen eles non a poderiamos levar a cabo.
6. Recuperar a rendabilidade da pesca tradicional e paliar a crise que está a sofrir estes últimos anos, mediante as iniciativas deste tipo de actividades de diversificación e sostibles.
O proxecto Pescanatur. “Unha diversificación á pesca de baixura”
Parece claro que estamos ante unha actividade de fondo calado, con moitos factores a favor, tanto xerais coma específicos, que permiten enxergar un bo futuro se todas as partes
DOCUMENTACIÓN E BIBLIOGRAFÍA
Neste sentido, a comunidade mariñeira-mariscadora das Rías Baixas posúe unha posición vantaxosa para a creación dun tecido empresarial de importancia en canto ao pescaturismo se refire.
E é xusto rematar decindo que, fronte a diversas opinións, o que se ten constatado das diversas experiencias previas é a elevada capacidade das mariscadoras e patróns do Pescanatur, para adaptarse e desenvolver este tipo de actividade. Cuestión que ten sido salientada de forma moi positiva polos diversos invitados que teñen participado nestes roteiros.
IX Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas
Agustín Santana Talavera y Pascual Fernández, J.J. Pesca y Turismo: conflictos, sinergias y usos múltiples en Canarias.Boletín del Instituto Andaluz del Patrimonio Histórico. Boletín 44. 2003. disponible (http://www.juntadeandalucia.es/cultura/iaph/publicaciones/dos- siers15/dossier15art6.html)
(http://www.orei.it/pescaturismo/rappor_pes_tur_er_2001.pdf) ACUIPESCA (http://www.empaweb.com/Acuipesca)
Código europeo de buenas prácticas para una pesca sostenible y responsable. 2004. Comisión europea, Dirección General de Pesca (http://europa.eu.int/ comm/fisheries / doc_et_publ/ code /_es.pdf)
El futuro de la política pesquera común.Volumen I. 2001 Comisión Europea, Dirección Gene- ral de Pesca. Libro Verde (http: //europa.eu.int/comm/fisheries/greenpapaer /green/volu- men1es.pdf)
GUIMATUR www.guimatur.org.
Información sobre la actividad de pescaturismo.85 pp. Fund. Andanatura. Ed. Fund. Esp. Pro- teg.de And.
MAR DE LIRA www.mardelira.net
Ministerio italiano para las políticas agrícolas y Ministerio italiano de transporte y navegación.
Decreto número 293. 1999 (http://www.agcipesca.it/legislazione/normativa_anno_1999/
agosto_1999/decreto_ 13_aprile)
Propuesta de reglamento del Consejo sobre el Fondo Europeo de la Pesca. Bruselas. COM (2004) 497 FINAL. 14 DE JULIO DE 2004. Comision europea, Direccion General de Pesca. (http://europa.eu.int/comm/fisheries/doc_et_publ/ factsheets/legal_texts/docs- com/es/com_04_497_es.pdf).
Proxectoo Fishing Tourism www.pesca-turismo.org
O proxecto Pescanatur. “Unha diversificación á pesca de baixura”
Proxecto Marimed “La pesca como factor de desarrollo sostenible” 5 pp. www.euro-mari- med.org
Xornadas formativas para Guías e Informadores Turísticos sobre o Parque Nacional Marítimo.
- Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (Junio 2006)
Xornadas sobre iniciativas de recuperación e divulgación do patrimonio marítimo galego.
CEIDA. (marzo 2006)
Xornadas Sea-Women. CETMAR (mayo 2006)
En el proceso de diseño de un plan de desarrollo pesquero es necesario disponer de infor- mación veraz y también multidisciplinar: biológica, económica y socio-cultural, teniendo cada una de ellas la misma importancia.
La participación de los pescadores, mariscadoras, .... es el segundo factor fundamental para que un buen programa de desarrollo funcione. Los participantes, tienen que estar dispues- tos a aceptar el cambio. Resulta obvio pensar que un proyecto no va a tener éxito, si los autén- ticos protagonistas no cooperan.
La labor del técnico no es otra que la de identificar conjuntamente las potencialidades endógenas de las comunidades, escuchar e identificar las demandas, reflexionando e intercam- bio información, para transformar las demandas en planes de desarrollo.
La planificación en el desarrollo de las comunidades costeras tiene que hacerse de modo cooperativo, conjuntamente, colaborando la Administración y los integrantes del colectivo con la finalidad de analizar los problemas y necesidades desde una óptica compartida y teniendo en cuenta la energía que un colectivo puede aportar a su propio proceso de cambio.