• No se han encontrado resultados

Centro de Documentación e Arquivo 1 CARGOS EMITIDOS

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2023

Share "Centro de Documentación e Arquivo 1 CARGOS EMITIDOS"

Copied!
7
0
0

Texto completo

(1)

IDENTIFICACIÓN E VALORACIÓN DA SERIE DOCUMENTAL:

CARGOS EMITIDOS

Composición: Universidade da Coruña. Centro de Documentación e Arquivo Proposta do CEDAR: 15/12/2010

Aprobación pola Comisión Asesora de Valoración de Documentos Administrativos:

19/01/2011

Unidades administrativas consultadas:

Servizo de Xestión Financeira Observacións:

1.DATOS DE IDENTIFICACIÓN _

1.1. Denominación da serie:

CARGOS EMITIDOS

1.2. Código de clasificación:

1.3. Unidade administrativa produtora: (Ver OBSERVACIÓN 1) Servizo de Xestión Financeira. Sección de Orzamentos

1.4. Función da serie:

Procedemento polo que a UDC imputa a un terceiro un gasto, cuxo importe este debe ingresar nas contas da UDC.

1.5. Datas límite:

1.5.1: Serie: 1993-...

1.5.2: Fracción de serie: 1993-2003

1.6. Volume da serie:

27 caixas (aprox. 3 metros linear) A previsión de crecemento anual é de 7 caixas.

1.7 Lexislación:

 Real Decreto Lexislativo 1091/1988, de 23 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral orzamentaria

 Lei 11/1992, de 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia

(2)

 Lei 47/2003, de 26 de novembro, xeral orzamentaria

 Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria

1.8. Tramitación administrativa:

 Cando se detecta un gasto da UDC que cómpre imputar a un terceiro, a unidade administrativa, centro, departamento, etc. que o detectou remite unha solicitude de emisión de cargo ao Servizo de Xestión Financeira, achegando os datos e documentos precisos para isto.

 O Servizo de Xestión Financeira emite un cargo que envía a quen lle corresponder o seu pagamento, acompañado dun escrito de remisión.

 O terceiro realiza o pagamento do cargo, ingresando a cantidade que corresponder nunha conta da UDC.

 O terceiro comunica por escrito ao Servizo de Xestión Financeira o ingreso da cantidade debida.

 O Servizo de Xestión Financeira comproba a efectiva realización do ingreso a prol da UDC e contabilízao.

1.9. Documentos básicos que forman a serie: (Ver OBSERVACIÓN 2 e OBSERVACIÓN 3)

 Documento de cargo propiamente dito.

 Solicitude de emisión do cargo.

 Documentación xustificativa do cargo.

 Escrito polo que se comunica ao terceiro o cargo.

 Xustificante do ingreso a prol da UDC.

 Documento de ingreso xerado pola aplicación Sorolla.

1.10. Ordenación:

Por ano e número de cargo. Internamente en cada expediente de cargo os documentos van ordenados como figura no punto 1.9.

1.11. Series relacionadas:

1.11.1 Precedentes:

1.11.2 Descendentes:

1.11.3 Complementarias:

 Bancos (Do grupo de series: Xestión de Ingresos)

 Contas bancarias. (Do grupo de series: Xestión de Tesouraría)

 Xeracións de ingresos.

1.12. Documentos recapitulativos e publicacións íntegras ou parciais:

 Liquidación do orzamento anual

 Conta xeral (cando a houber)

(3)

1.13. Exemplares, soporte e localización (Ver OBSERVACIÓN 2)

Exemplar Soporte Localización

P Servizo de Xestión Financeira Principal

El Servizo de Informática e Comunicacións. Contén só os datos de contabilización dos cargos, non os documentos xerados na súa tramitación.

Secundario

2. CALENDARIO DE CONSERVACIÓN _

2.1. Avaliación Valor

administrativo

SI Durante a execución do exercicio orzamentario ao que afecte.

Valor legal ou xurídico

SI A Lei xeral orzamentaria establece (art. 11) que, sen prexuízo da normativa reguladora de cada dereito, a extinción dos dereitos de natureza pública da Facenda Pública son os que estableza a Lei xeral tributaria (art.66), que é de 4 anos. Este prazo de prescrición interrónpese por calquera acción administrativa realizada con coñecemento do suxeito pasivo ou pola interposición de reclamación ou recurso de calquera clase.

Débese ten en conta igualmente, que durante 5 anos desde a aprobación da Liquidación do orzamento (ou Conta xeral, cando a houber) do exercicio polo Consello Social da Universidade e a súa remisión ao Consello de Contas este pode desenvolver a súa función fiscalizadora.

Valor fiscal ou económico

SI A Lei xeral orzamentaria establece (art. 11) que, sen prexuízo na normativa reguladora de cada dereito, a extinción dos dereitos de natureza pública da Facenda Pública son os que estableza a Lei xeral tributaria (art.66), que é de 4 anos. Este prazo de prescrición interrónpese por calquera acción administrativa realizada con coñecemento do suxeito pasivo ou pola interposición de reclamación ou recurso de calquera clase.

Débese ten en conta igualmente, que durante 5 anos desde a aprobación da Liquidación do orzamento (ou Conta xeral, cando a houber) do exercicio polo Consello Social da Universidade e a súa remisión ao Consello de Contas este pode desenvolver a súa función fiscalizadora.

Valor informativo

Non A información relativa aos ingresos atópase sistematizada, ao igual que o conxunto da actividade económica da Universidade, na Liquidación do orzamento e na Conta xeral, cando a houber.

Valor histórico

Non A información relativa aos ingresos atópase sistematizada, ao igual que o conxunto da actividade económica da Universidade, na Liquidación do orzamento e na Conta xeral, cando a houber.

2.2. Conservación / eliminación:

O exemplar principal en papel dos expedientes conservarase durante 4 anos desde o remate do exercicio no arquivo de xestión do Servizo de Xestión Financeira. Rematado este prazo serán

(4)

precaución pasados 15 anos desde o remate do exercicio, serán eliminados, agás unha mostraxe aleatoria de cando menos unha caixa de expedientes por ano e a listaxe de cargos de cada ano.

Os datos informáticos serán conservados de forma permanente. En canto non se dite resolución sobre a conservación a longo prazo dos datos e documentos electrónicos permanecerán no Servizo de Informática e Comunicacións.

Táboas de conservación / eliminación:

Exemplar principal

Período de conservación Documentos Soporte

CEDAR Arquivo

de xestión

Semiactivo Inactivo

Método de selección

Notas:

Exemplar secundario

Período de conservación Documentos Soporte

CEDAR Arquivo

de xestión

Semiactivo Inactivo

Método de selección

Notas:

(5)

3. RÉXIME DE ACCESO _

Notas

Restrinxido: Si A toda a

documentación

Prazo: 25 ou 50 anos A documentación

tornárase libre aos 25 anos desde o falecemento do titular dos dereitos, se a data é coñecida, ou aos 50 desde a data do último documento.

Lexislación:  Lei 16/1985, de 25 de xuño, do patrimonio histórico español

 Decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que se regula o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia

 Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común

 Lei 8/1995, de 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia

 Lei 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal

 Regulamento do Centro de Documentación e Arquivo da Universidade da Coruña, aprobado no Consello de goberno de 19 de decembro de 2005

 Real decreto 1720/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal

Táboa de acceso:

Acceso Tipos documentais

R

Lendas:

C= Conservación E= Eliminación

El= Electrónico

P= Papel

R= Restrinxido S= Selección

(6)

4. OBSERVACIÓNS _

1. Entre 1993 e 2005 este servizo denominouse Servizo de Contabilidade.

2. O programa informático empregado foi desde o ano 2000 o Sorolla, que posteriormente pasou a denominarse Universitas XXI - E

(7)

De acordo con todo o indicado, adóptase a seguinte Norma de Conservación:

NORMA DE CONSERVACIÓN 2011/04 (15) Denominación da serie: Cargos emitidos

Posuidor do exemplar principal: Servizo de Xestión Financeira. Sección de Orzamentos

Período de permanencia nos arquivos de xestión: 4 anos desde o remate do exercicio económico

Período de permanencia no CEDAR: 11 anos, ata completar un período de 15 anos desde o remate do exercicio por razóns de precaución.

Valor administrativo: Durante a execución do exercicio anual ou mentres dure a actividade que orixinou o ingreso polo pagamento dun prezo público.

Valor legal ou xurídico: A Lei xeral orzamentaria establece (art. 11) que, sen prexuízo na normativa reguladora de cada dereito, a extinción dos dereitos de natureza pública da Facenda Pública son os que estableza a Lei xeral tributaria (art.66), que é de 4 anos. Este prazo de prescrición interrónpese por calquera acción administrativa realizada con coñecemento do suxeito pasivo ou pola interposición de reclamación ou recurso de calquera clase.

Débese ten en conta igualmente, que durante 5 anos desde a aprobación da Liquidación do orzamento (ou Conta xeral, cando a houber) do exercicio polo Consello Social da Universidade e a súa remisión ao Consello de Contas este pode desenvolver a súa función fiscalizadora.

Acceso: Restrinxido

Conservación permanente: Conservaranse de forma permanente unha mostraxe aleatoria de cando menos unha caixa de expedientes por ano e a listaxe de cargos de cada ano.

Data da Resolución Reitoral: //

Referencias

Documento similar

I.- Contas anuais que integran a Conta Xeral (regra 98 ICL). CONTA DO RESULTADO ECONOMICO PATRIMONIAL. ESTADO DE LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO. Xestión indirecta dos servizos