GUIA DOCENTE
PLANO DE ESTUDOS:
OBRADOIRO
Título: Taller de Comunicación Social e Capacitación Mediática Docentes: Isabel Lema Blanco
Descrición xeral da materia (máximo 150 palabras):
O Taller de Comunicación Social e Capacitación Mediática, de 30 horas de duración, ten o obxectivo de mellorar as competencias mediáticas do alumnado. Introduciranse conceptos teóricos relacionados coa comunicación social, cunha visión crítica sobre o funcionamento dos medios de comunicacións de masas, a democratización dos medios de comunicación e as prácticas comunicativas en medios públicos, comerciais, libres e comunitarios. Empregaranse diversos contextos mediáticos e recursos audiovisuais: artigos, estudos, vídeos, charlas Ted, Blogs, Videoblogs, Podcasts, etc. Desenvolveranse as habilidades comunicativas do alumnado a través de actividades de análise crítica da información e a elaboración práctica de contidos propios no contexto dixital e audiovisual. Traballaranse habilidades básicas de comunicación tanto escrita como verbal a través de actividades participativas no contexto da aula e a través do blogue https://miradasenior.wordpress.com/
Obxectivos:
• Fomentar a alfabetización mediática do alumnado a través da través dun exercicio dialéctico de reflexión sobre o papel dos medios de comunicación social, achegando fundamentos teóricos e prácticos da comunicación de masas.
• Aumentar as nosas competencias como consumidores, para poder realizar un consumo crítico e responsable da información, contrastando as novas ás que temos acceso e mellorando a nosa capacidade de identificar fenómenos de desinformación (fake news, bulos).
• Desenvolver as nosas competencias comunicativas do alumnado, traballando habilidades xornalísticas básicas para a comunicación social, co fin de transmitir mensaxes efectivas a través de diferentes medios, orais e escritos, e formatos, dixitais e audiovisuais (blogue, redes sociais, radio, vídeo, etc).
Contidos (máximo 150 palabras):
Os contidos conceptuais do taller abranguen as seguintes temáticas:
(I) fundamentos teóricos da comunicación social e a teoría de medios de comunicación de masas;
(II) Dereitos, liberdades, responsabilidades e límites á liberdade de expresión en medios e redes sociais;
(III) Consumo crítico de información: fenómenos de desinformación, bulos e fake news;
GUIA DOCENTE
PLANO DE ESTUDOS:
“GRADUADO SÉNIOR POLA UNIVERSIDADE DA CORUÑA”
(IV) Medios cidadáns e prácticas comunicativas alternativas en España e no contexto global.
(V) Visibilidade e contranarrativas do discurso do odio nos medios;
(VI) Proporase unha conferencia ou coloquio cun experto en comunicación social.
Os contidos prácticos inclúen o desenvolvemento das seguintes destrezas e competencias:
(I) Habilidades de comunicación: Desenvolvemento de destrezas para a recepción crítica da información, capacidade de análise, reflexión e síntese.
(II) Técnicas de comunicación eficaz para a construción do discurso. Elaboración de contidos escritos a través de exercicios de reflexión, debate, interpretación e simulación.
(III) Exercizos de dramatización, improvisación, técnicas de locución e produción audiovisual.
(IV) Proporase unha visita guiada a un medio de comunicación local (se a situación da Covid-19 o permite).
Metodoloxía docente (máximo 150 palabras):
Proponse unha metodoloxía activa e participativa que combinará a aprendizaxe de contidos conceptuais relacionados coa teoría da comunicación social co desenvolvemento de habilidades e destrezas de comunicación eficaz. A través de actividades prácticas, fomentarase a reflexión crítica e o debate sobre as prácticas comunicativas e desenvolveranse habilidades de comunicación eficaz e manexo de ferramentas dixitais. De maneira complementaria, propoñeranse charlas e debates con expertos e activistas da comunicación social así como visitas a unha emisora local, achegando unha visión máis ampla do contido do taller.
Fontes de información: Bibliografía e ligazóns de interese:
Barranquero, A. & Sáez Baeza, C. (coords.) (2020). La comunicación desde abajo. Historia, sentidos y pŕacticas de la comunicación alternativa en España. Madrid: GEDISA Editorial.
Lema-Blanco, I., Rodríguez-Gómez, E. & Barranquero-Carretero, A. (2016). Jóvenes y tercer sector de medios en España: Formación en comunicación y cambio social. Comunicar, 48, 91-99. DOI:
http://dx.doi.org/10.3916/C48-2016-09
Lema Blanco, I. (2020). La deficiente regulación en España de los medios de comunicación comunitarios: el caso de Cuac FM. Quaderns del CAC, 46, vol. XXIII, julio 2020, pp 57-64.
https://www.cac.cat/sites/default/files/2020-09/Q46_Lema_ES.pdf