• No se han encontrado resultados

CAPÍTULO V.- SOLO RÚSTICO DE PROTECCIÓN ORDINARIA.

3. CONDICIÓNS DAS EDIFICACIÓNS.

Cumprirán as condicións xerais establecidas no ARTIGO 214 desta Normativa que fosen de aplicación. 4. CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E EXPLOTACIÓNS EXISTENTES.

Nas construcións, instalacións e explotacións existentes en solo rústico de protección de espazos naturais concluídas antes da entrada en vigor da LOUG, será de aplicación o establecido nas NORMAS - 7.-TÍTULO V.- CAPÍTULO III.-.

ARTIGO 236. SOLO RÚSTICO DE PROTECCIÓN DE INFRAESTRUTURAS. 1. EIDO DE APLICACIÓN.

Comprende, de conformidade co disposto no Art. 32º.2.c) LOUG, os terreos rústicos destinados ó emprazamento de infraestruturas e as súas zonas de afección non susceptibles de transformación, como son as de comunicacións e telecomunicacións, as instalacións para o abastecemento, saneamento e depuración de auga, as de xestión dos residuos sólidos as derivadas da política enerxética (paneles solares o fotovoltaicos) ou calquera outra que xustifique a necesidade de afectar unha parte do territorio, conforme ás previsións dos instrumentos de ordenación do territorio e do presente PXOM.

2. NORMAS DE PROTECCIÓN.

Dacordo co establecido no Art. 37º LMLOUG, o solo rústico de protección de infraestruturas, sen prexuízo do establecido na súa lexislación especifica, estará suxeito ó seguinte réxime:

a) CONDICIÓNS DE USO.

Usos permitidos por licenza municipal directamente. Actividades e usos non construtivos.

. Actividades de lecer, tales como práctica de deportes organizados, acampada dun día e actividades comerciais ambulantes.

. Actividades científicas, escolares e divulgativas. Actividades e usos construtivos.

. As instalacións necesarias para os servizos técnicos de telecomunicacións, infraestrutura hidráulica e as redes de transporte e distribución de enerxía eléctrica, gas, abastecemento de auga, saneamento, y enexias renobables (paneles solares e fotovoltaicos) sempre que non impliquen a urbanización ou transformación urbanística dos terreos polos que discorren.

As instalacións necesarias para o funcionamento das infraestruturas e servizos técnicos, se superan os 50 m2 edificados, precisarán autorización autonómica previa a licenza municipal.

. Peche ou valado de parcelas coas características establecidas no ARTIGO 214 desta Normativa. Usos autorizables pola Comunidade Autónoma.

Actividades e usos non construtivos.

Accións sobre o solo ou o subsolo que impliquen movementos de terra, tales como dragados, defensa de ríos e rectificación de canles, asocalcamentos, desmontes, recheos e outras análogas.

Actividades e usos construtivos.

Instalacións vinculadas funcionalmente ás estradas e previstas na ordenación sectorial destas, así como, en todo caso, as de subministro de carburante.

Outros usos autorizables.

Os que se poidan establecer a través dos instrumentos previstos na lexislación de ordenación do territorio. Usos prohibidos.

Tódolos demais, especialmente os usos residenciais e industriais, dacordo coas disposicións contidas no Art. 37º LMLOUG.

b) CONDICIÓNS DAS EDIFICACIÓNS.

As edificacións que se poideran autorizar por aplicación das condicións establecidas neste Artigo, cumprirán as condicións establecidas no ARTIGO 214 desta Normativa, así como as condicións adicionais que fosen de aplicación, establecidas no ARTIGO 216 desta Normativa.

3. CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E EXPLOTACIÓNS EXISTENTES.

Nas construcións, instalacións e explotacións existentes en solo rústico de protección de infraestruturas concluidas antes da entrada en vigor da LOUG, será de aplicación o establecido nas NORMAS - 7.-TÍTULO V.- CAPÍTULO III.-.

ARTIGO 237. SOLO RÚSTICO DE PROTECCIÓN DE PATRIMONIO CULTURAL. 1. EIDO DE APLICACIÓN.

Abrangue, de conformidade co disposto no Art. 32º.2.h) LOUG, o solo afecto a zonas de interese patrimonial, artístico ou histórico, contempladas no presente PXOM.

2. NORMAS DE PROTECCIÓN. a) CONDICIÓNS DE USO

O solo rústico de protección de patrimonio cultural, ademais das autorizacións que, no seu caso, deban ser outorgadas polo organismo correspondente, estará suxeito, de conformidade co establecido no Art. 38º LMLOUG e salvagardando as limitacións de uso dos artigos 242 e 247 desta Normativa, ó seguinte réxime de usos: Usos permitidos por licenza municipal directamente.

Actividades e usos non construtivos.

. Actividades de ocio, tales como práctica de deportes organizados, acampada dun día e actividades comerciais ambulantes.

. Actividades científicas, escolares e divulgativas. Actividades e usos construtivos.

. As instalacións necesarias para os servizos técnicos de telecomunicacións, infraestrutura hidráulica e as redes de transporte e distribución de enerxía eléctrica, gas, abastecemento de auga, saneamento, sempre que non impliquen a urbanización ou transformación urbanística dos terreos polos que discorren.

. Peche ou valado de parcelas coas características establecidas no ARTIGO 214 desta Normativa. Usos autorizables pola comunidade autónoma

Actividades e usos non construtivos.

Accións sobre o solo ou o subsolo que impliquen movementos de terra, tales como dragados, defensa de ríos e rectificación de canles, asocalcamentos, desmontes, recheos e outras análogas.

Actividades e usos construtivos.

. Construcións e rehabilitacións destinadas ó turismo rural e que sexan potenciadoras do medio donde se atopen

. As construcións e instalacións destinadas a establecementos de acuicultura.

. As edificacións necesarias para o funcionamento das infraestruturas e servizos técnicos en solo rústico que superen os 50 m2 edificados.

Outros usos e actividades autorizables.

Actividades vinculadas directamente coa conservación, utilización e disfrute do dominio público e do medio natural e os que se poidan establecer a través dos instrumentos previstos na lexislación de ordenación do territorio, sempre que non impliquen a transformación da súa natureza rústica e quede garantida a integridade dos valores obxecto de protección.

Usos prohibidos.

Tódolos demais, especialmente os usos residenciais e industriais, dacordo coas disposicións contidas no Art. 38º LMLOUG.

b) CONDICIÓNS DAS EDIFICACIÓNS.

As edificacións que se puideran autorizar por aplicación das condicións establecidas neste Artigo, cumprirán as condicións establecidas no ARTIGO 214 desta Normativa, e salvagardando as limitacións de edificación dos artigos 242 e 247 desta Normativa.

c) CONDICIÓNS PARTICULARES.

Ademais das condicións establecidas nos apartados anteriores, no solo rústico especialmente protexido para zonas de interese patrimonial, artístico ou histórico, serán de aplicación as condicións establecidas no TÍTULO VI das NORMAS 7 desta Normativa, relativo á regulación do patrimonio cultural.

TÍTULO VI.-NORMAS DE PROTECCIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL

In document CONCELLOS MONFORTE DE LEMOS. Anuncio (página 107-109)