ARTIGO 68. DEFINICIÓN E CLASIFICACIÓN.
1. Defínese como uso industrial o correspondente ós establecementos adicados ó conxunto de operacións necesarias para a obtención e transformación de primeiras materias, así como a súa preparación para posteriores transformacións, incluso envasado, transporte e distribución.
2. Tamén se inclúen neste uso os almacéns, tanto anexos coma independentes, das instalacións industriais definidas no punto anterior, e en xeral os almacéns sen servizo de venda directa ó público.
3. Dentro do uso industrial establécense as seguintes Clases: a) INDUSTRIA EN XERAL.
b) ALMACÉN.
ARTIGO 69. CATEGORÍAS DA INDUSTRIA EN XERAL
1. CATEGORÍA 1ª: INDUSTRIA COMPATIBLE COA VIVENDA SITUADA NA PLANTA BAIXA, SOTO, SEMISOTO DE EDIFICIO DE VIVENDAS, ASÍ COMO EN PROLONGACIÓN DE PLANTA BAIXA.
2. CATEGORÍA 2ª: INDUSTRIA COMPATIBLE CON VIVENDA, SITUADA EN EDIFICIO EXENTO E EXCLUSIVO. 3. CATEGORÍA 3ª: INDUSTRIA EN ZONA INDUSTRIAL COLINDANTE CON SOLO URBANO RESIDENCIAL. 4. CATEGORÍA 4ª: INDUSTRIA EN ZONA INDUSTRIAL ILLADA.
5. CATEGORÍA 5ª: INDUSTRIAS ESPECIAIS. ARTIGO 70. CONDICIÓNS.
1. NORMATIVA DE APLICACIÓN.
Serán de aplicación as Normas de Edificación establecidas nesta Normativa que se complementan coas presentes Normas de Uso, así como a lexislación sectorial aplicable, as Normas de Seguridade e Hixiene no traballo e as Normas de Protección Ambiental.
2. MEDIDAS DE CONTAMINACIÓN. a) ATMOSFÉRICAS.
Os limiares máximos para cada tipo de industria son os que se indican no cadro seguinte: PARÁMETROS CATEGORÍAS
1ª 2ª 3ª 4ª 5ª
ÍNDICE DE KIUGELMAN
(FUNCIONAMENTO ACTUAL) 0 1 1,5 1,5 2
IDEM (PERÍODOS DE ARRANQUE) 1 2 2,5 2,5 3 EMISIÓN MÁXIMA DE PO(KG/H) 1,5 5 5 20 25 EMISIÓN GLOBAL(KG/H) 3 10 10 40 50
DENSIDADE DE CONTAMINACIÓN:
1. Emisión total media durante 24 horas (mg/m2 en 24 horas) 100 300 300 1000 1200 2. Emisión total punta durante 1 hora (mgr/m2) 200 600 600 2000 2400
3. Emisión po media en 24 horas (mgr/m2 en 24 horas) 60 180 180 600 700 4. Emisión po punta en 1 hora (mgr/m2 en 24 horas) 120 300 300 1200 1400
Respecto ás concentracións máximas admisibles estaráse ó disposto na Lei de Protección do Ambiente Atmosférico
b) AUGAS.
No caso de que un vertido industrial de augas residuais vaia realizarse na rede de saneamento xeral, teranse en conta as condicións en canto a protección da rede de sumidoiro, protección da estación depuradora, así como á composición química e biolóxica do efluente, establecidas no regulamento do servizo municipal de abastecemento de auga e saneamento.
c) ACÚSTICAS.
Os niveles máximos admisibles para cada tipo de industria serán os seguintes: CATEGORÍAS NIVEL SONORO DA ZONA EXTERIOR
DOS EDIFICIOS EN DB(a) Diurno Nocturno 1ª Ata 45 ata 40 2ª Ata 55 ata 45 3ª Ata 60 ata 50 4ª Ata 65 ata 60 5ª Maior de 75 Maior de 75 3. CARACTERÍSTICAS CONSTRUTIVAS. a) DIMENSIÓNS.
A superficie que ocupa unha industria ven fixada pola suma das superficies de tódolos locais e espazos destinados a esta actividade.
Os locais de produción ou almacenamento que dispoñan de postos de traballo, terán o volume útil por posto de traballo esixido na normativa sobre seguridade e hixiene no traballo.
b) VENTILACIÓN E ILUMINACIÓN.
Serán de aplicación as disposicións contidas nas Ordenanzas de seguridade e hixiene no traballo. A iluminación e ventilación poderá ser natural ou artificial. Se fose natural os ocos terán unha superficie non inferior a 1/8 da superficie en planta do local. Se fose artificial esixiráse a presentación dun proxecto de iluminación e acondicionamento de aire, que deberá ser aprobado polo Concello.
c) ASEOS.
Axustaranse ó establecido na normativa sobre Seguridade e Hixiene no Traballo e, como mínimo, contarán con aseos independentes para os dous sexos, a razón dun inodoro, un urinario, un lavabo e unha ducha por cada grupo de 20 obreiros ou fracción.
Os aseos en industrias con máis de 50 traballadores, cumprirán as condicións esixidas na Lei 8/1997, de 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras, así como no Regulamento que a desenvolve (D. 35/2000, de 28 de xaneiro).
d) SEGURIDADE E OUTRAS CONDICIÓNS.
Os edificios destinados a uso industrial cumprirán as condicións establecidas na NBE-CPI/96 ou norma que a substitúa e os materiais empregados na construción disporán ademais das características acústicas que eviten a emisión ó exterior do edificio de ruidos a intensidades superiores ás establecidas.
As ordenanzas que se promulguen no sucesivo e respecto ó uso industrial, protección do medio ambiente e emisión de ruidos, vibracións, fumes e cheiros, consideraránse parte integrante do conxunto normativo do uso industrial, e serán de obrigado cumprimento.
e) APARCADOIROS.
En solo urbano consolidado
En edificios exclusivos destinados a uso de industrial reservarase unha praza de aparcadoiro en solo de titularidade privada (garaxe ou superficie non ocupada pola edificación), por cada 100 m2 edificables.
Exceptúanse de cumprir dita esixencia as edificacións industriais situadas en solo urbano consolidado que xustifiquen a imposibilidade de cumprir dito requisito. Nestes casos estableceranse as prazas correspondentes á capacidade dispoñible que estará debidamente xustificada, dacordo coas condicións establecidas no ARTIGO 85 desta Normativa, relativo ó uso de garaxe-aparcadoiro.
Unha praza de aparcadoiro por cada 100 m2 edificables das que, como mínimo, a cuarta parte serán de dominio público.(Art. 47º.2.c) LMLOUG).
ARTIGO 71. ALMACÉN
1. Comprende todo local destinado ó acopio de mercancías ou materiais, dacordo co disposto no ARTIGO 68 desta normativa.
2. Dentro do uso de almacén distínguense as seguintes categorías:
a) CATEGORÍA 1ª: ALMACÉNS DE SUPERFICIE IGUAL OU INFERIOR A 300 M2 SITUADOS EN PLANTA BAIXA, SOTO E SEMISOTO DE EDIFICIOS DE VIVENDAS.
b) CATEGORÍA 2ª: ALMACÉNS DE SUPERFICIE MAIOR DE 300 M2, SITUADOS EN PLANTA BAIXA, SOTO E SEMISOTO DE EDIFICIOS DE VIVENDAS, ASÍ COMO EN PROLONGACIÓN DE PLANTA BAIXA OU BAIXO A SÚA RASANTE.
c) CATEGORÍA 3ª: ALMACÉNS EN EDIFICIO EXCLUSIVO SEN LIMITACIÓN DE SUPERFICIE.
d) CATEGORÍA 4ª: ALMACÉNS QUE POLO TIPO DE MERCANCÍAS ALMACENADAS OU MÉTODOS DE CONSERVACIÓN RESULTASEN INCOMPATIBLES COA VIVENDA E PRECISARAN A SÚA UBICACIÓN EN ZONAS DE USO ESPECÍFICO DE ALMACÉNS OU INDUSTRIAS.
3. O uso de almacén cumprirá as seguintes condicións: Nas categorías 1ª, 2ª e 3ª, aplicarase o disposto nestas Normas para o Uso Comercial e na categoría 4ª, aplicarase o disposto para o Uso Industrial.
CAPÍTULO III.-.- USO TERCIARIO.