• No se han encontrado resultados

NORMAS DE PROTECCIÓN DO MEDIO AMBIENTE.

In document DE LA PROVINCIA DE LUGO (página 42-44)

Neste apartado establécense as disposicións de carácter xeral para a protección do medio ambiente no municipio. Estas normas xerais someteranse, en todo caso, ás específicas das zonas que se sinalan como de protección especial.

5.2.1 AUGAS.

Normativa xeral de aplicación:

· Lei de Augas 29/85 e Regulamento 2473/85. · Regulamento de Dominio Público Hidráulico (R.D. 849/1986 de 11 de Abril)

· Regulamento da administración pública do auga e de planificación hidrolóxica (R.D. 927/1988).

· Regulamento de Planificación Hidrolóxica (BOE 20 de setembro de 1990).

5.2.1.1 Augas para o abastecemento.

Con carácter xeral é preciso manter as condicións de potabilidade esixidas para ó abastecemento de auga ás poboacións. Por tal motivo non se autorizaran as activi- dades nocivas e insalubres, capaces de contaminar cos

seus vertidos as augas destinadas ó abastecemento público ou privado, salvo que cumpran as condicións sinaladas no Regulamento de Policía de Augas. Iguais requisitos serán esixibles ás instalacións que poidan contaminar augas destinadas a balnearios, zonas de baños públicos ou similares, existentes ou que puideran instalarse no futuro.

Esixirase por parte do Concello, o control do proxec- to de execución e do funcionamento posterior dos siste- mas de depuración de augas residuais, esixido polo Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres e Perigosas.

5.2.1.2 Augas subterráneas.

Dado que se producen captacións de auga no muni- cipio, que se efectúan de capas subterráneas e de dis- tribución escasamente coñecida, prohíbese o vertido directo ó terreo, a través de pozos filtrantes ou similares, de residuos tóxicos que puideran contaminar ditas augas.

5.2.1.3 Augas fluviais.

Como disposición xeral as explotacións mineiras ou industriais que poidan contaminar as augas dos ríos deberán estar dotadas de dispositivos de depuración, mecánicos, químicos, físico-químicos ou de calquera outro tipo que poidan eliminar dunha maneira real e cuantificable os elementos nocivos que poidan ser per- xudiciais para calquera tipo de captación, urbana ou industrial, augas abaixo ou para calquera tipo de rique- za piscícola, pecuaria, agrícola ou forestal.

As industrias mineiras e metalúrxicas deberán reali- zar os seus vertidos de acordo có establecido no Regulamento de Policía Mineira e Metalúrxica aprobado por Decreto o 23 de Agosto de 1964 e o Regulamento Xeral para o réxime da minería aprobado por Decreto do 9 de Agosto de 1964.

A efectos de protexer a riqueza piscícola dos ríos controlaranse todos os posibles vertidos industriais que puideran alterar gravemente o ecosistema dos mesmos. Calquera proxecto industrial deberá xustificar o cumpri- mento da seguinte normativa:

· Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas.

· Lei de Pesca Fluvial Febreiro de 1942.

· Decreto do 13 de Agosto de 1966 modificando os Artigos 15 ó 21 do Regulamento para a aplicación da Lei de pesca fluvial ( 6 de abril de 1943).

· Orden do Ministerio de Agricultura 5-8-1960. · Orden da Presidencia do Goberno 20-3-1962. 5.2.1.4 Encoros.

Sen prexuízo de todas as normas expostas para os canles fluviais, serán de aplicación o Decreto do 10 de Setembro de 1966 e a Orden do Ministerio de Obras Públicas do 11 de xullo de 1967.

5.2.1.5 Vertidos.

esixibles ós proxectos de instalacións depuradoras de augas residuais ou fosas sépticas, así como as condi- cións de vertido dos seus afluentes, respetarase o indi- cado na Norma tecnolóxica da Edificación NTE/ISD/1974 "Instalacións de Salubridade: Depuración e Vertidos", aprobada por Orden do Ministerio da Vivenda do 9 de Xaneiro de 1974.

Todo proxecto deste tipo terá que xustificar a adop- ción das medidas necesarias para evitar un grado de contaminación inadmisible, tanto nas augas fluviais como nas subterráneas.

5.2.2 CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA.

Ós efectos da posible contaminación atmosférica, o artigo 3º do Regulamento de Industrias Molestas, Insalubres, Nocivas o Perigosas (Decreto do 30 de novembro de 1961, nº 2414/61) indica que as industrias contempladas nesta normativa só poderán emprazarse a unha distancia superior a 2000 metros a contar dende o núcleo máis próximo de poboación agrupado.

Dadas as especiais características de dispersión humana no territorio municipal a aplicación estricta de tal normativa poría serias e innecesarias trabas á insta- lación neste municipio de calquera industria. Por este motivo, o concepto de núcleo agrupado que cita o artigo 4º do citado Regulamento, entenderase referido ós deli- mitados como tais neste Plan Xeral.

5.2.3 POLUCIÓN.

Nas licenzas que se concedan para proxectos de ins- talacións industriais nas que se produzan vertidos de pos, fumes, gases e vapores á atmósfera, esixirase a xustificación do cumprimento do Decreto 833/1975 do 6 de febreiro que desenvolve a Lei de Protección do Ambiente Atmosférico (lei 38/1972 de 22 de Decembro) así como a Orden do Ministerio de Industria 18-10-1976 de Prevención e Corrección da contaminación industrial na atmósfera, e a Lei 1/1995, de 2 de xaneiro de Protección Ambiental de Galicia.

Neste sentido os proxectos de instalacións indus- triais deberán xustificar adecuadamente que todos os axentes contaminantes (chemineas, vehículos, proce- sos industriais, etc.) dispoñen dos elementos correcto- res necesarios para evitar molestias ós ciudadáns.

5.2.4 RUIDOS E VIBRACIÓNS.

Aplicarase ó disposto na Lei 7/1997 da Xunta de Galicia de protección contra a contaminación acústica.

5.2.5 RISCO DE INCENDIOS E EXPLOSIÓNS. As actividades industriais que esixan a manipulación de substancias inflamables ou explosivas, serán prohi- bidas en locais situados en edificios de vivendas.

Os centros de gases envasados de calquera tipo axustaranse na súa situación e características á Orden Ministerial do 23 de Maio de 1961 e Orden Ministerial do 1 de decembro de 1964 do Ministerio de industria.

Todo proxecto que se solicite para os mesmos terá que xustificar adecuadamente o cumprimento de dita lexislación.

A instalación, funcionamento e reparacións en Centrais productoras de Enerxía Eléctrica, Redes e Centros de Distribución eléctricos rexiranse, sen prexu- ízo de outras normativas, concordantes por:

· O Regulamento Electrotécnico para Baixa Tensión (Real Decreto 842/2002 do 2 de agosto de 2002) e Instruccións Complementarias (B.O.E. 224 de 9/2002). · O Regulamento Electrotécnico para Alta Tensión (Decreto 315/68).

· O Regulamento Electrotécnico para Centrais Xeradoras de Enerxía Eléctrica.

· O Regulamento Electrotécnico para Estacións de Transformación.

Os traballos axustaranse ó disposto na Lei 31/95 de Prevención de Riscos Laborais en todo o concernente ás actividades a realizar con ou sen tensión eléctrica.

5.2.6 PROTECCIÓN DA PAISAXE.

Entre os obxectivos principais deste PXOM figura o de permitir un crecemento moderado da explotación de recursos naturais do municipio, en liña coas perspecti- vas actuais sen que isto sexa a costa de destruír o equi- librio ecolóxico ou a paisaxe.

En consecuencia a Corporación Municipal non con- cederá licenza a ningún proxecto de calquera tipo que implique a destrucción, deterioro ou desfiguración da paisaxe ou alteración do equilibrio ecolóxico.

Aquelas actuacións urbanísticas, forestais, mineiras, industriais, agrícolas ou de obras públicas que poidan alterar a paisaxe ou a ecoloxía do medio, cumprirán o establecido na Lei 1/95 de Protección Ambiental de Galicia.

5.2.7 EXPLOTACIÓNS MINEIRAS.

Dada a grave incidencia que estas explotacións e, en especial as que son a ceo aberto, teñen na paisaxe e a ecoloxía, para a concesión de licenzas ás mesmas, ade- mais dos trámites que esixa a lexislación vixente, será preceptivo un estudo das consecuencias da súa implan- tación que deberá ser aprobado en primeira instancia polo Concello e en segunda polo Conselleiro de Política territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia.

Independentemente da súa aprobación, estas explo- tacións quedan sempre obrigadas a:

· Non utilizar en ningún caso materiais do fondo dos ríos. · Non utilizar como vertedoiro ningunha zona situada na área de protección.

· Repoñer a capa vexetal e a flora ó cesar as súas actividades.

5.2.8 VERTEDOIROS E ESTERQUEIRAS.

Os vertedoiros e esterqueiras situaranse en zonas apartadas das estradas principais. Efectuarase un estudo que garanta que os ventos dominantes non leven olores a núcleos habitados ou a vías de comuni- cación importantes. Recomendase o seu illamento do

entorno por medio de barreiras vexetais, preferente- mente árbores.

En ningún caso se utilizarán como vertedoiros as ladeiras nas que os residuos poidan deslizarse incon- troladamente nos fondos dos vales.

Para calquera tipo de vertidos deberán facerse estu- dos previos que demostren que non se alteran as esco- rrentias dos terreos, nin afecten gravemente ó equilibrio ecolóxico. En todo atenderase ó disposto na Lei 10/98 de Residuos de 21 de abril de 1998(BOE 280 de 11/75), así como polo Real Decreto Lexislativo 1.481/2001 de 27 de decembro polo que se regula a eliminación de residuos, mediante depósito en vertedoiro.

5.2.9 ANUNCIOS E CARTEIS.

A colocación de anuncios na zona de servidume das estradas deberá cumprir os requisitos sinalados no arti- go 34 da Lei de estradas de Galicia (Lei 4/1994 de 14 de setembro) e demais lexislación vixente.

Prohíbense os anuncios pintados directamente sobre elementos naturais da paisaxe.

5.2.10 EDIFICACIÓNS AUXILIARES.

As edificacións que se executen con carácter perma- nente ou semipermanente, como elementos auxiliares das obras públicas, deberán respetar a paisaxe, sen que sexa excusa o seu carácter "standard" para implan- tacións que supoñan un atentado ás características da zona.

5.2.11 CEMITERIOS DE COCHES OU DEPÓSITOS DE CHATARRA.

Para a concesión de licenzas deste tipo de industria terase en conta a relación cá paisaxe, non admitíndose aquelas situacións que supoñan un atentado contra el. Esixiranse unhas condicións hixiénicas mínimas e cerraranse á vista con pantallas de arboredo.

5.2.12 TENDIDO DE LIÑAS ELÉCTRICAS, TELEGRÁFICAS, TELEFÓNICAS, ETC.

Deberán respetar en todo caso as distancias de pro- tección esixidas pola normativa vixente e nos proxectos das mesmas contemplarase específicamente o seu tra- zado, có fin de evitar no posible alteracións graves na paisaxe.

REGULACIÓN DO SOLO E ORDENANZAS 6 REGULACIÓN DE SISTEMAS.

6.1 REGULACIÓN DO SISTEMA XERAL DE

In document DE LA PROVINCIA DE LUGO (página 42-44)