3.5 CONDICIÓNS XERAIS DE USO 1 DISPOSICIÓNS XERAIS.
3.5.14 USO DE SERVIZOS DO AUTOMÓBIL 1 Definición.
Denomínase "Garaxe - Aparcamento" a todo lugar destinado á estancia de vehículos de calquera clase, así como o seu mantemento e entretemento. Contará con máis de 3 prazas, correspondentes a máis de 1 vivenda. Considéranse incluídos dentro desta definición, os ser- vizos públicos de transporte, os lugares anexos de paso, espera ou estancia de vehículos, así como os depósitos para venta de coches excepto os locais de exposición con capacidade inferior a 10 vehículos.
A efectos das presentes ordenanzas e sen prexuízo do establecido no Regulamento para Suministro e Venta de Carburantes e Combustibles líquidos, entendese por "Estación de Servizo" toda instalación vinculada funcio- nalmente ás estradas e previstas na ordenación secto- rial destas, construída ó amparo da oportuna concesión, que conteña aparatos e suministro de carburantes, gas- oil e lubricantes e na que poidan existir outros servizos relacionados cós vehículos de motor.
Considéranse "Talleres de Automóbil" os locais des- tinados á conservación e reparación do automóbil, inclu- so os servizos de lavado e engrase.
3.5.14.2 Clasificación.
Divídense nas seguintes categorías:
· GRADO 1º.- Garaxe - aparcamento de uso indivi- dual, que pode ser en planta baixa, semisoto e soto ou anexo á vivenda.
· GRADO 2º.- Garaxe- aparcamento de uso colecti- vo, que pode ser en planta baixa, semisoto ou soto de edificios, en parcela interior, patios de mazá e espazos libres privados.
· GRADO 3º.- Estacións de servizo. · GRADO 4º.- Talleres do automóbil. 3.5.14.3 Condicións xerais.
Autorízase a mancomunidade de garaxes - aparca- mento, cun único acceso dende a vía pública.
A instalación e uso de garaxes - aparcamentos e locais para o servizo do automóbil deberá axustarse ás prescripcións das presentes ordenanzas e demais dis- posicións vixentes. As categorías 3ª e 4ª rexiranse polas Normas de Industria.
A altura libre en garaxes- aparcamento non será infe- rior a 2,2 m. en calquera punto e deberán cumprir cás disposicións e regulamentacións dispostas ó efecto, en especial a Norma de Protección contra o Fogo C.P.I./96 e a Lei 8/1997 do 20 de agosto de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o seu regulamento.
De todas as prazas de aparcamento reservarase como mínimo un 2 % para usuarios minusválidos. Estas prazas terán unha superficie mínima rectangular de 3,5 m por 5 m. En todo caso, e cando o número de prazas nun aparcamento sexa pequeno e dito coeficiente (2%) non chegue a representar a unidade, habilitarase unha praza. Así mesmo cando ó aplicar dito baremo o resul- tado supere o valor 1 pero non chegue ó dous, enten- derase que este é o número de prazas de aparcamento necesario para este tipo.
A localización do acceso á vía deberá ser obxeto de consulta previa ó Concello, posto que este poderá dene- gar a súa instalación en aquelas fincas ou conxuntos de fincas que estean sitas en vías que polo seu tránsito ou características urbanísticas ou ambientais así o aconse- llen, excepto que se adopten as medidas correctoras oportunas mediante as condicións que cada caso requi- ra.
3.5.14.4 Accesos.
Os garaxes- aparcamentos en categoría 2ª e locais do servizo do automóbil disporán dun espazo de acceso de 3 m. de ancho e 4,5 m. de fondo, como mínimo, con piso de pendente máxima do 5% e libre de calquera outro uso ou actividade.
As rampas rectas non sobrepasarán a pendente do 16% e as rampas en curva o 12% na súa liña media. A súa anchura mínima será de 3 m., co sobreancho nece- sario nas curvas e o seu radio de curvatura, medido tamén no eixe, será superior a 6 m.
3.5.14.5 Determinacións construtivas.
Cumprirase especialmente a Norma de Protección contra o Fogo CPI/96, as regulamentacións sobre illa- mento acústico e ruídos e calquera outra que sexa de aplicación.
A ventilación, natural ou forzada, estará proxectada
con suficiente amplitude para impedir a acumulación de vapores ou gases nocivos, en proporción superior ás cifras que sinala o Regulamento de Actividades Molestas. A ventilación forzada deberá realizarse de maneira que o número de renovacións / hora de aire e gases do ambiente do garaxe sexa o necesario para cumprir as normas que sinala o Regulamento de Industria e Actividades.
Nos espazos libres que se destinan a aparcamentos de superficie non se autorizan máis obras ou instala- cións que as de pavimentación e marquesiñas de som- bra e se procurará que este uso sexa compatible có arboredo.
A calefacción dos locais e demais medios nos que realice a combustión de substancias disporase de forma que en ningún momento as misturas dos carburantes se inflamen, debendo estar totalmente illados e ventilados eficazmente.
A iluminación artificial realizarase só mediante lám- padas eléctricas, e as instalacións de enerxía e aluma- do responderán ás disposicións vixentes sobre a mate- ria. O Concello poderá esixir a instalación de alumado supletorio. Cando teña que utilizarse outro tipo de ilumi- nación, requerírase unha autorización especial do Concello.
Nas categorías 3ª e 4ª disporase dun sistema eficaz de depuración de graxas, para a súa acometida á rede de saneamento ou á fosa séptica.
3.5.14.6 Aparcamento.
Enténdese por praza de aparcamento un área míni- ma de 2,5 x 5,0 m.
A superficie de aparcamento mínimo por praza inclu- índo a parte proporcional de accesos, nunca será infe- rior a 20 m².
Sinalaranse no pavimento, con pinturas que permi- tan claramente distinguilos, os emprazamentos e corre- dores de acceso dos vehículos, sinalización que figura- rá nos planos dos proxectos que se presenten ó solici- tar a concesión das licenzas de construcción, instala- ción, funcionamento e apertura.
3.5.14.7 Estacións de servizo. (3ª categoría)
Ademais das condicións establecidas nas presentes Ordenanzas e disposicións legalmente vixentes que lle foran de aplicación, cumprirán as seguintes:
· Disporán de aparcamento en número suficiente para non entorpecer o tránsito, cun mínimo de dúas pra- zas por surtidor.
· Os talleres do automóbil anexos non poderán ter unha superficie superior a 100 m2., e disporán dunha praza de aparcamento por cada 25 m2. de taller.
3.5.14.8 Talleres do automóbil (4ª categoría)
Son os locais habilitados para a reparación, conser- vación, mantemento e desmantelamento dos vehículos de todo tipo.
Ordenanzas e disposicións legalmente vixentes que lle foran de aplicación, cumprirán as seguintes:
· Axustaranse ás especificacións que sexan de apli- cación sobre construcción, ventilación, instalacións con- tra incendios e desaugadoiros que se prescriben para os garaxes - aparcamentos destas Ordenanzas.
· Disporán, dentro do local, dunha praza de aparca- mento perfectamente acotada, por cada 25 m2de taller,
cun mínimo de dúas prazas.
· Deberán ter acceso a vial de ancho mínimo de 8 metros.
· Nos locais que formen parte de edificios con viven- das a potencia instalada non excederá de 25 CV.; para potencias maiores deberán situarse en edificios con uso exclusivo.
3.5.15 USO AGROPECUARIO.