• No se han encontrado resultados

3. Contexto literario: anos setenta e oitenta

3.8. O mundo editorial, do pulo altruísta á empresa editorial

Nos anos setenta o mundo editorial galego definíase por unha armazón cativa e dependente do traballo esperanzado ou do esforzo persoal. Entramos de cheo nos oitenta cunha campaña dirixida cara á normalización deste campo de acción. A partir da caída do franquismo agroma no sistema galego un número importante de empresas editoras que, ao non ter un censor senón unha axuda económica, deciden iniciar un labor que continúa nos nosos días. Esta axuda económica pensábase formular como un capital mercantil que non chegou a ter a acollida esperada, sobre todo por mor de non recibir o

contrapeso institucional en expectativa polo devandito cambio55. Como xa o indicou González-Millán, as seguintes accións resultan básicas para a comprensión da actividade editorial:

[A] reactivación do asociacionismo cultural, a reinstauración do galego como instrumento de comunicación e como obxecto de estudo nos diversos niveis do sistema educativo, o conseguinte incremento no número potencial e real de lectores e un crecente estado de opinión en torno aos propios valores intelectuais e lingüísticos xunto a unha maior actividade dos escritores e unha proliferación de iniciativas editoriais. (González-Millán 1994: 63)

Deste xeito, a empresa editorial galega dá un paso importante entre os setenta e

os oitenta, pasando dunha “industria cultural subdesenvolvida” (ibid.: 64) cara a unha

capitalización destas empresas nos anos oitenta e noventa. O libro pasou de ser contemplado como ferramenta de resistencia ou fetiche (véxase este concepto no apartado 4.2.3.) a obxecto de consumo que se podía exhibir na feira europea de Frankfurt. Este trasunto desenvolveuse de forma conflitiva. Así, C. Casares en 1981 dá conta das eivas estruturais e comerciais das casas editoras galegas e como non se modernizan: “Dado que o mundo editorial galego vive na improvisación e que a vida literaria no noso país é aínda un fenómeno aillado” (Casares 1981).

Nas diferentes análises desenvolvidas verbo do campo cultural galego nesta época observamos como se deu unha crítica constante á falta de planificación institucional e comercial. Como xa indicamos (ver supra), as empresas editoriais pasaron dun labor de resistencia e de supervivencia, isto é, de seren ferramentas para espallar textos, para se erixir como verdadeiros axentes culturais cun poder simbólico cada vez maior. Este poder e capital contaban administralo a través da institucionalización e ocupación de espazos posibles ou nichos de mercado. Desta forma, sinalamos textos espallados no campo que dan conta do dito. Por exemplo, cando C. Casares (1984) ou V. F. Freixanes (1987) critican a falta de apoios administrativos, desviando o foco real (quere dicir, as/os lectores), habemos de comprendelos dende o ollar do director editorial. O mesmo sucede con críticos literarios, que sinalan como principais eivas:

55

Para ilustrar esta idea tiramos da hemeroteca documentos como o texto asinado polo editor galego O. Sotelo Blanco. Nel denuncia “el amiguismo que se estila a la hora de conceder las ayudas más cuantiosas a ciertas obras y editoriales, podremos darnos cuenta de la falta de una política seria de propia

La crítica situación socioeconómica de Galicia, la falta de conciencia nacional generalizada y el escaso apoyo de los gobiernos autonómicos y centrales al desarrollo de la cultura autóctona motivaron sin duda que la literatura gallega cuente con una demanda social y con una producción editorial muy por debajo de su potencialidad creativa. (Rodríguez Fer 1987)

Porén, tamén se manexan unha serie de xuízos de valor que abordan o campo cultural galego. V. F. Freixanes a finais dos anos oitenta destacaba dous “problemas” da produción editorial galega:

Por una parte los propios del libro en general, comunes a toda España: bajos índices de lectura, paupérrima dotación de bibliotecas, política cultural de apoyo, infraestructura precaria, etc.; y por otra, los específicos de la realidad gallega. Hay que tener en cuenta que la sociedad gallega (y la sociedad española, salbo contadas excepciones) nunca ha sido una sociedad instalada en la cultura del libro, como puede ser la francesa, por ejemplo, y hemos pasado vertiginosamente de una cultura popular ágrafa y de tradición oral a las nuevas textnologías: la televisión, el vídeo, etc., que conforman el mundo contemporáneo. (Freixanes 1989: 38)

Nesta liña institucional, a introdución do galego no ensino como materia obrigatoria tivo un peso definitivo nas direccións editoriais e tamén na creación das novas empresas. Froito desta situación aparecen casas editoriais como Sálvora edicións (1978) dirixida ao público infantil e xuvenil. Pero tamén existen casos como Alvarellos editora (1977) que pretende dar conta dos escritores noveis, ou xa nos anos oitenta experiencias como as de Ir Indo (1985), centrada na escolma de obras de referencia do eido da normativización do idioma, ou Do Cumio (1988) cos ollos postos na modernización da esfera pedagóxica. As repercusións desta ligazón entre empresa, ensino e administración autonómica tamén terán un froito especial: a tradución56. O número de traducións nos anos oitenta aumenta considerablemente, dando tamén conta dun maior grao de autonomía do campo literario. Nesta época é cando se asentan as bases dun habitus centrado en verter ao galego textos do canon occidental, especialmente deseñados para o público infantil e xuvenil (véxase a colección Xabarín de Xerais57).

56

Cumpriría un traballo de investigación sobre a función da tradución no desenvolvemento do campo literario galego, pois non todos os axentes aceptan esta praxe como algo positivo (véxase Pena 1979c: 42)

57 Esta colección nace a partir da iniciativa do editor L. Mariño. Nos anos oitenta, Xabarín estaba

coordinada por axentes literarios, X. L. Méndez Ferrín, e contaba con tradutores especializados (V. Arias López). Trátase da primeira tentativa de estender a tradución de obras marcadas polo canon occidental. Esperaban que o ensino fose o grande nicho comercial, algo que non acabou de callar e o ritmo de vendas non foi o esperado. Cómpre un estudo en profundidade desta colección para entender aspectos chave do desenvolvemento do campo literario, especialmente no que atinxe á tradución e ó papel de axentes como L. Mariño.

Nos anos oitenta ábrense as primeiras experiencias lucrativas no eido da edición, con exemplos como o de Edicións Xerais de Galicia (1979) ou Sotelo Blanco Edicións (1980). Esta última pode servirnos de exemplo para podermos analizar o proceso de normalización do sistema.

Ao consultar as ideas fundacionais da empresa58 vemos como se centran en dar cabida a xéneros considerados minoritarios: a poesía e o teatro. Créanse premios para dotar de maior valor simbólico, co Leliadoura de poesía e a Biblioteca Arlequín de teatro xa nos primeiros anos de existencia. Desta forma foi madurecendo esta liña, que devalaría na produción narrativa nos anos noventa, como reforzo da actividade comercial. Así mesmo, tamén hai espazo para o mundo do ensino, do cal depende un tanto por cento da produción, mais non só desta editorial senón que tamén doutras.

Agroman entre os oitenta e os noventa experimentos de edición únicos até esa altura, como o xermolo de casas especializadas en xéneros literarios, caso de Espiral Maior (1991), fixada no discurso poético; ou das edicións Positivas (1991), cos ollos postos no discurso experimental. Mantendo o pulo non altruísta, tamén destacamos neste camiño oitenta-noventa a aparición de propostas como as Edicións do Dragón59, que atinxían a esfera poética.

Se ben nos anos setenta se inicia o cambio, vai ser nos oitenta cando se dá o proceso de análise e comentario deste campo autónomo de seu e xa nos noventa e dous mil, acométese a normalización plena deste sector. Desta forma entramos de cheo nun contexto xa capitalista no que a empresa editorial forma parte de grandes monopolios (na actualidade edicións Xerais) ou pertencentes a fundacións que contan cun apoio explícito dos grupos de poder gobernamentais (editorial Galaxia). Estamos pois situados nun discurso globalizado en relación aos antigos sistemas xerárquicos de centro e periferia no mundo do libro e que xa non se move segundo a lóxica do capitalismo de finais do XX, senón máis ben a partir dun liberalismo que procura captar ou aniquilar todo tipo de experiencia non controlable60.

58Cf. http:www.soteloblancoedicions.com [última consulta 02.01.2013].

59Trátase dun conxunto de volumes feitos a man. Estes libro-cartafol pretendían incorporar novas voces

ao campo literario a partir das valoracións dos seus tres editores: M. Villar, F. Alonso e F. Souto. Cumpriría un estudo demorado destes produtos, sobre todo ao cotexalos coa obra de Rompente.

Tendo en conta todo o dito, consideramos que nos setenta xorden experiencias no mundo da edición que non son dependentes da maquinaria capitalista que se introduce após o franquismo. Trátase de experiencias alleas ao mundo do ensino e que procuran un tipo de actividade pouco lucrativa. Estamos a falar de Rompente edicións S.L. ou da póla editorial que lle naceu á libraría Follas Novas de Santiago de Compostela. Son produtos culturais sen ánimo de lucro que procuran un lugar no campo literario.

Nos anos oitenta situamos un momento de transición. Isto débese á aparición de selos editoriais que dan conta dunha produción poética con serias dificultades para ser tirada do prelo. Experiencias como edicións do Cerne/Minor, Do Rueiro ou Ediciones Nós, asociacións culturais como Dorneda ou Valle-Inclán, ou experiencias individuais conseguen tirar a diante produtos poéticos que ficarían inéditos. Desta maneira, nos anos oitenta Ediciós do Castro convértese na casa editorial con máis títulos e autorías descoñecidas ou inéditas (ver Anexo II). Asemade, Galaxia ou Xerais configúranse como as empresas especializadas en revisar os autores/as canonizados, ao igual que firmas tamén consagradas como Akal (posuidora da obra de C. Emilio Ferreiro) ou Sálvora, a cal asume a especialización das “Obras completas”.

3.9. As antoloxías: axente canonizador ou simple descrita