• No se han encontrado resultados

3. Contexto literario: anos setenta e oitenta

3.2. Poesía até 1975

Establecendo o ano 1975 como lugar de saída, imos deseñar un camiño pola historia da literatura galega centrándonos na creación poética. Desta forma, temos de anotar que a presenza deste xénero en galego nos anos setenta obedeceu, na súa primeira metade, a dúas grandes liñas de acción. A primeira delas é a representada polos epígonos do

e a segunda é unha reacción diástole apoiada na vangarda como discurso e repertorio, é dicir, na innovación do campo literario. Durante os anos setenta o vate celanovés compartiu a súa produción con outros novos e non tan novos escritores/as galegos. Estes podían publicar as súas producións nunha rede de editoriais semimarxinais e deficientes por non posuír unha distribución e unha capacidade produtiva alta, alén de que estaban suxeitas á censura franquista. Estamos a falar de empresas como Celta (que tirou do prelo moitos dos poemarios dos máis novos poetas dos oitenta), Galaxia, Do Castro, Castrelos (distinguindo aquí as coleccións Pombal e O Moucho), Ronsel ou Xistral, tamén sen esquecer editoras estatais que publicaron en lingua galega, como o caso de Akal Editor.

3.2.1. Os novísimos da poesía galega

Neste eixe temporal que abrangue os anos setenta e oitenta, o espazo dos posibles foi ocupado por autores que se introducen no campo cun claro posicionamento a través dun capital simbólico específico. Anotamos, nesta liña descritiva, a primeira tentativa de renovación: a colección Val de Lemos38. A editorial Xistral deseñou dende o ano 1968 até 1975 este proxecto editorial. Trátase da experiencia máis anovadora desenvolvida no espazo nacional galego após a aventura de Galaxia. Coa case desaparición do xénero poético da colección Illa Nova de Galaxia39, as posibilidades de edición para os poetas máis novos eran difíciles.

Val de Lemos tirou do prelo doce títulos nos que se ensarillaban voces xa coñecidas como as de C. Emilio Ferreiro, B. Graña, Manuel María ou Neira Vilas; coas achegas dos noveis L. Diéguez, D. X. Cabana, M. Ledo Andión, L. Álvarez Pousa, F. Vergara Vilariño e X. L. García. Trátase pois dun movemento de reforzo para que a creación poética non esmorecera. Desta maneira presentouse un grupo de autores/as que coinciden ao seren seleccionados en 1973 como os “novísimos da poesía galega”, na

38 VVAA (1993): Val de Lemos (Colección de poesía galega). A Coruña: Espiral Maior.

39

A primeira xeira de Illa Nova publicouse dende 1957 (Vieiro choído de Franco Grande) até 1974 (No

cadeixo de Paco Martín). Trátase dun conxunto de títulos que tiñan como obxectivo principal, dar a

coñecer novas voces no campo literario galego. Illa Nova non procurou especializarse nun xénero en concreto e aparecen poemarios, novelas, ensaios ou obras de teatro.

antoloxía preparada por Mª. V. Moreno40 para Akal editor. Ao carón desta iniciativa debemos sinalar a editorial Celta, que tamén proxectou o traballo desta nova xeración41.

Nesta mesma época mantense a colección Salnés. Trátase do primeiro intento de Galaxia por crear un apartado editorial dedicado exclusivamente ao xénero lírico. O conxunto ábrese co libro de Aquilino Iglesia Alvariño, Nenias, reactivando desta forma un autor xa canonizado por diferentes entidades orgánicas da cultura galega e que, nos anos sesenta, pertence á Real Academia Galega. Asemade, é un poeta reivindicado como o iniciador das letras galegas na posguerra con Cómaros verdes (1949). Salnés editou un total de 32 títulos entre os anos 1961 e 1974. Neste espazo de tempo vanse alternar poemarios de diferentes estéticas e xeracións. Así, encontramos pezas consideradas como referentes do canon (Longa noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro), obras na estela do neovirxilianismo (Nas faíscas do soño de M. González Garcés), poesía da saudade (Serán de E. Pita) ou novas experiencias como o existencialismo da escola da tebra (O desacougo de Pura Vázquez). A diferenza da colección Val de Lemos, aquí apóstase por unha colección que abrangue distintas xeracións de poetas42: a da República e a de Enlace, unidas polas Nenias de Aquilino Iglesia e o derradeiro volume, Serán, de E. Pita. Cómpre indicar que tamén se introduciron aquí exemplos das novas voces que se desenvolverían nos anos setenta (A. Conde).

Ao mesmo tempo, a intención de expandir a comunicación poética vai acadar unha cota maior de autonomía nos anos setenta a través da multiplicación de formatos: revistas, xornais, edicións de autor ou en publicacións fotocopiadas e repartidas coma follas voantes. No caso das empresas xornalistas vese como medra engordiño durante toda a década, pero o seu despegue dáse sobre todo coa caída do réxime franquista e a aparición das primeiras mostras de democracia. Estamos a falar de publicacións na prensa privada (El Pueblo Gallego, Faro de Vigo, La Voz de Galicia, El Correo

40Cómpre entender esta obra en relación coa publicación da antoloxía de Castellet (1970), realizada para

o campo literario español.

41 Alén de F. Sesto Novás e A. Conde, todos os poetas antologados por Mª V. Moreno presentaron a súa

obra ora na colección Val de Lemos ora na editorial Celta.

42Seguimos aquí a proposta terminolóxica de X. L. Méndez Ferrín (1984) na súa análise da produción

Gallego ou Hoja del Lunes), que cada vez van abrindo maior espazo á creación e á

cultura43, como tamén en publicacións clandestinas (Adiante, Galicia en Loita,

Irmandiño, O Berro, Boletín informativo do Instituto do Calvario, etc.).

Para unha descrición do campo literario do momento e das estéticas creativas que o configuraban, focalizamos tres grandes escolas: o neovirxilianismo, o socialrealismo e o colectivo Brais Pinto. Na produción poética galega dende os anos sesenta até o ano 1975 hai unha alternancia maioritaria destas dúas primeiras maneiras de se expresar o eu lírico. Se ben é nos anos sesenta cando maior calado ten o neovirxilianismo en escritores que non acadaron posicións centrais no campo, non se pode negar un número importante de obras que o seguiron. Así mesmo cómpre mencionar a centralidade que ocupou esta liña estética nuns anos nos que a corredoira editorial de Galaxia procuraba afondar neste ámbito non só a través da lírica, senón que tamén co ensaio e a desconstrución do galeguismo a través do herdo de pensadores como R. Piñeiro ou X. Rof Carballo.

O socialrealismo ocupou o centro de interese dos poetas dos anos setenta. Se ben é unha escola fundada e desenvolvida en Galicia por C. Emilio Ferreiro dende as súas primeiras obras (O soño asulagado e Longa noite de pedra) e tamén cun lugar destacado para Manuel María (o cal supón a fusión entre socialrealismo e existencialismo), esta tendencia sufriu unha profunda revisión até entrados os anos oitenta.

A Escola da Tebra ten a súa orixe na tentativa modernizadora do movemento Brais Pinto. É neste núcleo no que se dan as primeiros pasos cara á modernización e globalización da poesía galega. Dentro deste grupo aparecen propostas de transformación a través de estéticas vindas doutras latitudes, entre as cales destaca a introdución do existencialismo francés como sinónimo dun certo decadentismo. Esta poesía reflicte unha nova interpretación da realidade galega so a filosofía de J. P. Sartre

–véxase O ser e a nada–, unida a unha desavinza vital ou desacougo existencial perante

a vida. Ao lado deste devir tamén xorden outras tendencias: a poesía haiku de Novoneyra (ponte entre o neovirxilianismo e a vangarda) e o neoexpresionismo de R. Patiño. Estas dúas son manifestacións propias da vangarda dos anos cincuenta en

43 De facer unha análise do espazo deseñado na prensa diaria para a cultura, vese como o incremento do

Europa e os EEUU. Temos pois un polo innovador, Brais Pinto, situado en Madrid, e o cal achega un modernizador elo coa cultura occidental dos anos sesenta, especialmente coa vangarda.

Os anos setenta son os da convivencia interxeracional, xa que autores da época Nós (R. Otero Pedrayo, E. Blanco Amor ou R. Dieste), da guerra e da posguerra (Celso E. Ferreiro, L. Pozo ou E. Álvarez Blázquez) conflúen con mozas e mozos que se inician na escrita. Para unha aproximación máis xeral a estes últimos podemos botar man de antoloxías como a preparada por Mª. V. Moreno (1972). Aí vemos como existe un pouso común que se vai transformando en diferentes poéticas e asemade se van introducindo tendencias anovadoras. A aposta común pasa pola superación do socialrealismo, que dende os finais dos anos sesenta se fusiona co formato musical – especialmente co que se designou como Voces ceibes (Araguas 1991). Os poetas procuran que o poema atinxa novas dimensións estéticas e que se sitúe fóra dos formatos establecidos. En palabras de F. Sesto, a música vai “superar las barreras individuales, que salte sobre los cánones esteticistas y se haga, como corresponde a cualquier manifestación social del hombre, expresión de las vivencias y problemas de la comunidad, de un pueblo, de una clase social” (apud. Moreno 1972: 29-30). Esta estética vese reflectida na obra de case todos os poetas, e desta forma ten un papel decisivo na voz de L. Diéguez, D. Xohán Cabana ou de F. Sesto Novás. Por outro lado, tamén anotamos un resón decadentista e existencial en Rodríguez Barrio, unha presenza do folclorismo e da terra como raíz vital (Vergara Vilariño e Vázquez Pintor), a crítica social con alicerces relixiosos (Álvarez Pousa), a vivencia existencial do ser humano (facendo uso dos metros clásicos en Rábade Paredes), o arrecendo nietscheano e da vangarda europea (Ledo Andión) e, por último, a presenza do corpo e do discurso social (A. Conde).

Da antoloxía de Moreno, que agrupa autores ben novos (todas arredor dos vinte anos), despréndese como o socialrealismo ten un calado especial na produción poética desta etapa, mais con claros momentos de distensión nos que o discurso existencial e pesimista lle dá pé a unha poética non tan ancorada nos moldes de Ferreiro. Mesmo nesta liña crítica coa sociedade que padece o poeta, existe un movemento cargado de discurso político (véxanse as referencias a Maiakovski por Rábade Paredes ou a Mao por D. X. Cabana). O discurso socialrealista que practican céntrase en dous aspectos: un

contexto colonial e de pobreza no que se atopa o país e ao que o creador non pode ficar alleo, e asemade unha liña de traballo baseada na posta en común con outras escolas e xeracións, non só galegas senón que tamén europeas.

Nesta década dos setenta remata unha das experiencias que mencionamos antes, a colección de poesía Val de Lemos, da Edicións Xistral, creada e dirixida por Manuel María. Neste espazo editorial danse cita nomes xa admitidos no canon (Manuel María, C. Emilio Ferreiro, B. Graña ou Neira Vilas) convivindo con novos valores para o campo (D. X. Cabana, M. Ledo, Álvarez Pousa, X. L. García, L. Diéguez e F. Vergara Vilariño). Ao igual que na antoloxía de Mª. V. Moreno, as estéticas definidas van estar repetidas, se ben podemos destacar volumes como O corvo érguese cedo de M. Ledo (1973), no que encontramos unha liña de acción poética que xa non bebe no discurso de Celso E. Ferreiro ou Manuel María. Pola contra, introdúcese na liña de vangarda para reflectir un corpo e unhas dinámicas sociais nas que o discurso se afunde nunha expresión condensada do eu. Ao mesmo tempo, o fluír dun certo surrealismo apórtalle azos á hora de reflectir as experiencias de varios egos enredados nun mesmo territorio.

A escrita da poesía entre 1970 e 1975 pódese definir como a do arrequecemento de diferentes estéticas xa preparadas na década anterior. Ao lado de novos escritores/as que se ían introducindo no campo, tamén é importante destacar o traballo de voces xa asentadas e que neste comezo de década presentan textos moi traballados e ben acollidos ora pola crítica –moi deficitaria e anquilosada na simple recensión de contidos44– ora polo público lector que ía en aumento. Estamos a falar de autores como

Méndez Ferrín, B. Graña, Manuel María, U. Novoneyra, X. Torres e outras voces que inician a súa andaina nos anos cincuenta e sesenta para presentar unha obra madura nesta época.