Francisco Castro
QUE PODE APORTAR A CULTURA AS REDES SOCIAIS?
Contidos, sobre todo, contidos culturais. É mais:ou nos facemos (os axentes cultu- rais) responsables da emisión de contidos culturais de calidade ou estamos perdidos porque van ser as telefónicas quen o fagan. Teñen máis tempo, máis cartos e, sobre todo, teñen máis que clarísimo o obxectivo de se converter no monopolio do tránsi- to, na pasarela obrigatoria pola que haxa que pasar para chegar a calquera parte (o exemplo paradigmático é Amazon, o sitio web total, xigantesco zoco paraíso merca- dotécnico que non ofrece máis que posibilidades ata o infindo de consumo, pero sen máis nada. Para min é urxente que o internauta, pase por onde pase, consuma, si, pero algo máis que consumibles). Ou apostamos por contidos (non necesariamente académicos nin “elevados”: eu comparto fotos artísticas, poemas que constrúo como prólogos a cancións, gravo a miña voz recitando...) ou as redes sociais serán unha luminosa e interactiva versión de Dónde estás corazón ou La Noria: lercheo máis ou menos elaborado, máis ou menos interesante, máis ou menos disfrazado. De feito, sempre se di -eu aturo este discurso case que todas as semanas- que o facebook, o twitter, etc., so serven para rexoubar. E si, en parte si. Hai quen ten ou moito tempo libre ou moitas ganas de contar naderias, e así, todos sabemos de moitos e de moitas que nos van retransmitindo as súas vidas con pelos e sinais... como se fosen impor- tantes ou interesantes as súas vidas, os seus pelos, e os seus sinais. Aínda que ben mirado, en realidade si que deben de ser importantes e interesantes, porque se eu conto calquera cousa, por exemplo, “probando a lasaña do COREN”, por dicir algo que fixen hoxe mesmo, e de súpeto hai unha morea enorme de xente que opina, que di que lle gusta, que comparte a miña ligazón, etcétera, daquela, é que é importante e interesante, e a grande ciberacollida demostra, autoxustifica e autolexitima ese inte- rese e esa importancia que eu hai só un par de frases atrevíame a poñer en dúbida... ou sexa, que estamos diante da carioca que morde na cola. O malo de todo isto é que remata proliferando unha especie de ruído banal, superfluo e prescindible, onde destaca o leve, o rápido, o superficial; ese tipo de balbordo característico, por outra banda, da sociedade de consumo e entretemento na que vivimos, tan dada a distraer a nosa atención decote e sen pausa con naderías. Por iso, faise urxente e necesario,
Capítulo 6
54
ademais de que responsablemente procuremos contidos de calidade, que empecemos a aplicar algunha clase de filtro (os famosos círculos de google + por exemplo, agora imitados por facebook), como única garantía de que a finalidade que eu dixen que lle outorgaba ás redes sociais (gran medio de comunicación e, xa que logo, de informa- ción) siga en pé e non caia polo peso da futilidade. E creo tanto nisto que non dubido de que en 140 carácteres se poden dicir moitísimas cousas e todas elas interesantes... Entendo que unha empresa cultural ten que se esforzar en que o que comunique a través das redes sociais estea a altura do seu discurso na vida física real. E así, ade- mais de emitir información empresarialmente interesante ou comercialmente nece- sario visibilizar, temos que ir perfilando canda vez mais o noso tuittcomportamento para que os que nos seguen vexan que o que lles damos sexan contidos de calidade que, por suposto, nos retratan como empresa, nos perfilan, nunca mellor dito.
CONCLUSIÓNS
A importancia das redes sociais nas empresas da industria cultural cada vez vai ser maior na medida en que a presenza das redes sociais no conxunto dos consumidores culturais é cada vez e maior. Para non estenderme ata o infinito e, sobre todo, para non repetirme, direi só unha cousa:
A presenza das empresas culturais nas redes sociais contribúen a poñer de manifes- to, dalgunha maneira, a súa transparencia, na medida en que, en moitas ocasións, estamos contando que é o que estamos pensando como empresa, como entidade cor- porativa. Dalgún xeito, cando divulgamos segundo que cousas, cando avisamos de que queremos lanzar tal ou taloutra colección, cando celebramos que tal ou taloutra cousa nos parece ben e nos alegramos (ou todo o contrario, cando botamos a man á cabeza diante doutros asuntos que nos amolan ou parecen intolerables) o que esta- mos é a espir o noso, chamareino, cerebro creativo, co que estamos dalgunha ma- neira democratizando o funcionamento interno a algúns niveis. A interactividade, os comentarios do público, o que eles nos demanden ou como reaccionen en función do que lles digamos que imos facer condicionarán, a cada día máis, o noso compor-
Capítulo 6 55
tamento. O funcionamento interno das empresas, sexan ou non culturais, é, de feito, cada vez máis democrático, transparente e participativo, cada vez máis atento e, xa que logo, sensible, ao sentir social que xa se expresa, case que máis que na rúa ou no mercado de toda a vida (para o caso, na librería), nas redes sociais. Esa presenza do público que di cousas sobre o que a túa empresa está facendo, eses seguidores, amigos, membros do círculo, tanto ten como lles queiramos chamar, tamén teñen opinión e cousas que dicir. Desta maneira, quizais a intención que por unha banda teña a empresa pode ser esta, pero a xente finalmente decide que o que importa falar, do que hai que debater, o que hai que compartir e retuitear vai ser outra cousa. Pui- dera ser que eu non lle dou moita importancia a tal autor, sen embargo, a súa ficha énchese de comentarios positivos, son moreas os que opinan sobre a súa novela... o que a eles preocupa, o que eles apoian, o que eles magnifican a través da rede será o que a eles preocupe, o que eles apoien ou o que eles decidan magnificar. Nese sen- so, o cidadán ten a palabra. Ou o cibercidadán. En calquera caso, é un exemplo do que chamo “democratización” dos contidos que se patentiza no feito de que de cada vez empresas e consumidores estamos, grazas ás redes sociais, máis e máis cerca pois agora todos residimos nunha grandísima praza pública global onde está todo o mundo. E os clientes, os cidadáns, deixan de ser pasivas testemuñas aceptadoras ou non do que se lles ofrece dende os emisores (empresas, partidos políticos, medios de comunicación tradicionais) para se converter en activos axentes de actuación e pro- vocadores de cambio. De espectadores pasaron a actores. E se algo non lles convence, reaccionan (e iso explica, en parte, a crise da prensa escrita de toda a vida. O xornal é agora algo anacrónico, de feito, non é moi habitual ver xente menor de trinta anos pola rúa cun xornal –agás os xornais deportivos- Lembro cando cheguei a Composte- la, aos meus dezasete anos, e ía mercar El País como quen participa dun rito de paso á vida adulta, e marchar con el á facultade. Mercar o xornal era un símbolo de madu- rez na medida en que nos permitía estar no mesmo mundo que o resto dos adultos. Agora, a xeración de inmigrantes dixitais –entre os que me acho- e, dende logo, a que vén por detrás, xa nativos, non aturan un produto de papel que non lles permite facer algo: compartir, comentar, incluso, redactar…). Sen embargo, coido que non todas as empresas van ser igual de condicionadas pola interacción dos clientes a través da web social porque, entre outras cousas, algunhas empresas, como é o caso de Galaxia,
Capítulo 6
56
responden no seu funcionamento non só, ou non só de todo, aos requirimentos do mercado, é dicir, aos requirimentos dos consumidores ou potenciais clientes. É claro que moitas empresas van depender a cada día máis do que se lles demande dende a praza pública. Sen embargo, Galaxia pretende seguir sendo fiel ao proxecto de divul- gación e de resistencia da cultura galega á que se debe dende a súa fundación o 25 de xullo de 1950 e, nese senso, semella claro que vai ser e está obrigada a ser menos permeable a internáuticas influenzas coma outras.
¿Como te iniciaches nas redes sociais? ¿Cales son os teus obxectivos ne- las? Cóntanos o teu proxecto.
O meu unicio nas redes sociais naceu de xeito natural. Foi unha especie de proceso lóxico: decateime de que o mundo cultural galego empezaba a eclosionar nas diferen- tes redes, que había informacións de certo calado que bulían en foros como facebook ou twitter e decidín unirme a ese proceso. Eu quería formar parte dese novo ciclo que empezaba a abrirse no mundo cultural. Porque, para min, a apertura da cultura ás redes sociais é o inicio dun novo ciclo, dun sistema de comunicación absolutamente rupturista.
A mediados de 2008 ou 2009, os distintos representantes do panorama cultural em- pezaban a colgar novidades nas redes, artigos de opinión, convites a actos etc. Coa carreira que leva o mundo cultural galego na rede e co impacto que provocan as en- tradas nas redes sociais, se non estás disposta a formar parte deste proceso quedas á marxe de gran parte das informacións, nunha especie de limbo. Sendo consciente deste feito, creei un perfil en distintas redes sociais coa intención de formar parte desa roda que foi medrando máis e máis.