• No se han encontrado resultados

Xaime Isla e a economía galega

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2020

Share "Xaime Isla e a economía galega"

Copied!
5
0
0

Texto completo

(1)

XAIME ISLA E A ECONOMÍA GALEGA

Francisco Xavier Martínez Cobas

Universidade de Vigo - Fundación Isla Couto

Resumo: Recollemos nestas liñas o papel que ocupa Xaime Isla Couto en re-lación á Economía galega no século XX. Consideramos que a súa principal achega é a incorporación do pensamento económico e político da Europa de posguerra en Galicia. As canles para a influencia das súas ideas foron a direc-ción da Revista de Economía de Galicia, a Cátedra de Dereito e Economía da Empresa na Escola de Enxeñaría de Vigo e a formación de xente nova entre os anos sesenta e os anos noventa do pasado século.

Abstract: The purpose of this paper is to describe the role played by Xaime Isla Couto in Galician Economy during the 20th Century. In our opinion, his ma-jor contribution was the introduction in Galicia of the economic and political thought of postwar Europe through the management of the Revista de Economía de Galicia, the teaching of Economics and Law at the School of Engineering in Vigo, and the training of young people between the 1960’s and 1990’s.

Palabras chave: Xaime Isla Couto, Economía galega.

Key words: Xaime Isla Couto, Galician Economy.

Recollemos nestas liñas a intervención realizada na mesa redonda o pasado 23 de setembro, na Fundación Penzol, coa intención de falar sobre Xaime Isla Couto e, en particular, sobre a súa relación coa Economía galega.

(2)

Comecemos pola súa formación. Xaime bebe de dúas fontes de coñecemen-to, a teórica ou intelectual e a empírica. Dende un punto de vista da formación intelectual, está educado no mellor da tradición humanista europea. Unha for-mación de carácter xeral, que abrangue todo tipo de coñecemento, das letras, das ciencias e das artes. Unha formación que procede, en primeiro lugar, da súa etapa escolar, e que logo se ve multiplicada na súa participación no Seminario de Estudos Galegos. Posteriormente, as conversas con outros intelectuais galegos e foráneos foron completando o seu coñecemento. En paralelo a todo isto, é a lectura do mellor do pensamento occidental de todo o século vinte o que marca definitivamente os seus puntos de vista.

As lecturas de Xaime comezan na súa adolescencia, impulsadas polo seu ir-mán Ramiro, que lle achega dende moi novo todo tipo de libros que poidan atender a súa curiosidade intelectual, de modo especial lecturas que lle permitan comprender e coñecer Galicia e o mundo. Coñecementos de Xeografía, Historia, pensamento político e económico, Arte e Literatura... unha visión integral do seu tempo, coa que entra nos anos trinta cunha formación excepcional naquela altura para un mozo de quince anos.

É nesta etapa, ao meu xuízo, na que escolle e define os valores que o acompa-ñarían ao longo da súa vida: a comprensión humanista do mundo e das persoas, a posta en valor de Galicia, a conciencia relixiosa, o comunitarismo, a preocu-pación polo desenvolvemento material e inmaterial como forma de realización práctica de todo o anterior... o estudante universitario e militante nas mocidades nacionalistas ao que lle esmagan a visión da vida en 1936 sobrevive ao golpe afec-tivo e intelectual e nunca renunciará aos valores que o acompañaban daquela.

A partir de entón, a súa formación intelectual é profundamente autodidacta. As principais fontes son o mellor de todo o pensamento que producen os seus coetáneos europeos. Coma tantos outros intelectuais nas ditaduras de España e Portugal, vive no convencemento de que o camiño a seguir é o emprendido por Francia, Alemaña, Italia, Gran Bretaña... o europeísmo, a democracia parla-mentaria, os modelos federais e confederais, a economía social de mercado, son a medicina que cura os males de Europa e que curaría os da Península Ibérica se participase do mesmo proceso.

(3)

Se a súa formación de carácter teórico procede destas fontes, non é menos relevante a súa formación empírica. En xeral, tendemos a recoñecer nos intelec-tuais persoas con ideas ou visións procedentes do pensamento, cando, ás veces, é o coñecemento empírico, a experiencia vivida, tanto ou máis relevante para a formulación de criterios ou opinións do que a formación teórica.

Para Xaime, tanto na Economía coma no conxunto das ciencias sociais, os seus puntos de vista proceden da dobre peneira do pensamento teórico europeo e da realización práctica das ideas. En concreto, no que é o ámbito da Economía, que é tal vez o que máis o significou dentro da familia galeguista, a interpre-tación dos modelos económicos e do papel da empresa e dos empresarios é o resultado desta dobre percepción. Xaime alimenta a súa formación económica dentro do conxunto das ciencias sociais, e das inquedanzas da xeración do seu irmán Ramiro, de Alexandre Bóveda, de Valentín Paz-Andrade ou de Lois Peña Novo, por citar algúns nomes, comprometidos co desenvolvemento económico de Galicia.

A relación con Alexandre Bóveda e con Valentín Paz-Andrade procede da relación de Ramiro con ambos os dous. En particular, a relación con Valentín é dunha fonda amizade. A influencia de Lois Peña Novo procede tamén dos vínculos deste con Adolfo Gregorio Espino. Adolfo, alcalde de Vigo durante os anos vinte, era un home de conviccións monárquicas que agrupou un conxunto de persoas de diferente ideoloxía para traballar pola cidade. Un dos seus colabo-radores máis próximos, non na candidatura senón como funcionario, era Lois. Procedía das Irmandades da Fala na Coruña e de ser concelleiro nesta cidade, e as circunstancias políticas da época levárano a procurar unha posición profesional coma oficial maior do Concello de Vigo.

O papel de Adolfo Gregorio Espino e de Lois Peña Novo nalgún dos proxectos máis relevantes da historia da cidade está por ser escrito. En calquera caso, foi Adolfo quen, anos despois, acolleu como pasante no seu despacho de avogado un novo titulado que viña a ser o propio Xaime. Esa relación e a herdanza co paso dos anos do bufete de Adolfo foron determinantes na posición profesional de Xaime. Non só era avogado de grandes contas na cidade, senón que tamén pasou a ser o asesor xurídico da Caixa de Aforros Municipal de Vigo, que despegara da man de Adolfo e de Lois cando se fixera cargo da liquidación do malfadado Banco de Vigo nos anos vinte.

(4)

Outra fonte relevante do seu coñecemento empírico procedía da contorna familiar, e en particular do emprendemento que realizaban os seus irmáns Rami-ro, Fidel e Celso. Todos eles son representantes dunha xeración comprometida co noso país, tamén dende o ámbito da empresa. Compartían a importancia da empresa e da creación de riqueza co propio Paz-Andrade, cos irmáns Meixide González, con Parga Pondal e con moitos outros, moitas veces asociados todos eles aos irmáns Fernández López (Zeltia, Cementos Cosmos, Pescanova...).

O coñecemento económico do noso protagonista non é, pois, só teórico, se-nón que se enriquece co contraste coa realidade, coas experiencias de desenvol-vemento reais e concretas de Galicia, vividas de primeira man, dende o dereito, dende o crédito e dende o propio investimento nas compañías.

Resultado de todo o anterior son dous fitos especialmente relevantes. O pri-meiro, a cátedra de economía e dereito da empresa na vella Escola de Peritos de Vigo, adscrita á Universidade de Santiago, e actual Escola de Enxeñaría industrial da Universidade de Vigo. Durante moitos anos, Xaime puido formar xeracións de mozos orientados á vida industrial galega cos seus coñecementos teóricos e prác-ticos en Economía e Dereito. A lista de profesionais que estudaron daquela e que hoxe se recoñecen como discípulos é excepcional. Daquela, a cátedra permitiulle materializar a súa vocación docente, algo que non puidera facer polo veto do réxime franquista cando o alzamento a que exercese de mestre, a súa primeira formación académica.

O segundo dos fitos é o de promover e dirixir, nos anos sesenta, a Revista de Economía de Galicia, editada pola Editorial Galaxia que el mesmo proxectara como sociedade anónima. A Revista permitiu achegar tres realidades a unha nova xeración de mozos e mozas, pouco antes da aparición da Facultade de Económi-cas da Universidade de Santiago: o pensamento económico europeo, a realidade económica de Galicia e o engarzamento entre a tradición económica do galeguis-mo anterior á guerra civil e as novas tendencias.

O pensamento económico europeo é a suma das diferentes posicións intelec-tuais verbo dos modelos económicos da época. Dentro da súa visión ecléctica, aposta pola Economía Social de Mercado, no senso de Wilhelm Röpke, e pola necesidade de definir modelos económicos que se adapten á realidade concreta de Galicia, facendo propia a posición de Gunnar Myrdal.

A realidade económica de Galicia procede da súa propia experiencia empíri-ca. Cando fala da estrutura financeira ou das empresas da madeira, quen está a escribir é o asesor xurídico dunha caixa de aforros ou da asociación de serradoiros de Galicia. Describe a realidade que vive na súa contorna inmediata, comple-mentada co coñecemento teórico.

(5)

Galaxia, entre a experiencia do primeiro terzo de século e a xeración que estaba a madurar a súa propia posición ante a vida nos anos sesenta. Non só estaba en xogo un punto de vista sobre a economía galega, senón tamén sobre o pasado, o presente e o futuro do País, sobre a súa propia existencia, materializada na lingua e na cultura. Estaba en xogo a transmisión xeracional do relato, da superviven-cia, e a el acáelle protagonizar a transmisión do desenvolvemento económico de Galicia construído dende a súa propia realidade.

Referencias

Documento similar

A cidade do futuro, distinta desta na qual vivemos nesta segunda década do século xxi , que enfrenta e assimila as mudanças introduzidas pela revolução tecnológica e científica

El niño oyente adquiere el lenguaje oral de forma natural y espontánea, sin más condición que la interacción con los hablantes; su capacidad de percibir el habla por audición, y

Dependería máis da capacidade de fechar os ciclos dos materiais reconvertendo os residuos en recursos (recuperación e reciclaxe, con fontes enerxéticas renovábeis). NOCIÓN

ES aplicación lineal; función lineal EN linear function; linear map. 9 aplicación sobrexectiva f SIN.-

A comisión deberá elaborar unha relación de méritos valorables con cadansúa puntuación de referencia, que deberá establecerse tendo en conta o tipo de material de que

Los mercados zamoranos han estado más concurridos que el mes anterior, salvo en caballar y mular. Hubo pocas transacciones a precio ^ en baja, sobre todo en las especies de abasto.

Ahora expondremos los libros a que nos hemos referido de cultivos agrícolas y que son, digámoslo así, los más esenciales para to^aa contabilidad agrícola, pues además de demostrar

Un control de la utilización del insecticida en los patatares, sobre todo porque el mismo agri- cultor lo utiliza, y sin efectos re- siduales, en otros cultivos. El agricultor en