Número 627 IX lexislatura 7 de abril de 2016
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
SUMARIO
1. Procedementos parlamentarios
1.4. Procedementos de información
1.4.4. Preguntas
1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito
- 48779 (09/PRE-013310)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda Solla Fernández, Eva
Sobre a publicación dos resultados do exame realizado no mes de marzo de 2016 para a categoría de enfermaría da fase de oposición correspondente á oferta pública de emprego do Sergas do ano 2013
146491
- 48804 (09/PRE-013311) Grupo Parlamentario Mixto Iglesias Sueiro, Carmen
Sobre as denuncias das organizacións sindicais referidas á actua-ción da Subdelegaactua-ción Xeral de Autorizaactua-ción e Inspecactua-ción de Servi-zos Sociais en relación co traballo do persoal inspector 146493
- 48806 (09/PRE-013312)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda Solla Fernández, Eva e 5 máis
Sobre as medidas adoptadas polo Sergas para a adaptación do heli-porto do novo hospital de Vigo ao disposto no Decreto 1070/2015, do 27 de novembro, polo que se aproban as normas técnicas de seguri-dade operacional de aeródromos de uso restrinxido, as previsións da Xunta de Galicia verbo da realización dalgunha xestión para axilizar a emisión da resolución ao respecto pola Axencia Estatal de Seguri-dade Aérea e a data estimada para a súa entrada en funcionamento
146496
- 48818 (09/PRE-013313)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Docasar Docasar, Ricardo Vicente e 2 máis
Sobre a actuación que vai levar a cabo o Goberno galego en rela-ción coa demanda da Conferencia de Reitores respecto da reválida de segundo de bacharelato prevista na Lei orgánica para a mellora da calidade educativa para finais do curso 2016-2017 146499
- 48829 (09/PRE-013314)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Rodas Chapela, Daniel e Jorquera Caselas, Francisco Xesús Sobre as medidas que vai adoptar o Goberno galego para afrontar a perda de produción do banco marisqueiro das Pías, na ría de Ferrol, o prazo previsto para o remate do saneamento integral da ría e o plan que vai desenvolver para a mellora da calidade das augas, así como a súa valoración respecto das bateas de reinstalación
146501
- 48839 (09/PRE-013315)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Sánchez Bugallo, José Antonio e 2 máis
Sobre o anuncio publicado polo Goberno galego nos periódicos de Galicia os días 19, 21 e 23 de marzo de 2016 baixo a epígrafe “Gali-cia, con vida; coida, ordena, impulsa; nova Lei do solo de Galicia” e que remata con “Galicia, o bo camiño” 146504
- 48850 (09/PRE-013316) Grupo Parlamentario Mixto Iglesias Sueiro, Carmen
Sobre as denuncias referidas ao voto dirixido das persoas maiores en situación de dependencia ou mobilidade reducida residentes en centros asistenciais e as actuacións levadas a cabo pola Inspección de Servizos Sociais para lles garantir os dereitos recoñecidos na lexislación vixente nos procesos electorais 146505
- 48854 (09/PRE-013317)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén e Jorquera Caselas, Francisco Xesús Sobre as demandas que vai realizar o Goberno galego ao Ministe-rio de Defensa en relación coa poxa de tres parcelas situadas no Campo da Estrada, na Maestranza, na cidade da Coruña, prevista para o día 27 de abril 146507
- 48881 (09/PRE-013318)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Blanco Rodríguez, Noela e 4 máis
Sobre as actuacións levadas a cabo polo Goberno galego para o cumprimento do acordo parlamentario referido á apertura dun pro-ceso de negociación co Ministerio de Facenda para dotar dun local de titularidade pública o Ateneo de Ourense, a situación en que se atopan as negociacións e o prazo previsto ao respecto 146510
- 48886 (09/PRE-013319)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Pombo Rodríguez, Cosme Eladio e 6 máis
Sobre a exclusión dos investigadores posdoutorais do programa Ángeles Alvariño dos anos 2007, 2008 e 2009 da convocatoria de axudas de apoio á formación posdoutoral publicada o 18 de febreiro de 2016, as intencións da Consellería de Cultura, Educación e Orde-nación Universitaria respecto da convocatoria de concursos nos que poidan participar todos os investigadores interesados e as medidas previstas polo Goberno galego ao respecto 146513
- 48890 (09/PRE-013320)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Rodas Chapela, Daniel e Adán Villamarín, María do Carme Sobre a información, as medidas adoptadas e as solucións previs-tas pola Consellería de Economía e Industria en relación coa inte-rrupción da subministración eléctrica rexistrada o día 28 de marzo de 2016 no concello de Marín, así como os prexuízos causados ás actividades portuarias e aos consumidores 146518
- 48896 (09/PRE-013321)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Rodas Chapela, Daniel e Jorquera Caselas, Francisco Xesús Sobre os criterios seguidos para a repartición da cota de xurelo con-donada, a súa incidencia na das embarcacións quen teñen menos e as actuacións previstas para a súa unificación, así como a realiza-ción dunha xestión conxunta da frota do cerco que permita o man-temento da súa actividade e rendibilidade 146521
- 48980 (09/PRE-013322)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Blanco Rodríguez, Noela e 3 máis
Sobre as previsións do Goberno galego respecto da modificación da relación de postos de traballo do Servizo de Gardacostas de Galicia para a creación dos postos de segunda actividade, a convocatoria no ano 2016 do proceso de consolidación do persoal interino, así como de procesos selectivos para o acceso ao corpo de gardacos-tas, e a solicitude de inclusión deste colectivo no réxime da
Seguri-dade Social do Mar 146524
- 48986 (09/PRE-013323)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Blanco Rodríguez, Noela e 4 máis
Sobre o estado de tramitación do expediente para a declaración do Entroido de Xinzo de Limia de “festa de interese turístico
internacional” 146527
- 48992 (09/PRE-013324)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
SUMARIO
Pombo Rodríguez, Cosme Eladio e Pontón Mondelo, Ana Belén Sobre a opinión e os datos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria respecto dos danos causados no patrimo-nio arqueolóxico polos labores forestais realizados na zona da Mariña luguesa, a existencia dalgún protocolo e a coordinación coa Consellería do Medio Rural para evitalos, así como as actuacións previstas para impedir a destrución dos xacementos polas novas plantacións de eucaliptos “nitens” 146531
- 49000 (09/PRE-013325)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pombo Rodríguez, Cosme Eladio e Jorquera Caselas, Francisco Xesús Sobre as razóns e os datos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria respecto do traballo que está a desenvol-ver o persoal auxiliar-coidador da Xunta de Galicia nos centros públi-cos de ensino para empresas privadas de cátering, así como o prazo previsto polo Goberno galego para a recuperación da xestión pública dos comedores escolares 146535
- 49007 (09/PRE-013326) Grupo Parlamentario Mixto
Iglesias Sueiro, Carmen
Sobre a valoración do Goberno galego así como os datos referidos á elaboración e aprobación da campaña titulada “Eu respecto” que se está a desenvolver nos centros de ensino 146539
- 49032 (09/PRE-013327)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Prado Cores, María Montserrat e Pontón Mondelo, Ana Belén Sobre a valoración do Goberno galego respecto das carencias de persoal que presenta o Servizo de Pediatría do Centro de Saúde da Pobra do Caramiñal, as razóns da non cobertura das ausencias do único pediatra existente e as previsións ao respecto, así como a ampliación da consulta ao horario de tarde 146542
2. Elección e composición do Parlamento, réxime e goberno interior, organización e funcionamento
2.4. Organización e funcionamento do Parlamento
2.4.3. Convocatorias
Sesión plenaria (día 12 de abril de 2016, ás 10.00 horas) 146488
SUMARIO
A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 5 de abril de 2016, adoptou os seguintes acordos:
1. Procedementos parlamentarios
1.4. Procedementos de información
1.4.4. Preguntas
1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito
Admisión a trámite e publicación
- 48779 (09/PRE-013310)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda Solla Fernández, Eva
Sobre a publicación dos resultados do exame realizado no mes de marzo de 2016 para a categoría de enfermaría da fase de oposición correspondente á oferta pública de emprego do Sergas do ano 2013
- 48804 (09/PRE-013311) Grupo Parlamentario Mixto Iglesias Sueiro, Carmen
Sobre as denuncias das organizacións sindicais referidas á actuación da Subdelegación Xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais en relación co traballo do persoal inspector - 48806 (09/PRE-013312)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda Solla Fernández, Eva e 5 máis
Sobre as medidas adoptadas polo Sergas para a adaptación do heliporto do novo hospital de Vigo ao disposto no Decreto 1070/2015, do 27 de novembro, polo que se apro-ban as normas técnicas de seguridade operacional de aeró-dromos de uso restrinxido, as previsións da Xunta de Gali-cia verbo da realización dalgunha xestión para axilizar a emisión da resolución ao respecto pola Axencia Estatal de Seguridade Aérea e a data estimada para a súa entrada en funcionamento
- 48818 (09/PRE-013313)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Docasar Docasar, Ricardo Vicente e 2 máis
Sobre a actuación que vai levar a cabo o Goberno galego en relación coa demanda da Conferencia de Reitores respecto da reválida de segundo de bacharelato prevista na Lei orgá-nica para a mellora da calidade educativa para finais do curso 2016-2017
- 48829 (09/PRE-013314)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Rodas Chapela, Daniel e Jorquera Caselas, Francisco Xesús Sobre as medidas que vai adoptar o Goberno galego para afrontar a perda de produción do banco marisqueiro das Pías, na ría de Ferrol, o prazo previsto para o remate do saneamento integral da ría e o plan que vai desenvolver para a mellora da calidade das augas, así como a súa valoración respecto das bateas de reinstalación
- 48839 (09/PRE-013315)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Sánchez Bugallo, José Antonio e 2 máis
Sobre o anuncio publicado polo Goberno galego nos perió-dicos de Galicia os días 19, 21 e 23 de marzo de 2016 baixo a epígrafe “”Galicia, con vida; coida, ordena, impulsa; nova Lei do solo de Galicia”” e que remata con “”Galicia, o bo camiño”“
- 48850 (09/PRE-013316) Grupo Parlamentario Mixto Iglesias Sueiro, Carmen
Sobre as denuncias referidas ao voto dirixido das persoas maio-res en situación de dependencia ou mobilidade reducida maio- resi-dentes en centros asistenciais e as actuacións levadas a cabo pola Inspección de Servizos Sociais para lles garantir os derei-tos recoñecidos na lexislación vixente nos procesos electorais - 48854 (09/PRE-013317)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Pontón Mondelo, Ana Belén e Jorquera Caselas, Francisco Xesús
Sobre as demandas que vai realizar o Goberno galego ao Ministerio de Defensa en relación coa poxa de tres parcelas situadas no Campo da Estrada, na Maestranza, na cidade da Coruña, prevista para o día 27 de abril
- 48881 (09/PRE-013318)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Blanco Rodríguez, Noela e 4 máis
Sobre as actuacións levadas a cabo polo Goberno galego para o cumprimento do acordo parlamentario referido á apertura dun proceso de negociación co Ministerio de Facenda para dotar dun local de titularidade pública o Ate-neo de Ourense, a situación en que se atopan as negociacións e o prazo previsto ao respecto
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
146486 Número 627 7 de abril de 2016
- 48886 (09/PRE-013319)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Pombo Rodríguez, Cosme Eladio e 6 máis
Sobre a exclusión dos investigadores posdoutorais do pro-grama Ángeles Alvariño dos anos 2007, 2008 e 2009 da con-vocatoria de axudas de apoio á formación posdoutoral publi-cada o 18 de febreiro de 2016, as intencións da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria respecto da convocatoria de concursos nos que poidan participar todos os investigadores interesados e as medidas previstas polo Goberno galego ao respecto
- 48890 (09/PRE-013320)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Rodas Chapela, Daniel e Adán Villamarín, María do Carme Sobre a información, as medidas adoptadas e as solucións previstas pola Consellería de Economía e Industria en rela-ción coa interruprela-ción da subministrarela-ción eléctrica rexis-trada o día 28 de marzo de 2016 no concello de Marín, así como os prexuízos causados ás actividades portuarias e aos consumidores
- 48896 (09/PRE-013321)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Rodas Chapela, Daniel e Jorquera Caselas, Francisco Xesús Sobre os criterios seguidos para a repartición da cota de xurelo condonada, a súa incidencia na das embarcacións quen teñen menos e as actuacións previstas para a súa unifi-cación, así como a realización dunha xestión conxunta da frota do cerco que permita o mantemento da súa actividade e rendibilidade
- 48980 (09/PRE-013322)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Blanco Rodríguez, Noela e 3 máis
Sobre as previsións do Goberno galego respecto da modi-ficación da relación de postos de traballo do Servizo de Gardacostas de Galicia para a creación dos postos de segunda actividade, a convocatoria no ano 2016 do pro-ceso de consolidación do persoal interino, así como de procesos selectivos para o acceso ao corpo de gardacostas, e a solicitude de inclusión deste colectivo no réxime da Seguridade Social do Mar
- 48986 (09/PRE-013323)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Blanco Rodríguez, Noela e 4 máis
Sobre o estado de tramitación do expediente para a declara-ción do Entroido de Xinzo de Limia de “festa de interese turístico internacional”
- 48992 (09/PRE-013324)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Pombo Rodríguez, Cosme Eladio e Pontón Mondelo, Ana Belén
Sobre a opinión e os datos da Consellería de Cultura, Edu-cación e Ordenación Universitaria respecto dos danos cau-sados no patrimonio arqueolóxico polos labores forestais realizados na zona da Mariña luguesa, a existencia dalgún protocolo e a coordinación coa Consellería do Medio Rural para evitalos, así como as actuacións previstas para impedir a destrución dos xacementos polas novas plantacións de eucaliptos “nitens”
- 49000 (09/PRE-013325)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Pombo Rodríguez, Cosme Eladio e Jorquera Caselas, Francisco Xesús
Sobre as razóns e os datos da Consellería de Cultura, Edu-cación e Ordenación Universitaria respecto do traballo que está a desenvolver o persoal auxiliar-coidador da Xunta de Galicia nos centros públicos de ensino para empresas privadas de cátering, así como o prazo previsto polo Goberno galego para a recuperación da xestión pública dos comedores escolares
- 49007 (09/PRE-013326) Grupo Parlamentario Mixto Iglesias Sueiro, Carmen
Sobre a valoración do Goberno galego así como os datos referidos á elaboración e aprobación da campaña titulada “”Eu respecto” que se está a desenvolver nos centros de ensino
- 49032 (09/PRE-013327)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Prado Cores, María Montserrat e Pontón Mondelo, Ana Belén
Sobre a valoración do Goberno galego respecto das caren-cias de persoal que presenta o Servizo de Pediatría do Cen-tro de Saúde da Pobra do Caramiñal, as razóns da non cobertura das ausencias do único pediatra existente e as
pre-BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
Número 6277 de abril de 2016
visións ao respecto, así como a ampliación da consulta ao horario de tarde
Santiago de Compostela, 5 de abril de 2016 Marta Rodríguez Arias
Vicepresidenta 1ª
2. Elección e composición do Parlamento, réxime e goberno interior, organización e funcionamento
2.4. Organización e funcionamento do Parlamento
2.4.3. Convocatorias
Sesión plenaria (día 12 de abril de 2016, ás 10.00 horas) A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 12 de abril de 2016, ás 10.00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 5 de abril de 2016, a orde do día da sesión é a seguinte: Punto 1. Solicitude de creación dunha Comisión de Investi-gación, por iniciativa dos Grupos Parlamentarios da Alter-nativa Galega de Esquerda, do Bloque Nacionalista Galego e Mixto, sobre os contratos, convenios, subvencións ou demais actos administrativos que provocasen que cartos públicos rematasen en mans da fundación FESÁN, doc. núm. 48725 (09/SCI-000012)
Publicación da solicitude de creación, BOPG nº 623, do 30.03.2016
Punto 2. Comparecencias en pleno 2.1 49116 (09/CPP-000417)
Do Sr. conselleiro de Facenda, por petición propia, para informar sobre o peche do exercicio 2015 e o cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria
2.2 44318 (09/CPP-000384)
Do Sr. conselleiro de Economía, Emprego e Industria, por petición propia, para informar sobre o desenvolve-mento do polo tecnolóxico e industrial galego de avións non tripulados
Publicación da iniciativa, BOPG nº 559, do 25.11.2015
Punto 3. Mocións
3.1 49047 (09/MOC-000172)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Soneira Tajes, María Soledad
Sobre a presentación polo Goberno galego no Parlamento de Galicia, no prazo de dous meses, dun estudo de reorde-nación da planta local que sirva de base ás iniciativas de fusión ou cooperación supramunicipal. (Moción a conse-cuencia da Interpelación nº 48052, publicada no BOPG nº 613, do 09.03.2016, e debatida na sesión plenaria do 29.03.2016)
Publicación da iniciativa, BOPG nº 626, do 06.04.2015
3.2 49071 (09/MOC-000173)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda Sánchez García, Antón
Sobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego para garantir que ningunha persoa ou familia sexa desafiuzada en Galicia da súa vivenda habitual. (Moción a consecuen-cia da Interpelación nº 44187, publicada no BOPG nº 559, do 25.11.2015, e debatida na sesión plenaria do 29.03.2016)
Publicación da iniciativa, BOPG nº 626, do 06.04.2015
3.3 49085 (09/MOC-000174)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Gallego Calvar, María Carmen
Sobre o desenvolvemento regulamentario e as modifica-cións que debe introducir o Goberno galego na Lei 2/2014, do 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia. (Moción a consecuencia da Interpelación nº. 45545, publicada no BOPG nº 590, do 27.01.2016, e debatida na sesión plenaria do 29.03.2016)
Publicación da iniciativa, BOPG nº 626, do 06.04.2015
Punto 4. Proposicións non de lei en pleno 4.1 39385 (09/PNP-002862)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Santalices Vieira, Miguel Ángel, e sete deputados/as máis Sobre as actuacions que debe levar a cabo a Xunta de Gali-cia en relación co Programa galego de detección precoz do carcinoma colorrectal
Publicación da iniciativa, BOPG nº 504, do 10.08.2015
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
146488 Número 627 7 de abril de 2016
4.2 43221 (09/PNP-003165)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda Sánchez García, Antón
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Ministerio de Agricultura en relación co acordo lácteo e a actuación a que debe levar a cabo en relación coas conver-sas que está a abrir
Publicación da iniciativa, BOPG nº 545, do 04.11.2015
4.3 44801 (09/PNP-003250)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Vázquez Blanco, Emilio, e dous deputados/as máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego co fin de protexer e salvagardar o patrimonio declarado ben de interese cultural
Publicación da iniciativa, BOPG nº 569, do 10.12.2015
4.4 46728 (09/PNP-003390)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
González Santín, Juan Carlos, e dous deputados/as máis Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da adopción das medidas necesarias para o mantemento da sustentabilidade do sistema da Seguridade Social
Publicación da iniciativa, BOPG nº 602, do 17.02.2016
4.5 46746 (09/PNP-003394)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia Oubiña Solla, Rosa, e sete deputados/as máis
Sobre a elaboración pola Xunta de Galicia dun programa de inserción laboral para as mulleres vítimas de violencia de xénero
Publicación da iniciativa, BOPG nº 602, do 17.02.2016
4.6 47728 (09/PNP-003468) Grupo Parlamentario Mixto Iglesias Sueiro, Carmen
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa atención e prevención da saúde bucodental no Sistema sanitario público
Publicación da iniciativa, BOPG nº 609, do 02.03.2016
4.7 48696 (09/PNP-003541)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Adán Villamarín, María do Carme
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Gali-cia en relación coa súa participación na xestión das empre-sas públicas estatais integradas no sector naval galego e a
demanda a Navantia da remisión do Plan industrial 2016-2020 presentado no seu consello de administración
Publicación da iniciativa, BOPG nº 623, do 30.03.2016
4.8 48715 (09/PNP-003544)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Prado Cores, María Montserrat
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co acordo asinado entre a Unión Europea e Turquía respecto das persoas refuxiadas
Publicación da iniciativa, BOPG nº 623, do 30.03.2016
Punto 5. Interpelacións 5.1 41836 (09/INT-001578)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Paz Franco, María Tereixa
Sobre as medidas adoptadas para afrontar a crise do sector lácteo en Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG nº 527, do 30.09.2015
5.2 48707 (09/INT-001875)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Méndez Romeu, José Luis, e dezasete deputados/as máis Sobre a sentenza do Tribunal Supremo pola que se anula a prórroga de 129 concesións de transporte público
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG nº 623, do 30.03.2016
5.3 48741 (09/INT-001877)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Val Alonso, José Ramón,e dous deputados/as máis Sobre a etiquetaxe do mexillón galego
Publicación da iniciativa, BOPG nº 623, do 30.03.2016
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta 6.1 49097 (09/POPX-000179)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Méndez Romeu, José Luis
Sobre as repercusións para Galicia da política de estrito con-trol do déficit
Publicación da iniciativa, BOPG nº 626, do 06.04.2015
6.2 49111 (09/POPX-000180) Grupo Parlamentario Mixto
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
Número 6277 de abril de 2016
Martínez García, María Consuelo
Sobre as medidas a curto, medio e longo prazo que está a adoptar o Goberno galego para acadar a confluencia salarial
Publicación da iniciativa, BOPG nº 626, do 06.04.2015
6.3 49112 (09/POPX-000181)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Jorquera Caselas, Francisco Xesús
Sobre a valoración da Xunta de Galicia do pesimismo da mocidade galega respecto do seu futuro
Publicación da iniciativa, BOPG nº 626, do 06.04.2015
Punto 7. Preguntas ao Goberno 7.1 48342 (09/POP-004665)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Soneira Tajes, María Soledad, e dous deputados/as máis Sobre a sentenza do Tribunal Constitucional na que se declaran inconstitucionais varios artigos da Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración local
Publicación da iniciativa, BOPG nº 620, do 22.03.2016
7.2 47794 (09/POP-004576)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Sánchez Bugallo, José Antonio, e dous deputados/as máis Sobre a data prevista polo Goberno galego para remitirlles aos deputados solicitantes unha copia do anteproxecto da EDAR do Souto, en Santiago de Compostela
Publicación da iniciativa, BOPG nº 613, do 09.03.2016
7.3 49160 (09/PUP-000268)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Adán Villamarín, María do Carme, e Jorquera Caselas, Fran-cisco Xesús
Sobre a garantía do pagamento por Pemex dos floteis cons-truídos nos estaleiros galegos segundo o acordado
Publicación da iniciativa, BOPG nº 626, do 06.04.2015
7.4 46310 (09/POP-004329)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Baamonde Díaz, Agustín, e sete deputados/as máis
Sobre a relación de autores e autoras que van formar parte da delegación de Galicia no marco da 42ª edición da Feira
Internacional do Libro de Bos Aires en 2016, así como a pro-gramación literaria e cultural que se vai desenvolver nela
Publicación da iniciativa, BOPG nº 599, do 11.02.2016
7.5 49135 (09/PUP-000266)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda Beiras Torrado, Xosé Manuel, e cinco deputados/as máis Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da sus-pensión das probas de reválida previstas no calendario de aplicación da LOMCE para este curso escolar, nomeada-mente as que afectan o alumnado de sexto de educación primaria
Publicación da iniciativa, BOPG nº 626, do 06.04.2015
7.6 48648 (09/POP-004687)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Rodas Chapela, Daniel, e Prado Cores, María Montserrat Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para o cumprimento da legalidade na etiquetaxe de mexillón galego
Publicación da iniciativa, BOPG nº 623, do 30.03.2016
7.7 48702 (09/POP-004698)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda Fajardo Recouso, Juan Manuel
Sobre as medidas previstas polo Goberno galego en relación coa etiquetaxe de mexillón galego
Publicación da iniciativa, BOPG nº 623, do 30.03.2016
7.8 49153 (09/PUP-000267)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel, e sete deputados/as máis Sobre a valoración do Goberno galego respecto da preten-sión da Unión Europea de prohibir a actividade da frota de arrastre a máis de 800 metros de profundidade
Publicación da iniciativa, BOPG nº 626, do 06.04.2015
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
Santiago de Compostela, 5 de abril de 2016 Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
146490 Número 627 7 de abril de 2016
Á MESA DO PARLAMENTO
Eva Solla Fernández deputada pertencente ao Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda (ESQUERDA UNIDA - ANOVA) ao abeiro do disposto no artigo 157 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Pregunta para resposta escrita, relacionada cos resultados publicados na Oferta Pública de Emprego para a categoría de enfermaría no Servizo Galego de Saúde:
En xaneiro de 2016 realizábase por fin o exame para a categoría de enfermaría da fase de oposición da OPE do SERGAS 2013. A oferta, publicada a finais do 2013 permaneceu gardada ata que en 2015 a Xunta decidiu ampliar mínimamente o número de prazas ofertadas.
Máis de dous anos agardando para poder realizar un exame que tería que terse celebrado moito tempo atrás. O tempo transcurrido entre a celebración do último exame de OPE e o actual foi, de nada menos, que de seis anos.
A precariedade laboral é unha constante na Sanidade Pública e a puntuación na fase de oposición é imprescindible, non só para acceder ao concurso das prazas, se non para a orde de chamamento nas listaxes de contratación temporal.
Este feito, une o futuro dos e das profesionais sanitarias a un resultado numérico, polo que resulta imprescindible minimizar os erros na publicación ou cálculo das notas, para evitar prexuízos innecesarios a estas persoas.
Tras o exame da devandita categoría, o SERGAS publicou as plantillas provisorias só uns días despois, sendo publicadas as notas provisorias e plantilla definitiva o 14 de marzo de 2016.
Sen embargo, só un día despóis, o SERGAS anulaba as notas publicadas, cunha breve e escueta nota informativa na que afirmaba houbera unha incidencia na xeración do listado. Todo, sen aclarar, que tipo de incidencia e cal era o problema real.
As novas notas non foron publicadas ata unha semana máis tarde, a pesares de que a plantilla publicada sí era correcta e que os exames corríxense mediante plantilla ao seren tipo test.
Resulta incomprensible a opacidade manifestada, sendo un tema tan importante para as persoas que concorren ao exame e tamén a tardanza na xeración das novas notas.
Ante isto, Alternativa Galega de Esquerda pregunta:
1.- Que tipo de incidencia motivou a anulación das notas? Por que sucedeu?
2.- Cal foi o motivo de non dar conta da natureza de dita incidencia ás persoas aspirantes?
3.- Cal foi o motivo de que a publicación das novas notas demorase unha semana?
Compostela, 22 de marzo de 2016
Asdo.: Eva Solla Fernández
Deputada do G.P. da AGE.
Asinado dixitalmente por:
GRUPO MIXTO
PARLAMENTO DE GALICIA
Parlamento De Galicia | PRE
1
Á MESA DO PARLAMENTO DE GALICIA.
Carmen Iglesias Sueiro, deputada do Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no Regulamento do Parlamento de Galicia, formula a seguinte pregunta para a súa resposta Escrita.
As organizacións sindicais veñen denunciando a posible inxerencia e actitude da Subdelegación Xeral de Autorización e Inspección de Servizo Sociais, no traballo dos inspectores de servizos sociais, que en algúns casos, semellan estar encamiñadas a socavar a independencia e imparcialidade das súas actuacións e a favorecer a determinadas empresas.
En concreto denúncianse propostas de expedientes de sanción sen tramitar, indicacións ao persoal inspector para que este leve a cabo cambios nas actas e informes, a falta de consideración para con este colectivo na toma de decisións da Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais, ou mesmo o intrusismo profesional.
Resulta preocupante tamén, que non se faga un reparto equitativo dos quilómetros que ten que realizar o persoal inspector, de maneira que se garanta que ningún inspector realice no computo dun mes una cantidade de km. moi superior que o resto das/os compañeiras
Polo exposto, a deputada Carmen Iglesias Sueiro, formula as seguintes Preguntas para a súa resposta Escrita:
Que medidas se adoptaron con aquelas empresas que ao longo de varias inspeccións puideron estar incumprindo o establecido nos pregos de contratación ou nas ofertas de melloras realizadas para facerse co contrato?
GRUPO MIXTO
PARLAMENTO DE GALICIA
Parlamento De Galicia | PRE
2 Que medidas se adoptaron nos casos de incorreccións,
desconsideracións, accións ofensivas ou degradantes, actuacións que supoñan discriminación por algunha das razóns establecidas na normativa vixente ou que influíron negativamente na dignidade do persoal inspector e que acabaron repercutindo de xeito negativo no funcionamento da subdirección?
Téñense adoptado medidas para garantir a independencia, obxectividade e imparcialidade do persoal inspector? Cales?
Que medidas se están a adoptar para que persoal non acreditado como inspector, segundo as RPTs, se estea presentando en centros e nas entidades e, sen presenza de persoal inspector, estean efectuando toda clase de actividades e comprobacións materiais de documentación e de análise de calidade ou incluso facendo labores de investigación reservada ao corpo de inspectores?
Cal foi a participación do persoal inspector na elaboración do plan de inspección e na elaboración da futura normativa que terán que aplicar?
Cantas convocatorias e actividades formativas se programaron e realizaron para os inspectores no ano 2015?
Por que non se fai un reparto equitativo dos quilómetros que ten que realizar o persoal inspector, de maneira que se garanta que ningún inspector realice no cómputo dun mes unha cantidade de km moi superior á do resto de compañeiros/as?
Cal é a compensación que recibe o persoal inspector como consecuencia das actividades realizadas fóra da xornada laboral?
Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2016
GRUPO MIXTO
PARLAMENTO DE GALICIA
Parlamento De Galicia | PRE
3
Carmen Iglesias Sueiro
Vicevoceira do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO
A deputada Eva Solla Fernández e os deputados Xabier Ron Fernández, Xosé Manuel Beiras Torrado, Antón Sánchez García, Juan Manuel Fajardo Recouso, Ramón Vázquez Díaz, membros do Grupo Parlamentar da Alternativa Galega da Esquerda (EU-ANOVA), ao abeiro do recollido no artigo 157 do Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta para a súa resposta escrita, sobre a entrada en funcionamento do heliporto do novo hospital de Vigo.
O SERGAS realizou un simulacro cun dos helicópteros medicalizados do 061 en agosto do ano pasado para comprobar o estado da infraestrutura do heliporto do novo hospital de Vigo, o que suporía recuperar un servizo que só estivo dispoñible nos primeiros anos de vida do hospital Meixoeiro. O SERGAS indicaba na súa comunicación de entón que dispor deste servizo “mellorará a calidade asistencial dos pacientes
trasladados polo 061 de Galicia, xa que permitirá acurtar os tempos de chegada ao hospital.”
O SERGAS preveía a entrada en servizo desta infraestrutura en setembro pasado. Ben, pois a mediados do mes de marzo, esta infraestrutura aínda non se puido utilizar para atender o caso dos ciclistas accidentados de A Guarda, porque esta infraestrutura segue pendente de completar un último trámite administrativo, que permita a súa entrada efectiva en servizo. Desta maneira, a persoa ferida que os servizos médicos valoraron nun primeiro intre como máis grave foi transportado en helicóptero dende o lugar do accidente ate Peinador, dada a imposibilidade de achegalo directamente ao novo hospital, para rematar chegando o último dos feridos ao novo hospital vigués. O decreto 1070/2015, de 27 de novembro, polo que se aproban as normas técnicas de seguridade operacional de aeródromos de uso restrinxido fixou un prazo de catro meses para que todas as instalacións afectadas por el puideran adaptarse. Parece ser que a documentación remitiuse dende o hospital Álvaro Cunqueiro só a mediados de febreiro deste ano a Axencia Estatal de Seguridade Áerea (AESA), que é o organismo competente segundo se recolle no artigo 5 do referido decreto.
Semella necesario realizar as xestións oportunas para axilizar con todas as garantías a emisión do informe que resolva respecto do cumprimento das normas técnicas de seguridade operacional que segundo recolle o artigo 27 ten un prazo de seis meses. Enviada a documentación aínda en febreiro os prazos poderían adiar a entrada en funcionamento ate practicamente rematar este verán cos posibles prexuízos para a mellor atención sanitaria pública.
Polo sinalado, o grupo parlamentario da AGE formula a seguinte pregunta para a súa resposta escrita:
- Non coñeceu o SERGAS, previa á entrada en vigor do decreto 1070/2015, de 27 de novembro, os novos requisitos que formulaba?
- Houbo algunha comunicación entre o ministerio de fomento e a Xunta en relación co proceso de elaboración do decreto?
- Cales son a relación das medidas adoptadas polo SERGAS para adaptarse no caso do heliporto do hospital Álvaro Cunqueiro ás novas norma recollidas no decreto 1070/2015, de 27 de novembro?
- Contempla a Xunta realizar algunha xestión para procurar obter a resolución da AESA no prazo máis breve posible?
- Manexa a Xunta algunha data para a entrada en funcionamento da referida infraestrutura?
En Compostela, a 28 de marzo de 2016.
Asdo. Eva Solla Fernández Asdo. Xabier Ron Fernández Asdo. Xosé Manuel Beiras Torrado
Asdo. Antón Sánchez García
Asdo. Juan Manuel Fajardo Recouso Asdo. Ramón Vázquez Díaz
Eva Solla Fernández na data 28/03/2016 14:24:47
Jose Javier Ron Fernandez na data 28/03/2016 14:24:52 Xosé Manuel Beiras Torrado na data 28/03/2016 14:24:58 Anton Sánchez García na data 28/03/2016 14:24:59
Ramón Vázquez Díaz na data 28/03/2016 14:25:01
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
Ricardo Vicente Docasar Docasar, María Concepción Burgo López e Emilio Vazquez Blanco, deputados e deputada pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa mesa a seguinte pregunta para a súa resposta escrita.
O Grupo Socialista ten sido moi crítico coa posta en marcha da LOMCE, pero tamén co seu precipitado e caótico calendario de desenvolvemento, ata o punto de que temos anunciada a súa paralización e a posterior derrogación se chegamos proximamente ao Goberno de España.
Fomos moi críticos co seu insensato “desenvolvemento express”: posta en marcha precipitada dos currículos ou elaboración das novas programacións didácticas, por poñer tan só un par de exemplos significativos e que causaron certo malestar na comunidade educativa galega.
Nos últimos días teñen chegado tamén a este grupo parlamentario queixas dende os colectivos de nais e pais, e dende os colectivos de estudantes, relativas á situación do alumnado matriculado actualmente en bacharelato, que deberá pasar unha reválida para acadar o título de bacharelato ao final do curso 2016-2017.
Entendemos, pois, que esta cuestión está a tempo de ser solucionada, se hai vontade de entender a nova composición do Congreso dos Deputados.
Por iso, e co gallo de coñecer se o Goberno de Galicia ten previsto atender esta cuestión que nos chega dende a comunidade educativa, os deputados e a deputada que asinan preguntan:
Ten previsto o Goberno galego adiar a reválida de segundo bacharelato prevista na LOMCE para finais do curso 2016-2017, tal e como está a solicitar a Conferencia de reitores?
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected] Asinado dixitalmente por:
Ricardo Vicente Docasar Docasar na data 28/03/2016 17:38:36 María Concepción Burgo López na data 28/03/2016 17:38:47 Emilio Vázquez Blanco na data 28/03/2016 17:38:52
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
[email protected] 15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
Daniel Rodas Chapela e Francisco Xesús Jorquera Caselas, deputados do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Preguntas para a súa resposta escrita, relativa a saber das medidas adoptadas pola Xunta de Galicia contra a perda de produción do banco das Pías (Ferrol).
Un grupo de mariscadores da zona Ferrol e Barallobre veñen de realizar unha acción de protesta para mostrara súa indignación pola situación que están a padecer pola falta de recursos no banco marisqueiro das das Pías, denunciando a inhibición e a falta de medidas por parte da consellaría do Mar.
Non lles falta razón as mariscadoras e os mariscadores ao denunciar que están a vivir unha situación alarmante provocada entre outras polo retraso na execución do tan comprometido Plan Integral de Saneamento. Na actualidade, a realidade é que do conxunto de augas residuais que acaban na ría unicamente se depura o 20% da poboación total. O que provoca que sexa a ría con maior superficie de contaminación microbiolóxica. A única de toda Galicia con unha zona de exclusión, e a que conta coa maior zona de produción de ameixa babosa en zona C.
Esta situación excepcional provocou unha modificación nos plans de explotación pasando do plan de dinamización marisqueira (2007-2011) que daba emprego as/os mariscadoras/es e rexeneraba os bancos ao modelo actual de reinstalación en bateas de depuración que repercute nunha empresa e non ten ningunha incidencia nos areais
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
[email protected] 15702 Santiago de Compostela
Galiza
Co actual modelo todo cambiou, o banco das Pías (zona C) mantense aberto 10 meses ao ano e o libre marisqueo (que xa non recibe ameixa de traslados) permanece aberto os 12 meses. Isto provoca un lento, pero continuo proceso de perda de recursos no libre marisqueo, provocando o esgotamento dos mesmos.
O funcionamento das bateas de reinstalación está a provocar unha sangría de perda de diñeiro nas confrarías de Ferrol e Barallobre ao ter que asumir a mortalidade de marisco.
Situación que se agrava coa baixa cantidade de marisco existente no banco das Pías, ao que contribuíu as abondosas chuvias de xaneiro deste ano que aínda minguaron en maior medida os poucos recursos existentes.
Os mariscadoras e mariscadores non son culpables da contaminación microbiolóxica, nin das deficiencias que están a presentar as bateas de reinstalación, nin de tirar a ponte das Pías, nin da acumulación de lama e lixo. E como sofren na súa propia pel que a cousa empeora non lles queda outra que reclamar medidas para a rexeneración deste banco e así poder manter a actividade extractiva e os ingresos.
Estas son as razóns que nos levan a formular as seguintes preguntas para a súa resposta escrita:
1.- Para cando o remate do Saneamento Integral da Ría de Ferrol? Que Plan ten previsto desenvolver a Consellaría para mellorar a calidade das augas e conseguintemente a mellora da clasificación das zonas marisqueiras?
2.- Cal é a valoración que realiza das bateas de reinstalación? Considera adecuado o seu funcionamento? Esta localización é a máis idónea? Cal é a perda que sofre o marisco na súa venda? Que repercusións teñen as confrarías economicamente?
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
[email protected] 15702 Santiago de Compostela
Galiza
3.- Para cando a retirada dos restos da ponte das Pías? E dun plan de rexeneración dos lodos?
4.- Que medidas ten pensado adoptar a Xunta de Galiza para enfrontar a perda de produción deste banco? Hai informes que aconsellen unha parada para dar tempo a rexeneración dos moluscos? Vaise desenvolver algún plan que contemple a retirada do mexillón, arados, aportacións de area, eliminación de depredadores para conseguir a mellora do substrato. Ten pensado desenvolver un proxecto específico en colaboración con outras administracións para buscarlle unha solución integral a este banco?
5.- Como vai enfrontar a perda de ingresos das mariscadoras e mariscadores?
Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2016
Asdo.: Daniel Rodas Chapela Deputado do G.P. do BNG Francisco Xesús Jorquera Caselas
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Daniel Rodas Chapela na data 29/03/2016 11:40:59
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
José Antonio Sánchez Bugallo, Raúl Fernández Fernández e Patricia Vilán Lorenzo, deputados e deputada pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa mesa a seguinte pregunta para a súa resposta escrita.
Ao longo deste mes de marzo a Xunta de Galicia vén publicando na prensa diaria do noso país toda unha batería de anuncios a todo color, cun tamaño equivalente a media páxina, sempre en páxinas impares, baixo o epígrafe Galicia con vida, coida, ordena, impulsa nova Lei do solo de Galicia, rematando con Galicia no bo camiño.
A parte do carácter publicitario, promocional e preelectoral destes anuncios, evidentemente en beneficio do actual Goberno da Xunta de Galicia, e polo tanto do partido que o sustenta, os deputados e a deputada que asinan formulan as seguintes preguntas:
1ª) Cal é a xuízo da Xunta de Galicia a utilidade práctica dos mencionados anuncios, a parte do autobombo?
2ª) Cal é a razón de que o mesmo anuncio fose reiterado nos periódicos de Galicia os días 19, 21 e 23 do mes de marzo?
Pazo do Parlamento, 28 de marzo de 2016
Asinado dixitalmente por:
José Antonio Sánchez Bugallo na data 29/03/2016 13:24:30 Raúl Fernández Fernández na data 29/03/2016 13:24:45 Patricia Vilán Lorenzo na data 29/03/2016 13:24:58
GRUPO MIXTO
PARLAMENTO DE GALICIA
Parlamento De Galicia | PRE
1
Á MESA DO PARLAMENTO DE GALICIA.
Carmen Iglesias Sueiro, deputada do Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no Regulamento do Parlamento de Galicia, formula a seguinte pregunta para a súa resposta Escrita.
En Galicia veñen sucedéndose, nas distintas convocatorias de eleccións, diversas denuncias que atinxen ao voto dirixido de persoas maiores, en situación de dependencia ou con mobilidade reducida, por parte do persoal das residencias ou servizos sociais que os atenden.
Esta práctica, absolutamente inaceptable, debería ser vixiada e controlada por parte da administración para garantir un proceso electoral fiable e os dereitos das persoas votantes, e con elo a calidade democrática, principio que debería prevalecer sobre calquera outro interese e polo que deben velar as institucións. O artigo 73 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia outórgalle á inspección de servizos sociais, entre outras, as seguintes funcións:
Velar polo respecto dos dereitos das persoas usuarias dos servizos sociais.
Recibir, investigar e contestar queixas e reclamacións.
Emitir informe sobre o destino e a adecuada utilización das subvencións e axudas públicas percibidas por persoas físicas ou xurídicas en materia de servizos sociais, así como sobre calquera outra axuda económica articulada a través de convenios, contratos ou outras figuras establecidas na normativa vixente.
Emitir informes de inspección e propoñer a iniciación de expedientes sancionadores, de adopción de medidas cautelares, de clausura de
GRUPO MIXTO
PARLAMENTO DE GALICIA
Parlamento De Galicia | PRE
2
centros, de suspensión das actividades e de revogación e suspensión das autorizacións e acreditacións concedidas.
É por iso que se cre que a inspección de Servizos Sociais deberían ser a competente para controlar o intento de manipular o voto mais coñecido como “carretaxe de votos” nos centros dependentes de Servizos Sociais.
Polo exposto, a deputada Carmen Iglesias Sueiro, formula as seguintes Preguntas para a súa resposta Escrita:
Tense promovido algunha actuación inspectora concreta o día das eleccións ou nos días previos para garantir o segredo, o respecto da opción de voto e a non manipulación do voto das persoas maiores en situación de dependencia ou con mobilidade redución residentes en centros, residencias, vivendas comunitarias, etc?
Que actuacións levou a cabo a Inspección de Servizos Sociais para velar polo respecto dos dereitos das persoas usuarias dos servizos sociais tal e como recolle o artigo 73 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia?
Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2016
Asdo.:
Carmen Iglesias Sueiro
Vicevoceira do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia
Asinado dixitalmente por:
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
[email protected] 15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
Ana Belén Pontón Mondelo e Francisco Xesús Jorquera Caselas,
deputada e deputado do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego
(BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, formula a seguinte Pregunta para resposta escrita, relativa á poxa anunciada polo Ministerio de
Defensa de tres parcelas na cidade da Coruña situadas no Campo da Estrada, na Maestranza.
O Ministerio de Defensa dun Goberno en funcións, anunciaba no BOE de 24 de febreiro de 2016 a poxa de tres parcelas do Campo da Estrada, na Maestranza, que suman 29.262 metros cadrados, e pretende ingresar 24,8 millóns de euros. Non é a primeira vez que Defensa, grazas ao convenio asinado co Concello o 30 de xuño de 1984, actúa como unha auténtica inmobiliaria dedicada á especulación urbanística. Con estas operacións leva ingresados xa case 8.000 millóns de pesetas (sobre 48 millóns de euros de hoxe).
Os terreos do Campo da Estrada que o Ministerio de Defensa pretende sacar a poxa pública, nos que se construíron primeiro o sistema defensivo das murallas, logo a Real Maestranza (século XVIII) e despois o cuartel de Atocha (século XIX), eran e son terreos comunais, é dicir da cidade, ocupados polas monarquías absolutistas para instalacións militares defensivas e en usufruto polo Ministerio da Guerra (hoxe de Defensa). Sitúanse entremurallas, no ámbito de protección de Bens de Interese Cultural (BIC), de altísimo valor patrimonial: o sistema defensivo medieval (lenzo da muralla medieval e o Campo da Estrada) e o
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
[email protected] 15702 Santiago de Compostela
Galiza
sistema defensivo barroco (lenzos e fosos, explanadas e baluartes da muralla barroca). Ambos sistemas están definidos como BIC do Catálogo Municipal de Edificios e Conxuntos do Plan Especial de Reforma Interior da Cidade Vella e Pescadería (PEPRI), que obriga á súa conservación, mantemento e restauración. Por outra banda, as murallas da cidade da Coruña foron declaradas Ben de Interese Cultural do Conxunto Histórico Artístico mediante decreto 29/1984, de 9 de marzo, da Consellería de Educación e Cultura.
Estes terreos forman parte do común, do sistema defensivo da Praza Forte da Coruña e en tanto que terreos do común, son bens propios, pertencentes á cidade desde a súa fundación. Por outra banda, a existencia de restos arqueolóxicos de todo ese sistema defensivo, requiriría a correspondente autorización da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta e do Concello da Coruña para calquera tipo de actuación.
Tanto a lexislación vixente en materia de Patrimonio Arqueolóxico como a documentación arqueolóxica recollida no últimos 30 anos, sumado á cartografía militar dos séculos XVII e XVIII, xunto coa clasificación do PEPRI da área dentro de zona arqueolóxica A, cautela de grao 1, mostran a importancia patrimonial deste espazo e por tanto as cargas ás que pode estar sometida calquera obra de edificación que se proxecte realizar no mesmo, o cal xa foi expresamente advertido ao Ministerio de Defensa.
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
[email protected] 15702 Santiago de Compostela
Galiza
Polas razóns devanditas, formulamos as seguintes preguntas para resposta escrita, relativas á poxa anunciada polo Ministerio de Defensa de tres
parcelas na cidade da Coruña situadas no Campo da Estrada, na Maestranza.
-Vai esixir a Xunta de Galiza a paralización da poxa prevista para o 27 de abril convocada por un Goberno en funcións?
-Vai solicitar ao Ministerio de Defensa a devolución gratuíta ao Concello da Coruña dos terreos do Campo da Estrada para uso público porque son espazos comunais, bens propios, pertencentes á cidade desde a súa fundación?
Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2016
Asdo.: Ana Belén Pontón Mondelo Portavoz s. do G.P. do BNG Francisco Xesús Jorquera Caselas
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Ana Belén Pontón Mondelo na data 29/03/2016 16:33:14
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
Noela Blanco Rodríguez, Raúl Fernández Fernández, María
Quintas Álvarez, Carmen Acuña do Campo e Emilio Vázquez
Blanco, deputadas e deputados pertencentes ao Grupo Parlamentario
dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do
Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte Pregunta
para a súa resposta escrita.
No ano 1969, rematado o que en Ourense é coñecido como “edificio da
Torre”, a caixa de aforros propietaria deste, e en compensación polos
problemas urbanísticos xurdidos derivados da construción do mesmo,
cedeu varias dependencias deste edificio, que foi declarado “edificio
singular”, á cidade. Nun deses locais, na entreplanta, asentouse o
Ateneo, cuxo aluguer pagaba primeiro o Ministerio de Información e
Turismo, e posteriormente a Xunta de Galicia.
O ateneo, nunha época na que o debilitamento da ditadura comezaba a
ser patente, fomentou as actividades de oposición ao franquismo
favorecendo a confluencia de diversos movementos de protesta, sendo
dende os seus inicios un verdadeiro reduto para debater en liberdade, e
un referente de tolerancia e diversidade. Este espazo aberto á sociedade
aglutinou a persoeiros do mundo da cultura e da sociedade ourensán tan
insignes coma os escritores Vicente Risco e Blanco Amor, o doutor
Cabaleiro Goás, o pintor Xaime Quesada, ou aos políticos Celso
Montero e Peña-Rey. Coa chegada da democracia o ateneo mantivo a
súa acción, formando parte da súa programación actividades culturais,
roldas de prensa de plataformas cidadás, actos de solidariedade, debates
políticos, ou actividades varias como campionatos de xadrez.
O ano 2010 marcou o comezo dun camiño complicado e complexo que
chega ata o día de hoxe, cun futuro incerto para a supervivencia da
entidade. Unha orde de desaloxo, froito de intereses urbanísticos e
económicos ante á que a Xunta de Galicia reaccionou con resignación e
complicidade, obrigaba ao Ateneo a abandonar os seus locais
históricos, o que supoñía ter que asumir un custo ata entón inexistente:
o pago dun aluguer. Finalmente en novembro do ano 2011 prodúcese o
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
desaloxo do espazo que viña ocupando tradicionalmente esta
institución.
Tras idas e vindas, o Ateneo instalouse finalmente, compartindo local
co Clube de Tenis de Ramirás, quen lles cedeu parte das instalacións.
Pero en 2014, o baixo no que se atopa foi posto á venda, e cando esta se
produza, se os novos donos non permiten ao Ateneo continuar, a
entidade enfrontarase, con toda probabilidade, ao final do seu camiño,
xa que lle resultará moi difícil atopar outro espazo cuxo custo poida
asumir.
Neste contexto, o pasado 9 de marzo aprobouse na Comisión 4ª de
Educación e Cultura unha proposición non de lei do Grupo Socialista,
segundo a cal se chegaba ao seguinte acordo: “O Parlamento de Galicia
insta á Xunta de Galicia a consultar co Ministerio de Hacienda do
Estado Español o rexistro de locais baleiros de titularidade pública,
para que se abra un proceso de negociación encamiñado a dotar dun
local ao Ateneo de Ourense para que continúe coa súa actividade sen
ánimo de lucro garantindo que os contactos se produzan no prazo
máximo dun mes”.
Por todo, as deputadas e deputados asinantes formulan as seguintes
preguntas:
1.ª) Comunicou a Xunta de Galicia ao Ateneo de Ourense o inicio dos
contactos co Ministerio de Hacienda para dotar a esta entidade dun
local?
2.ª) Consultou a Xunta de Galicia co Ministerio de Hacienda a
dispoñibilidade de locais baleiros de titularidade pública en Ourense?
3.ª) En caso de efectuar dita consulta, notificoulle o Ministerio de
Hacienda a Xunta de Galicia que existían locais baleiros de titularidade
pública en Ourense que puideran ser a sé do Ateneo?
4.ª) En caso de que a resposta fora afirmativa, cal é o número de locais
baleiros de titularidade pública en Ourense?
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
5.ª) En qué punto se atopan as negociacións para dotar ao Ateneo de
Ourense dun local de titularidade pública?
6.ª) En qué prazo de tempo estima a Xunta de Galicia que se poderá
dotar a esta entidade dun local?
Pazo do Parlamento, 29 de marzo de 2016
Asdo.: Noela Blanco Rodríguez
Raúl Fernández Fernández
María Quintas Álvarez
Carmen Acuña do Campo
Emilio Vázquez Blanco
Deputadas e deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Noela Blanco Rodriguez na data 29/03/2016 17:50:56 Raúl Fernández Fernández na data 29/03/2016 17:51:04 Maria Remedios Quintas Alvarez na data 29/03/2016 17:51:11 María del Carmen Acuña do Campo na data 29/03/2016 17:51:17 Emilio Vázquez Blanco na data 29/03/2016 17:51:22
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
[email protected] 15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
Cosme Pombo Rodríguez, Francisco Xesús Jorquera Caselas, Daniel Rodas Chapela, Ana Belén Pontón Mondelo, Tereixa Paz Franco, Montserrat Prado Cores e María do Carme Adán Villamarín, deputadas e deputados do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta para a súa resposta escrita, relativa ás previsións da Consellería para resolver a exclusión dos plans de promoción da investigación, de todo un colectivo constituído por tres promocións de investigadores galegos.
No ano 2006 o Goberno galego pon en marcha o Plan INCITE pensado para establecer un itinerario co que poder desenvolver a carreira investigadora na Galiza e para a promoción da investigación; promoción que incluía convocatorias de contratos predoutorais e dous tipos de contratos postdoutorais:
Os ”Ánxeles Alvariño” convocados nos anos 2007, 2008 e 2009, de tres anos de duración, para a promoción da investigación e pensados para reter aos/ás investigadores/as galegos/as.
Os “Parga Pondal”, pensados para darlle continuidade aos contratos Ánxeles Alvariño, que eran de 5 anos de duración e compromiso de estabilidade.
Lamentabelmente dende 2009, o goberno do Presidente Feijoo levou adiante un Recorte Orzamentario Brutal, que supuxo o maior recorte en materia de I+D+i da historia da autonomía. Recorte que supuxo unha importante redución do número de científicos e a merma de oportunidades para o inicio ou promoción da carreira investigadora; o que obrigou a emigrar a moitos dos/as nosos/as científicos/as. O
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
[email protected] 15702 Santiago de Compostela
Galiza
Presidente Feijoo, a parte de recortar os investimentos en Investigación, tamén puxo en marcha outro Plan “I2C” de formación postdoutoral.
No presente mes de marzo, ao mesmo tempo que A Xunta anunciaba 3 tipos de contratos para “favorecer a retención de talento en Galiza”, ao mesmo tempo que a Xunta anunciaba grandes fichaxes de investigadores que estaban no estranxeiro mentres esquecían a canteira da investigación Galega, ao mesmo tempo que se publica unha orde (DOG de 4 de marzo) para a concesión de axudas de apoio á formación postdoutoral, un grupo de investigadores e investigadoras denunciaba a exclusión definitiva de todo un colectivo constituído por tres promocións de investigadores galegos, formados e contratados polo SUG; exclusión definitiva dos plans de promoción da investigación, presentes e futuros, do goberno autonómico.
Na súa denuncia pública, este colectivo de investigadores formados ao amparo de contratos postdoutorais “Ánxeles Alvariño”, afirmaban que:
“Esta exclusión supón de facto o fin das nosas carreiras científicas no SUG e olvida a tres promocións de investigadores formados polo sistema público galego, acreditados e avaliados positivamente pola ACSUG; esta exclusión supón a perda para a sociedade dos abundantes fondos públicos invertidos na nosa formación”.
“Agradecemos á sociedade a oportunidade e confianza que depositaron en nós, e somos conscientes do actual contexto de crise económica, mais non podemos aceptar sen máis a nosa exclusión do sistema investigador galego en base a razóns burocráticas ou políticas, mentres dende o executivo se fala abertamente de aposta pola investigación e fichaxe de investigadores estrela”.
O Grupo Parlamentar do BNG comparte a opinión deste grupo de investigadores e investigadoras por entender que: Galiza non pode “Excluír de facto a tres promocións de investigadores (acreditados e avaliados positivamente pola ACSUG) formados polo
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
[email protected] 15702 Santiago de Compostela
Galiza
sistema público galego, da posibilidade de continuar coa súa actividade investigadora” nin debe consentir a perda dos fondos públicos invertidos na súa formación”.
O Grupo Parlamentar do BNG entende que o goberno galego debe promover axudas para a formación postdoutoral, nos que podan participar as e os investigadores galegos, sen exclusións e en base a criterios de calidade científica; para non obrigar á emigrar a investigadoras e investigadores (avaliados pola ACSUG) na súa etapa de máis produtividade e madurez.
O Grupo Parlamentar do BNG considera que compre maior investimento en I+D+i para facer posíbel o desenvolvemento dos sectores produtivos galegos e para facer posíbel a creación de riqueza na nosa terra; tamén consideramos que Galiza non pode perder investigadores/as galegos/as despois dos investimentos públicos para formalos, despois de avaliados positivamente en base a criterios de calidade científica e no momento máis produtivo da súa carreira.
Estas son as razóns polas que formulamos as seguintes preguntas para a súa resposta escrita:
1.- É consciente a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do malestar de moitos investigadores/as galegos/as ao vérense excluídos de poder concorrer ás axudas de apoio á formación postdoutoral contempladas na orde de 18 de febreiro de 2016, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación postdoutoral?
2.- Considera a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria normal que os investigadores de 3 promocións formadas, ao amparo de varias convocatorias de axudas á formación postdoutoral “Ánxeles Alvariño”, non podan
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
[email protected] 15702 Santiago de Compostela
Galiza
continuar coa súa formación polo feito de seren plans de gobernos de diferente cor política? Non sería máis lóxico que puidese participar toda persoa investigadora que cumprise uns requisitos de calidade e mérito?
3.- Considera a Xunta de Galiza normal o condenar á emigración a moitos/as Investigadores/as galegos mentres se está anunciando a contratación de grandes fichaxes de investigadores/as do estranxeiro?
4.- Contempla a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a apertura de concursos públicos de axudas á formación postdoutoral, abertos e non excluíntes, nos que podan participar a totalidade de investigadores/as que teñan interese en continuar coa súa formación investigadora?
5.- Qué medidas ten pensado a Xunta de Galiza para garantir a Igualdade de Oportunidades de todos/as os /as investigadores/as galegos (que queiran acceder a axudas de formación postdoutoral) á hora de poder participar nunha convocatoria pública, non excluínte, competitiva, baseada en méritos e criterios de calidade investigadora, aberta a todos os investigadores postdoutorais, ben baixo unha mesma modalidade ou en diferentes modalidades, independentemente do plan polo que previamente foran contratados polo SUG?.
Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2016
Asdo.: Cosme Pombo Rodríguez Daniel Rodas Chapela Ana Belén Pontón Mondelo
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
[email protected] 15702 Santiago de Compostela
Galiza
Montserrat Prado Cores María do Carme Adán Villamarín
Deputada do G.P. do BNG Francisco Xesús Jorquera Caselas
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Cosme Eladio Pombo Rodríguez na data 29/03/2016 18:09:27 Daniel Rodas Chapela na data 29/03/2016 18:09:33
Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 29/03/2016 18:09:37
María Monserrat Prado Cores na data 29/03/2016 18:09:41 María Tereixa Paz Franco na data 29/03/2016 18:09:43
María do Carme Adán Villamarín na data 29/03/2016 18:09:46 Ana Belén Pontón Mondelo na data 29/03/2016 18:09:48