• No se han encontrado resultados

ESCOLMA

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "ESCOLMA"

Copied!
253
0
0

Texto completo

(1)

DEPARTAMENTO DE

LINGUA GALEGA E LITERATURA

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

CURSO 2011-12

- ESCOLMA

(2)

I] INTRODUCIÓN. CUESTIÓNS COMÚNS... p. 2

II]

LINGUA GALEGA E LITERATURA ESO

... p. 32

III]

LINGUA GALEGA E LITERATURA BAC

... p. 178

IV]

COMPETENCIA COMUNICATIVA E DIXITAL PCPI

... p. 263

I] INTRODUCIÓN. CUESTIÓNS COMÚNS

1. Contextualización. Composición do Departamento 2. Materiais e recursos didácticos

3. Medidas de atención á diversidade

4. Contribución da materia ao logro das competencias básicas 5. Accións de contribución ao proxecto lingüístico

6. Educación en valores 7. Avaliación.

A) Procedementos de avaliación da aprendizaxe do alumnado. Instrumentos de avaliación. Avaliación inicial na ESO.

B) Avaliación do proceso de ensino e da práctica docente. C) Avaliación do Proxecto Curricular.

8. Criterios de cualificación, promoción e recuperación. 8.1. Cualificación

8.2. Promoción

8.3. Recuperación. Plans de traballo e programa de reforzo. i) Suspensos

(3)

ii) Pendentes. Programas específicos personalizados: plans de traballo e programa de reforzo, incluíndo a avaliación continua

9. Actividades complementarias e extraescolares 10. Información ao alumnado

7. AVALIACIÓN.

A) PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE DO ALUMNADO. INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN. AVALIACIÓN INICIAL

B) AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINO E DA PRÁCTICA DOCENTE. C) AVALIACIÓN DO PROXECTO CURRICULAR.

Entendemos a avaliación como un proceso integral, no que se contemplan diversas dimensións ou vertentes: análise do proceso de aprendizaxe dos alumnos e das alumnas, análise do proceso de ensino e da práctica docente, e análise do propio Proxecto Curricular.

A) PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE DO ALUMNADO. A avaliación concíbese e practícase da seguinte maneira:

• Individualizada, centrándose na evolución de cada alumno e na súa situación inicial e particularidades.

• Integradora, para o cal contempla a existencia de diferentes grupos e situacións e a flexibilidade na aplicación dos criterios de avaliación que se seleccionan.

• Cualitativa, na medida en que se aprecian todos os aspectos que inciden en cada situación particular e que se avalían de forma equilibrada os diversos niveis de desenvolvemento do alumno, non só os de carácter cognitivo.

• Orientadora, dado que lle achega ao alumnado a información precisa para mellorar a súa aprendizaxe e adquirir estratexias axeitadas.

• Continua, xa que atende á aprendizaxe como proceso, contrastando os diversos momentos ou fases.

(4)

Contemplamos as tres modalidades fundamentais:

-Avaliación inicial. Proporciona datos verbo do punto de partida de cada alumno, constituíndo unha primeira fonte de información sobre os coñecementos previos e características persoais, que permiten unha atención ás diferenzas e unha metodoloxía axeitada.

-Avaliación formativa. Concédelle importancia á evolución ao longo do proceso, conferindo unha visión das dificultades e progresos de cada caso.

-Avaliación sumativa. Establece os resultados ao remate do proceso de aprendizaxe en cada período formativo e a consecución dos obxectivos.

Así mesmo, contémplase no proceso a existencia de elementos de autoavaliación e coavaliación que impliquen os alumnos e as alumnas no proceso.

Ademais das probas de avaliación estándar, existen outras non convencionais para avaliar non só coñecementos, senón tamén formas de actuación: a capacidade para enfrontarse a problemas, resolver tarefas complicadas, planificar o traballo, avaliar resultados e propoñer cambios nos coñecementos. En definitiva, permiten coñecer un pouco mellor a evolución de cada alumno ou alumna. Intentaremos aplicar, cando menos, os dous tipos que se presentan a continuación.

Realización de tarefas.

Son un grupo heteroxéneo de probas de avaliación, individuais ou grupais, que teñen en común o requirir a activa participación dos alumnos e das alumnas para, aplicando os coñecementos oportunos e poñendo de manifesto os seus procesos de pensamento, solucionar unha tarefa-problema.

As tarefas-problema que teñen que resolver os alumnos son moi variadas. Nalgúns casos trátase de experiencias ou investigacións sinxelas. Noutros, consisten en obter información, reelaborala e comunicala, analizar ou reescribir textos, realizar gráficos a partir de datos, etc.

Para avalialas cómpre ter claros os obxectivos e compartir a valoración da execución da tarefa por parte dos alumnos cunhas pautas e con escalas. A información que achegan permite detectar erros conceptuais e puntos débiles na aprendizaxe, ademais de proporcionar unha guía para coñecer como pensan, como planifican e como responden os alumnos ante un problema.

(5)

Trátase de probas similares ás do apartado anterior, pero non realizábeis no transcurso dunha clase. Son proxectos de longa duración que normalmente requiren unha investigación prolongada, a observación dun fenómeno durante un certo período de tempo, o rexistro de feitos, etc. A duración do proxecto debe ser establecida previamente e débese animar os alumnos e alumnas para que planifiquen as súas actividades de forma que consigan rematar o traballo na data pactada. Recóllense normalmente como traballo de avaliación.

Procuraremos empregar diferentes instrumentos de avaliación e integrar esta nas actividades que se levan a cabo no proceso de ensinanza-aprendizaxe. Deben permitirlle ao profesor/a acumular o maior número de datos posíbel para que poida atender ao cumprimento dos obxectivos por parte do alumno/a e para que poidamos avaliar a adecuación do enfoque didáctico.

INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN Os principais son os seguintes:

1. Observación sistemática do traballo na aula (diario de clase, escalas de observación...). 2. Análise da produción textual (oral e escrita) do alumnado

3. Valoración de tarefas sobre textos (comentarios e resumos, caderno do alumno, lecturas...) e en proxecto de comunicación.

4. Análise das interaccións do alumnado (actitudes, implicación en debates, achegas ao traballo colectivo en grupos...).

5. Resultado dos exercicios de control de coñecemento, das probas obxectivas. Realizaranse como mínimo dous exames por trimestre.

6. Respostas a cuestionarios e rúbricas (detección de ideas e de coñecementos previos; autoavaliación; control das aprendizaxes adquiridas...).

AVALIACIÓN INICIAL (na ESO)

Pola súa significación, este Departamento profundou na concepción e formulación da avaliación inicial, poñendo en común os criterios todos e evitando a dispersión de modelos, para mellorar a detección de deficiencias comúns e particulares. Como para calquera outra avaliación, asumimos que as probas teñen que ser deseñadas integrándoas plenamente no proceso de

aprendizaxe e que avaliar é sobre todo coñecer a estratexia empregada polo alumnado na resolución das tarefas para comprendermos as causas das dificultades.

(6)

As claves para este labor -os obxectivos que o orientan, a instrumentación e a análise dos resultados- expoñémolos a continuación.

a) Obxectivos (xerais e específicos):

-Observar a madureza do proceso de aprendizaxe (nivel de contidos e dominio de destrezas e capacidades imprescindíbeis para a construción de aprendizaxes novas) para regulalo e atender a diversidade.

-Clarificar as necesidades académicas que ten o grupo para adecuar a programación de aula, adaptando obxectivos, contidos e criterios.

-Establecer un réxime de prioridades e estratexias didácticas. -Avaliar a competencia curricular nas capacidades básicas. -Apreciar o grao de integración social no contexto escolar.

-Coñecer a situación de partida do alumnado no que se refire a hábitos e técnicas de estudo, autoconcepto, respecto, etc.

-Comprobar o nivel de velocidade e comprensión lectoras.

-Coñecer o dominio da expresión escrita (coherencia, ortografía, etc.).

-Revelar a análise e razoamento lóxico empregados na resolución de problemas. -Verificar o pouso dos contidos mínimos do curso anterior.

b) Contidos e medios.

Será necesario avaliar, tendo como referencia sempre o estadio da aprendizaxe, os seguintes aspectos: ideas previas (perfil do alumnado e conceptos previos) e competencia (uso oral, lectura, comprensión e expresión escrita, gramática, sociolingúística, literatura). O perfil atenderá o autoconcepto, a motivación e as actitudes e pode trazarse sobre un cuestionario. Os conceptos previos rastréxanse por medio de tests de elección múltiple, mapas conceptuais para completar ou cuestións abertas. Na oralidade consideraremos a claridade, a adecuación ou a fonética a través de actividades motivadoras. Coa lectura individual apreciaremos a fluidez, a entoación... E os restantes aspectos poden avaliarse cunha proba escrita adaptada para unha sesión. Nela non deben faltar cuestións de comprensión -sobre a inferencia (extraendo información implícita ou cubrindo espazos en branco), a interpretación global e síntese ou a análise e razoamento lóxico- e de expresión

-valorando o dominio das propiedades textuais e a creatividade.

Realizarase unha avaliación diagnóstica co obxectivo de valorar o grao de desenvolvemento nas destrezas lingüísticas. Os procedementos básicos para iso serán:

(7)

profesor/a, para comprobar o grao de atención e comprensión oral.

- Realizar exposicións orais breves manifestando opinións ao respecto de temas de

actualidade ou narrando anécdotas de carácter persoal, para valorar a capacidade expresiva a nivel oral.

- Formular cuestións ou realizar actividades sobre textos lidos, para coñecer o grao de comprensión lectora.

- Producir textos de diferente tipoloxía, para avaliar a capacidade expresiva a nivel escrito.

c) Proceso e resultados.

É posíbel adicar os primeiros días de clase a realizar o conxunto da avaliación ou ben secuencialas sobre cada unha das unidades (especialmente, os conceptos previos, a lectura e a oralidade). Os exercicios poden avaliarse sen necesidade dun cómputo estrito de acertos e erros, pero sempre deixando constancia das deficiencias.

B) AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINO E DA PRÁCTICA DOCENTE.

Explicítase fundamentalmente na memoria do Departamento. Algúns dos aspectos aos que atenderá son os seguintes:

 Organización e coordinación do equipo. Grao de definición. Distinción de responsabilidades.

 Planificación das tarefas. Dotación de medios e tempos. Distribución de medios e tempos. Selección do xeito de elaboración.

 Participación. Ambiente de traballo e participación. Clima de consenso e aprobación de acordos. Implicación dos membros. Proceso de integración no traballo. Relación e implicación dos pais. Relación entre os alumnos e alumnas, e entre os alumnos e alumnas e os profesores.

C) AVALIACIÓN DO PROXECTO CURRICULAR.

Co fin de establecermos unha avaliación plena de todo o proceso, avaliaranse os seguintes indicadores:

(8)

 Relación entre obxectivos e contidos.

 Adecuación de obxectivos e contidos coas necesidades reais.  Adecuación de medios e metodoloxía coas necesidades reais.

8. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN, PROMOCIÓN E RECUPERACIÓN 8.1. CUALIFICACIÓN

O Departamento mantén no esencial os valores dos distintos tipos de contidos, diferenciando a ESO do Bacharelato, tal como se especifica nos apartados correspondentes dos distintos bloques (ESO e BAC) desta programación. Neles tamén se recolle a valoración do absentismo. Para o alumnado que perda o dereito á avaliación continua ao acumular máis de doce faltas (quince en 1º ESO) sen xustificar, realizarase unha proba única final na que terá que dar conta dos contidos mínimos da materia e que só se superará demostrando un dominio suficiente destes.

O peso dos distintos instrumentos de avaliación é o seguinte:

a) Notas das probas obxectivas sobre contidos da materia. Suporán entre o 50% e o 70% do total da nota, na ESO, e entre o 60% e o 80% no BAC, dependendo do tipo de contidos que se inclúan nelas. Realizaranse como mínimo dous exames por trimestre. Establécese un mínimo para

poder facer media entre as probas que sería un terzo da nota total. Tamén entendemos que os

contidos progresivos que impartimos esixen que a materia sexa acumulativa, de xeito que se teña que dar conta de destrezas e saberes abordados no conxunto do curso.

Na avaliación extraordinaria, en setembro, o exame contará entre o 80% e o 100% da nota, segundo se soliciten ou non traballos específicos e/ou probas de lectura. Este exame incluirá cuestións sobre os distintos bloques de contido: comunicación (comprensión e construción de textos), reflexión sobre a lingua, lingua e sociedade e educación literaria.

b) Notas das elaboracións. A suma dos resultados das actividades e tarefas e/ou a realización dun traballo de trimestre de investigación e produción, elementos todos eles fundamentais no desenvolvemento e avaliación das competencias, encherán ata o 30% da nota media na ESO e ata o 20% en Bacharelato. Tamén se terá en conta neste apartado a calidade do caderno e a resposta ás propostas de creación. A data de presentación de traballos ou cadernos será inaprazábel e a demora restará boa parte da puntuación ou toda, segundo a gravidade.

No caso da realización de secuencias de comunicación de certa amplitude que integren tipos de contido diversos (como as que pretendemos desenvolver este curso en 1º ESO), así como cando

(9)

se traballe con cadernos dixitais ou coa creación de contornos de traballo na rede, o valor deste bloque pode chegar ao 50%, en prexuízo das notas das probas obxectivas.

c) Nota por libros de lectura. Será preciso realizar unha lectura mínima por trimestre, que será avaliada a través dun traballo ou unha proba e suporá un 10% da nota da avaliación. O

incumprimento ou a realización deficiente nun trimestre fará que se duplique ese valor no seguinte se tampouco se supera a súa avaliación. Ademais, no exame de setembro pódese requirir a

realización dun traballo ou de diferentes cuestións sobre as lecturas do curso, con idéntico peso ao especificado para os trimestres. As lecturas voluntarias (de libros recomendados) poden

incrementar a nota ata un punto no BAC e sen teito na ESO.

d) Notas diarias ou semanais de actitude. A constancia e o esforzo, o respecto aos compañeiros, o/a profesor/a e a materia, a participación e o interese ou a práctica habitual,

desprexuizada e en progresión do uso oral do galego contarán ata un 20% da nota na ESO e ata un 10% no Bacharelato, e nunca por debaixo do 5%.

Instrumentos de avaliación ESO BAC Probas obxectivas (exames) 50-70 % (setembro: 80-100 %) 60-80 % (set. 100 %) Elaboracións

(traballos, tarefas, creacións, caderno) Ata 30 % (pode chegar ao 50% no caso de secuencias e producións dixitais)

Ata 20 %

Libros de lectura 10,00% 10,00% Actitudes Ata 20 % Ata 10 %

Será responsabilidade do profesor ou profesora que imparta a materia concretar eses valores, segundo as características do curso e grupo, e sempre de acordo cos anteriores parámetros. Esa concreción seralle comunicada ao alumnado a comezos do curso.

8.2. PROMOCIÓN

Os nosos criterios estéanse nestes dous puntos:

-atención á lexislación vixente que emana de documentos oficiais como son o DOG e o PEC, e a organismos colexiados como a Xunta de Avaliación e o Departamento de Orientación.

-adecuación aos requisitos que se recollen nos criterios de avaliación e cualificación xunto cos mínimos exixibles.

(10)

8.3. RECUPERACIÓN i) Suspensos na ESO

Serán precisas actividades de recuperación sempre que nunha avaliación calquera (de unidade, grupos de unidades ou de trimestre) se atope alumnado motivado ou traballador que non acade bos resultados -nalgún aspecto particular ou no conxunto da materia- ou alumnado

desmotivado pero cun mínimo de vontade de recuperación. Por suposto, deberán ser de obrigada aplicación no caso dun fracaso xeneralizado, cunha moi alta porcentaxe de suspensos na aula.

É conveniente que a concreción destas actividades sexa negociada e acordada cos

implicados e que conxugue a obrigatoriedade coa voluntariedade. En todo caso, deberán partir do nivel de desenvolvemento efectivo daqueles, no camiño da motivación e da significatividade. Así mesmo, deseñaranse, organizaranse e avaliaranse dentro do marco de valoración de contidos establecido polo Departamento.

As actividades máis individualizadas haberá que tiralas das seguintes fontes:

a) as propostas realizadas polas editoriais empregadas (Anaya, Santillana Obradoiro e Rodeira) para adaptación curricular, para reforzo e ampliación ou para revisión e/ou avaliación de contidos, segundo o nivel e as necesidades de recuperación. Dispoñemos, para o caso, de cadernos de exercicios adaptados obxectivo a obxectivo, de guías de profesor/a con ampliación

procedemental e suxestións e mais dos suplementos gramaticais e de síntese dos propios libros de texto. Este material tamén se emprega nas aulas de Agrupamento específico.

b) actividades de materiais complementarios que permiten traballar aspectos concretos polo miúdo. É o caso da colección Texto / Léxico / Gramática, etc., de Anaya ou da serie Traballando co

léxico, de Xerais, entre outros.

c) exercicios elaborados polo profesorado do Departamento.

Os obxectivos a acadar serán a mellora da expresión escrita (propiedades textuais, ortografía, acentuación, puntuación...), a fixación da gramática normativa (asimilación de

paradigmas, regras...), a ampliación e depuración do léxico, a reorientación -ou formación- do labor analítico (morfolóxico, sintáctico, textual...), a comprensión dos conceptos fundamentais, así como calquera outro recollido nesta programación. No primeiro ciclo farase fincapé nos tres primeiros.

As actividades globalizadoras supoñen xa unha adaptación metodolóxica e de contidos. Por exemplo, deseñar proxectos de comunicación atraentes, con incorporación da TIC; realizar ou incrementar o traballo en grupo, especialmente de tipo cooperativo; levantar propostas de creación e traballos voluntarios; incentivar a lectura ampliando o abano de escolla, presentando os libros, etc.; achegar todo o traballo no posible ás capacidades e intereses do alumnado; ou ofrecer sesións (por exemplo, no recreo) para preparar o estudo dos contidos.

(11)

Estas actividades, realizadas segundo as indicacións do/a profesor/a, poden facer recuperar efectivamente, non só o dominio mínimo esixíbel das capacidades e destrezas, senón o suspenso do trimestre; e, posto que a nosa materia é progresiva e con avaliación continua, o curso.

ii) Suspensos no BAC

A recuperación na ESPO debe realizarse a través de probas obxectivas que se poden fixar antes de cada avaliación ou en xaneiro, marzo-abril e nun exame final.

Así e todo, poden deseñarse actividades de recuperación, avaliadas tamén dentro do marco de valoración de contidos. Terán como obxectivo a mellora do dominio de contidos curriculares frouxos, ben por parte de toda a clase por falta de base, ben por parte do alumnado que amose certas carencias.

Consistirán no seguinte:

a) actividades propostas pola editorial empregada (Rodeira) como complemento, reforzo ou ampliación na guía do profesorado;

b) actividades tiradas de materiais complementarios (Prácticas de Lingua, Método

activo de Do Cumio, etc.) ou elaboradas polo Departamento;

c) repetición ou ampliación do traballo do trimestre (que inclúe heurísticos, labores de investigación e produción...);

d) preparación da asimilación dos contidos en sesións extra.

iii) Pendentes. Plans de traballo para a superación de materias pendentes.

Programas específicos personalizados : programas de reforzo para lograr a recuperación das mesmas, incluíndo a avaliación continua.

iii.a) Pendentes na ESO

De acordo co do DOG do 7 de Xaneiro de 2008, cómpre que a avaliación das aprendizaxes do alumnado coa materia pendente siga un plan de traballo e sexa coordinada para que non se reduza á realización das probas establecidas. Para iso, este Departamento fixa as seguintes pautas de actuación:

1. O alumnado afectado será informado por escrito sobre, cando menos: - quen van ser os responsábeis da avaliación,

- que contidos se van esixir,

- que actividades concretas debe realizar e en que prazos,

(12)

- que implica a cualificación positiva da materia (con contidos progresivos) no seu curso actual,

- e cales son as datas previstas para a realización das probas.

Tamén será consultado para captar as súas principais dificultades e poder, a partir de aí, adaptar as actividades.

2. Contidos esixíbeis: os contidos a traballar e avaliar serán os estabelecidos como mínimos -para o curso da pendente- nesta programación. Prestaráselles especial atención aos non presentes no curso seguinte.

3. Actividades de avaliación : As actividades a realizar serán determinadas polo conxunto do Departamento, indicadas e recollidas polo/a profesor/a actual do alumno ou alumna e corrixidas do xeito acordado entre aquel/a e a/o xefa do Departamento. Consistirán en:

» cuestións sobre lecturas non realizadas o curso anterior » traballos que inclúan documentación, análise, creación, etc.

» calquera das actividades individualizadas presentadas no apartado i) deste punto para os suspensos na ESO.

A primeira entrega faráselle ao alumno, como moi tarde, antes das vacacións de Nadal. 4. Dada a improbabilidade da organización de clases de recuperación fóra do horario lectivo xeral, estudarase a posibilidade de realizar apoios nos recreos. De non ser posíbel, será o propio profesorado do curso quen informe e oriente sobre os resultados das actividades de recuperación.

5. Os criterios de avaliación específicos da materia pendente penéiranse entre os do curso correspondente de acordo cos contidos mínimos.

6. A avaliación adecuarase no posíbel aos criterios xerais de cualificación, de modo que a realización das actividades antes citadas suporá ata un 40%-50% da nota final, que se completará coa realización dos exames parciais (xaneiro/febreiro e abril) ou final (maio / setembro). A falla dalgún destes instrumentos de avaliación impediría conseguir o aprobado.

7. Avaliación continua. Posto que esta materia ten fundamentalmente contidos progresivos

e a avaliación é continua, aquel alumnado que supere Lingua galega e literatura do seu curso actual

na segunda avaliación considerarase que, cumprindo coas esixencias dos anteriores puntos, tamén alcanzou os obxectivos fixados para a pendente, da que xa non terá que se examinar en adiante.

De xeito esquemático, o alumnado terá que intentar:

a) realizar de xeito satisfactorio as actividades entregadas b) superar o 1º parcial (xaneiro)

(13)

c) aprobar a segunda avaliación do curso actual (marzo) d) superar o 2º parcial (abril)

e) superar o exame final (maio)

f) superar o exame final extraordinario (setembro)

O aprobado pode conseguirse por medio destas diferentes vías:

a) [+ b)] + c) Así evítase xa os exames parciais e o final, de acordo coa avaliación continua a) + b) + d) Evítase o exame final

a) + e) f)

Antes da realización dunha das dúas probas, o alumnado entregará as actividades que o departamento lle facilitou co fin de completar a nota do seu exame, así como repasar, reforzar e afondar nos contidos mínimos sobre os que se examinan. Estas actividades serán valoradas en torno ao 40%-50% da nota global; o exame completará o restante. No mes de setembro celebrarase a proba extraordinaria na data que determine a Xefatura de estudos. O departamento difundirá os contidos mínimos que serán obxecto das probas e a relación de quen, ao seu xuízo, debe presentarse a elas.

Programas específicos personalizados. Reforzos e actividades de recuperación.

Tendo en conta que en cada curso propoñemos unhas actividades de ensino-aprendizaxe que recollen e reiteran o visto no curso anterior, para así poder avanzar de forma gradual nuns contidos que intensifican e enriquecen os cursos anteriores (de aí o concepto de programación cíclica), a realización destas actividades polo alumnado pendente supón un repaso e un reforzo do visto no curso anterior. Por iso é polo que aparece como criterio a superación das dúas primeiras avaliacións, xa que na terceira avánzase cara a estruturas máis complexas e cara a unha continuidade de diseminación-recolección.

Estas actividades realizaranse sen menoscabo e coa meta da superación dos exames propostos nos criterios arriba indicados, ou ben da superación das dúas primeiras avaliacións. As actividades propostas coincidirán, como nos demais alumnos da materia, cos procedementos de avaliación xa marcados no apartado específico.

Ademais, o alumnado recibirá unha serie de actividades que deberá entregar realizadas antes da proba de exame. Estas abranguerán, dunha maneira eminentemente procedemental, os contidos sobre os que se examinan.

(14)

De ser posíbel, trataríase de atender este alumnado durante algún recreo ou os luns de 18 a 18´30h., de acordo co alumnado, e no día a día coa coordinación do profesorado dos niveis implicados.

iii. b) Pendentes no BAC

Realizaranse dúas probas, a 1ª no mes de xaneiro, e, de non superar esta, realizarase unha final no mes de maio, así como o exame final extraordinario en setembro.

Contidos esixíbeis.

Os contidos a traballar e avaliar serán os estabelecidos como mínimos -para o curso da pendente- nesta programación. En 1º BAC prestaráselles especial atención aos non presentes no curso seguinte.

Programas específicos personalizados. Reforzos e actividades de recuperación.

Ao igual que na ESO, tratarase de atender este alumnado durante algún recreo ou os luns de 18 a 18´30h., e no día a día coa coordinación do profesorado dos niveis implicados (1º e 2º).

9. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES As actividades principais serán:

Saídas para visitar exposicións ou espectáculos de interesse, como a asistencia a obras de teatro (segundo a oferta dos programas das diferentes compañías), ou tamén proxeccións.

Asistencia a sesións de contacontos, obradoiros, recitais, charlas,

conferencias, coloquios ou mesas redondas sobre temas de interese para a materia.  Visualización de cinema en galego e audicións de poemas recitados ou

musicados e de música do noso ámbito cultural.

Recompilación e exposición de materiais sobre normalización lingüística, o humor gráfico e a banda deseñada, figuras relevantes do mundo das Letras e das Artes, etc.

Excursións e roteiros, ben pola comarca, ben por outros lugares de interese didáctico, deseñando as actividades pertinentes (a ser posible, de carácter

(15)

referencias literarias, flora e fauna, restos arqueolóxicos, etc., o que permitirá apreciar e valorar o propio.

No caso da non asistencia a ditas actividades, o alumnado poderá ter que realizar un traballo marcado polo Departamento para acadar e/ou complementar o coñecemento dos contidos

abordados.

O proxecto que presentaremos a comezos de curso á Dirección incluirá, cando menos, estas actividades:

1. Colaboración na realización das actividades do EDL, en especial o intercambio entre centros e mais o Correlingua.

2. Asistencia á representación e animación realizada por Serafín Marcos ou Brais Fernández posiblemente sobre As Letras Galegas. No Centro. Abril-maio.

3. Asistencia a sesións de Contacontos: Charo Pita, etc. No Centro. Marzo-abril.

4. Saída a Santiago de Compostela para participar no Certame “Tíralle da Lingua”. Previa selección de monólogos na fase final no Centro durante a Semana Cultural.

5. Encontros cos autores das obras de lecturas a súa obra. No Centro. 6. Ciclo de cinema galego durante a Semana Cultural. No Centro. 7. Obradoiro de hip-hop. Carlos Gende. No Centro.

8. Certames literarios: O Samaín (relato de terror), A Caramiña (relato de intriga), etc.

As audicións, visualizacións e exposicións realizaranse en colaboración con outros departamentos, especialmente ENDL, Biblioteca e a Vicedirección para encher de contido celebracións, conmemoracións, espacios de lecer...

10. INFORMACIÓN AO ALUMNADO

De acordo cunha avaliación orientadora que lle achega aos discentes a información precisa para mellorar a súa aprendizaxe e adquirir estratexias axeitadas, o profesorado deste Departamento didáctico daralle a coñecer ao alumnado na primeira sesión do curso, preferibelmente por escrito, todos os aspectos necesarios para poder seguir con proveito o proceso de ensino-aprendizaxe. Estes serán: obxectivos, contidos, liñas metodolóxicas básicas, materiais, lecturas, criterios de avaliación,

(16)

mínimos esixidos para obter unha valoración positiva, criterios de cualificación e procedementos de avaliación da aprendizaxe.

Tamén poremos a disposición de toda a comunidade escolar o fundamental da nosa programación a través da páxina web do Centro e do blogue do Departamento:

http://caraminhalingua.wordpress.com/ .

Ademais diso, presentaranse brevemente ao inicio de cada unidade ou secuencia de traballo os obxectivos, contidos e criterios de avaliación implicados.

(17)

II] LINGUA GALEGA E LITERATURA ESO

1. Obxectivos da área e etapa 1.1. Primeiro ciclo 1.2. Segundo ciclo 2. Metodoloxía 3. Primeiro curso 3.1. Obxectivos 3.2. Criterios de avaliación 3.3. Competencias básicas 3.4. Contidos.

3.5. Contidos mínimos esixíbeis 4. Segundo curso 4.1. Obxectivos 4.2. Criterios de avaliación 4.3. Competencias básicas 4.4. Contidos

4.5. Contidos mínimos esixíbeis

5. Terceiro curso 5.1. Obxectivos

5.2. Criterios de avaliación 5.3. Competencias básicas 5.4. Contidos

5.5. Contidos mínimos esixíbeis 6. Cuarto curso

6.1. Obxectivos 6.2. Contidos

6.3. Distribución en unidades. Obxectivos, contidos, competencias e criterios de avaliación específicos

6.4. Criterios xerais de avaliación

6.5. Procedementos e instrumentos de avaliación 6.6. Criterios de cualificación

6.7. Contidos mínimos esixíbeis 7. Criterios específicos de cualificación

8. Temporalización

9. Tratamento do fomento da lectura. Proxecto Lector 10. Tratamento do fomento das TIC

(18)

1. OBXECTIVOS DA ÁREA E ETAPA 1. 1. PRIMEIRO CICLO

Tendo en conta as características propias da área, xunto ás da etapa e as do alumnado, propoñemos os seguintes obxectivos:

− Valorar a lingua galega como propia de Galicia, comprendendo as circunstancias históricas que condicionaron a súa evolución.

− Valorar as variedades xeográficas do galego con vistas á aprendizaxe da lingua estándar libre de interferencias e prexuízos.

− Comprender diferentes tipos de mensaxes orais e escritas, analizando e valorando o seu uso nos diferentes contextos e situacións.

− Expresarse oralmente e por escrito con coherencia, corrección, creatividade e adecuación ás súas necesidades comunicativas.

− Coñecer e reflexionar sobre os elementos formais e os mecanismos da lingua nos seus planos fonolóxico, morfosintáctico, léxico-semántico e textual, e sobre as condicións de

produción e recepción das mensaxes en contextos sociais de comunicación, co fin de desenvolver a capacidade para regular as propias producións lingüísticas.

− Utilizar harmonicamente todos os recursos expresivos, tanto lingüísticos como non lingüísticos, na comunicación directa con outras persoas.

− Utilizar a linguaxe oral e escrita como instrumento para a comprensión, análise e organización de feitos e saberes de calquera tipo.

− Coñecer, analizar e interpretar as linguaxes específicas e as funcións sociais dos medios de comunicación, así como o seu poder na orientación da opinión pública e os intereses que poden representar.

− Analizar e xulgar fundada e criticamente os diferentes usos sociais das linguas, evitando os estereotipos que supoñen xuízos de valor e prexuízos (clasistas, sexistas, racistas...), mediante o recoñecemento do posíbel contido ideolóxico da linguaxe.

− Recoñecer os elementos estruturais e expresivos que caracterizan un texto literario, así como as principais obras e os autores máis significativos da literatura galega.

− Ler con fluidez, comprensión e actitude crítica, valorando a lectura como fonte de pracer, ampliación de experiencias, coñecemento do patrimonio cultural e como estímulo para unha práctica literaria propia.

(19)

- Utilizar a lingua galega para a comprensión e para a elaboración de informacións orais e escritas, atendendo ás características formais de cada unha delas.

- Utilizar a lingua galega, oralmente e por escrito, como instrumento para a comunicación interpersoal e para a comprensión, análise e organización de feitos e saberes de calquera tipo.

- Valorar a lingua galega como propia de Galicia, comprendendo as circunstancias históricas que condicionaron a súa evolución.

- Coñecer as linguaxes específicas e analizar criticamente as funcións sociais dos medios de comunicación de masas.

- Valorar as variedades xeográficas do galego con vistas á aprendizaxe da lingua estándar libre de interferencias e prexuízos.

- Identificar os elementos formais e os mecanismos da lingua nos planos fonético-fonolóxico, morfosintáctico, léxico-semántico e textual.

- Recoñecer os elementos temáticos, estruturais e expresivos que caracterizan un texto literario, así como as principais obras, autores e períodos máis significativos da literatura galega.

- Ler con fluidez, comprensión e actitude crítica, apreciando a literatura galega como patrimonio cultural e como estímulo para unha práctica literaria propia.

2. METODOLOXÍA

Esta área debe realizar un tratamento sistemático das destrezas de comprensión e produción textual, ao tempo que a diversidade de tipos e xéneros textuais co obxecto de que o alumnado coñeza estratexias e as exercite, adquira hábitos de busca de información e domine determinadas técnicas de estudo. Ademais, a consolidación da Lingüística textual e da Pragmática supuxo un esforzo por desentrañar as regras e estruturas que subxacen en calquera texto, de tal maneira que se estude e analice no seu contexto comunicativo. En definitiva, a propia disciplina impón que a área dirixa todos os seus esforzos a poñer os coñecementos lingüísticos ao servizo da comunicación.

Deste xeito, o obxectivo esencial da educación lingüística é a adquisición e o

desenvolvemento da competencia comunicativa, é dicir, a mellora das capacidades expresivas e comprensivas do alumnado. A educación lingüística debe contribuír á adquisición e dominio das destrezas comunicativas máis habituais na vida cotiá.

(20)

adquirindo ao longo do proceso de socialización das persoas (dentro e fóra da escola). Integra tanto coñecementos lingüísticos como habilidades e saberes estratéxicos, sociolingüísticos e textuais (incluídos os literarios e os referidos ás linguaxes da comunicación de masas), sen cuxo dominio non é posíbel un uso correcto, adecuado, coherente e eficaz da lingua. O enfoque tradicional da educación lingüística e literaria primaba o estudo da gramática e unha visión historicista da

literatura; o insuficiente dominio dos diversos usos orais e escritos da lingua por parte da xente nova e o seu escaso interese pola lectura son o mellor exemplo dos límites pedagóxicos dese enfoque didáctico.

O enfoque comunicativo da aprendizaxe lingüística implica:

• ter como obxectivo esencial da educación lingüística e literaria a adquisición e o desenvolvemento da competencia comunicativa do alumnado.

• conxugar o coñecemento formal da lingua co coñecemento instrumental ou funcional dos usos lingüísticos. A reflexión sobre a lingua e o coñecemento gramatical deben estar ao servizo da mellora das destrezas comunicativas e non poden ser o centro da nosa didáctica.

• do mesmo xeito, sen ignorar o historicismo e a contextualización das producións literarias, tan necesarias para entender a literatura galega, animar á creación de hábitos lectores e á imitación creativa de modelos expresivos.

• optar por unha concepción cognitiva da aprendizaxe que teña en conta que a construción activa do coñecemento lingüístico por parte das persoas é consecuencia dunha actividade mental que se produce en situacións de intercambio comunicativo e de interacción social.

• colocar os procedementos como eixo do traballo didáctico nas aulas, pois o saber facer cousas coas palabras constitúe un requisito previo á reflexión sistemática sobre o uso lingüístico das persoas nos diferentes contextos e situacións de comunicación.

• partir, na secuenciación, dos usos comunicativos máis próximos ao alumno coa finalidade de que posteriormente lle sexa posíbel avanzar cara a formas textuais máis complexas,

elaboradas e descontextualizadas.

Os Proxectos editoriais que empregamos incorporan en boa medida, tanto nos seus contidos como no desenvolvemento e tratamento didáctico, o enfoque comunicativo da ensinanza da lingua, entendendo que a lingua é algo máis que unha disciplina, é un instrumento polo cal os seres

humanos se comunican e constrúen coñecemento. Por isto, o eixe que artella a área é a actividade comunicativa incardinada desde as destrezas básicas, que, sen dúbida, deben auxiliarse e sosterse na reflexión sobre a lingua e a literatura, e na adquisición dunha serie de coñecementos propios da disciplina, que incrementen o coñecemento do idioma e a bagaxe cultural do alumnado.

(21)

Así, a área de Lingua Galega e Literatura contribúe decididamente a desenvolver nos alumnos e as alumnas as destrezas seguintes:

−Comprender discursos orais e escritos, recoñecendo as súas diferentes finalidades e as situacións de comunicación nas que se producen.

−Expresarse oralmente e por escrito con coherencia e corrección, de acordo coas diferentes finalidades e situacións comunicativas e adoptando un estilo expresivo propio.

−Utilizar os recursos expresivos, lingüísticos e non lingüísticos, nos intercambios comunicativos propios da relación directa con outras persoas.

−Utilizar a lingua como instrumento para a adquisición de novas aprendizaxes, para a comprensión e a análise da realidade, a fixación e o desenvolvemento do pensamento e a regulación da propia actividade.

A selección e organización dos contidos na etapa persegue que o alumnado progrese e se perfeccione de forma sistemática na súa competencia comunicativa e que, de forma simultánea, incremente progresivamente os seus coñecementos acerca da lingua, os sistemas de comunicación verbal e non verbal e a literatura.

As diversas destrezas e a súa concreción na comprensión e produción textuais secuéncianse para que accedan a distintos niveis de complexidade atendendo á madurez do alumnado, conforme ao seu desenvolvemento por idades e dentro, tamén, do mesmo grupo de idades.

Tendo en conta estes aspectos, os principios metodolóxicos que fundamentan e animan o proceso de ensinanza-aprendizaxe na área de Lingua Galega e Literatura concrétanse así:

1. O ensino-aprendizaxe da lingua é comunicación. Se este principio é válido para a educación en xeral, éo moito máis nunha área que ten como fin último o desenvolvemento da comprensión e a produción de textos.

2. O ensino da lingua implica a exercitación dos procesos cognitivos complexos:

comprensión e produción. Ao ser inseparables estes procesos da comunicación oral e escrita, a

metodoloxía para a área propicia e necesita da realización de actividades moi vencelladas ao cognitivo: busca da idea central, xerarquización de ideas, organización lóxica do discurso, etc.

(22)

3. O ensino da lingua implica a extensión do concepto de competencia lingüística á

pragmática. A área debe proporcionar coñecementos sobre a propia lingua, pero tamén a capacidade

para intervir no discurso e actuar con coñecemento das convencións pragmáticas.

4. O ensino da lingua debe fomentar a creatividade. Existe unha estreita relación entre o cultivo da imaxinación e a creatividade e a aprendizaxe da Lingua e a Literatura. A resolución dos problemas que presenta a comunicación esixe estratexias de creatividade. Por outro lado, a literatura como expresión artística é un exercicio permanente de creatividade e de comprensión dos seus mecanismos.

5. O ensino da lingua debe adecuarse ao suxeito da aprendizaxe. A metodoloxía debe axustarse ao desenvolvemento socio-afectivo, persoal e cognitivo do alumnado. Así, hanse de ter en conta os coñecementos e as destrezas que é capaz de adquirir conforme á súa idade e á proximidade e interese temático dos contidos co que han de exercitar as destrezas comunicativas.

6. O ensino da lingua debe fomentar o hábito de ler e o goce como lector. O coñecemento, dominio e adquisición da lingua atopa na lectura un dos seus mellores instrumentos. Así é

necesario animar e predispoñer o alumnado cara á lectura, adestrándoo na técnica lectora, e sobre todo transmitíndolle o gusto polo acto de ler. Tanto os textos que integran os materiais didácticos como o ensino da literatura deben dirixir os seus esforzos a tal fin.

7. O ensino da lingua require a reflexión sobre a lingua. O dominio das destrezas básicas atopa na reflexión sobre a lingua un instrumento clave para a súa aprendizaxe e consolidación, ao mesmo tempo que permite o coñecemento dunha importante disciplina científica. A metodoloxía considera e prioriza esa reflexión co obxecto de facilitar e consolidar as destrezas básicas.

O desenvolvemento das unidades, moi especialmente dentro do proxecto interdisciplinar de 1º ESO, debe procurar poñer o foco nas producións textuais e traballar as destrezas e a reflexión lingüística con obradoiros posibilitadores que permitan mellorar e enfrontar os problemas reais de comprensión e expresión do alumnado. Do mesmo xeito, a concreción das secuencias de

aprendizaxe e a realización de traballos debe incluír a participación activa do alumnado na

concreción do produto, esixir unha reelaboración creativa mínima, secuenciar con detalle o proceso a seguir, achegar os recursos e apoios máis acaídos en cada fase, incorporar a revisión e

(23)

destrezas e as conexións que un ensino por competencias reclama. Recollemos un esquema de traballo global no anexo I.

Tamén, en coherencia co PEC, a nosa práctica educativa oriéntase polos seguintes principios xerais:

* Metodoloxía activa e participativa.

Supón atender aspectos intimamente relacionados, referidos ao clima de participación e integración do alumnado no proceso de aprendizaxe:

• Integración activa dos alumnos e das alumnas na dinámica xeral da aula e na adquisición e configuración das aprendizaxes.

• Participación no deseño e desenvolvemento do proceso de ensino/aprendizaxe. * Metodoloxía construtiva e motivadora.

Consideramos fundamental partir do nivel de desenvolvemento e dos intereses, as demandas, as necesidades e as expectativas dos alumnos e das alumnas. Cumprirá asegurar a construción de aprendizaxes significativas a través de situacións cheas de sentido, da mobilización dos seus coñecementos previos e da memorización comprensiva. Tamén será importante arbitrar dinámicas que fomenten o traballo en grupo.

* Atención á diversidade do alumnado.

A nosa intervención educativa cos alumnos e coas alumnas asume como un dos seus principios básicos ter en conta os seus diferentes ritmos de aprendizaxe, así como os seus distintos intereses e motivacións.

* Avaliación do proceso educativo.

A avaliación concíbese dunha forma holística, é dicir, analiza todos os aspectos do proceso educativo e permite a retroalimentación, o fornecemento de informacións precisas que posibiliten reestruturar a actividade no seu conxunto.

(24)

En 1º da ESO traballaremos as unidades do libro de texto de xeito selectivo, pois algúns dos contidos deste curso desenvolveranse a través de secuencias didácticas pertencentes ao proxecto interdisciplinar A escola dos avós, que procura facer realidade a colaboración de distintos departamentos no deseño e aplicación de secuencias de traballo de investigación e produción adecuadas ao nivel do alumnado e que posibiliten desenvolver de xeito integrado as diferentes competencias. O proxecto incorpórase ao Plan Anual do Centro e nesta programación incluímos como anexo os principais elementos referentes á nosa área.

En todo caso, especificamos aquí os contidos concretos de cada unidade.

Secuencia 1: Tras da lenda.

Confección de biografías de xeito colectivo. Contidos principais:

- Comprensión de textos expositivos, sobre todo do ámbito académico: fontes en diversos soportes.

- Utilización dirixida da biblioteca do centro e das TIC para obter tanto información como modelos para a composición escrita.

- Procedementos de comprensión: extracción do tema e dos subtemas de narracións, subliñado e resumo.

- Planificación, revisión e boa presentación dos textos narrativos, con respecto polas normas gramaticais e ortográficas e mais con adecuación. Uso das TIC para elaborar textos ben presentados e correctos.

- Indución, a partir de usos contextualizados, da diferenza entre palabras flexivas e non flexivas e recoñecemento das categorías gramaticais básicas.

- Uso de estratexias de autoavaliación e autocorrección, aceptando o erro como parte do proceso de aprendizaxe.

- Lectura expresiva e comprensiva e mais audición de textos narrativos biográficos breves, recoñecendo a funcionalidade dos elementos formais básicos.

- Comparación entre textos literarios e non literarios. A narrativa. Elementos do relato. - Creación de textos de intención literaria partindo das posibilidades lúdico-estéticas da

(25)

Principais criterios de avaliación

- Extrae a intención comunicativa e a idea xeral de textos orais e escritos sinxelos. Elabora resumos axeitados deses textos.

- Realiza narracións escritas planificadas claras e áxiles.

- Participa de forma construtiva en diversas interaccións comunicativas, respectando as regras que as rexen.

- Planifica e revisa textos narrativos coa axuda do profesorado aplicándolles normas básicas de adecuación, de coherencia, de cohesión, de corrección e de precisión léxica.

- Consulta, baixo a dirección do profesorado, textos en diferentes soportes co fin de extraer a información solicitada e incorporala ás propias producións.

- Aplica os coñecementos sobre a morfoloxía para resolver problemas de comprensión e para compoñer e revisar de xeito dirixido os propios textos.

- Utiliza os coñecementos literarios na comprensión de textos narrativos breves, atendendo os trazos xenéricos e á funcionalidade dos recursos.

- Participa de maneira activa na creación de textos de intención estética.

Secuencia 2: Vidas des-iguais.

Recompilación, elaboración e lectura expresiva de relatos autobiográficos para crear un hipertexto oral para espazo público na rede. Contidos principais:

- Valoración das producións orais emitidas cunha fonética galega correcta e actitude crítica ante os prexuízos que se poidan asociar a ela.

- Procedementos de comprensión: extracción do tema e dos subtemas de narracións, elaboración de esquemas.

- Narración oral coa axuda dos medios audiovisuais e das TIC a partir dun guión preparado previamente, incluíndo descricións sinxelas, ideas e valoracións relativas aos feitos expostos.

- Coherencia entre comunicación verbal e non verbal na produción dos discursos. - Interese por producir enunciados correctos e non interferidos desde o punto de vista

fonético, fuxindo dos prexuízos.

- Recoñecemento das intencións comunicativas expresadas a través das modalidades oracionais.

(26)

- Lectura expresiva e comprensiva e mais audición de textos narrativos autobiográficos breves, recoñecendo a funcionalidade dos elementos formais básicos.

- Comparación entre textos literarios e non literarios.

- Creación de textos de intención literaria partindo das posibilidades lúdico-estéticas da lingua. Composición de textos narrativos e descritivos.

Principais criterios de avaliación

- Extrae a intención comunicativa e a idea xeral de textos orais e escritos sinxelos. Elabora esquemas axeitados deses textos.

- Realiza narracións orais planificadas claras e áxiles.

- Participa de forma construtiva en diversas interaccións comunicativas, respectando as regras que as rexen.

- Planifica e revisa textos narrativos coa axuda do profesorado aplicándolles normas básicas de adecuación, de coherencia, de cohesión, de corrección e de precisión léxica.

- Aplica os coñecementos sobre a gramática textual para resolver problemas de comprensión e para compoñer e revisar de xeito dirixido os propios textos. - Utiliza os coñecementos literarios na comprensión de textos narrativos breves,

atendendo os trazos xenéricos e á funcionalidade dos recursos. - Participa de maneira activa na creación de textos de intención estética.

Secuencia 3: A banda reseñada

Reportaxe audiovisual sobre a historia íntima do cómic. Contidos principais: - Comprensión de textos dos medios dixitais.

- Comprensión de textos orais utilizados no ámbito académico. - Composición dunha reportaxe audiovisual.

- Recoñecemento e uso reflexivo dos mecanismos de cohesión textual: a deíxe persoal, os nexos e conectores textuais explicativos máis comúns.

- Observación das principais diferenzas, contextuais e formais, entre usos de distintos niveis e rexistros, tanto na oralidade como na escrita.

- Análise da linguaxe estética do cómic.

(27)

próximo, con aproximación aos prexuízos lingüísticos máis evidentes.

Principais criterios de avaliación

- Extrae a intención comunicativa e a idea xeral de textos orais e escritos sinxelos dos medios de comunicación.

- Planifica e realiza, seguindo modelos, reportaxes adecuadas.

- Revisa os textos coa axuda do profesorado aplicándolles normas básicas de adecuación, de coherencia, de cohesión, de corrección e de precisión léxica.

- Participa de forma construtiva en diversas interaccións comunicativas, respectando as regras que as rexen.

- Consulta, baixo a dirección do profesorado, textos en diferentes soportes co fin de extraer a información solicitada e incorporala ás propias producións.

- Recoñece, a través da reflexión sobre os usos discursivos, os principais mecanismos de coherencia e cohesión.

- Observa os condicionamentos máis evidentes da valoración e uso social do galego e utiliza a lingua galega con fluidez e normalidade nos máis diversos contextos comunicativos.

- Analiza as características e a presenza social da banda deseñada.

Secuencia 4: Unha terceira/certeira lectura

Mesa redonda sobre a recepción da prensa e panel audiovisual. Contidos principais:

- Comprensión de novas de actualidade, orais e escritas, de interese, atendendo ao lugar que ocupan na estrutura do xornal, á información dos feitos, etc.

- Detección do tema e dos subtemas de textos xornalísticos. - Comprensión de textos expositivos de diferentes ámbitos.

- Utilización das TIC para obter modelos para a composición escrita.

- Exposición planificada, clara e ordenada de informacións produto de investigacións sobre os medios de comunicación.

- Recoñecemento das categorías gramaticais básicas.

(28)

- Extrae a intención comunicativa e a idea xeral de textos orais e escritos sinxelos dos medios de comunicación.

- Planifica e realiza, seguindo pautas, xéneros orais formais.

- Revisa os textos coa axuda do profesorado aplicándolles normas básicas de adecuación, de coherencia, de cohesión, de corrección e de precisión léxica.

- Participa de forma construtiva en diversas interaccións comunicativas, respectando as regras que as rexen.

- Consulta, baixo a dirección do profesorado, textos en diferentes soportes co fin de extraer a información solicitada e incorporala ás propias producións.

- Recoñece, a través da reflexión sobre os usos discursivos, as diferentes categorías gramaticais.

Secuencia 5: Fomos quen

Informe oral sobre as repercusións das producións realizadas. Contidos principais: - Desenvolvemento de habilidades de escoita activa.

- Comprensión de textos dos medios de comunicación, sobre todo de noticias.

- Exposición planificada, clara e ordenada, coa axuda das TIC, de informacións tomadas dos medios de comunicación.

- Recoñecemento e uso reflexivo dos mecanismos de cohesión textual: a referencia interna de tipo gramatical e mais os nexos e conectores textuais explicativos.

- Uso reflexivo da puntuación en relación coa cohesión sintáctica, así como das normas ortográficas, con aprecio dos seus valores funcionais e sociais.

- Uso de estratexias de autoavaliación e autocorrección, aceptando o erro como parte do proceso de aprendizaxe.

Principais criterios de avaliación

- Comprende textos orais e escritos sinxelos dos medios de comunicación. - Planifica e realiza, seguindo pautas, xéneros orais formais.

- Revisa os textos coa axuda do profesorado aplicándolles normas básicas de adecuación, de coherencia, de cohesión, de corrección e de precisión léxica.

- Participa de forma construtiva en diversas interaccións comunicativas, respectando as regras que as rexen.

(29)

- Recoñece, a través da reflexión sobre os usos discursivos, os principais mecanismos de coherencia e cohesión.

- Observa os condicionamentos máis evidentes da valoración e uso social do galego e utiliza a lingua galega con fluidez e normalidade nos máis diversos contextos comunicativos.

UNIDADE 1

COMPETENCIAS E INDICADORES DE SEGUIMENTO - Competencia en comunicación lingüística

- Desenvolver, a través dos distintos tipos de textos, a capacidade de delimitar a información que recibimos do noso contorno.

- Manter unha actitude favorable cara á lectura.

- Comprender, compoñer e comentar distintos tipos de textos segundo a intención comunicativa ou creativa.

- Adquirir progresivamente un vocabulario adecuado que permita ampliar a capacidade expresiva e comprensiva.

- Asimilar as regras que rexen a formación e o uso das palabras nunha lingua. - Coñecer e aplicar de maneira efectiva as regras de ortografía.

- Identificar a estrutura da palabra, os mecanismos que a forman e a súa tipoloxía para o enriquecemento do vocabulario da súa lingua.

- Valorar as estratexias que permitan o desenvolvemento das catro habilidades básicas: comprensión oral, comprensión lectora, expresión escrita e expresión oral.

- Competencia matemática

- Interpretar correctamente a información presentada en formato gráfico. - Competencia para o tratamento da información e competencia dixital

- Buscar información en enciclopedias, dicionarios ou en Internet como maneira de ampliar coñecementos.

- Manexar o dicionario de maneira habitual, correcta e mecánica. - Competencia social e cidadá

- Cooperar nos traballos colectivos e nos debates establecidos na aula. - Valorar a importancia da familia e das relacións que nela se establecen. - Competencia para aprender a aprender

- Aplicar técnicas de estudo que posibiliten a aprendizaxe: resumo e esquemas. - Aplicar en diferentes contextos os coñecementos adquiridos.

(30)

- Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal

- Mostrar unha actitude reflexiva cara ao tema das linguas e expresar a súa opinión de maneira razoada.

- Competencia cultural e artística

- Valorar o texto literario como unha manifestación artística e cultural de gran valor dentro dunha comunidade.

- Valorar a diversidade lingüística como ben cultural dunha sociedade. - Redactar textos propios con certa pretensión literaria seguindo un modelo.

OBXECTIVOS - Ler un texto literario coa entoación adecuada e facer o seu comentario.

- Valorar a riqueza das linguas.

- Ampliar o vocabulario básico relacionado coa familia. - Comprender que é un campo semántico.

- Entender a estrutura da palabra e recoñecer as distintas clases. - Clasificar as palabras polo número de sílabas.

- Distinguir sílabas tónicas e átonas e identificar ditongos e hiatos. - Distinguir textos literarios e non literarios.

- Identificar os xéneros literarios.

CONTIDOS TEMPORALIZADOS Segunda quincena de setembro e primera semana de outubro.

1. Lectura e comentario: «O retrato» (Ánxel Fole: Á lus do candil, ed. Galaxia). 2. Lingua: LINGUAESOCIEDADE: A riqueza das linguas. VOCABULARIO: A familia. O campo

semántico. GRAMÁTICA: As palabras. Estrutura e clases. ORTOGRAFÍA: As sílabas. A sílaba tónica e

a sílaba átona. Ditongos e hiatos. OBRADOIRODELINGUA: Repaso de contidos. O traballo co

dicionario.

3. Literatura: Textos literarios e non literarios. Os xéneros literarios. OBRADOIRODELITERATURA:

Traballo con diferentes tipos de textos. O texto literario. 4. Competencia lingüística: Comenta un texto instrutivo.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.1. Le con fluidez e coa atención adecuada un texto narrativo e coméntao seguindo uns criterios dados.

2.1. Valora a riqueza das linguas.

2.2. Participa de forma activa nos traballos de grupo e nos debates. 2.3. Amplia o vocabulario básico relacionado coa familia.

2.4. Comprende que é un campo semántico.

2.5. Entende a estrutura da palabra e forma familias léxicas. 2.6. Recoñece as distintas clases de palabras.

2.7. Clasifica as palabras polo número de sílabas. 2.8. Distingue sílabas tónicas e átonas.

(31)

2.9. Identifica e analiza ditongos e hiatos.

3.1. Diferencia textos literarios e textos non literarios.

3.2. Nun texto literario dado, recoñece as peculiaridades que o identifican como tal. 4.1 Comprende a intención comunicativa dun texto e as características propias dun texto

instrutivo.

COÑECEMENTOS E APRENDIZAXES BÁSICAS - Comprender globalmente un texto oral ou escrito.

- Realizar o comentario dun texto seguindo unhas pautas dadas.

- Identificar a estrutura da palabra e recoñecer as distintas clases de palabras. - Coñecer as sílabas e identificar a sílaba tónica.

- Distinguir ditongos e hiatos

- Recoñecer as peculiaridades da lingua literaria.

METODOLOXÍA - Será necesario repasar os contidos xa estudados no curso anterior.

- A lectura inicial servirá como motivación para introducir o alumnado nos coñecementos e aprendizaxes que se irán traballando ao longo da unidade.

- Pódese escoitar a lectura no CD-Audio antes de iniciar as actividades de comprensión lectora. - Fixaranse hábitos de traballo como: responder as actividades do libro, utilizar de xeito habitual o

dicionario, facer cadros e clasificacións, redactar textos propios de forma ordenada, etc. - A metodoloxía será activa e participativa, de maneira que facilite a aprendizaxe, individual e

colectiva, e favoreza a adquisición das competencias básicas, en concreto da lingüística. - Fomentarase no alumnado o interese polo aspecto lúdico e creativo da linguaxe.

MATERIAIS CURRICULARES E OUTROS RECURSOS DIDÁCTICOS - Libro do alumno, dicionarios.

- CD-Audio coas lecturas iniciais e outros textos.

- Cadernos de Lingua (de Celia Díaz, na editorial Anaya) para reforzar o léxico, a expresión escrita, a ortografía e mais a morfosintaxe.

- Recursos que figuran no servidor de Anayadigital.com

- Recursos fotocopiables de Tratamento da diversidade, Lecturas complementarias, Diagnóstico e

Material complementario para o desenvolvemento das competencias básicas.

EDUCACIÓN EN VALORES - Coidado na planificación e execución dos propios textos, revisión e autocorrección. - Valoración da importancia da familia e do respecto aos maiores.

(32)

UNIDADE 2

COMPETENCIAS E INDICADORES DE SEGUIMENTO - Competencia en comunicación lingüística

- Desenvolver, a través dos distintos tipos de textos, a capacidade de delimitar a información que recibimos do noso contorno.

- Adquirir progresivamente un vocabulario adecuado que lle permita expresarse mellor. - Asimilar as regras que rexen a formación e o uso correcto das palabras nunha lingua. - Coñecer e aplicar de maneira efectiva as regras de ortografía.

- Comprender, compoñer e comentar distintos textos segundo a intención comunicativa. - Valorar as estratexias que permitan o desenvolvemento das catro habilidades básicas:

comprensión oral, comprensión lectora, expresión escrita e expresión oral. - Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico

- Coñecer o espazo no que teñen lugar os acontecementos sociais e culturais próximos á súa vida. - Implicarse no uso responsable dos recursos naturais e na conservación do medio a través da

reciclaxe.

- Competencia matemática

- Aplicar correctamente o razoamento dedutivo para solucionar actividades. - Competencia para o tratamento da información e competencia dixital

- Buscar información en dicionarios de distintas clases e on-line. - Interpretar mapas.

- Analizar a linguaxe específica dos correos electrónicos. - Utilizar as TIC para obter información audiovisual. - Competencia social e cidadá

- Practicar o diálogo para expresar as propias ideas e escoitar as dos demais. - Valorar o mérito real das persoas que nos rodean no noso contorno social. - Competencia para aprender a aprender

- Aplicar técnicas de estudo que posibiliten a aprendizaxe: cadros e esquemas. - Aplicar noutros contextos os coñecementos adquiridos.

- Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal

- Mostrar unha actitude aberta e comprometida con respecto á diversidade lingüística e cultural do Estado español.

- Competencia cultural e artística

- Valorar os diversos usos e costumes de culturas diferentes á propia.

- Valorar as obras de arte e a súa trascendencia cultural como riqueza dun pobo. - Exercitar a capacidade expresiva e creativa a través da redacción de textos.

(33)

OBXECTIVOS - Ler un texto literario coa entoación adecuada e facer o seu comentario.

- Identificar as linguas do Estado español e a súa situación. - Ampliar o vocabulario básico relacionado coa rúa. - Relacionar sinónimos.

- Recoñecer semántica e formalmente os substantivos e clasificalos. - Coñecer as normas de formación do plural.

- Recoñecer as regras xerais de acentuación.

- Recoñecer e analizar os elementos do xénero narrativo.

CONTIDOS TEMPORALIZADOS Tres últimas semanas de outubro.

1. Lectura e comentario: «Ser superheroe non é nada doado» (A. Fernández Paz: Contos por

palabras, ed. Xerais, adapt.).

2. Lingua: LINGUAESOCIEDADE: As linguas do Estado español. VOCABULARIO: A rúa. A sinonimia.

GRAMÁTICA: O substantivo. Clasificación do substantivo. O número. ORTOGRAFÍA: Regras xerais

de acentuación. OBRADOIRODELINGUA: Repaso de contidos. O traballo co dicionario.

3. Literatura: O xénero narrativo. Os personaxes, o argumento e o narrador. OBRADOIRODE LITERATURA: Escribir un comezo insólito.

4. Competencia lingüística: O correo electrónico.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1.1. Le con fluidez e atención un texto narrativo e coméntao seguindo uns criterios dados. 2.1. Identifica as linguas do Estado español e a súa situación.

2.2. Utiliza en diversos contextos o vocabulario básico estudado.

2.3. Identifica os substantivos comúns e propios, concretos e abstractos, individuais e colectivos. 2.4. Forma o plural de substantivos dados.

2.5. Clasifica as palabras en agudas, graves e esdrúxulas.

2.6. Aplica correctamente na práctica as regras xerais de acentuación. 2.7. Acentúa correctamente palabras con i ou u na sílaba tónica.

3.1. Analiza nun texto narrativo algúns dos seus elementos básicos: narrador, personaxes e argumento.

4.1. Analiza a estrutura dun correo electrónico.

COÑECEMENTOS E APRENDIZAXES BÁSICAS - Comprender globalmente un texto oral ou escrito.

- Relacionar palabras cos seus sinónimos. - Aplicar as regras xerais de acentuación. - Diferenciar as clases de substantivos. - Formar o plural de substantivos dados.

- Identificar un texto literario como pertencente ao xénero narrativo e analizar algún dos seus elementos.

(34)

METODOLOXÍA - A lectura inicial servirá como motivación para introducir o alumnado nos coñecementos e

aprendizaxes que se irán traballando ao longo da unidade.

- Pódese escoitar a lectura no CD-Audio antes de iniciar as actividades de comprensión lectora. - Fixar hábitos de traballo: responder as actividades do libro, comprender a finalidade dos seus

apartados, utilizar o dicionario, facer clasificacións, redactar textos propios de forma ordenada, asegurar a correcta asimilación de conceptos a través dunha práctica reiterada, etc.

- A metodoloxía será activa e participativa, de maneira que facilite a aprendizaxe, individual e colectiva e favoreza a adquisición das competencias básicas, en concreto a lingüística.

- Fomentar no alumnado o interese polo aspecto lúdico e creativo da linguaxe.

MATERIAIS CURRICULARES E OUTROS RECURSOS DIDÁCTICOS - Libro do alumno, dicionarios.

- CD-Audio coas lecturas iniciais e outros textos.

- Cadernos de Lingua (de Celia Díaz, na editorial Anaya) para reforzar o léxico, a expresión escrita, a ortografía e mais a morfosintaxe.

- Recursos que figuran no servidor de Anayadigital.com

- Recursos fotocopiables de Tratamento da diversidade, Lecturas complementarias, Diagnóstico e

Material complementario para o desenvolvemento das competencias básicas.

EDUCACIÓN EN VALORES - Autoesixencia na redacción de textos creativos persoais.

- Actitude de respecto cara ás producións literarias alleas.

- Valoración real das calidades humanas e recoñecemento do labor social que realizan determinados colectivos.

UNIDADE 3

COMPETENCIAS E INDICADORES DE SEGUIMENTO - Competencia en comunicación lingüística

- Desenvolver, a través dos distintos tipos de textos, a capacidade de delimitar a información que recibimos do noso contorno.

- Adquirir progresivamente un vocabulario adecuado que lle permita expresarse mellor. - Asimilar as regras que rexen a formación e o uso correcto das palabras nunha lingua. - Coñecer e aplicar de maneira efectiva as regras de ortografía.

- Ler de maneira comprensiva e comentar textos literarios. - Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico

(35)

intereses e á súa vida cotiá.

- Competencia para o tratamento da información e competencia dixital - Buscar información en dicionarios e en Internet para ampliar coñecementos.

- Adquirir habilidades para seleccionar, tratar e interpretar a información con espírito crítico e reflexivo.

- Manexar o dicionario de maneira habitual, correcta e mecánica. - Competencia social e cidadá

- Comprender e valorar o papel que cadaquén desempeña dentro do núcleo familiar ou do grupo social.

- Valorar a importancia da descrición positiva das persoas que nos rodean para establecer vínculos cordiais que faciliten a convivencia.

- Mostrar unha actitude positiva na resolución de conflitos e proposta de solucións. - Competencia para aprender a aprender

- Aplicar técnicas de estudo que posibiliten a aprendizaxe individual e colectiva. - Realizar traballos de investigación e actuar de maneira reflexiva na interpretación da

información acadada.

- Aplicar noutros contextos os coñecementos adquiridos.

- Aplicar procedementos lúdicos que contribúen ao goce da materia.

- Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal - Planificar as súas tarefas e reaccionar positivamente ante posibles adversidades.

- Extraer ensinanzas dos textos lidos, fundamentalmente das fábulas, e intentar aplicalas na vida real.

- Competencia cultural e artística

- Valorar o plurilingüismo como unha realidade universal que enriquece os individuos e os pobos.

- Valorar as manifestacións literarias como expresión dunha sensibilidade artística individual que persegue o embelecemento da realidade.

- Exercitar a capacidade creativa a través da redacción de textos literarios.

OBXECTIVOS - Ler con fluidez e coa entoación e pausas adecuadas.

- Entender o plurilingüismo como unha riqueza cultural e social. - Ampliar o vocabulario básico relacionado co mar e coa praia. - Traballar con palabras polisémicas.

- Identificar o xénero dos substantivos e formar o feminino a partir de nomes dados. - Coñecer e aplicar as regras específicas de acentuación.

- Recoñecer e analizar os elementos de espazo e tempo nun texto narrativo.

CONTIDOS TEMPORALIZADOS Tres primeras semanas de novembro.

Referencias

Documento similar

Os indicadores dan conta de como os esforzos na dirección de lograr unha maior circularidade están estancados, coma se a economía tivese chegado ao seu máximo de

Fala, aqui, certamente, a figura trágica de Antígona, que age de acordo com o dever supremo para com o irmão; mas fala também, de acordo com certos comentários, o próprio

Artigo de: Flora e fauna na poesía galega : escolma e glosario / Dores Valcárcel Guitián, María Valcárcel Ares [recompilación] ; colaborador, Maximino Cacheiro Varela, colaborador

Cultura y multiculturalidad son términos inseparables de la memoria histórica. Esta afirmación es motivo de controversia entre los que defienden la existencia de una naturaleza

transcendencia da obra de Valle-lnclán no mundo".'Valle-lnclán e as artes' desenvolverase do 25 ao 28 de outubro na Cidade da Cultura, a Facultade de Filoloxía e o Museo

go anestesia y calima el prur ito. en los ca sos obana les, 1Jer o provisori os ~ generalmente en los cas os rebeldes. E:l autor las cree soberanas paJra unuchos prur. Se aconseja c

• As notas ao pé diferénciase do texto principal polo tamaño da letra, como xa dixemos, mais tamén poderemos inserir unha liña na súa parte superior que divida a zona da nota ao

O datos agregados mostran moi claramente a maior relevancia das importacións na economía da rexión norte, aínda que a impor- tancia relativa das importacións estranxeiras nos