• No se han encontrado resultados

O Medio Rural eas Políticas Agrarias.A Unión Europea 6

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "O Medio Rural eas Políticas Agrarias.A Unión Europea 6"

Copied!
21
0
0

Texto completo

(1)

O Medio Rural e as Políticas Agrarias.

A Unión Europea

Maria do Mar Pérez Fra

Departamento de Economía Agraria Escola Politécnica Superior

Enxeñaría Técnica Forestal e Enxeñaría Técnica Agrícola

Servizo de Normalización Lingüística

6

titulación

Socioloxía Rural

materia

Vicerreitoría de Cultura Unha colección orientada a editar materiais docentes de

calidade e pensada para apoiar o traballo de profesores e alumnos de todas as materias e titulacións da universidade

(2)

O Medio Rural e as Políticas Agrarias.

A Unión Europea

Maria do Mar Pérez Fra

Departamento de Economía Agraria Escola Politécnica Superior

6

(3)

©

Deseño

Edita

Imprime

Universidade de Santiago de Compostela, 2010

Unidixital

Servizo de Publicacións

da Universidade de Santiago de Compostela

Unidixital Vicerreitoría de Cultura

da Universidade de Santiago de Compostela

Servizo de Edición Dixital da Universidade de Santiago de Compostela

: C 1188-2010 978-84-9887-295-8 Dep. Legal

ISBN

ADVERTENCIA LEGAL: reservados todos os dereitos.

Queda prohibida a duplicacion, total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (elec- trónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen

consentimento expreso por escrito dos editores.

(4)

MATERIA: Socioloxía Rural

TITULACIÓN: Enxeñaría Técnica Forestal Enxeñaría Técnica Agrícola

PROGRAMA XERAL DO CURSO

Localización da presente unidade didáctica

Unidade I. INTRODUCIÓN: CONCEPTOS BÁSICOS Introdución

As forzas sociais no desenvolvemento da socioloxía Características da produción agraria

Historia das formas de organización do espazo rural en Europa Paisaxes e sistemas agrarios

Evolución recente da actividade agraria

Unidade II. O MEDIO RURAL E A SOCIOLOXÍA RURAL Definición, que é a socioloxía?

Delimitación. O desenvolvemento da Teoría Sociolóxica A socioloxía rural

Os estudos campesiños

Unidade III. PROPIEDADE DA TERRA E ESTRUTURA SOCIAL Tipos de propiedade e posesión da terra

Consecuencias para a estrutura social Posesión da terra en Galicia

Os sistemas de herdanza

Unidade IV. A MUDANZA SOCIAL NO MEDIO RURAL

I

Teoría do cambio social

Sociedades agrarias tradicionais

Demografía e medio rural: a poboación rural ao longo do século XX Mudanzas e continuidade no mundo rural

O sistema agroalimentario nos países desenvolvidos Unidade V. A MUDANZA SOCIAL NO MEDIO RURAL II

Do campesiño ao agricultor Novas función socioeconómicas

Novas formas de traballo no mundo rural Papel das novas tecnoloxías

Cambios na estrutura familiar O novo papel da agricultura

Unidade VI. O MEDIO RURAL E AS POLÍTICAS AGRARIAS. A UNIÓN EUROPEA

A Política Agraria Común

Repercusión da PAC nas agriculturas familiares

O desenvolvemento das áreas rurais. Desenvolvemento agrario/desenvolvemento rural

Unidade VII. O MEDIO RURAL EN GALICIA I Evolución histórica

Análise do sistema agrario tradicional O papel da muller no sistema agrario

(5)

4- UNIDADE VI. O medio rural e as políticas agrarias. A Unión Europea Unidade VIII. O MEDIO RURAL EN GALICIA II

Cambio social e modernización

O proceso de profesionalización dos agricultores A inercia das estruturas fundiarias

O proceso de diversificación económica das áreas rurais

(6)

ÍNDICE

Presentación ... 7

Os obxectivos ... 7

Os principios metodolóxicos ... 7

Os contidos básicos ... 8

1. Intervención e regulamento dos mercados agrarios ... 8

2. Breve historia da Unión Europea ... 9

3. A Política Agraria Común ... 10

3.1. O medio rural europeo: un espazo heteroxéneo ... 10

3.2. Principais mecanismos da PAC ... 11

4. Repercusións da PAC nas agriculturas familiares ... 13

4.1. A PAC clásica ... 13

4.2. As reformas ... 14

5. O desenvolvemento das áreas rurais. Desenvolvemento agrario/desenvolvemento rural ... 15

5.1. A orixe do concepto de desenvolvemento rural ... 15

5.2. Desenvolvemento rural integrado ... 16

Bibliografía ... 17

(7)
(8)

PRESENTACIÓN

No tema anterior puxemos de manifesto que os factores que provocaron a desestabilización do sistema de agricultura tradicional foron externos ao sector agrario. O crecemento económico experimentado a partir dos anos 60 provocou unha forte presión sobre a agricultura que levou á ruptura dos piares básicos sobre os que se asentaba o modelo tradicional. É importante destacar que esta fase de modernización iniciada a fins da década dos 50 continúa na actualidade, xa que non se trata dun proceso completamente finalizado.

Así mesmo, en diversas ocasións ao longo do curso salientouse que o sector agrario é un sector fortemente intervido na práctica totalidade dos países industrializados. Europa non constitúe unha excepción a este respecto. A PAC (Política Agraria Común) contribuíu en alto grao a modelar o sentido dos cambios experimentados polas explotacións agrarias nas últimas 3 décadas, determinando a forma concreta na que estes se teñen producido. Así pois, a intervención do Estado nos mercados agrarios, fenómeno que responde a razóns que explicaremos ao longo deste tema, contribuíu a modelar o tipo de agricultura que temos hoxe en día.

OS OBXECTIVOS

 Obxectivo 1: coñecer a influencia que a política agraria, e máis en concreto a Política Agraria Común, tivo e ten sobre o sector agrario.

 Obxectivo 2: familiarizarse coas principais ferramentas da PAC.

 Obxectivo 3: coñecer aqueles elementos da PAC actual que, desde a perspectiva galega, teñen unha maior incidencia tanto nas explotacións agrarias como nos procesos de desenvolvemento das áreas rurais.

OS PRINCIPIOS METODOLÓXICOS

Empregarase a lección maxistral para desenvolver a maior parte dos contidos do tema. Para facilitar a comprensión por parte do alumnado empregaranse unha serie de esquemas e gráficos que serán expostos a través dunha presentación que estará dispoñíbel no curso virtual da materia.

Como no resto dos temas, o alumnado ten a posibilidade de realizar un traballo voluntario, con base na bibliografía proporcionada pola profesora responsábel, no que se afondará nalgúns dos aspectos estudados ao longo do tema.

(9)

8- UNIDADE VI. O medio rural e as políticas agrarias. A Unión Europea OS CONTIDOS BÁSICOS

1. Intervención e regulamento dos mercados agrarios

O sector agrario é un sector fortemente intervido na maior parte dos países desenvolvidos. Este elevado grao de intervencionismo vén explicado fundamentalmente por dous grandes grupos de razóns:

1. O sector agrario é considerado como un sector de interese estratéxico. A produción agraria abandonada á iniciativa privada podería non subministrar a suficiente cantidade de alimentos xa que os investimentos na agricultura ofrecen unha rendibilidade inferior á dos outros sectores económicos.

2. A elevada inestabilidade dos mercados agrarios. A grande volatilidade na oferta, unida a unha baixa elasticidade renda e prezo da demanda provoca esta forte inestabilidade que fai variar constantemente os prezos e cantidades dispoñíbeis no mercado.

No caso da Unión Europea existe unha Política Agraria Común (PAC) única para todos os países que integran este espazo económico e político. É de salientar que a PAC vén funcionando desde os primeiros anos da década dos 60 e constitúe de feito a primeira política europea común. Se ben é certo que foi diminuíndo a súa importancia porcentual en termos de fondos, na actualidade continúa a absorber unha parte moi importante do orzamento comunitario (ver gráfico nº1, subapartado 3.2).

Para poder entender como un sector que cada vez ten un papel menos relevante en termos de achega ao PIB ocupa un papel tan destacado nos orzamentos comunitarios, ademais dos dous elementos antes sinalados hai que ter en conta os seguintes feitos:

 A mediados dos 50 os estados membros da CECA1 tiñan unha situación de claro intervencionismo agrario; a realización dun mercado común era inviábel sen homoxeneizar os mecanismos de intervención existentes no sector agrario dos países fundadores da CEE.

 A isto hai que sumarlle o comportamento estratéxico seguido nas negociacións por Francia, que como primeira potencia agraria comunitaria tiña un grande interese en ver incrementadas as súas exportacións de produtos agrarios cara ao resto de Europa.

Así as cousas, a PAC configúrase como un elemento central á hora de determinar o futuro e polo tanto a reestruturación da agricultura galega. Se ben é certo que moitos dos problemas que esta presenta na actualidade son completamente independentes do feito da integración do Estado Español na Unión Europea, tampouco é menos certo que a consecuencia desta integración fica determinada a forma na que estes problemas se presentan e, sobre todo, as súas posíbeis vías de solución.

1 CECA (Comunidade Europea do Carbón e o Aceiro), organización internacional que pode ser considerada como a orixe do que hoxe en día é a Unión Europea.

(10)

2. Breve historia da Unión Europea

A seguir detállanse os feitos maís relevantes do proceso de constitución da Unión Europea desde unha perspectiva agraria:

 1957, Tratado de Roma. A comezos dos anos 50, co obxectivo de xestionar as súas industrias pesadas, seis países, Alemaña, Francia, Bélxica, Italia e os Países Baixos, crean a CECA (Comunidade Europea do Carbón e o Aceiro). Estes países deciden ampliar a cooperación a outros sectores e asinan o Tratado de Roma creando a CEE (Comunidade Económica Europea). No artigo 39 de dito Tratado fíxanse os obxectivos en materia agraria:

incremento da produtividade, fomento do progreso técnico, estabilización dos mercados agrarios, garantir a seguridade dos abastecementos e garantir un nivel de renda equitativo aos agricultores.

 1958, Conferencia de Stressa. Póñense os alicerces da Política Agrícola Común en base ao artigo 43 do Tratado de Roma.

 1960, primeiro Informe Mansholt . Neste informe establécense as bases da PAC.

 1962, entra en vigor a PAC. Principia o funcionamento das distintas Organizacións Comúns de Mercado (OCM) que integran a PAC. O período comprendido entre esta data e mediados dos anos 80 coñécese como PAC clásica.

 1984, primeiras adaptacións da PAC. Como resultado dunha situación de excedentes de produción e elevado custo orzamentario comezan a adoptarse unha serie de medidas que teñen por obxectivo o control de gasto: continxentes á produción (ex., cotas para os produtos lácteos) e disposicións de control de mercado (ex., cereais e viño).

 1987, Acta Única Europea. Título XVII: Cohesión económica e social. Obxectivo de converxencia rexional, con mención expresa ás zonas rurais, e reforma dos Fondos Estruturais a favor do mesmo.

Título XIX: Ambiente. A protección medioambiental debe ser un elemento constitutivo do resto das políticas comunitarias.

 1991, Propostas MacSharry. Bases para a primeira grande reforma da PAC no 1992.

 1992, Tratado da Unión Europea (Maastricht). Paso da Comunidade Económica Europea á Unión Europea e creación dunha nova estrutura de natureza non só económica senón tamén política: a Unión Europea.

Ademais dos feitos antes sinalados é de salientar que no ano 1973 principia un proceso de alargamento, no que participou o Estado Español no ano 1986, e que determinou que na actualidade o espazo europeo estea conformado por 27 países con realidades económicas e sociais moi diferentes.

(11)

10- UNIDADE VI. O medio rural e as políticas agrarias. A Unión Europea Figura nº 1: proceso de alargamento da Unión Europea

Fonte: web da Unión Europea: http://europa.eu/index_es.htm

3. A Política Agraria Común

3.1. O medio rural europeo: un espazo heteroxéneo

Como se sinalou anteriormente a UE é un espazo moi amplo conformado por realidades económicas contrastadas. A diminución das disparidades rexionais, obxectivo da política de cohesión territorial, está moi lonxe de ser acadado, entre outras razóns porque o esforzo financeiro realizado non estivo, nin está, á altura do obxectivo declarado.

As diferenzas no nivel de desenvolvemento económico constituían un problema importante no espazo coñecido como UE-15, mais co alargamento cara ao centro e Leste de Europa, que culminou no ano 2007 cunha UE constituída por 27 países, as desigualdades fixéronse aínda máis evidentes.

As grandes disparidades existentes entre os indicadores económicos xerais mantéñense ao analizar a situación do medio rural, e máis en concreto do sector agrario. As diferenzas van máis alá de orientacións produtivas diferentes derivadas de distintas realidades climáticas, orográficas ou edafolóxicas. Maniféstanse nunha gran variedade de situacións tanto a nivel de ocupación agraria como de diversificación produtiva, estruturas agrarias, renda ou produtividade.

A seguir detállanse algúns indicadores básicos como mostra da grande diversidade de situación existentes no sector agrario europeo:

 En termos de emprego a relevancia do sector agrario está moi lonxe de ser similar en todos os países que compoñen a UE. No ano 2007 a poboación ocupada na agricultura no Reino Unido era tan só o 1,4% da poboación ocupada total, mentres que en Romanía o sector agrario proporcionaba o 29,5% do emprego (2008 Agricultural Year, European Commission).

1952 1973 1981 1986

1990 1995 2004 2007

(12)

 As diferenzas en canto ao tamaño das explotacións son notábeis:

se ben en termos medios en Europa o 19,2% das explotacións teñen máis de 20 ha de SAU, en Dinamarca esta cifra ascende até o 57,7%, mentres que en Portugal ou na Grecia fica no 8% e no 4,2% das explotacións respectivamente (Key agricultural statistics.

Eurostat and Agriculture and Agriculture and Rural Development DG).

 As diferenzas en canto á relevancia económica do sector agrario son tamén moi importantes. Así en Romanía a achega que a agricultura fai ao PIB é 12,75 veces superior á que fai este sector ao PIB total do Reino Unido. Se facemos a comparación co Estado Español vemos como se multiplica por 5,5(Key agricultural statistics.

Eurostat and Agriculture and Agriculture and Rural Development DG).

Así as cousas, pódese afirmar que globalmente hai un forte contraste entre dous grupos de países:

 O primeiro deles, situado xeograficamente no centro de Europa, está constituído polos países que participaron desde o inicio no proceso de construción do que hoxe en día é a UE. Son países caracterizados por un maior nivel de desenvolvemento económico e que ademais, en xeral, presentan un sector agrario moderno e altamente competitivo.

 O segundo grupo constitúe unha periferia económica que coincide coa súa situación xeográfica, contraste que se acentúa aínda máis se en lugar de deternos no plano estatal analizamos a situación das rexións que integran estes estados.

3.2. Principais mecanismos da PAC

A Política Agraria Común constitúe o núcleo central e principal realización da CEE: foi a primeira política común e a que absorbía unha maior cantidade de fondos. A relevancia da PAC en termos de financeiros foi diminuíndo progresivamente co paso do tempo, mais como se pode observar no gráfico 1, aínda supón hoxe en día preto do 50% do orzamento comunitario.

Gráfico 1: agricultura, en porcentaxe do orzamento total da UE

(13)

12- UNIDADE VI. O medio rural e as políticas agrarias. A Unión Europea Fonte: a Política Agrícola Común explicada. DXVI (Comisión Europea).

A PAC vén funcionando desde os inicios da UE e os seus obxectivos básicos eran lograr o autoabastecemento dos principais produtos agrarios e facer isto compatíbel coa existencia dun número relativamente alto de agricultores que obtivesen polo seu traballo unha renda adecuada. Isto garantiuse coa posta en marcha dun conxunto de medidas que mantiñan os prezos internos elevados de tal xeito que se estimulase a produción. De aí que nos seus inicios a PAC fora fundamentalmente unha política de prezos e mercados.

Co transcorrer do tempo chegouse en Europa a unha situación de excedentes na maior parte dos produtos agrarios (excedentes que ademais contribuían a disparar o gasto agrario), ao tempo que as diferenzas entre o nivel de desenvolvemento das distintas áreas rurais europeas non se atenuaban (en parte tamén debido ás sucesivas integracións). Por iso, desde os anos 80 progresivamente vaise entrando nun proceso de paulatina redución dos sistemas de prezos e mercados (primeiro piar da PAC), e vai cobrando importancia a política estrutural até constituír o que hoxe en día é o segundo piar da PAC: a política de desenvolvemento rural. Con todo, como se pode apreciar no gráfico 1, en termos de fondos a política de desenvolvemento rural continúa a ocupar un lugar moi secundario.

A política de prezos e mercados, na actualidade financiada a través do Fondo Europeo Agrario de Garantía (FEAGA), organízase a través das Organizacións Comúns de Mercado (OCM); cada un dos grandes grupos de produtos agrarios ten unha OCM na que se establecen todas as normas de funcionamento de mercado. Os principais mecanismos de regulación son:

 Os sistemas de sustentación de prezos.

 Os sistemas de axudas directas ás rendas.

 Os mecanismos de intervención nos mercados.

 As medidas limitativas á produción.

 O réxime de intercambio exterior.

É importante destacar que, se ben as normas son comúns para todos os países, o grao de cobertura ofrecido non é similar para todos os produtos.

Polo que ás políticas de desenvolvemento rural se refire, apuntar que no período actual (2007-2013) todas as actuacións quedan fixadas a través dun único programa operativo, que no caso do Estado Español fica establecido a nivel rexional. O organismo financeiro encargado do

(14)

financiamento do desenvolvemento rural é o Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural2 (FEADER) e, ao contrario do que acontece coa política de prezos e mercados, todas as medidas postas en marcha requiren cofinanciamento. Na figura 2 recóllense os elementos máis relevantes do período 2007-2013 para o caso galego nos dous piares da PAC.

2 Estes dous fondos, FEAGA e FEADER, substitúen a partir do período 2007-2013 o FEOGA coas súas dúas seccións, Orientación e Garantía.

(15)

14- UNIDADE VI. O medio rural e as políticas agrarias. A Unión Europea Figura 2: a PAC no período 2007-2013

Fonte: elaboración propia

4. Consecuencias da PAC nas agriculturas familiares 4.1. A PAC clásica

Este período correspóndese cos anos transcorridos desde a creación da PAC até mediados dos anos 80. Durante este espazo de tempo a PAC foi fundamentalmente unha política de prezos e mercados, a vertente socioestrutural da PAC (FEOGA-Orientación, hoxe FEADER), ponse en marcha de forma tardía e absorbe unha parte moi reducida dos fondos totais.

A maior parte dos obxectivos marcados durante esta etapa foron amplamente acadados: nun contexto de prezos favorábeis os agricultores foron quen de aumentar significativamente a produtividade (como resultado da intensificación no emprego de inputs de orixe industrial e da mecanización) e incrementar o tamaño medio das explotacións. Tamén se logrou o obxectivo de estabilización de mercados: o incremento na produción foi tan importante que pasamos dunha situación de déficit a unha de excedentes na maior parte dos produtos agrarios.

Si é discutíbel a consecución dun dos obxectivos inicialmente establecidos:

garantir un nivel de vida equitativo á poboación rural. Ou polo menos, é discutíbel que se acadase en todos os países membros. Na realidade nas primeiras etapas da PAC a política de equilibrio rexional foi a grande ausente.

Mais a pesar da ausencia de criterios rexionalizadores a PAC non foi neutral desde o punto de vista rexional. Pola contra, tivo efectos moi diferentes nas distintas rexións europeas, cuestión que veu motivada por dous tipos diferentes de razóns:

1. O sostemento a través dos prezos fai que se beneficien en maior medida aquelas explotacións máis modernas, de maior tamaño e

(16)

que polo tanto teñen un maior nivel de produción. É obvio que este tipo de explotacións non se distribúen de xeito homoxéneo por todas as rexións europeas.

2. O sostemento é igual para todos os países, mais non para todos os produtos. Polo tanto a especialización produtiva dunha determinada rexión vai determinar que a súa agricultura resulte máis ou menos beneficiada.

4.2. As reformas

A partir dos anos 80 son cada vez máis numerosas as voces que sinalan que o peso que a PAC ten sobre os orzamentos comunitarios é excesivo.

Principia a mediados desta década unha nova etapa caracterizada por sucesivas reformas tendentes a reducir o nivel de sostemento agrario. A redución dos custos da PAC conséguese fundamentalmente a través de dúas vías:

1. Políticas de prezos restritivas.

2. Políticas de continxenciamento.

Como é obvio este novo contexto vai provocar unha diminución da renda agraria e da poboación ocupada neste sector. Para tratar de evitar os problemas que provocaría un axuste drástico póñense en marcha unha serie de medidas que buscan conciliar o aforro co mantemento da poboación rural. Citaremos como elementos máis característicos desta nova forma de intervención:

1. as axudas directas á renda

2. as políticas de apoio a pluriactividade3

As sucesivas reformas da PAC van ter de novo distintas consecuencias rexionais, afectando de xeito máis intenso as áreas con maior nivel de atraso polas seguintes razóns:

 Porque se mantén a relación entre volume de produción e volume de axuda. Os países que iniciaron máis tarde o proceso de modernización están en clara desvantaxe. Non debemos esquecer que Galiza forma parte da UE desde o ano 1986.

 Porque nestas áreas os sectores secundario e terciario adoitan ter un tamaño máis reducido e polo tanto teñen menores posibilidades de ofertar fontes de emprego alternativas ao sector agrario en cantidade suficiente.

 Porque, en xeral, os estados onde se concentran estas áreas dispoñen de menos recursos para afrontar o axuste.

En resumo, a PAC ten contribuído de xeito importante a consolidar un sector agrario moderno e altamente competitivo, mais tamén a unha dualidade pequena/grande explotación, dualidade que, debido á ausencia dunha verdadeira política de equilibrio territorial, ten a súa correspondencia no plano rexional.

3 Ver definición apartado 5.2.

(17)

16- UNIDADE VI. O medio rural e as políticas agrarias. A Unión Europea 5. O desenvolvemento das áreas rurais. Desenvolvemento agrario/desenvolvemento rural

5.1. A orixe do concepto de desenvolvemento rural

Anteriormente púxose de manifesto que a preocupación pola cuestión do desenvolvemento igualitario das áreas rurais europeas non é un asunto que ocupe un lugar relevante dentro do deseño da PAC até ben entrada a década dos 80. E aínda así continúa hoxe en día a ter un papel secundario, cando menos en termos de fondos.

Non é obxectivo desta materia realizar un repaso das actuación levadas a cabo dentro da política de desenvolvemento rural, mais si é obrigado aclarar o contido do concepto de desenvolvemento rural, dado que este foi variando de xeito substancial ao longo dos anos.

Nos inicios da PAC as medidas estruturais limitábanse a actuacións que tiñan que ver coa modernización do sector agrario. De feito, non é até ben entrados os anos 80 cando se xeneraliza o concepto de desenvolvemento rural tal e como hoxe o entendemos. Na figura 3 resúmense os principais elementos que caracterizan este cambio.

Figura 3: evolución do contido do concepto de desenvolvemento rural

Fonte: elaboración propia

Para entender esta mudanza de paradigma temos que ter en conta as seguintes cuestións:

1. Procede de análises externas ao sector agrario.

2. Irrompe a partir dos anos 70 nun contexto no que foran postos en cuestión os modelos construídos na posguerra:

a. A economía mundial viuse sacudida por unha grave crise económica, industrial e de emprego. Polo tanto, os sectores secundario e terciario europeo non estaban en condicións de absorber máis poboación activa procedente do sector primario.

b. Entran en crise os grandes modelos de desenvolvemento aplicados até entón; crise que vén derivada tanto do fracaso de moitos deles como da posta en cuestión do papel que o Estado desenvolve na economía.

c. Xorde unha nova concepción do mundo rural derivada das necesidades de lecer dos habitantes do medio urbano e da crecente preocupación pola conservación da natureza.

(18)

5.2. Desenvolvemento rural integrado

De acordo coa forma hoxe imperante de concibir os procesos de desenvolvemento das áreas rurais, a agricultura é unha actividade capaz de mellorar as rendas e as condicións de vida dos habitantes do mundo rural, mais considerando que non é unicamente coa modernización dos modelos de produción agrarios como se resolverá o problema do emprego rural e da equiparación de rendas. Este enfoque busca unha distribución máis equitativa dos beneficios da produción, unha maior participación da poboación nas decisións que a afectaban e unha mellor planificación na utilización dos recursos naturais.

O mundo rural deixa de ser concibido como un residuo resultado dos procesos de urbanización e/ou unha consecuencia da organización social e espacial da produción agraria. Con esta nova perspectiva o desenvolvemento rural pasa a ser entendido como o reforzamento das condicións favorábeis con que contan estas zonas, permitindo a permanencia e reprodución a nivel local das poboacións rurais, a mellora das súas condición de vida e a súa recomposición social.

A seguir definiremos dous conceptos básicos que a miúdo se confunden e que completan esta breve aproximación ao concepto de desenvolvemento rural integrado:

 Diversificación fai referencia á diversificación da estrutura económica das áreas rurais mediante a aparición de novas actividades; concepto que vai ligado ao cumprimento das novas funcións asignadas pola sociedade aos espazos rurais.

 Pluriactividade está referido á unidade familiar agraria; esta é a que diversifica permitindo que coexista a actividade agraria xunto a outro tipo de actividade

(19)

18- UNIDADE VI. O medio rural e as políticas agrarias. A Unión Europea BIBLIOGRAFÍA

PÉREZ FRA,MM. E LÓPEZ IGLESIAS,E.(2006):“Evolución das medidas socio- estruturais agrarias: a progresiva configuración da política de desenvolvemento rural.” RecursosRurais(IBADER):Serie cursos Vol41-7.

SUMPSI,JM

.(2002):”

La política agraria y rural de la Union Europea”. En JM.

Sumpsi y E. Pérez Correa (coord): Políticas, instrumentos y experiencias de desarrollo rural en América Latina y Europa. Pp.

122-146 . Ministerio de Agricultura Pesca y Alimentación, Madrid.

LÓPEZ IGLESIAS,E.(1998):“O impacto da nova política de desenvolvemento rural de UE nas zonas desfavorecidas. Unha valoración das propostas da Axenda 2000”,Análise Empresarial,Nº 28, 3-12.

MASSOT,A.(2008):“La PAC tras el Health Check”.Papeles de Economía Española117,210-226.

(20)

Recursos útiles na internet

Programa Galego de Desenvolvemento Rural 2007-2013:

http://mediorural.xunta.es/areas/desenvolvemento_rural/presentacio n/

Portal da Unión Europea:

http://europa.eu/index_pt.htm

Dirección Xeral de Agricultura e Desenvolvemento Rural (UE):

http://ec.europa.eu/dgs/agriculture/index_pt.htm[

(21)

O Medio Rural e as Políticas Agrarias.

A Unión Europea

Maria do Mar Pérez Fra

Departamento de Economía Agraria Escola Politécnica Superior

Enxeñaría Técnica Forestal e Enxeñaría Técnica Agrícola

Servizo de Normalización Lingüística

6

titulación

Socioloxía Rural

materia

Vicerreitoría de Cultura Unha colección orientada a editar materiais docentes de

calidade e pensada para apoiar o traballo de profesores e alumnos de todas as materias e titulacións da universidade

Referencias

Documento similar

Aínda que un dos obxectivos da Comunidade Económica Europea, expresado no preámbulo do Tratado de Roma, fose “reforzar a unidade das súas economías e asegurar o seu

Como unha iniciativa do Programa A Ponte no Campus de Lugo, e tendo en conta o grave problema dos incendios ferestais en Galicia, que ao comezar o curso 2017/18 tiveron unha

Tema 3.- Antoloxía de textos poéticos representativos (selección do profesor sobre autores do período).. Antoloxía de textos poéticos (selección do profesor sobre autores

Os indicadores dan conta de como os esforzos na dirección de lograr unha maior circularidade están estancados, coma se a economía tivese chegado ao seu máximo de

Nesta ocasión celebrouse o día 26 de outubro de 2018 ás 11 ho- ras no Salón Nobre de Fonseca, presidido o acto polo Rei- tor Reitor da USC e coa presenza na mesa presidencial do

O Programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”, como o seu nome indica, quere facer de ponte entre o es- tudantado de Ensino Medio e a Universidade de Santiago de Compostela

IES PRAIA DE BARRAÑA (BOIRO –A CORUÑA) IES RIBEIRA DO LOURO (O PORRIÑO – PONTEVEDRA) IES PINO MANSO (O PORRIÑO – PONTEVEDRA) IES CAMILO JOSÉ CELA (PADRÓN – A CORUÑA) CPR

Nesta ocasión celebrouse o día 17 de novembro de 2016 as 11 horas no Salón Nobre de Fonseca, presidido o acto polo reitor da USC e coa presenza na mesa presidencial do Con-