• No se han encontrado resultados

MANUAL SIMPLIFICADO DO SISTEMA DE GARANTÍA DE CALIDADE

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

Share "MANUAL SIMPLIFICADO DO SISTEMA DE GARANTÍA DE CALIDADE"

Copied!
37
0
0

Texto completo

(1)

MANUAL SIMPLIFICADO DO SISTEMA DE GARANTÍA DE CALIDADE

FACULTADE DE MATEMÁTICAS

04/12/2013

(2)

ÍNDICE

1. Presentación da Facultade de Matemáticas ... 2

2. Política de Calidade da Facultade de Matemáticas ... 17

3. Estrutura para o desenvolvemento do SGIC ... 20

4. Mapa de procesos... 28

5. Indicadores ... 31

6. Evidencias do Sistema de Calidade ... 35

7. Glosario de abreviaturas ... 36

(3)

1. PRESENTACIÓN DA FACULTADE DE MATEMÁTICAS

1.1. OBXECTO

Este capítulo ten por obxecto presentar a Facultade de Matemáticas como centro da USC.

Exporanse aspectos tales como os estudos que atende, situación dentro da USC, estrutura organizativa, persoal académico e de apoio, regulamentos e normas e outros que resulten de interese a efectos da súa identificación para a implantación do seu SGIC.

1.2. DESENVOLVEMENTO

1.2.1 P

RESENTACIÓN DA

F

ACULTADE DE

M

ATEMÁTICAS

Os estudos de matemáticas na USC son relativamente recentes, se pensamos que a propia Universidade conta con máis de cincocentos anos de historia. Se ben as matemáticas estiveron presentes na USC dende, cando menos, mediados do século XVIII (época na que existía a cátedra de “Ars Mathematicae”), terase que agardar ata a segunda metade do século XX para o establecemento de estudos conducentes a un título de matemáticas.

A Sección de Matemáticas creouse no curso 1957-1958 (BOE de 22 de outubro de 1957), dentro da Facultade de Ciencias, que á súa vez, creárase no ano 1845 e que xa contaba coa Sección de Química dende o ano 1922. Posteriormente, tamén acollería a Sección de Bioloxía, a partir do curso 1966-1967, e a Sección de Física, dez anos despois desta última.

A Facultade de Matemáticas constitúese como tal polo decreto regulador do 14 de outubro de 1977 (BOE de 11 de novembro do mesmo ano). Con todo, non é ata mediados dos anos oitenta do pasado século que a Facultade de Matemáticas, xunto coas Facultades de Bioloxía e Física, abandona o edificio da Facultade de Ciencias, que dende o ano 1961 era o edificio que hoxe ocupa a Facultade de Química, e pasa á súa ubicación actual.

Nesta etapa tivo especial relevancia o Colexio Universitario de Lugo, que albergou unha

Sección de Matemáticas dende o ano 1972, ata a súa supresión no 1988. Alí impartíanse os

tres primeiros cursos da Licenciatura en Matemáticas.

(4)

A división da Facultade nos Departamentos de Álxebra, Análise Matemática, Estatística e Investigación Operativa, Matemática Aplicada e Xeometría e Topoloxía levouse a cabo coa implantación da Ley de Reforma Universitaria no curso 1985-1986. Resulta destacable o feito de que ata o momento da segregación das universidades galegas no ano 1989, estes departamentos aportaban profesorado para os sete campus universitarios de Galicia.

Os estudos da Licenciatura en Matemáticas contaron con, cando menos, cinco plans formativos, sendo o último deles do ano 2000 (BOE de 16 de marzo de 2001). Este plan (na actualidade en extinción) estruturábase en créditos e cuatrimestres, permitindo obter o título de Licenciado/a en Matemáticas coas orientacións de Estatística e Investigación Operativa, Matemática Aplicada e Matemática Pura. Foi este plan o que precedeu ao Grao en Matemáticas, implantando no curso 2008-2009 como consecuencia da adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES).

Ademais do Grao en Matemáticas, na Facultade impártese docencia do Máster en Técnicas

Estatística (implantado no curso 2007-2008), do Máster en Matemáticas (dende o curso

2009-2010) e do Máster en Matemática Industrial (dende o 2013-2014, como continuación

do Máster en Enxeñaría Matemática, que fora implantado no curso 2006-2007). Tanto o

Máster en Técnicas Estatística coma o Máster en Matemática Industrial son títulos

interuniversitarios.

(5)

1.2.2 O

RGANIGRAMA

O Equipo Decanal (ED) da Facultade de Matemáticas está composto por:

- O/A decano/a.

- O/A vicedecano/a (ou vicedecanos/as).

- O/A secretario/a.

1.2.3 Ó

RGANOS DE GOBERNO

. C

OMISIÓNS

.

DEPARTAMENTOS IMPLICADOS NA DOCENCIA

Os órganos de goberno da Facultade de Matemáticas son o Equipo Decanal e a Xunta de Facultade, dotada de comisións delegadas e específicas para a asistencia nas súas funcións. Descríbese a continuación a composición e competencias dos distintos órganos de goberno

EQUIPO DECANAL

COMPOSICIÓN

O Equipo Decanal queda integrado por:

- O/A decano/a.

- O/A vicedecano/a (ou vicedecanos/as).

- O/A secretario/a.

Os elixibles para estes cargos veñen especificados nos Estatutos da USC.

COMPETENCIAS

O/A decano/a representa á Facultade, exerce a súa dirección e a xestión ordinaria, preside e coordina a actuación dos seus órganos colexiados e executa os seus acordos. As competencias do/a decano/a veñen recollidas nos Estatutos da USC.

Os/as vicedecanos/as serán nomeados polo reitor/a a proposta do decano/a entre os membros da comunidade universitaria pertencentes á Facultade que reúnan os requisitos establecidos nos Estatutos da USC. Corresponde aos vicedecanos/as coordinar, dirixir, baixo a autoridade do

(6)

decano/a, as áreas de competencia que este/a lle asigne, sen prexuízo de que as funcións técnicas ou administrativas correspondan ao persoal de administración e servizos. Se houbera varios vicedecanatos, o/a decano/a designara ao seu substituto para os casos de ausencia, enfermidade ou imperativo regulamentario.

O/A secretario/a da Facultade é quen da fe dos actos e acordos dos órganos de goberno, representación e administración do centro e, como tal, ten encomendada a custodia dos libros de actas e a expedición das certificacións dos acordos de todos os actos ou feitos que consten nos documentos oficiais do centro. Ademais, exercerá aquelas funcións que lle encomende o/a decano/a ou as que lle correspondan segundo a lexislación vixente, os Estatutos da USC ou o Regulamento de Réxime Interno da Facultade de Matemáticas.

XUNTA DE FACULTADE

DESCRICIÓN

A Xunta de Facultade é o órgano colexiado de goberno do centro e, como tal, aproba as liñas xerais de actuación no ámbito da Facultade e supervisa a labor dos seus órganos de dirección e xestión. A Xunta de Facultade actuará en pleno ou en Comisión Permanente. Tamén poderá dotarse de comisións delegadas (que se describen a continuación), estables ou conxunturais, que a asesoren e asistan as súas funcións.

COMPOSICIÓN

A composición do pleno da Xunta de Facultade, establecida nos Estatutos da USC, e tendo en conta a adaptación transitoria á LOMLOU (Consello de Goberno do 1 de decembro de 2010). é a seguinte:

1. O/A decano/a, quen presidirá e convocará.

2. O/A vicedecano/a ou vicedecanos/as.

3. O/A secretario/a, que tamén o será da Xunta.

4. O seguinte persoal docente e investigador (PDI), con docencia no centro e censado nel, ou non censado con encargo docente igual ou maior a 90 horas:

4.1. Todo o persoal con vinculación permanente, que representará un 51% da Xunta.

4.2. Representación do resto do PDI, nunha proporción que non exceda o 10% do total dos membros da Xunta. A Xunta de Facultade poderá establecer porcentaxes de representación para as diferentes categorías deste persoal, cando o seu número na Facultade non exceda o 10% dos membros da Xunta 4.3. A representación do PDI sen vinculación permanente a tempo parcial será como máximo do 5% do

total de membros da Xunta.

(7)

5. Unha representación dos estudantes igual ao 32% do total de membros da Xunta. O 27% será alumnado de primeiro e segundo ciclo, grao e posgrao e o 5% restante, alumnado de Doutoramento.

6. Unha representación do persoal de administración e servizos (PAS) censados no centro, que disporán dun 7% do total, cun mínimo de 2 representantes.

Ademais, á Xunta de Facultade deberán ser convocados, con voz pero sen voto, e sempre que o soliciten, todo o PDI que imparta docencia no centro e non pertenzan á mesma.

Todos os representantes, que serán elixidos polos mesmos sectores que representan, desempeñarán o seu posto por un período de 2 anos, excepto os estudantes, para os que o período de representación é dun ano. Se algún dos representantes perdese a súa condición de membro da Xunta durante o período de mandato, o seu posto será ocupado ata o final do período polo do seu suplente, que será sucesivamente o que obtivera máis votos nas correspondentes eleccións. A condición de membro da Xunta perderase ao cesar a vinculación co centro ou ao deixar de cumprir os requisitos demandados ao sector polo que foi elixido.

COMPETENCIAS

Son competencias do pleno da Xunta de Facultade, de acordo cos Estatutos da USC, as seguintes:

1. A elección do/a decano/a e, de ser o caso, da súa revogación.

2. A elaboración e aprobación do seu Regulamento de Réxime Interno.

3. A supervisión da xestión dos restantes órganos de goberno e de administración do centro.

4. A elaboración e aprobación dos proxectos de plans de estudo das titulacións radicadas no centro, en consonancia coa lexislación vixente e coas normas xerais da Universidade.

5. A aprobación das liñas xerais da política académica do centro e, entre elas, a proposta e implantación de novos títulos, de creación de escolas de especialización profesional dependentes do centro e de organización de cursos ou estudos de posgrao.

6. A distribución das asignacións orzamentarias concedidas ao centro e o control da súa aplicación.

7. O informe sobre as propostas de creación, modificación ou supresión de departamentos relacionados co centro pola súa docencia e investigación.

8. A organización de servizos docentes para a obtención de títulos académicos do seu ámbito, así como a coordinación e a supervisión da actividade docente do profesorado con docencia no centro, e igualmente, a supervisión do seu cumprimento.

9. A programación dos servizos e equipamentos do centro e a supervisión da súa xestión.

10. A organización de actividades de formación permanente e de extensión.

11. A creación de comisións delegadas.

12. O nomeamento de tribunais no ámbito das competencias da Facultade.

13. O pronunciamento sobre aqueles asuntos que lle sexan sometidos polo decanato ou as comisións delegadas.

14. A manifestación da súa opinión sobre calquera asunto relacionado co centro ou coas súas actividades.

15. As restantes competencias que lle atribúen os Estatutos da USC.

(8)

DAS COMISIÓNS DELEGADAS

As comisións delegadas (CD) son instancias de asesoramento, que actúan por delegación da Xunta, que creará as que estime oportunas. A súa función é emitir informes, coordinar, estudar, elaborar propostas de carácter operativo e/ou resolver os asuntos que o Regulamento de Réxime Interno da Facultade ou os órganos competentes de goberno da Facultade lles encomenden.

Sen prexuízo de outras comisións específicas, creadas pola Xunta na forma que determine para tratar temas concretos, créanse as seguintes comisións da Xunta de Facultade:

- Comisión Permanente (CD).

- Comisión de Biblioteca (CD).

- Comisión de Docencia e Asuntos Académicos (CD).

- Comisión de Economía, Infraestruturas, Administración e Servizos (CD).

- Comisión de Normalización Lingüística (CD).

- Comisión de Informática e Novas Tecnoloxías (CE).

As comisións estarán formadas por membros natos e por membros electos. Os membros natos non precisan ser membros da Xunta de Facultade. Os membros electos, agás expresa indicación en contra, serán elixidos entre e polos membros de cada sector que tamén o sexan da Xunta.

Na Figura 1 achégase un organigrama completo da Facultade de Matemáticas, onde se

inclúen os seus órganos de goberno (Equipo Decanal e Xunta de Facultade) xunto coas

distintas comisións da Xunta de Facultade. Na sección dedicada á descrición da estrutura do

centro para o desenvolvemento do SGIC detallarase a composición da Comisión de

Calidade (CCC) e das Comisións de Título CoT), que tamén se inclúen no organigrama.

(9)

Figura 1. Organigrama da Facultade de Matemáticas.

Os departamentos adscritos á Facultade de Matemáticas, e que participan na docencia dos distintos títulos do centro, son:

- Departamento de Álxebra.

- Departamento de Análise Matemática.

- Departamento de Estatística e Investigación Operativa.

- Departamento de Matemática Aplicada.

- Departamento de Xeometría e Topoloxía.

Tamén imparten docencia na Facultade de Matemáticas outros departamentos non adscritos

ao centro, tanto no Grao en Matemáticas como nos distintos másters.

(10)

COMISIÓN PERMANENTE

DESCRICIÓN

A Comisión Permanente é o órgano deliberante e executivo da Xunta de Facultade que actúa por delegación e ten a súa representación permanente para axilizar a xestión dos asuntos da súa competencia. As decisións que adopte sobre estes serán vinculantes para a Xunta de Facultade, a menos que se produza unha revogación expresa destas no seu pleno.

COMPOSICIÓN

- O/A decano/a, que a presidirá e convocará, - O/A vicedecano/a.

- O/A secretario/a, que tamén o será desta

- 12 membros do PDI con vinculación permanente, incluíndo necesariamente aos directores ou directoras de departamentos adscritos á Facultade de Matemáticas e o director ou directora do Instituto de Matemáticas, sempre que sexan membros da Xunta de Facultade.

- 2 membros do PDI sen vinculación permanente e investigadores/as en formación - 3 estudantes primeiro e segundo ciclo, grao e posgrao e 1 estudante de Doutoramento.

- 2 membros do PAS.

COMPETENCIAS

1. Coñecer e adoptar acordos sobre aqueles asuntos que, sendo competencia da Xunta de Facultade, lle foron delegados polo pleno por non estaren expresamente reservados a este.

2. Asesorar en todas as cuestións que o/a decano/a lle someta no exercicio das súas competencias.

3. Coñecer e decidir sobre os asuntos que lle sexan presentados polas comisións delegadas e elevalos, no seu caso, ao pleno.

4. Aquelas funcións, administrativas de trámite, que non estean expresamente atribuídas a outras comisións ou órganos de goberno da Facultade de Matemáticas.

(11)

COMISIÓN DE BIBLIOTECA

DESCRICIÓN

A Comisión de Biblioteca créase de acordo cos Estatutos da USC, e as súas función enténdense supeditadas ao regulamento da Biblioteca Universitaria.

COMPOSICIÓN

- O/A decano/a ou persoa en quen delegue, quen convocará e presidirá.

- O/A director/a da Biblioteca do centro ou bibliotecario/a encargado desta, aínda que non sexan membros da Xunta de Facultade.

- Un representante de cada departamento adscrito á Facultade, elixido entre o profesorado dos departamento con docencia no centro, e que formen parte da Xunta de Facultade.

- Un representante da Biblioteca do Observatorio Astronómico “Ramón Mª Aller”, adscrita á Facultade de Matemáticas.

- Un número de representantes do alumnado que suporá o 30% dos membros da Comisión. Estes representantes serán elixidos entre o alumnado que forme parte da Xunta da Facultade; deles un 20%

serán de primeiro e segundo ciclo, grao e posgrao e o 10% de doutoramento.

COMPETENCIAS

1. Aprobar as directrices de desenvolvemento das coleccións bibliográficas e propor a distribución do orzamento correspondente, no ámbito da súa competencia, de acordo coas liñas xerais emanadas da Comisión da Biblioteca Universitaria.

2. Participar na elaboración das normas de funcionamento dos servizos bibliotecarios, que estarán a disposición dos lectores na Biblioteca da Facultade.

3. Aprobar o informe anual da Biblioteca da Facultade e elevalo á Dirección da Biblioteca Universitaria.

4. Asesorar nas diferenzas de criterio que poidan xurdir entre a Biblioteca e calquera dos seus usuarios.

5. Propor as medidas previstas no Regulamento da Biblioteca Universitaria contra os infractores das normas de usuarios.

6. Asesorar en todos os asuntos que pola súa importancia se considere necesario someter á súa consideración.

7. Garantir, en réxime de consulta e/ou préstamo, un número de exemplares idóneo da bibliografía obrigatoria de todas as materias para o alumnado universitario

(12)

COMISIÓN DE DOCENCIA E ASUNTOS ACADÉMICOS

COMPOSICIÓN

- O/A decano/a ou persoa en quen delegue, quen convocará e presidirá.

- O/A secretario/a que tamén o será da Comisión.

- O/A xestor/a académico/a da Facultade, aínda que non sexa membro da Xunta de Facultade.

- Un representante do profesorado por cada departamento adscrito á Facultade, elixido entre e polos profesores dos departamentos con docencia no centro e que formen parte da Xunta de Facultade.

- Un número de representantes do alumnado que suporá o 30% dos membros da Comisión. Estes representantes serán elixidos entre e polo alumnado que forme parte da Xunta de Facultade. Deles, un 20% serán de primeiro e segundo ciclo, grao e posgrao e o 10% de doutoramento.

COMPETENCIAS

1. Elaborar, en colaboración cos departamentos responsables, o Plan Docente Anual (PDA) segundo as orientacións establecidas pola Xunta de Facultade.

2. Coñecer e informar sobre os Plans de Organización Docente (POD) presentados polos departamentos.

3. Coñecer e informar sobre a programación das materias correspondentes ás titulacións radicadas no centro.

En particular, atenderá á coordinación e á adecuación dos programas e obxectivos das titulacións.

4. Coñecer e informar sobre o calendario de exames, horarios e a organización das clases das materias que forman parte dos plans de estudos.

5. Velar pola correcta aplicación dos plans de estudos da Facultade, facendo un seguimento destes e propondo no seu caso, as modificacións pertinentes.

6. Coordinar e supervisar a actividade docente do profesorado con docencia na Facultade.

7. Analizar e promover a mellora da calidade da docencia, supervisando a metodoloxía didáctica, os métodos de avaliación e o rendemento de docentes e discentes.

8. Mediar, dentro dos límites das súas competencias, nos conflitos que en aspectos docentes poidan xurdir entre os membros dos colectivos da Facultade.

(13)

COMISIÓN DE ECONOMÍA, INFRAESTRUTURAS, ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS

COMPOSICIÓN

- O/A decano/a ou persoa en quen delegue, quen convocará e presidirá.

- O/A responsable de Asuntos Económicos da Facultade, aínda que non sexa membro da Xunta de Facultade.

- O/A conserxe da Facultade, aínda que non sexa membro da Xunta de Facultade.

- Un representante do profesorado por cada departamento adscrito á Facultade, elixido entre e polo profesorado dos departamento, que sexan membros da Xunta de Facultade.

- Un número de representantes do alumnado que suporá o 30% dos membros da Comisión. Estes representantes serán elixidos entre e polo alumnado que forme parte da Xunta de Facultade.

Deles, un 20% serán de primeiro e segundo ciclo, grao e posgrao e o 10% de doutoramento.

COMPETENCIAS

1. Coñecer e informar sobre a proposta de gastos da Facultade e controlar o gasto e cumprimento do orzamento.

2. Asesorar ao equipo decanal na avaliación das necesidades materiais en infraestruturas e equipamento da Facultade e na proposta das actuacións máis eficientes na busca de solucións, mellora dos servizos e utilización óptima de recursos.

3. Velar porque se respecte a lexislación vixente en materia de seguridade e hixiene no traballo, dereitos laborais e individuais e respecto ao medio ambiente, entre outras.

4. Controlar o nivel de eficacia dos servizos que teña alugados a Universidade de Santiago de Compostela e estean instalados na Facultade.

5. Instar ás autoridades competentes para a creación de servizos ou dotación de equipamentos que atendan necesidades manifestas da comunidade universitaria.

6. Calquera outra competencia nestes ámbitos que non sexa exclusiva da Xunta de Facultade.

(14)

COMISIÓN DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

DESCRICIÓN

A Comisións de Normalización Lingüística (CNL) é unha comisión delegada da Xunta de Facultade.

Segundo o Plan de Normalización Lingüística, estas comisións son parte da organización xeral da USC en materia de política lingüística, e hanse encargar de velar pola aplicación en cada centro do Plan de Normalización Lingüística, de presentar propostas á xunta de centro e aos consellos de departamento, de canalizar suxestións á CNL do Claustro.

COMPOSICIÓN

- O/A decano/a ou persoa en quen delegue, quen convocará e presidirá.

- 6 membros do PDI con vinculación permanente.

- 1 membro do PDI sen vinculación permanente e investigadores en formación.

- 4 estudantes de primeiro e segundo ciclo, grao, posgrao e doutoramento.

- 1 membro do PAS.

COMPETENCIAS

As funcións das comisións de normalización lingüística dos centros da USC foron establecidas dende o Servizo de Normalización Lingüística da USC, e son as seguintes:

1. Recoller datos, para coñecer a realidade da Facultade en relación ao uso do galego.

2. Propoñer actuacións, a partir do diagnóstico anterior, valorando un programa de actividades que permita acadar os obxectivos marcados.

3. Canalizar intereses dos membros da Facultade sobre calquera aspecto relacionado coa normalización lingüística.

4. Difundir información e recursos.

5. Coordinar esforzos arredor da normalización lingüística.

(15)

COMISIÓN DE INFORMÁTICA E NOVAS TECNOLOXÍAS

DESCRICIÓN

De acordo co Regulamento de Réxime Interno da Facultade sobre comisións delegadas específicas, a Xunta de Facultade de 13 de setembro de 2007 aproba a creación da Comisión de Informática e Novas Tecnoloxías.

COMPOSICIÓN

- O/A decano/a ou persoa en quen delegue, quen convocará e presidirá.

- O/A responsable da Rede de Aulas de Informática (RAI) con destino na Facultade, aínda que non sexa membro da Xunta de Facultade.

- Un representante do profesorado por cada departamento adscrito á Facultade, elixido entre e polo profesorado do Departamento, que sexan membros da Xunta de Facultade.

- Un profesor/a por cada departamento non adscrito á Facultade que imparta algunha materia obrigatoria de cando menos 6 créditos nos estudos de grao, con docencia práctica nas aulas de informática do centro. O/A profesor/a será proposto polo departamento correspondente entre o profesorado implicado na mencionada docencia.

- Un número de representantes do alumnado que suporá o 30% dos membros da Comisión. Estes representantes serán elixidos entre e polo alumnado que forme parte da Xunta de Facultade.

Deles, un 20% serán de primeiro e segundo ciclo, grao e posgrao e o 10% de doutoramento.

COMPETENCIAS

1. Asesorar ao Equipo Decanal na avaliación de necesidades materiais en infraestruturas e equipamento da Facultade, relacionadas coa informática e novas tecnoloxías da comunicación e na proposta das actuacións máis eficaces na busca de solucións, avance dos servizos e utilización óptica de recursos nestes campos.

2. Coñecer, informar, asesorar e promover actividades de formación dos estudantes e profesorado no uso de programas informáticos e novas tecnoloxías na docencia e na investigación.

3. Velar para que, no ámbito da informática e novas tecnoloxías, se respecte a lexislación vixente en materia de seguridade e hixiene no traballo, dereitos laborais e individuais, respecto ao medio ambiente, etcétera.

4. Instar ás autoridades competentes para a creación de servizos ou dotación de equipamentos informáticos e tecnolóxicos que atendan necesidades manifestas da comunidade universitaria.

5. Calquera outra competencia nestes ámbitos que non sexa exclusiva da Xunta de Facultade.

(16)

1.2.4 R

EGULAMENTOS E NORMAS

- Regulamento de Réxime Interno da Facultade de Matemáticas (aprobado pola xunta de Facultade o 19 de marzo de 2007 e ratificado polo Consello de Goberno do 19 de xullo de 2007).

o Algúns puntos do Regulamento, acorde cos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela do ano 2004, vense afectados pola adaptación transitoria á LOMLOU, polo que son modificados segundo o acordo do Consello de Goberno de un de decembro de dous mil dez.

- Actas cos acordos da Xunta de Facultade e das distintas comisións delegadas.

- Regulamentos de Réxime Interno dos departamentos adscritos á Facultade.

- Regulamentos de Réxime Interno da Comisión Académica do Máster en Técnicas Estatísticas.

- Memoria do Grao en Matemáticas.

- Memoria do Máster en Enxeñaría Matemática.

- Memoria do Máster en Matemática Industrial.

- Memoria do Máster en Matemáticas.

- Memoria do Máster en Técnicas Estatísticas.

(17)

1.2.5 D

ATOS DE IDENTIFICACIÓN

RAZÓN SOCIAL

Facultade de Matemáticas. Universidade de Santiago de Compostela

DOMICILIO SOCIAL:

Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, 15782 Santiago de Compostela

C. I. F. (DA USC)

Q1518001A

CORREO-E

[email protected]

TELÉFONO

+34 981 563100 Ext. 13130

TELEFAX

+34 881 813197

(18)

2. POLÍTICA DE CALIDADE DA FACULTADE DE MATEMÁTICAS

A Facultade de Matemáticas desenvolve a súa política de calidade a través do seu plan estratéxico, a súa programación plurianual e o plan anual de melloras, que se elaborarán e aprobarán de acordo co establecido no proceso PE-01, Política e Obxectivos de Calidade do centro.

Para evidenciar o compromiso do Equipo Decanal con esa política de calidade, cada

equipo directivo, por medio do decano ou decana, subscribirá o documento que se

achega, o cal será divulgado polos medios de información pública correspondentes.

(19)

A Facultade de Matemáticas é consciente da importancia que ten a calidade no contexto universitario para garantir programas formativos que dean resposta ás demandas de excelencia no contexto universitario.

Tomando como referencia a política de calidade da USC (enmarcada dentro do despregamento do seu Plan Estratéxico e o Plan de Calidade) a Facultade de Matemáticas elabora a súa política marcándose como principal obxectivo desta o desenvolvemento de programas formativos que estean avalados por unha xestión de calidade como elemento clave e estratéxico para establecer un compromiso de máxima eficacia cos nosos grupos de interese.

Esta Facultade quere ser recoñecida no contexto universitario e social por desenvolver programas formativos que garanten a mellor e máis adecuada formación para os seus estudantes, que dan resposta ás demandas do mercado laboral, tecnolóxico e investigador, que garanten as condicións de desenvolvemento profesional axeitadas ao seu persoal docente, investigador e de servizos e que rende contas do investimento e optimización dos seus recursos.

Esta Facultade dirixe os seus esforzos cara á plena consecución da satisfacción das necesidades e expectativas de todos os seus grupos de interese e co fin de satisfacelos, comprométese a empregar todos os recursos técnicos, económicos e humanos á súa disposición; sempre dentro do estrito cumprimento dos requisitos legais aplicables, tanto a nivel autonómico como estatal e europeo.

Por todo iso, a Facultade de Matemáticas adquire o firme compromiso de garantir a calidade nesta e establece a súa política baixo estes principios:

 Responsabilidade: proporcionar unha formación dirixida cara á excelencia garantindo unha oferta académica acorde coas necesidades e expectativas dos nosos usuarios e da sociedade en xeral.

 Integración, participación e igualdade: esta Facultade establece como un dos

principios claves da súa política que todas as necesidades dos seus grupos de

interese sexan atendidas e que todos participen no desenvolvemento da

(20)
(21)

3. ESTRUTURA PARA O DESENVOLVEMENTO DO SGIC

Na seguinte sección descríbese a estrutura da Facultade de Matemáticas para o desenvolvemento do seu SGIC, incluíndo o ámbito de aplicación, a documentación de referencia e os principais axentes implicados no desenvolvemento do mesmo (Equipo Decanal, Comisión de Calidade do Centro e responsable de calidade).

3.1 OBXECTO

O obxecto deste capítulo é indicar a estrutura que a Facultade de Matemáticas estableceu para lograr o desenvolvemento e cumprimento dos obxectivos marcados no seu SGIC.

3.2 ÁMBITO DE APLICACIÓN

Todas as titulacións que se imparten na Facultade de Matemáticas e todas as persoas da mesma. As titulacións impartidas na Facultade de Matemáticas son as seguintes:

- Grao en Matemáticas.

- Licenciatura en Matemáticas (en extinción).

- Máster en Enxeñaría Matemática (en extinción).

- Máster en Matemática Industrial.

- Máster en Matemáticas.

- Máster en Técnicas Estatísticas.

3.3 DOCUMENTACIÓN DE REFERENCIA

- Normativa xeral estatal, autonómica e da USC.

- Manual do SGIC e Manual de Procesos e Procedementos.

- Memoria de Grado en Matemáticas da USC.

- Memoria do Máster en Enxeñaría Matemática.

- Memoria do Máster en Matemática Industrial.

(22)

- Memoria do Máster en Matemáticas.

- Memoria do Máster en Técnicas Estatísticas.

- Regulamento de Réxime Interno da Facultade en Matemáticas.

- Regulamentos de Réxime Interno dos departamentos adscritos á Facultade.

- Regulamento de Réxime Interno da Comisión Académica do Máster en Técnicas Estatísticas.

3.4 DESENVOLVEMENTO

3.4.1 E

QUIPO DECANAL

O Equipo Decanal (ED) da Facultade de Matemáticas, e en particular o seu decano ou decana como principal responsable, actúa como corresponde á dirección de calquera organización comprometida co desenvolvemento, establecemento, revisión e mellora dun sistema de xestión da calidade.

Respecto ao SGIC, as funcións principais son as seguintes:

 Asinar e difundir a política e obxectivos de calidade da Facultade de Matemáticas.

 Liderar o desenvolvemento, a implantación, revisión e mellora do SGIC da Facultade de Matemáticas.

 Nomear ao responsable de calidade do centro, sempre que o considere oportuno.

 Propoñer á Xunta de Facultade para a súa aprobación a composición da Comisión de Calidade e, no seu caso, as das Comisións das titulacións de grao.

 Garantir o bo funcionamento do SGIC da Facultade de Matemáticas.

 Informar a todo o persoal da Facultade de Matemáticas do SGIC e dos

cambios que nel se realicen.

(23)

 Garantir que todo o persoal da Facultade de Matemáticas teña acceso aos documentos do SGIC que lles sexan de aplicación.

 Informar á Xunta de Facultade dos traballos e acordos da Comisión de Calidade.

 Presentar á Xunta de Facultade, para a súa aprobación, a Memoria de Calidade do Centro (Informe de seguimento do SGIC, proposta do Plan Anual de Melloras e Informes de seguimento dos Títulos).

3.4.2. C

OMISIÓN DE

C

ALIDADE DO

C

ENTRO

(CCC)

A Comisión de Calidade da Facultade de Matemáticas (CCC) é un órgano que participa nas tarefas de planificación, desenvolvemento e seguimento do SGIC da Facultade de Matemáticas, actuando ademais como medio de difusión interna do Sistema e dos seus logros.

MEMBROS DA CCC

O/A decano/a da Facultade de Matemáticas, quen convocará e presidirá

O/A responsable de calidade do centro (RCC)

Os/As coordinadores/as de título: Grao en Matemáticas, Licenciatura en Matemáticas, Máster en Enxeñaría Matemática, Máster en Matemática Industrial, Máster en Matemáticas e Máster en Técnicas Estatísticas.

O/A Xestor/a de Centro (ou persoa que designe o/a decano/a) 2 membros do PDI de departamentos adscritos á Facultade

1 alumno/a (preferiblemente alumno/a-titor/a)

As funcións principais da CCC son as seguintes:

 Realizar o deseño, a implantación, o seguimento e mellora do SGIC no Centro.

 Elaborar a Memoria de Calidade do Centro que englobará distintos informes e memorias:

 Proposta do Plan de Mellora do centro para o curso seguinte que recollerá

as propostas de mellora dos títulos derivadas dos seus informes de

seguimento.

(24)

 Informe do seguimento da implantación do SGIC e as súas propostas de mellora.

 Informes de seguimento dos títulos.

A CCC reunirase cando menos unha vez cada semestre, levantando acta de cada unha das sesións e facendo públicas as análises e decisións tomadas no seo da mesma.

3.4.3. R

ESPONSABLE DE CALIDADE DO CENTRO

(RCC)

O/A decano/a da Facultade de Matemáticas asumirá persoalmente as funcións relacionadas a continuación ou ben poderá nomear a un/a responsable de calidade do centro (RCC) entre os membros do equipo de dirección. Con independencia doutras funcións que se lle asignen no momento do seu nomeamento, as funcións básicas do RCC poden concretarse en:

 Coordinar o funcionamento da CCC.

 Trasladar á CCC e á Comisión/s de Título/s a información sobre resultados de aprendizaxe, inserción laboral, satisfacción dos grupos de interese, así como de calquera outra relacionada con resultados que poida afectar á calidade da formación.

 Realizar propostas á CCC para mellorar o SGIC na Facultade de Matemáticas.

 Ser o interlocutor/a coa Área de Calidade e Mellora dos Procedementos da Vicerreitoría con competencias en calidade e planificación.

 Atender as indicacións e requirimentos dados pola Vicerreitoría de Calidade para implantar os axustes e melloras do SGIC aprobados pola Comisión de Calidade Delegada do Consello de Goberno.

 Dirixir a elaboración da Memoria de Calidade do Centro.

(25)

3.4.4 C

OMISIÓN

/

S DE

T

ÍTULO

/

S

Todos os títulos impartidos na Facultade de Matemáticas (Grao en Matemáticas, Licenciatura en Matemáticas, Máster en Enxeñaría Matemática, Máster en Matemática Industrial, Máster en Matemáticas e Máster en Técnicas Estatísticas) contan cunha Comisión de Título propia, cuxas funcións son as seguintes:

 Analizar a información proporcionada polo/a coordinador/a do título e RCC para levar a cabo o seguimento do Título.

 Realizar un informe dos resultados do título e as propostas de mellora (Informe de Seguimento do Título) e, cando sexa necesario, facer proposta de modificación ou suspensión deste.

COMISIÓN DE TÍTULO DO GRAO EN MATEMÁTICAS

O Regulamento de Réxime Interno da Facultade de Matemáticas outórgalle á Comisión de Docencia e Asuntos Académicos, delegada da Xunta de Facultade, todas as competencias que, para a Comisión de Título, lle asigna o SGIC da USC. Así pois, a Comisión de Docencia e Asuntos Económicos actuará a todos os efectos como a Comisión de Título (do Grao en Matemáticas), incluíndo neste caso ao responsable de calidade do centro na súa composición. Esta mesma comisión tamén actuará como Comisión da Licenciatura en Matemáticas (en extinción).

Para o Grao en Matemáticas, existen tamén Comisións Coordinadoras de Actividades Académicas para cada curso. Estas comisións poden ser diferentes para cada un dos cuadrimestres, en función das materias implicadas, e estarán presididas por un coordinador de curso, a proposta da Comisión de Docencia e Asuntos Académicos.

As funcións principais da Comisión Coordinadora de Actividades Académicas de cada curso son as seguintes:

- Elaborar en manter actualizado o calendario de actividades académicas de todas as materias, para o que contará co apoio do/a xestor/a da Facultade.

- Detectar desaxustes nas actividades propostas e dar posibles solucións ao

profesorado e alumnado.

(26)

- Coñecer as queixas, reclamacións ou suxestións do alumnado, no relativo ao desenvolvemento das clases, titorías ou outras tarefas, tratando de por solucións e informado ao coordinador de título.

- Informar ao coordinador de título das súas actuacións, quen á súa vez, dará conta á Comisión de Docencia e Asuntos Académicos.

COMISIÓN DE TÍTULO DO MÁSTER EN ENXEÑARÍA MATEMÁTICA

O/A vicerreitor/a con competencias en oferta docente e EEES da USC, quen presidirá.

O/A decano/a da Facultade de Matemáticas.

O/A responsable de calidade da Facultade de Matemáticas.

O/A xestor/a académico/a da Facultade, que actuará como secretario/a.

O/A coordinador/a xeral do máster.

Os/As coordinadores locais do máster nas outras universidades participantes.

COMISIÓN DE TÍTULO DO MÁSTER EN MATEMÁTICA INDUSTRIAL

O/A vicerreitor/a con competencias en oferta docente e EEES da USC, quen presidirá.

O/A decano/a da Facultade de Matemáticas.

O/A responsable de calidade da Facultade de Matemáticas.

O/A xestor/a académico/a da Facultade, que actuará como secretario/a.

O/A coordinador/a xeral do máster.

Os/As coordinadores locais do máster nas outras universidades participantes.

COMISIÓN DE TÍTULO DO MÁSTER EN MATEMÁTICAS

O/A decano/a, quen presidirá.

O/A coordinador/a do Máster en Matemáticas.

O/A responsable de calidade da Facultade de Matemáticas.

5 profesores/as do Máster en Matemáticas.

1 alumno/a.

(27)

COMISIÓN DE TÍTULO DO MÁSTER EN TÉCNICAS ESTATÍSTICAS

O/A vicerreitor/a con competencias en oferta docente e EEES da USC, que actuará como presidente/a.

O/A decano/a da Facultade de Matemáticas.

O/A responsable de calidade da Facultade de Matemáticas.

O/A xestor/a académico/a da Facultade, que actuará como secretario/a.

O/A coordinador/a xeral do máster.

Os/As coordinadores/as locais do máster nas outras universidades participantes.

Os/As directores/as dos departamentos de Estatística e Investigación Operativa da USC, Matemáticas da UDC e Estatística e Investigación Operativa da UVigo, como departamentos implicados na organización do máster, ou persoas en quen deleguen, sempre co requisito de que pertenzan ao profesorado do máster.

Dous vogais da USC, un da UDC e un da UVigo que impartan docencia no máster. Na súa selección procurarase garantir a representación dos ámbitos das materias presentes no plan de estudos.

Dous estudantes do máster, con voz pero sen voto, procurando representar todas as materias.

3.4.5 C

OORDINADOR

/

A DE TÍTULO

(CT)

O coordinador de título será responsable da Comisión do Título. Entre as súas funcións en relación co SGIC cabe destacar as seguintes:

 Velar para que os procedementos relativos á titulación sexan realizados segundo as directrices establecidas polo SGIC.

 Presentar á Comisión de Calidade do Centro o informe de seguimento do/os título/s de máster, informándoa das actuacións da Comisión de TÍtulo:

seguimento do Título, valoración da súa eficacia e proposta do plan de mellora.

 Recompilar, xunto co RCC, todos os datos necesarios para que a Comisión de Calidade do Centro/Comisión Título poida realizar as diferentes análises de seguimento do título, establecer plans de mellora ou de modificación do Título.

 Velar pola implantación das melloras da titulación aprobadas.

(28)

Todos os títulos impartidos na Facultade de Matemáticas contan cun coordinador:

- O/A coordinador do Grao en Matemáticas, que será o decano ou decana da Facultade. Tamén o será da Licenciatura en Matemáticas (en extinción).

- O/A coordinador do Máster en Enxeñaría Matemática (en extinción).

- O/A coordinador do Máster en Matemática Industrial.

- O/A coordinador do Máster en Matemáticas.

- O/A coordinador do Máster en Técnicas Estatísticas.

(29)

4. MAPA DE PROCESOS

O SGIC concrétase en 21 procesos, completados por varios procedementos auxiliares, definidos no SGIC marco. O desenvolvemento de cada proceso/procedemento contense no manual de procesos do SGIC marco da Universidade así como na aplicación informática de soporte ao Sistema de Garantía Interna de Calidade da Facultade de Matemáticas.

Os procesos contemplados no SGIC divídense en procesos estratéxicos (PE), procesos chave (PC), procesos de soporte (PS) e procesos de medición (PM). Os subprocesos e procedementos correspondentes a cada proceso indícanse cunha S ou unha P, seguida dun número e a codificación do proceso ao que corresponden. Os procesos e, os procedementos máis importantes asociados a eles, son os seguintes:

DE PLANIFICACIÓN

PE-01 Política e obxectivos de calidade do centro DE DESEÑO E REVISIÓN DA OFERTA

PC-01G Deseño da oferta académica de Graos PC-01M Deseño da oferta académica de Máster PC-02 Revisión da oferta

PC-03 Supresión dun título

DE PLANIFICACIÓN DAS ENSINANZAS PC-04 Planificación das ensinanzas

P01-PC-04 Elaboración PDA do centro

P02-PC-04 Elaboración de horarios e calendarios de exames P03-PC-04 Elaboración e aprobación do POD dos departamentos P04-PC-04 Programación das materias

DE ACCIÓN DOCENTE

PC-05 Captación de estudantes

PC-06 Titoría e orientación ao estudante

PC-07 Coordinación da actividade docente

(30)

PC-08 Programas de mobilidade de estudantes PC-09 Xestión de prácticas externas

PC-10 Realización traballo fin de Grao/Máster PC-11 Avaliación da aprendizaxe

P01-PS-01 Procedemento para a avaliación da actividade docente DE XESTIÓN DE RECURSOS DE APOIO

PS-01 Xestión dos recursos humanos PS-02 Xestión dos recursos materiais PS-03 Xestión dos servizos

PS-04 Control dos documentos e dos rexistros DE MEDICIÓN, ANÁLISE E MELLORA PM-01 Medición, análise e mellora

S01-PM-01 Seguimento e acreditación do título PM-02 Medición da satisfacción dos grupos de interese

P01-PM-02 Procedemento para a medición da satisfacción dos estudantes coa docencia

PM-03 Xestión das incidencias (SQR) DE INFORMACIÓN PÚBLICA

PC-12 Información pública

O seguinte gráfico recolle o mapa de procesos integrados no SGIC e as súas

relacións:

(31)
(32)

5. INDICADORES

O SGIC marco define os seguintes 54 indicadores, cuxos datos serán subministrados polos servizos centrais da Universidade:

CÓDIGO DO

PROCESO PROCESO DO SGIC TIPO CÓDIGO INDICADOR NIVEL

P01-PC-04

Elaboración do plan docente anual do centro

PROPIO IOA-02-5

Porcentaxe de modificacións do PDA por causas non axustadas a criterio

CENTRO

PC-05 Captación de estudantes na USC

PROPIO IN01-PC-05 Prazas ofertadas TÍTULO

PROPIO IN02-PC-05 Matrícula TÍTULO

PROPIO IN03-PC-05 Matrícula de novo ingreso TÍTULO

FIDES IN04-PC-05 Variación da matrícula de

novo ingreso TÍTULO

FIDES IN05-PC-05

Porcentaxe de estudantes que acceden á titulación con puntuación menor a seis

TÍTULO

PROPIO IN06-PC-05 Nota media de acceso por

preinscrición TÍTULO

FIDES IN07-PC-05

Porcentaxe de estudantes que acceden á titulación con puntuación igual ou superior a seis

TÍTULO

PROPIO IN08-PC-05

Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre matriculados

TÍTULO

PROPIO IN09-PC-05

Porcentaxe de estudantes de fóra de Galicia sobre matriculados

TÍTULO

FIDES IN10-PC-05

Relación de estudantes preinscritos sobre as prazas ofertadas (Grao)

TÍTULO

FIDES IN11-PC-05

Relación de estudantes solicitantes sobre as prazas ofertadas (Máster)

TÍTULO

PROPIO IN12-PC-05

Porcentaxe de matriculados de novo ingreso sobre prazas ofertadas

TÍTULO

PROPIO IN13-PC-05

Porcentaxe de matriculados que son egresados da USC (Máster)

TÍTULO

PROPIO IN14-PC-05

Nº de matriculados en posgrao no centro/Nº de graduados do centro (Máster)

CENTRO

(33)

CÓDIGO DO

PROCESO PROCESO DO SGIC TIPO CÓDIGO INDICADOR NIVEL

PC-08 Xestión da mobilidade

PROPIO IN15-PC-08

Satisfacción dos estudantes cos programas de

mobilidade

TÍTULO- CENTRO

FIDES IN16-PC-08

Alumnos/as enviados desde a USC a outras universidades dentro dos programas Sócrates-Erasmus, Séneca e SICUE e outros convenios

TITULO- CENTRO

FIDES IN17-PC-08

Alumnos/as recibidos na USC procedentes de outras universidades dentro dos programas Sócrates- Erasmus, Séneca e SICUE e outros convenios

TITULO- CENTRO

PC-09 Xestión de prácticas externas

PROPIO IN18-PC-09

Satisfacción dos estudantes cos programas de prácticas externas

TITULO- CENTRO

PROPIO IN19-PC-09

Satisfacción dos titores externos cos programas de prácticas externas

TITULO- CENTRO

PROPIO IN20-PC-09

Satisfacción dos titores académicos cos programas de prácticas externas

TITULO- CENTRO

FIDES IN21-PC-09

Estudantes egresados do título nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizaron prácticas en empresas e institucións, sobre o total de estudantes egresados dese título no mesmo curso académico.

TITULO- CENTRO

PC-11 Avaliación da

aprendizaxe PROPIO IXA-04 Porcentaxe de actas fóra de prazo

TITULO- CENTRO PC-12 Información pública PROPIO IN22-PC-12

Satisfacción dos egresados coa información pública dispoñible

CENTRO- USC

PS-01 Xestión dos recursos humanos

FIDES IN23-PS-01

Porcentaxe de Persoal Docente Investigador (PDI) con sexenios sobre o PDI con quinquenios

TITULO

PROPIO IN24-PS-01 Nº PDI doutor/Nº PDI total TITULO

FIDES IN25-PS-01

Relación porcentual entre o número total de PDI funcionario sobre o total de PDI

TITULO

PROPIO IN26-PS-01

Porcentaxe de PDI avaliado con resultado satisfactorio (DOCENTIA)

TITULO

PROPIO IN27-PS-01

Satisfacción media do PDI coas actividades formativas desenvolvidas

USC

(34)

CÓDIGO DO

PROCESO PROCESO DO SGIC TIPO CÓDIGO INDICADOR NIVEL

PROPIO IN28-PS-01

Satisfacción media do PAS coas actividades formativas desenvolvidas

USC

PROPIO IN29-PS-01 Estudantes por profesor TÍTULO FIDES IN30-PS-01 Media de alumnos por grupo

de teoría TITULO

FIDES IN31-PS-01 Media de alumnos por grupo

de práctica TITULO

PS-02 Xestión dos recursos materiais

PROPIO IN32-PS-02 Ordenadores conectados á

rede “para docencia” CENTRO FIDES IN33-PS-02

Ordenadores conectados á rede “para docencia” por estudante equivalente a TC

CENTRO

PROPIO IN34-PS-02 Ordenadores conectados á

rede “non para docencia” CENTRO

FIDES IN35-PS-02

Ordenadores conectados á rede “non para docencia”

por estudante equivalente a TC

CENTRO

FIDES IN36-PS-02 Fondos bibliográficos

CENTRO- CAMPUS- USC FIDES IN37-PS-02

Dispoñibilidade de postos de lectura en biblioteca e por estudante equivalente a TC

CENTRO- CAMPUS- USC FIDES IN38-PS-02

Dispoñibilidade de bibliografía e fontes de información

TITULO

PS-03 Xestión dos servizos PROPIO IN39-PS-03 Grao de satisfacción dos egresados cos servizos

CENTRO- USC

S01-PM-01

Seguimento / acreditación do título

FIDES IN40-S01-PM-01 Taxa de rendemento TITULO- NIVEL FIDES IN41-S01-PM-01 Taxa de éxito TITULO-

NIVEL PROPIO IN42-S01-PM-01 Taxa de avaliación TITULO-

NIVEL FIDES IN43-S01-PM-01 Taxa de graduación TITULO FIDES IN44-S01-PM-01 Duración media dos estudos TITULO PROPIO IN45-S01-PM-01 Eficiencia dos titulados TITULO FIDES IN46-S01-PM-01 Taxa de abandono durante o

primeiro curso TITULO PROPIO IN47-S01-PM-01 Taxa de abandono RD 1393 TITULO

FIDES IN48-S01-PM-01

Resultados do informe ou enquisa sobre a adquisición de competencias e cumprimento de obxectivos do plan

TITULO

PROPIO IN49-S01-PM-01 Inserción laboral (indicador TITULO

(35)

CÓDIGO DO

PROCESO PROCESO DO SGIC TIPO CÓDIGO INDICADOR NIVEL

externo proporcionado por ACSUG)

PROPIO IN50-S01-PM-01 Satisfacción do alumnado

coa docencia recibida TITULO

PROPIO IN51-S01-PM-01 Satisfacción do profesorado

coa docencia impartida TITULO

PM-02

Medición da satisfacción dos grupos de interese

PROPIO IN52-PM-02

Taxa de resposta nas medicións realizadas (egresados, alumnado coa docencia recibida, profesorado coa docencia impartida, prácticas externas, mobilidade)

TITULO- CENTRO- USC

.

(36)

6. EVIDENCIAS DO SISTEMA DE CALIDADE

O SGIC marco establece, en relación con cada proceso, as evidencias requiridas. En moitos casos, tales evidencias son as que se derivan da xestión. A continuación recóllense aquelas evidencias que son especificamente requiridas pola implantación do SGIC, para as cales se indica o formato ao que han de axustarse

CÓDIGO DO PROCESO

PROCESO DO SGIC EVIDENCIA FORMATO

PE-01 Determinación da política e os obxectivos de calidade do centro

Compromiso de calidade F00-PE-01 Compromiso de calidade

Plan estratéxico do centro F01-PE-01 Plan estratéxico do centro

Programación Plurianual do centro

F02-PE-01 Programación Plurianual do centro Plan anual de melloras do

centro

F03-PE-01 Plan anual de melloras do centro

PS-04 Control dos documentos e dos rexistros

Documentación xenérica do SGIC

F01-PS-04 Formato de proceso/procedemento

F02-PS-04 Formato de manual do sistema

Documentación específica do SGIC de centro

F03-PS-04 Formato de manual simplificado do SGIC

Listado de documentación en vigor

F04-PS-04 Listado de documentación en vigor

PM-01 Medición, análise e mellora

Táboa de indicadores F01-PM-01 Táboa de indicadores Informe de seguimento do

SGIC/Resultados do sistema (Memoria de calidade do centro)

F02-PM-01 Informe de

seguimento do SGIC/Resultados do sistema

Proposta do Plan de melloras anual do centro

(Memoria de calidade do centro)

F03-PE-01 Plan anual de melloras do centro

S01-PM-01 Seguimento/acreditación do título

Informe de seguimento do título

(Memoria de calidade do centro)

Formato do Informe de seguimento do título proporcionado pola ACSUG

Historial de revisións

Versión Data Modificación realizada

00 11 de novembro 2013 Versión inicial

(37)

7. GLOSARIO DE ABREVIATURAS

CA Comisión Académica

CB Comisión de Biblioteca

CCC Comisión de Calidade do Centro

CDAA Comisión de Docencia e Asuntos Académicos

CEIAS Comisión de Economía, Infraestruturas, Administración e Servizos

CG Consello de Goberno

CINT Comisión de Informática e Novas Tecnoloxías CNL Comisión de Normalización Lingüística

CoT Comisión de Título

CP Comisión Permanente

CT Coordinador/a de título

ED Equipo Decanal

EEES Espazo Europeo de Educación Superior MCC Memoria de Calidade do Centro

PAS Persoal de Administración e Servizos

PDA Plan Docente Anual

PDI Persoal Docente e Investigador POD Plan de Organización Docente RAI Rede de Aulas de Informática RCC Responsable de calidade do centro SGIC Sistema de Garantía Interna de Calidade

Referencias

Documento similar

PI-05 Xestión dos recursos materiais e servizos PI-06 Organización e procedementos administrativos PI-05 Xestión documental. PI-07 Medición e mellora dos programas de estudo e

La Comisión de Docencia y Seguimiento del Título analiza los indicadores en relación con el cumplimiento de los objetivos para la realización de Prácticas

• Presentar á Xunta de Facultade, para a súa aprobación, a Memoria de Calidade do centro (Informe de seguimento do SGIC, proposta do Plan de melloras anual

PS-04 CONTROL DOS DOCUMENTOS E DOS REXISTROS PS-03 XESTIÓN DOS SERVIZOS PS-02 XESTIÓN DOS RECURSOS MATERIAIS PS-01 XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS MEDICIÓN, ANÁLISE E

ofertadas (Grado) TÍTULO FIDES IN11-PC-05 Relación de estudiantes solicitantes sobre las plazas ofertadas (Máster) TÍTULO PROPIO IN12-PC-05 Porcentaje de matriculados de

Tomando como referencia a política de calidade da USC (enmarcada dentro do despregamento do seu plan estratéxico) a Escola elabora a súa política marcando como

a) A elección do/da decano/a e, de ser o caso, a súa revogación mediante unha moción de censura construtiva. c) A supervisión da xestión dos restantes órganos de goberno e

No caso da Facultade de Xeografía e Historia, e previa solicitude a Vicerreitoría de Oferta e Innovación Educativa (Xunta de Facultade de 20 de decembro de 2017), as funcións da