• No se han encontrado resultados

Adeus ao reinventor do teatro galego

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2023

Share "Adeus ao reinventor do teatro galego"

Copied!
40
0
0

Texto completo

(1)

U N DOS LIBROS DE ACTUALIDADE HOXE

leva por título Imperio. O seu autor é o filósofo italiano Toni Ne- gri. O uso do termo “imperialismo” quedara circunscrito nos últi- mos anos a certos movementos do terceiro mundo e a un sector dos partidos comunistas hoxe xa desaparecidos. De modo significativo a palabra está volvendo a florecer da man de meios de comunica- ción e de intelectuais non só da antiglobalización, senón tamén doutros situados no espectro político moderado. A batalla que se xoga un ano despois do 11-S tamén atinxe así aos conceptos.

EEUU érguese como potencia única, con potestade de actuación en todo o planeta e con inmunidade ante os tribunais interna- cionais. O resto das nacións seguen a defender teoricamente o mo- delo nacido da II Guerra Mundial, precisamente para evitar outra conflagración. Este é o da multipolaridade. Mais, na práctica, só o terceiro mundo é valedor del e por iso vive baixo a constante ame- aza norteamericana. Rusia ten máis interese en converterse no principal fornecedor de gas e petroleo aos EEUU e os Estados eu- ropeos, en maior ou menor grado, non discuten a hexemonía nor- teamericana. O monopolio político de Washington encóntrase xa que logo lexitimado pola maioría dos paises desenvolvidos, pero é bon que se lle volva chamar ás cousas polo seu nome: Imperio.♦

Nº 1.047.

Do 12 ao 18 de setembro de 2002.

Ano XXV IV Xeira.

FUNDADO EN 1907

Pepe Carreiro

Adeus ao reinventor do teatro galego

Roberto Vidal Bolaño. (Páx. 23-26)

Pais e profesores analisan o comezo de curso

(Páx. 15) 1,75 euros

Unha selección dos mellores contos xurdidos da creatividade popular galega. Enxeñosas parábolas que nos remiten a un mundo tradicional hoxe en transformación.

Henrique Harguindey / Maruxa Barrio Antoloxía do Conto Popular Galego

As rapazas non se cortan, xa din tantos tacos coma os homes

(Páx. 33)

PA C O VILABARRR O S

O enlace Agag-Aznar

(Páx. 29 e 32)

OS VIXIANTES DO LUME

OS VIXIANTES DO LUME

(2)

“Onde hai fume hai lume”. Se- mella un xogo tradicional dos ra- parigos, pero resulta o método primordial de traballo na rede de vixiancia contra os incendios.

Nos puntos máis altos do país, 95 persoas escrutan, agora no verán, noite e día sen descanso, tratando de albiscar o máis leve indício de fume, sabedores de que pode ser o conato dun grande incendio.

Son os Vixiantes do Monte.

— Monte Faro para Distrito, Monte Faro para Distrito.

— Adiante Monte Faro.

— Vemos un fume cara o norte, pensamos que é no monte de San Miguel, pero tápanos a curota e non podemos precisar o lugar exacto nin a súa orixe.

— Recibido Monte Faro. Re- cibido. Atención brigada de Chantada. ¿Onde vos atopades?

Dirixídevos rapidamente a San

Miguel que está a comezar un in- cendio. Repito, dirixídevos rapi- damente a San Miguel do Monte que está a comezar un incendio.

É unha alarma máis das moi- tas que se producen no verán.

Neste caso, o 6 de Setembro, cando a brigada chega, en menos de 15 minutos ao lugar do lume, non só confirma a existencia dun incendio senón a súa magnitude.

Informa ao Distrito, con sede en Monforte, que existen tres focos moi activos, un deles adentrán- dose no monte de piñeiros, polo que necesitan apoio.

Desde a caseta do Monte Fa- ro, mentres ollamos como o fume non só sube facendo torres retor- neadas, senón que amplia a súa base, cada vez máis negra, pode- mos escoitar pola emisora como desde a xefatura do distrito se di- rixen ao helicóptero Mar Roxo

para que apoie á brigada que está a apagar no lume. Despois de ca- tro pasadas, recollendo auga no tanque dun veciño, do Moure, ás 17,37, o Mar Roxo recibe a orde de retirarse. Pero cambia a direc- ción do vento cara o norte e Eolo aumenta a súa intensidade pouco a pouco. Uns minutos despois, o Distrito chama a Monte Faro.

— Atención Monte Faro, atención Monte Faro.

— Adiante Distrito, aquí Monte Faro.

— Ponte en contacto co heli- cóptero Mar Roxo e dille que queda anulada a orde. Que actúe en San Miguel.

Cincuenta leguas á redonda Monte Faro é o nome máis acaido para esta torre de vixiancia, situa- da a 1.153 metros de altitude, a es-

casos 500 metros da histórica ca- pela do Faro, cuxa romaría canta o trobeiro Xohán de Requeixo. Ma- nuel María afirma que desde este monte, no corazón de Galiza, se poden comtemplar cincuenta le- guas á redonda nas catro provin- cias. Cos prismáticos divísanse os altos cumes do Caurel de Novo- neyra, os montes de Manzaneda, o Pico Sacro, os chans de Melide, o Picato de Lugo, e ata o fume das chimeneas das Pontes e Meirama.

Hoxe nesta torre de vixiancia presta servício Elvira Ratón, unha muller que leva oito anos neste traballo e nos explica sinxela- mente en que consiste: “Trátase de ollar canto antes o fume. Este- ña onde esteña, por moi pequeno que sexa. Canto antes o vexas e deas parte, moito millor. Así é co- mo evitamos moitos incendios”.

Para os Vixiantes do Monte

calquera lume pode ser un incén- dio. Non importa onde sexa: per- to ou lonxe das casas, no arredor dun prado ou na cañeta dunha leira; que por alí haxa ou non ha- xa monte. “Salvo os provocados, que teñen tres ou catro focos a maioría das veces, os demais in- cendios comezan sempre cun pe- queno lume. Unha veces é fortui- to, un cigarro ou un cristal, outras encenden un lume pequeno que se lle escapa ou se lle vai das mans ao que o plantou e provoca o desastre. Se o vemos e as bri- gadas o collen a tempo son fáci- les de dominar, pero cando se ex- tende acada dimensións insospei- tadas e moitas veces catastrófi- cas, sobre todo nas zonas onde o monte e moi irado e non se pode traballar ao xeito, como ocurriu hai poucos días alá en Quiroga”.

1.047 Do 12 ao 18 de setembro de 2002 Ano

Edita:

Promocións Culturais Galegas S.A.

Consello de Administración:

PRESIDENTE: Cesáreo Sánchez Iglesias.

CONSELLEIRODELEGADO: Xosé Fernández Puga.

VOGAIS:

Xosé Mª Dobarro, Manuel Mera, Manuel Veiga, Xan Carballa, Miguel Barros e Bieito Alonso.

SECRETARIO: Xan Piñeiro.

Director:

Afonso Eiré López.

Redacción:

Xan Carballa, Manuel Veiga, Horácio Vixande, Arantxa Estévez, Carme Vidal, Paula Bergantiños, César Lorenzo Gil, Paco Vila Barros (Fotografía).

Edicións Especiais:

Xosé Enrique Acuña.

Deseño de Maqueta:

Xoselo Taboada.

Coordenación Humor Gráfico:

Picho Suárez.

Colaboradores:

GALIZA:Bieito Iglesias, X.L. Franco Grande, Abelardo Vázquez, Xoán Vila, Santiago Jaureguizar, Manuel Monge, X.L. Muñoz Portabales, Martina F.

Bañobre, X.M. Sarille, Miguel Barros, Xesús Veiga, Mª Pilar Garcia Negro, V.M.

Vázquez Portomeñe, A. Gato Soengas.

SOCIEDADE:Perfecto Conde, X. Vázquez Pintor, Encarna Otero, Xavier Queipo, Henrique Harguindey.

ECONOMÍA:Manuel Cao, Ramón Maceiras, Carme Vences, X.F. Pérez Oia.

PENÍNSULA:Gonçalo Nuno de Faria, Manuel Lombao, Daniel Álvarez, A.

Marqués.

MUNDO:Xulio Ríos, Moncho F. Leal, Gustavo Luca de Tena.

DEPORTES:Manuel Pampín, Moncho Viñas.

CULTURA:Ramiro Fonte, Vítor Vaqueiro, Pilar Pallarés, Lois Diéguez, Celso López Pazos, X.M. Eyré Val, Xesús Piñeiro, Manuel Vilar, Lupe Gómez, Xavier Seoane, Adolfo Boado, Xosé Freire, Marcos Valcárcel, Rodolfo Dacuña, X.

González Gómez, Gonzalo Vilas.

FIN DESEMANA:Borobó, Francisco Carballo, Marga Romero, César Varela, Xurxo F. Ledo, Luísa Villalta, Francisco A. Vidal.

LECER:Eva Montenegro Piñeiro.

ÚLTIMAPÁXINA:X.R. Pousa, X.A.

Gaciño, Fran Alonso, Manuel Cidrás.

Fotografía:

Andrés Panaro, Xosé Marra, Voz Notícias.

Ilustración:

Xosé Lois, Pepe Carreiro, Calros Silvar, Gonzalo Vilas, Suso Sanmartín, Ana Pillado Vega, Hermo, Garrincha, Fernando Rodríguez & Serxio Suárez (Posonejro).

Xefe de Publicidade:

Carlos Martínez Muñoz [email protected] Xefa de Administración:

Blanca Costas Subscricións:

Lola Fernández Puga [email protected] Vendas:

Xosé M. Fdez. Abraldes

Redacción e Administración:

Príncipe 22, baixo. 36202 Vigo.

Apartado 1371. 36200 Vigo Edición Electrónica:

www.anosaterra.com Teléfonos:

REDACCIÓN: 986 433 886 - 222 405.

Fax 986 223 101.

CORREOELECTRÓNICO: [email protected] ADMINISTRACIÓN, SUBSCRICIÓNS EPUBLICIDADE: 986 433 830*

Imprenta:E.C. C-3 1958.

Depósito Legal: C-963-1977 . ISSN: 0213-3105.

Continúa na páxina seguinte

Noite e día, 95 vixiantes escrutan desde os altos cumes a xeografía na procura do lume

Os mirantes contra incendios convertidos en novos fareiros

AFONSOEIRÉ

Son os novos vixias que, como antano, inzan os cumes máis altos de Galiza. Pero non encenden lumes nin fachos. Moi ao contrario. Desde os seus mirantes tratan de albis- car calquer signo de fume para evitar os incendios. Así viven na soedade. Así traballan.

Desde o mirante do Faro divísase media Galiza.

(3)

O celo profesional dos Vi- xiantes é tanto que xa non é a primeira vez que chafan unha comida. A algún veciño, maior- mente emigrante, dalle por pren- der o lume perto da casa para re- alizar unha churrascada e apare- celle unha dotación contraincen- dios para apagarllo. “Non verán non se pode prender lume fóra, está prohibido e debemos dar parte de todos por moi pequenos que sexan”, coméntanos Elvira.

Se o día está claro, non só se esma moitas veces a base do lu- me para poder indicarlle ao Dis- trito con precisión a súa causa probábel, senón a dimensión que pode acadar e a dificultade e o tempo que pode levar apagalo. A mesma cor do fume e a súa altu- ra son unha indicación básica pa- ra poder calibrar a gravidade do lume. Xa non digamos cando co- mezan a subir as lapas no que se- mella un cántico espiatorio cara o ceo dun pobo que ofrece o mellor que ten a non se sabe que divini- dade insaciábel e vengativa.

Mirante

desde hai cuarenta anos Seméllanos que ten que ser moi di- fícil precisar a localización do foco do incendio. Elvira explícanos que non, que “durante as campañas do verán prodúcense tantos lumes que vas aprendendo xeografía e saben- do mesmo onde está cada unha das parroquias e lugares”. Nas paredes da caseta, fronte da chiminea fran- cesa e ao carón dunha mesa cami- lla, sitúanse varios mapas do Dis- trito e dos concellos limítrofes para axudar no traballo de localización.

Estes mapas son do Servicio Car- tográfico do Exército, algun deles tan detallado que mesmo ten os ca- miños, congostras, fontes e puzas.

O máis noviño, a cor, ten un defec- to, pon os nomes en español o que leva a moitas confusións e dificul- tades cando se trata de indicarlle ás brigadas a localización exacta do incendio. Os seus membros, coñe- cedores moitos deles da xeografía local, unicamente poden localizar o lume se reciben a indicacion co nome verdadeiro.

A caseta do Faro, que leva cuarenta anos funcionando, o mirante na linguaxe popular dos da zona, está a menos de dous quilómetros do Cruceiro do Cou- to, onde chantaron o marco no que se xuntan as provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra.

Avanza a tarde mentres es- coitamos pola emisora como a base de Lalín precisa “un coche bomba e unha cisterna nodriza urxentemente” para un incendio que hai perto da Gouxa. Desde a caseta, cara o suroeste, podémo- lo ollar perfectamente, cada vez cun fume máis mesto e negro.

“Nunca estiven por alí, pero de- be ser perto do antiguo campo da feira”, coméntanos Elvira.

Despois de dar un argueireiro percorrido cos prismáticos polos catro puntos cardinais, aínda que se centra principalmente no este, onde está a maior parte do territorio do seu Distrito, Elvira disponse a prepararnos un café na cociña que a caseta ten na ca- ra sur, ao carón da sá de opera- cións e vixía cuns amplos venta- nais polos que pasa a ser convi-

dado tanto o sol coma o inverno.

Son as únicas dependencias que ten esta caseta na planta alta que rodea un corredor con baran- da de ferro. Unha escaleira ben irada permite subir a esta depen- dencia desde a pista e un cortalu- mes que a comunican co mundo.

Na planta baixa, nunha especie de garaxe onde resgardar o coche da neve e a xiada, están as bate- rias que lle dan vida a todo o sis- tema de luz e ás emisoras ali- mentadas con paneis solares e un pequeno muiño de vento. Unha rima de leña alimentará tamén a fogueira da chimenea contra o frío escario que tolle ata os toxos.

A función do 085

A conversa sobre o Faro e as súas lendas que nos escachurra, chega

á capela e á barbaridade que están a perpetrar, levantándolle as lou- sas do chan e poñéndolle pedra serrada. Anos atrás tamén edifica- ron, pola cara este, un imenso co- bertizo de pedra adosado á parede da capela para que os cregos pu- desen comer ao recollido o 15 de agosto e o 8 de setembro: dúas veces ao ano. O goberno de Chantada, por entón nacionalista, conseguiu que o derribasen.

— Atención Monte Faro.

Atención Monte Faro, aquí distri- to, sobresáltanos a emisora cor- tando o noso vagaroso palique. A Elvira levántase coma un resorte.

— Aquí Monte Faro. Adiante Distrito, adiante.

— ¿Ves desde aí un lume no Saviñao, en Chave?

— Remato de realizar aínda hai pouco un barrido e non ollei

nada. A Elvira colle os prismáti- cos e sae ao corredor. Enfoca ca- ra Currelos automaticamente, in- dicándonos a posición exacta on- de debía ollar o fume.

— Atención Distrito, aten- ción. Aquí Monte Faro.

— Adiante Monte Faro.

Adiante.

— Desde aquí aínda non dou visto nada. Temos moita calima e dificulta a visión.

— Se o ves, avisa.

A Elvira sigue esculcando cos prismáticos cara o punto onde te- ría que sair o fume. Nós, mentres tanto, seguimos as peripecias através da emisora. O Distrito de Monforte chama a cada unha das brigadas da zona. As da Xunta e as que teñen a maioría dos conce- llos, para saber a súa posición exacta. Manda á do Saviñao saír cara Chave, “que hai unha alarma de incendio”, coa indicación de que chamen cando cheguen a Es- cairón para recibir instrucións.

Tamén lle indica á de Bóveda que se dirixa cara Currelos. Por unha segunda emisora escóitase outra voz que lle indica ao vixiante da Serra da Magdalena que utilice

“o sistema que che dixen o outro día para saber onde cae o lume”.

Entra de novo a Elvira sen que fose capaz de enxergar o lume en Chave. “Debeu ser a alarma que alguén deu atráves do 085. É o sis- tema máis eficaz para detectar os incendios. Calquera que vexa fu- me pode chamar a el. O distrito envía alí a unha brigada e pode- mos coller o lume desde o come- zo. Estas chamadas evitan moitos incendios”, explícanos a vixiante.

Non tarda en saír de novo ao corredor. Fixa unha e outra vez os prismáticos alá ao lonxe, a máis de 20 quilómetros en liña recta, Miño polo medio. “Xa está, agora xa o vin”, dinos como se acabase de atapar a unha presa esquiva.

— Atención Distrito, aten- ción Tobío. Agora xa podo velo.

Efectivamente é en Chave, pero non che podo dar moitos datos máis pois, como xa che dixen, teño bastante calima.

— Gracias Elvira. Atención Bóveda, aquí distrito, ¿onde an- dades? Apurade un pouco e diri- xídevos canto antes a Chave.

¿Sabedes onde está, non?

Vai caendo a noite. O vento comeza a soplar con máis forza.

A Elvira olla un fume cara Ou- rense e diríxese á emisora.

— Atención Peroxa, aten- ción. Aquí Monte Faro.

— Adiante Monte Faro.

— ¿Sabes que tedes un lume perto do campo de golf de Vila- martí?

— Gracias Monte Faro, afir- mativo. Hoxe hai traballo é non da tempo para máis parola.

“Tamén nos axudamos moito entre as distintas casetas. Se ves un fume aínda que non sexa no teu distrito avisas”, explícanos Elvira.

Pasa puntual o avión das 21,30 horas cara Compostela mesmo por riba de nós. Hai un anaco que o sol se meteu no mar devagariño alá polas Rías Baixas. O mar apagaba o seu luceirío deixando unha cor encarnada no ceo coma se o Lou- renzo se enfriase. “Roxo por Osei- ra, mulleres á raxeira. Podemos ter unha boa noite”, dinos Elvira coa sabiduría de xeneracións enxer- gando ao seu carón. Tamén de noi- te Elvira deberá de buscar un fume que se pode confundir cos tebras do chamusco.♦

Nº 1.047 ● Do 12 ao 18 de setembro de 2002 ● Ano XXV

Vén da páxina anterior

“As veces/ as guedellas érguen- se e foxen coa noite/ e as per- nas esvaidas vanse de min pra lonxe/ e o sapo toca./ A noite do Faro e dona loba.”, recordan- nos os versos de Ruben Jorge Eyré nun monolito levantado no Chan de Seixas, o penúltimo descanso da costa antes de che- gar ao cumio do Faro.

Pero a Elvira afirma que pa- sar toda a noite sóa no monte, mesmo na época de invernía, non lle dá medo. “¿A que o vou ter?”, pergúntanos nunha res- posta retórica.

“¿Aos lobos? Non chegan aquí ao cumio. Aquí non teñen nada que comer. Algunhas ve- ces téñoos escoitado ouvear no mes de abril, cando as lobas an- dan saídas”.

Pero non está “soiña no mon- te/ sen ver cousa ningunha” co- mo afirma a canción. “Desde aquí vense moitas cousas. Moi- tas. Pero eu prefiro calar. Non me importa que veñan os coches nas madrugadas. Nin a presa que te- ñen algúns. Nin os sinais que se fan coas luces. Eles non se meten conmigo e eu non me meto con ninguén”, coméntanos Elvira.

Procura non sair da caseta.

En realidade só está obrigada a facelo cando chega e cando marcha e, antes das dúas da tar- de, para comprobar a tempera- tura, humidade, dirección e in-

tensidade do vento na pequena estación metereolóxica veciña.

Con estes dados dá un parte co índice de perigo de incendios.

A única vez que Elvira di sen- tir medo, púxollo precisamente a Guardia Civil de Rodeiro, que a enfocaron aos ollos e non podía saber quen era. Desde aquelas prohibiulles que se acheguen a caseta. Se olla algo raro perto, avisa. E se alguén teima en ache-

garse dá parte á Guardia Civil.

E as curuxas que cantan na Regata de Bergadiñas, o mou- cho que anuncia a Morte da Fi- lomena por Camba, o raposo que ladra buscando compaña...

Eses son para a Elvira “compa- ñeiros amigos”, como o son as estrelas fugaces que pasan unha e outra vez mentres ela queda solitaria coma unha nova farei- ra, na procura de lume.♦

‘Eu non teño medo’

PA C O VILABARR O S PA C O VILABARR O S

(4)

A

Sentencia -en castelán- do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza sobre o control dos coñecementos de lingua galega nas probas de acceso á función pública autonómica pode ser analisada desde dúas di- mensións. A primeira é a posibilidade mesma de realizar estes controis. A segunda é a da forma máis acaída de ter constancia deses co- ñecementos. Hai aquí elementos de interpreta- ción xurídica –nos que a Sentencia pode en- trar pero que, evidentemente, son iso, inter- pretacións e, polo tanto, están sometidas á crí- tica razoada–, outros de simple vontade políti- ca. Nestes últimos poden utilizarse as leis co- mo escudos pero é ben sabido que na amplitu- de dos preceptos que regulan estas cuestións hai múltiples solucións todas elas válidas.

Non se pode discutir, e de feito a Sentencia non o discute, a capacidade autonómica para controlar os coñecementos do galego dos aspi- rantes á función pública autonómica. Tanto a Lei de Normalización lingüística como a normativa de función pública facultan á Administración au- tonómica a realizar eses controis coa finalidade de asegurar que os empregados autonómicos es- tán capacitados para garantir os dereitos lingüís- ticos dos cidadáns. Hai que lembrar que a xuris- prudencia consolidada nesta materia sitúa en pri- meiro lugar os dereitos cidadáns a relacionarse na lingua da súa elección. O carácter servicial que ten o labor das Administracións públicas obrígaas a antepoñer os dereitos do conxunto dos cidadáns aos particulares dos seus emprega- dos que, en definitiva, no seu posto de traballo actúan para garantir os intereses xerais.

Isto lévanos á segunda dimensión da cues- tión. ¿Cómo debe ter constancia a Administra- ción de que os seus potenciais traballadores poden desempeñar con eficacia e respecto aos dereitos cidadáns o seu traballo? Pois ben, nis- to a Sentencia tan só acerta parcialmente. As sucesivas sentencias do Tribunal Supremo e do Tribunal Constitucional ofrecen xa algunhas pautas dos límites e posibilidades con que con- tan as Administracións públicas. En primeiro lugar a xurisprudencia ten sinalado que, efecti- vamente, as fórmulas de control poden ser va- riadas e non teñen que limitarse ao momento da oposición. As Administracións poden reali- zar exames específicos ou poden aceptar acre- ditacións oficiais dos coñecementos. Tamén poden someter aos seus empregados a contro- les unha vez que xa forman parte da Adminis- tración pública. Esta é a base dos fundamentos xurídicos da Sentencia citada.

Nembargantes, se ben non é discutíbel xuri- dicamente a fórmula concreta mediante a cal se valoren eses coñecementos si que se debía ter entrado, e a Sentencia non o fai, en se o sistema de avaliación elixido é adecuado para garantir os dereitos lingüísticos do cidadán. Para iso o Tri- bunal Superior de Xustiza contaba tamén cun amplo número de Sentencias coas que ilustrarse.

E aquí é onde radica a miña discrepancia xurídi- ca coa Sentencia e política coa decisión da Xun- ta. Sendo válido calquera medio para deixar constancia dos coñecementos de galego tamén é claro que este medio (exame, título, curso…) de- be servir para que cada empregado público estea

en disposición de responder ao público de acor- do coas esixencias propias do seu posto de tra- ballo. Nesa liña a xurisprudencia é clara. A Ad- ministración non pode ter esixencias lingüísticas uniformes para todos os seus empregados por- que non todos teñen

as mesmas necesida- des de relación cos ci- dadáns. Non é o mes- mo alguén que ten que estar nun posto de atención ao público que alguén que non o están; alguén que de- be escreber informes especializados que al- guén que non o debe facer; e non é o mes- mo unha Administra- ción cun grao de nor- malización no uso do idioma que outra que aínda debe alcanzar

eses estándares. Por ese motivo o control dos co- ñecementos lingüísticos debe permitir avaliar a capacitación concreta de cada suxeito para o posto de traballo que vai desempeñar. Dificil- mente isto pode facerse coa acreditación do es- tudio da lingua nos niveis obrigatorios de ensino ou coa escasa marxe de apreciación que permite estar en posesión dun dos dous únicos niveis dos cursiños oficiais. ¿Servi- ríalle a unha empresa para contratar a alguén que preci- sa saber inglés que lle dixéra- mos que fixo inglés ata o fi- nal do Bacharelato ou que dispón dun título nun cursiño que tan só consta de dous ni- veis de dificultade? Segura- mente non.

Debemos recordar que o acceso ao emprego público

1.047 Do 12 ao 18 de setembro de 2002 Ano

O PSOE ven de mostrar unha candi- dez entrañábel. O s seus líderes

pasaron medio ano repetindo que co PP aumentara a inseguridade cidadá. De súpeto saiu A znar e dixo:

“Vou barrer os delincuentes das rú- as en cinco

minutos”, así ao es- tilo M arbella, e cunha frase quedou tumbada toda a es- tratexia socialista.

A táctica de Zapatero foi como a de alguén que quixese gañarlle as eleccións a Hitler pedindo man dura contra os xudeos.

Hai uns sabrosos artigos de O tero Pedrayo da posguerra, case to- dos en castelán por ra zóns obvias, que acaba de reeditar G alaxia. É ben lelos. Pero un pensa: ¿Por qué o catalán Josep Pla é traducido ao caste- lán e lido en M adrid, mentres que de O tero nunca se

preocupou ninguén na capital?

O director da pe- lícula que ven de gañar o León de O uro en Venecia, Peter Mullan,

Vivi m os no m ellor dos m undos posíbeis”

Felipe González

O galego e a Administración

ALBANOGUEIRA

A sentencia do Tribunal Superior de Xustiza sobre a exixencia do galego nas oposicións abre máis interrogantes dos que pecha.

Unha pregunta: ¿Serviríalle a unha empresa para contratar a al- guén que precisa saber inglés que lle dixéramos que fixo inglés ata o final do Bacharelato ou que dispón dun título nun cursiño?

‘O acceso ao emprego público debe fundamentarse

nos principios constitucionais de mérito e

capacidade e os concursantes demostrar a

súa mellor valía fronte a outros competidores”

Cartas

Non repitan críticas

Como lector habitual de A Nosa Terra (con especial interese na súa nada despreciábel sección cultural) teño observado que se adoita bater demasiadas veces na mesma pedra no tocante á crítica de libros. Non creo esaxerar se digo que míster Eyré e compañía teñen comentado un mesmo libro varias veces ao longo dun ano.

No caso do último número, coido que tanto “Enderezo descoñeci- do” coma “Sentinela alerta (paso da exclamación)” foron comenta- dos con anterioridade, e aínda non hai moito. Sucedeu xa o mesmo con obras de Manuel Ri- vas ou Suso de Toro, entre ou- tros. Non sei se lles supón moita

novidade que lles aclare que, aín- da que as editoras galegas non publican cada unha un cento de libros ao ano, si creo que editan dabondo como para que vostedes teñan ben onde escoller. De feito, hai moitos libros vostedes deixa- ron sen comentar mentres que, repito, fixeron ata tres comenta- rios doutros. Non se pode ser tan tiquismiquis en temas culturais.

Logo vaian por aí dicindo que a literatura galega ten pouquiña di- fusión, cando vostedes non fan demasiado por mellorar a situa- ción: calquer persoa allea á cultu- ra galega que lle bote un ollo á súa publicación crerá que en Ga- liza as editoras publican un libri- ño cada seis meses ou cando lles cadra.♦

CYBERLUGH@TERRA.ES

Benvida a

compostaxe a Lugo e Santiago

A Federación Ecoloxista Galega (FEG) felicita aos gobernos mu- nicipais de Santiago e de Lugo pola súa decisión de promoveren a compostaxe da materia orgánica do lixo como alternativa á súa combustión na planta incinerado- ra de SOGAMASA. A FEG reco- ñece especialmente o papel xoga- do polos respectivos concelleiros de medio ambiente como impul- sores dunha decisión moi positiva para o medio ambiente e para os intereses dos veciños e veciñas.

A decisión dos gobernos de Lugo e de Santiago é consecuen-

te cun enfoque progresista da xestión do lixo, preocupado pola promoción do desenvolvemento sostíbel e polos intereses colecti- vos. Sen embargo, o Goberno galego, a través de SOGAMASA, antepón os criterios de mercado aos sociais e ecolóxicos.

A FEG demanda á Xunta e ás Deputacións Provinciais que axuden aos Concellos que pro- moven unha xestión do lixo res- pectuosa co ambiente. Destinar aínda máis diñeiro público a SO-

GAMASA e non conceder nin tan sequera un euro aos municipios comprometidos coa reciclaxe su- pón unha utilización partidista, ineficiente e antiecolóxica do di- ñeiro dos contribuíntes.

A FEG agarda que novos go- bernos municipais progresistas,

Continúa na páxina seguinte A N A PILLAD O

(5)

A

língua galega parte dunha situación histórica, centenária, de des-institucio- nalización e afastamento, por invasión da língua oficial do Estado, de todas as fun- cións públicas. Foi o próprio esforzo interno á sociedade galega, esforzo intelectual, político e patriótico, o que conseguiu, desde a segunda metade do século XIX, que a língua natural e autóctona do País ocupase espazos públicos e comezase a tomar carta de naturalidade en ám- bitos de relevo social e, portanto, con efeito multiplicador de uso e de prestíxio. Resulta, por isto, inconcebíbel que, cumpridos máis de vinte anos de rexime autonómico e case outros tantos de vixéncia da Lei de Normalización Lingüística, a língua que determina, como ele- mento central, a nova institucionalización ga- lega non só non teña experimentado avanzos normalizadores que se traduzan en consolida- ción e aumento de utentes senón que continue a receber, ano após ano, novas mortificacións, novos vaciados da xa cativa lexislación existente. Non é o laissez faire, laissez passer, é o exercício activo de desmantelamento dos exíguos domínios onde o galego tiña presen- za (que non utilización) obrigatória.

Se até Xuño de 2000, a proba de galego era obrigatória nos exames á función pública

autonómica, a partir desta data, a Xunta de Galiza ten a ben decretar que tal proba so- braba e que unha acreditación de cursos de galego ou os estudos de Ensino Primário ou Secundário eran suficientes para garantir a posesión do galego ao futuro funcionário-a.

Se isto é asi, ¿como é que tal posesión “sufi- ciente” non se fixo valer, durante anos e anos, para esixir o domínio e uso, oral e es- crito, da língua galega, na atención aos ad- ministrados e no desempeño da función la- boral que, por certo, pagamos todas as ga- legas e galegos? ¿Hoxe serve o que onte non servia, por insuficiente?

O Tribunal Superior de Xustiza de Gali- za, demostrando un respeito pulquérrimo por toda a lexislación ad hoc, facendo caso omi- so das prescricións do Estatuto de Galiza (1980) e da Lei de Normalización Lingüísti- ca (1983) e amosando, como nos vellos tem- pos, adesión inquebrantábel ao governo, rati- fica esta decisión política. É, en suma, a Xunta de Galiza a que politiza, para mal, a língua galega, a que a desampara máis unha vez e a que provoca máis un desmantela- mento do seu raquítico uso público. Por todo isto, formulámonos as seguintes perguntas:

¿En que condicións pensa a Xunta de Ga- liza que vai ficar o esca- so, dificultoso e dificulta- do uso do galego na fun- ción pública autonómica?

¿Que seguimento vai facer da posesión suposta da língua galega nas fun- cionárias e funcionários dela dependentes?

¿Que reciclaxe ou proceso de formación vai prever para os-as conse- lleiros-as e altos cargos que non realizaron estu- dos de galego nen o pra- tican, apesar de xuraren ou prometeren acatamen- to ao Estatuto de Galiza?

¿Que avaliación fai a Xunta de Galiza verbo do escaso –e mesmo re- primido- uso do galego nas dependéncias da Xunta de Galiza e na atención aos-ás adminis- trados-as?

¿Como vai avaliar a Xunta de Galiza que o co- ñecimento “suficiente”

non xulgado en proba nengunha conleve a sua utilización de facto no de- sempeño da función labo- ral dos-as traballadores- as dependentes dela?♦

Nº 1.047 ● Do 12 ao 18 de setembro de 2002 ● Ano XXV

asistiu a recepción do galardón vestido de saia escocesa. (N on hai precisión de comentarios).

A policía nacional no País Vasco fala de “abandono” e

“soedade”. A maiores dos atenta- dos, da actitude da poboación ou das declaracións grandilocuentes e puntuais do ministro de turno, os policías nacionais alí, non poucos deles galegos, sempre vi- viron en condicións infrahumanas. Son carne de cañón, como o pobre alba- nel Miguel Angel Blanco, galego igualmente. Tamén sufrían e morrían os galegos nas guerras de Cuba, M arrocos e Filipinas. Igual que os negros e portorriqueños en Vietnam.

Os noticieiros din que os arredores de Moscú están en chamas, que o fume entolda a capital. Unha turista chama desde a capital rusa. ¿ Q ue tal?

¿H ai moitos incendios? N on, aquí nin nos enteiramos. ¿E fume? ¿N on hai moito fume? N on aquí todo é normal e os lumes están controlados.♦

Nova mortificación para a lingua

MARIAPILARGARCIANEGRO

Ares debe fundamentarse nos principios constitu-

cionais de mérito e capacidade. Os concur- santes deben demostrar a súa mellor valía fronte a outros competidores. Se non hai ma- tices nesa competencia malamente imos es- coller aos mellores. Máis aínda se esa fose unha fórmula válida ¿porqué non eximir au- tomaticamente doutras probas a aqueles que teñan unha titulación relacionada (mecano- grafía para os que teñan unha FP de adminis- trativo; temas de Dereito para os licenciados nesta titulación…)? Parece claro que isto non se fai porque a obtención da correspondente titulación é tan só un requisito mínimo do que parte a Administración para a súa selección.

A adaptación do/a candidato/a ao posto de traballo é o que deben comprobar as distintas probas do proceso de selección. Do mesmo modo que a xurisprudencia ten entrado a va- lorar o “peso” que os coñecementos lingüísti- cos poden ter na nota final dunha oposición tería sido razoábel que a Sentencia apreciase o argumento de que é necesaria unha efectiva comprobación e baremación dos coñecemen- tos da lingua para realizar a selección de acor- do cos principios constitucionais de mérito e capacidade. Parece unha pobre fundamenta- ción soster o fallo sobre afirmacións gratuítas como a de que o simple paso do tempo é un- ha proba da efectiva normalización lingüísti- ca da Administración autonómica descoñe- cendo, por outra banda, todos os estudos so- ciolingüísticos existentes. Tampouco é admi- síbel dar por válida a capacitación dos fun- cionarios tan só porque a lei da Escola Gale- ga de Administración Pública sitúe como un dos seus obxectivos esta tarefa.

Non o esquezamos, cando a Xunta e os sindicatos, excepto a CIG, pactan a supre- sión da proba de galego non deberían ter en mente a comodidade dos opositores senón os dereitos lingüísticos dos cidadáns que hoxe seguen sendo decote desprezados. Os empregados públicos, e a Administración para a que traballan, deben estar en todo ca- so ao servizo dos cidadáns e ser os primei- ros en cumprir e facer cumprir a normativa vixente. Mal o poderán facer se no proceso selectivo non se controla de xeito serio que están capacitados para facelo.

En definitiva, as leis e o Dereito permi- ten moitas veces distintas solucións igual- mente válidas pero todas elas teñen que servir para o obxectivo último que, neste caso, é o respecto dos dereitos lingüísticos dos cidadáns. Non os dos funcionarios. Se alguén cabalmente pensa que os cursiños oficiais habilitan aos empregados públicos neste terreo tan só deberíamos pasar ao se- gundo chanzo do problema político, que non xurídico: ¿porqué despois de dezaoito anos de suposta normalización lingüística aínda non conseguimos manter todas as re- lacións coa Administración en galego? A resposta non está nas sentencias.♦

ALBANOGUEIRALÓPEZé Profesora de Dereito Administrativo na U. de Santiago de Compostela Vén da páxina anterior

Correo electrónico: [email protected] e moi especialmente os de Fe-

rrol, Pontevedra e Vigo, aposten dunha vez, na medida das súas posibilidades, por promoveren intensamente a reciclaxe e a compostaxe, en lugar de segui- ren entregando todo o lixo a SO-

GAMA, unha opción coa que din non estar de acordo pero que es- tán contribuíndo a viabilizar.♦

FEDERACIÓNECOLOXISTA

GALEGA

Volvamos á orixe

Aleluia. Loado sexa Deus. Deus ten que existir. Se Deus existe.

Se Deus ten un fillo. Se o seu fi- llo toma forma humana e ven ho- xe a facernos unha visita. Sería DJ. E pincharía en Vademecwm

(Vigo). O vivindo o sábado 7 de setembro en A Coruña, escoitan- do a Dj Nacho (Vademecwm, Vi- go) faime volver a ter fe.

Unha sesión memorábel, era de esperar, pero superou as ex- pectativas. Os meus euros mellor invertidos dende Howie B.

Nacho despregou a súa sabe- doría mesturando e iluminounos a todos. Ben, todos os que perci- biamos o que alí acontecía. Es- tou por dicir que eramos ben poucos.

Unha sesión a base de House.

Hard house. Nada deep. Momen- tos de tecno. Tecno intelixente, iso si. Frescura. Naturalidade.

Luz. Nada de escuridade. Nada de Hard Tecno. Nada de agobio.

Nada de ritmos frenéticos, escu- ros e insoportables, salvo baixo a

influencia de algunha substancia psicotrópica.Todo unido baixo un fío conductor: o ritmo tribal.

Africano. Unha sesión coheren- te. Case un discurso. Nada erráti- ca. Non paramos de bailar nin un segundo.

Mentres en A Coruña temos que soportar unha fin de semana si e outra tamén sesións a base de house profundo, con influencias brasileiras e demais músicas do continente americano. Que creo, son inxustamente convertidas nunha mestura soporífera, que nada ten que ver coa tradicional música americana, dominada po- lo ritmo. Nacho veunos a lem- brar que en A Coruña estamos a anos luz de Vigo non que a mú- sica contemporánea de baile se refire. Algo que moitos sospeita-

bamos. E do que uns poucos ti- ñamos a certeza.

Indo máis aló. Temos que es- quecer América. Hai que volver á orixe. Os ritmos americanos non deixan de ser variacións dun ritmo común. O Africano. “It be- gan in Africa” (The Chemical Brothers dixit).♦

MANOLOCAMPO

(A CORUÑA)

(6)

En Londres preguntan pola voda do Escorial

The Times de Londres, baixo o título “Vodas de Poder”, co- menta o enlace matrimonial da filla do presidente español e remata a súa análise afir- mando: “As vodas do poder xa non son exclusivas de em- peradores e autócratas, mag- nates dos negocios e super- modelos, estrelas enfurruña- das e mafiosos con pedrerías, todos demostran con ostenta- ción o seu poder intimidando a quen queiran emulalos. E un dato. Na Cámara dos Co- múns preguntáronlle a Blair sobre quen lle paga esta viaxe privada. E unha pregunta:

¿Por qué Garzón non actuou contra Berlusconi cando o ti- vo a man en Madrid existindo unha demanda contra el?”.♦

De la Dehesa descubre o truco da converxencia galega

Guillermo de la Dehesa, conselleiro do Santander- Central-Hispano, analisa a situación de Galiza nunha

entrevista que publica a re- vista Eco (nº 136, setem- bro). “Galiza converxe - afirma- porque a conver- xencia é o resultado de divi- dir o valor engadido bruto ou PIB polo número de ha- bitantes, e como o crece- mento demográfico de Gali- za é máis negativo aínda que en España, hai converxen- cia”. O que hai alguns anos fora conselleiro delegado do Pastor considera que “Gali- za, rodeada por rexións en má situación, o máis lóxico é que se una ao norte de Por- tugal, con alta densidade de poboación e moi urbaniza- do. Iso é fundamental para conseguer o despegue”.♦

A caza de bruxas contra Esquerra Republicana

O diario ABC deu conta en portada, a cinco columnas, da reunión habida tempo atrás entre os líderes de ERC e Batasuna, unha in- formación que o secretario de Esquerra Republicana, Carod Rovira, cre orixina- da nos datos fornecidos a ese periódico pola CNI (Centro Nacional de Inteli- xencia). O diario El Mundo (10 de setembro) defende nun comentario editorial a Esquerra Republicana de

Cataluña. “A divulgación dun encontro, a principios do ano pasado, entre Josep Lluís Carod-Rovira, de Es- querra Republicana de Ca- talunya, e Arnaldo Otegi, de Batasuna, suscitou unha reacción desmesurada. Nin- guén debería neste momen- to contribuír a subir a tem- peratura do termómetro nunha escalada de histeris- mo que levaría a unha si- tuación sen sentido. Bata- suna era no momento de producirse eses contactos un partido legal. ERC reu- niuse con ese grupo políti- co como nunha etapa ou noutra, de maneira máis ou menos formal, o fixeron ta- mén outros partidos”.♦

Unha perigosa central nuclear iraquí

O goberno de Irak mostrou o pasado 9 de setembro á prensa internacional as ruí- nas dunha antiga planta nu- clear na que, segundo Was- hington, se constrúen armas atómicas. Un informe norte- americano, utilizado para xustificar o inicio da guerra, sostén que o país árabe pode dispoñer de armas nucleares en seis meses. A imaxe foi portada de La Voz de Galicia o pasado día 10.♦

1.047 Do 12 ao 18 de setembro de 2002 Ano

Os incendios forestais foron e son, un ano máis, protagonistas do ve- rán galego, pero particularmente do ourensán. A particularidade deste 2002 foi que moitos dos lu- mes producíronse nos montes que circundan a capital e que deron lu- gar a imaxes apocalípticas que non impediron ao conselleiro de Medio Ambiente, Carlos del Ála- mo, negar a realidade coa infeliz expresión “cero patatero”, que le- vou ao deputado do BNG, Alfredo Suárez Canal, a consideralo como

“un extraterrestre” ao negar a rea- lidade e falseala a través dos me- dios de comunicación.

Como consecuencia da cifra real de incendios e máis da falta de resposta do Goberno galego, cons- tituíuse en Ourense baixo o lema

“Arde Ourense, ¡basta xa!”, o Co- mité de Defensa do Monte, que in- tegran 17 colectivos entre partidos políticos (agás o PP), sindicatos e organizacións ecoloxistas. Foi a principal resposta da sociedade ou- rensá a unha situación que non me- llora malia ter sido o da loita con- tra o lume un dos programas “es- trela” dos gobernos de Fraga Iri- barne desque chegou á presidencia da Xunta. Este comité lembrou que Galicia é un dos territorios da UE que sufriu maior deterioro ambien- tal nos últimos anos, xa que desde 1988, segundo datos oficiais, té- ñense producido máis de 100.000 incendios forestais que queimaron máis de 500.000 Ha. de monte, das que perto de 200.000 eran arbori- zadas. Desde 1995 prodúcense máis de 10.000 incendios por ano, un por cada 2 Km cadrados de su- perficie forestal. Mentres a media estatal é de un lume por cada 25 Km cadrados, Galicia, tendo o

7,7% da superficie forestal do Es- tado, rexistra o 45% . Ademais, a metade dos incendios e superficie queimada de Galicia está na pro- vincia de Ourense.

O Comité de Defensa do Monte Galego denunciou que nos plans INFOGA lévanse in- vestido 90.000 millóns de pese- tas (591 millóns de euros) e que a situación é a mesma que nos anos oitenta. Esquecéronse da prevención e dos traballos fores- tais permanentes ao longo do ano creando un círculo vicioso e

“unha rede de intereses político- empresariais” que impiden in- vestimentos racionais e efecti- vos. O BNG denunciou, así mes- mo, que se está a crear unha “au- téntica industria do lume”. Des- de o Comité deféndese un con- cepto integral de coidados da masa forestal ao longo do ano e con persoal cualificado e estábel, que garanta a profesionalización, a seguridade dos traballadores e que se fixe poboación no medio rural. Por outra parte, este colecti- vo advertiu que se a Administra- ción non promove a constitución do Consello Forestal Galego, el mesmo asumirá esa iniciativa convocando a todos os colectivos e institucións implicados.

Por último, o Comité de De- fensa do Monte Galego pediu a dimisión do conselleiro de Me- dio Ambiente, Carlos del Álamo, e do delegado na provincia de Ourense, Agustín Prado Verdeal, por ter “demostrado reiterada- mente a súa falla de sensibilida- de, a súa incompetencia, falla de visión e incapacidade de buscar alternativas que poñan freo a ac- tual situación”.♦

Auria en chamas

ABELARDOVÁZQUEZPITA

A provincia de Ourense sofriu un verán negro polo lume forestal. A resposta cidadá foi a creación dun Comité de Defensa do Monte.

Ourense

Gasa

BIEITOIGLESIAS

A empatía, esa comuñón afectiva que me pon no lugar dos outros, é virtude por min moi estimada. De aí que me atope no Escorial, pero non de visita coa mamá, hai un monte de anos, abrindo a boca ante o leito con sobreceo de Isabel Clara Eugenia; desfilo radiante cara o himeneu, lucindo un vestido de gasa natural, con media manga e decote barco, entalado e evasé. Estou emburricada porque un persoeiro galego me agasallou cun termo de 37 euros (como pra guindarllo á cabeza), mais consólame a coquetice do traxe nupcial e síntome mona a pesar dese sorriso herdanza de papá, que di desamparado sen o telladiño do seu bigote. Tódalas nais engradan na voda das fillas, anque a miña ri as paciencias, contenta de enviarme a un tálamo confortable, de ganchete dun noivo con posibles e carné do partido. Quizais temía que, retirado o pai da Presidencia, non houbese xeito de empaquetarme. Non lle levo o apunte desa falta de romanticismo, porque os castellanos somos así, realistas como Sancho Panza. Tal pragmatismo arrédame daqueles que ven no amor un impulso cara a excelencia (os feos empeñados en deitarse cos guapos). Xa sei, o meu namorado o que ten de guapo pode ben con el, pero outras lerchas casan contra un peón de albanel e mican o glamour na perruquería, lendo Semana.

A tortilla española no menú foi un puntazo. Se os czares servisen ensaladilla rusa nos seus casorios, evitaríase a Revolución e a presente independencia de Lituania. Asiste Julio Iglesias. Cómpre ter cara (esa cara torrefecta e estarricada por varias cirurxías estéticas) pra insistir en que a vida segue igual.♦

Tony Blair. Guillermo de la Dehesa. Josep Lluís Carod Rovira.

(7)

A.N.T.

A patronal galega e os sindi- catos chegaron ao acordo de consensuar entre eles unha persoa para que presida o Consello Galego de Rela- cións Laborais ao non estar de acordo coa primeira ofer- ta realizada polo conselleiro.

Non está fácil a sucesión de Te- resa Pedrosa á fronte do Conse- llo Galego de Relacións Labo- rais. Por unha parte, os sindica- tos e a patronal non gustan da proposta que lles realizou o conselleiro de Xustiza. Por ou- tra, existen múltiples tensións na Xunta, pois Fraga terá que redeseñar toda a área laboral ao abandonar tamén a consellería Manuela López Besteiro.

De momento, existe un re- chazo tanto da patronal coma dos sindicatos a Pilar Cancela, actual secretaria do Consello, proposta en primeira instancia polo conselleiro Pillado. Aos axentes sociais non lle parece a persoa adecuada para este pos- to por considerala moi vincula- da ao Goberno.

Patronal e sindicatos apos- tan por unha persoa que teña maior autonomía desde a presi- dencia deste organismo. Tanto é así, que no verán comunicáron- lle a Fraga e a Pillado a necesi- dade de reformar a lei que rexe este organismo. Entre as necesi- dades que lle fixeron patente es- taba a necesidade de que o no- meamento do presidente gozase de maior autonomía e non fose unicamente unha cesión do pre- sidente da Xunta a proposta do seu conselleiro, senón que os

integrantes do consello tivesen certa capacidade de decisión.

Acordos de principios Esta visión do que debe de ser o CGRL levou a que os sindi- catos e a patronal decidisen consensuar o nome que ocupe a presidencía no lugar da candi- data do PP á alcaldía de Ponte- vedra. As conversas están moi avanzadas e semellan decididos os perfís. Entre os nomes que parecen barallar (ninguén quer confirmalo para “non queima- lo”) podería atoparse o de Xai-

me Cabeza, catedrático da Uni- versidade de Vigo.

Outros nomes que soaron, aínda que, polo menos ás cen- trais sindicais non lle foron pro- postos, foron o de Xosé Vázquez Portomeñe, director xeral de re- lacións laborais. Portomeñe, ademais de proceder do Gober- no, podería ocupar a xerencia da Universidade de Compostela.

Outra das persoas do gusto do conselleiro Pillado sería Ma- ría Coutiño, subdirectora xeral da Consellaría de Xustiza. Nin os sindicatos nin a patronal a aceptan.

Na próxima semana pode- ría chegarse a un acordo entre os axentes sociais. Tería que ser logo Fraga quen decidise.

Teresa Pedrosa podería deste xeito abandonar o seu posto para entrar de cheo na campa- ña electoral. Mentres tanto, Fraga pretende que as conse- lleiras Corina Porro e Manuela López sigan até marzo, que se- rá cando se realicen os cam- bios no Goberno. Desde a opo- sición, sobre todo o PSOE, acusa ao PP de servirse dos postos institucionais para a ca- rreira eleitoral.♦

Nº 1.047 ● Do 12 ao 18 de setembro de 2002 ● Ano XXV

Latexos

Pola

concordia

X.L. FRANCOGRANDE

A

lá polo ano 1955, Ramón Lugrís, un dos rapaces máis destacados da mocidade gale- guista de entón, escribiu estas palabras que non teñen perda:

“(...)estou seguro que tan só co diálogo poden ter remedio os problemas que hoxe converten a España nun estre- mecinte caos (...) Hai poucas experiencias (...) porque no país o mal é crónico (...) Cer- tamente, na historia contemporánea de España atopamos moi poucos exemplos de homes que soubesen do poder do diálogo. E eses poucos non ti- veron tempo nin lugar axeita- dos para pór en práctica o seu pensamento. Os movementos políticos –e de toda caste– fa- llan en España pola baixa ca- lidade do elemento humano.

O problema de España –así, en singular– é de educación.”

O diagnóstico de entón moi ben podería se-lo de ago- ra mesmo. Penso que aínda ten máis actualidade no día de hoxe. O que pon de manifesto o pouco que levamos andado e, tamén, o preocupante que empeza a se-lo momento en que vivimos de desprezo absoluto polo diálogo, o que, á súa vez, provén da falta de educación cívica. Situación, sinala Lugrís, que xa alá polo ano 1935 levou a Madariaga a subliña-lo perigo de caer na guerra civil.

O grave é que as posicións irracionais, a visce- ralidade e as baixas paixóns se poñan en circulación den- de arriba, dende o cumio do poder, tanto do poder en exercicio como do que pretende exercelo un día.

Porque é aguilloa-la irracionalidade e predispoñernos ó desquiciamento Non todo electoralismo é permitido. E o que de certo non o pode ser é este que non leva a ningun- ha saída racional. Porque, di- gan o que queiran, só nos po- de levar a que máis ben ince o que se pretende erradicar.

Debería abrirse un gran debate en todo o país, en Ga- licia e fóra dela, para sitúa- las cousas no seu lugar.

Porque moitos que poderían contribuír co seu pensamento e as súas ideas á unha visión civilizada de España, ou calan ou se enganchan ó carro da facilidade, ou desertan do seu deber de influír nos demais, de leva-la concordia ás xentes e non al- porizalas. Porque o problema, ó meu ver, excede dos lindes da política e com- prende os da educación, da cultura, do civismo. ¿Ou tamén estamos aquí seguin- do o exemplo daqueles intelectuais que, esquecendo as súas responsabilidades, lle abren o camiño a Bush para facer do mundo a súa leira?♦♦

Queren que o presidente teña maior autonomía

Sindicatos e patronal

dispostos a consensuar o presidente

do Consello Galego de Relacións Laborais

Teresa Pedrosa, Presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais e candidata do PP á alcaldía de Pontevedra.

Comezou no debuxo de humor no boletín da Agrupación Cultural Auriense, da que foi presidente durante 14 anos. Os seus primeiros traballos en A N osa Terra foron as tiras da Sabeliña, unha nena labrega crítica e retranqueira, sendo colaborador fixo do semanario desde 1977.

A partir de 1982 publica todos os días nos periódicos La Región e Atlántico Diario unha viñeta do personaxe O C arrabouxo, nome que case se converteu

no pseudónimo do autor.

Xosé Lois en A Nosa Terra

(8)

Que Galiza é unha rexión “alta- mente dependente da pesca” se- mella algo incuestionábel. Polo tanto, entra na lóxica que se

“mellore substancialmente” a presencia do seu sector pesquei- ro nos comités consultivos e de xestión da UE. Tamén que exis- ta oposición a que as reformas pesqueiras incrementen a discri- minación entre os territorios, con Galiza como a máxima perxudi- cada. Ante esta situación, é lóxi- co que o Parlamento se pronun- cie contra unha reforma pesquei- ra que pretende modificar, pro- rrogando, a actual Política Pes- queira Común. Pero o que non é tan normal na dinámica parla- mentaria galega é que o pronun-

ciamento o realice por unanimi- dade de todos os grupos.

Moito menos aínda que a proposición non de lei aprobada sexa froito dos traballos realiza- dos por unha comisión, que foi a encargada de redactar o docu- mento. A pregunta agora é se, como pasou noutras contadas ocasión nas que se acadou unha postura unánime (autovías e fe- rrocarrís como máximos exem- plos), quedará todo nun pronun- ciamento de boas intencións, sen virtualidade práctica.

¿Defenderá o Estado español ante a UE esta proposta conxun- ta do Parlamento galego? Esa é a principal incógnita e a decisión que vai mostrar a verdadeira efi-

cacia desta oposición unida á Po- lítica Pesquira Común.

Seguir consensuando Polo momento, os tres grupos mostráronse satisfeitos co acor- do acadado e ata anunciaron a súa disposición a consesuar ou- tras propostas para que delas sal- gan posturas comúns en asuntos cruciais para o país.

O nacionalista Bieito Lobeira non só afirmou que Galiza nece- sita “respostas unitarias”, senón que demandou que o grupo de traballo que elaborou o docu- mento siga a traballar. Como non podía ser menos, recordou que hai 17 anos o BNG se opuxo en solitario ao xeito en que o Estado español entrou na UE por consi- derar que oferecía un trato dis- criminatorio para sectores rele- vantes da economía galega, entre eles a pesca. “Un sector pesquei- ro que é tratado como se Galiza aínda non formara parte da UE,

impóndolle restricións inacepta- beis”, afirmou Lobeira.

O deputado popular Serxio López García tamén expresou a súa ledicia “polo consenso aca- dado”, declarando que a iniciati- va aprobada era unicamente “un- ha declaración institucional de mínimos”. Despois referiuse ao procedimento usado como a

“forma en que podemos facerlle un servicio ao país”.

A deputada socialista Car- me Gallego anunciou que o seu grupo vai estar sempre co Go- berno “cando se trate dos inte- reses xerais do país”. Pero cri- ticou a “resposta tardía do PP”

para facerlle fronte ao proxecto da UE, “polo que, agora, temos que negociar á contra, pois as propostas xa están formula- das”, denunciou.

¿Cumpriranse os bos desexos dos deputados, ou quedará como un desexo de intencións que es- criben no diario de sesións ao comezo do curso escolar?♦

Os periódicos locais, imaxino que aínda acontece noutras cida- des, publican de cando en cando a lista de obxectos alleos que os viandantes achan e confían á Po- licía Municipal. El Progreso e a edición luguesa de La Voz de Galicia quitaban o pasado mar- tes unha radiografía da socieda- de local vista con ollos de extra- vío. Así, informámonos de que Manuel José Freire Tellado está xestionando unha póliza de se- guros ou de que seis faladores quedaron sen teléfono móbil; un deles aínda non abrira o paquete do que comprara.

As carteiras e moedeiros se- guen moi ben situados na clasifi- cación de pezas atopadas. A

maioría das 27 recuperadas son de pel, o que sinala que os usua- rios continúan dando importan- cia á aparencia do lugar no que reservan os seus cartos. Aparece- ron todas elas con documenta-

ción, pero sen un peso; todas, agás unha que alguén mudara en altar para tres desvalorizados bi- lletes de mil pesetas.

Parece que as gafas, tanto quitalas e poñelas para mirar de

lonxe, para asombrar unha luz intensa, para ler o Marca, adoi- tan quedar tamén por calesquera lugar. Proba, no caso das de sol, de que os ladróns son xente honrada, porque tampouco se quedaron con dous reloxos de muller nin tiveron reparos en que unha pulseira, un pendente de ouro e un esqueiro de prata gravado foran levados ás depen- dencias policiais.

Todas esas cousas permíte- nos facermos unha idea de que é interiormente a veciñanza lu- guesa, unha idea como a que nos fixemos do interior de Da- niel Somoza García, que aban- donou involuntariamente unha radiografía. ♦♦

Os ladróns son xente honrada

JAUREGUIZAR

Os obxectos perdidos ou roubados dannos un- ha verdadeira radiografía das xentes da cidade.

Lugo

Libros de texto

X.M. SARILLE

O

brigan a un forte de- sembolso familiar e provocan un enfado grande, precisamente despois das vacacións de ve- rán. O conselleiro estivo moi oportuno ao comprometerse na gratuidade dos libros.

Como non se materiallizará até dentro duns anos, ten tempo para afirmarse e negarse varias veces. Ahí es- tán os incendios que Fraga extinguiu hai xa doce anos e que seguen a arder estes dí- as. A declaración libresca serve agora para calmar os ánimos en plena precampa- ña das municipais. Despois xa veremos, porque non é tan fácil.

Os libros de texto son un despilfarro, mérqueos a Xunta, a familia ou quen sexa. Sería interesante entrar nun debate serio so- bre isto, sobre a voráxine anual de merca e abandono de libros que só serven para un ano, ou no mellor dos casos para dous, se os pais ven o mundo de cor tan rosa como para optar pola parella de fillos.

Os libros nunca foron obxectos efímeros até que as editoras entraron nun xogo tan consumista como as de- mais empresas, como os ne- gocios que non teñen compromisos especiais coa cultura. Non son necesarios tantos libros como materias, non fan falta tantas páxinas, tantas fotos, tantas cores, tanto desorde de contidos nen tanto prezo. Aínda que a moitos nos dea o riso ao ver a Enciclopedia Alvarez, o tocho compacto e único merecería unha reflexión.

Cando menos para os cursos máis baixos, se vai acompañado doutros libros máis duradeiros, conservábeis e con vixencia para os heredeiros da posíbel biblioteca.

E outra cousa máis. Nal- gún instituto, a pesar da cuestionábel legalidade, hou- bo profesores que a comezos de curso facilitaban os libros de segunda man aos novos alumnos, aforrándolles así o diñeiro da merca. Ese pode- ría ser un servizo dos centros de ensino, igual que se pretende instaurar o do acompañante de autocarro.

Aforarraríase un diñeiro que as mesmas editoras poderían embolsar coa ven- da doutras obras, máis duradeiras. Esa experiencia existe nalgúns países europeos. ¿Cal é a diferencia? Que uns contro- lan ás poderosas editoras e outros non. Lástima de Alvarez, que só nos serve para a burla do florido pensil, sen pensar que ade- mais de contidos fascistas tiña un esquema que non inventara nen Mussollini nen José Antonio.♦

PP, BNG e PSdG-PSOE

expresaron a necesidade de consensuar outros temas cruciais

Unanimidade parlamentaria contra a reforma pesqueira

A.N.T.

Supón una iniciativa singular nos últimos anos do parlamen- tarismo galego. Un grupo de traballo elaborou durante meses unha proposta que foi aprobada unanimente por todos os grupos. Nela exprésase o rechazo á reforma pesqueira que pretende a UE. Gustoulles tanto aos parlamentarios que ex- presaron a intención de consensuar outros asuntos cruciais.

A reforma europea de pesca suscita consenso no parlamento galego. A. N .T.

Referencias

Documento similar

No caso de que non se lle houbera facilitado unha clave de usuario, no menú de entrada que aparecerá na súa pantalla deberá marcar a opción “Entrar como invitado”, e a

• As notas ao pé diferénciase do texto principal polo tamaño da letra, como xa dixemos, mais tamén poderemos inserir unha liña na súa parte superior que divida a zona da nota ao

23 Aqui, entre aspas, para não deixar de registrar nossa repulsa ao “essencialismo”.. Ao contrário, para os que se inserem no universo dialético, a liberdade começa a

Mesmo sendo os fósiles máis antigos dos coñecidos, a súa estructura é xa complexa de máis como para aceptar que foran os primeiros seres vivos na Terra, polo que debemos supoñer que

1. A ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS MONICREQUE DA ESCOLA INFANTIL BREOGÁN, acollida ao disposto pola L.O. 1/2002 reguladora do dereito de Asociacións e polo R.D. 1533/1986, do 11 de

Para coñecer o impacto económico directo habería que multiplicar o gasto men- sual realizado polos estudantes (532 euros) pola duración media da estadía (7,7 me- ses) e polo número

Abram sabía que a súa relación era algo máis ca unha simple amizade mutuamente útil para saíren o venres pola noite, pero non podía chegar ó fondo do que non era máis ca

En Estados Uni- dos a política pública baseouse na idea de que a falta de accesibilidade é sobre todo unha cuestión de pobreza e, polo tanto, abordaron a solución polo lado