1
CONCELLARÍA DE CULTURA E EDUCACIÓN
expediente ce-2017-01
BASES POLAS QUE SE REGULA A CONCESIÓN EN RÉXIME DE
CONCORRENCIA COMPETITIVA DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS AOS PARTICIPANTES NO CONCURSO DE MAIOS E COPLAS CORRESPONDENTE AO ANO 2017
Co gallo de fomentar a participación cidadá no desenvolvemento de actividades culturais, a Concellería de Cultura do Concello do Barco de Valdeorras procede a convocar o presente procedemento de concesión de axudas, actividade de fomento que se atopa regulada polas presentes bases:
ESTIPULACIÓNS:
PRIMEIRA: OBXECTO DA SUBVENCIÓN
O obxecto da presente convocatoria é a concesión de subvencións aos participantes no concurso de Maios e Coplas correspondente ao presente ano 2017. O concurso terá lugar o próximo día 1 de maio de 2017, entre as 11.00 horas e as 20.00 horas, na praza do Concello do Barco de Valdeorras.
SEGUNDA: DOTACIÓN ECONÓMICA
A dotación económica máxima das axudas queda establecida para o exercicio 2017 na cantidade de 2.000 € (DOUS MIL EUROS), consignados na partida orzamentaria denominada “Premios e becas de actividades culturais”.
Os importes establecidos para os Maios, en cada unha das dúas modalidades que establece a base sétima, son os seguintes:
- un primeiro premio de 300 € - un segundo premio de 250 € - un terceiro premio de 150 € - dous accésits de 50 €.
Os importes dos premios para as Coplas serán os seguintes:
- un primeiro premio de 200 € - un segundo premio de 100 € - dous accésits de 50 €
O premio estipulado para os participantes na categoría de Arcos florais:
- premio único: lote de libros TERCEIRA: RÉXIME XURÍDICO
2
CONCELLARÍA DE CULTURA E EDUCACIÓN
Esta convocatoria rexerase, ademais de polo previsto nas presentes Bases, pola Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, polo Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Subvencións, e, no que sexa de aplicación dada a especialidade dunha convocatoria de premios como a que nos ocupa, polo disposto nas Bases de execución do Orzamento desta Corporación, en especial pola Base 35.
CUARTA: ACTIVIDADES E PROXECTOS SUBVENCIONABLES
As persoas físicas ou xurídicas que se presenten a esta convocatoria poden facelo cun único proxecto de actividades ou con varios, valorándose cadanseu dun xeito independente. Os programas e actividades subvencionables atenderán aos seguintes criterios:
a/ Composición e recitado de coplas: as coplas concursantes deberán estar escritas en galego. Por limitacións de tempo o xurado poderá indicarlle aos participantes que escollan unhas estrofas das súas coplas para ser cantadas, que serán, como mínimo, dez estrofas.
b/ Non poderán ser presentadas a concurso coplas que non se correspondan cun Maio. Os solicitantes que inscriban unhas coplas deberán necesariamente que inscribir un Maio e presentalo ao concurso.
c/ Elaboración e exhibición de Maios: os Maios poderán ser de feitura enxebre ou artística, utilizando en todos os casos elementos vexetais (non protexidos) como os únicos que sexan visibles no acabado final. Os Maios farán un percorrido que terá como punto de partida a Av. Conde de Fenosa (á altura do Hospital Comarcal) e de remate na praza do Concello. Deberán situarse no punto de partida ás 11 horas para iniciar o percorrido todos xuntos. Logo serán expostos na praza do Concello e deberán ser retirados da praza ao finalizar o acto, non antes das 20 horas.
d/ Elaboración e exhibición de Arcos florais: estes elementos poderán ser de feitura enxebre ou artística, utilizando en todos os casos elementos vexetais (non protexidos) como os únicos que sexan visibles no acabado final. Os “Arcos florais” farán un percorrido que terá como punto de partida a Av. Conde de Fenosa (á altura do Hospital Comarcal) e de remate na praza do Concello. Deberán situarse no punto de partida ás 11 horas para iniciar o percorrido todos xuntos. Logo serán expostos na praza do Concello e deberán ser retirados da praza ao finalizar o acto, non antes das 20 horas.
QUINTA: PRAZO DE INSCRICIÓN E DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
O prazo de inscrición remata o día 28 de abril ás 12 horas e a mesma deberá
formalizarse no rexistro municipal (Edificio Multiusos, 1º andar) segundo o modelo que se facilitará (Anexo I), debendo incluír os seguintes datos:
- Nome e apelidos se é unha persoa física, ou denominación social se é unha entidade legalmente constituída.
3
CONCELLARÍA DE CULTURA E EDUCACIÓN
- DNI do concursante se é persoa física, ou CIF, se é persoa xurídica.
- No caso das persoas xurídicas a persoa que faga a inscrición deberá acreditar a súa representación mediante unha certificación do secretario da entidade.
Os participantes na modalidade de coplas deberán entregar cinco copias das mesmas no momento da inscrición.
SEXTA: PUBLICIDADE DA CONVOCATRORIA
As presentes Bases serán dadas a coñecer a través da páxina web do concello do Barco e dun anuncio inserido nun dos periódicos de maior difusión na localidade.
SÉTIMA: CRITERIOS DE VALORACIÓN E CONCESIÓN DAS SUBVENCIÓNS Dada a natureza artística das actividades e traballos obxecto de subvención, os criterios para a valoración das obras son puramente estéticos e artísticos, podendo destacarse os seguintes:
- Establécense dúas modalidades de Maios: enxebres e artísticos. Maio enxebre é aquel maio tradicional e figurativo que representa pirámides, conos ou cruceiros.
Maio artístico é o que recrea, cos elementos tradicionais, escenas cotiás, monumentos ou obras de arte.
- En relación aos Maios terase en conta a posibilidade de que sexa transportado por medios non mecánicos e que os elementos estruturais e de fixación estean
perfectamente disimulados, quedando á vista exclusivamente a materia vexetal.
- Nas coplas o xurado valorará a orixinalidade, a retranca, a composición, o ritmo, a extensión e a linguaxe utilizados.
- Con relación á categoría Arcos Florais valorarase a consistencia, vistosidade e orixinalidade das composicións.
No suposto de que o importe conxunto dos premios outorgados sexa superior ao importe máximo establecido para o conxunto das axudas (2.000 €), procederase á redución proporcional da contía dos mesmos.
OITAVA: XURADO
A concelleira delegada de Cultura e Educación designará o Xurado que resolverá en todos os extremos aos que atinxen as presentes bases ou a súa interpretación, e que estará formado por persoas relacionadas coa organización da festa e representativas da vida social e cultural do Barco de Valdeorras.
NOVENA: APROBACIÓN, XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO
A proposta de concesión de premios do Xurado deberá ser aprobada pola Xunta de Goberno Local, previo informe de fiscalización da Intervención Municipal.
DÉCIMA: OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS
4
CONCELLARÍA DE CULTURA E EDUCACIÓN
Os perceptores desta subvención estarán obrigados a:
- cumprimentar unha declaración responsable de non estar incurso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de subvencións ou axudas públicas (artigo 13.2. Lei 38/2003, Xeral de Subvencións: "2. Non poderán obter a condición de beneficiario ou entidade colaboradora das subvencións reguladas nesta Lei as persoas ou entidades en quen concorra algunha das circunstancias seguintes, salvo que pola natureza da subvención se exceptúe pola súa normativa reguladora:
- a. Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.
- b. Solicitar a declaración de concurso, ser declarados insolventes en calquera procedemento, acharse declarados en concurso, estar suxeitos a intervención xudicial ou ser inhabilitados conforme á Lei Concursal sen que concluíse o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.
- c. Dar lugar, por causa da que fosen declarados culpables, á resolución firme de calquera contrato celebrado coa Administración.
- d. Estar incursa a persoa física, os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que ostenten a representación legal doutras persoas xurídicas, nalgún dos supostos da Lei 12/1995, de 11 de maio, de Incompatibilidades dos Membros do Goberno da Nación e dos Altos Cargos da Administración Xeral do Estado, da Lei 53/1984, de 26 de decembro, de Incompatibilidades do Persoal ao Servizo das Administracións Públicas, ou tratarse de calquera dos cargos electivos regulados na Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeneral, nos termos establecidos na mesma ou na normativa autonómica que regule estas materias.
- e. Non acharse ao corrente no cumprimento das obrigacións tributarias ou fronte á Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, na forma que se determine regulamentariamente.
- f. Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.
- g. Non acharse ao corrente de pago de obrigacións por reintegro de subvencións nos termos que regulamentariamente se determinen.
- h. Ser sancionado mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo esta Lei ou a Lei Xeral Tributaria.
- responder legalmente da veracidade dos datos expostos.
- comunicar aos servizos económicos do Concello os datos relativos ao número de conta bancaria no que desexan que lle sexa realizada a transferencia polo importe do premio ou premios
- comunicar calquera eventualidade que se produza en relacións aos datos expostos.
- devolver o importe da subvención cando se constate que non concorren os requisitos necesarios para adquirir a condición de beneficiario.
UNDÉCIMA: ACEPTACIÓN DAS BASES
A participación na presente convocatoria implica a aceptación das presentes bases.
No Barco de Valdeorras, a 22 de febreiro de 2017
O TÉCNICO DE CULTURA asdo: Gustavo Docampo Paradelo
5
CONCELLARÍA DE CULTURA E EDUCACIÓN
ANEXO I: CONCURSO OS MAIOS 2017. MODELO SOLICITUDE
D/na... con DNI núm...
e con domicilio en ..., rúa...
..., número ..., teléfono ..., correo electrónico ... e número de conta bancaria:
... actuando en nome propio ou en representación da entidade, legalmente constituída, denominada...
...con CIF...
na que ostenta o cargo de ...
(achégase certificación acreditativa da representación expedida polo secretario da entidade)
SOLICITA:
A participación no concurso dos Maios 2017, que terá lugar no Barco o próximo 1 de maio de 2017 na praza do Concello a partir das 11 horas, na modalidade de:
Maios enxebres
Maios artísticos
Coplas (Deberán achegar cinco copias no momento da inscrición)
Arcos florais DECLARA:
Non atoparse incurso-os en ningunha das prohibicións de obtención de subvencións ou axudas públicas (artigo 13. Lei 38/2003, Xeral de Subvencións)
Responder legalmente da veracidade dos datos expostos. Responder en partes iguais todos os membros do compromiso de participación.
Comunicar aos servizos económicos do Concello os datos relativos ao número de conta bancaria no que desexan que lles sexa realizada a transferencia polo
importe do premio ou premios.
Comunicar calquera eventualidade que se produza en relación aos datos expostos.
Devolver o importe da subvención cando se constate que non concorren os requisitos necesarios para adquirir a condición de beneficiario.
Comprométese a non disolverse ata que teña transcorrido o prazo de prescrición previsto nos artigos 39 e 65 da Lei 38/2003, Xeral de Subvencións.
O Barco de Valdeorras a ...de ... de 2017
Asdo.-...
SR. ALCALDE DO CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS