A Universidade de Santiago de Compostela, dotada con modernos sistemas de xestión e de facer nos campos da investigación e da docencia, ten unha vontade clara de aunar coñecemento e liderado nas cinco grandes áreas do saber. No seu plano estratéxico queda claro o rumbo: ser unha Universidade completa e emprendedora, con campus de crecemento equilibrado, con capacidade para contribuír ao desenvolvemento da sociedade a través de servizos de calidade e de xestión profesionalizada.
A actividade universitaria xerou nos últimos anos un importante impacto económico e de riqueza en Galicia e, sobre todo, nos contornos das cidades de Lugo e Santiago,
erixindo a USC nun dos principais ele- mentos de transfor- mación da socieda- de galega. O output da USC respecto da economía galega foi en 2003 do 0,598%
e e n 2 0 0 4 d o 0,613%
YUNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA DECEMBRO Y 2005
SUMARIO Y O alcance das novas tecnoloxías Y A primeira rede sen fíos de Galicia Y Referente entre as universidades españolas no uso das TIC Y Universidade emprendedora Y Á procura da vocación empresarial Y Constituída na USC a sociedade de capital risco UNINVEST Y Sementeira de valor engadido Y Novo tecido empresarial Y Produción investigadora Y Investigación que abrangue a todos os ámbitos Y Entre as universidades que máis recursos externos cap- tan para I+D Y Medio ambiente e acción social Y O aforro enerxético como prioridade Y Dinamización cultural Y A USC abre o seu patrimonio á sociedade Y Servizos á comunidade Y Primeiro hospital veterinario de Galicia Y
Responsabilidade e compromiso
A Memoria de Responsabilidade Social da Universidade de Santiago de Composte- la presentada no pasado verán e elaborada segundo a metodoloxía Global Reporting Initiative (GRI) converteu á USC na pri- meira universidade española e nunha das primeiras de Europa nesta forma de render contas e de compromiso coa sociedade á que se debe.
A Universidade encetou deste xeito unha a n d a i n a , q u e n o n
quere perder, para explicar anualmente o uso dos recursos pos- tos á súa disposición, dando conta da súa actividade a fin de que a sociedade coñe- za a súa contribución ao desenvolvemento social. Para a realiza- ción desta memoria emprégase un modelo contrastado e verifi- cable que incorpora
unha perspectiva multidimensional, esencial para comprender a contribución da Univer- sidade de Santiago de Compostela ao desen- volvemento económico, social, cultural e ambiental de Galicia.
Esta Memoria de Responsabilidade Social, dirixida a todos os sectores universi- tarios, organizacións e persoas relacionadas co mundo universitario e á sociedade en xeral, permite presentar o compromiso ético da institución académica compostelá coa docencia, a investigación e os servizos que presta á sociedade da que forma parte. A USC vincula deste xeito a autonomía uni- versitaria co rendemento de contasY
Universidade completa e emprendedora
Vinte e catro programas de doutoramento da Universi- dade de Santiago de Com- postela posúen unha Men- ción de Calidade do Ministe- rio de Educación e Ciencia, catorce viñan de atrás e dez incorporáronse neste curso ao grupo dos mellores, con
Doutoramento de calidade
O vicerreitor de Calidade, Xosé Sordo; o reitor, Senén Barro, e o director corporativo de Calidade e Sostenibilidade de RENFE, Juan Luis Martín, na presenta- ción da Memoria de Responsabilidade Social da USC.
CAMPUS DE SANTIAGO
DE COMPOSTELA
E DE LUGO
O ALCANCE DAS NOV AS TECN O LO XÍA S A USC, referente entre as universidades españolas na aplicación das TIC
A USC converteuse nos últimos anos nun referente para as universidades españolas na aplicación das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións nos seus distintos ámbi- tos de actuación como a docencia, a investi- gación ou a prestación de servizos.
Boa proba da implementación das TIC en todos os eidos universitarios da USC é a súa rede sen fíos, a maior de Galicia. A campaña de envío de mensaxes SMS aos estudantes universitarios, a oferta formativa do Campus Virtual ou o índice de participación na cam- paña de adquisición de portátiles Uniporta son outros dos indicadores da posición de liderado que ocupa a institución docente composteláY
YA primeira enquisa sobre as TIC reali- zada a estudantes universitarios foi obra o pasado ano da USC. O docu- mento elaborado serviulles de referen- te a outras universidades españolas para a planificación de novos servizos e necesidades neste ámbito.
YA USC lidera o grupo de traballo nas TIC da Conferencia de Reitores de Uni- versidades Españolas aglutinando e impulsando proxectos para todas as universidades no eido dos campus sen fíos, software libre, actuacións con Microsoft, enquisa anual de indicado- res TIC nas universidades españolas ou accesibilidade nos sitios web.
YA actividade no ámbito das TIC na USC foi recoñecida publicamente con varios premios, como o de EGANET á web institucional e á accesibilidade ou os ETI á mellor iniciativa empresarial polo despregamento da rede sen fíos.
En liña directa cos estudantes
Durante o pasado curso académico a Uni- versidade de Santiago de Compostela enviou- lles aos estudantes que o solicitaron e autori- zaron previamente un total de 86.862 mensa- xes SMS aos móbiles para informalos das súas cualificacións nas materias cursadas. A de Santiago foi a única universidade que ofre- ceu este servizo, do que se agarda un maior afianzamento durante o actual período acadé- mico coa inclusión de novas accións.
Ademais das cualificacións, os universita- rios tamén recibiron información puntual nos seus móbiles sobre a organización de cursos de informática ou seminarios, o desenvolve- mento da campaña para a adquisición de por- tátiles de Uniporta ou do Programa A Ponte para os estudantes de Educación Secundaria.
Respecto a este último punto, a USC enviou un total de 10.088 mensaxes, ademais das máis de 26.000 para informar da campaña de hemodoazón desenvolvida polo Centro de Transfusión de Galicia nos campus de Santia- go e Lugo Y
A Universidade de Santiago de Compostela volveu ser durante o pasado curso 2004- 2005 a primeira universidade galega e española en canto ao número de estudantes que se acolleron ao programa de adquisición de portátiles Uni- porta. Desde o inicio da cam- paña en febreiro de 2004, 2.053 alumnos adquiriron algún dos equipos ofertados nas distintas campañas.
Facilitar a compra de termi- nais informáticos coas últi- mas tecnoloxías en conectivi- dade e con prezos por debai- xo do mercado era unha das accións recollidas no Plan Estratéxico das Tecnoloxías da Información e das Comu- nicacións que a USC está a
executar no período 2004- 2006. Con esta iniciativa pre- téndese corrixir a importante proporción de universitarios que non dispoñen dun equipo informático propio e que, segundo unha estatística ela- borada pola institución acadé- mica compostelá entre os seus matriculados, ascendía ao 42,4 por cento dos estu- dantes consultados.
Do total das solicitudes recibidas ao abeiro do progra- ma Uniporta durante o curso 2004-2005, o 47,33 por cento procedía de estudantes da área de Ciencias Xurídicas e Sociais, seguidas de alumnos de Ciencias Experimentais (14,42%), Ciencias da Saúde (13,40%), Ensinanzas Técni-
1229
0 200 400 600 800 1000 1200 1400
224 189
587
121 75
644
175 88
USC UVigo UdC
Básico Intermedio Avanzado
Y
Campaña 2005-2006 Para o curso 2005-2006, o pro-
grama Uniporta oferta novos modelos de ordenadores portáti- les coa particularidade engadida de estar dotados de conectivida-
de sen fíos e ofrecer ao seu usuario a opción de empregalo tamén conectado a un teléfono móbil. Esta nova campaña aumentou a contía da subven-
ción ata os 200 euros.
Y
Uniporta, tecnoloxía punteira a prezos accesibles
UNIPORTA en cifras. Curso 2004/05
Comparativa entre as universidades galegas segundo o tipo de equipo cas (12,70%) e Humanidades
(12,15%). Por titulacións, as que aglutinan unha maior porcentaxe de solicitudes son as de Bioloxía, Psicoloxía ou Ciencias Políticas e da Admi- nistración, entre outras.
A campaña incorporaba tres equipos con distintos niveis de dotación -básico, interme- dio e avanzado- con prezos situados entre os 559 e os 1.350 euros. O de característi- cas básicas foi o modelo máis demandado o pasado curso con 1.229 ordenadores distri- buídos, seguido do interme- dio e do avanzado con 224 e 189 portátiles entregados, res- pectivamente, unha tendencia moi similar nas tres universi- dades galegas Y
O web institucional da Uni- versidade de Santiago de Compostela acadou unha mención especial polo seu grao de accesibilidade nunha análise realizada entre os por- tais dixitais das universidades públicas españolas. No infor- me elaborado pola empresa Acciona Acctiva, unha divi- sión da Corporación Interna- cional de Fomento do Nego- cio Electrónico especializada en usabilidade e accesibilida- de de páxinas web, a USC figura como a segunda uni- A da Universidade de Santiago de Compostela é a primeira rede sen fíos de Galicia e unha das primei- ras de todo o Estado aten- dendo ao seu número de usuarios rexistrados. Na actualidade son máis de 3.000 os universitarios dados de alta nesta rede, cifra que non deixou de medrar desde que a expe- riencia da USC botara a a n d a r e n d e c e m b r o d o pasado ano.
No primeiro mes de fun- cionamento contabilizá- ronse un total de 958 usua- rios rexistrados, número que ascendía a 1.398 en febreiro de 2005 ou a 2.259 en maio do mesmo ano. As perspectivas de cara ao futuro apuntan a que o volume total de usuarios seguirá medrando nos meses vindeiros.
A rede despregada prio- riza a cobertura naqueles lugares onde non chega o cableame convencional, e
958
0 500 1000 1500 2000 2500 3000 3500
1082 1398 1604
1816 2259
2557
27822887 3062
2004Dec. Xan.
2005 Feb.
2005 Marzo 2005 Abril
2005 Maio 2005 Xuño
2005 Xullo 2005Agosto
2005 Setem.
2005
versidade pública con menos erros automáticos na accesi- bilidade do seu web e a pri- meira tras un exame manual realizado por un experto.
No informe destácase que a Universidade de Santiago de Compostela ten unha sección especial para discapacitados, aínda que non a necesita, onde aumenta a accesibilida- de diminuíndo o número de fotografías, animacións e ele- mentos multimedia para afo- rrar ancho de banda e propor- cionar rapidez ao visitante na
A TUI, múltiples vantaxes nunha única tarxeta
Os máis de cinco séculos de historia da USC confírenlle á institución académica compostelá unha imaxe de tradi- ción e asentamento que se conxuga coa súa preocupación permanente por satisfacer as novas demandas da socieda- de.
Nesta liña inscríbense as novas aplicacións que aglutina a Tarxeta de Identidade Universitaria (TUI), mecanismo de identificación persoal de todos os colectivos universi- tarios da USC, xa sexan estudantes, Persoal de Adminis- tración e Servizos ou Persoal Docente e Investigador.
Pero ademais, a tarxeta está a incorporar novas aplica- cións como o acceso a ordenadores persoais e zonas res- trinxidas con control de entrada, a consulta de informa- ción nos Puntos de Información Universitaria, ou como o moedeiro electrónico, entre outros.
A utilización da tarxeta universitaria permítelles tamén acceder aos seus posuidores a descontos e outras vantaxes ofrecidas por diversas empresas das cidades de Santiago e Lugo.
Transporte universitario
Outra das aplicacións que a TUI incorpora para este curso académico é a de medio de pago no transporte urba- no de Santiago. Para iso, as tarxetas que están a recibir os membros da comunidade universitaria no presente curso xa dispoñen dun dispositivo compatible coa tecnoloxía dos autobuses urbanos. Neste senso, tamén as tarxetas emitidas desde outubro de 2004, e que non estean asocia- das a unha conta, dispoñen deste mecanismo Y
A primeira rede sen fíos de Galicia
O web institucional da USC, das máis accesibles
fai posible así a cobertura sen fíos en aulas, bibliote- cas e espazos de estudo, en despachos e áreas de admi- nistración, en laboratorios, zonas dedicadas á investi- gación, lugares de espera e mobilidade, zonas de ocio e residencias universita- rias. En total, ao longo deste curso académico 2005-2006 a cobertura será de practicamente o cen por cento con preto de 590 puntos de acceso operati- vos, 450 no campus de S a n t i a g o e 1 4 0 n o d e Lugo.
Ademais dos servizos xa ofertados a través desta rede, a USC espera avan- zar no proxecto de roa- ming, polo que universita- rios doutras institucións desprazados aos campus de Compostela ou Lugo poderían acceder á rede da USC ao tempo que os da USC poderían facer o pro- pio noutras universidades do Estado Y
Y Sinatura dixital
A Universidade de Santiago, xunto con outras institucións universitarias do Estado, está a traballar no desenvolvemento da sinatura dixital, elemento imprescindible para implantar a administración electróni- ca. Neste senso, a USC asinou recentemen- te coa Fábrica Nacional de Moeda e Timbre un acordo pioneiro no ámbito estatal para a introdución da sinatura dixital na TUI.
Ademais atópanse en fase de deseño diversas aplicacións que se incorporarían á tarxeta para a súa utilización nos procesos de confección de actas de notas ou correo electrónico, entre outros.
Y
Evolución do número de usuarios da rede sen fíos da USC
carga das páxinas. Sublíñase tamén que o web da USC considera unha serie de esti- los en función das particulari- dades do usuario.
Segundo esta avaliación externa, nove de cada dez universidades non cumprirían os requisitos recomendados pola lexislación europea para facer accesibles os web ás persoas discapacitadas. Ade- mais, o 87,5 por cento dos sitios analizados non satisfa- ría as pautas mínimas de accesibilidadeY
O mantemento das centrais da rede de telefonía propia da Universidade de Santiago é tarefa da que se encarga Philips, compañía responsable da boa operatividade da infraestrutura básica da rede de telefonía fixa da institu- ción.
Ademais do mantemento tanto dos compoñentes electrónicos como do software vinculado a este de telefonía, a empresa ten encomendadas entre as súas funcións a atención daquelas obras de ampliación coas que se pre- tende mellorar o servizo de voz das distintas instalacións do espazo uni- versitario nos seus dous campus. Así, a tecnoloxía de Philips atópase na operadora automática da Universida- de ou nos mecanismos de control da centraliña telefónicaY
Desde setembro do ano 2002 Radio Record Montaxes S.L., empresa espe- cializada en montaxes eléctricas, vén desenvolvendo tarefas específicas para a USC que consisten no servizo de operación e mantemento das plantas de coxeración instaladas nos campus e no mantemento da rede de distribu- ción de enerxía eléctrica de alta ten- sión.
En relación ao servizo de operación e mantemento das centrais de coxera- ción da USC, o obxectivo fundamental é a optimización do uso das instala- cións, maximizando a dispoñibilidade dos equipos para alcanzar o maior rendemento coa conseguinte redución do consumo de gasoil en diferentes centros e no abaratamento da factura de enerxía eléctrica.
Ademais, a empresa dispón dun ser- vizo de retén 24 horas que realiza ins- peccións incluídas no plan de mante- mento preventivo de equipos e insta- laciónsY
Radio Record Philips
Incrementar a vocación empre- sarial entres os membros da comunidade universitaria pres- tando especial atención a proce- sos de investigación científico- tecnolóxica en desenvolvemento é a razón de ser de Uniemprende, o plan para a creación de empre- sas da USC.
Para o cumprimento dos seus fins implementou unha serie de medidas orientadas ao artella- mento dun sistema de apoio a iniciativas emprendedoras a tra- vés do Centro de Innovación e Transferencia de Tecnoloxía.
Neste contexto, Uniemprende ten artellado un sistema lóxico de detección de posibles proxectos empresariais en base a unha infraestrutura de difusión e divul- gación da cultura emprendedora e cun soporte técnico e financei- ro para impulsar a conversión das ideas en proxectos empresariais reais. Nesta última etapa ocupa un lugar estratéxico Uninova, a incubadora de empresas da USC.
Entre as iniciativas para o fomento da cultura emprendedo- ra destacan os concursos de ideas e proxectos empresariais de base tecnolóxica que se complemen- tan cos talleres de xeración e maduración de ideas e cos semi- narios de difusión. Neste eido Uniemprende desenvolveu unha importante tarefa na organización de actividades formativas de dinamización de emprendedores, como seminarios de planifica- ción empresarial, talleres de xeración e maduración de ideas empresariais ou seminarios de difusión da cultura emprendedo- ra, e de formación de emprende- dores, como os cursos de xestión empresarial, con programas docentes que prestaban especial atención a aspectos relacionados co márketing, a calidade ou a organización empresarial.
Os membros de Uniemprende que colaboran no desenvolve- mento do programa de creación de empresas son o CITT, Unino- va, University Business Angels Network (UNIBAN), Unirisco Galicia, a OSIX, a Escola de Negocios Uniemprende, o portal Emprendia, o sistema de garantí- as Uniguarantees e o complexo loxístico de Uniemprende Y
Patrimonio e cultura Biotecnoloxía Biomedicina Químico Medio ambiente
Audiovisual Agricultura industrial Informática Acuicultura Servizos TIC
5 3 3
9 3
5 5 5 2
26 7
0 5 10 15 20 25 30
Uniemprende, creador de valor
económico
A Universidade de Santiago somerxeuse no ano 2001 no desenvolve- mento de iniciativas orien- tadas ao fomento da cul- tura emprendedora entre os membros da súa comu- nidade, consciente da inexistencia de referen- cias ou experiencias pre- vias no ámbito universita- rio que puidesen orientar os pasos a executar.
Catro anos despois do inicio deste proxecto pio- neiro, o programa de crea- ción de empresas da Universidade de Santiago, Uniemprende, asentouse e propiciou a constitución de 83 empresas, das que 28 acadaron a considera- ción de empresas de base tecnolóxica, cun total de 309 empregos directos creados.
O fomento da cultura emprendedora contou cun importante estímulo ini- cial nos concursos de ideas e proxectos empre- sariais innovadores, con máis de 136.000 euros repartidos en premios, 838 ideas e preto de 200 proxectos presentados a concurso. Trátase de con- vocatorias abertas aos membros da comunidade universitaria da USC ini- cialmente, e logo aos emprendedores doutras universidades, co que se pretende premiar aquelas ideas e proxectos innova- dores susceptibles de con- verterse en empresasY
Sectores aos que pertencen as empresas creadas (nº de empresas por sector ata decembro 2004) Taxa de supervivencia das
empresas creadas en Uniemprende
Empresas desaparecidas (8%)
Empresas en funcionamento (92%)
Porcentaxe de empresas crea- das que posúen a cualificación de Iniciativas de Emprego de
Base Tecnolóxica
Empresas de base tecnolóxica (34%)
Outros (66%)
Distribución dos promotores empresariais por idade
38
81 72 9
>40 30-40 25-30
<25
0 10 20 30 40 50 60 70 80 90
Número de promotores
UNIVERSIDADE EMP REND EDO R A Á procura da vocación empresarial xurdida da investigación
universitaria
Dezaseis universidades espa- ñolas, Unirisco Galicia e a Empresa Nacional de Innovación subscribiron na Universidade de Santiago de Compostela o docu- mento constitutivo da sociedade de capital risco UNINVEST que, de maneira pioneira e con carác- ter universitario, xestionará o Fondo Nacional de Capital Risco I+D UNIFONDO para financiar as empresas de base tecnolóxica.
Os socios participantes desta sociedade representan máis do 40 por cento da capacidade científi- ca do contorno académico do Estado, porcentaxe que podería incrementarse nun futuro próxi- mo ata o 60 por cento coa proba- ble incorporación doutras univer- sidades e institucións investiga- doras como o Consejo Superior de Investigaciones Científicas.
Uninvest xestionará un fondo inicial de 13 millóns de euros que espera aumentar ata 20 millóns ao longo do presente ano. O fondo orientarase ao investimento en empresas de base científica e tecnolóxica de nova creación ou desenvolve- mento incipiente, xurdidas no contorno da Universidade e dou- tros centros de investigación e innovación. O seu obxectivo será o de realizar entre 6 e 8 investi- mentos anuais que se correspon- derían con outros tantos proxec- tos empresariais centrándose en cinco sectores socioeconómicos estratéxicos como son as ciencias da vida, o medio, os novos mate- riais, as TIC e a biotecnoloxía.
A nova sociedade está chama- da a converterse, en opinión dos seus promotores, na estrutura financeira máis importante de España e de Europa creada por
A sociedade de capital risco UNINVEST constituída na USC xestiona un fondo de 13 millóns de euros para o financiamento de empresas de base tecnolóxica
UNIRISCO, precursor universitario no capital risco
A creación dun fondo estatal de capital risco asociado ao espazo universitario acordouse a finais de xullo do pasado ano nunha xuntan- za do Consello de Administración de UNIRISCO Galicia á que asisti- ron os tres reitores galegos e representantes das outras empre- sas que participan desta socieda- de galega creada en novembro de 2000 como primeira sociedade de capital risco universitaria autori- zada pola Comisión Nacional do Mercado de Valores.
Ademais das tres universidades galegas, conforman UNIRISCO Caixa Galicia, Caixanova, Banco P a s t o r, B a n c o P o r t u g u é s d e Investimento, Consorcio da Zona Franca de Vigo, Fundación R, Grupo San José e Inditex
Y A constitución da sociedade de capitalrisco UNINVEST celebrouse no Colexio de San Xerome
UNIRISCO GALICIA, SCR, S.A.
Universidades de Santigo, Vigo e A Coruña Caixa Galicia, Caixanova, Banco Pastor, Banco
Por tugués de Investimento Consorcio da Zona Franca de Vigo Fundación R
Grupo San José Inditex
FUNDACIÓN LEONARDO TORRES QUEVEDO Universidade de Cantabria
UNIVERSIDADE DE LEÓN
FUNDACIÓN UNIVERSIDADE DE VALLADOLID UNIVERSIDADE CARLOS III DE MADRID
universidades, tanto polo número e calidade dos socios participan- tes coma polo alcance e enverga- dura do investimento en I+D, abandonando o concepto de gasto polo de investimento rendi- ble. Deste xeito, na sociedade participan grupos empresariais de referencia así como institu- cións financeiras públicas como ENISA e Axis (sociedade de capital risco do Instituto de Cré- dito Oficial) e privadas como Caixa Galicia, Santander Central Hispano e Caixanova coa vonta- de de pór en valor o coñecemen- to científico por medio do finan- ciamento de empresas como alternativa á comercialización de resultados da investigación, ade- mais de supor unha excelente oportunidade para a creación de emprego altamente cualificado Y
UNIVERSIDADE DE VALENCIA
UNIVERSIDADE POLITÉCNICA DE VALENCIA FUNDACIÓN XERAL DA UNIVERSIDADE DE ALICANTE UNIVERSIDADE MIGUEL HERNÁNDEZ DE ELXE UNIVERSIDADE DE ESTREMADURA UNIVERSIDADE DE CÁDIZ UNIVERSIDADE DE SALAMANCA
FUNDACIÓN PARQUE CIENTÍFICO DE MADRID Universidade Complutense de Madrid Universidade Autónoma de Madrid
EMPRESA NACIONAL DE INNOVACIÓN, S.A. (ENISA) Promotores de UNINVEST
Asentada no convencemento de que na formación se atopa o eixo medular do desenvolvemento dos pobos, Caixa Galicia fai da colaboración co mundo universitario un dos eixos estratéxicos da súa acción social, cultural e finan- ceira. Ademais de ser unha das máis importantes entidades financeiras da comunidade, móstrase como firme defensora da relación entre empresa e universidade para avanzar no sistema galego de innovación e no crecemento de Galicia.
Caixa Galicia, comprometida coa innovación como base do desenvolve- mento económico e social, colabora coa Universidade de Santiago no apoio á súa dotación tecnolóxica, o desenvolvemento de empresas de base tecnolóxica e a formación e investigación avanzada a través do Terceiro Ciclo. Contribúe deste xeito a que a USC continúe afianzándose entre as universidades españolas de maior produción científica sen esque- cer o seu carácter pioneiro en iniciati- vas dirixidas a impulsar a cultura emprendedora e a investigación ao mundo empresariaY
Grupo Santander
Ademais de emitir o carné universi- tario, o Grupo Santander colabora coa Universidade de Santiago de Compos- tela desde 1999 no desenvolvemento de diversos proxectos académicos como as cátedras UNESCO de Cultura Luso-Brasileira e sobre Migracións, a cátedra José Angel Valente, a Bolivar, a MERCOSUR e a Alejo Carpentier.
Este banco participa ademais nas accións desenvolvidas pola Universi- dade para fomentar a actividade emprendedora nos programas de mobilidade e intercambio de persoal docente e investigador e de estudan- tes iberoamericanos e nos programas de voluntariado. Tamén colaborou no programa Os camiños da USC en América, iniciativa que se desenvol- veu en 2004 coincidindo co Xacobeo.
Os convenios que asina o Santander coas universidades recollen unha oferta de produtos financeiros especí- fica para universitarios como o adian- to, sen custo para o estudante, do importe total da bolsa de estudo que reciba do Ministerio de Educación; a participación no programa de présta- mos do MEC, a oferta de préstamos en condicións beneficiosas para finan- ciar os gastos de matrícula ou a parti- cipación no programa Uniporta que facilita a adquisición de portátiles aos membros da comunidade universita- riaY
Caixa Galicia e Grupo Santander
Galchimia traballa hoxe con empresas de tres continentes
Constituída en 2001 por catro doutores en Química Orgánica, Galchimia é unha compañía especializada en I+D e síntese a medida no campo da Química Orgánica. A empresa pon a dis- posición das industrias química e farmacéutica profesionais exper- tos capaces de resolver as súas necesidades de produtos quími-
A comezos de 1999 a USC e o Concello de Santiago de Compostela coincidiron na nece- sidade de crear un instrumento eficaz de apoio á creación de empresas innovadoras que xurdían da investigación e do desenvol- vemento tecnolóxico universitarios. De aí naceu a primeira experiencia desta natureza en España, UNINOVA Sociedade para a Pro- moción de Iniciativas Empresariais Innova- doras, SL, que tenta contribuír así á moderni- zación do tecido empresarial e á creación de postos de traballo.
Uninova créase coa finalidade de aproveitar os resultados dos equipos de investigación da USC e facilitar así a conversión daqueles que sexan viables en proxectos empresariais.
Froito desta cultura empresarial innovadora que se nutre da investigación máis punteira para levar adiante proxectos de base tecnoló- xica Uninova mantén así un continuo feed- back coa Universidade compostelá para unha identificación inmediata das iniciativas con maior proxección.
A actividade de UNINOVA comeza coa detección dunha idea innovadora resultado do potencial investigador da USC con potencia- lidade de converterse en proxecto empresa- rial. Detectada a idea, estúdase nun plan de empresa a súa viabilidade tanto económico- financeira coma comercial.
UNINOVA, sementeira de novo tecido empresarial
Empresas xurdidas de UNINOVA SEMENTEIRA DE VA LO R EN GAD IDO
De concluíren os expertos que o proxecto resulta viable, a Sociedade oferta un servizo de incubadora de empresas de base tecnolóxi- ca que lles facilita aos emprendedores univer- sitarios o arranque de iniciativas empresariais innovadoras (spin-off). Nas instalacións da incubadora no Polígono do Tambre, UNINO-
VA dispón de módulos independentes de 100 metros cadrados con peiraos de descarga de gran versatilidade para adaptarse ás circuns- tancias específicas de cada empresa. Todo este proceso leva parello ademais un conxun- to de ferramentas de apoio tanto formativas coma de xestión administrativa Y
cos mantendo con elas en todo momento unha estreita colabora- ción e asegurando unha estrita confidencialidade.
Desde a súa marcha de Unino- va, incubadora de empresas da USC, que a viu nacer, Galchimia completou con éxito máis de 60 proxectos de investigación e sín- tese. Na actualidade incorpora na súa carteira de clientes a máis de 20 empresas químicas e farma-
céuticas de primeiro nivel, locali- zadas en tres continentes, como Almirall Prodesfarma, Esteve, Menadiona ou SuanFarma, entre outros.
A sede desta empresa xurdida ao abeiro do programa Uniem- prende está situada no Pino (A Coruña), onde partindo dos catro promotores iniciais agora traba- llan 15 persoas, a maior parte deles doutores e licenciados.
dehistoria pon en valor as Humanidades
Unha boa mostra da posta en valor de iniciativas empresariais no ámbito das Humanidades xur- dida en Uninova é dehistoria, empresa dedicada á investigación histórica baixo demanda cun tipo de servizo que na actualidade non existe no mercado.
Premiada pola súa vocación innovadora, dehistoria intégraa un equipo de especialistas en diver- sas ramas da historia que lle ofre- ce ao cliente desde a localización dun dato ou dun documento con- creto ata solucións arquivísticas pasando pola posta en valor de testemuños históricos, a elabora- ción de publicacións ou a restau- ración e valorización do patrimo- nio arquitectónico.
Entre as institucións, empresas e particulares que ata o de agora confiaron en dehistoria para o aproveitamento dos seus recursos históricos figuran o Pazo de Vila- boa e os concellos de Lugo e Ames. Tamén para a Asociación de Reposteiros de Galicia realiza- ron un estudo sobre a torta de Santiago para obter así a Indica- ción Xeográfica Protexida Y
A Universidade de Santiago de Compostela solicitou no período comprendido entre os anos 1999 e 2004 un total de 60 patentes, das que 13 xa foron licenciadas. Do total das solicitudes, o 32 por cento correspon- de a resultados de investigación da Área de Biomedicina e Farmacia; o 22 por cento a estudos sobre mate- riais; o 15 por cento á área de Acui- cultura e un 8 por cento á de Tecno- loxía Ambiental. Das 60 tramitadas nese período, 18 solicitáronse duran- te 2004, o que pon de manifesto un aumento constante do número de solicitudes de patentes da USC.
O rexistro de patentes derivadas da actividade dos departamentos e insti- tutos de investigación é, segundo explica Fernando Carou, de Xestión de Patentes da Oficina de Investiga- ción e Tecnoloxía da USC, unha prác- tica que se está a consolidar tanto no plano autonómico coma no estatal.
Trátase dunha vía para acadar a rendi- bilidade económica e social ao tempo que protexe os resultados derivados da investigación e o desenvolvemento.
As patentes que a USC solicitou no eido dos recursos mariños e a acui- cultura refírense maioritariamente a vacinas para patoloxías de peixes de
A incubadora de empresas da USC, Uninova, acubilla na actualidade a un total de 13 empresas ás que se lles ofrece un espazo físico para o inicio das súas actividades e apoio de carácter
loxístico en materia de administración e instalacións.
Galician Marine Aquaculture SL é unha das empresas contidas na incuba- dora da USC. Cuali- ficada como Empre- sa de Base Tecnoló- xica, GMA é pionei- ra en España no des- envolvemento do cultivo de peneira ou o r e l l a d e m a r , molusco gasterópo- do altamente deman- dado polo mercado
asiático. O grupo promotor e socios fundadores está for- mado por catro profesionais, un doutor e un licenciado en Bioloxía, un enxeñeiro en Acuicultura e un enxeñeiro químico. Ademais, ao capital social da empresa incorpo- ráronse dous novos socios, Rosp Corunna Participacio- nes Empresariales e Frigoríficos Fandiño SA.
Na actualidade, a compañía está a tramitar os permisos e autorizacións pertinentes para construír a súa propia planta de cultivo nunha parcela de máis de 25.000 metros
cadrados preto da cidade de Muros. Ademais conta cun centro de demostración tecnolóxica en Santiago onde, utilizando un sistema completamente pechado de recircu- lación e tratamento da auga, realizan actividades de I+D.
O obxectivo da compañía a medio prazo, logo do seu período de incuba- ción en Uninova, é consolidar a súa pre- senza nun novo sec- tor produtivo e con- tribuír á diversifica- ción da acuicultura autonómica e estatal.
Xa nun espazo de tempo máis amplo, GMA pretende posi- cionarse como líder europeo en volume de produción de peneira e punto de referencia desta acti- vidade en España.
De xeito paralelo á súa actividade como produtora de orella de mar, Galician Marine Aquacultura realiza labo- res de consultoría e asesoramento no desenvolvemento, proxección e deseño de plantas de cultivo deste molusco en sistemas suspendidos e en terra, e presta servizos de consultoría e deseño de instalacións para procesos de recirculación e tratamento de augas en acuicultura Y
Y
Unha patente é un título que recoñece o dereito de
explotar en exclusiva a invención patentada, co que lles impide a outros a súa fabricación, venda ou
utilización sen consentimento do titular
Y Patentes, do
laboratorio á rúa
Biomedicina e Farmacia (32%)
Acuicultura (15%) Materiais (22%)
Tecnoloxía Ambiental (8%) Outros (23%) cultivo, medios de cultivo para pro- dución, técnicas de detección de bio- toxinas e técnicas xenéticas para determinación de especies mariñas.
Polo que respecta á area de materiais, as patentes céntranse no estudo de biomateriais, cerámicas e reutiliza- ción de refugallos como os barros vermellos ou as cinzas. Xa en biome- dicina e farmacia, estas inciden en aplicacións baseadas en moléculas de interese terapéutico, sistemas de libe- ración de medicamentos por nanopar- tículas ou encapsulación, técnicas e dispositivos para ortodoncia e siste- ma de diagnose molecular como o xenotipado.
Finalmente, en tecnoloxía ambien- tal, os temas para os que se solicitou patente relaciónanse co proceso pechado e enerxeticamente integrado para o tratamento de efluentes gan- deiros e xurro, procedementos de obtención de aceite combustible a partir das augas residuais das indus- Distribución de patentes solicitadas por áreas temáticas
Galician Marine Aquaculture, con proxección de futuro
trias de procesado de produtos mari- ños, reactor biolóxico híbrido de membranas para tratamentos de augas residuais, procedemento de degradación de compostos orgánicos en efluentes industriais mediante reactores enzimáticos e a súa aplica- ción á descoloración de tinturas, e valorización de lodos procedentes do tratamento de refugallos Y
Empresa Salgado é unha empresa familiar constituída en 1985 e dedica- da á prestación de servizos de limpe- za e mantemento en toda clase de sectores, aplicando para cada un deles planos especializados con meto- doloxía, maquinaria, ferramentas e produtos adecuados. Desde o ano 1997 ocúpase da limpeza e mante- mento de distintas facultades e cen- tros do campus de Lugo e na venda de produtos de limpeza industrial e subministración de celulosas.
Esta empresa conta cun cadro de persoal de mais de 200 traballadores e dispón dunha ampla sección espe- cializada para atender todo tipo de limpezas eventuais e extraordinarias.
Os seus sistemas de control están cer- tificados de acordo coas normas de xestión de calidade UNE EN ISO 9001:2000Y
Maconsi
O grupo Maconsi inicia a súa activi- dade no ano 1982 cunha clara voca- ción empresarial e orientada cara ao sector de servizos, onde realiza o seu labor. Está especializada en limpeza de edificios, residencias, locais comerciais e grandes superficies, organismos oficiais, colexios públicos así como pequenas e medianas empresas. Na USC Maconsi encárga- se da limpeza de todos os centros e instalacións universitarios do Cam- pus de SantiagoY
Maconsi e Salgado
A Universidade de Santiago de Compostela xes- tionou en 2004 un total de 34.758.000 euros para o desenvolvemento de actividades de I+D, co que superou as cifras do exercicio anterior que ascendí- an a 33.560.000 euros e situouse deste xeito entre as principais universidades do Estado en canto a capta- ción de recursos externos para financiamento destas actividades. O volume de recursos destinados a I+D durante o pasado ano na USC vén remarcar a ten- dencia ascendente rexistrada por esta institución académica nos últimos cinco anos.
Do total, máis de 11 millóns de euros procederon de actividades de I+D realizadas con contratos e convenios coa Administración (5,2 millóns de euros), empresas (4,3 millóns) e servizos técnicos e de asesoramento (1,3 millóns). Neste capítulo con- tabilizáronse 517 accións, fronte ás 486 do ano 2003.
O resto dos recursos externos captáronse das con- vocatorias de proxectos estatais (8,01 millóns de euros), das de proxectos autonómicos (6,2 millóns), das accións institucionais de I+D (3,3 millóns) e de convocatorias de recursos humanos de I+D (2,7 millóns). Outras fontes de financiamento neste apar- tado foron as convocatorias de proxectos europeos (1,6 millóns de euros) e o financiamento público para infraestruturas tecnolóxicas (1,6 millóns) Y
A institución docente compos- telá contaba en 2004 con 1.598 persoas traballando especifica- mente en actividades de Investi- gación e Desenvolvemento.
Destas, 1.281 facíano ao abeiro de contratos e proxectos, men- tres que a cargo de programas
Investigadores adscritos a programas de I+D
(datos de 2004)A USC, das universidades do Estado que máis recursos externos captan para investigación
0 5000 10000 15000 20000 25000 30000 35000
2000 2001 2002 2003 2004
Evolución dos recursos externos para actividades de I+D nos últimos cinco anos (en miles de euros).
Programas Nº de persoas
Estatais (Ramón y Cajal,
Juan de la Cier va, Técnicos, FPI/FPU) 80 Autonómicos (Parga Pondal, Predoutorais,
Tecnólogos, FPII, Técnicos RIAIDT) 237
Contratos e proxectos 1.281
Total 1.598
autonómicos (Parga Pondal, tecno- lógos, FPII...) desenvolvían as súas tarefas 237 investigadores. Final- mente, a USC contou no pasado ano con 80 persoas suxeitas a pro- gramas estatais como o programa Ramón y Cajal ou Juan de la Cier- vaY
PRODUCIÓN INVESTI GADO R A
O desenvolvemento da investigación acorde coas preocupacións e demandas da sociedade é unha constante para os grupos de investigación da USC en calquera das cinco grandes áreas de coñecemento, a de Ciencias Experimentais é a que concentra algo máis do 31 por cento do total dos recursos xestionados en 2004.
Despois desta área está a de Ciencias da Saúde co 29,88 por cento, aínda que esta supera á anterior en captación de contratos. As áreas de Ensinanzas Técnicas, Ciencias Xurídicas e Sociais e Humanidades achegan pola súa banda aproximadamente o 40
A institución docente compostelá contabilizou durante o pasado ano 1.557 artigos en revistas de impacto, fronte aos 1.502 do ano 2003, e 248 libros e monografí- as. Ademais organizá- ronse máis de medio cento de congresos e reunións científicas e defendéronse 157 teses de doutoramento. Para completar este capítulo, 14 programas de douto- ramento da USC obtive- ron a Mención de Cali- dade que outorga o Ministerio de Educación e Ciencia Y
Ambiente (11%) Materiais (5%)
Economía e estudos sociais (9%) Xestión do patrimonio histórico (2%)
TIC (2%)
Tecnoloxía de alimentos (5%) Biomedicina e farmacia (15%)
Recursos mariños e acuicultura (5%) Produción industrial (2%)
Produción agraria e agroindustrial (4%) PGC e outros (40%)
Actividades de investigación fundamental ou non adscritas a áreas socioeconómicas
Investigación que abrangue todos os ámbitos Produción científica
por cento dos recursos xestionados para as devanditas actividades.
Por áreas temáticas, o 40 por cento correspondeuse con actividades de investigación fundamental ou non adscritas
especificamente a áreas socioeconómicas. O maior volume de recursos concéntrase en Biomedicina e Farmacia (15%), Ambiente (11%), Economía e Estudos Sociais (9%), Recursos Mariños e Acuicultura (5%), Tecnoloxía de Alimentos (5%), Materiais (5%), ou Produción Agraria e Agroindustria (4%), entre outrosY
Distribución de actividades de I+D por área temática
Da seguridade nas dependencias universitarias en Lugo, tanto no pro- pio Campus como nos distintos cen- tros, encárgase o Grupo Cetssa, men- tres que en Santiago esta tarefa a rea- liza Prosegur, unha empresa con 30 anos de experiencia e con cerca de 70.000 empregados en 12 países. As patrullas destas dúas empresas supervisan as distintas zonas dos campus universitarios, as bibliotecas e os centros docentes, administrati- vos ou de investigación, ou mesma- mente as residencias.
Prosegur conta con dous centros de formación homologados polo Minis- terio do Interior onde imparte, de forma gratuíta, as materias que esixe a normativa para poder ser vixiante e elixir entre as máis de 40 categorías profesionais diferentes que existenY
Prosegur e Grupo Cetssa
O compromiso da USC co desenvolve- mento sostible mate- rializouse a finais de 2003 coa aprobación do Plan de Desen- volvemento Sostible, ferramenta coa que se pretende implicar a toda a comunidade universitaria no arte-
Unha das manifestacións máis evidentes da preocupación da Universidade de Santiago a prol do desenvolvemento sostible e da utiliza- ción racional das enerxías materialízase no seu Plan de Optimización Enerxética (POE) polo que a USC obtén autoabastecemento enerxético, tanto eléctrico coma térmico.
Co POE, implantado a comezos de 2002, impúlsase unha mellora da calidade da sub- ministración de enerxía na USC, co que se axilizan a xestión e o mantemento das insta- lacións enerxéticas. Ademais, supón a racio- nalización do custo enerxético da rede propia de enerxía e a utilización máxima dos recur- sos dispoñibles. En conxunto conséguese unha diminución do impacto ambiental en base á utilización do gas natural como com- bustible e á posta en marcha de medidas de aforro.
Un dos piares deste plan é a utilización de plantas de coxeración, un conxunto de siste- mas xeradores que, consumindo gas natural, producen enerxía eléctrica e térmica. Esta última emprégase para quentar a auga que ali- menta os circuítos de calefacción. A coxera-
A xestión dos refugallos, función do Servizo de
Prevención de Riscos Laborais
A identificación e valoración dos riscos laborais e para o ambiente son as principais fun- cións do Servizo de Prevención de Riscos Laborais. A través da súa Unidade de Xestión de Resi- duos e do Servizo de Protección Radiolóxica, a USC leva unha década realizando un importante esforzo para xestionar de manei- ra apropiada os refugallos proce- d e n t e s d a s s ú a s a c t i v i d a d e s docentes e investigadoras.
No ámbito da xestión ambien- tal, este servizo está acreditado por Aenor coa Norma ISO 14001 que certifica que as prácticas ambientais que se levan a cabo - minimización de enerxía, redu- ción no consumo de produtos ou recollida selectiva de refugallos- son correctas.
Recentemente presentouse tamén un Plan de Minimización para a posta en marcha de diferen- tes accións como a xestión de ordenadores obsoletos de xeito que mediante a redución e a reuti- lización dentro da propia Univer- sidade se acade unha diminución de refugallos que será necesario xestionar nos vindeiros anos Y
MED IO A M B IENTE E AC CI Ó N SOCIAL
l l a m e n t o d u n h a experiencia de xes- tión ambiental que lle afecta a toda a institución. Tres son as liñas de acción básicas nas que se sustenta este plan, d e s d e a x e s t i ó n ambiental dos cam- pus universitarios ata a xeración de coñe- cemento e educación ambiental pasando p o l a d i v u l g a c i ó n , participación e sensi- bilización.
Aínda que nos últi- mos anos o desen- volvemento sostible ten acadada unha maior proxección, na USC véñense abor- dando accións neste campo de actuación d e s d e h a i m á i s dunha década con iniciativas docentes, de xestión ambiental e campañas de sensi- bilización sobre a reciclaxe do papel ou a redución do consu- mo de tabaco. Deste xeito, desde os anos n o v e n t a n a U S C ofértanse materias e actividades de libre
O Plan de Desenvolvemento Sostible, compromiso da USC
ción reduce a emisión de elementos contami- nantes debido principalmente a que é menor a cantidade de combustible que se consume para producir a mesma cantidade de enerxía
O aforro enerxético como unha prioridade
útil. Con estes sistemas aprovéitase ata un 85% da enerxía contida no combustible para a xeración de enerxía eléctrica e calor fronte ao 33% dunha termoeléctrica convencional Y
Ao alcance de todos A U n i v e r s i d a d e d e Santiago conta cunha nova web dedicada ao desenvolvemento sosti- ble na que se pode con- sultar o plan específico que nesta materia apro- bou a institución docen- te compostelá. A páxina pódese consultar direc- tamente no enderezo ht tp://w w w.usc.es/plands ou por medio da ligazón Desenvolvemento sosti- ble da páxina da Vice- rreitoría de Calidade e Planificación Estratéxi- ca.
A web, xestionada pola Vicerreitoría de Calida- de, tenta divulgar o con- tido do Plan así como as accións relacionadas con aquel que están a ser postas en marcha, sen esquecer outras novas e actividades rela- cionadas co ámbito do desenvolvemento sosti- ble en xeral
Yconfiguración con contidos ambientais aos que se sumou recentemente a titu- l a c i ó n p r o p i a d e Enxeñaría Ambien- tal. Ademais, fíxose un esforzo na racio- nalización do consu- m o e n e r x é t i c o mediante a introdu- ción de coxeración e na recollida de refu- gallos tóxicos e peri- gosos.
Na actualidade, no marco do Plan estan- se a executar diver- sas accións ou cam- p a ñ a s d i r i x i d a s a m e l l o r a r a s p e c t o s r e l a c i o n a d o s c o a reciclaxe de refuga- llos ou as condicións de habitabilidade dos centros. A este res- pecto, estase a plani- ficar unha campaña de difusión que inci- da nos hábitos que os membros da comuni- dade universitaria desenvolven na súa actividade cotiá coa finalidade de acadar un contorno de con- vivencia máis cívico e limpo Y
Desde a concepción de que os dereitos das persoas con discapa- cidade son os dereitos de todos, a USC promove a integración glo- bal de todos e cada un dos mem- bros da súa comunidade elimi- nando as barreiras que de calque- ra tipo poidan xurdir no quefacer cotián universitario.
A supresión de barreiras arqui- tectónicas e a adaptación de espazos seguen a ser unha priori- dade para esta universidade como tamén o é a recente dota- ción de total accesibilidade ao sitio web institucional, que incor- pora na normativa de deseño
A Universidade de Santiago de Compostela ten en marcha este curso a segunda convoca- toria das Bolsas de Sostibilidade, Participa- ción e Integración Universitaria, que teñen como obxecto fomentar a participación e a sensibilización da comunidade universitaria mediante a súa implicación en proxectos ambientais, sociais ou de integración para continuar así co traballo iniciado na convoca- toria anterior.
Estas axudas xurdiron no pasado curso por inicia- tiva da Oficina do Volunta- riado, integrada na Vice- rreitoría de Estudantes e Relacións Institucionais, e da Coordinación do Plan de Desenvolvemento Sos- tible, dependente da Vice- rreitoría de Calidade e Pla- nificación Estratéxica.
Cada bolseiro colaborará na promoción, tanto no ámbito interno coma exter- no do seu centro, de diver- sas actividades encamiña- das ao aforro enerxético, á reciclaxe, reutilización e minimización de refuga- llos ou a accións solidarias como a de facilitar a inte- gración de persoas con necesidades especiais na vida universitaria Y
Dez anos de acción solidaria
A Universidade de Santiago de Compostela, sen barreiras
Bolsas de sostibilidade, participación e integración universitaria
colaboración de entidades ecoloxis- tas e ambientais así como de activi- dades puntuais promovidas por ONG internacionais.
A profesionalización do servizo realizado desde a Oficina do Volunta- riado deu lugar a que os programas
regras que a garanten así como unha versión específica para per- soas con discapacidades.
Xa no ámbito do apoio a perso- as con necesidades especiais, a USC realizou o estudo CAN- CUNG (Condicións de Accesibi- lidade dos Campus das Universi- dades de Galicia) mediante a aplicación duns protocolos des- envolvidos polo departamento de accesibilidade da Confederación Galega de Minusválidos. No pro- xecto participaron máis de 200 membros da comunidade univer- sitaria dos campus de Santiago e LugoY
de participación, voluntariado e inte- gración social da USC acadaran en 2004 a Mención Especial á Respon- sabilidade Corporativa, na categoría Educación, dos Premios ás Mellores Prácticas do Club de Xestión da Cali- dadeY
A Oficina do Voluntariado da USC, dependente da Vicerreitoría de Estu- dantes e Relacións Institucionais, coordina desde hai case dez anos accións de carácter solidario en todos os ámbitos de interese. As iniciativas deste departamento enmárcanse nas liñas propostas polo Plan de Desen- volvemento Sostible da institución docente que contempla este servizo como un dos elementos máis necesa- rios para o desenvolvemento do eixo estratéxico: divulgación, participa- ción e sensibilización.
Ao longo destes anos máis de 3.000 persoas participaron nos pro- gramas coordinados pola USC en colaboración con máis de sesenta entidades solidarias. A notable capa- cidade exhibida pola USC na coordi- nación en 2003 das actividades das universidades españolas na recollida do fuel do Prestige tivo como respos- ta un incremento nas solicitudes de
A subministración enerxética da U n i v e r s i d a d e d e S a n t i a g o d e Compostela resólvena as empresas Cepsa e Gas Natural que co seu servi- zo lle permiten garantir a consecu- ción de vantaxes ambientais ao tempo que se consegue aforro ener- xético.
A utilización de gas natural como fonte de enerxía primaria nas instala- cións de coxeración de que dispón a Universidade de Santiago consegue que esta acade unha mellora da efi- ciencia enerxética así como unha diminución do impacto ambiental, diminuíndo a emisión de gases con- taminantes. Segundo datos aporta- dos pola Asociación Cogen España, na actualidade existen no territorio do Estado máis de 1.200 plantas de coxeración que actúan como siste- mas de produción distribuída de enerxía térmica e de electricidade.
Á s ú a v e z , C e p s a , C o m p a ñ í a Española de Petróleos SA, creada en 1929, é a responsable de achegar á U n i v e r s i d a d e d e S a n t i a g o d e Compostela o gasóleo necesario para nutrir o seu sistema de calefacción.
Trátase dunha das empresas máis competitivas do mercado e cunha orientación decidida cara á preserva- ción do contorno natural, conside- rando a protección do medio ambien- te como un obxectivo estratéxicoY
Cepsa e Gas Natural
Dinamizador cultural das cidades
O ambiente cultural que inunda as cidades de Compostela e Lugo non pode entenderse sen a achega permanente da Universidade de Santiago. Música, danza, pintura, fotografía, cine ou teatro son parte das múltiples mani- festacións artísticas que a institución docente ofrece a todos aqueles que procuran nos espa- zos universitarios novas experiencias cultu- rais.
Neste escenario a USC abre as súas portas á arte pictórica e fotográfica coa organización de exposicións de diversa natureza. Polos seus espazos expositivos o visitante achegou- se a autores como Rodin, Inge Morath, Vari Caramés, Sebastião Salgado, Bernard Plossu, Alfonso Costa, Fraçois Mechain, Fernando Paez, Zuloaga ou Toulouse-Lautrec, entre outros moitos.
No eido musical a Universidade de San- tiago é responsable de múltiples ciclos, festi- vais e certames que traen ao público os clásicos, as tendencias de vangarda ou os novos valores e que tamén descobren a vocación musical dos universitarios galegos coa organización de concursos como o de r o c k C a m p u s o n s . Ciclos de Lied, órga- no, ópera ou concertos do Coro Universitario de Santiago de Com- postela conforman a oferta clásica, mentres que os interesados nas músicas doutros luga- res satisfán as súas expectativas co ciclo Tribos Ibéricas. Como
complemento a estas actividades, a Fonoteca universitaria desenvolve ao longo de todo o curso unha programación permanente de acti- vidades.
As artes escénicas ocupan un espazo desta- cado no conxunto da oferta cultural da USC.
Recentemente inaugurouse no Campus Sur de Santiago, nas instalacións do auditorio universitario, a Sala de Teatro Roberto Vidal
Bolaño como sede da Aula de Teatro da USC que desde 1990 desenvolve un amplo progra- ma pedagóxico xunto cunha contrastada acti- vidade na posta en escena de espectáculos. Á recoñecida e premiada produción teatral da USC hai que sumarlle tamén a organización de once edicións do Festival Internacional de Teatro Universita- rio e seis da Mostra de Teatro Universitario, auténtico escaparate do movemento teatral universitario galego, nos que ano tras ano se citan milleiros de espectadores.
Xa como espazo aberto, a Universidade de Santiago de Com- postela conta co Espa- zo de Danza Universi- taria que deu orixe á súa vez ao Laborato- rio de Danza Contem- poránea. O encontro de Danza Universita- ria e as actuacións do propio grupo da USC súmanse aos talleres que neste eido apostan por un maior enraiza- mento desta forma de expresión artística entre os universitarios e o público en xeral.
Lugo cultural, un referente
O Convenio Lugo Cultural asinado hai xa quince anos entre a USC, a Fundación Caixa Galicia, a Deputación Provincial e o Concello de Lugo constitúe hoxe un referente consoli- dado dentro da programación cultural da capital luguesa. As actividades que se organi- zan ao abeiro deste acordo tiveron sempre unha excelente acollida entre a comunidade universitaria logrando unha interacción cons- tante entre a Universidade e a cidade. Entre as accións programadas atópanse desde ciclos de cine e conferencias ata iniciativas musi- cais, teatrais, de fotografía ou a montaxe de exposicións.
Gran aceptación acadaron sempre na cida- de o Encontro Europeo de Danza Universita- ria que este curso celebra a súa cuarta edi- ción, o Festival Internacional de Teatro Uni- versitario, o Maratón Fotográfico ou os con- certos do ciclo Tribos Ibéricas, xa no seu séti- mo ano.
Con motivo do centenario da publicación da primeira parte de El Quijote, Lugo Cultu- ral rendeulle tamén a súa especial homenaxe co curso IV Centenario Don Quijote de la Mancha no que a través de conferencias, rela- torios, proxeccións de películas e debates se abordou a obra de Cervantes desde os ámbi- tos da literatura, a lingüística, a historia, a arte, a estética, a música, a filosofía, a antro- poloxía e o cine Y
O Centro de Estudos Avanzados & Casa de Europa
A Universidade de Santiago de Composte- la, paralelamente á súa actividade docente e investigadora, tenta proporcionar mecanis- mos para o debate e a difusión de ideas entre a comunidade universitaria e cara á socieda- de, así como estimular as colaboracións no ámbito internacional e, especialmente, en Europa.
Preténdese favorecer a masa crítica necesa- ria para a investigación de excelencia e per- mitir á vez explorar novos camiños de coñe- cemento. Para a consecución destes obxecti- vos, a USC conta co Centro de Estudos Avan- zados, lugar de debate multidisciplinar da comunidade científica que sitúa á USC nunha posición de liderado neste ámbito.
Apoiado pola Casa de Europa, espazo resi- dencial de profesores e científicos convida- dos, o CEA convértese nun foro intelectual para a realización de multitude de actividades cuxos contidos poden ser propostos por cal- quera membro da comunidade universitaria atendendo sempre á actualidade dos aconte- cementosY
DINAMIZACIÓN CUL TURAL
Nunha visita guiada de noventa minutos de duración, a Universidade de Santiago mostra ao público o seu patrimonio histórico máis salientable co programa Universidade Viva, un proxecto promovido conxuntamente pola USC e o Concello de Santiago que comezou a súa andaina en 2003 como experiencia piloto e que hoxe se
consolida xa coma outra actividade máis da dinámica turística propia da cidade.
O visitante poderá apreciar desde os salóns máis nobres e significativos da historia da institución, como o Reito- ral ou o de Graos, pasando polas emblemáticas bibliotecas de América e da Facultade de Xeografía e Histo-
Entre os nomes que con- tribuíron a crear a historia da música española destaca o do lugués Jesús Bal y Gay, membro da xeración perdida e do que en 2005 se cumpren cen anos do seu nacemento. A USC e Lugo Cultural homenaxean a este compositor, crítico, musicó- logo, mestre e impulsor de revistas e editoriais con concertos, exposicións e ciclos de conferencias que lembrarán a quen foi un intelectual comprometido coa construción dunha infraestrutura musical que faltaba na Galicia do seu tempo. Patrocinan o evento a Sociedad Estatal de Con- memoraciones Culturales, a Residencia de Estudiantes e a Xunta de Galicia, xunto con Lugo Cultural.
Boa parte do que se coñe- ce de Bal y Gay é posible grazas á análise do seu lega- do que se atopa na Residen- cia de Estudiantes de Madrid, da que formou parte desde 1924, que inclúe a correspondencia que mantivo coa súa muller, a pianista Rosa García Ascot, así como abondosos libros e materiais como transcricións, estudos inédi- tos, fotografías da súa etapa
de estudante e varios centos de cartas. Toda esta docu- mentación pódese xa con- templar en Lugo, e máis tarde en Santiago e na Resi- dencia de Estudiantes de Madrid, nunha exposición que recolle os espazos vitais do músico e pensador inda- gando na época de forma- ción na capital luguesa, na etapa como activista de vangarda estética para Gali- cia, no seu paso pola Resi- dencia, nos seus anos de lector en Cambrigde e, por último, na madurez que viviu no exilio americano e mais o retorno a España en 1965. A mostra complétase con ciclos de concertos e conferencias nos que se revisará a obra musical e ensaística.
Jesús Bal y Gay foi defi- nido polos seus biógrafos Antón Buxán, Javier Arias e Rosa María Fernández,
entre outros, como un home de aparencia externa fráxil e considerable fortaleza inte- rior que ocupou un lugar privilexiado como cronista da xeración de intelectuais da República, tanto na súa vertente madrileña como na súa faceta de definición dun galeguismo progresista e de vangarda. Foi cofundador da revista Ronsel, membro do Seminario de Estudos Galegos e autor do Cancio- neiro Galego, traballo que recolle máis de 1.300 melo- días entre 1928 e 1936.
Bal y Gay destaca como polifacético e apaixonado compositor con pezas que van desde diferentes obras de música coral e de cámara ata outras para corda e orquestra. No seu haber conta con transcricións de Chávez, Stravinsky e Falla, as Catro Pezas que fixo a partir dos poemas de Alber- ti, Juan Ramón Jiménez e Emilio Prados e a obra inédita que compuxo en 1931 Seis pezas para piano e canto sobre poemas de Amado Carballo. Especial significación ten a Serenata para orquesta de cuerda que foi interpretada no ano 1973 pola Orquesta Nacional de España na Igrexa de San
A USC abre o seu patrimonio á sociedade
ria, ata percorrer espazos de enorme carga simbólica como son o claustro e interiores dos Colexios de Fonseca e San Xerome ou o Paraninfo da Uni- versidade rematando cunha visita á azotea da Facultade de Xeografía e Historia desde onde se pode contem- plar unha das vistas máis espectacula- res de Santiago.No percorrido, os guías -todos eles doutorandos de Historia da Arte- non só mostran ao visitante o devir históri- co-artístico da Universidade senón que recorren ao anecdotario para rela- taren, por exemplo, como eran os regalos que os doutorandos ofrecían aos seus profesores en forma de capóns ou mostrar a escarapela repu- blicana que se agocha no Paraninfo e que sobreviviu á censura franquista.
O proxecto Universidade Viva pre- séntase como candidata á convocato- ria do programa Cultura 2000 preten- dendo a creación dunha rede patrimo- nial europea composta por universida- des e autoridades públicas competen- tes no eido da apertura e posta en valor do patrimonio universitario europeoY
A USC e Lugo Cultural lembran a Bal y Gay no ano do seu centenario
Jesús Bal y Gay coa súa familia (c. 1908) Pedro de Lugo, espazo onde
neste ano de conmemora- ción se celebra un ciclo de concertos nos que Uta Weyand, o Grupo LIM, o Coro de Cámara da Cate- dral de Santiago e o con- xunto instrumental Capela Compostelana e a Orquestra Sinfonietta de Vigo inter- pretan algunhas das súas composicións musicais.
A USC e Lugo Cultural pretenden así reivindicar a traxectoria vital e artística do compositor e musicólo- go lugués, un dos grandes intelectuais da súa xeración sen o que non se pode entender o escenario cultu- ral do século XX españolY
Y A USC e Lugo Cultural pretenden
reivindicar a traxectoria vital e
artística do compositor e
musicólogo Y
O equipamento da maioría do mobi- liario das distintas dependencias da Universidade de Santiago subminís- trao SUTEGA Mobiliario S. L. U., empresa con máis de trinta anos de experiencia dedicada á venda e insta- lación de mobiliario de oficina e colectividades, incluída a realización de proxectos de equipamento e refor- mas.
Entre os centros que SUTEGA equi- pou co seu mobiliario figuran as facultades de Farmacia, Bioloxía, Matemáticas, Dereito, Xeografía e Historia, Medicina, Física e Económi- cas, ademais das escolas Técnica Superior de Enxeñaría e de Relacións Laborais ou a Biblioteca Concepción Arenal, a casa Jimena e Elisa Fernán- dez de la Vega e a Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo.
Actualmente, a empresa realiza a ins- talación do mobiliario correspondente ao equipamento da Facultade de Filo- sofía no edificio de MazarelosY
Sutega
O Hospital Clínico Veterinario Rof Codina, emprazado na Facultade de Veterinaria de Lugo, ofrece un amplo abano de servizos á comunidade como o apoio permanente á docencia clí- nica, o fomento e colaboración na investigación experimental e o servizo asistencial co que se pre- tende atender, cada ano, a multi- tude de animais de todo tipo de especies.
O Rof Codina, dotado dos medios técnicos máis avanzados ao longo dos seus 5.000 metros cadrados de superficie, conta cunha gran capacidade de hospi- talización en catro pavillóns, un deles dedicado a patoloxías infecciosas, ademais dos corres- pondentes espazos destinados a consultas e todas as infraestrutu- ras asistenciais precisas, como quirófanos e o servizo de diagno- se, entre outros. O seu obxectivo último é centrarse no coidado do animal tentando sempre previr a enfermidade, pero tendo claro que se esta aparece farase todo o posible para curala. Para cumprir esta misión o Hospital Veterina- rio conta con dependencias de Hospitalización e U.C.I. así como de cirurxía que integra tamén anestesioloxía, traumato- loxía, cirurxía ocular e todas as especialidades relacionadas cos tecidos brandos.
Dispón ademais de servizos de medicina interna, externa e asis- tencia de ambulatorio de animais de renda para poder desprazarse e deste xeito ofrecer apoio ao persoal veterinario externo aque-
les campos que non poden desen- volver por falla de medios como radiografías, analíticas, ecografí- as ou electrocardiogramas. Co servizo de obstetricia atenden as
Coa experiencia que lle confiren os máis de oito mil fumadores tratados desde o ano 1984 ata a actualidade, a Unidade de
O primeiro Hospital Veterinario Universitario de Galicia
demandas referidas á asistencia ao parto e inseminación así como as enfermidades relacionadas coa reprodución e xestación, ademais de dispor dun servizo ininterrom-
Deixar de fumar en seis semanas
SERVIZOS Á C O MUNID AD E
Tabaquismo da Universidade de Santiago de Compostela lidera un eficaz programa para deixar de fumar. O programa, aberto
ininterrompidamente ao longo de todo o ano, consiste nun tratamento psicolóxico desenvolvido na Facultade de Psicoloxía da USC e liderado polo catedrático Elisardo Becoña.
Cun nivel de satisfacción moi elevado, o fumador que acode a esta Unidade pode elixir entre distintos tipos de tratamento en función da súa dispoñibilidade, grao de contacto terapéutico e nivel de implicación que desexa. Cando o fumador acode á Unidade realízase unha avaliación da súa conducta de fumar, deséñaselle o tratamento individualmente e aplícaselle este ao longo de seis semanas, tempo suficiente para abandonar o hábito. Posteriormente, os expertos da Unidade continúan mantendo o contacto con cada fumador durante un ano co obxecto de solucionar posibles problemas que poidan xurdir Y
pido de urxencias no que atenden as 24 horas os 365 días do ano.
Segundo afirma o director xerente da Fundación Rof Codi- na e catedrático da USC, Luis Felipe de la Cruz, os servizos en rede teñen unha gran relevancia social por cubrir desde a atención toxicolóxica e farmacovixilancia veterinaria, ata información sobre refugallos de fármacos en alimentos. O que máis se deman- da neste centro asistencial, expli- ca, é todo o relacionado coas cirurxías máis complicadas, a traumatoloxía ou o diagnóstico por imaxe.
Os pacientes que se achegan ao hospital son maioritariamente de Galicia, aínda que tamén veñen de Asturias, das zonas limítrofes de León e Zamora e do Norte de Por- tugal. Todos eles fan que hai tan só uns meses se superase a cifra das 20.000 historias clínicas Y